Page 1

Entrevista a María Tabarés, presidenta de Cáritas Ourense [Páx. 6]

CIDADE

Páx.7 PROVINCIA

A actuación de Viva Suecia abre as Festas de Ourense 2019 este 22 de xuño

Páx.8 VERÍN

A provincia conta con 368 casos activos de violencia de xénero, ningún de risco extremo

Páx.8

Verín construirá unha ponte para retirar o tráfico pesado do centro da vila

VERÍN

Páx.9 DEPORTES

A Xunta de Galicia recupera terras en Cualedro para pastoreo

Páx.11

A III Milla Urbana Solidaria, en favor de Cruz Vermella, será este sábado no Paseo

Seoane repite en Verín [Páx. 2]

Jácome, alcalde

48º Trofeo Pedro Escudero

[Páx. 3-4]

[Páx. 12]

Gonzalo Jácome logra a Alcaldía de Ourense co apoio do PP. // O bipartito PSOE-BNG continúa en Verín. // 400 nadadores participaron na 48 edición do Pedro Escudero./R.T.

Número: 99 - Ano: XII - 20 de xuño de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 20 de xuño 2019

TEMA DA SEMANA

“Faremos un plan estratéxico con máis de 40 proxectos por un importe duns 12 millóns de euros” 4A subida en votos e concelleiros avala a súa xestión. Sinatura do pacto entre PSOE e BNG para os vindeiros catro anos. Redacción Tras sumar 1.400 votos aos 2.100 obtivos nas municipais de 2015, e pasar de 6 a 8 concelleiros rozando a maioría absoluta, Gerardo Seoane gozará dun segundo mandato na vila de Verín. Trala boa experiencia do cogoberno co BNG, tendeulle a man e voltarán a gobernar os dous de novo. O alcalde recén investido (este pasado sábado 15 de xuño) desgrana a pequenos trazos o que serán os próximos catro anos. Agardaba estes resultados tan bos? Gerardo Seoane: “Fixemos unha gran labor que xa era recoñecida polos nosos veciños e si que agardaba bos resultados”. Eso demostra que a cidadanía segue confiando no proxecto comezado polo PSOE e o BNG? G.S.: “Así o dixo e aumentounos considerablemente a nós coma ao BNG. En porcentaxe, aos dous xuntos non nos gañou nin Abel Caballero”. Cales van ser as primeiras medidas da nova corporación? G.S.: “É un plan estratéxico a catro anos con máis de 40 proxectos por

Gerardo Seoane, tomando posesión do cargo de alcalde de Verín. un importe duns 12 millóns de euros nos próximos catro anos, que seguirán na mesma liña na que estamos, de rexeneración urbana, rehabilitación e humanización do pobo, pero tamén hai varios proxectos interesantes que buscan a creación de emprego, como é a escola de formación en TICS, informática e unha escola de segunda oportunidade para xente que non atopa traballo coa súa primeira profesión. Ademais, hai dúas ou tres actuacións importantes no polígono”. Di que Verín estaba nunha etapa de transición cara unha economía máis asentada e equilibrada coa contorna, chegarase a conseguir neste mandato? G.S.: “Non. O que in-

tentamos é cambiar a tendencia. Non somos tan ilusos de pensar que en catro anos ímos cambiar o mundo. Imos atacar o principal problema, o do envellecemento da poboación, e tamén o da formación da nosa xente para poder xestionar os recursos que temos coas técnicas que existen actualmente e que agora non ocorre. Se non nos metemos nunha econonomía do século 21 directamente continuaremos coa do século 18 toda a vida”. Polo que nestes catro últimos anos cambiastes a tendencia e agora ides a continuar. G.S.: “Exacatamente. Pero agora ven un salto cualitativo. Nestes anos intentamos a rexeneración urbana e o coñecemento da nosa historia, por decilo dalgún xeito, co obxectivo de ter todos un pouco máis de autoestima. Nesta segunda parte o que intentamos é precisamente, en cousas máis concretas, atacar a forma de vida que ten que cambiar”. Ve a cidadanía e ao goberno ir na mesma dirección? G.S.: “Eu penso que si. O apoio foi total nestas eleccións”.

Verín confía no bipartito catro anos máis 4 O Partido Popular pasa de primeira a terceira forza máis votada. Redacción Cambio radical en Verín ao invertir os postos (en canto aos votos acadados nas eleccións municipais) as tres formacións que teñen representación no Concello. O Partido Socialista pasa de ser a segunda lista máis votada á primeira; o BNG, de terceira a segunda; e o PP sofre un duro golpe pasando do primeiro ao terceiro lugar. Así, Seoane logra subir de seis a oito concelleiros; Lourenzo, de catro a cinco; e Jiménez Morán pasa a ter catro actas despois de contar ata o de agora con sete. Pola súa banda, VOX e as mareas locais non lograron representación. Como en todos os concellos da provincia, o 15 de xuño procedeuse á constitución da nova corporación. Momentos antes da sesión plenaria PSOE e BNG asinaban na sala de Xuntas o pacto que rexerá o seu goberno no mandato 2019-2023. A mesa do pleno de investidura foi presidida por Cándida Couñago, a concelleira de maior idade, quen chamou aos edís electos para a toma de posesión dos seus cargos e realizar o xuramento dos 17 concelleiros que conforman a nova corporación municipal. Depois realizouse a votación

Seoane recollendo o bastón de mando. onde, Gerardo Seoane, candidato do PSOE, foi investido alcalde ao lograr 13 votos (os de socialistas e nacionalistas). Organigrama O de novo rexedor, Gerardo Seoane, levará a área de Urbanismo, Casco antigo, Patrimonio e Vivenda. O tenente de alcalde seguirá sendo o nacionalista Diego Lourenzo, que terá adicación exclusiva e farase cargo da área de Facenda, Mocidade, Turismo, Eurocidade e Participación Cidadá, ademais de ser voceiro do Goberno. Ro-

Antes da sesión plenaria o novo grupo de Goberno (composto por PSOE e BNG) asinaba na sala de Xuntas o acordo para este mandato

sario Rodríguez (PSOE) con adicación exclusiva será a 2ª tenente de alcalde e levará a área de Persoal e Réximen interior. A área de Xardíns, Obras e Servizos públicos será para Julio Vieitez Pardelas (PSOE) que terá unha adicación parcial; o concelleiro do PSOE José Luis Martín será o encargado de Deportes e Pedanías; Cándida Couñago (PSOE) farase cargo de Tráfico, Seguridade cidade e Protección Civil; e Manuel Lorenzo Feijóo (PSOE) será concelleiro de Transporte, Feiras e Hostelería. Edar e Augas queda para Vicente González Pérez (PSOE); Comercio para María Isabel Fernández (PSOE); Cultura, Educación e Festexos correrán a cargo de Emilia Somoza Basalo (BNG); Sanidade e Servizos Sociais do nacionalista Eugenio Quintas; Purificación Caldelas Rodríguez (BNG) encargarase de Desenvolvemento Rural e Medioambiente; e Desenvolvemento económico para Abelardo Meiriño Vieites (BNG). Os postos de persoal eventual de Administrativa-secretaría da Alcaldía e Secretaría de prensa e comunicación serán nomeados como persoal de confianza por consenso entre o alcalde e o 1º tenente de alcalde, xa que prestarán servizos de asistencia a ambos cargos.


