Page 1

Especial

Eleccións O Nadal xa Municipais está aquí 22-M [páx. 15 [páx.2-23] e páx. 39-42]

Que peza encaixará os próximos catro anos? PUBLICIDADE POLÍTICA

Número: 105 - Ano: X - Maio 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

4TRIBUNA ABERTA

4EDITORIAL

Reflexións en campaña Quince días para propoñer cousas, quince días para vender o feito. Estamos en campaña, os xornais énchense de novas políticas, as televisións e as radio fan o propio e os cidadáns saturados de información. Creo, sinceramente, que no século XXI, as campañas non son nada productivas. Os mitins só serven para motivar ao fiel e non para expoñer posturas para que a xente poida comparar, e o día das eleccións elexir

aquel candidato e programa que crea mellor. Logo está o tema da estratexia política. Por exemplo, nestas eleccións que nos toca estar vivindo, hai partidos que fan unha lectura nacional do local, é dicir, toma os comicios coma unha primeira volta das xerais, falando máis do goberno, neste caso de España, que da xestión do concello por onde se presentan. Creo a boa fe, que os cidadáns son intelixentes e saben des-

cifrar as mensaxes, co que o seu voto reflexa o pensamento que, cada un, ten sobre o futuro goberno de pobos e cidades. Para rematar están as listas, é dicir, os candidatos que cada partido elixe para sentarse no salón de plenos ou nos parlamentos. Por que temos que votar a todos cando só nos gustan algún? O debate das listas abertas volve estar na rúa e creo que habería que estudalo a fondo.

Para finalizar, na miña opinión, deberíamos analizar estes e outros temas para mellorar unha democracia que xa está entrando na madurez. Xavi C. Martiñá

“Os mitins só serven para motivar ao fiel e non para que a xente poida comparar”

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

As eleccións do 22 de maio. Ponte Canedo, distrito V O Distrito V abrangue na súa totalidade o antigo concello de Ponte Canedo, moi superior en superficie a todos os distritos xuntos, case o dobre. É o distrito con máis número de votantes, ten 18 quilómetros de ribeira co Río Miño dende augas arriba do salto de Velle ata o río Barbantiño, entre Santa Cruz de Arrabaldo e Barbantes, o de máis interese turístico se se programa axeitadamente no referente as augas termais. No negativo é o que menos axudas recibe en proporción cos seus 35.000 habitantes. Relatarei cos meus mellores desexos de acertar pois son un xubilado de profesión “taberneiro hosteleiro”, fun discípulo na miña profesión da señora Carmen A Guardesa que tanto me quixo e á que nunca esquezo. Sinceramente creo que os políticos que nos van gobernar elexidos polo pobo nos seus programas non fan un estudio que convenza aos votantes principalmente aos do Distrito V, Ponte Canedo. Os diferentes partidos falan uns dos outros, descalificándose mutuamente sen que o sangue chegue ao río. Non se ve un programa nin dotacional, nin turístico para o Distrito V que foi o que fixo despegar a Ourense dende 1943, tanta en habitantes, como en superficie e economicamente. Desexo de corazón que os habitantes, sexan do distrito que sexan, vaian a votar masivamente, que voten a quen eles queiran, o que lles convencera, e se de-

cide non ir votar, por favor, vaia e vote o sr. Ninguén, é moi fácil, votar o papeliño e o sobre sen arrugar nin manchar, así cumpre coa súa condición de cidadán. Na vida ás veces as persoas temos que tomar decisións, hai un refrán do mundo do mar que di: “Patrón mandar, mariñeiro facer”, se mandan ben o refrán e válido senón non. Eu elaborei un programa pensando en Ourense en xeral e en Ponte Canedo en particular. Turisticamente se se quere triunfar hai que dar, satisfacer e cobrar, estes tres puntos se non van xuntos é un fracaso. Decisións a desenvolver: 1º/ O Río Miño: Un catamarán que percorra toda a zona termal dende Oira con embarcadeiros, o principal deles na Ponte Romana, e paradas en Burgas das Caldas “A Chavasqueira”, Campo de Santiago “Tinteiro”, Burgas ou Termas de Canedo e Outariz. Co tempo pode prolongarse ese percorrido ata o límite do Concello, no río Barbantiño. No plan termal poden figurar barcas ao longo deste percorrido con barqueiros profesionais e embarcadeiros por conta do Concello e da Diputación, aparte de crear postos de traballo sería unha importante fonte de ingresos e as xentes a os turístas estarían contentos. O poder disfrutar do Vello Miño alugando unha barca con barqueiro e disfrutando das vistas do noso pobo den-

de o medio do río, disfrutar da lectura ou da música, a satisfacción dun pai de poder practicar a pesca en compaña do seu fillo, e non digamos se un neno saca un pez coa súa caña. Fagamos do Río Miño unha nova Venecia pero “en vez de gondoleiros, barqueiros”. 2º/ Oficinas de turismo: Unha na estación Empalme e outra na Alameda. Dúas referencias de Ourense e Ponte Canedo, ambas con aparcadoiro gratuito e permanente para ómnibus e coches de turistas, con persoal cualificado para informar adecuadamente aos visitantes dos monumentos, fontes termais, estación de esquí... en fin, de todos os tesouros da nosa cidade e provincia. 3º/ Conservar o edificio da estación Empalme e a súa explanada para necesidades do Distrito V para oficinas municipais, expansión e disfrute dos veciños e celebración das Festas do Apóstol. 4º/ Construir un HotelBalneario no campo de Santiago, antigamete chamado Campo do Río, cunha finca pechada con xardín, baños, masaxes, servizos médicos, piscina climatizada... 5º/ Un pavillón multiusos na Ponte na zona da estación Empalme. 6º/ Unha casa da Cultura para o Distrito V Ponte Ca-

nedo acorde para 35.000 habitantes, cremos de xustiza que a merecemos. 7º/ Restablecer a antiga estrada de Quintián “camiño do cemiterio” para comunicar A Chapa, As Tapias, O Vinteún, Eiroas, Guizamonde e Covadonga coa Estación Empalme e o Centro de Saúde sen necesidade de derrubar o edificio nin a explanada da estación Empalme “usando o percorrido primitivo”. A estación coa chegada do AVE teñen vostedes moito tempo ata que as vías de Lubián estean as portas da cidade para decidir se soterrada, medio soterrada ou en superficie. De Lubián á estación Empalme a súa realización, calculemos cinco anos. Non me extendo máis pois a verdade sería interminable o que poden facer co fermoso río que temos e a bendición que Deus nos deu a través da natureza destas abundantes e estupendas augas termais. Bríndome a colaborar polo ben de Ourense e Ponte Canedo cos vencedores e tamén coa oposición despois destas eleccións municipais. Sorte a todos. Pepe da Guardesa

“Creo que os políticos nos seus programas non fan un estudio que convenza aos votantes de Ponte Canedo”

A nosa valoración da política local Os medios non acostuman falar abertamente das súas inquedanzas políticas. Moitos deles teñen unha afinidade clara a un partido. En ocasións, teñen máis afinidade ao poder, dándolle igual o partido que ocupe o sillón da alcaldía. Nestas breves liñas, os compoñentes do periódico Barrios queremos dar a nosa impresión de cada un dos partidos que aspiran á alcaldía. Queremos deixar ben clara a nosa posición de partida: somos independentes. Somos independentes porque somos nós e o noso traballo o que nos avala. Dito isto, a seguinte valoración é totalmente subxectiva, e é nosa, por suposto. - PP: A fosilización política da Deputación non é o mellor aval para gobernar na cidade, un partido con claros intereses divididos e sectores enfrontados tampouco axuda. En relación ao PXOM, quizais deberían asumir a súa parte de responsabilidade no asunto e non botar balóns fóra. - PSOE: non se pode criticar a xestión do PP na Deputación e facer algo similar no Concello (90 contratados de persoal laboral) Aquí tamén pican o seu os do BNG. O non querer levarlle a contraria aos seus homónimos en Madrid fixo que non foran moi combativos en temas importantes para a cidade. - BNG: “adolescente político” apretando os grans do poder que lle deixan a cara marcada por non saber pasar a pubertade da responsabilidade política, recordemos a alcaldía-bis dos tempos de Alex. Outro erro: o tema dos paneis – aínda que hai que destacar que foron os únicos que nun caso así dimitiron-. Nalgunhas obras non contaron coa opinión de comerciantes e veciños. Ao PP, BNG e PSOE podemos criticarlles que non se poñan de acordo en temas importantes, e

que miren máis os intereses partidistas que os xerais de Ourense. -Esquerda Unida, Terra Galega, PUM+J, iPOU: “Partidos - Cogumelo”: dise dos partidos que nacen tras o inicio da campaña electoral, como a choiva, aparecen e desaparecen acabada esta. É una pena meter a un partido como EU nesta categoría, que representou unha forma elegante de política da man do Quixote do século XX, Julio Anguita. Quizais o seu mozo candidato poida coller o testigo de Anguita e relanzar un partido que semella coller a senda do CDS. -UPyD: Case é outro “partido - cogumelo”. Non se sabe nada deles o resto da lexislatura a non ser que traian á súa vedette, Rosa Diez, á cidade. A “multicefalia” sucesiva deste partido fixo que perdera a frescura e orientación iniciais. Recomendámoslle unha brúxula. - Democracia Ourensana: Algúns medios, non moitos, fixémonos eco das andanzas de Gonzalo Jácome; non sabemos se conseguirá representación, pero o grao de molestia que está a causar aos demais partidos mudou de “tipo simpático algo repelente” nas anteriores eleccións, a “posible problema serio como chegue a obter un concelleiro”. No seu favor, dicir que nunca deixou de falar da súa opción política, durante estes anos, mantivo o mesmo ton, o mesmo programa de TV e as mesmas polémicas. Pero bótaselle en falta algo máis de responsabilidade por toda aquela xente que está a confiar nel. Debería organizar mellor a súa estratexia e non deixar aos seus votantes sen a opción de escoitalo en vivo e en directo, de participar nun debate, de detallar as súas ideas, de mollarse con máis argumentos. Sabemos o que quere facer pero como o vai facer posible? Nada, o tío non solta prenda. Esta é a nosa opinión, pero quen votan son vostedes. opinion@ourenseporbarrios.com


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011



Os ourensáns deciden o seu futuro

4 Ata nove listas electorais se presentan aos comicios do 22 de maio, aínda que só dúas alternativas semellan ter posibilidades: reeditar o bipartito PSOE-BNG ou unha maioría do PP. Paula Lodeiro A supresión da ORA, o tranvía, o bulevar termal, a hipoteca xoven, o menú ouro, o cheque-emprego... son algunhas dos anuncios feitos estes días polos partidos políticos para gañar votos nas eleccións municipais. As formacións políticas compiten en ver quen propón a medida máis atraínte para os cidadáns-votantes, que o próximo 22 de maio decidirán quen será o alcalde de Ourense os próximos catro anos. Aínda que son nove as listas electorais que se presentan aos comicios deste domingo, as opcións con posibilidades reais redúcense a dúas: unha reedición do pacto entre socialistas e nacionalistas ou ben un goberno en solitario do Partido Popular se este acada a maioría. Francisco Rodríguez e Isabel Pérez venden os logros desta lexislatura e apelan aos votantes para que estes lle renoven a confianza á súa coalición e seguir así transformando Ourense. Mentres, Rosendo Fernández amósase como valedor do discurso da “austeridade” acusando ao bipartito de ter duplicado os gastos en asesores e publicidade nestes catro anos de goberno. Os populares tamén presumen de ser os únicos que presentan xa o reparto de conce-

llerías entre os membros da súa candidatura. Os partidos minoritarios tratarán de dar a sorpresa e facerse cun sillón no consistorio ourensán. O que máis preto está, alomenos polos resultados na última convocatoria, é Democracia Ourensana: Gonzalo Pérez Jácome está convencido de sacar un concelleiro nesta cita electoral. O 22 de maio estarán tamén nos colexios electorais as papeletas de partidos históricos, como Esquerda Unidade, que leva a un estudante de 22 anos como candidato; repetirá por segunda vez Terra Galega, que logo da fichaxe do seu líder José Luis Valcarce polo PP, presenta a un dirixente veciñal, Remigio González, como cabeza de lista. Estréase nas municipais UPyD, co ex socialista Agustín Fernández ao fronte, e completan as opcións dos ourensáns nas urnas dúas alternativas máis: unha do movemento contra a pobreza (PUM+J con Rafael Martínez) e outra organizada pola mocidade a través de Internet (iPOU e Marcos Guimarey). Os partidos seguirán ata o último día de campaña tratando de convencer aos indecisos de que son a mellor opción para gobernar Ourense; o resultado coñecerémolo o próximo domingo.

Imaxes da pegada de carteis. PUBLICIDADE POLÍTICA




Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A rosendo fernández - Candidato do pp á alcaldía de ourense

“O PP é o único partido que pode gobernar o Concello, que ten un goberno único, solvente e previsible” 4De acadar a alcaldía o popular aplicará unha política baseada na austeridade, o rigor, a planificación e a xestión, dacordo coa actual situación económica. Paula Lodeiro Asegurando que o Partido Popular é o único grupo político ourensán que concorre ás eleccións municipais cun candidato e programa de goberno únicos, Rosendo Fernández asegura que de acadar a alcaldía o termalismo, o benestar social e a creación de emprego serán os piares básicos da súa actuación. Con que expectativas electorais se presenta ás eleccións do 22-M? Rosendo Fernández: “As expectativas son máximas, o PP é o único partido que pode gobernar o Concello de Ourense que ten un goberno único, solvente e previsible. E ademais é o único partido que concurre cun candidato único e un programa único cousa que non poden dicir o mesmo os candidatos do BNG nin do Partido Socialista, nós imos a por 15 concelleiros e por iso xa lle otorgamos unha responsabilidade a cada un dos quince membros da lista do PP, esto non o poden facer ningún dos outros dous partidos que concurren as eleccións porque eles preséntanse por separado para despois facer un bipartito e o programa que desenvolven logo das eleccións non se sabe se será o mesmo que o que presentan antes. Hai catro anos concurriu cada un cun programa electoral e nin se cumpliu ningún, quedou todo por facer. Polo tanto que saiban os cidadáns que neste fraude que se pode cometer diante deles ao concurrir BNG e PSOE pode ocurrir outro tanto que hai catro anos”. Había quen criticaba que quedaban competencias sen adxudicar no reparto das súas concellerías? R.F.: “Non, non queda ningún tipo de competencia nin de responsabilidade, deseñamos unhas concelle-

Rosendo Fernández, candidato do PP á alcaldía de Ourense. /P.L. rías co seu nome pero o que interesa é o contido que hai nelas. Avogamos por políticas tan importantes como é o emprego e as políticas de benestar e sociais, a mellor política social é o emprego porque a partir de aí se poden levar a cabo as políticas sociais e de benestar que tanto desexan os ourensáns, sen olvidar o termalismo, a alta velocidade, o chan industrial, a discapacidade, a educación, a sanidade, os recursos humanos, etc. Dentro do programa de goberno dividímolo en catro eixos: que son economía e emprego, a inserción laboral e a creación de emprego, implicando a todos os sectores e potenciando os máis tradicionais da nosa cidade; é benestar coidar do mellor patrimonio que temos dándolle calidade de vida; as políticas de cooperación e as políticas de austeridade”. De chegar ao goberno municipal, cal sería a primeira medida que aplicaría o Partido Popular? R.F.: “É a de austeridade, reducir o 50% deses altos cargos, de asesores, de persoal de confianza, de dobles sedes, de dobles logotipos. Está vivindo este bipartito municipal nun momento de opulencia cando son moitas

familias ourensás as que o están pasando mal. E a partir da austeridade, rigor, planificación e xestión que son valores inherentes ao Partido Popular. Non é de recibo que hoxe o Concello gaste diñeiro público en asesores, dous millóns de euros na lexislatura. Non podemos permitir que haxa alcaldes de Ourense que sexan a reproducción do goberno de Zapatero, que o único que lle gusta é o despilfarro, así caemos na crise máis espantosa que pode ter España, Galicia e Ourense”. O seu partido está dacordo coa solución proposta en relación á integración do AVE na cidade? R.F.: “Eu vou ser o responsable da integración soterrada do AVE en Ourense, a nosa cidade ten que ser pola súa situación centro de comunicacións e das infraestruturas da alta velocidade da Meseta con Galicia. A parte da plasmación da reparación dunha débeda histórica ten que ser unha oportunidade e a mellor forma é que esa alta velocidade sexa soterrada: por moitas razóns, de accesibilidade, de permeabilidade, para suprimir dunha vez esa auténtica cicatriz que

separa os barrios de A Ponte e O Vinteún, porque non queremos ser discriminados con respecto ás outras cidades de España onde o AVE está soterrado. O PP faillemoito caso aos profesionais e enxeñeiros que din que nin por razóns técnicas nin económicas non hai motivo para non soterrar a alta velocidade. O único que ocurre é que temos un alcalde sumiso e condescendente co goberno de España”. Existe entón aínda marxe para cambiar o proxecto? R.F.: “Se os nosos profesionais din que non hai razóns técnicas para non soterralo é que non as hai e o grupo municipal do PP leva anos avisando diso. Ourense non pode quedar discriminada con respecto a outras cidades, ademais evitariamos o colapso de tráfico que se ocasionaría nos accesos á estación e por razóns de perigosidade e contaminación acústica. Da maneira que eles propoñen en Peliquín non se vai resolver o problema que teñen hoxe e na avenida de Marín se vai poñer un auténtico muro”. Que opinión lle merece o caso do PXOM recentemente anulado?

R.F.: “Hoxe non hai unhas normas de ordenación transitoria porque o bipartito municipal non quere. Foron avisados cando houbo a primeira sentenza sobre o PXOM para que tiveran preparado un plan B por se se daba esta situación. Menos mal que a Xunta de Galicia está dando todas as facilidades para que desde o Concello emanen unhas normas transitorias. Ademais, quero dicir que o Plan de urbanismo de 2003 non debía ser tan malo cando estiveron traballando con el e deu solución aos proxectos máis ambiciosos a última hora, o plan de urbanismo non levaba consigo de malo o modelo de cidade, o modelo de cidade era excelente, o único polo que foi anulado foi por un tema exclusivamente administrativo, e se recibiu soamente 2.000 alegacións non debía ser un PXOM tan malo”. Que papel xoga o termalismo dentro do programa electoral do Partido Popular? R.F.: “Neste senso non se fixo nada en catro anos, por non facer nin se creou unha praza de aparcadoiro. O termalismo é para o PP un obxectivo programático irrenunciable, fulcral, por iso puxemos unha concelleiría específica adicada ao mesmo. O termalismo ten que ser o elemento dinamizador da nosa política económica e laboral, a auga é o ouro de Ourense. Eu lle reprocho ao bipartito que non aprobara o consorcio termal que con seguridade sería ese ente que recabaría inversións privadas e públicas para desenvolver o Plan Estratéxico Termal que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos políticos en setembro de 2007”. Que opina dos demais candidatos? R.F.: “Quen debe opinar é a cidadanía de Ourense, pero vou a dicir unha cousa:

polo Partido Socialisata vai un candidato perdedor, nunca gañou as eleccións en Ourense; e por parte do BNG vai unha señora que me parece unha excelente persoa pero que políticamente non pode aportar nada a esta cidade, tal e como xa se comprobou, ademais vai ser candidata por descarte doutros compañeiros”. Se os resultados non fosen os agardados, contempla a posibilidade de retirarse da política? R.F.: “Eu non me poño en escenario de futuro, o futuro neste intre é traballar por Ourense, ofrecerlle garantias á cidadanía. Se deixamos ao lado beirarrúas, parques e xardíns non se fixo absolutamente nada: antiga cárcere, unha cochambre; as Burgas, unha escombreira; a praza de Abastos, está como está cun proxecto de costas aos cidadáns; claustro de San Francisco, segue en ruinas; Museo Arqueolóxico, pechado; Banco de España, imos ser inquilinos dunha planta, interación da alta velocidade a todos os colectivos e axentes da cidade; termalismo, non se fixo nada; cero metro cadrados de chan industrial. Creo que hai moito por facer”. Que mensaxe lle mandaría aos votantes? R.F.: “Estamos nun momento crucial para a cidade. Todos, cidadáns e políticos, temos que ir da man para configurar a cidade que todos queremos. Ourense ten moitos problemas hoxe que derivan dun goberno local sumiso ao goberno socialista de Madrid. A solución só se pode acadar entre os cidadáns e o Partido Popular, eles me coñecen, saben quen son, saben o que quero, me poño á súa disposoición porque Ourense ten que deixar de ser unha cidade paralizada, desmotivada, para ser unha cidade con ambiacións”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011



ENTREVISTA A francisco rodríguez - Candidato do psoe á alcaldía de ourense

“Durante estes catro anos cumprimos todos os nosos compromisos cos veciños” 4 O benestar social e o fomento do emprego a partir dos propios recursos da cidade son as chaves da política de goberno dos socialistas de continuar ao fronte da alcaldía de Ourense. Paula Lodeiro Respaldado pola actuación do goberno municipal durante toda a lexislatura, o socialista Francisco Rodríguez confía en contar co apoio dos ourensáns o vindeiro 22-M para poder continuar con ese proceso de transformación da cidade que comezou en 2007. De todos os xeitos, asegura que estará ao servizo da cidade tanto dende o goberno como dende a oposición. Con que expectativas se presenta o PSdG-PSOE á alcaldía de Ourense o vindeiro 22 de maio? Francisco Rodríguez: “Nós concurrimos a este proceso electoral coa sensación de que durante estes catro anos cumplimos os compromisos establecidos cos cidadáns, ese é o noso mellor aval para solicitar a confianza dos veciños de Ourense e continuar con ese proceso de transformación de cidade que estamos levando a cabo”. Prantéxanse a posibilidade de formar de novo parte dun goberno de coalición? F.R.: “As cousas teñen que situarse sempre no seu momento e lugar. Nós concurrimos a estas eleccións en busca do maior respaldo posible dos cidadáns, pasado ese momento, a súa decisión definitiva determinará o que suceda a partir de aí. Nestes catro anos os ourensáns elexíronnos para constituir un goberno sustentado en dous grupos políticos que fomos quen de pornos dacordo para elaborar un programa de goberno que era necesario respetar e executar durante o tempo correspondente”. De continuar no goberno municipal, cal será a primeira medida que aplicará o Partido Socialista? F.R.: “Creo que non hai unha decisión máis importante que outra. Esta mesma mañá estiven traballan-

O socialista Francisco Rodríguez agarda seguir gobernando despois do 22 de maio. /P.L.