TEMA DA SEMANA

Barrios 20 de xuño 2019



ENTREVISTA A GONZALO PÉREZ JÁCOME, NOVO ALCALDE DE OURENSE

“Ábrese un punto de inflexión, estabamos indo cara abaixo e iremos cara arriba” 4 Logo dun polémico pacto co PP, Gonzalo P. Jácome acadou a alcaldía sendo a terceira forza en votos. Promete cambiar a cidade e gobernar para todos. Redacción Tras unhas semanas previas de negociacións derivadas da gobernabilidade tanto da cidade como da Deputación entre PP, PSOE e DO, ao final, foi este último, Democracia Orensana, pactando cos populares, quen acadou o bastón de mando da cidade. O seu lider, Gonzalo Jácome, sempre mantivo que pactaría co diaño para conseguir o ceo para Ourense e parece ser que non escolleu mellor frase para describir a realidade postelectoral. PP votou a Jácome como alcalde, sendo a terceira forza na cidade, e DO apoiará a Baltar na Deputación. Xa pasado todo iso, o novo alcalde coméntanos como foron os seus primeiros días no cargo e as futuras decisións que tomará. Facendo un símil co atletismo, que sabemos que lle gusta, isto foi unha carreira de fondo? Gonzalo Jácome (G.J.): “Si, demasiado longa. Unha carreira de fondo e de obstáculos. Se o sei que vai durar tanto non me meto”. Que opinión ten de todo este fenómeno sociopolítico que se xerou ao seu redor? G.J.: “Unha casualidade que agardo que despois se traduza en cousas boas para Ourense. Son anécdo-

ímos levar. Nestes días xa se saberá”. PXOM, orzamentos... cando estarán aprobados? G.J.: “O PXOM levará tempo por un tema burocrático da Xunta e hai que revisalo. E agardamos en outubro aprobar o orzamento do 2020. Témolo que facer”. Como chegará DO a un acordo no PXOM co PP coas discrepancias anteriores? G.J.: “Agora saben que o único camiño é chegar a un acordo. Antes era distinto”.

Gonzalo Pérez Jácome é o novo alcalde de Ourense./RAMSÉS.

Se ao diaño lle pedía o ceo, que lle pide a Baltar? G.J.: “Básicamente o mesmo. Poder facer cousas para Ourense”.

calde, que foi o primeiro que lle dixo súa nai? G.J.: “Primeiro pensou que era da aldea de onde é ela e dixo “que ben!”, pero cando soubo que era de Ourense dixo “ai, que tolo!”. Miña nai sempre foi excéptica nese senso”.

E el a vostede? G.J.: “Pediume viavilidade. Facer un goberno de estabilidade e poder traballar xuntos. Estabilidade nos dous gobernos, non só na Deputación”.

Como vai compatibilizar o goberno co teu traballo, co seu día a día? G.J.: “Teño que pensar se collo a dedicación ou non, o 100% ou non. Estes días saberase”.

Unha vez nomeado al-

Segundo o dito: “De poeta, músico e tolo todos temos un pouco”, que ten vostede de cada un deles? G.J.: “No de poeta gústame crear titulares. Da música gústame tocar,

tas e non ten moita importancia”.

“Espero que antes dun ano estean todas as escaleiras mecánicas feitas, serían uns oito elementos en toda a cidade”, adianta Jácome

pero non son un fan. E de tolo supoño que todos temos un punto diverxente”. Entendería que PP e PSOE pactasen para facerlle unha moción de censura? G.J.: “Por coherencia politíca non creo que a fixeran. Se o fan, eles terán outros intereses”.

Cando poderemos gozar das escaleiras mecánicas? G.J.: “Espero que antes dun ano estean todas

feitas, serían uns oito elementos mecánicos en toda a cidade”. Na Deputación seguirá denunciando as inxustizas que vexa? G.J.: “A miña natureza non me permite facer outra cousa”. Estando na Alcaldía, tamén estarás atento ao que aconteza na Deputación? G.J.: “Como alcalde teño interese en que a Deputación invirta na cidade”. Deixe unha mensaxe a todos os ourensáns. G.J.: “Creo que vamos a conseguir mellorar Ourense. Ábrese un punto de inflexión, estabamos indo cara abaixo e iremos cara arriba”.

“O PXOM levará tempo por un tema burocrático da Xunta e hai que revisalo. E agardamos en outubro aprobar o orzamento do 2020”

Cales van ser as primeiras medidas que vai tomar no Concello? G.J.: “Primeiro designar as persoas que van ter postos de mando porque senón agora mesmo hai un vacío de poder”. Xa ten nomes para as concellerías? G.J.: “Aínda non porque non sei que concellerías

Gonzalo Jácome, xunto a súa nai, Rosa Jácome./R.T.




Barrios 20 de xuño 2019

CIDADE

4TRIBUNA ABERTA

O inicio do fin Os tempos políticos que está a vivir a cidade de Ourense deberían ser estudados e analizados con máis intensidade polas facultades de política de todo o país. Non é xusto que a actualidade da nosa política local sexa constante e superficialmente identificada a través de insultos, descualificacións, apoios ou parabéns en función das coincidencias ou gustos particulares de cada un. En Ourense, coa aparición do partido Democracia Ourensana, iniciouse un proceso de creación particular que pode ter semellanza con outros procesos políticos nacionais ou internacionais moito máis coñecidos que o noso, pero cunha excepcionalidade: foi anterior a todos eles. Fai anos, un partido morado cun círculo no seu logo apareceu da nada e rachou coas columnas do bipartidismo imperante. Tempo despois, o fenómeno laranxa de Ciudadanos

ocupaba tamén o seu espazo nas portadas de todos os diarios. Recentemente, VOX esixía súa parcela de recoñecemento nas derradeiras eleccións locais e nacionais. Pero durante todos estes procesos de creación de novas identidades políticas, un partido pequeno, de marcado carácter local seguía a defender os intereses locais do mesmo xeito que aqueles galos que resistían o envite dos romanos. Preocupados só pola súa vila e alleos aos fenómenos que os rodeaban. Tras 18 anos de creación, maduración e un crecemento case constante, o pasado 15 de xuño o líder indiscutible desta partido asumía a alcaldía de Ourense nun feito sen precedentes. Hai multitude de datos e cifras en todos os xornais e nas redes sociais, especialmente aqueles que aportan factores negativos para poder formar opinión: que foi a terceira lista máis votada, que é o alcalde con menor

número de apoios en democracia, que se venderon ao seu rival, que enganaron ao seu electorado... pode que haxa parte de razón en todos estes argumentos. Tamén é certo que foron os únicos en iniciar accións legais en polémicos temas como as acusacións sexuais, a venda millonaria da hemeroteca do xornal La Región, o urbanismo do “pelotazo” e das comisións, defendendo os dereitos particulares e xenerais de milleiros de ourensáns, votantes ou non. A cidade de Ourense esmorece entre contedores de refugallos saturados, cunha mobilidade urbana arcaica

e pouco funcional, cunha taxa de envellecemento das máis agudas da Unión Europea, en fin, cunha sensación de ir desaparecendo pouco a pouco sen que ninguén lle poña freo. PSOE, PP e bipartitos foron pasando pola Alcaldía e non foron quen de solucionar, ou alomenos por algo de freo, a estas desgrazas eternas que coexisten con nós. Non é difícil afirmar que a cidade estes últimos catro anos xestionábase case por inercia, sen que o patrón do barco tivera moi claro o rumbo a seguir. Óscar Blanco

Edís de Democracia Ourensana. /RAMSÉS.

4TRIBUNA ABERTA

E que opinan os votantes do PP? De todos é sabido que os simpatizantes/votantes (e tamén algún “troll”) son moi activos nas redes sociais de Democracia Ourensana. Eles xa expresaron o seu sentir con respecto ao pacto PP-DO. Moitos deles síntense “traizoados”, outros (menos) “ilusionados”, e uns terceiros que piden “tempo” para ver en que deriva

este pacto. Pero, que opinan os votantes do Partido Popular? Na noite electoral, na sede popular, un dos membros da lista municipal botaba as mans á cabeza ao non entender por qué 11.913 de ourensáns votaron a DO. Pois ben, 20 días despois, os sete edís do PP (en representación

Jesús Vázquez votando por Gonzalo Jácome como alcalde de Ourense. /RAMSÉS.

dos 12.482 votantes que os elexiron), con Jesús Vázquez á cabeza, votaban a Gonzalo Pérez Jácome na sesión constitutiva do Concello de Ourense para que este sexa o novo alcalde da vella Auria; as facianas dos edís populares dicíano todo, e tralo discurso do novo alcalde os socios de Goberno apenas mostraron un ápice de ledicia. O alcalde saínte, Jesús Vázquez, aseguraba fai uns días dúas cousas: 1.que el non formaba parte dos encontros mantidos entre DO e PP; e 2.- que o pacto ao que chegaría o partido ía ser beneficioso para Ourense. Tralo visto o 15J na toma de posesión do novo alcalde, cabe preguntar ao ex alcalde se segue pensando que o pacto DO-PP é o mellor para Ourense?

de ser así, por que non se mostrababa feliz ao ser investido Jácome cos votos do seu partido, do Partido Popular? E o presidente da Xunta de Galicia que aseguraba que Jácome como alcalde de Ourense sería letal para a cidade, que pensa agora? E o PSOE sendo a forza máis votada quédase sen sillón de mando. Rafael Villarino que viña de ser alcalde de Amoeiro, cos resultados das municipais do 26M tivo a posibilidade de ser alcalde de Ourense ou mesmo presidente da Deputación. Nin unha cousa nin outra: líder da oposición. Malas negociacións? Realmente non querían pactar con DO? Non querían botar a Baltar? Ramsés Torres

Vázquez saudando a Jácome. /RAMSÉS.

Gonzalo Pérez Jácome liderara o bipartito DO-PP 4 O novo rexedor contou cos sete votos do Partido Popular para erixirse alcalde. Redacción Houbo que agardar á maioría de idade de Democracia Ourensana para ver ao seu líder, Gonzalo Pérez Jácome, como alcalde da cidade de Ourense. A pesar de contar con 7 edís, os votos do PP a favor da súa candidatura fixeron posible que este fora invistido rexedor da cidade de Ourense. Houbo certo suspense cando a falta dun voto por recontar Jácome tiña 13 apoios (a un da maioría absoluta); o útimo foi para el, e entón resoplou e nese momento viuse como rexedor. Tralo seu discurso os aplusos chegaron, soamente, do lado dos seus compañeiros. O seus socios de Goberno (PP) non aplaudiron e notábase nas súas caras o trago amargo que estaban a pasar. Despois do pleno, o novo alcalde comentaba que era un día máis, que o importante chegaba agora, e que podían darlle a noraboa ou as felicidades cando dea realizado o seu programa. Deixou claro ante os medios de comunicación que no Goberno municipal entrarán edís do Partido Popular facendo así un bipartito para os vindeiros catro anos. Reaccións Para o líder da forza máis votada, Rafael Villarino do PSOE, este foi “un dos días máis tristes

da cidade”. Sobre o apoio do PP dixo que votaron “rendidos ao baltarismo que pode manter todos os seus chiringuitos”. Luis Seara do BNG viu o vivido na Casa Consistorial como “o pacto da vergoña, que se reparten como se fosen cromos o Concello e a Diputación. É un pacto que denigra a política”. Pola súa banda, Pepe Araújo, de Cs, asegurou que moitos ex compañeiros do PP “tiveron que tapar o nariz para votar” e dixo sentirse aliviado de ter abandonado o grupo popular, un partido “que non recoñezo”. Jesús Vázquez, anterior alcalde da cidade, confirmou que non ía formar parte do goberno xunto a Democracia Ourensana. Ademais deixou aberta a unha posible renuncia da súa acta. Medidas A primeira medida levada a cabo por Jácome foi a de asinar unha provindencia para o control do horario dos funcionarios. Despois nomeou a Jorge Pumar (PP) como tenente de alcalde; ademais Armando Ojea e Miguel Caride serán deputados provincias (e prevese que Ojea sexa vicepreseidente da Deputación). Outra medida foi a de desbloquear a luz e o son das festas, e a piques está de facelo co programa Concilia.


EMPRESAS

Barrios 20 de xuño 2019



Máis de 7000 gandeiros galegos produciron 2,8 millóns de toneladas, líderes indiscutibles no ambito nacional.

“Galega 100%”, o selo lácteo consolidado no mercado nacional

4 Esta marca, impulsada pola Xunta, avala e identifica o leite galego de calidade diferenciada. Redacción Galega 100% é o único selo que distingue aos produtos lácteos galegos de calidade superior; un selo que garante a trazabilidade do leite dende a granxa ata a casa. A marca de garantía do mellor leite de Galicia nútrese do leite producido nas ganderías incorporadas ao Rexistro Galego de Explotacións de Calidade Diferenciada. Ademais, os servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia realizan cada ano máis de 2.700 controis de benestar animal nas explotacións de vacún, o 50% do total español. Este selo saía ao mercado o 7 de febreiro de 2011 como a única identificación que avala o

leite galego de calidade diferenciada. Deste xeito, Galega 100% ofrece un produto da máxima calidade, suxeito aos controis dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia e garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL). A posta en marcha desta marca respondeu á aposta da Xunta pola valorización do leite galego, unha vella demanda do sector. En menos dun ano, Galega 100% consolidouse como a referencia indiscutible do leite de calidade producido e envasado en Galicia. Arrancou con catro marcas comerciais (Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite) ao que se foron sumando moitas outras.

Galega 100% arrancou con catro marcas comerciais ao que se foron sumando moitas outras.

Sector estratéxico O lácteo ten a condición de sector estratéxico para Galicia. Na nosa comunidade prodúcese case o 40% do leite de España e localízase máis da metade do total nacional de explotacións lácteas. Así, Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite, ocupando actualmente o oitavo posto dentro da UE. O pulo deste sector ponse de manifesto tamén porque os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente uns 800 millóns de euros e a produción de leite no 2018 chegou aos 2,8 millóns de toneladas, consolidando a Galicia como líder indiscutible no ámbito nacional. Deste xeito, o selo Galega 100% ofrece hoxe un produto da máxima calidade, que permite ao consumidor unha identificación fácil e sinxela, o que contribúe a poñer en valor este produto nos mercados. O consumidor que escolla un produto no que aparece este distintivo ten a seguridade de estar consumindo un produto de

Galicia e dunha calidade excepcional.

garantías e o significado da marca.