“Non sei se a solución proposta para a integración do AVE en Ourense é a mellor, pero é a única. Creo que é un estupendo proxecto” “O meu compromiso cos cidadáns cumprireino sempre, tanto dende o goberno como dende a oposición” do no goberno da cidade mediante o traslado á empresa Tragsa da decisión que tomamos no último pleno para facer unha serie de actuacións imprescindibles nas beiras dos nosos ríos, xa que as consideramos espello de Ourense, e así o imos facer ata o 11 de xuño, decídase o que se decida. O luns seguinte seguiremos traballando en busca do mellor para a cidade, pero non hai ningunha cousa concreta que teña previsto realizar na primeira hora de traballo do próximo mandato”. Cales son as principias liñas do seu programa electoral? F.R.: “A nosa actuación ten que ser unha continuidade do que fixemos durante estes catro anos, por iso imos a adicar todos os nosos esforzos e recursos para axudar ás persoas que o precisen, as que menos

teñen, polo tanto, as políticas sociais seguirán sendo a chave do noso goberno, así como o emprego. O que pensamos facer dende o goberno municipal a este respecto, a pesar de que non é a institución que maiores responsabilidades ten nesta materia, é arrimar o ombreiro de todos modos, como bo goberno que se precie. Entendemos que temos que crear emprego e facelo pondo en valor os nosos recursos, aproveitando a nosa situación histórica e as nosas infraestructuras”. O seu partido está dacordo coa solución proposta en relación á integración do AVE na cidade? F.R.: “Non sei se é a mellor opción, pero é a única. Eu creo que é un estupendo proxecto porque ademais está avalado por grandes inxeñeiros, arquitectos, o Concello e o Ministerio. Dalgunha maneira refren-

da ese proxecto de ordenación, que é ben distinto a un proxecto de execución. O primeiro marca as zonas edificables, as zonas verdes, os equipamentos comerciais, etc. e sobre esta base os equipos de arquitectos e enxeñeiros que se presente ao concurso de execución son os que teñen que dar ese valor añadido a este gran proxecto para Ourense. Pero é que hai moita xente que mestura as cousas. De todos os xeitos, evidentemente, pode haber moitos cambios e melloras no resultado final xa que o que marca o proxecto de ordenación son os verdadeiros parámetros que hai que respetar, pero a accesibilidade decidiraa o proxecto de execución”. Que opinión lle merece o caso do PXOM recentemente anulado? F.R.: “Nós lamentamos a situación na que nos ato-

pamos. O Plan Xeral foi anulado por consideralo ilegal tanto o Tribunal Superior de Xustiza como o Tribunal Supremo, debido a que faltaba un informe técnico, algo que nós xa anunciabamos, en contra do que dicía o Partido Popular. Ademais, durante dous anos estivemos traballando coa vista posta no que podía acontecer chegado o momento, preparando a documentación para unha necesaria proposta de ordenación. Estou aburrido de explicalo e aínda así o PP non quere entendelo e asegura que debiamos ter elaborado unhas normas subsidiarias, un procedemento que xa non existe e que de aínda ser viable era competencia da Xunta de Galicia levalo a cabo, non do Concello de Ourense. Á espera do pronunciamento da Xunta respecto a este tema temos unha boa sen-

sación, cremos que esas cousas que se poden facer teñen intención de levalas a cabo, o problema é que non é nada sinxelo”. Que opina dos demais candidatos? F.R.: “Eu sempre parto da base de respetar aos demais candidatos sempre e cando sexa mutuo, así como aos cidadáns, e creo que o facemos cando nos diriximos a eles para achegarlles as nosas propostas e non para criticarnos entre nós sen expor nada. En calquera caso, a nivel persoal non me vou a pronunciar, pero a nivel político si me chama a atención que o Partido Popular non sexa máis concreto á hora de prantexar propostas para os cidadáns, a pesar de ser un partido cunha ampla base social e contar con moito apoio. Eu non sei se non teñen autonomía para facelo ou é que non teñen propostas”. No caso de non repetir no goberno local, prantéxase a posibilidade de retirarse da política? F.R.: “Creo que esas cousas se ven despois, en calquera caso cando un adquire un compromiso co cidadáns como cabeza de lista dun partido político hai que ser fiel ao mesmo e ese compromiso pode cumprirse tanto dende o goberno como dende a oposición”. Que mensaxe lle mandaría aos votantes? F.R.: “Pídolles o seu apoio aos cidadáns porque creo que nestes catro anos fomos quen de respetar e cumprir os acordos que tiñamos con eles, tamén quero pedirllo porque estamos nun momento de vital importancia para o futuro da cidade e é preciso continuar cos proxectos que iniciamos durante esta lexislatura (como o desenvolvemento do termalismo ou a aposta pola integración da chegada do AVE a Ourense), os cales perigarían se estivese outra opción política gobernando”.




Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A ISABEL PÉREZ - Candidata do bng á alcaldía de ourense

“O benestar social e a creación de emprego son as principais preocupacións do BNG”

4 A nacionalista tamén cre que precisan unha solución inmediata a integración do AVE na cidade e o PXOM recentemente anulado. Paula Lodeiro Completamente convencida de que os ourensáns apostarán o vindeiro 22 de maio pola continuidade do cambio que comezou en Ourense fai catro anos, a primeira muller en optar á alcaldía, a candidata do Bloque Nacionalista Galego Isabel Pérez, propón no seu programa electoral 500 medidas baseadas nas preocupacións e problemas reais da cidadanía. Con que expectativas se presenta o BNG á alcaldía de Ourense o vindeiro 22 de maio? Isabel Pérez: “No BNG pensamos que en Ourense hai futuro, que esta cidade iniciou fai catro anos unha transformación e que durante a participación do BNG no goberno municipal ao longo deste tempo fíxose política para as persoas. Nese senso cremos que ningún votante que daquela apoiou ao BNG ten razóns para non facelo desta volta, sen embargo moitísimas persoas que votaron a outras organizacións políticas, tralo noso paso polo goberno e a nosa xestión en ámbitos tan importantes como é o termalismo, o comercio, o perímetro rural, a mobilidade, a mocidade, a seguridade cidadán, o deporte ou a igualdade, apóiannos a presentarnos como unha forza de goberno que quere seguir a transformar esta cidade”. Prantéxanse a posibilidade de formar de novo parte dun goberno de coalición? I.P: “Nós neste intre non falamos de cal vai a ser a composición do próximo goberno da cidade porque ata o día 23 non temos os resultado electorais e será a propia cidadanía, unha vez emita o seu voto, quen indique que tipo de goberno quere para Ourense”. De continuar no goberno municipal, cal sería a

primeira medida que aplicará o BNG? I.P: “Está claro que nun momento de crise como o actual, e a pesar de que hai outra administracións como a galega que din que o emprego non é unha competencia, nós consideramos que é preciso artellar medidas para xerar emprego e dinamizar o noso tecido económico dende a propia localidade, por iso a Casa do Emprego (unha medida que recolle o noso programa electoral) será unha das nosas prioridades”. Cales son as principias liñas do seu programa electoral? I.P.: “No noso programa electoral participaron máis de 500 persoas, que adicaron moito máis de 500 horas, e o resultado son 500 medidas realizables. Tendo en conta a situación de crise, nos concellos temos que pensar nas preocupacións reais dos cidadáns e entre elas atópase o desemprego, a situación económica e o benestar social. Neste último aspecto inclúese garantir os estándares básicos en sáude e ensino; o benestar dos maiores, a infancia e a mocidade; pero tamén aqueles aspectos que teñen que ver co deporte, a cultura e o lecer, tan importantes no século XXI. Por iso, no noso programa temos medio millar de medidas que teñen como primeiro obxectivo a defensa dos sectores productivos de Ourense (sendo o termalismo o máis importante deles) e a xeración dunha cidade saudable, con estándares medioambientais (que teña os ríos Miño, Barbaña e Lonia como espazos de riqueza e benestar), que defenda as nosas sinais de identidade (como a lingua, a cultura e o patrimonio -histórico, artístico e natural-) e que conte cun goberno que traballe en base á ética, á transparencia e á participación ci-

Isabel Pérez será a primeira muller candidata á alcaldía de Ourense./P.L.

“Nestes últimos catro anos fíxose política para as persoas. Por iso, ningún votante que daquela apoiou o BNG ten razóns para non facelo desta volta” dadá”. Hai quen critica que o BNG cando pasa a formar parte dun goberno de coalición deixa de lado o seu programa electoral, que opina a este respecto? I.P.: “Cando se establece un acordo de goberno os principios programáticos mínimos están garantidos. Calquera que teña observado a acción do BNG no goberno municipal sabe que eses principios están presentes en toda acción de goberno, tanto no BNG como en calquera coalición. Por exemplo, en canto ao benestar social a opinión do BNG foi determinante para a creación dos centros cívicos, que sempre defendemos, e así actuamos en relación a calquera outro ámbito”. O BNG está dacordo coa solución proposta en relación á integración do AVE na cidade? I.P.: “Está claro que o AVE é unha infraestructura crucial para o desenvolvemento económico

de Ourense, polo tanto ten que chegar canto antes, nas mellores condicións e garantindo os investimentos adecuados para que a súa chegada sexa en tempo e en forma. As solucións técnicas débenas resolver os expertos, pero hai que buscar sempre que entre os barrios de A Ponte e O Vinteún non haxa unha fractura (mediante o soterramento, as vías cubertas ou a solución que sexa). A estación terá que estar en A Ponte, ser intermodal e ter en conta a importancia tanto dos pasaxeiros como das mercadorías. Ademais, tamén se debe aproveitar o AVE para mellorar a comunicación entre as cidades galegas, así como da nosa comunidade co interior do país”. Que propón o BNG para solucionar o problema do PXOM anulado? I.P.: “A situación na que estamos agora mesmo en relación ao PXOM vén provocada polo Partido Popular, cando en 2003 aprobou un

proxecto ao que o BNG se opuña e polo que alertamos de que as solucións que se estaban a prantexar rozaban a ilegalidade, como demostraron as decisións agora tomadas polor órganos xudiciais. Polo tanto, é o PP o responsable desa anulación e agora debe explicarlle á cidadanía por qué aprobou un plan ilegal. En calquera caso, dende o goberno local temos que garantir que os proxectos estratéxicos da cidade, tamén en materia urbanística, se manteñan e que a Xunta asuma a súa parte de responsabilidade neste problema, para que, conxuntamente co concello, se establezan as solucións precisas co fin de evitar un parón nesta materia e que eses proxectos de desenvolvemento urbanístico se poidan executar”. O termalismo segue a ser chave, según o BNG, para o desenvolvemento da cidade? I.P.: “Así é. O termalismo forma parte importante

dese futuro que queremos para Ourense en todos os seus sensos: como xerador de riqueza e como aproveitamento dos nosos sectores productivos (a auga é un ben en Ourense, ata niveis medicinais). Hoxe Ourense é a capital termal de Galicia, pero nós aspiramos a que o sexa de todo o continente europeo. Pola capacidade e as características das nosas augas podemos competir ata con Budapest (cidade termal europea por excelencia), por iso o termalismo é unha aposta do BNG como xerador de emprego, entendido no senso máis amplo, non só como fonte de goce para os ourensáns e para os que nos visitan, se non tamén vencellado á saúde, á universidade e ao aproveitamento das propias augas”. Que opina dos demais candidatos? I.P.: “Cada formación política presenta un perfil de candidato e de candidatura en relación á súa forma de entender a política e a xestión da mesma nun goberno”. No caso de non repetir no goberno local, prantéxase a posibilidade de retirarse da política? I.P.: “Non contemplamos esa posibilidade. Estamos tan seguros de que despois de catro anos no goberno a cidadanía vai a apostar por unha continuidade para seguir avanzando na transformación evidente da cidade que non se vai a dar esa situación, pero en calquera caso eu teño vocación de servizo aos cidadáns e estarei ata que eles me deixen”. Que mensaxe lle mandaría aos votantes? I.P.: “Apostar polo BNG neste momento é confiar no futuro desta cidade e procurar a continuación e o avance na transformación da mesma, garantindo a defensa dos intereses das persoas”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011



As accións do BNG no goberno municipal situaron a Ourense no mapa europeo do termalismo Ourense é fundadora da Asociación Europea de Cidades Termais e do Itinerario Cultural Europeo das Vilas Termais (con Vichy (Francia), Acqui Terme (Italia), Bath (Reino Unido), Salsomaggiore Terme (Italia), Spa (Belxica) e de Ourense. Está rehabilitada a maioría dos edificios das traseiras das Burgas e practicamente rematada a recuperación das hortas traseiras para dotar a cidade dunha zona verde de 5.000 m2 no centro histórico de Ourense, convertendo un espazo degradado e privado nun gran xardín público, comunicando a rúa das Burgas coa rúa do Baño, así como o axardinamento da zona da Muiñeira. Fixéronse moitas actuacións na Chavasqueira, O Tinteiro, Outariz, O Maimón e O Campo da Feira e haberá outras no Muiño da Veiga e a Bouvette nas antigas naves de Ortiz. Para paliar o déficit hoteleiro, o compromiso do goberno municipal foi inequívoco, facilitando accións para que a iniciativa privada se comprometa na dotación de equipamentos que reforcen a vocación de Ourense como cidade termal.

Pozas en Outariz

O Tinteiro

Estación termal das Burgas

O BNG fomentou infraestruturas para a igualdade, a actividade económica, a cultura e a mocidade A actividade do BNG facilitou que o concello se abrise á mocidade apostando pola súa participación e axiña disporemos dunha casa para os mozos e mozas de Ourense. E tamén grazas ao BNG a igualdade chegou ao Concello de Ourense, primeiro do país en comprometerse coa equidade a través dunha ordenanza municipal ou coa apertura do Centro de Información á Muller. Tamén se abriron espazos que ante a crise potenciaremos, como o Centro de Iniciativas Empresariais, futura Casa do Emprego, ou o Centro de Novas Teconoloxías.

Novo Centro para a mocidade

Centro de Información á Muller

Campo da feira

O BNG traballou no concello pensando en “transformar a cidade para devolvérllela aos cidadáns” Desde a responsabilidade de Infraestruturas transformamos os barrios: O Couto, Santo Cristo, Pena Redonda, A Carballeira, Padre Sarmiento, Rúa Greco e Praza Monteagudo, Rúa Remedios do 21, Praza de Barrocás, Río Mao, Avenida de Zamora, Pena Corneira ou fachadas de Antonio Puga. Abordamos as grandes obras (circunvalación norte, accesos a Carrefour ou conexión cos polígonos industriais) e tamén atendimos as pequenas obras a través do plan de conservación

Parque Daniel Gómez

Praza Paz Novoa

Campo de fútbol en Santa Cruz de Arrabaldo




Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana Óscar Blanco Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Gonzalo Pérez Jácome: “Polos ideais de defender Ourense, sempre terra discriminada”. Con que expectativas electorais? G.P.J.: “Obter un ou dous concelleiros”. Como se define no expectro ideolóxico? G.P.J.: “A nivel local non cremos en ideoloxías senón en capacidade de xestión”. Cales son as principais liñas do seu programa electoral? G.P.J.: “Ante todo Ourense, non somos franquicias de partidos nacionais como os demais. Eliminación de gastos superfluos, e implantar os presupuestos de decisión aberta onde toda a poboación, non só os políticos, decidan sobre os presupostos”. Con quen pactaría e con quen non? G.P.J.: “Pactaríamos co partido que conseguise desbloquear a discriminación a Ourense, e conseguise os millóns de euros que esta cidade precisa”. Se logra representación no Concello, que sería o primeiro que faría? G.P.J.: “Abrir as ventás para airear”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? G.P.J.: “Que non hai nada, en Ourense só hai emigración, ningunha oportunidade”. Cal é a súa posición sobre o AVE en Ourense? G.P.J.: “Non só deben ir as vías soterradas, tamén debe ter un enlace rápido

e directo con Vigo, para que Ourense sexa a estación central de Galicia, de modo que por Ourense pasarán e pararán todos os trens de Galicia”. Que pronóstico fai da crise na cidade? Velle remate? G.P.J.: “Non é unha crise, é unha nova realidade. Durará máis de 10 anos”. Que alternativas propón DO aos entretementos que consideran son un derroche: Festival de Cine, CD Ourense, COB...? G.P.J.: “Infraestruturas, pisicinas cubertas, deporte, ocio, saúde”. Que lectura fai da pegada de carteis? G.P.J.: “Desfasada, só nós puxemos un toque de orixinalidade”. Se nestas eleccións non logra representación, seguirá adiante DO? G.P.J.: “Si, os ideais nunca morren”. Como considera que é o trato que recibe DO por parte dos medios de comunicación? G.P.J.: “En xeral fannos o baleiro, no fondo gústanlles máis os políticos de sempre”. A que perfil responden os seus votantes? G.P.J.: “Aqueles que teñen independencia de criterio e queren o cambio”. Teme que DO se volva un partido personalista, que se basee en exceso no carisma dun representanten concreto? G.P.J.: “É un partido que creceu e crecerá, virán moitas caras novas”. Aceptaría eleccións primarias no seu partido? G.P.J.: “Claro, é fundamental”.

Jon Sáez, candidato de Esquerda Unida Ó.B. Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Jon Sáez: “Preséntome porque a asamblea local de E.U. elexiume por unanimidade como cabeza de lista e porque precisamos un cambio real, tanto dos políticos desta cidade coma das suas políticas”. Con que expectativas electorais? J.S.: “As nosas expectativas son as mellores despois de moitos anos, sabemos que se seguimos traballando podemos acadar a representación que de nós espera moita xente”. Como se define no espectro ideolóxico? J.S.: “Defínome coma unha persoa de esquerdas que quere cambiar a realidade social na que nos atopamos, e a realidade amosa que PP e PSOE fracasaron nas suas política. Agora tócalle a Esquerda Unida”. Cales son as principais liñas do seu programa electoral? J.S.: “A creación de emprego, o desenvolvemento local e sostible,

a aposta polas políticas activas de emprego e o apoio aos autónomos, as pequenas empresas e o cooperativismo”. Con quen pactaría e con quen non? J.S.:“Quen acepte todas as nosas propostas poderá contar co noso apoio, non temos predilección por ningún partido en concreto, todo dependerá da vontade para traballar por e para Ourense”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? J.S.: “Sen dúbida o desemprego, situación na que se encontran moitos veciños dentro dos que eu estou incluido; asimesmo, a perda sangrante de poboación e outro dos moitos problemas que nos afogan”. Que fai no seu tempo libre? Cal é o seu prato favorito? Que música escoita? J.S.: “Estar ocasionalmente ca familia e cos meus amigos xa que non dispoño de moito tempo. Prefiro o pescado pero gústame prácticamente todo a verdade. Pois escoito pop, rock, cantautores...”

Remigio González Serantes, candidato de Terra Galega Ó. Blanco Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Remigio González Serantes: “Para acabar coa forma de goberno absolutista á que nos vén sometendo a clase política actual, goberne quen goberne”. Con que expectativas electorais? R.G.S.: “Vendo o que está a acontecer no espectro político, as expectativas multiplícanse, co que creemos que conseguiremos entrar a formar parte do goberno local”.  Como se define no espectro ideolóxico? R.G.S.:“A nosa ideoloxía está baseada no cumprimento do artigo 1.2: ‘La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan todos los poderes del Estado’” Cales son as principais liñas do seu programa electoral? R.G.S.: “A curto prazo: - Nova redacción do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá

no que irá incluída a creación do Consello Social da Cidade, o que garantirá unha participación cidadá na toma de decisións do goberno municipal. - Creación dos Distritos do Couto e a Ponte. - A defensa do dereito á vivenda. - Adicar tódolos nosos esforzos para a creación de emprego. - A eficiencia do servizo da administración cara ós veciños. - Aproveitamento dos espazos deportivos e instalacións para o servizo da cidadanía. - Orientar eficientemente a Educación. - Dinamizar a Industria, o comercio e, sobre todo, o turismo”. Con quen pactaría e con quen non? R.G.S.: “Non nos venderemos. En principio facilitariamos o goberno a forza máis votada, sexa a que sexa”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? R.G.S.: “A diverxencia total entre os gobernantes e o pobo. Non se goberna para o pobo, se non para os intereses do partido. Isto ten que cambiar. O político está o servizo da cidadanía. Non é un amo, é un servo”.  Que fai no seu tempo libre? Cal é o seu prato favorito? Que música escoita? R.G.S.:“Escribir sobre os dereitos da cidadanía, que ninguén repecta, e, cando podo ir o pobo a limpar fincas. O meu prato favorito é o congrio en salsa. Encántame a música clásica, tamén María do Ceo, Los Suaves, Queen, e moitos outros”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Rafael M. Fernández, candidato de PUM+J Ó.B. Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Rafael Manuel Fernández: “Porque loitar contra a pobreza é un acto de xustiza. E sabemos que a única forma de terminar con ela é con decisións políticas. Este partido está formado por cidadáns cansos de ver como os nosos representantes se preocupan máis do poder que de garantir os dereitos básicos das persoas: alimentación, vivenda e traballo”. Con que expectativas electorais? R.M.: “Queremos ser a voz da conciencia no Concello para facer de Ourense unha cidade de referencia na loita contra a pobreza, a desigualdade e a exclusión social. Quixeramos obter representación para poder estar presentes nas decisións que se tomen desde o Concello, e lembrarlles que calquera actuación debe ir encamiñada cara a un Ourense máis xusto”. Como se define no espectro ideolóxico? R.M.: “Non cremos na división tradicional de dereitas e esquerdas. A nosa ideoloxía son os Dereitos Humáns e a dignidade das persoas. Persoas de todos os credos e signos políticos únense para conseguir esa sociedade máis xusta”. Cales son as principais liñas do seu programa electoral? R.M.: “Como resposta as situacións de exclusión: políticas de inclusión social en materia de emprego, vivenda, sanidade e educación. Fomentar o pequeno comercio local como forma de manter a cohesión social especialmente nos centros das cidades e os barrios. Reserva dun 4% dos postos de traballo da oferta pública de emprego muni-

cipal para persoas en risco ou situación de exclusión social. Realizar políticas de xestión de sólo público para a construción de vivendas protexidas. Promover unha auténtica transparencia mediante a publicidade real das deliberacións e decisións públicas locais; publicación de salarios locais. Someteríanse a consulta popular os asuntos relevantes para os intereses dos veciños. Compromiso de achega do 0,7% do orzamento para Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Especial atención aos noso maiores, nunca cidade envellecida como Ourense deben crearse centros de día, atención domiciliaria, etc.”. Con quen pactaría e con quen non? R.M.:“Desde logo non aceptariamos ningún cheque en branco e o noso apoio estaría sempre con calquera formación política que traballe polo benestar dos veciños de Ourense con especial adicación aos colectivos con dificultades. Non se trata de pactar para conseguir o poder, trátase de pactar para conseguir o fin da pobreza”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? R.M.:“A inmensa pobreza e o envellecemento da poboación. O informe de Cáritas do 2009 sitúa en 1.800 o número de fogares da provincia que non perciben ingreso algún, mentres que dos 25.024 desempregados que hai na provincia só 15.500 perciben algunha prestación. Cando unha sociedade ten a unha porcentaxe tan grande dos seus membros nesta situación debe pensar en que o que debe cambiar é a propia sociedade”.

Ourense por BARRIOS Maio de 2011



Marcos Guimarey, candidato de iPOU Agustín Vega, candidato de UPyD Redacción Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Agustín Vega: “Porque a mediocridade asentouse nos últimos anos no concello creando gravísimos problemas de liderazgo na cidade e permitindo que a corrupción se enquiste nas nosas institucións; evitar todo iso é unha obriga de toda persoa con preocupación social”. Con que expectativas electorais? A.V.: “A cidadania está saturada dos políticos ao uso e esixe a chegada de aire fresco ao concello e por iso a chegada de Unión, Progreso y Democracia será garantía de voto libre e responsable dos cidadáns e seremos a forza política determinante na nova corporación”. Como se define no espectro ideolóxico? A.V.: “A miña formación ideolóxica é de esquerdas afastada de pragmatismos de novo cuño que sempre son base para o cultivo de malas practicas politicas e antesala de corrupción”. Cales son as principais liñas do seu programa electoral? A.V.: “A denuncia da

entrada da AVE á cidade, a redacción dun plan xeral en seis meses, a reducción do salario do alcalde e concelleiros nun 50%, a restitución da legalidade urbanistica, a rexeneración institucional, a posta en valor dos nosos recursos endóxenos. E todo iso a través dun concello aberto e as súas decisións en coñecemento público”. Con quen pactaría e con quen non? A.V.: “Nestes tempos de crises os pactos a priori nin sequera ten interese que se contemplen e desde logo é a xestion do día a día a que determina os posibles acordos con outras forzas”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? A.V.: “Nos últimos dez anos os seus políticos, a corrupción e a resignación cidadá ante situacións inasumibles para a cidade”. Que fai non seu tempo libre? Cal é ou seu prato favorito? Que música escoita? A.V.: “Hai moita vida antes e despois da política, por tanto vivir. Gústanme os caracoles en salsa boloñesa e a música variada, incluído o heavy metal”.

P.L. Por que se presenta como candidato á alcaldía de Ourense? Marcos Guimarey: “Porque dende a reflexión creo que é necesario una iniciativa nova, afastada das partidocracias establecidas, onde os cidadans poidan cogobernar os intereses públicos”. Con que expectativas electorais? M.G.: “Coñecemos as nosas limitacións, esperamos que a cidadanÍa deposite a súa confianza en nós”. Como se define no espectro ideolóxico? M.G.: “Os estatutos do partido reflicten que somos un partido progresista”. Cales son as principais liñas do seu programa electoral? M.G.: “Un dos elementos que batallamos é a reducción de concelleiros liberados, unha drástica redución de dietas por plenos e comisións así como a reducción do persoal de confianza. Considerando a Ourense como destino dun fin de semana, apostar por unha mestura dunha oferta cultural de calidade e do termalismo como motor turístico. Valoramos a creación de novas plazas de garderías de 0-3 anos, con horarios e servicios adaptados as necesidades das nais. Medidas para o aumento da productividade do funcionariado, para ter persoal identificado ca corporación e involucrado

ca sociedade. Aposta polos nosos mozos, consideramos que os estudantes excelentes deberían ter a oportunidade de formarse no estranxeiro. Aposta polas campañas de aforro enerxetico, optimización de recursos e fontes de enerxia renovables. Posta en marcha de rúas con prioridade de bicicletas sobre outros medios de locomoción. Para as empresas temos previsto a supresión da necesidade da licenza municipal en determinados casos e a coordinación con todos os organismos, para dar unha oferta única e completa para os emprendedores”. Con quen pactaría e con quen non? M.G.: “Son partidario de pactos, non tanto do uso de estes con fins publicitarios, existe un concello, non un concello e unha tenencia. iPOU é progresista, neste senso os pactos serían con aqueles que defenden estas orientacións”. Cal é, para vostede, o principal problema de Ourense na actualidade? M.G.: “O problema considero que é a emigración da xeneración máis preparada, temos que intentar fixar a xente na nosa cidade para que cree valor engadido nesta sociedade”. Que fai no seu tempo libre? Cal é o seu prato favorito? Que música escoita? M.G.: “Practico waterpolo no Club Waterpolo Ourense, e outras actividades como escalada con amigos que pertencen o Club Alpino Ourensán. O cocido é o churrasco son os meus pratos referidos. Escoito moito a radio, polo cal ao final do día son moitos estilos, cando merco discos oriéntome máis cara ao rock”.


10

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A josé manuel freire couto - CandidatO do pp á alcaldía de barbadás

“O PP de Barbadás ofrécelle aos veciños capacidade de xestión, confianza, traballo e experiencia” 4 O candidato popular confía no traballo feito polo seu grupo de goberno durante os 24 anos que leva á fronte da alcaldía de Barbadás para repetir na mesma logo do 22 de maio. Paula Lodeiro Coa creación ou remate (según o caso) dun polideportivo, un centro de saúde e un instituto como obxectivos primordiais, e apelando sempre ao realismo nas súas propostas, o líder do PP de Barbadás, Freire Couto, está a vivir a campaña electoral con bastante confianza, a que lle outorga a súa experiencia como rexidor municipal deste concello, durante nada menos que 24 anos. Con que expectativas se presenta o PP á alcaldía de Barbadás o vindeiro 22 de maio? José Manuel Freire: “Creo que as expectativas electorais son boas, en principio, dadas as circunstancias que se plantexaron tal e como está o partido socialista neste momento, o efecto Zapatero, a crise e demais, entendo que nós non debíamos ter problemas, xa que temos unha xestión por detrás que nos avala”. Que lle pode ofrecer aos veciños de Barbadás para que volvan confiar en vostede e no seu partido? J.M.F.: “En primeiro lugar temos unha traxectoria que lles ofrece confianza aos veciños porque xa nos coñecen. Ofrecémoslles a capacidade de xestión, confianza, traballo e indudablemente experiencia. Barbadás ten sido un concello cunha evolución de progreso total e absoluta nos últi-

O popular José Manuel Freire Couto opta de novo á reelección como alcalde de Barbadás./P.L. mos anos, iso é irrefutable, e pensamos seguir na mesma liña. Non imos prometer o “ouro e o mouro” porque somos conscientes de que hai unha situación de crise pero a pesar da situación de crise Barbadás hoxe é un dos concellos mellor saneados economicamente e se levan feito moitas cousas tanto en infraestruturas como en actividades”. Que novidades presenta o seu programa electoral de cara á nova lexislatura? J.M.F.: “Fundamentalmente, temos como obxectivos prioritarios e irrenunciables a posta en marcha inmediata do polideporti-

vo, neste momento está en construción a segunda fase. A posta en marcha do centro de saúde, para o cal só falta que a Xunta decida empezalo, e facer todas as xestións para que se faga na próxima lexislatura o novo instituto. Me consta que son necesidades importantes para o noso concello, das tres dúas están solucionadas, só falta unha que se termine e outra que acaben os trámites para poñela en marcha. Temos os compromisos da Concellería de Sanidade para que neste ano que estamos posiblemente xa iniciado e nun prazo de dez ou doce meses posto en marcha. >>Outro dos nosos obxec-

tivos é facer un centro de día e despois profundizar en todos os temas que temos neste momento en marcha de benestar: no cátering a domicilio, na axuda a domicilio, nas actividades lúdicodeportivas, incrementar a Escola de Música, as escolas deportivas... e dar contido a todos os locais sociais que se fixeron nestas últimas lexislaturas en todos os pobos. Na próxima lexislatura imos encamiñar o tema a manter e a aumentar os servizos que temos, hai moitos feitos e hai que darlle contido: cursos, conferencias, actividades para os maiores, nenos, xuventude...”. O desemprego é unha

das principais preocupacións da cidadanía, que medidas propón o Partido Popular para o Concello de Barbadás neste senso? J.M.F.: “Eu a nivel de alcalde, teño que lóxicamente intentar fomentar e colaborar no que é a busca de emprego. vou pór a disposición do concello de Barbadás todas as miñas posibilidades, sobre todo independentemente das que se xeneren dentro do concello, aquelas iniciativas que están en marcha desde o Inorde e desde a Deputación para que todas aquelas persoas que desexen traballar na próxima fábrica que se vai instalar en Ourense de Xero pois nós facilitarlle na medida do posible esa posible inserción laboral a persoas que estean no paro. E para iso me poño a disposición como alcalde, como presidente do Inorde e como deputado provincial”. Que pode dicir dos outros dous candidatos? J.M.F.: “Non creo que sexa eu o adecuado para opinar dos meus compañeiros, en todo caso eu os respecto e os valoro, eles fan a súa política e eu a miña. O que si é certo e podo dicir é que non é igual facer un programa electoral para gobernar que para estar na oposición. Para estar na oposición pódese facer a demagoxia que se queira, pero un programa para gobernar ten que ser un programa realista, e exactamente así é o meu:

asumible, porque non quero prometer o que non podo dar. Son consciente de que a situación económica é moi dura e a crise vai seguir estes catro anos que veñen, nós imos prometer o que podemos cumplir”. De non acadar o resultado agardado prantéxase retirarse da política? J.M.F.: “Iso non mo prantexo neste momento”. Que mensaxe lle mandaría aos votantes? J.M.F.: “Primeiro: confianza. Fixérono durante 24 anos e agardo que siga sendo así, porque se realmente tivemos unha xestión boa durante todo este tempo non é o momento de arriscar en cambios, porque é moi importante a experiencia e o traballo. Somos o concello da provincia que máis ten medrado e un dos primeiros de Galicia, a realidade é a que é, o traballo fixémolo ben porque do contrario non nos houberan apoiado durante tantos anos. Quero transmitirlles confianza e seguridade de que coñecen a un equipo de goberno e a un alcalde. Nos outros grupos non se saben como se vai conformar o equipo de goberno nin como van a gobernar, saben que si me votan a min van votar ao alcalde José Manuel Freire Couto. Noutros caos pode haber dous alcaldes como é o habitual nos bipartitos que incrementan habitualmente os gastos e págannos os veciños”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

11

A candidatura que presenta o PP de Barbadás ofrece unha contrastada experiencia de xestión municipal Durante os últimos anos, o Concello de Barbadás foi un modelo de crecemento e xestión municipal. Grazas á ilusión posta polo equipo dos distintos gobernos do PP de Barbadás, administráronse os recursos do Concello dun xeito responsable, que fixo posible a implantación poboacional dun xeito equilibrado. Barbadás é hoxe unha sociedade puxante, e froito diso é a actual situación na que nos atopamos. Fixemos posible que Barbadás sexa un lugar atractivo para vivir e facer a inversión máis importante da nosa vida como é a compra dunha vivenda. Foi necesario facer unha forte aposta por crear as infraestruturas báscias que fixeron atractivo o concello para moita xente, especialmente moza, que decidiu vir a vivir con nós, sendo nestes intres o activo máis importante do concello. A nosa prioridade foi dotar a todo o concello de infraestruturas básicas, con especial atención ás familias, coa axuda a domicilio, gardería infantil, actividades extraescolares, atención temperá na escola, escolas deportivas municipais, escola municipal de música, clases de apoio escolar e inglés de balde, terapia ocupacional, cursos de pintura, ximnasia, manualidades, etc. Contrastada experiencia A candidatura que presenta o PP de Barbadás para a próxima lexislatura 20112015 ofrece unha contras-

tada experiencia da xestión municipal, moitvo polo cal se decides apoiala co teu voto, non vas ter dúbidas de como serán xestionados os próximos catro anos, cousa que non lles ocorre aos nosos adversarios políticos, xa que nin eles mesmos saben nin quen nin como será a súa representación nin a capacidade de levar a cabo o seu programa. De ter o concello de Barbadás un goberno de dous partidos, o primeiro problema a resolver sería o de porse de acordo para gobernar, sen ter en conta os intereses dos veciños, senón os seus intereses partidarios, como veñen facendo en todas aquelas institucións que gobernan; proba diso, o concello de Ourense onde o BNG xa cambiou en catro anos tres veces de líder, debido a problemas internos e de xestión, que a día de hoxe están pendentes de resolución xudicial. Programa realista De cara ao futuro, o programa que presenta o PP é un programa realista. Non imos renunciar reivindicar para Barbadás todos aqueles servizos que en xustiza nos correspondan, como son as dotacións educativas, sociais e sanitarias; que serán obxectivos prioritarios para manter o noso nivel de benestar. Despois dunha forte inversión nos últimos anos en infraestruturas, agora toca facer esforzos para darlle contido a todos eses locais sociais que fixemos en todo o concello; especialmente con actividades de

lecer, culturais, deportivas, de formación ocupacional, aulas de Internet, etc. Tamén queremos ser realistas e dicirlle aos cidadáns que dada a gravidade da crise económica na que nos meteu o irresponsable goberno do PSOE as políticas municipais vanse ver minguadas economicamente dun xeito importante, da mesma maneira que se viron as pensións e os soldos en xeral, tendo que adicar importantísimos recursos a pagar a nómina dos cinco millóns de parados. Obxectivos irrenunciables Para a nova lexislatura os obxectivos báicos irrenunciables serán: 1. A construción do novo instituto. 2. Pór en marcha o novo centro de saúde de A Valenzá, o cal na actualidade xa ten licenza municipal para comezar ditas obras dun xeito inmediato. 3. Fomentar o emprego, pondo a disposición dos veciños de Barbadás un centro de orientación e inserción educativo-laboral, para facilitar a inserción laboral nos distintos sectores empresariais, especialmente naqueles que sexan xestionados desde a Deputación e o Inorde, coma o caso da nova empresa de coches eléctricos. 4. Trataremos de afondar e ampliar a dotación de servizos sociais, culturais e deportivos; en especial, coa posta en marcha do novo polideportivo, que será no próximo curso académico, así coma os locais dos dis-

O candidato do PP á Alcaldía de Barbadás, José Manuel Freire Couto, arroupado polo resto da súa candidatura. tintos pobos. 5. Impulsaremos definitivamente o transporte público metropolitano. 6. Desde a Casa da Xuventude, Casa da Cultura, Escolas deportivas e Escola de Música; trataremos de ampliar os servizos actuais, para que a nosa mocidade dispoña dos servizos necesarios para o desenvolvemento das súas inquedanzas. 7. Para os nosos maiores impulsaremos a construción dun novo centro de día, ampliaremos o servizo de axuda no fogar e o cátering a domicilio; así como todas aquelas actividades que fomenten as capacidades psico-físicas (talleres de memoria, cursos de terapia ocupacional e ximnasia de mantemento).

O Partido Popular non vai renunciar reivindicar para Barbadás todos aqueles servizos que en xustiza lle correspondan 4 Candidatura do PP en Barbadás 1. José Manuel Freire Couto 2. María Consuelo Vispo Seara 3. Manuel García González 4. José Antonio do Olmo Congil 5. Miriam Prieto Valdés 6. Antonio Currás Menor 7. Nieves Carril Gómez 8. Julio Domínguez Pato 9. Daniel Rey López 10. María das Mercedes Gómez Ojea 11. Pablo Campelo García 12. Pamela Cerreruela Trujillo 13. Iria Ramos Novoa Suplentes: 1. Susana Requejo Ribao 2. Fernando Regueira Casas 3. Monserrat Sieiro García 4. Agustín León PUBLICIDADE POLÍTICA


12

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A xosé MANUEL FÍRVIDA - CandidatO do BNG á alcaldía de barbadás

“Pola mala xestión do PP, Barbadás conta con servizos para 3.000 habitantes tendo realmente 10.000” 4 O nacionalista considera posible e preciso un cambio de goberno no Concello de Barbadás e tacha a Freire Couto de ser un alcalde “desaparecido”. Paula Lodeiro O candidato do BNG á alcaldía de Barbadás, Xosé Manuel Fírvida, ao que nos anteriores comicios municipais só lle restaron 200 votos para facerse rexidor, confía nesta ocasión en que o seu concello apostará por un cambio de goberno. Un polideportivo, un centro de saúde ou máis garderías son algúnhas das infraestructuras que o nacionalista considera “indispensables” para Barbadás, as cales asegura que levará a cabo de facerse alcalde. Con que expectativas se presenta o BNG á alcaldía de Barbadás o vindeiro 22 de maio? Xosé Manuel Fírvida: “Nós nos presentamos coas expectativas de acadar a alcaldía, consideramos que despois de 24 anos de goberno do PP, concretamente de Freire Couto, é o momento de que haxa un cambio en Barbadás, e considerámolo posíbel, necesario e preciso. Durante estes 24 anos ocupáronse en exclusiva de potenciar a especulación urbanística e nós pensamos que hoxe danse as circunstancias obxectivas para que o BNG acade a alcaldía. O incremento de novo censo sobre todo no núcleo de A Valenzá unido coa perspectiva de voto que hai entre a cidadanía máis nova do concello nos convida a ser optimistas e pensar que se hai catro anos quedamos a 200 votos da alcaldía nesta ocasión é un obxectivo que se pode cumplir”. Plantéxase un gobenro en coalición? X.M.F.: “Nós nos presentamos como BNG para intentar gobernar en solitario coa maioría suficiente, logo serán as urnas as que decidan cales terán que ser os consensos, os acordos programáticos entre diferentes forzas para intentar acadar un goberno estable. Se iso se dese non habería ningún

Xosé Manuel Fírvida repite como candiato do BNG á alcaldía de Barbadás./P.L.

“A sanidade actual en Barbadás é caótica, o centro de saúde de A Valenzá está no baixo dun edificio e nunha sala común agardan todos os pacientes. Ademais, hai só cinco médicos de familia para toda a poboación” obstáculo pola nosa parte”. De acceder á alcaldía de Barbadás, cal sería a primeira medida que poría en marcha? X.M.F.: “Sería pór terreos a disposición da Consellería de Educación para construir un instituto. Despois diso hai motísimas outras cousas que facer no concello, primeiro hai que intentar promocionar o comercio local como base para o fomento do emprego; buscar solo industrial para aquelas empresas que desexen asentarse en Barbadás, aproveitando a situación estratéxica. Tamén buscaremos a conformación de servizos sociais públicos e de calidade, que son os que en momentos de crise a cidadanía máis o precisa e demanda: estamos a falar de garderías públicas ou un centro de día. E desde logo impulsar todas aquelas infraestruturas das que o concello hoxe carece, como é , ademais dun instituto de Secundaria, un centro

de saúde con todas as capacidades e servizos que require unha cidadanía de máis de dez mil habitantes. A situación da sanidade actual en Barbadás é absolutamente caótica, o centro de saúde de A Valenzá está no baixo dun edificio, nunha sala común de agarda onde se xuntan nenos pequenos, bebés, persoas maiores, mulleres embarazadas; e os médicos comparten consultas, sendo unicamente cinco médicos de familia para atender a toda a poboación do concello. >>Creo que hai moitas dotacións públicas que están sen construir no noso concello e hoxe en día son absolutamente imprescindibles. Estamos falando doque pronto vai ser o quinto concello de Ourense. Segundo a diagnose que fai, está todo aínda por facer en Barbadás? X.M.F.: “Evidentemente. O Partido Popular adicouse durante os 24 de goberno a promocionar a construción

urbanística, unha construción por certo, aberrante e irracional. As causas fundamentais da crise económica, sobre todo da española, do boom urbanístico, repítese en Barbadás a pequena escala, xa que sufriu un boom urbanístico por ser un concello limítrofe e ofertar vivendas a un prezo inferior ás de Ourense. Pero isto non foi acompañado de ningunha dotación nin servizo público. Quedamos cun concello cos servizos que teñen as poboacións con menos de 3.000 habitantes, o que reflexa a xestión de Freire Couto, baseada no crecemento urbanístico, no apoio a empresarios vinculados coa construción (como o eran moitos concelleiros do PP)”. Un concello como Barbadás ten marxe económica para afrontar tantos servizos e infraestruturas neste momento de crise? X.M.F.: “Existe marxe económica, de feito a galiña dos ovos de ouro ma-

touna Freire Couto, que era o aproveitamento que podía ter a creación dun plan xeral de ordenación municipal sustentábel e racional, onde se creasen tanto equipamentos públicos como privados. El adicou os mellores solares para edificiación privada e deixou os peores para dotacións públicas. Sí que hai marxe para facer todos estes servizos, posto que Barbadás conta cunha poboación superior a dez mil persoas, que tributarán no noso concello, e teremos ingresos que veñen do Estado polo volume de poboación”. Que pode dicir dos outros candidatos? X.M.F.: “De Freire Couto podo dicir que é un candidato desaparecido, desde hai moito tempo é un alcalde que non goberna, que está máis adicado aos seus asuntos persoais e políticos na capital, no Inorde, que a cumplir coa súa función de atender á cidadanía de Barbadás. Non vai polo

concello, vive en Ourense, para os que vivimos acá é unha persoa absolutamente desaparecida. Repite aí seguramente por unha obriga encomendado polo PP e é unha persoa que está en retirada, en franca decadencia. >>En canto ao candidato do Partido Socialista creo que ten que ser a cidadanía quen faga a súa valoración, eu só podo engari que conta con todo o meu respeto”. No caso de que o resultado non fose o agardado, prantéxase abandonar a política? X.M.F.: “No BNG temos un acerto ou un defecto segundo se queira ver, que é que as decisións as tomamos de forma consensuada, polo tanto eu me someterei ao ditame que marquen os meus compañeiros de organización. Da mesma maneira que son candidato porque elas e eles consideraron que son a persoa máis acaída para encabezar a candidatura do BNG, eu tamén entendo que no suposto caso de ter malos resultados ou de non acadar a alcaldía, teño que pór o cargo nas súas mans. Todos no BNG estamos ao servizo da organización e ao que esta considere”. Quere mandarlle algunha mensaxe aos votantes? X.M.F.: “Creo que é o momento do cambio, Barbadás leva moitos anos de absoluto parálise institucional, onde o actual grupo de goberno está nunha situación de coma, non goberna, non actúa en ben da cidadanía. Entendemos que fai falta un goberno que se responsabilice diante dos cidadáns dos seus compromisos e un alcalde que se adique en exclusiva e a tempo completo a traballar polo concello de Barbadás. O compromiso do BNG é que adicaremos todo o noso esforzo única e exclusivamente pensando nos cidadáns do noso concello”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

13

PUBLICIDADE POLÍTICA


14

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O PSOE quere un Barbadás moderno, social e progresista A candidatura que encabeza Xosé Carlos Valcárcel mistura a experiencia, a xuventude, o coñecemento e o traballo e vai ao Concello co ánimo de gobernar para todos e todas. O PSOE quere un Barbadás moderno, social e progresista, e para iso presenta nos vindeiros comicios municipais do 22 de maio unha candidatura, encabezada por Xosé Carlos Valcárcel, que aúna experiencia, xuventude, coñecemento e traballo. A lista socialista confórmana un grupo de homes e mulleres cheos de ilusión e comprometidos co presente e futuro de Barbadás, dispostos a aportar todo o seu esforzo para mellorar os nosos pobos e a calidade de vida de todos os cidadáns. Na última Corporación Municipal, a política desenvolvida polos concelleiros socialistas foi moi crítica, pero ao mesmo tempo amosando unha actitude constructiva co único obxectivo de facer propostas que mellorasen a calidade de vida da veciñanza de Barbadás. Todas as iniciativas de carácter social que se teñen implantado neste tempo no noso concello proveñen do PSdeGPSOE: comida sobre rodas, axudas a celíacos e intolerantes á lactosa, colectores de roupa usada, Banco de Tempo... Outro tipo de propostas feitas polo Grupo Municipal Socialista foron a elaboración dunha ordenanza para a tenencia de animais de compaña ou a creación dunha Oficina

Municipal de Información ao Consumidor e tamén unha Oficina para a Muller. Apostas de presente e futuro Fronte aos moitos puntos negros da xestión de Freire, os Socialistas de Barbadás presentamos unha candidatura e un proxecto cheo de futuro, de ilusión etamén de xuventude. Queremos facer un concello no que conten todos e todas, e para este proxecto precisamos do esforzo e da implicaciónda xente máis nova, e contando coa sabedoría e experiencia daqueles que saben moito da vida e que xa non son tan mozos. Os Socialistas de Barbadás apostamos por mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía con propostas concretas: pedimos a mellora das zonas verdes, ampliar o servizo de recollida de lixo tanto no rural como na Valenzá, un Centro de Saúde digno e cómodo para os usuarios, unhas piscinas máis amplas e, por suposto, un Instituto acorde coas necesidades da nosa poboación en idade escolar, porque deles vai depender tamén o noso futuro. Un programa realizable O programa electoral do PSOE de Barbadás presenta 78 pntos, “todos realiza-

Foto da candidatura dos socialistas de Barbadás.