Promoción Para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, Medio Rural vén desenvolvendo unha intensa actividade de promoción. Só no que vai de ano, Galega 100% estivo presente en sete eventos diferentes relacionados coa gastronomía ou co deporte, caso do Forum Gastronómico da Coruña, a feira Xantar de Ourense ou Expordes 2019. Así mesmo, fíxose promoción do seu consumo na carreira pedestre de Frades ou en varios partidos de baloncesto na cidade das Burgas. Como parte desta actividade de promoción, dende o mes de xaneiro pasado repartíronse unhas 30.000 unidades de briks de leite amparado coa marca de calidade Galega 100%, xunto con folletos nos que se facilita ao consumidor información sobre como identificar este leite nos diferentes puntos de venda e coñecer as

Día Mundial do Leite O pasado sábado, 1 de xuño, Galicia sumábase á celebración do Día Mundial do Leite, instituído pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e que se conmemorou por primeira vez no ano 2001. O obxectivo desta iniciativa é incentivar o consumo de leite e de produtos lácteos entre a poboación, tendo en conta os seus indubidables beneficios para a saúde. Ademais, existe unha

“A posta en marcha de “Galega 100% respondeu á aposta da Xunta pola valorización do leite galego, unha vella demanda do sector ”

“Para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, Medio Rural vén desenvolvendo unha intensa actividade de promoción” web (http://www.galega100x100.gal/) na que se pode consultar todo o relacionado con este selo como os requisitos para ser Galega 100% ou os produtos certificados como tal.

Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite, ocupando actualmente o oitavo posto dentro da UE.




Barrios 20 de xuño 2019

ENTREVISTA

ENTREVISTA A MARÍA TABARÉS, DIRECTORA DE CÁRITAS OURENSE

“O informe FOESA deixa claro que a clase podente optou pola desigualdade para saír da crise. Saíron máis enriquecidos e os demais, máis empobrecidos” 4 Cáritas Ourense vén de prestar axuda o ano pasado a máis de 8.700 persoas e servir máis de 350 racións diarias no seu comedor. Redacción Nas seguinte liñas entrevistamos a María Tabarés, directora de Cáritas Ourense, que nos fala da outra “realidade” da nosa cidade e provincia. Cáritas ourense atendeu a 8711 persoas o ano pasado e o seu comedor deu unha media de 355 racións diarias, datos que falan que moita xente aínda non saíu da crise e vive en risco de vulnerabilidade social. María dinos o por qué e as súas solucións. Acabades de dar uns datos moi preocupantes, non? María Tabares (M.T.): “Supón unha cronificación, de que nos estamos contentando co que temos, parece que nos esquecemos dos que aínda non saíron da crise, e nos pómolos diante na sociedade para intentar cambiar as cousas”. Como se podería solucionar iste problema? M.T.: “Desde Cáritas pensamos que hai solución pero pasa por establecer un tipo de políticas que pensen en todos. O informe FOESA que publicamos deixa claro que a clase podente optou pola desigualdade para saír da crise, saíron máis enriquecidos e os demais, máis empobrecidos. A clase media saiu

moi empobrecida e iso é moi perigoso porque na seguinte crise será a clase en risco de exclusión máis importante e non podemos permitilo, porque, ademais, a clase media é a máis solidaria e está sempre disposta a botar unha man. Se se acaba esa clase media como sociedade valeremos moi pouco”. Falando xa de Ourense, houbo un lixeiro descenso pero no ano 2018 houbo un repunte, a que cres que se debe? M.T.: “Ese repunte débese a que a xente esgotou as prestacións, as axudas, os seus recursos, as axudas das nais, irmás, a sogra... e agora non teñen de onde tirar. Acuden a centros sociais e a Cáritas por primeira vez para pedir axuda. Tamén aumentou a poboación migrante, sobre todo venezoláns moi desesperados polo súa situación. Neste ano dimos un pasiño para atrás”. É certo que hai xente que traballa é necesita da axuda de Cáritas? M.T.: “Si, é o máis dramático porque antes parecía que se atopabas un traballo tiñas a vida resolta e agora parece ser que non. Os soldos son moi precarios, os horarios, a temporalidade... Que unha persoa que traballe a xornada completa non lle

“A clase media saiu moi empobrecida e iso é moi perigoso porque na seguinte crise será a clase en risco de exclusión máis importante e non podemos permitilo”, adianta Tabarés

igual os grandes números porque supón deixar de lado a maioría da xente e en risco a outro tanto non me parece un sistema moi xusto”.

María Tabarés fálanos da realidade social que atravesa a nosa cidade e provincia./RAMSÉS. chegue o soldo para manter unha familia pareceme unha inxustiza social moi grande e unha situación moi desesperante. Ten que ser moi duro para unha familia acudir aos nosos recursos, ou parecidos, o necesario para manter a súa familia”. Cómo valoras as políticas sociais actuais e como poderían mellorar? M.T.: “Deberían pasar por unhas melloras no fomento do emprego, ten que haber emprego inclusivo. Tamén debe haber axudas mentras non atopas ese emprego. O que se busca é que a xente poida manter a súa familia cun emprego, como toda a vida, polo que temos que xerar políticas de inclusión para os colectivos que agora están máis desfavorecidos. Ta-

mén as persoas con escasa formación habería que formalas para que despois traballen. E controlar que os traballos teñan un salario digno, todos sabemos o que nos fai falta para vivir, non se pode vivir con 300 ou 400 euros”. Parece que desde os políticos se sae da crise cando hai crecemento económico nas grandes empresas e non na cidadanía? M.T.: “A economía lle preocupan os grandes números pero o cidadán da pé non vive diso, sabe o que gaña, o que custa o super e o que gasta. Mentras o que gañas non che da para pagar o que gastas esa persoa non sairá da crise. Si que eleximos un modelo de desigualdade para saír da crise. A min dame

Como valoras a situación de Ourense en comparación con Galicia ou España? M.T.: “Non estamos en bo lugar nin comparados con Galicia nin con España. Galicia vai ser un observatorio do envellecemento da poboación, Ourense fundamentalmente, polo que é urxente asentar poboación e asentar empresas para fixar poboación en idade de traballar. O tecido empresarial é necesario que cree emprego como diciamos antes e permitirá fixar poboación para atender a xente maior e que isto comece a crecer un pouco. Parece que estamos abocados a que os nosos fillos se busquen o traballo fóra”. Que lle dirías aos políticos que predican que todo marcha moi ben na cidade, provincia ou

“A nivel de pobreza non estamos en bo lugar nin comparados con Galicia nin con España”, asegura país? M.T.: “Que nin Ourense nin España van ben mentras a maior parte da poboación non lle vaia ben. Cando a xente que atendemos en Cáritas me diga que lles vai ben, entón dareilles a razón. Na mentres iremos parcialmente ben”. Que lle parecería se lle reducen nestes momentos as axudas a Cáritas? M.T.: “Sempre vai a haber persoas en risco de vulnerabilidade, o que non pode haber é que a maioría da xente estea nesa situación de vulnerabilidade. Sempre vai a haber un momento no que Cáritas teña que estar presente pero que non estea tan presente si que sería unha marabilla, que non fora tan necesaria a nosa axuda”.