O PSOE de Barbadás presenta un programa electoral conformado por 78 puntos “todos realizables” segundo o seu candidato bles”, apunta o seu candidato, Xosé Carlos Valcárcel. Entre eles, destaca a construción do instituto e do novo centro de saúde; xestionar a creación dun centro de día e dunha segunda escola infantil. A proposta programática socialista tamén propón melloras no servizo de recollida de lixo, no acceso a Internet desde calquera punto da localidade, no transporte público e na rede viaria. De gobernar, o Concello elaborará un Plan Municipal de Emprego e prestará un Servizo de Orientación Laboral; redactará unhas bases de contratación para

traballadores temporais, elaborará un Plan Local de Comercio, impulsará obradoiros de emprego e creará un viveiro empresarial dirixido a emprendedores. Implantar a Administración Electrónica, unha Oficina Municipal de Información á Muller e outra de Información ao Consumidor son outras das súas propostas, así como favorecer a creación dun Fogar do Maior, dunha Aula Multimedia, de Aulas de Educación Permanente para Adultos e dun Espazo Infantil para a atención de cativos dun xeito esporádico. O PSOE tamén aposta

pola construción de vivenda de promoción pública, a recuperación de casas antigas e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Acondicionarán unha área recreativa ao lado do río, activirán os proxectos de construción dun tanatorio e cemiterio en A Valenzá, e dinamizarán o futuro pavillón polideportivo. A lista socialista A lista socialista en Barbadás está liderada por Xosé Carlos Valcárcel como candidato a alcalde. Acompáñano de número 2, a actual concelleira Victoria Morenza, con coñecementos nas

áreas de Infraestruturas e Novas Tecnoloxías, De número 3 vai María Presas, responsable dentro do partido das temáticas ligadas á Infancia. José Andrés Montero (4) está especializado en temas de Xuventude; Manuel Martínez (6), en Deportes e Tráfico; Marga Pérez (7), é experta en temas de Emprego e Servizos sociais; e Mercedes Méndez (13), en Sanidade. Ademais, Mari Carmen Álvarez, número 5, é candidata por Sobrado; Hipólito Rial, o número 8, por Parada; Víctor Lloves (10) por Piñor; Ramón Selas (11) por Bentraces, e Alfonso Díaz (12) por As Lamas. PUBLICIDADE POLÍTICA


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

15

ENTREVISTA A xosé carlos valcÁrcel - CandidatO do psoe á alcaldía de barbadás

“As políticas sociais e o emprego son as principais preocupacións do PSdG-PSOE para Barbadás”

4 O socialista acusa ao actual alcalde, José Manuel Freire Couto, de estar a “pasar o tempo” e propón aos veciños a posibilidade dun “concello amigo”. Paula Lodeiro Preocupado pola gran cantidade de proxectos sen rematar, e incluso sen comezar, que, asegura, deixa ás súas costas o PP de Barbadás logo de 24 anos de goberno, o socialistas Xosé Carlos Valcárcel só desexa que o 22M depare ao seu concello o cambio que precisa. Con que expectativas se presenta o Partido Socialista á alcaldía de Barbadás o vindeiro 22 de maio? Xosé Carlos Valcárcel: “As expectativas electorias para o PSOE son francamente boas, estou convencido de que obteremos grandes resultados. O noso obxectivo é gañar, gobernar, simplemente porque levamos 24 anos de goberno do PP e Barbadás carece de moitos servizos: instituto, piscina climatiza... E outros atópanse sen a dotación que precisan, como son as piscinas públicas, as garderías e o centro de saúde. Creo que a xente por fin se decata desta situación e por iso ten desexos de cambio”. Prantéxase un goberno en coalición? X.C.V.: “O noso obxectivo é o de gobernar en solitario, pero se iso non fose posible teremos que prantexarnos esa posibilidade, porque o que buscamos por enriba de todo é un goberno estable para o noso concello. Evidentemente somos máis afíns ao BNG xa que

ao longo destes catro anos houbo moitos temas nos que estivemos dacordo co bloque, polo que sería o noso socio ideal”. De acceder á alcaldía de Barbadás, cal sería a primeira medida que poría en marcha? X.C.V.: “Reunirme con todos os colectivos veciñais, empresariais e culturais, é decir, con tódolos axentes sociais do concello para coñecer as súas carencias. Queremos conseguir un órgano vivo, dinámico, participativo, que os veciños nos vexan como un concello amigo, que non teñan medo de dirixirse ao alcalde. Non imos facer ningún tipo de promesa demagóxica, imos a traballar só con realidades e coñecendo esas necesidades temos que priorizar”. A falla de emprego é unha das principais preocupacións da cidadanía, que ten pensado facer o PSOE no concello de Barbadás ao respecto? X.C.V.: “En Barbadás temos o Centro Empresarial Transfronteirizo, pero que está carente de vida, polo que o noso obxectivo é revitalizalo de xeito que conte cos empresarios así como cos traballadores. Ademais, no noso programa electoral contamos cun apartado específico adicado ó emprego, no que apostamos polo asociacionismo, contar cos empresarios e por en marcha programas que permitan dinamiar o comercio

local para crear emprego”. Cales son as liñas básicas do programa socialista en Barbadás? X.C.V.: “Os pilares básicos do noso programa son as políticas sociais e o emprego, por iso a nosa prioridade será retomar tódolos proxectos que foron prometidos durante os 24 anos de goberno de Freire e polos marcha. Como son o caso do instituto, ao respecto do cal estaba prometido o inicio das obras para o primeiro semestre de 2010 e un ano despois aínda non están adxudicados os terreos que se precisan; o centro de saúde, cuxas obras debían ser iniciadas antes do remate do pasado ano, algo que non aconteceu nin hoxe; as piscinas, respecto ás cales o 28 de xullo de 2009 Freire, co apoio da Xunta, prometeu a súa construcción, pero tampouco existen aínda; e, por último, o centro de día, xa que a poboación máis maior de Barbadás precisa servizos dese tipo. Ademais, en canto ás comunicacións do Concello de Barbadás con Ourense, demandamos que se nos inclúa de xeito efectivo nese proxecto de transporte metropolitano, xa que tal e como está agora non nos afecta. A Valenzá, dentro do que cabe, está máis ou menos ben comunicada, pero o resto do concello non dispón deste servizo. Tamén apostamos por ter un servizo de bicicletas e de internet, por-

Esta é a segunda vez que Xosé Carlos Valcárcel se presenta como candidato á alcaldía de Barbadás polo Partido Socialista.

“Non imos a facer ningún tipo de promesa demagóxica, imos a traballar só con realidades e coñecendo esas necesidades temos que priorizar” “Queremos contar con todos e cada un dos veciños, estaremos preto das súas inquedanzas” que todo o rural do concello carece de banda ancha, algo absolutamente lamentable no século XXI.E queremos organizar diversas actividades para os mozos e mozas de Barbadás, polo que, consecuentemente, un dos nosos obxectivos pasa pola recu-

peración de diversas instalacións deportivas, como é a do Barreiro (Bentraces) e do Común (Piñor), que están abandonadas a pesar das nosas reiteradas mocións”. Que opinión lle merecen os outros candidatos? X.C.V.: “En xeral consi-

dero que son boas persoas, pero o señor Freire creo que só pasou o tempo, estou convencido de que no seu momento fixo cousas boas polo concello, pero hoxe está apartado do mundo real. Hai moitos xóvenes que teñen novas inquedanzas e preocupacións e non está preto deles. É un home que na actualidade desatende o concello, pensa que por ir unha horas ó día ata alí ten todo resolto, pero Barbadás precisa unha atención continuada. E en canto ao candidato nacionalista, Fírvida, creo que é unha persoa traballadora, ben preparada, coa que nos podemos entender fácilmente”. No caso de que o resultado non fose o agardado, prantéxase abandonar a política? X.C.V.: “A quen lle correspondería nese caso decidir sobre o meu futuro é aos militantes do partido, xa que somos un grupo totalmente democrático e eles determinarían se debo seguir ou non”. Quere mandarlle algunha mensaxe aos votantes? X.C.V.: “O PSOE quere facer de Barbadás un concello amigo, queremos contar con todos e cada un dos veciños, que non lle teñan medo ó cambio, que confíen en que serán atendidos. Estaremos preto das súas inquedanzas cotiás, principalmente, daqueles colectivos que máis o precisan”.


16

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Os ourensáns preguntan, os políticos responden

4 Saímos á rúa para ver que preguntas lles fan os cidadáns aos candidatos; esto foi o que responderon Rosendo Fernández, Francisco Rodríguez e Isabel Pérez. zonas da cidade; temos que tratar de estender a acollida temporá, máis actividades durante a fin de semana, temos que aproveitar as infraestruturas deportivas, non pode ser que a partir dunha determinada hora queden sen utilizar, hai que atender as necesidades dos comedores escolares”. José Balviz: que pensan facer pola xuventude de Ourense? Rosendo Fernández (PP): “Nós temos un diagnóstico: son ao ano centos e centos de xóvenes ben formados os que emigran a outras cidades, esta sangría non a podemos permitir, temos que darlle todas as facilidades a un colectivo tan preciado. Imos empezar coas facilidades da hipoteca xoven, un instrumento entre o Concello e unha entidade financieira para mozos de 18 a 35 anos, o noso compromiso é dar información e xestionar a fase principal desa tramitación dunha hipoteca, cun prazo de amortización a 40 anos e unha financiación de ata o 80% da vivenda. O xoven ten que dar o mellor de si mesmo aquí”.

Montse Rodríguez: por que non arranxan as cousas antes de que se acheguen as eleccións? Rosendo Fernández (PP): “O PP vai a estas eleccións cun programa realista e asumible, nós queremos un alcalde e concelleiros que loiten polas oportunidades da cidade, os nosos compromisos con Ourense van ser realistas e asumibles, como dicía San Agustín: “hacer cosas útiles más que cosas admirables”, o que se fixo nesta lexislatura non foi ningunha cousa nin outra. Tívose un plan E de 30 millóns de euros que se gastou en beirarrúas, parques e xardíns, que non está mal que se gaste niso pero non se investiu nos nosos recursos naturais para dar valor engadido para o día de mañá”.

Francisco Rodríguez (PSOE): “En canto a propostas de actividades para a xuventude creo que se están levando a cabo moitas, como demostra a inminente inauguración dun equipamento público na zona do barrio de A Ponte onde poderán desenvolver unha gran variedade de actividades. Ademais, as proposta no ámbito cultural están dirixidas en moitas ocasións a eles. Pero en xeral, o que temos é que crear unha cidade de oportunidades na que os xóvenes teñan a posibilidade de traballar e non teñan que marchar”.

Francisco Rodríguez (PSOE): “Eu creo que durante estes catro anos fixéronse un conxunto de obras que eran precisas para a cidade, non agardamos ás eleccións, pero o que non se vai a facer é parar de construir cando se acheguen as mesmas. De feito, a situación económica fixo que esas obras fosen máis intensas fai un ano ou dous que agora mesmo”.

Isabel Pérez (BNG): “Primeiro, procurar que teñan emprego na cidade para que non se teñan que ver obrigados a marchar. As políticas de emprego orientadas á mocidade son unha prioridade para o BNG”.

Isabel Pérez (BNG): “O goberno do BNG funcionou dende o primeiro día, intentando resolver as necesidades das persoas, pero hai cousas que polas súas características levan máis tempo. Eu discrepo cando se di que os políticos traballamos só en época electoral, dende o primeiro día, que asumimos responsabilidades no goberno, traballamos como se fose o último”.

Ana Rodríguez: que teñen pensado facer para que Ourense conte con máis industria e menos funcionariado? Rosendo Fernández (PP): “O funcionariado ten que existir o que sexa necesario, e a industria, por suposto, nós estamos avogando por que a mellor política social é o emprego, como vai haber políticas de industria se o bipartito municipal a parte do PSOE prometeu 900.000 metros cadrados en Santa Mariña e non creou un só metro cadrado de chan industrial, e no Val da Rabeda que propugnou o BNG estaba afectado por unha liña de alta tensión e pola liña de alta velocidade. En consecuencia catro anos despois, cero metros cadrados de chan industrial, non se pode dar facilidades aos nosos emprendedores, non temos política industrial neste Concello de Ourense”. Francisco Rodríguez (PSOE): “A opción de ser funcionario ou non depende de cada individuo. De todos os xeitos o que debemos facer é dar oportunidades para que haxa cada vez máis ourensáns con vocación emprendedora que poidan levar á práctica as súas inquietudes empresarias, algo que estamos fomentando neste mesmo intre nas propias escolas”. Isabel Pérez (BNG): “As políticas de emprego necesariamente pasan pola aposta industrial así como polos sectores productivos. Evidentemente, o emprego e a situación económica van a ser as primeiras preocupacións do BNG dende o goberno municipal”.

Patricia Gutiérrez: teñen pensado renovar os parques ourensáns, como o de skate dos Remedios, e construir máis centros culturais? Rosendo Fernández (PP): “Por suposto que si, hai que construir centros culturais segundo as necesidades; nos parques hai que ter elementos de xogo para as persoas con discapacidade, e hai moito que facer sobre todo nos parques do extrarradio”. Francisco Rodríguez (PSOE): “No tema de zonas verdes é evidente que colaboramos en gran medida e así seguirá sendo sempre que queden espazos para facelo”. Isabel Pérez (BNG): ““Hoxe en Ourense as infraestruturas culturais existentes permiten ter cubertas a maioría das zonas da cidade e dende o BNG apostamos por que haxa infraestruturas culturais en todos os distritos da cidade”.

Kayleigh González : que farán en materia de educación? Rosendo Fernández (PP): “Temos unha concellería de Educación da man dunha persoa que coñece como ninguén o tema. Hai que facer unha avaliación das necesidades segundo as

Francisco Rodríguez (PSOE): “ As comepetencias en materia académica corresponden á Xunta, pero nós estamos a colaborar en todo o que podemos co propios centros en aspectos como son as actividades extraescolares ou os comedores”. Isabel Pérez (BNG): “En materia de educación buscamos garantir servizos como os comedores escolares e as actividades fóra de horario lectivo, ao igual que pór en marcha calquera política deportiva e cultural orientada á formación dos máis pequenos”.

Ricardo Lorenzo: Que teñen pensado facer para que Ourense deixe de ser a “quinta” provincia de Galicia? Rosendo Fernández (PP): “Ourense é a terceira cidade de Galicia, debe ter esta persoa un diagnóstico feito. Ourense ten un envellecemento moi grande co cal o diferencial de productividade negativo se acentúa, temos un problema de idade, demográfico. Para que siga sendo a terceira idade e non sexa a quinta como di, temos que cambiar a filosofía de cidade, mellorar a cualificación profesional dos nosos recursos humanos, promoción e inserción so-

ciolaboral das persoas máis desfavorecidas, fomento da creación de novas empresas, favorecer o desenvolvemento da pequena e mediana empresa que é clave do tecido empresarial de Ourense, en definitiva crear emprego e darlle facilidades aos nosos emprendedores e empresarios para a creación de emprego, que é o principal problema hoxe. Se non somos capaces de que a cidade hoxe non estea por enriba dos 11.000 parados nós lle daremos un pulo para que a cidade de Ourense sexa a terceira cidade. Crear riqueza, pór en valor os nosos sectores naturais e recursos productivos que siguen tan improductivos como hai catro anos”. Francisco Rodríguez (PSOE): “Ourense en canto habitantes é a terceira cidade de Galicia pero en canto a renta per cápita non se corresponde con este posto. Nembargantes, é unha cuestión que non depende do Concello (aínda que si podemos colaborar, na medida na que creemos emprego e melloremos as posibilidades da cidadanía), senón da Xunta de Galicia e sobre todo da Deputación Provincial, polo que é responsabilidade do señor Baltar, que leva toda a vida nela, explicar este tipo de realidades”. Isabel Pérez (BNG): “Está claro que 20 anos do señor Baltar na Deputación non teñen modificado os estándares de desenvolvemento económico, de poboación, nin deron lugar a ningún tipo de mellora. É o momento de cambiar de política na Deputación Provincial, esa é a nosa asignatura pendente”. Francisco Alonso: levarán a cabo proxectos máis centrados no social e menos no cemento? Rosendo Fernández (PP): “Por suposto, estaba criticando o do cemento, que se gastaron 30 millóns [SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

4HUMOR

[Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com]

4HUMOR

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

17

[todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR]

de euros en cemento, parques e xardíns, pero non se fixo en infraestruturas, nos barrios aínda falta saneamento, traidas de auga, fai falta políticas sociais. En Cáritas hai overbooking, está atendendo a máis de mil persoas e 400 de acompañamento, iso quere dicir que as políticas sociais do Concello non están cumplindo as súas funcións. E non digamos da discapa-

cidade, hai que eliminar as barreiras arquitectónicas”. Francisco Rodríguez (PSOE): “As políticas sociais sempre tiveron prioridade absoluta no noso goberno. O que si que é evidente é que en moitos casos o benestar social vén da man da mellora da calidade de vida dos cidadáns, habitualmente relacionada con equipamentos e infra-

estruturas”. Isabel Përez (BNG): “Este goberno apostou, sen dúbida, dende o principio máis polo benestar social e menos polo cemento, para mostra están as nosas políticas sociais, deportivas, de igualdade, mocidade e cultura, así como o aumento dos orzamentos municipais nestas facetas”.

4AS FRASES

Rosendo Fernández (PP): “Os nosos compromisos con Ourense van ser realistas e asumibles, como dicía San Agustín: ‘hacer cosas útiles más que cosas admirables’, o que se fixo nesta lexislatura non foi ningunha cousa nin outra”. Francisco Rodríguez (PSOE): “Eu creo que durante estes catro anos fixéronse un conxunto de obras que eran precisas para a cidade, non agardamos ás eleccións, pero o que non se vai a facer é parar de construir cando se acheguen as mesmas”. Isabel Pérez (BNG): “Discrepo cando se di que os políticos traballamos só en época electoral, dende o primeiro día que asumimos responsabilidades no goberno, traballamos como se fose o último”


18

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Propostas en deporte para os vindeiros catro anos

4 Fernando Varela -BNG-, Bernardino González -PP- e Alfonso Vilachá -PSOE- detállannos os seus respectivos proxectos nesta materia para a próxima lexislatura.

Fernando Varela: “No vindeiro mandato temos previsto resolver definitivamente o complexo deportivo de Mariñamansa”

Bernardino González: “Tentaremos fomentar a cidade a través do deporte coa organización de campionatos deportivos”

R. Torres

R. Torres

Fernando Varela é o número tres na candidatura do Concello de Ourense do BNG, actualmente é o concelleiro de deportes. Que futuros retos ten a cidade de Ourense? Fernando Varela: “Levamos 25 anos de retraso en políticas de instalacións deportivas e non podemos remediar isto nun só mandato. O BNG ten claro a necesidade da descentralización dos servizos deportivos e tamén da necesidade de novas infraestruturas en distintos puntos da cidade. Para nós Ourense é un Concello no que todos os barrios e parroquias son importantes. Por dar un exemplo, no vindeiro mandato temos previsto resolver definitivamente o complexo deportivo de Mariñamansa, para o que xa contamos cos traballos previos. Introduciremos no próximo PXOM as reservas necesarias para as infraestruturas que necesita Ourense. Ademais, o traballo nestes catro anos polos distintos eventos deportivos, permite formular para o vindeiro mandato unha proposta clara: xerar emprego e dinamizar a economía en base tamén a este importante sector do noso concello”. Cal vai ser a poltíca de subvencións? F.V: “Imos seguir na mesma liña que estes catro anos, polo tanto seguiremos a potenciar as subvencións de concurrencia competitiva, que creemos que son as máis xustas, ao permitirlle a

tódolos clubes ourensáns presentarse a elas, porque sempre son baremos obxectivos (que teñen en conta o número de licencias xuvenís, femininas, o grado de autofinanciación, a boa relación con todo o sistema de servizo público deportivo, etc.) os que determinan cal é máis merecedor da axuda. Ademais, seguiremos coa redistribución do diñeiro público nesta materia, reducindo o importe das subvencións nominativas para aumentar a inversión en competitivas e por actividades, xa que o Consello Municipal de Deportes considera a ambas como as que máis se axustan ás necesidades reais dos clubes e deportistas ourensáns”. Faga un balance destes catro anos como Concelleiro de Deportes? F.V: “Penso que o BNG fixo un traballo moi importante polo deporte de base e feminino. Mudamos en só catro anos a visión só de elite do PP e co noso traballo o deporte chegou a todos os recunchos de Ourense. Rehabilitamos e creamos novas infraestruturas deportivas, como apoio ao deporte de base, entendendo o deporte como dereito social universal. Nós facemos política deportiva e o PP fai política co deporte. De feito, un dos datos que observamos é o incremento das licenzas deportivas, polo que o traballo no deporte de base repercute positivamente no deporte federado”.

Bernardino González é o número oito da lista do Partido Popular no concello de Ourense; este exárbitro aspira a ser o próximo concelleiro de deportes da nosa cidade. Que futuros retos ten a cidade de Ourense? Bernardino González: “Para nós fundamentalmente o máis importante é a base, polo que traballaremos sobre ela para que saian deportistas. Tamén crearemos unha escola de pilotaxe para os escolares con cursos de conducción, para iso condicionaremos o circuíto de Santa Mariña e que se utilice para todo tipo de eventos relacionados co motor, xa que en Ourense ten moito tirón estas disciplinas deportivas. A nivel de infraestruturas queremos facer o pavillón multiusos de Mariñamansa e outra piscina municipal, xa que a de Os Remedios está saturada de usuarios. Tentaremos facela co pavillón de Mariñamansa pero buscamos outras alternativas en caso de que esta non sexa viable e non se poida facer alí. Hai en Ourense instalacións mal aproveitadas e nós xestionarémolas para aproveitar os espazos e que rendan ao máximo e non estén pechadas e sen uso moitas veces como ocorre agora. Queremos que o deporte chegue aos barrios”.