María Tabarés e José Ángel Feijóo Mirón, dando contas dos resultados de 2018 Cáritas Ourense./RAMSÉS.


CIDADE

As Festas de Ourense arrancan con Viva Suecia

Do 22 ao 30 de xuño Ourense celebra as súas festas maiores no que podería ser a última vez que teñen lugar nestas datas (o alcalde de Ourense quere trasladas a novembro cando é San Martiño). A actriz Ledicia Sola será a encargada de abrir, coa lectura do pregón, as Festas 2019. Será ás 22 horas desde o escenario instalado na praza Maior, e xusto antes do concerto de Viva Suecia. O acceso á praza Maior, como vén sendo habitual nos últimos anos, será restrinxido por motivos de seguridade, tanto para o pregón coma para o concerto, desde as 22:30 horas. Ás 00:30 horas do sábado, haberá baile coa orquestra Grupo Assia, na rúa do Progreso fronte á Alameda. Na praza Maior os concertos previsto son os de Furious Monkey House -domingo 23 ás 21 horas-; “A edad de Ouro

do Pop Español” -luns 24-; Ramoncín -martes 25-; María do Ceo o mércores 26; Morgan, Christina Rosenvinge e Marem Ladson o día 27; Siniestro Total actuará o día 28, pero antes, ás 22.30 h, Alberto Cereijo presentará o seu novo grupo. Pechará Budiño os concertos da praza Maior o domingo 30; todos eles, agás o de Furius Monkey serán ás 22.30 horas. Expourense As inmediacións de Expourense acollerá o xoves 27, a Marea, ás 22.30 h. O venres 28, Izal actuará á mesma hora. E o sábado 29 de xuño, Aitana, ás 22 horas. Tamén haberá concertos na praza do Ferro e na praza do San Martiño como o de Escuchando Elefantes neste último emprazamento o venres 28, ás 20.30 horas, ou King of the beach, mércores 26, na praza do Ferro.

Marea actuará o xoves 27 en Expourense.

EN BREVE 4 Control horario O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou unha providencia para levar a cabo o control horario dos traballadores municipais. Así, deberán asinar tanto á entrada como á saída da súa xornada laboral, especificando a hora concreta na que se realiza, en cada caso.

4 Claustro de San Francisco O Claustro de San Francisco comeza o seu horario estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18 a 21 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Estará aberto de martes a domingo.



Obras de reparación Redacción

4 Ledicia Sola será a pregoeira deste ano. Redacción

Barrios 20 de xuño 2019

Segundo encontro de “Palilleiras do Miño” en Expourense.

Palilleiras do Miño en Expourense A Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e a Periferia “Miño” que integra a máis de 20 AAVV do Concello de Ourense, organizou por segundo ano consecutivo unha xuntanza de Asociacións Veciñais entorno ao Encaixe de Bolillos. En total foron 300 persoas, entre palilleiras e visitantes, as que se achegaron ata Expourense nesta edición. Unha xuntanza na que houbo demostracións, exposicións de artesanía relacionada co encaixe, agasallos e sorteos entre as participantes. En palabras da presidenta da Agrupación, Lorinda Fernández: “actividades coma esta son importante para fomentar a convivencia das veciñas e veciños; é unha moi boa forma de dinamizar as relacións entre as distintas asociacións veciñais”.

O Concello de Ourense incrementou en 2019 os traballos de reposición, reparación e mantemento de lousas e do solo nas rúas da cidade, especialmente na contorna da zona histórica onde se producira un maior desgaste de pavimento pola entrada de vehículos pesados. Nestes últimos meses, a concellería de Infraestruturas realizou obras nunha decena de espazos públicos, ao tempo que se acometeron actuacións de mellora noutras 20 rúas, grazas á colaboración coa Deputación de Ourense. Nos últimos tres meses a Concellería de Infraestruturas acometeu obras por un importe de entorno aos 30.000 euros na zona vella. Nunha primeira fase repúxose o pavimento de pedra e de lousa na Alameda, na Avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal e o Paseo. Os traballos consistiron na substitución do pavimento roto ou levantado por outro das mesmas características, para manter a unidade da contorna. Nestas últimas dúas semanas os traballos trasladáronse as rúas San Francisco e Unión; a Praza do Correxidor e a Praza das Mercedes. O remate das obras nesta última contorna porá fin ao proxecto de recuperación das rúas da zona histórica da cidade. Desde o departamento de Infraestruturas tamén se realizaron actuacións para repoñer o pavimento noutros puntos da capital, como as rúas Ervedelo e Curros Enríquez, onde se constatou a necesidade de repoñer o solo polo mal estado das lousas.

A praza das Mercedes foi un dos lugares nos que se acometeron as obras.




Barrios 20 de xuño 2019

PROVINCIA / VERÍN E COMARCA

A provincia conta con 368 casos activos de violencia de xénero 4 Ningún considerado de risco extremo. Redacción A coordinadora de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén, lamentou os 368 casos activos de violencia de xénero existentes na provincia de Ourense. Por iso, apelou a unha maior conciencia social para incidir na loita contra a violencia machista nunha Comunidade que ten 3.443 casos activos. Así se pronunciou durante a presentación na Subdelegación do Goberno en Ourense do estudo “O custo da violencia de Xénero”, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González, e a xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero desta subdelegación, Alida Igresias. Sobre a situación concreta da provincia de

Baños adaptados Redacción A Xunta de Galicia impulsará a instalación de baños adaptados para persoas ostomizadas en servizos autonómicos da provincia de Ourense. Así o anunciou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, na xuntanza que mantivo cos responsables da Asociación provincial de enfermos de Crohn e

Ourense, María Debén detallou que existen 368 casos activos, ningún de risco extremo. A pesar “dos avances nos últimos anos queda moito por facer”, polo que é necesario “desenvolver un traballo, en especial fronte a problemas de tal gravidade” afirmaba Debén. A coordinadora de

Igualdade avoga por “analizar” a situación global. “É imprescindible modificar o método de traballo, é necesario introducir a perspectiva de xénero no estudo das causas, dos motivos e das posibles solucións a unha problemática con importantes repercusións xurídicas, sobre todo no ámbito penal”, asegurou.

Presentación do estudo “O custo da violencia de Xénero” na subdelegación do Goberno. colite ulcerosa (ACCU). Díaz Mouteira explicou que a iniciativa comezará no novo Edificio Xudicial no que a Vicepresidencia,

Marisol Díaz con representantes de ACCU.

dentro do plan de obras menores nos edificios xudiciais, implementará un aseo para que poida ser empregado con maior comodidade polas persoas ostomizadas. A delegada territorial anunciou que no futuro estudarase outros servizos autonómicos de distintas Consellerías, onde realizar esta adaptación, en función do número de usuarios, tempos de espera e servizos prestados.