Cal vai ser a poltíca de subvencións? B.G: “Podemos decir que -o diñeiro de todos que se gasta para todos. Daremos subvencións que estarán destinadas aos máis pequenos, á base, a través de convenios para formar aos xóvenes deportistas. Ademais das subvencións, que están ben, fomentaremos Ourense a través do deporte coa organización de campionatos deportivos atraintes para a xente da nosa cidade e de fóra dela, cousa que non se fixo nos últimos anos, coa realización destes campionatos o que faremos será atraer público a nosa cidade e con elo xeraremos riqueza”. Algunha cousa máis que teñades no voso programa? B.G: “Outra cousa importante que queremos facer desde a concellería de deportes do concello de Ourense é a formación de técnicos; queremos que os nosos fillos estén en mans de profesionais para que saian grandes deportistas. O máis importente para o PP en materia deportiva son os máis cativos”.

Con proxectos dispares en mente, se nalgo coinciden os tres candidatos a edil de deportes é no seu apoio incondicional ao deporte de base

Alfonso Vilachá: “O deporte como dereito fundamental só é posible cando se aplican políticas sociais” R. Torres Alfonso Vilachá, profesor de educación física e adestrador nacional de fútbol, é número 11 da lista do PSOE para as vindeiras eleccións municipais. Cómo enfoca o deporte desde a súa candidatura? Alfonso Vilachá: “Dentro do grupo socialista, o deporte é un dereito humán fundamental para todos e todas; só isto pode suceder cando se aplican as políticas sociais”. Cales son os obxectivos en materia deportiva do partido socialista? A.V.: “Os obxectivos do noso programa serán dinamizar e fomentar a práctica deportiva entre todos os sectores da poboación como medio de desenrolo persoal, formular e executar programas especiales de actividade física e deporte para persoas discapacitadas, os máis maiores e para os sectores sociais máis necesitados, orientándoos á súa rehabilitación ou integración social. Tamén terán o noso apoio incondicional para a formación de futuros deportistas, isto fará que o noso deporte federado conte cun maior número de deportistas da nosa cidade o que levará a máis público ao campo e ás canchas. Outro obxectivo do PSOE será promovover cursos en colaboración coas diferentes federacións deportivas para a

formación de persoal técnico e deportivo cualificado. E para rematar, apoiaremos aos deportes minoritarios que sempre estiveron esquecidos. Queremos que os deportistas se acheguen aos colexios a través de conferencias, clinics, congresos e torneos relacionados coa actividade física e deportiva. Intentaremos fomentar entre os clubes armonía, colaboración e unión para a mellora do noso deporte, cousa que non acontece hoxe en Ourense. Darémoslle máis pulo aos barrios, que recuperen o protagonismo perdido, polo que haberá comunicación fluida e directa coas asociacións veciñais para coñecer as súas necesidades e poder satisfacelas (o torneo de convivencia de fútbito que leva catro anos celebrándose é un exemplo desto). Hai que facer que nos barrios haxa actividades deportivas durante os fins de semana, o que inclúe a creación de entidades así como que estean abertas as instalacións dos centros de ensinanza pública mediante convenios co concello para que os cidadáns poidan practicar deporte”. Como será a política de subvencións? A.V.: “Unha vez chegado o momento haberá que falar; non podemos prometer o que non podemos cumplir. O que sí está claro é que ao deporte de base temos que apoialo a morte, tanto ao federado como o non federado porque todos os nenos teñen dereito a practicalo”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

19

O PP incorporará aos mozos ao mercado laboral a través do Cheque-Emprego Contará cunha partida orzamentaria específica e permitirá incorporar ao mercado laboral a xóvenes desempregados de entre 18 e 35 anos O Partido Popular aprobará un programa polo que se establecerán unhas bases reguladoras de axudas dirixidas a fomentar a contratación laboral das persoas titulares do chamado “Cheque-Emprego”. Esta iniciativa foi presentada polo candidato á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e polos membros da súa candidatura Guillermo Collarte, Carmen Carballo e José Araújo. A iniciativa do “ChequeEmprego” contará cunha partida orzamentaria específica e permitirá incorporar ao mercado laboral a mozos desempregados de entre 18 e 35 anos. Esta medida está centrada neste grupo de idade xa que en Ourense existen ao redor de 1.500 persoas menores de 35 anos en situación de desemprego e os xóvenes compoñen un dos grupos máis vulnerables pola problemática do paro, con cinco millóns de parados trala xestión do Goberno de Zapatero. En concreto, trátase dun cheque que o Concello de Ourense outorgará ao mozo que busca emprego para

que, nun prazo de catro meses, a pequena e mediana empresa, ou ben autónomos, o contraten de xeito temporal ou indefinido. Se a contratación é temporal cunha duración superior a 12 meses de forma interrompida recibirán un cheque emprego de 1.000 euros por cada traballador contratado. No caso de que a contratación sexa indefinida de xeito inicial, cun mantemento mínimo do contrato de dous anos, se outorgará un chegue de 1.500 euros. As empresas beneficiarias terán que ter o seu domicilio fiscal en Ourense, e deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa AEAT, así como ao corrente das súas obrigas económicas diante da Tesorería General da Seguridade Social. Esta fórmula permitirá estimular a busca activa de emprego por parte dos propios xóvenes, xa que ao outorgarlle o cheque, suxeito a unha caducidade de catro meses, o xoven intensificará os seus esforzos por atopar un traballo durante ese período de tempo.

Asemade, a empresa que o contrate se beneficiará da inmediatez no cobro da subvención pola contratación. Os interesados terán que estar inscritos como demandantes de emprego cunha antigüedade mínima de tres meses, ter entre 18 e 35 anos e estar empadroados no Concello de Ourense de forma ininterrumpida durante alomenos 12 meses. Unha vez que o Concello liderado por Rosendo Fernández publique esta convocatoria, as persoas interesadas poderán descargarse o formulario de solicitude na páxina web do Concello. Trala solicitude, o Servizo de Emprego Municipal realizará entrevistas personalizadas para avaliar o perfil de ocupabilidade do candidato, é decir, a súa actitude, grao de formación, habilidades persoais ou dispoñibilidade para o emprego. Para aqueles mozos que cumpran os requisitos, o Servicio de Emprego Municipal ofreceralles axuda para redactar o seu curriculo, e irá expedindo Cheques-Emprego ata agotar as

Rosendo Fernández presentou o “Cheque-Emprego” diante da oficina da Dirección Provincial de Ourense do Servizo Público de Emprego Estatal. dispoñibilidades orzamentarias. No caso de que o tutor detecte carencias formativas ou limitacións que poidan condicionar as súas posibilidades para formali-

zar un contrato indefinido, se lle proporá a realización previa dalgún tipo de actividade para aumentar a súa empregabilidade e se pactará con el un itinerario

integrado de inserción persoalizado, derivándoo cara a aquelas accións formativas que poidan axudalo a atopar un posto de traballo acorde co seu perfil.

O Partido Popular comprométese a axudar aos mozos na compra da súa vivenda habitual

tramitación e oportuna valoración dos riscos da entidade bancaria. Serán requisitos ter entre 18 e 35 anos de idade, non posuir vivenda en propiedade, salvo que exista compromiso de venda para sufragar parte da adquisición dunha nova; destinar o préstamo hipotecario á adquisición de vivenda habitual, dentro do termo municipal de Ourense; dispoñer dunha antigüedade mínima na actividade laboral por conta allea ou propia; dispoñer de ingresos suficientes para afrontar o pago das obligacións do préstamo (non deben superar o 40%

dos ingresos netos dos solicitantes); e en caso de subrogación, precisarase que a operación de compra sexa con data posterior á firma do convenio e por un importe máximo do 80% do valor da vivenda. Quedarán excluídas destes préstamos as operacións para compra de vivenda fóra do municipio de Ourense; compra de vivenda que manteña a calificación de Vivenda de Protección Oficial; a suscrición de préstamos superiores a 400.000 euros; e se xa se posúe unha vivenda, deberase achegar documentación de ter iniciado os trámites para a súa venda.

Mediante a “Hipoteca Xoven”, o Concello colaborará cunha entidade financieira na tramitación deste préstamo e dará un impulso ao sector inmobiliario da cidade A Hipoteca Xoven Ourense é un produto financieiro creado para facilitar a adquisición da súa vivenda habitual á xente máis nova, que se porá en marcha coa colaboración do Concello e unha entidade financieira. Deste xeito tamén se dará un importante impulso ao sector inmobiliario da cidade, moi castigado por mor da crise económica actual. En ambas entidades (Concello-Entidade cre-

diticia) coincidirá a idea de que é preciso orientar e axudar aos xóvenes ourensáns na compra da súa vivenda dentro do seu término municipal, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Contribúese así a facer efectivo o artigo 47 da Constitución, que consagra o dereito de todos os españois a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada. O Partido Popular de Ourense comprométese a dar información e xestionar

a fase principal de tramitación desta hipoteca. Para iso, ten como cometidos principais a información e difusión da citada operación hipotecaria, así como a elaboración dos informes individuais de carácter previo necesarios para tramitar a concesión dos préstamos hipotecarios. Estes informes referiranse ao cumprimento das condicións dos solicitantes para acceder a esta hipoteca.

Características do préstamo hipotecario: A proposta do Partido Popular prevé hipotecas cun prazo de amortización de ata 40 anos (máxima idade do cliente a vencemento: 70 anos) e a financiación de ata o 80% do valor da vivenda, con garantía hipotecaria e ata o 100% do valor da vivenda con garantías adicionais.A autorización da operación de préstamo hipotecario está suxeita á

O Partido Popular comprométese a dar información e xestionar a fase principal de tramitación desta hipoteca


20

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O PP suprimirá a ORA para que os ourensáns aparquen gratis nas rúas de Ourense O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, anunciou que unha das primeiras medidas que tomará o goberno do PP no Concello de Ourense “será a supresión do pago da ORA para que os ourensáns poidan aparcar gratuitamente en todas as rúas da cidade”. Rosendo Fernández afirmou que esta medida forma parte dunha serie de iniciativas que o Partido Popular comezará a poñer en marcha desde o vindeiro mes de xuño, unha vez acadada a Alcaldía do Concello de Ourense, “porque a crise que estamos a padecer os cidadáns obriga aos gobernantes a tomar decisións que contribúan a paliar os graves problemas económicos dos nosos veciños, para reducir na medida do posible o impacto que as

erráticas políticas económicas desenvolvidas por PSOE e BNG no Concello de Ourense, que tanto lle teñen custado aos petos dos ourensáns”. Outras medidas Xunto á supresión da ORA, o Goberno municipal que liderará Rosendo Fernández executará outras medidas adicadas a apoiar a economía familiar dos ourensáns por mor da crise actual. Así, porase en marcha unha reducción de ata un 50% dos impostos municipais para aqueles colectivos máis desfavorecidos da sociedade ourensá (desempregados, persoas con discapacidade, viúvos/as, etc.). Tamén se porá a disposición das familias que teñan aos dous membros da

Rosendo Fernández fixo o anuncio diante dunha máquina expendedora de tickets da ORA. unidade familiar en paro, un bonobús gratuíto para o transporte público. Será válido tanto para pais como para fillos.

Rosendo Fernández fixa como prioridade a colaboración coa Universidade O apoio á investigación e á integración do Campus na cidade, claves do compromiso de goberno dos populares O PP organizou no Edificio de Ferro un Encontro Sectorial adicado á Universidade, e nel se diron cita destacados membros desta institución. O candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández, foi o encargado de presidir o encontro, no que tamén participaron medio cento de persoas, entre outros, o catedrático e director da UNED en Ourense, Jesús de Juana, e representantes de diferentes facultades coma Historia, Dereito ou Turismo, entre outras. Tamén asistiron os concelleiros e membros da candidatura Mónica Mourelo, Belén Iglesias e José Araújo. Rosendo Fernández amosou a súa inequívoca vontade de manter unha comunicación e apoio constante cara á Universidade dende

o Concello. Explicou que o Encontro Sectorial non estaba deseñado para falar de organización ou titulacións, materias que lle competen ao Campus. Sí que deixou claro Rosendo Fernández que cuestións coma a colaboración entre institucións e a integración do Campus na cidade son unha prioridade no seu proxecto de goberno. De feito, destacou a importancia de compromisos como que os estudios e informes xurídicos, empresariais, turísticos ou mesmo patrimoniais que precise o Concello sexan propostos

dende a Universidade, do mesmo xeito que sinalou a necesidade de que a Administración Local colabore activamente na difusión e publicidade de todos aqueles estudios e traballos que xurdan no seo da Universidade e do Campus de Ourense. Rosendo Fernández concluiu sinalando a necesidade de que o Concello se mostre sempre receptivo ás propostas da Universidade, activando así unha importante liña de colaboración imprescindible para o desenvolvemento da cidade e potenciación dos seus recursos.

O PP propón que os estudios e informes xurídicos, empresariais, turísticos ou mesmo patrimoniais que precise o Concello sexan propostos dende a Universidade

Polo uso das instlacións deportivas municipais se reducirán as taxas ata un 50% do Consello Municipal de Deportes, tanto para

cidadáns como para clubes deportivos e afeccionados. No tocante ás piscinas municipais, o acceso será gratuíto para aqueles ci-

O PP activará a creación de empresas vinculadas ao Patrimonio

O candidato popular comprométese a loitar sen descanso pola mellora no trazado do AVE

O Partido Popular creará as ferramentas necesarias para que os xóvenes emprendedores da cidade creen empresas vinculadas ao Patrimonio ourensán, tanto material coma inmaterial. Este compromiso foi anunciado polo candidato popular á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, quen manifestou durante o mitin celebrado na asociación de veciños da Rúa do Vinteún que esta xeración de novas empresas contribuirá a poñer en valor o patrimonio ourensán. De feito, Fernández recordou que o Camiño de Santiago abre unha vía de negocio moi interesante neste eido, poñéndoo como exemplo de futuras iniciativas que darán solución a problemas tan preocupantes como o paro e a falta de oportunidades para os máis novos.

O candidato popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, comprometeuse ante os veciños do barrio do Pino a loitar sen descanso para lograr unha mellora no trazado do AVE. Recordou Rosendo Fernández que a cidade está a ser discriminada polo Ministerio de Fomento e polo Goberno Socialista, xa que mentres a outras cidades como Palencia, Lorca e demáis contan cunha integración urbana digna, soterrada e que elimina así molestias, perigosidade e ruidos, o trazado previsto para Ourense, só aprobado polo PSOE, mantén a plataforma ferroviaria en superficie, mantendo deste xeito a fractura ferroviaria existente na cidade. Rosendo Fernández recordou que os grandes

dadáns que acrediten mediante certificado médico a idoneidade desta práctica deportiva con fins terapéuticos.

profesionais existentes na cidade da Arquitectura e Enxeñería defenden a non existencia de razóns técnicas que impidan o soterramento do AVE na súa integración urbana. Por iso, o candidato recordou o seu compromiso de que se chega a gobernar, el mesmo se encargará personalmente das xestións referentes á alta velocidade. De feito, os veciños aproveitaron para manifestarlle ao candidato as innumerables molestias que están a sufrir na súa vida diaria por causa das obras do AVE que se están executando. No mitin Rosendo Fernández estivo acompañado por José Araújo e Carmen Carballo, membros de súa candidatura. Os tres tamén explicaron os seus proxectos con respecto ao Termalismo e a austeridade que implantarán no Concello.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

A economía e o emprego, o benestar e a transparencia e austeridade, liñas centrais do programa do Partido Popular

1.-EMPREGO.

A máxima prioridade do Concello será a creación de postos de traballo para que os ourensáns teñan un emprego estable na súa propia cidade. 2.-BENESTAR SOCIAL.

Os maiores, a mocidade, os dependentes, os desempregados, os inmigrantes, as persoas con discapacidade e outros colectivos desfavorecidos serán a nosa prioridade nas políticas de benestar social.

Rosendo Fernández presenta o seu programa electoral O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, compareceu ante os medios, para presentar o programa electoral co que se presenta ás eleccións do 22 de maio e que pretende ser “un contrato cos cidadáns de Ournse para os vindeiros catro anos”. Nese programa, o PP asume como prioridades os maiores, os mozos, as familias preocupadas polo futuro dos seus fillos e os desempregados. Segundo afirmou Rosendo Fernández o seu programa “non se cingue a reparar, mellorar, reasfaltar e limpar as rúas, senón que pretende ser unha filosofía de modelo para os próximos catro anos”. Pivotará sobre catro principios de goberno: a economía e o emprego, o benestar, a cooperación, e a transparencia e a austeridade.

opinión, poden vertebrar o futuro crecemento da economía ourensá: o turismo, fundamentado nunha oferta terma, cultural, ambiental e comercial de calidade; as industrias auxiliares, asociadas ás actividades con arraigamento na provincia como as enerxías renovalbes, agropecuarias, vitivinícolas e artesanais; e en terceiro lugar, a xestión do coñecemento. Son sete as liñas de actuación propostas polo PP para fomentar o desenvolvemento económico da cidade: o fomento do autoemprego; o apoio á modernización do comercio; un turismo do século XXI vertebrado a través do termalismo; a ampliación do solo industrial; o medio ambiente; o acondicionamento do medio rural; e un Ourense instalado na sociedade da información e do coñecemento.

Economía e emprego No apartado de economía e emprego, o candidato popular insistiu en que o seu goberno será “realista” e “persistente” e citou os tres grandes eixos que, na súa

Benestar En canto ao principio do benestar, para o PP será un vector transversal presente en todos os proxectos e áres de goberno. Segundo dixo Rosendo Ferández, o

seu partido estruturará as súas políticas de benestar social co obxecto de mellorar aquelas condicións que favorezan o desenvolvemento integral dos ourensáns, o seu nivel de vida e o das súas familias. En relación ao eixo da cooperación, desde o PP pretenden fomentar a interterritorialidade, implementar un sistema de transporte metropolitano eficiente, e promover iniciativas conxuntas que aproveiten os recursos endóxenos da zona. Por último, a transparencia e a austeridade serán principios rectores do goberno municipal do PP. Fernández anunciou a eliminación das duplicidades en postos de confianza e que coidarán de que gastos e investimentos se dediquen ás verdadeiras necesidades da cidade e propuxo. “Estamos preparados para gobernar, con sentido común e con austeridade”, foron as palabras coas que rematou a súa intervención o candidato dos populares.

A transparencia e a austeridade serán principios rectores do goberno municipal do Partido Popular

21

3.-INFANCIA

Rosendo Fernández, diante das Burgas.

Rosendo Fernández asina o “Contrato con Ourense” para os vindeiros catro anos O candidato popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, asinou nun dos enclaves máis representativos da cidade, As Burgas, o seu “Contrato con Ourense”. No acto estiveron presentes membros da súa candidatura, así como o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar. Neste documento que fixo público Rosendo Fernández, concrétanse os 10 grandes eixos irrenunciables sobre os que xirará a súa xestión á fronte do Concello de Ourense para os vindeiros catro anos. Emprego, Benestar So-

cial, Infancia, Termalismo, Integración da Alta Velocidade, Promoción Económica, Menos Impostos, Austeridade, Cooperación e Ourensanía son os 10 principios básicos deste contrato que Rosendo Fernández asinou para os vindeiros catro anos “que me obrigo a cumprir, xunto co meu equipo de goberno, desenvolvendo as nosas funcións coa máxima responsabilidade”, recalcou o candidato popular trala sinatura do documento, ao que calificou de “irrenunciable compromiso político e persoal coa cidadanía do Concello de Ourense”.

O documento que fixo público Rosendo Fernández concreta os 10 grandes eixos irrenunciables sobre os que xirará a súa xestión á fronte do Concello de Ourense PUBLICIDADE POLÍTICA

Ourensáns do presente e do futuro. Políticas de natalidade, educativas, culturais, deportivas e de ocio pensadas exclusivamente para o noso maior tesouro: as nenas e nenos de Ourense. 4.-TERMALISMO.

Execución do Plan Estratéxico de Termalismo, poñendo en valor o noso recurso natural máis prezado, por riba de intereses políticos partidistas, para que a nosa cidade sexa un referente internacional.

5.-INTEGRACIÓN DA ALTA VELOCIDADE.

Estación Intermodal do AVE soterrada para conseguir acabar coa fractura entre os barrios da Ponte e O Vinteún, xerando solo dotacional e zonas verdes. 6.-PROMOCIÓN NÓMICA.

ECO-

Un novo modelo de cidade, participativo e consensuado, para acadar a segunda gran transformación de Ourense. Un urbanismo sostible con solo industrial. Unha aposta firme polo comercio local e os autónomos. 7.-MENOS IMPOSTOS.

As veciñas e veciños de Ourense pagarán menos impostos e recibirán mellores servizos. 8.-AUSTERIDADE.

Reducir á metade os gastos en publicidade e protocolo, comunicación, asesores, logotipos, vehículos, teléfonía móbil e dietas. 9.-COOPERACIÓN.

Ourense será o centro económico, social e cultural dunha área xeográfica na que comparte poboación e servizos básicos. 10.- OURENSANÍA

Rosendo Fernández, entre Belén Iglesias e José Luis Baltar, no acto de presentación do programa do PP.

Orgullosos de ser ourensáns, do noso patrimonio, da nosa cultura, da nosa língua e das nosas tradicións. Ourense capital europea da cultura en 2020.