Unha ponte para retirar o tráfico pesado do centro 4 Verín obtén unha subvención para construíla en Queizás. Redacción O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético, IDAE, ven de conceder 797.551 euros ao Concello de Verín para a construción dunha nova ponte na vila, concretamente en Queizás, que retire o tráfico pesado do centro, especialmente os camións con destino ao polígono de Pazos. A nova ponte suporá unha inversión total de 996.938 euros, e cruzará o Támega dende o acceso principal a Verín dende a estrada de Portugal ata o polígono de Pazos. O proxecto englóbase dentro do Plan de Mobilidade de Verín, que ten como obxecto a redución de emisións no ámbito urbano. A obra permitirá que os camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así

significativamente as emisións. Humanización Segundo o alcalde, Gerardo Seoane, “as actuacións en materia de mobilidade”, afirmou, “xa foron o eixo da anterior lexislatura, cos parkings libres e as reformas viarias executadas en toda a vila”. “Agora toca”, dixo, “as grandes melloras estruturais que continuarán a cambiar a faciana de Verín”. A primeira medida para retirar o tráfico pesado da vila foi o parking de camións, que foi seguida do cambio da ordenanza para prohibir o seu estacionamento no casco. Alumeado Esta nova subvención vense a sumar á recibida a finais de maio de 779.784 euros para a renovación das lámpadas do alumeado público exterior.

EN BREVE 4 Concurso

O Museo de Verín lanza un concurso de redacción para os escolares da comarca de Monterrei. O concurso de redacción “A man culpable”, vinculado á exposición para escolares “A Bolboreta Monarca”, consistirá nunha redacción dun folio sobre as consecuencias inesperadas do comportamento do ser humano para a natureza, especialmente sobre casos acontecidos na comarca de Monterrei. Os orixinais poderanse enviar ata o 15 de outubro ó mail museodeverin@ gmail.com. O premio será unha cámara reflex de alta calidade para a fotografía da natureza.

4 Escola de

verán

O Concello de Verín ten aberto o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2019”. Desenvolverase desde o luns 1 de xullo ata o venres 30 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados entre o 2005 e o 2015. As actividades terán lugar de 09.30 a 13.30 horas e poderase elexir entre tres ou cinco días á semana. A inscrición realízase nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno s/n.) En horario de 9 a 14 h.

4 Certame

Infografía da ponte de Queizás.

Co poema titulado “Di non ao racismo”, Yésica Suárez Montoya, alumna de 6º do CEIP Princesa de España foi, na modalidade de 5º e 6º de Primaria, a gañadora do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez


VERÍN E COMARCA

Redacción Durante os meses de maio e xuño, os departamentos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o de Psicoloxía (Servizos Sociais) do Concello de Verín organizaron unha serie de charlas informativas sobre condutas adictivas que foron impartidas nos distintos centros de ensino secundario da vila (IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli e o Colexio Apostólico Mercedario). Neste proxecto colaboraron membros da Agrupación Alcohólicos Anónimos de Ourense, os cales

explicaron de primeira man testemuños reais sobre as consecuencias do abuso e consumo de sustancias. Os responsables dos centros cualificaron de moi positiva a iniciativa debido ao “gran impacto causado entre os xóvenes”. Desde a agrupación mostráronse totalmente interesados en seguir coa colaboración.

Charla en Verín.

A Xunta recupera terras en Cualedro para pastoreo 4 Busca adacar as 220 hectáreas. Redacción A Xunta de Galicia está a recuperar terras para poñelas en valor mediante o pastoreo. Un dos primeiros concellos en acollerse a esta medida é o de Cualedro. Estanse realizando des-

broces, xa levan unhas 50 hectáreas e preténdese chegar ás 220, para adecuar os terreos co fin de aproveitalos empresas agrogandeiras, principalmente da zona. O uso futuro dos predios será, fundamentalmente, o seu aproveitamento como



EN BREVE

Os perigos do abuso do alcohol 4 Alcohólicos Anónimos de Ourense informou ao alumnado dos institutos de Verín.

Barrios 20 de xuño 2019

4 Xadrez

Participantes das Xornadas de educación vial.

Gran participación nas Xornadas de Educación Vial 4 300 menores realizaron unha ruta ciclista. Redacción Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de educación primaria pertencentes aos colexios María Inmaculada, Princesa de España e Amaro Refojo participaron na última actividade programada

pasteiros. Está actuación ten un dobre sentido: loitar contra os lumes -ao eliminar a maleza- e facilitan as terras para a súa explotación. Ademais, os propietarios poderán percibir uns 70 euros anuais por hectárea arrendada. Estímase que no Concello de Cualedro hai unhas 1.200 Ha en estado de abandono das 4.000 de terreo concentrado. Estas actuacións foron revisadas esta semana polos directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e de Gandaría,

no marco das primeiras Xornadas de Educación Vial de Verín. Realizaron unha ruta ciclista na que foron acompañados pola Policía Local de Verín, membros da Garda Civil de Tráfico da localidade e por por integrantes da Agrupación de Volunta-

rios de Protección Civil do Concello de Verín. Estiveron presentes na saída oficial da ruta a coordinadora de educación vial da DXT en Ourense e membro activo das xornadas, Sinda Aguiar, e a concelleira de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín, Cándida Couñago. Programación As xornadas incluíron talleres e charlas temáticas; un circuíto de educación viaria, coa presenza de vehículos oficiais das forzas de seguridade bombeiros e Cruz Vermella; e unha ruta.

O Xadrez Verín vén de conseguir o seu maior logro deportivo da historia. Proclamouse campión da Copa Galicia por equipos 2019 no encontro disputado o pasado domingo 26 en Noia. Tras un dramático final, con caída de bandeira incluída, o Verín gañaba na última rolda e proclamabase vencedor absoluto da copa con 5 vitorias e un empate.

4 Cálculo

mental

Sara Salgado e Diana Calvo posicionan á vila de Verín no “top 10 mundial” dos Campionatos escolares internacionais de cálculo mental. Salgado foi a primeira clasificada e Calvo a sétima. As dúas son alumnas de 5º de primaria do CEIP Amaro Refojo. Na súa categoría participaron un total de 41.370 alumnos.

Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros Recuperación Actualmente están xa contratados traballos de recuperación e adecuación nas zonas de concentración parcelaria de Cualedro-Carzoá-Vilela e de Xironda-Pedrosa, por un importe que se aproxima aos 200.000 euros.

Os propietarios dos terreos poderán obter uns 70 euros por hectárea arrendada

Miguel Pérez Dubois e José Balseiros, xunto ao alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, nun dos terreos que se acondicionan para explotación agraria./RAMSÉS.


10

Barrios 20 de xuño 2019

VERÍN E COMARCA

Imaxe de portada de Facebook do IES García Barbón.

Datas de presentación de solicitudes e de matrícula 2019/20 no IES García Barbón Estudos de Bacharelato O prazo ordinario de matrícula nos estudos de Bacharelato é do 25 de xuño ao 10 de xullo. Na convocatoria extraordinaria dsipoñemos do 1 ao 10 de setembro para formalizar a matricula. Ciclos Formativos de Formación Profesional Específica (FPE) A presentación de solicitudes no prazo ordinario é do 24 de xuño ao 2 de xullo (ás 13 horas). Para matricularse podemos facelo do 16 ao 23 de xullo (ás 13 horas). No prazo extraordinario –só para os ciclos de grao medio- podemos presentar a solicitude do 2 ao 10 de setembro. A matrícula poderá realizarse do 18 ao 20 de setembro (ás 13 horas).