22

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O PP implantará o Transporte Metropolitano de Ourense nun prazo máximo de tres meses Os candidatos ás alcaldías de Amoeiro (José Ángel Sampayo Fernández), Barbadás (Manuel Freire Couto), Coles (Luis Antonio Iglesias Fernández), Pereiro de Aguiar (Eliseo Fernández Gómez), Punxín (Manuel Vázquez Fernández), San Cibrao das Viñas (Manuel Pedro Fernández Moreiras), Toén (Amancio Antonio Cid Pérez) e Ourense (Rosendo Fernández) comprometéronse, diante da sociedade ourensá e diante no presidente da Xunta de Galicia, e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, así coma do Vicepresidente do Parlamento de Galicia e presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Bal-

tar, a unir os seus esforzos para acadar a implantación total e efectiva do Transporte Metropolitano de Ourense nun prazo máximo de tres meses unha vez formados os seus respectivos gobernos municipais. Ademais, o compromiso inclúe tamén a situación das paradas nas zonas máis céntricas da cidade, co fin de facer un achegamento real entre a cidade e a súa área de influencia. Capitaneados polo futuro alcalde da cidade, o popular Rosendo Fernández, os próximos responsables dos municipios da área metropolitana ourensá fixeron público o seu inequívoco compromiso de desbloquear por

fin este importante proxecto, enquistado durante catro anos polo PSOE ourensán, que nunca quixo facer valer o criterio de interese xeral para a cidadanía diante dos seus socios de goberno, o BNG, formación política que só se adicou a poñer trabas a esta fundamental actuación para a cidade e os seus concellos limítrofes. 140.000 ourensáns beneficiados O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou durante a súa intervención ao peche do acto que son 140.000 os ourensáns que se beneficiarán deste servizo e recalcou que “dende

Rosendo Fernández comprométese a crear unha gardería con horarios adaptados aos comerciantes O candidato recibiu as propostas dos comerciantes e clientes para mellorar o mercado O comercio tradicional é unha parte fundamental da economía e o emprego da cidade. Por eso é tamén un eixo prioritario dentro do deseño do programa de goberno liderado polo popular Rosendo Fernández, quen visitou, xunto a membros da candidatura, o mercado ourensán e maila Praza de Abastos número 1. Rosendo Fernández destacou que o sector comercio minorista é xerador dun gran volume de postos de traballo, polo que a consolidación do sector dos pequenos e medianos empresarios que desenvolven a súa actividade empresarial en locais de negocio a pé de rúa é fundamental para incrementar e manter o elevado nivel de emprego que sempre caracterizou a este sector de actividade. Por iso, o candidato do Partido Popular á alcaldía comprometeuse a que revitalizará o centro urbano, comercial e histórico, levan-

Rosendo Fernández, acaompañado de José Luis Baltar , na visita á Praza de Abastos de Ourense. do a cabo estratexias para facer fronte ao desprazamento do gasto cara a outros espazos comerciais, facendo posibles a supervivencia do nivel de negocio e comercio no centro a través dunha política de xestión comercial baseada nunha mercadotecnia de servizos. Gardería e plan comercial Tamén anunciou Rosen-

do Fernández que dende o Goberno Municipal que liderará a partires do 22 de maio se promoverá a creación dunha gardería-escola infantil con horario adaptado as necesidades dos comerciantes ourensáns, que se complementará cun plan comercial que revitalice a zona máis deprimida do casco histórico, a través da potenciación de traballos artísticos e artesanais.

Os candidatos do PP ás alcaldías da comarca de Ourense, xunto aos presidentes provincial e rexional do partido. Ourense non se poden serguir poñendo atrancos aos outros sete concellos”, recordando que o da cidade é o único municipio que non suscribiu o acordo proposto pola Xunta para o Transporte Metropolitano. Tamén cifrou Alberto Núñez Feijóo en 600 euros anuais o aforro que lle suporá a cada un dos 140.000 potenciais usuarios do

Transporte Metropolitano de Ourense. Aparte deste beneficio económico para os usuarios do transporte público, o presidente popular subliñou outros importantes beneficios como o aforro enerxético, a reducción de emisións contaminantes de CO2 e a mellora do tráfico e das estradas, ao reducirse de xeito significativo o tránsito de vehículos

particulares. Por último, Alberto Núñez Feijóo felicitou aos alcaldes e candidatos polo seu inequívoco e irrenunciable compromiso, e agradeceu expresamente ao candidato na cidade, Rosendo Fernández, a súa vontade firme en desbloquear de xeito inmediato este proxecto paralizado durante os últimos catro anos.

O PP creará un novo modelo de relación co cidadán co fin de abaratar custos e optimizar servizos Unificará as bases de datos e mellorará a comunicación interna entre departamentos para atender de xeito eficiente á cidadanía Aumentar a eficacia na prestación dos servizos públicos será unha prioridade no Goberno Municipal liderado polo candidato popular Rosendo Fernández. Por este motivo, un dos proxectos que porá en marcha será un novo modelo de relación co cidadán, tomando como referencia o chamado CRM (Citizen Relationship Management), un modelo que xa ten amosado o seu éxito no sector privado e cuxa implantación no Concello de Ourense sería pioneira no sector público. Facendo un diagnóstico do servizo actual de atención ao cidadán, este adolece de horarios acordes á demanda, de medidas de calidade do servizo prestado e de información ordeada en bases de datos, entre outras cuestións. A solución que plantexa o Partido Popular permitiría obter unha visión úni-

ca do cidadán, un modelo de prestación multicanle, a integración dos modelos de atención ao cidadán cos procedementos de xestión administrativa e a implantacion dun modelo de análise e mellora continuada. Detalles do novo modelo Co fin de cumprir os obxectivos indicados, plantéxase un modelo baseado en tres eixos: o primeiro deles, unificar a base de datos de cidadáns/empresas, definindo un modelo de información básica común que axude a xestionalas. O segundo, definir un catálogo de servizos, integrando os servizos de información e tramitación; por último, integrar as diferentes canles de interacción entre a Administración e o administrado. Para os ourensáns este novo modelo de relación ofrece a vantaxe da personalización e a mellora na

Ventanilla única

O Partido Popular implantará a Ventanilla Única para os trámites dende o Concello, co obxectivo de facilitar todas aquelas xestións que o cidadán teñan que realizar con calquera outra administración, sen necesidade, evitando ter que desprazarse. Tamén sera unha prioridade para o Partido Popular o acceso a todos os departamentos municipais a través de internet, co fin de facilitar todo tipo de trámites que sexan precisos coa Administración local e con información actualizada de xeito constante. calidade do servizo prestado; para a Administración Local facilita unha maior coordinación entre as unidades de atención, homoxeneiza os procedementos de traballo, e axiliza a prestación de servizos.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

23

PUBLICIDADE POLÍTICA


24

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial CCA COUTO CENTRO

Couto Centro entrega os premios da campaña do Día da Nai Cinco clientas do centro comercial aberto recibiron os cinco vales da campaña “Dalle á túa nai un día de boa vida con Couto Centro”. O Centro Comercial Aberto Couto Centro entregou os premios da campaña do Día da Nai. Para sumarse a esta celebración, durante todo o mes de abril os clientes, ao realizar as súas compras nos establecementos asociados, podían cubrir unha papeleta para participar no sorteo “Dalle á túa nai un día de boa vida”. Couto Centro sorteou cinco premios, cada un deles con catro apartados: Pracer e descanso para dúas persoas, Artigos de regalo e compras, Benestar e beleza, e Perruquería. A premiada Marta Vázquez, co presidente de CCA Couto Centro, Julio Anita Gil, premiada en Pilla Pilla, co seu vale. No sorteo, realizado o Prol 29 de abril nas oficinas da asociación de comerciantes, resultaron agraciadas Mª Casilda dos Santos, que cubriu a súa papeleta en Cafetería Catedra; Mª Isabel Varela, que entregou a súa papeleta en Avantaxe; Marta Vázquez, que fixo o mesmo en Panadería Sabucedo; Anita Gil, que participou no establecemento Pilla-Pilla, e Loly Céspedes, que cubriu a súa papeleta en Foto Estudio Marisol. Todas elas disfrutaron do seu premio, nestes primeiros quince días Mª Isabel Varela entregou o seu boleto cuberto en Avantaxe. de maio, nalgún dos máis María Casilda Santos selou o seu boleto en Cafetería Catedra. de cen locais adheridos a Centro Couto. Todos eles aparecían englobados en cada unha das catro categorías do premio, de maneira que os 150 euros do vale debían consumirse en catro establecementos deste centro comercial. Con campañas coma esta ou a desenvolvida no mes de marzo polo Día do Pai, o Centro Comercial Aberto Couto Centro segue incentivando as compras nos establecementos do barrio de O Couto.

CCA Couto Centro premia aos seus clientes e incentiva as compras nos establecementos do barrio

Vale que se entregou ás cinco premiadas.


BARRIOS

Nace unha plataforma para protexer os ríos Redacción

16 asociacións veciñais, culturais e ecoloxistas veñen de fundar a Plataforma Ríos Limpos de Ourense para traballar e concienciar á sociedade e ás autoridades da importancia de coidar, tratar e manter limpas as augas dos ríos así como de sancionar, denunciar e perseguir a aqueles que atenten contra este patrimonio. A primeira medida que

tomaron é a de entrevistarse co presidente da Confederación Hidrográfica MiñoSil, a quen lle solicitaron que exerca de “mediador”. “Alguén ten que pór de acordo a tanto concello que non sanea adecuadamente”, afirma Juan Cid, da asociación San Breixo. Logo desta entrevista, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil anunciou que convocará a representantes dos concellos de San Cibrao das Viñas, Ourense e Pereiro de Aguiar para buscar solucións ás continuas ameazas que sofre o

río Barbaña. A Plataforma tamén contactará co fiscal xefe de Ourense, a quen lle preguntarán polo estado da denuncia presentada no seu día trala morte de 17.000 peixes no Barbaña a raíz dun verquido tóxico acontecido en xuño de 2009. Con respecto ao estado dos ríos que atravesan a cidade, Miño, Loña e Barbaña, desde esta Plataforma defíneno como “moi mellorable” ao producírense “verquidos continuos”.

25

Amplían a liña 26 para dar servizo ao Tinteiro Redacción

Parque Barbaña. /P.L.

A asociación Barbaña opina sobre a reforma do parque Redacción

Representantes dos colectivos integrantes da plataforma./P.L.

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

A asociación de veciños Barbaña reproba ao concelleiro de Medio Ambiente por anunciar a reforma do Parque Barbaña “sen informar nen presentar ningunha información aos veciños máis directamente relacionados co parque Barbaña” e “ademais cando existe un compromiso verbal de así facelo”. Por iso reclaman que an-

tes do inicio das obras se lles informe do proxecto “para que todos os veciños poidan facer as consideracións e alegacións que estimen oportunas”. Na primeira fase da reforma do Parque Barbaña, que conta cun orzamento de 170.000 euros, o Concello remodelará a zona de xogos infantís, a que sufriu máis desgaste nos máis de 15 anos de historia desta zona verde.

A liña 26 de autobuses urbanos que une a Chavasqueira coa Residencia incorpora parada no Tinteiro. Amplíase así o servizo de transporte público no compexo termal das marxes do Miño, nunha liña que desde a sua posta en marcha en xuño de 2010 rexistrou un importante demanda dos usuarios, cunha media de 600 viaxeiros ao día. Segundo apunta o edil Manuel Herminio Iglesias “esta liña agarda contribuir ao desenvolvemento dos recursos desta zona do Miño do que desfrutan tanto turistas como os ourensáns”. A liña 26 manterá as súas viaxes cada 40 minutos entre ás 7.00 e as 21.40 horas en laborais e 7.40 e 21.40 os domingos e festivos. As paradas no Tinteiro só se realizarán no período horario entre ás 10.20 (saída Residencia) e 20.20 (saída Tinteiro).


26

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

EN BREVE

4 Equipamento de última xeración no CHOU O Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario de Ourense vén de converterse no primeiro hospital de España, e uns dos primeiros de Europa, en contar cun equipo Innercool RTx, sistema de última xeración que permite controlar a temperatura corporal dos pacientes críticos, inducindo e revertindo un estado de hipotermia terapéutica. O equipo é plenamente móbil e polas súas dimensións e características, plenamente portable incluso en uso, contando con distintos niveis de seguridade e sensores de temperatura, evitando así sobrepasar a temperatura obxectivo durante a indución, o mantemento, e as fases de reversión. O novo equipo supuxo un investimento de 26.260 euros, co obxectivo de mellorar a dotación tecnolóxica da unidade de críticos.

SAÚDE

Asinada a cesión do terreo para o centro de saúde de O Vinteún 4 O de O Couto non se inclúe no mesmo paquete de licitación ao non contar a Xunta con toda a documentación. Redacción O director de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Pablo Torres Arrojo, e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, asinaron a cesión do terreo no que se edificará o centro de saúde de O Vinteún. O centro terá oito consultas de medicina xeral, oito de enfermería, unha para a matrona, unha sala de educación maternal, unha sala de toma de mostras, unha sala de cirurxía menor, unha sala polivalente, unha consulta de urxencias, e unha sala para atención á muller, entre outras dependencias. Tamén disporá dunha

consulta de pediatría, e outra de enfermería de pediatría, así como de área de admisión, arquivo de historias clínicas, almacén, sala de xuntas e biblioteca, e aula de educación sanitaria. Esta infraestrutura inclúese no paquete de licitación conxunta que o Sergas executará en vindeiras datas e que inclúe 18 centros de Atención Primaria. No que atinxe ao centro de saúde de O Couto, finalmente este non puido ser incluído neste paquete de licitación ao non contar a Xunta coa documentación administrativa municipal necesaria para levar a cabo a tramitación correspondente.

Foto de familia dos novos médicos residentes no exterior do CHOU.

Benvida aos novos MIR

O Complexo Hospitalario de Ourense deu a benvida aos 36 novos residentes de formación posgraduada, que se formarán durante os vindeiros anos nas distintas especialidades médicas, ademais de farmacia hospitalaria, psicoloxía clínica e enfermería, completando a súa residencia no complexo, e no caso dos especialistas en medicina familiar e comunitaria nos seis centros de saúde acreditados.

4GUÍA DE SAÚDE

4O DENTISTA EN CASA

Dentes brancos en 15 minutos Até hai pouco tempo as persoas que querían blanquear os seus dentes tiñan que someterse a tratamentos prolongados repartidos entre a consulta do dentista e tediosas aplicacións no seu propio fogar. Estes tratamentos xa pertencen ao pasado. Actualmente dispomos de innovadores tratamentos que permiten á maioría das persoas poder cambiar a cor dos seus dentes en dous ou tres tons máis claros en só 15 minutos. Esta tecnoloxía de última xeración basea o seu éxito na rapidez e sinxeleza do procedemento. Vivimos nunha sociedade onde todos corremos moi de présa

e buscamos solucións rápidas aos nosos problemas. En Clínica Dental Santo Domingo contamos con hixienistas dentais adecuadamente adestradas para cumprir co obxectivo de brindarlle un tratamento blanqueador rápido e satisfactorio. Na mesma liña da estética dental actual podemos ofrecer tratamentos correctores dos dentes tan avanzados como a ortodoncia invisible ou a ortodoncia lingual en adultos para que a súa vida de relación non se vexa afectada desde o punto de vista estético mentres dura o tratamento, o que lle permitirá levalos con máis comodidade e confortabilidade.

Así mesmo brindamos a posibilidade de quitar todo o metal que poida ter na súa boca substituíndo as súas próteses ou coroas por pontes e coroas sen ningún tipo de metal e cunha estética natural sorprendente, realizadas con procedementos moi novos e precisos realizadas con porcelanas especiais de alto brillo e luminosidade. En Clínica Dental Santo Domingo financiamos totalmente o seu tratamento buscando a súa conveniencia para que non teña que renunciar a nada. No que podemos tratamos de facer a súa vida máis fácil e agradable, visítenos estamos á súa disposición. Clínica Dental Sto. Domingo

4VETERINARIA

Xeriatría e insuficiencia renal crónica A medida que as nosas mascotas adquiren certa idade aumenta o risco de que sufran patoloxías que poden diminuír a súa esperanza de vida. Entre estas ten gran importancia, pola súa frecuencia e gravidade, a insuficiencia renal crónica (IRC). As causas son múltiples e diversas, pero unha vez instaurada a IRC trátase dun proceso xeneralizado, progresivo e irreversible, polo que o tratamento consiste en establecer unha serie de medidas médicas e dietéticas, co obxectivo de retardar ao máximo a progresión da enfermidade. Nun animal diagnosticado de IRC, a esperanza de vida está estreitamente relacionada co estadío da enfermidade na que se atope. O ril encárgase da eliminación dos desfeitos metabólicos, pero ademais participa noutras moitas funcións de vital importancia para o organismo,

como no mantemento do balance hídrico, regulación da presión arterial, formación de glóbulos vermellos, metabolismo do fósforo e do calcio... A medida que avanza a enfermidade renal, estas funcións vense afectadas, dando lugar á aparición progresiva dos seguintes signos clínicos: - Poliuria-polidipsia: a capacidade de concentración dos ouriños por parte do ril diminúe, provocando un aumento do volume de ouriños producidos, así como da cantidade de auga inxerida. - Anorexia/perda de apetito. - Apatía e diminución de actividade. - Deshidratación. - Signos gastrointestinais: vómitos, diarreas, úlceras en mucosa oral. - En estados avanzados convulsións e outros signos de tipo nervioso. Os primeiros signos clínicos en aparecer son leves e inespecíficos, achacados en

moitas ocasións á idade do animal, xa que cando aparecen síntomas evidentes aproximadamente 2/3 dos seus riles atópanse afectados de forma irreversible. Por iso, se a nosa mascota se atopa nunha idade avanzada debemos fixarnos en, por exemplo, se come menos, se bebe e ouriña máis, se perdeu

peso, se está menos activo que antes. Non sempre é fácil valorar estes puntos, polo que en moitos casos, a única forma de realizar un diagnóstico precoz desta patoloxía é mediante o recoñecemento veterinario da función renal. Este consistiría na exploración física, así como as análises de ouriños e sangue. Isto permitiranos detectar de forma temperá a existencia da enfermidade, para así poder establecer as medidas de manexo e o tratamento axeitado. Miguel Gómez Gómez, veterinario de Abros

[Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634]


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

27


28

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

EN BREVE

4 Acordo a tres bandas para rehabilitación Fomento, Xunta e Concello asinaron dous acordos que permitirán a rehabilitación de 104 vivendas na cidade. Os fondos para Ourense repartiranse en dúas áreas de rehabilitación: a do casco histórico, que recibirá 537.800 euros das tres administracións para rehabilitar 27 vivendas; e o novo ARI de O Polvorín, A Carballeira e As Camelias, onde se destinarán 1,3 millóns de euros á rehabilitación de 77 vivendas.

4Continúa a renovación do contorno do campo da feira A edil de Comercio, Turismo e Termalismo, Ana Garza, anuncia o derrubo das naves de Ortiz, ao lado do campo da feira, dentro do proxecto municipal para recuperar a zona. Coa paralización da área de reparto nesta zona trala anulación do PXOM, o Concello intenta agora avanzar na parte do proxecto que corresponde a terreos municipais. Así, ademais do derrubo das naves, trabállase na creación dunhas fontes públicas e dun paseo peonil. O proxecto está a ser informado polos técnicos municipais e agarda por unha reunión coa CHMS para continuar a súa tramitación.

4 Senda peonil entre o Regato do Val e o Barbantiño A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar a redacción dun estudo de alternativas da senda peonil entre o Regato do Val e o río Barbantiño, no remate do termo municipal. Trátase dun treito de 2.250 metros que dará continuidade á senda xa existente entre Outariz e Untes. A intención é potenciar a imaxe do Miño revitalizando o espazo paisaxisticamente, creando novos espazos verdes e dotándoo de zonas recreativas e ocio para desfrute dos veciños.

CIDADE

Sae a licitación a futura estación do AVE 4 A nova terminal estará lista antes de que remate 2015. Paula Lodeiro Acaba de sair a licitación o proxecto da estación do AVE en Ourense, para a que Fomento reserva un investimento de 67 millóns de euros. Segundo afirmou o alcalde, a obra estará rematada antes de que finalice 2015, coincidindo coa data sinalada para o remate da conexión por alta velocidade coa Meseta. Francisco Rodríguez explicou que os equipos de arquitectos que opten a redactar o proxecto deberán presentar as súas propostas antes do 4 de xullo, e que logo se

abrirá un período de 42 meses para que a nova terminal quede lista: 12 meses para a redacción do anteproxecto e proxecto básico, 6 meses para a redacción do proxecto constructivo e 24 meses de execución de obra. Para o rexedor ourensán, o anuncio da licitación da nova estación no BOE pecha o debate sobre o soterramento. “Pon fin á demanda incomprensible dun partido político secundado por xente para intentar paralizar este proxecto”, dixo Rodríguez. Obxecto do concurso O proxecto definirá o

novo edificio da estación intermodal, as novas prazas públicas superior e inferior, o aparcadoiro subterráneo baixo a avenida de Marín, a parcela que se cederá á Xunta para ubicar nela a nova estación de autobuses, e os accesos viarios ao complexo. O alcalde confirmou que se manterá o edificio actual “como un equipamento público”, o que obrigará ao equipo redactor a modificar as conexións viarias entre a rúa Xesús Pousa e a rúa Río Arnoia previstas na proposta de integración elaborada polo Concello.

Nova reunión para buscar unha solución á situación urbanística 4 Este xoves 19 de maio volve reunirse o grupo técnico de traballo. Redacción O grupo técnico de traballo formado pola Xunta e o Concello de Ourense sobre o PXOM volve reunirse este xoves 19 de maio para seguir avanzando e adoptar decisións respecto aos ámbitos susceptibles dunha ordenación provisional. Segundo aclarou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, entendese que unha actuación pode considerarse como de especial in-

terese público cando afecta á obtención de elementos importantes dos sistemas xerais viarios, de equipamentos ou de espazos libres; presenta un grao de execución elevado; afecta a elementos estratéxicos de proxectos económicos ou plans de desenvolvemento. Por iso, no primeiro encontro celebrado o pasado día 5, a Xunta solicitou ao Concello información sobre os 21 ámbitos para os que solicita unha ordenación provisional. Os responsables autonómicos pídenlle aos municipais que xustifiquen as circuns-

tancias excepcionais que concorren neses ámbitos para os que se propón esa ordenación provisional. O Concello explicara que na maior parte os 21 ámbitos afectan a sistema xerais e actuacións públicas actualmente en marcha, como o xulgado, centro de saúde, infraestruturas viarias, o plan estratéxico termal ou o matadoiro municipal. O equipo de traballo ten por obxectivo buscar unha saída á situación urbanística que vive Ourense trala anulación do PXOM.

Foto de familia da corporación 2007-2011, tralo último pleno. Algúns xa non estarán despois do 22-M, como o voceiro popular, Enrique Nóvoa. /P.L.

Os concelleiros din adeus á lexislatura Cunha foto de familia de todos os concelleiros, a corporación local de Ourense pechou a lexislatura 2007-2011. Nesta última sesión plenaria, aprobouse definitivamente a ordenanza de actuacións comunicadas do Concello, e deulle tempo ao grupo de goberno a aprobar a encomenda da obra de mellora da senda peonil do Miño a Tragsa. Este punto non estivo exento de polémica, ao solicitar o PP a súa retirada da orde do día. A sesión rematou coas palabras do alcalde expresando o seu agradecemento ao resto de edís e pedindo desculpas polos erros que puidera ter cometido. “Todos puxemos o mellor de nós no empeño de conseguir o mellor para a cidade”, dixo.