Web para realizar o proceso de admisión en Formación Profesional (Grao Medio e Superior) https://www.edu.xunta. es/ciclosadmision/ Vídeos ilustrativos dos ciclos de Formación Profesional que se imparten no centro: http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/565

Visita

Concurso do cartel da feira do viño

Redacción O Consello Regulador da DO Monterrei e a Asociación Ruta do Viño Monterrei programaron a vista de casi medio cento de integrantes do proxecto ‘Economia Ativa no Douro Verde’, conformado por representantes municipais e emprendedores de Amarante, Baião, Cinfães, Marco de Canaveses e Resende (Portugal). Recibiron información detallada de todo o referente á Denominación. Os visitantes recibiron a visita da presidenta da DO, Lara Da Silva.

Formación Profesional Básica (FPB) A presentación de solicitudes para os estudos de Formación Profesional Básica poderá realizarse entres os días 1 e 12 de setembro.

Educación Secundaria de Adultos (ESA) A inscrición na Educación Secundaria de Adultos (ESA) pode facerse do 1 ao 15 de xullo. A matrícula é do 1 ao 12 de setembro. Aula Mentor A matrícula nestas ensinanzas - que se imparten a través de internet- está aberta todo o ano. Para solicitar información poden escribir un correo a: secretariobarbon@gmail. com As datas que se facilitan son orientativas en función das publicadas en anos anteriores.

Páxina web do IES García Barbón.

4 A DO Monterrei abre o prazo ata o 28 de xuño. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei convoca un concurso para seleccionar o cartel da ‘XIV Feira do Viño Monterrei’. O prazo de entregas de carteis remata ás 14 horas do 28 de xuño. Deberán entregarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png en alta resolución (mínimo

300 ppp). A dirección de correo electrónico é info@domonterrei.com ou se poderán entregar na sede da CRDO Monterrei (Avenida Luis Espada, 73 Baixo. Verín). O formato será de 43x63 cm (en posición vertical). O premio para o gañador será de 600 euros. A 14ª edición da feira terá lugar do 9 ao 11 de agosto en Verín.

A directora de Turismo, Nava Castro, e a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva, na visita á VIII Ruta do Viño Monterrei, no Museo Mercedario de Verín./RAMSÉS.

Ruta do Viño Monterrei Seis adegas da DO Monterrei participaron nas oitavas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei que tivo lugar a pasada fin de semana. As mesmas contan co apoio dos concellos de Monterrei, Oímbra e Verín. Ofrecéronse visitas guiadas polas instalacións das adegas participantes que, ademais, estiveron acompañadas dunha degustación de viño de Monterrei. As adegas participantes foron: Fragas do Lecer, Daniel Fernández, Gargalo, Pazo de Valdeconde, Quinta Soutullo e Vinos Lara. Na última xornada estivo presente a Directora de Turismo, Nava Castro, quen quixo poñer en valor a aposta da Xunta por impulsar o turismo no interior da Comunidade da man da enogastronomía, a través de Galicia Sabe, a nova folla de ruta deste tipo de turismo.


DEPORTES

Todo listo para a III Milla Solidaria

Tres ouros en promoción

4 Será este sábado día 22 ás 18 h na rúa do Paseo.

4 Para o Club Ximnasia Pavillón Ourense.

Redacción A rúa do Paseo volve acoller a Milla Urbana Solidaria, que este ano chega á súa terceira edición. Concebida cun carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá a parar a Cruz Vermella Ourense (os dous primeiro anos o beneficiario foi a AECC). O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e Onda Cero organiza este evento. Ourense Milla Solidaria 2019 desenvolverase na rúa do Paseo, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia

Marcha nórdica Redacción Celebrouse en O urense o “II Open de Marcha Nórdica Campus Auga Cidade de Ourense” organizado polo club Asesou no que participaron preto de medio centenar de deportistas. Previo á marcha organizouse un taller no que participantes noveis achegáronse aos fundamentos para unha práctica eficaz e segura, da man de Cris-

a percorrer adaptaranse segundo a categoría. A partir das 18 horas dará comezo a xornada coa disputa das categorías sub18 e sub20. Despois celebraranse as carreiras de categorías inferiores ata as 19 horas, na que terá lugar a de pitufos (sobre unha distancia de 100 metros). A partir de aí comezarán as probas absolutas sendo os máster os primeiros e competir e os sub23 e sénior, os últimos. A organización poderá modificar o horario e as series, en función do número de participantes. Dado o carácter solidario da proba, poderase doar unha axuda para Cruz Vermella Ourense mediante o Dorsal 0. Toda a información en carreirasgalegas.com. tina González, profesional desta modalidade. A saída da proba tivo lugar na pista de atletismo do Campus de Ourense e percorreron a ribeira do Miño. En categoría feminina foi primeira María Jesús Rivas, seguida de Matilde Tarrío r Mónica Pérez. en homes, o primeiro posto foi para Javier Bañón, sendo segundo, Roberto Carlos Gaitán e, terceiro, Pedro Rodríguez.

Participantes da marcha nórdica.

Redacción O Club Ximnasia Pavillón logrou levarse tres ouros do Campionato de Galicia de promoción e 13º memorial Antonio Prada. Os clubes pavillonistas participaban cun total de 41 ximnastas. O conxunto senior (Carla, Haydée, Laura, Marta, Uxia, Xiana e Denisse) proclamouse campión galego. O conxunto benxamín foi tamén cam-

pión galego. Estivo moi acertado no seu exercicio, que teñen controlado den-

de hai tempo. O conxunto alevín de segundo ano foi quinto clasificado. O terceiro ouro foi para o conxunto sénior de ximnasia estética. Queda unha importantes citas para os equipos absolutos alevín e sénior do como a que as levará a Zaragoza, do 27 ao 30 de xuño, coa mellor da rítmica nacional.

Barrios 20 de xuño 2019

11

EN BREVE

4 Wushu O XVIII Campionato internacional Cidade de Ourense de wushu terá lugar no pavillón dos Remedios do 22 ó 23 de xuño. As modalidades que competirán son as de combate e formas. Haberá unha gran representación ourensá con serias opcións de lograr algún podio.

4 Tai chi

Podium benxamín no campionato galego.

Do 1 ao 19 de xullo regresa a Ourense un dos eventos deportivos máis demandados pola cidadanía. Trátase do “Taichi na rúa”, que este ano chega ao seu 35º aniversario. Terá lugar, coma sempre, no xardín do Posío, de 8 a 9 da mañá de luns a venres. Poderá participar todo aquel que o desexe.

4 Fútbol sala O Ourense Envialia non puido pasar de semifinais da Copa de España de fútbol sala celebrada en Burela. Precisamente contra os anfritrión foi con quen perdeu o equipo de “Morenín”; previamente superara ao Poio nos cuartos de final. A final disputárona Burela e Futsi con vitoria das primeiras na tanda de penaltis.

4 Campus Do 24 ao 28 de xullo celébrase o II Campus mixto de fútbol sala Ourense Envialia FSF e Sala Ourense. Para nenos e nenas de 5 a 16 anos. Máis información no teléfono 620 831 945.

4 Festas de Ourense Entre as actividades máis destacas durante as festas está un torneo internacional de kickboxing; o 3º gran Trofeo de tiro ao prato “Ourense, a provincia Termal”; taekwondo; clinic de baloncesto; ou un de porteiros de hoquei.