SYME conclúe a súa campaña de reciclaxe Redacción

A asociación SYME concluíu a súa campaña sobre xestión de residuos, fomento da compostaxe e da reciclaxe de aceite doméstico e tóner de impresora, que contou coa colaboración da Federación Limiar e o patrocinio da Consellería de Medio Ambiente. Durante os últimos meses, a asociación impartiu charlas informativas sobre estes contidos en diferentes asociacións de veciños. Ademais, repartiu 100 compostadores entre os veciños que estiveron dispostos a formar parte dun programa de seguimento sobre o seu funcionamento; segundo os resultados dos primeiros catro meses do seu uso, conseguiuse evitar que máis de 17.000 quilos de lixo acaben no

colector verde, o que suporá ao Concello un aforro duns 20.000 euros durante a vida media dos compostadores (cinco anos). SYME tamén levou a cabo accións de sensibilización para que a xente recicle o aceite usado doméstico e os tóners ou cartuchos de tinta de impresora, dous dos residuos perigosos que se xeran nos fogares. A asociación repartiu 40 colectores para a recollida de tóner e colectores para a recollida de aceite doméstico en diferentes asociacións veciñais, e instalaron colectores de recollida de aceite no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso e na Aula da Natureza. Por último SYME realizou unha enquisa entre os ourensáns: dos enquisados, o 32% e 34% consideran o grao de limpeza da cidade boa e normal respectivamente, mentres que o sistema de recollida de residuos considérano bo un 43% e normal un 36% dos enquisados.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

29


30

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

especial SANIDADE

A Concellería de Sanidade organiza unha Andaina sen fume e unha “busca do tesouro”

Marga Martín presentou estas propostas, que se desenvolverán os días 28 e 29 de maio, como peche do programa municipal Ociourense. Redacción O programa de actividades saudables para o tempo de lecer dos mozos Ociourense, que desenvolve a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, chegará ao seu remate os días 28 e o 29 de maio con dúas novas propostas para os mozos ourensáns: “A busca do tesouro” e “Andaina sen fume polas pontes”. Son dúas actividades que pretenden ser unha pequena celebración onde participen os mozos usuarios do programa Ociourense máis os veciños que o desexen. O sábado, 28 de maio, pola tarde desenvolverase a actividade “A busca do tesouro” e consistirá nun xogo de pistas que se centralizará

dende a Praza Maior e premiará a rapidez e a destreza para superar unha serie de probas por parte dos participantes. Esta actividade está dirixida a maiores de 15 anos que deberán participar en parellas. En función da rapidez e da correción levará unha puntuación que lles dará acceso a premios as tres primeiras parellas. Andaina sen fume A segunda e última actividade é a “Andaina sen fume polas pontes”, que terá lugar o domingo 29 de maio, con motivo da celebración, o día 31 de maio, do Día Mundial sen Tabaco. Pretende ser unha actividade saudable onde se faga visible que un pequeno paseo de 10.000 pasos é moi

asequible e os efectos que se conseguen sobre a nosa saúde, e por ende sobre a nosa sociedade, son moi positivos para mantemento e desenvolvemento de hábitos de vida saudables. Trátase dunha actividade de marcha dunha distancia aproximada de 6 quilómetros, cunha dificultade baixa, de xeito que se poda animar calquera persoa que desexe tomar partida nun estilo de vida saudable. O percorrido parte da praza Maior, de onde se sairá ás 9 da mañá, e cotinuará polas beiras do río Barbaña cara ao Miño, onde se cruzarán catro das pontes que atravesan o río. O regreso será pola avenida Curros Enríquez, rúa do Paseo e final de novo na praza Maior. Ao remate haberá avituallamento para os participantes, así como o sorteo de diversos premios relacionados con estilos de vida saudables. Balance de Ociourense Con estas actividades rematará o programa Ociourense que vén desenvolvendo dende hai tres meses a Concellería de Sanidade, con diferentes propostas para o tempo de lecer da mocidade ourensá. Uns 425

mozos e mozas (a maioría mulleres e con idades entre os 20 e os 25 anos) participaron durante este tempo en actividades como: excursións en bicicletas todoterreno, habilidades teatrais, flashmob, cine e debate, campionatos de PS3, cursos de baile, obradoiros de cócteis sen alcohol, iniciación ao piragüismo e escalada, estes tres últimos os obradoiros máis exitosos. Tratábase, como explicou a concelleira Marga

Martín, de “dar alternativas de ocio e tempo libre, que os mozos se puideran relacionar cos compañeiros e divertirse con actividades lúdicas e formativas” como un xeito de previr o consumo de drogas nas fins de semana. O éxito da convocatoria anima á responsable de Sanidade a repetir o ano próximo. Ociourense contou cun orzamento de 50.400 euros, achegados entre o Ministerio de Sanidade e o Concello.

A concelleira de Sanidade, Marga Martín, entre os técnicos municipais Paz Villar, César Fernández, María Luisa Rodríguez e Bibi Ameijeiras.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

31


32

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4OFERTAS DE EMPREGO [Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible 24 horas, gratuíta e con actualizacións diarias ] Oferta Nº 978875 Localidade: Ourense Posto ofertado: Diplomado/a en Relacións Laborais. Encargarase do departamento laboral dunha xestoría realizando altas, baixas, xestión de nóminas, seguros sociais, etc. Requírese experiencia mínima de dous anos no posto. Ofrécese contrato a media xornada en horario a convir. Oferta Nº 978862 Localidade: Ourense Posto ofertado: Fisioterapeuta. Realizará tratamentos de recuperación e rehabilitación nunha clínica de fisioterapia. Requírese experiencia mínima de seis meses e titulación de Diplomatura en Fisioterapia. Ofrecen contrato a xornada completa en quenda partida. Oferta Nº 978860 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar administrativo/a. Realizará tarefas de atención ao público, facturación, contabilidade, etc. Ofrecen contrato a xornada completa. Valórase experiencia en postos similares. Requiren nocións de facturación e contabilidade. Idade ata 40 anos. Oferta Nº 978859 Localidade: Ourense Posto ofertado: Peiteador/a. Realizará labores de lavado, peiteado, corte, aplicación de tinguiduras, etc. Valoran experiencia. Ofrécese contrato a media xornada en horario a convir por duración determinada de tres meses. Oferta Nº 978848 Localidade: Ourense Posto ofertado: Licenciado/a en Medicina. Impartirá diferentes xornadas de formación dirixidas a traballadores con experiencia no coidado de persoas dependentes. Estas accións impartiranse por diferentes comarcas de Galicia, cunha duración de dous días, cada unha delas. Ofrécese traballo a media xornada en horario a convir. Valoran experiencia na profesión e en ámbito da docencia. Oferta Nº 978834 Localidade: Ourense Posto ofertado: Peiteador/a oficial. Salón de peiteados unisex selecciona oficial con experiencia mínima de dous anos e formación de Ciclo Medio no sector, para realizar tarefas de corte, recollidos, peiteados, etc. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida de luns a venres e sábados pola mañá. Oferta Nº 978832 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente

comercial (Sector: Artes gráficas). Empresa ourensá de rotulación selecciona persoal, preferiblemente con experiencia en vendas, para realizar labores de captación de novos clientes por toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Valórase ter permiso de conducir e vehículo propio. Oferta Nº 978828 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/ a de obra - Delineante. Necesítase delineante con experiencia mínima dun ano no posto para encargarse da realización de presupostos e modificacións, toma de medidas e control de execución de obras dunha empresa de construción e reformas de vivendas. Imprescindible dominio dos programas de Autocad e Presto. Ofrecen traballo a xornada completa en horario partido de mañá e tarde. Con permiso de conducir tipo B. Oferta Nº 978827 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar administrativo/a. Encargarase de realizar tarefas administrativas, contables, xestión de contratos laborais e actividades nunha entidade dedicada a eventos deportivos. Requírese dominio dos programas Contaplus, Facturaplus, Office e correo electrónico. Imprescindible experiencia en postos de administración e/ou contabilidade de polo menos tres anos, así como nivel alto de inglés e permiso de conducir B. Con dispoñibilidade para traballar a xornada completa e incorporación inmediata. Oferta Nº 978826 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Técnico/a de inspección de pezas. Encargarase da inspección visual das pezas elaboradas nunha cadea de produción, segundo as especificacións do cliente. Requírese experiencia en posto similar e no manexo de ferramentas especificas: pé de rei, micrómetro, calibre, etc. Con coñecementos de informática e interpretación de planos. Ofrecen traballo a xornada intensiva e quendas rotativas de mañá, tarde e noite. Oferta Nº 978825 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Pintor/a de pezas de carbono. Para traballar na cabina de pintura dunha fabrica, encargándose da preparación das pezas para o seu posterior pintado (pulir, aplicación de tapa-poros e de imprimación con pistola, etc.). Requírese expe-

riencia previa en posto similar (pintado de carrozarías, automóbiles, etc.) e formación de Ciclo Medio ou Superior de Carrozaría, Automoción ou Produción por Mecanizado. Ofrecen traballo a xornada intensiva e quendas rotativas. Oferta Nº 978818 Localidade: Ourense Posto ofertado: Modelo de fotografía. ealizará diversas sesións fotográficas con prendas das coleccións da empresa, para a creación de catálogos e books. Imprescindible dispoñibilidade para traballar dous días a semana en horario de 08:00 a 16:15 horas. Duración do contrato de traballo de catro meses. Valórase experiencia previa. Oferta Nº 978817 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Modisto/a. Empresa do sector téxtil selecciona persoal con amplos coñecementos de costura e confección, así como con dispoñibilidade para viaxar aos talleres do estranxeiro. Necesario dominio de inglés a nivel conversación. Ofrécese traballo a xornada completa en horario a convir. Oferta Nº 978816 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Modelo de prendas de vestir. Empresa de moda selecciona peroal para realizar probas dos prototipos das prendas de vestir femininas. Traballará directamente cos equipos de deseño e patronaxe, colaborando así mesmo en tarefas de tipo administrativo. Necesario medio de transporte para chegar o lugar de traballo. Ofrécese traballo en horario a convir. Entre 20 e 30 anos. Oferta Nº 978814 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a. Cafetería-restaurante precisa persoal para realizar tarefas de atención ao cliente en barra e comedor. Necesaria experiencia no posto. Ofrecen traballo a xornada completa en quendas rotativas de mañá e tarde. Ata 35 anos. Oferta Nº 978812 Localidade: Ourense Posto ofertado: Coidador/a de persoas maiores (Interno/a). Domicilio particular precisa persoal interno/a para realizar tarefas de cociña, limpeza do fogar e atención dunha persoa maior dependente. Imprescindible experiencia acreditada no posto. Ofrécese contrato como interno/a con un día libre a convir. Valórase formación relacionada co posto. Entre 45 e 55 anos.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Tel: 637 005 910. Alúgase apartamento amoblado con garaxe zona Couto. tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82. Particular aluga 2 apartamentos de 1 e 2 habitacións fronte á praia en Montalvo. En verán. Tel. 607 27 19 16 Urxe vender piso 2 habitacións en Praia América, a cinco minutos da praia. Negociable. Tel. 636 42 24 97. Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións, a 400 m da praia. Tel. 607 27 19 16 (tardesnoites). Vendo dúplex en av. Santiago. Tel. 616 98 94 12. Busco para aluguer en verán (15 días / 1 mes) casa ou piso en pobo da costa galega. Tel. 603 543 668. Alugo local comercial de 30 m2 en rúa Progreso, entrada Galerías Miño. Bo prezo. Tel.606 569 228. Vendo ou cambio por piso, chalet na “Castellana”. Tel.678 018 105. Alúgase piso en A Ponte (zona Mercadona), amoblado, 3 hab., 2 baños, garaxe e trasteiro. 465 euros máis 72 euros comunidade ao mes. Máis información en 211010@telefonica.net. Alúgase apartamento equipado e praza de garaxe opcional en Sanxenxo, verán ou fins de semana. Tel. 986 721 056 e 617 50 52 24. Alugo piso Couto amoblado, calefacción, exterior, bo prezo. Tel. 637 005 910. Alúgase casa en Ourense, amoblada, 2 habitacións, con pequena horta, chega bus urbano. 330 euros. Tel. 988 21 74 46 Alugo piso en Albufereta (Alicante) para os meses de xullo, agosto e setembro, con terraza. Ascensor á praia. Tel: 666 080 665 / 985 366 611 Vendo finca en Rivela de 800 m2 con auga, luz e alcantarillado (enfronte embarcadeiro, edificable). Prezo: 36.000 euros. Tel. 689 130 868 / 622 655 886. Vendo praza garaxe pechada 14 m2 en Francisco Llorens Díaz. Tel. 661 945 949. Vendo finca en Quintela de Canedo, 900 m2 edificable. Tel. 646 16 15 35. Alugo piso en O Couto, amoblado, calefacción, exterior, bo prezo. tel 637 00 59 10.

MOTOR Vendo moto Rieju Pacific seminova, 3.000 km, tel. 988 37 57 55 Vendo Renault Scenic 1.9 DCi, 4 anos e 80.000 kms. Moi coidado e equipado: climatizador, teito panorámico, iPod 30 Gb, etc, cor gris aceiro, todas as revisións pasadas. 11300 € negociables. Tel. 606 906 211. Vendo Yamaha SR Special 250 año 93 perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro.1.100 euros, tel. 680 568 378. Vendo Ford Transit 90 cv caixa pechada, tarxeta de transporte, garantía ata outubro. Tel. 627 640 657

VENDAS

TRABALLO

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 664 893 102. Vendo botelleiro para bar, apeiros de labranza para decorar, caldeira de calefacción para gas cidade, sofá 3+2 e escritorio. Todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo bolsas de cumpleanos para nenos. Varios modelos. Tel. 988 21 38 14 Vendo impresora multifunción Lexmark, un mes de uso, barata. Tel. 663 034 262. Vendo sillón relax practicamente novo, prezo negociable. Tel. 988 01 24 34 (María). Vendo 2 alfombras de pasillo, 1 para salón e outra para sala seminovas en moi bo uso. Ver sen compromiso.Tlf: 988 25 28 02 Véndense cachorros de boxer con pedigree.Tel. 617 375 387. Vendo piano Yamaha en moi bo estado. 4.000 euros. Tel. 657 546 210 ou lgatauro@yahoo.es Vendo mobiliario de perruquería en bo estado. Tel: 678 578 402 Compro apuntes ou libros da oposición aux administrativo Sergas. Tel. 639 713 600 Vendo por xubilación negocio de lencería e confección con boa clientela e a bo prezo. Tel: 988 220 184 Vendo leña de carballo para cheminea. Tel: 630 521 448. Vendo viño de colleita da Ribeira Sacra, e augardente. Tel: 647 404 428 Vendo portaequipaxes de turismo. Tel: 988 213 518 Vendo HTC Touch libre, 30 euros negociables. tel: 649 157 025 Vendo tv samsung 21 pulgadas 50 euros, ps2 con xogos 50 euros, tel. 647 628 228. Compro remolque para coche de 2ª man. Tel. 988 37 57 55. Vendo 10 caixas con botellas para embotellar e pileta de baño en bo estado. Prezo a convir. Telf.: 634 84 30 34 Vendo lotes de roupa de segunda mán en bo estado. Tel: 622 655 886 Vendo coche de bebé Jané Carrera 3 pezas (silla+capazo+maxicosi). 120 euros. Tel. 637 75 66 87. Vendo 3 botes de leite Nidina 2 Premium, 800 gr, 27 euros. Tel. 637 75 66 87. Vendo tarima móbil de madeira vernizada, apta para escenario, representacións, clases colectivas, etc. Medidas 2,00x1,51x0,08 metros. Tel.: 988 239 958. Véndense cachorros cruce pastor belga e alemán Telf 678 321 391 Vendo móbil tactil vermello marca vodafone 70 euros telf 676928138 Vendo coellos caseiros. 6 euros Kilo. 988 213 814

Fanse traballos de graffitti, todo con espray, bonecos, letras, paisaxes... en interiores, exteriores, persianas, muros, etc. Tel. 664 74 32 73 Reformas en xeral, yeso e morteiro, pintura, etc. Tel. 697 439 066. Límpanse fincas. Tel: 630 521 448. Coidanse persoas maiores en hospitais e domicilio, con titulación sociosanitaria a persoas dependentes e Alzheimer. Telf 676 928 138 Fanse traballos de limpeza, casas, portais... Telf 638 604 806 Ofrécese señora para coidar persoas maiores polas noites. Tel. 696 603 114. Clases personalizadas de matemáticas, todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico.Tel. 610 382 589, arvaca1@gmail.com Ofrécese rapaza con título de corte e confección e deseño para realizar arranxos en roupa. Tel. 617 430 580. Educadora Social especializada en Alzheimer ofrécese para traballar con persoas con esta enfermidade ou trastornos semellantes para desenvolver terapia individualizada ou colectiva baseada na Estimulación Cognitiva. Chamar ao 620 152 879. Clases personalizadas de matemáticas. A todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia profesional. A domicilio. Económico.Tel. 610 382 589 e arvaca1@gmail.com Traballos de carpintería. Portóns, portas e ventás artesanais en madeiras nobres. Envío fotos orientativas. Consultar prezos: 617 532 017 Danse masaxes relaxantes, descontracturantes... En local, ou a domicilio. 605 863 150 Busco traballo de 1 a 2 horas para coidar persoas enfermas ou anciás. Auxiliar de enfermeria e xeriatria con ampla experiencia. Zona Xardín e Mariñamansa. Tel. 620 052 173 Estudante de arquitectura imparte clases particulares a partir de xuño. As primeiras clases sen compromiso. Tel: 618 011 570 / 881 252 366. Mail: roroal3@hotmail.com Ofrécese chica para limpeza polas mañás, zona 21. tel. 636 392 525 Pintor autónomo realiza todo tipo de traballos en pintura e decoración, limpeza e rehabilitación de fachadas, presupostos sen compromiso. Limpeza e seriedade, traballos económicos. Tel. 617.899.080 - 663.171.301 Ofrécese chica responsable para realizar limpeza de portais, econoómico, seriedade. Tel. 663.171.301 Danse clases particulares tlf 678 321 391 Coidanse persoas maiores en hospitais e domicilios contitulacion sociosanitaria a persoas dependentes e alzheimer tlf 638 604 806 Fanse traballos de ganchillo, adornos, xoieiros, tamén por encargo tlf. 676 928 045 Fanse traballos de limpeza casas, portais, tel. 676 928 138 Traballos en pintura, fontanería e instalacións eléctricas en xeral, atendemos averías 24 h. tel. 661 00 98 33 Ofrécese persoa seria e responsable como chofer-acompañante, inclúe protección persoal. Tel. 988 60 88 26

RELAX


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

33

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Fax: 988 239 634. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, M.Pintos, X. Martiñá, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº105/95/81/44 - Ano: X - Maio 2011 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634. 4TELÉFONOS DE INTERESE

4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

Promesas

Chegamos ao epicentro da campaña electoral para estas Municipais e en Ourense xa podemos facer algo de critica sobre as promesas electorais dalgúns partidos politicos e o que opinamos sobre elas. Non imos mencionar ao partido pero damos por feito que a bos entendedores poucas palabras. “Transparencia Total”: sería marabilloso se quen expón esta idea practicase co exemplo; pero chegáronnos comentarios e noticias nada gratificantes. “Eliminacion de gastos

superfulos”: non vexo que vaian eliminar os realmente importantes como os seus soldos se saen elixidos. “Participacion Cidadá”: Vaise permitir que os cidadáns acudan aos plenos libremente e teñan voz e dereito de opinión sen trabas ou vaise seguir como até agora dándolle ou dereito a falar a un señor dunha determinada asociacion cidadá. “Unha liña de axudas e subvencións”: crin que estabamos en crise e que había que recortar gastos. “Tranvía en Ourense”: grazas a Deus Ourense ten

unhas infraestruturas marabillosas e non hai atascos co cal un tranvía circularía libremente e non entorpeceria o trafico. Pellízquenme que debo estar a soñar ou alucinando. “Soldos abusivos de alcaldes e concelleiros”: non sabia que eran os únicos que tiñan soldos abusivos; a min parécenme excesivos e fóra de razón os de toda a clase política. Por favor prometan só cousas coherentes pois a xente estase cansando e cada dia hai máis que pasan dos politicos. Aser García Pereira

4FELICITACIÓNS

Lucas Quintana Couceiro Bautizo: 04.06 Querido irmanciño Lucas, quería darche as grazas por vir ás nosas vidas. Quero felicitarche pola primeira festa da túa vida. Con moito amor da túa irmá, teus pais, teus familiares e amigos. Felicidades, noso amor.

Laura Blanco González Graduación: 19.05 Felicidades pola túa graduación, Laura. Tanto esforzo deu os seus froios. Querémoste moito. Teus Apis.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 902 120 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Mantemento 988 269 380 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Teléfono Dourado 900 222 223 Telemprego CIMO988 39 15 25 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

Inés Cumpleanos: 21.05 Felicidades polo teu ter- 4AUTOBUSES URBANOS: ceiro cumpleanos, de parte www.urbanosdeourense.es da túa prima Yaiza e da túa Tarifa ordinaria: 0,78 euros madriña.

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (cumpleanos, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ourenseporbarrios.com. Indícanos un teléfono de contacto]

Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

10:00 11:10 12:25 13:30

16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Domingos e festivos 9:30 10:30 11:45 12:50

13:00 16:00 17:00 18:00

19:00 20:00 21:00

4SUDOKU (difícill)


34

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

PUBLICIDADE


OCIO E CULTURA 4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Ourense por BARRIOS Maio de 2011 EN BREVE

4CARTAS DESDE LONDRES

4 Becas Leonardo da Vinci

O que custa un reto

As Rianxeiras

As “Rianxeiras” cultivaban nas hortas próximas á capital leitugas, pementos, cebolas, tomates, ovos (que baixaban nos cestos entre pallas para evitar que escachasen), berzas, guisantes, ceboletas, zenouras, mazás, cereixas, pavías e outras froitas de tempada, patacas, repolo, xudías, tirabeques, flores…, que venden no mercado. Ademais, algunhas comerciaban con unto e licores, dos que incluso se privaban elas mesmas en tempos de necesidade. O “Rianxo” portábase en cestos, bandexas e culeiros, que se pousaban sobre unha rolla colocada entre a cabeza da muller e o propio cesto. Saían dende lugares sitos no perímetro rural como Seixalvo, A Valenzá, Ceboliño, Mende, Zaín, San Cibrao, Cudeiro ou Reza…, cara a Ourense de madrugada, e, a pé, ata a chegada do autobús urbán. Algunhas “Rianxeiras” acudían a outras vilas para vender nas feiras no “carrito”, que agardaban na actúal rúa Doutor Fléming. Elas constitúen o máis claro exemplo da muller galega, traballadora e nai, motor económico de tantas e tantas familias do rural, e poñen nome e apelido ao esforzo da muller. Arquivo Visual Ourensan Colección Rellev; fotógrafo: supostamente J. Codina Torras; texto: Fernando Valcarcel; ano da foto: Circa 1931 [www.ourensenotempo.com e Ourensenotempo@hotmail.com]

4RECEITA Arroz con chocos Ingredientes 2 Kg de chocos 250 gr de arroz 2 cebolas 1 pemento verde 1 cucharada de pemento 1 hebra de azafrán 2 tomates Aceite e sal Elaboración Nunha pota, co aceite, dóuranse as cebolas e o pemento ben picados, logo engádenselle os chocos troceados e déixanse ferver

durante uns minutos. A continuación engádenselle os tomates, o pemento e a febra de azafrán e déixase ferver a lume lento ata que estean tenros. Incorpóraselle entón o arroz, a tinta dos chocos e dúas cuncas de auga. Déixase ferver durante 15 minutos, sazónase ao gusto e retírase. Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles, tel. 988 380 165

Conectarse co mundo é unha actividade fascinante. En Londres só tes que subir no número 68 cara Camden Town ou no 55 cara a Hackney para relacionarte cun montón de diversas e variadas nacionalidades. Vivir nesta urbe a día de hoxe é unha visión e experiencia única en Europa xa que brinda a posibilidade de viaxar polo cosmos cultural sen ter que cruzar fronteiras. O resto do país é outro universo. A outra illa garda a esencia do seu pasado, mentres que Londres, coas súas rúas góticas, a súa riqueza histórica e os seus museos postmodenos, impúlsase constantemente cara ao futuro, sen dar a posibilidade de ter medo ao vértigo que iso comporta e sen tempo de absorber as súas contra-

dicións. E esas contradicións son o “pan noso” da Europa actual que estamos construíndo día a día. Dende unha pragmática perspectiva insular, os plans de unificación sempre se viron e séguense vendo, se non con apatía, sí con certa desconfianza. Londres é a quintaesencia deste paradoxo que supón querer abrirse ao mundo volteando a mirada cara a un mesmo. Convivir cos teus veciños sempre enxalza a busca das propias cualidades, espertando á vez o aberto espírito da tolerancia cun máis calado e defensivo de autoconservación que teme a perda de identidade. É un reto, e non pequeno, o de enfrontarnos a coñecer aos demais, cando nós mesmos como persoas individuais ou países, estamos nun infinito proceso de auto desco-

brimento. Hoxe Dinamarca di en alto o que pensan moitos dos seus veciños europeos. Non debemos velo como algo tráxico. Estamos a comprobar que a tolerancia é unha lección que non se inculca pasando por alto a revisión de pasaportes nunha fronteira xeográfica. A tolerancia cócese a lume lento e só pode nacer da convivencia; de enfrontarnos ao medo a perder, apostándoo todo a unha man coa única garantía da confianza. Sen dúbida, o de enfrontarse a certos retos é un traballo duro, ás veces frustrante e ás veces gratificante. Podemos superar este? O camiño só se coñece andándoo. Raquel Sertaje

4COUSAS DO CINEMA

A xanela escura Tras a recente publicación da suxestiva novela “A vila das ánimas”, onde fai unha descripción irónica e simbolista da difícil situación do rural galego, “A xanela escura “é o último libro en chegar ás librerías do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda. Trátase dun ensaio onde nos presenta un percorrido xeográfico e temporal pola historia do cinema de terror desde os seus inicios ata a actualidade. Ao longo do texto, que contén unha gran profusión de datos e filmes, vánse destacando os países e per-

sonas máis salientábeis do xénero, entre os que se atopan: os expresionistas alemáns Friedrich W. Murnau e Fritz Lang con Nosferatu e M, o Vampiro de Düsseldorf respectivamente, o danés Carl T. Dreyer coa súa “meditación subrealista” Vampyr, o norteamericano Tod Browning traballando para a Universal con Bela Lugosi encarnando a Drácula, o francés Jacques Tourneur coas hoxe clásicas A muller pantera, Eu andei cun Zombi e A noite do demo ou o británico Terence Fisher co prolífico Christopher Lee coman-

35

dando boa parte das súas películas para a Hammer. Do mesmo xeito, no texto aparecen referencias a Jesús Franco, Narciso Ibáñez Serrador ou Paul Naschy entre os representantes españois do xénero, así como o coruñés Amando de Ossorio coa súa “tetraloxía templaria”. Como ben indica Rubén Blanco na contracapa do libro, este está escrito por “alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático, co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso”. Valentín Barreiros

A Concellería de Educación convoca as Becas Leonardo da Vinci, coas que mozos ourensáns poderán desfrutar dunha estadía formativa de tres meses en catro cidades europeas: Lisboa, Florencia, Derry e Belfast, aprender o idioma e realizar prácticas laborais en empresas do seu sector de actividade. O prazo para presentar solicitudes a esta convocatoria, dirixida a mozos de entre 18 e 30 anos que remataran o ciclo superior de Formación Profesional, está aberta ata o día 22 de maio. A contía das becas, dependendo do destino, será de entre 2.800 e 3.245 euros.

4 Programa Embárcate 2011 A Concellería de Xuventude bota a andar por terceiro ano consecutivo o programa de actividade de lecer para a mocidade nos meses de verán, Embárcate 2011. Con actividades vinculadas ao mundo da auga, o mar e o río, o Embárcate presenta este ano tres propostas a desenvolver entre os meses de maio, xuño, xullo e agosto: un curso de mergullo en augas abertas, unha excursión de fin de semana polas Rías Baixas a bordo dunha goleta histórica e como novidade dúas fins de semana en kaiak polos ríos Miño e Sil, nunha actividade que leva por título “Descubre Ourense desde a auga”. [Máis informacións e inscricións na Oficina Municipal de Xuventude e Voluntariado]


36

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

4AXENDA

OCIO E CULTURA

4MULLERES ANÓNIMAS

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Fortaleza

4 Exposicións -

- Ata o 29 de maio – Exposición “Cuatro estaciones” de Manolo Paz e “Entre mares” de Mercedes Lence – Centro Cultural Diputación - Ata o 6 de xuño – Exposición de traballos de Fátima Fortea “Os peixes e as terras”Auditorio Municipal

4 Música

- 19 de maio - Danilo Pérez Trío - 23 h. - Café Latino - 20 de maio - The Swing serenades - 22:30 h. - Café Latino - 29 de maio – Concerto da Orquestra de Cámara “Mendelssohn” - 19 h. – Teatro Principal - 5 de xuño - Entrega de Premios do XX Certame Literario de Piñor, actuación da Coral Voces e Cordas e da Banda de música de Barbadás - 20 h. - Teatro Principal 4 Teatro - 22 de maio – “Pelos na lingua” – 19 h. – Teatro Principal - 22 de maio – “Fíos” – 12 h – Auditorio - Do 30 de maio ao 2 de xuño – “Cando chove e raia o sol”Auditorio 3 de xuño – “Penumbra”– 21 h – Teatro Principal 3 de xuño – “A traviata” de Iñaki Urlezaga – 20 h e 22.30 h- Auditorio Municipal 4 de xuño – “A curva da felicidade ou a crise dos 40”– 20.30 h – Teatro Principal 5 de xuño – “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta” – 12 h – Auditorio Municipal 9 de xuño – “Volpone” – 20.30 h – Auditorio Municipal 12 de xuño – “Cinderela Mix” – 12 h – Auditorio Municipal 17 de xuño – “El Tiempo y los Conway”– 21 h – Teatro Principal

4 Cinema:

- 21-24 de maio – “Os Crebinsky” – 20.45 h –Auditorio - 21 de maio - Ouff Infantil: curtas - 11:30 h. - Cinebox - 25 de maio - “Kids and kids” - 20:30 e 23 h. - Cinebox - 28 de maio - “O soño dunha noite de verán” - 11:30 h. - Cinebox - 1 de xuño - “Exit through the Gift Shop” - 20:30 e 23 h. Cinebox - 8 de xuño - “I’m still here” - 20:30 e 23 h. - Cinebox - 15 de xuño - “R.I.P. A Remix Manifesto!” - 20:30 e 23 h. Cinebox

4 Outros

- 19 de maio- Conferencia “La responsabilidad patrimonial médica” por Juan Carlos Trillo Alonso e José Antonio Ballesteros – 20 h- Ateneo - 20 de maio – Asamblea “Plataforma estudantes sen futuro” – 18 h –Ateneo - 7 de xuño - Presentación do libro “Que los niños se vayan al campo” de Mónica F.Pintos - 20: 30 h. - Ateneo www.mundourense.com

O autor do poemario, Santos Martín, xunto aos membros do Círculo Poético./CPO,

Presentación de “Equipaje sin etiquetas”

Na edición de maio de Tardes de Poesía tivo lugar a presentación do poemario do poeta salmantino afincado en Ourense Santos Martín, que amosou ao público o seu último libro “Equipaje sin etiquetas”. O poeta, antes de centrarse na lectura dos poemas do libro, fixo un percorrido pola súa traxectoria como escritor, recitando textos seus dos oitenta e os noventa. Neste novo libro Santos Martín submérxese na realidade falándonos de experiencias vividas a flor de pel. Como xa é habitual os ouvintes dispuxeron no último treito do recital de tempo para ler os seus propios poemas. Saídas a Aveiro (Portugal) e Zamora (Michoacán, México) Un ano máis os membros de Círculo Poético veñen de ser convidados a participar en diferentes eventos internacionais. Así a finais de maio estarán no encontro de Poesía de Aveiro, certame que leva dúas décadas celebrándose na cidade portuguesa. E a mediados de xuño terá lugar o XV Encontro de Poetas de Michoacán. Por segundo ano consecutivo os poetas ourensáns poderán dar a coñecer a súa obra neste certame, un dos máis importantes de América.

4LITERATÚA

De xénero e autor e opcións En plena campaña das municipais, e recentemente alucinado pola patente de corso que amosan os americanos polo mundo adiante, decido este mes facer honra certa ao título desta sección (literatúa) e dar un parecer acerca da arte literaria. Trátase dos xéneros. Literarios versus cinematográficos; procedentes dunha teima pertinaz da humanidade por telo todo ordenado e clasificado. Pola necesidade humana de palabras como taxonomía ou escala. Tentativa de impresión de orde no caos. Penso que no cinema é algo máis evidente, ao ser un código visual que nos é ofertado nunha pantalla para descifrar coa vista, polo que é máis doado asociar esas imaxes (convertidas co tempo en arquetipos e clixés) con esas palabras reducionistas como son espionaxe, ac-

ción, terror ou romántico... pero a literatura; a literatura é diferente. Xa que aínda que eses primeiros libros que todos lemos sí poden subscribirse a esas etiquetas determinadas (ciencia ficción, intriga histórica, policial...) chega un momento en que un verdadeiro respecto pola literatura nos obriga a considerar máis válida para noso crecemento interior os chamados libros de autor no canto dos chamados libros de evasión (os adscritos directamente aos xéneros). Polo que non é usual topar unha persoa (caso do que subscribe) devota do cinema de xénero determinado devota tamén da literatura de autor. Porque sendo ambas artes, é sensato dicir que non deberían mesturarse e sí considerarse por separado. Xa que non hai so cinema de xénero e literatura de xénero, tamén hai literatura e cinema de autor.

Pero non se trata isto da defensa directa da creación dun dogma, senón dun punto de vista ou unha opción. Opto pola literatura de autor porque quizais pertenza ao grupo dos que len para medrar intelectualmente. Rexeito a literatura de xéneros populares porque quizais sexa tarde para procurar só entretemento nos libros. É unha opción, como pode ser decantarse nas vindeiras eleccións municipais polos vermellos ou os azuis ou os verdes ou os independentes. Porque non é en absoluto de recibo impoñer nada a ninguén, como se nos impuxo, por exemplo, a morte de Bin Laden. Cada quen debería escoller seu camiño rexeitando tentadoras patentes de corso. Xénero? Autor? Sen dúbida todo é válido. Jorge Emilio Bóveda www.jorgeemilioboveda.es

Cando casamos e formamos unha familia, facémolo con todas as ilusións postas nun futuro mellor, en loitar man a man coa nosa parella para sacar o mellor de nós e conseguir facer realidade todos os nosos soños. Cando a familia aumenta coa chegada dun fillo todo vólvese máis complicado, pero á vez máis esperanzador, máis prometedor, máis especial. O que antes era cousa de dous agora é de tres, iso tamén forma parte dos soños e ilusións de moitas parellas novas que se unen. Pero ás veces a vida ten para cada un de nós probas durísimas, tan duras, que vistas desde fóra pensamos que non seremos capaces de aguantar ata que nos toca vivilas en primeira persoa. E iso é precisamente do que quero falar esta vez. Dunha muller á que a vida lle xogou unha mala pasada cando tiña un futuro co seu marido e fillo. Da noite para a mañá viuse viúva e cun neno de ano e medio, con só 32 anos e toda unha vida planificada que se viña abaixo. Unha muller como moitas outras que tivo que sacar forzas de onde non as había para soportar o impacto dunha perda dramática e facer de tripas corazón para que o seu pequeno non medrase con esa dor e ese baleiro que todos senten neses momentos. Saír á rúa cada día a pelexarse coa vida cando por dentro o seu maior desexo era deitarse na cama e chorar. No canto diso, púxose o mundo por monteira, gardou a súa dor e decidiu saír adiante, aínda que acabase de ver como os seus plans de fututo desvanecíanse nas súas mans. Non é que outras non o fixesen antes, e por desgraza haberá moitas que o teñan que seguir facendo, pero esta muller, que xamais se creu forte, descubriu e todos con ela que levaba dentro a unha leoa que pelexa polos seus cachorros, unha muller valente e loitadora que optou polo camiño máis difícil pero o mellor para o seu fillo, seguir adiante aguan-

tando estoicamente as ganas de deixalo todo e deixarse ir. Aguantou as ganas de chorar e puxo un sorriso nos seus beizos para que o seu fillo non soubese que a súa alma por dentro estaba rota. Ensinounos a todos os que estabamos preto dela unha lección moi importante, unha lección de forza, de coraxe. Tiña a opción de quedar na casa chorando, pero elixiu a de loitar e saír soa cara a adiante. E a pesar dos problemas diarios aos que se enfrontou, a pesar de ter que criar ao seu fillo soa e a pesar da soidade que sentía cada vez que se deitaba na cama baleira, conseguiu superar a peor parte, conseguiu demostrar e demostrarse a sí mesma que era máis forte do que ela mesma pensaba e hoxe é unha muller máis forte, que aprendeu que na vida as cousas poden solucionarse, que os problemas hai que afrontalos e que o que de verdade importa é ser feliz, sentirse ben e vivir a vida sexa máis longa ou máis curta o mellor que poidas. Unha lección que aprendeu coa peor das mestras, a morte dun ser querido que sempre quedará na súa memoria. Cinco anos despois sen dúbida ela recuperou parte da felicidade que un día tivo, aínda que os recordos sempre permanezan aí, recuperou a risa que perdeu sen darse conta deixando paso a uns sorrisos forzados, recuperou os soños aínda que tivese que modificalos e sen dúbida o seu marido, desde onde estea, sentirase orgulloso e feliz. Din que o tempo todo o cura, que os anos van pechando as feridas, e é verdade, cando o tempo pasa as cousas desbasten doutra maneira e os recordos deixan de ser dolorosos e cando cada día vexo ao seu fillo, doume conta da sorte que tivo ao poder ter a esa nai ao seu lado que o deu todo por el e soubo sobreporse a todo pola felicidade do seu fillo. É sen dúbida una claro exemplo dunha muller anónima, valente e decidida, e para min una claro exemplo de fortaleza. Mónica F. Pintos mujeresanonimasourense@ hotmail.com


OCIO E CULTURA

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

4IMAXES DO MES

Sexo na pantalla Ando na rodaxe dunha curta que se chama “La vida pez” e tocoume facer un par de secuencias nas que había sexo, así que decidín falarvos deste tema. É a situación ideal para que xurdan bromas, nunca sabes moi ben se o equipo o fai para relaxar o ambiente ou porque a situación lles resulta mais incómoda a eles que a ti. O caso é que cando toca rodar algo así, aínda que todo o mundo lle resta ferro e ponse en plan “superprofesional”, o ambiente muda e respírase outra cousa. O importante destas esceas non é o sexo, senón o que conta esa secuencia, o que se quere transmitir con ela. Despois móntase unha coidada coreografía e compóñense os planos. Finalmente os intérpretes temos que darlle credibilidade. Todos coñecemos moitas anécdotas, nosas e de compañeiros, e eu, se non vos importa, non vos vou contar se son miñas ou de outros. Teño que manter parte do misterio, non? O normal é tentar coller confianza co teu “partenaire” e pasar tempo con él. Se hai química, as cousas serán mais doadas. Tamén se pode chegar a acordos, negociase co compañeiro que che toque traballar e mais

co director ou directora, as veces parece que estas na carnicería falando de zancos e peitugas, pero é o que hai. Hai actrices que cando se queren asegurar de que os pezóns non lle van entrar no plano, poñen unhas “pezoneras” para tapalos, así non hai perigo de que o plano medre, xa me entendedes. Tamén coñezo algún home que ten posto un calcetín para evitar o mesmo, pero non nos pezóns, eh! E que ás veces aínda que negocies co director ou directora ata onde se vai ver no plano, cando está a rodar emociónase e mete demais, e así algúns evítanse desgustos. O que está claro é que estas esceas, dependendo de moitos factores, como poden ser a compaña que che toque, o trato co equipo, a dureza da secuencia, a estética do plano, a vestimenta... se a hai… poden resultar moi incómodas ou non tanto, pero é outra parte máis do traballo. Ah! Teño a sensación de que estades agardando a resposta á típica pregunta que nos fan, de se é verdade que algúns actores ou actrices excítanse durante a rodaxe destas esceas, certo?

4 Encamiñada a lograr a conciliación da vida laboral e familiar. Redacción

A Asociación de Mulleres Empresarias de Ourense, en colaboración coas súas homólogas de Asturias e Cantabria, ultima os detalles da plataforma dixital E-Conciliate, unha web na que as súas socias, así como as traballadoras autónomas, poderán intercambiar experiencias para lograr unha satisfactoria conciliación da vida laboral e familiar.

Esta iniciativa, a través da web www.e-conciliate.com, xurdiu a raíz da complicada situación económica actual e que acarrea importantes consecuencias no ámbito laboral para as mulleres empresarias, xa que agora deben prestar unha maior atención aos seus respectivos traballos, o que dificulta, aínda máis, a xa, a priori, complicada conciliación dos mesmos coas súas vidas privadas.

EN BREVE

4 Eliminación de humidades na Catedral

Maio da asociación Rabo de Galo, gañador na categoría artística./P.LODEIRO.

Festa dos Maios en Ourense

Numerosos ourensáns e visitantes achegáronse o primeiro de maio á rúa do Paseo para participar na tradicional festa dos Maios. Declarada como Festa de Interese Turístico, ao redor de 20 maios de diferentes colectivos e asociacións participaron este ano no concurso convocado pola Concellería de Cultura. O xurado elixiu como mellor “maio artístico” ao denominado “O agro”, da asociación de veciños Rabo de Galo, cun premio de 450 euros; e o mellor “maio” enxebre” á figura presentada por “Sem un can”, que recibiu 250 euros. En canto ás coplas, levouse o premio de 150 euros a presentada pola asociación cultural “Ronda da Auriense”. Ateigada de xente estivo Ourense durante esta xornada, ao coincidir na mesma data a celebración dos Maios no Paseo, a Feira de Artesanía na Alameda, a Feira gastronómica na praza Maior e as manifestacións dos sindicatos pola Festa do Traballo polas rúas do centro.

Saamira Ganay

E-Conciliate, unha plataforma para mulleres empresarias

37

Primeiro título de liga para o Ponte Ourense de fútbol sala feminino./RAMSÉS.

Ponte Ourense, campión de liga

O Ponte Ourense proclámase campión da División de Honra de fútbol sala femenino, a falta de dúas xornadas para que remate a liga. O equipo de Manuel Castillo, na xornada 28, venceu por un contundente 13-0 ao Soto del Real mentras que o Móstoles viuse sorprendido polo Rioja Diamante (3-5) o que levou ao equipo ourensán a lograr o seu primeiro cetro ligueiro. A festa de celebración trasladouse do pavillón dos Remedios á praza Concepción Arenal onde as xogadoras botáronse á fonte. Agora toca centrarse na Copa de España que se celebra en Burela, onde o cadro pontino parte como un dos equipos favoritos. O outro equipo de División de Honra, o Cidade de As Burgas, logrou a vitoria contra o Alcorcón (3-7) o que lle da décima posición na liga e sen posibilidades de acceder á copa; gran tempada para un equipo que debutaba este ano na élite do fútbol sala feminino. CD Ourense – Villaviciosa de Odón O CD Ourense medirase na primeira das eliminatorias para o ascenso á 2ªB ao conxunto madrileño do Villaviciosa de Odón. O partido de ida será no estadio de O Couto, o domingo, 22 de maio ás 18.00 horas. O favorito desta eliminatoria é o equipo ourensán aínda que a gran tempada do conxunto madrileño fai que vexamos unha eliminatoria moi igualada.

A Consellería de Cultura e Turismo anuncia a contratación das obras de eliminación das humidades da Catedral de San Martiño, no contorno do Ciborio, nas que investirá 60.000 euros. A Xunta prevé que estas intervencións podan comezar a principios do mes de xuño. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural tamén ten previsto destinar outros 60.000 euros para o programa de actualización de estudos e actuacións no Pórtico do Paraíso.

4 Concurso de pinchos Até o vindeiro 22 de maio a Concellería de Turismo en colaboración coa Unión de Hosteleiros de Ourense pon a andar o primeiro concurso de pinchos “Sabores de Ourense” en edición primavera. Nesta actividade participan 35 establecementos (máis do dobre que na edición de outono) que presentan a concurso 42 pinchos entre tradicionais e creativos. O concurso repartirá oito premios ás mellores propostas gastronómicas; tres galardóns por votación popular, tres dun xurado profesional e dous galardóns especiais baixo o título “Maridaxe Estrella Galicia”. Os clientes que participen cos seus votos optarán a algún dos case cen premios cos que a organización agasalla a súa participación.


38

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

PUBLCIIDADE


PUBLCIIDADE

Ourense por BARRIOS Maio de 2011

39


Ourense por BARRIOS Maio de 2011 PUBLICIDADE POLÍTICA


Especial

O Eleccións Nadal xa Municipais está aquí 22-M [páx. 15

e[páx.2-23] páx. 39-42]

Que peza encaixará os próximos catro anos? PUBLICIDADE POLÍTICA

Número: 95 - Ano: X - Maio 2011 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Especial

O Eleccións Nadal xa Municipais está aquí 22-M [páx. 15

e[páx.2-23] páx. 39-42]

Que peza encaixará os próximos catro anos? PUBLICIDADE POLÍTICA

Número: 81 - Ano: X - Maio 2011 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


[páx.2-23]

Especial

Eleccións Municipais 22-M

Que peza encaixará os próximos catro anos? PUBLICIDADE POLÍTICA

Número: 44 - Ano: X - Maio 2011 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Mayo 2011 - OUXB  

As eleccións municipais son as protagonistas de esta edición especial. Entrevistas as candidatos, á cidadanía, etc. Antes da xornada de refl...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you