12

Barrios 20 de xuño 2019

DEPORTES

Moreno e Gómez, os mellores no 48º Trofeo Pedro Escudero 4 Os nadadores locais lograron tres vitorias. R. Torres

Nadadoras do Club Sincro Ourense realizando un exercicio na Copa Deputación.

Continúan os grandes eventos na Rosario Dueñas 4 Esta fin de semana acolle o Campionato de Galicia de natación artística. Redacción Despois da disputa do Trofeo Pedro Escudero de natación, a piscina Rosario Dueñas de Ourense volve acoller un evento de nivel. Do 21 ao 23 de xuño celébrase o Campionato de Galicia de nivel de verán de natación artística; o evento está organizado polo Club Sincro Ourense. Sen dúbida é o autonómico máis importante da tempada xa que conta con todas as modalidades de natación artística ata completar 91 rutinas. Participarán os seguintes clubs: CN Portamiña Sincro, Sincro Pontevedra, Galaico Sincro, RCN de Vigo, Sincro Ferrol, Sincro Aguamarina, Sincro Acuatic Oleiros e Sin-

cro Ourense con preto de 200 nadadoras. O Sincro Ourense terá representación en todas as rutinas cun total de 17. Ofrecerán unhas rutinas con figuras de gran dificultade coas que, ademais, participarán nos próximos campionatos de España a celebrar en Sabadell e no Ferrol. Programa Na primeira xornada dispútase figuras en categoría alevín e infantil. E o sábado e domingo competirán os dúos, solo, equipo e combo en categoría alevín e infantil; os dúos, solo, equipo e combo na modalidade técnica e libre en categoría júnior; e o combo en categoría highlight.

O Trofeo Pedro Escudero de natación sempre deixa momentos moi destacados na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios. O sábado, 15 de xuño, mentres a cidade coñecía ao seu novo alcalde, disputabase a 48ª edición do trofeo decano da comunidade galega. Este ano participaron preto de 400 nadadores representantes de todos os clubs galegoes, ademais dunha representación do norte de Portugal e de Euskadi. Os vencedores deste torneo foron Jorge Moreno, do Liceo, e a nadadora olímpica do Galaico, Beatriz Gómez. En categoría masculina a segunda posición estivo repartida entre Daniel Sánchez (Galaico) e Diogo Filipe (Valongo),

Participantes dos 100 braza saltando á piscina. /RAMSÉS. logo de empatar a puntos. En féminas, o segundo caixón ocupouno Alba Gómez (Arteixo), sendo terceira, Carolina Silva (Valongo). CNPO O máis destacados dos nadadores locais do Club Natación Pabellón Ourense foros as vitorias de Da-

Dous nadadores na proba dos 100 metros costas. /RAMSÉS.

vid González (100 braza), Eva Feijoo (200 estilos) e José Moure (400 estilos). Durante o torneo tamén estaba a posibilidade de lograr mínimas para os distintos campionatos autonómicos e nacionais. En canto ás mínimas nacionais, José Antonio Arenas lograba a súa primeira mínima na proba de 200

libre, o que lle vale para participar no infantil que se celebra en Barcelona, o mesmo que o seu campañeiro Alexandre Álvarez (este nos 200 costas). Breogán Janeiro lograba a súa segunda mínima alevín nos 200 braza, que engade aos 100 da mesma disciplina na que xa estaba clasificado.


DEPORTES

Prepara as oposicións de Maxisterio con Academia Proxecto Redacción Finalizando o “ano escolar”, Rocío Seara Carreira, directora, e Maria P.F., alumna do grupo de Educación Infantil, cóntannos a súa experiencia. Xuño 2019, momento de valorar o curso xa case finalizado...

Rocío Seara: “Academia Proxecto mantén os seus acenos de identidade, o noso equipo docente, xunto coas novas incorporacións, temarios actualizados, plataforma de apoio á preparación, preparación integral de todas as probas, seguimento intensivo e individualizado de cada alumno, simulacros de exa-

Celebrado do aniversario de CM El Carmen.

El Carmen celebra o seu aniversario 4 O Centro Médico cumple 70 anos. Redacción O hospital Centro Médico El Carmen celebra os seus 70 anos de vida cunha serie de actividades ao longo deste ano. Un dos actos centrais tivo lugar o sábado, 15 de xuño, día no que no restaurante A Carballeira de Santa Cruz (Ourense) se reuniron 200 persoas entre traballadores, clínicas colaboradoras, autoridades sanitarias, entidades sociais, educativas e empresariais, coas que o hospital traballa habitualmente. Durante a presentación, David Morante Sueiro (Director Xerente) e José Carlos Rodríguez Mouriz (Director Executivo), lembraron a historia do hospital como referente en Ourense comprometido sempre cos últimos avances tecnolóxicos para mellorar o diagnóstico e tratamento de todo tipo de patoloxías. Actividades En canto ás actividades

abertas a toda á cidadanía están as andainas saudables CMC. Este mesmo sábado terá lugar a de “A Esmorga” e dará comezo ás 10 horas desde a Delegación de Sanidade (Avda. Zamora, 13). Para o 7 de setembro queda a andaina Monte Alegre. As inscricións son gratuítas e pódense realizar en comunicacion@centromedicoelcarmen.es ou no 658289811. En setembro está prevista a realización de diferentes actividades na rúa: medicións gratuítas, charlas, talleres, demostracións, un showcooking saudable, actividades para nenos e diversos agasallos. En outubro, e en colaboración coa Orde do Camiño de Santiago, celebrarase unha xornada especial para falar sobre os requirimentos físicos e psicolóxicos que esixe o Camiño desde un punto de vista sanitario.

mes reais...”. Que aspectos destacarías da túa formación con Academia Proxecto? María P.F.: “A forma de preparar as probas da oposición: temario, proba práctica, programación, unidade didáctica e outros aspectos esenciais como a lexislación, que os profesores pasaron polo mesmo ca min dame moita confianza, eles falan desde o coñecemento tanto a nivel preparación oposición como desde dentro dos colexios”. Falando do auxe das

Barrios 20 de xuño 2019

oposicións, realmente é sinxelo conseguir unha praza de funcionario? R.S.: “Non, non é fácil. É cuestión de esforzo, horas de estudo e sacrificio persoal en moitos casos, a isto unimos o rodearte de bos profesores e bo material. Opositar é unha carreira de fondo, pero ao final unha vez que o consegues tes a mellor recompensa”.

catoria pasada levando o mesmo tempo ca min como opositor, para min foi unha grata sorpresa comprobar que todo o que dicían é verdade, que contan cun profesorado preparado e moi motivado que coñece á perfección as probas xa que as pasaron, a súa proximidade, que me apoiaron, orientado e incentivado na procura do meu soño.”

Que te levou a escoller Academia Proxecto? M.P.F.: “A experiencia doutros alumnos cos que estudei na carreira. Algún conseguiu praza na convo-

E xa en chave de futuro, novidades para o próximo curso? R.S.: “Está claro que de entrada seguiremos mantendo a nosa filosofía de

13

traballo nas especialidades de Educación Infantil, Educación Primaria e Inglés. No centro de Vigo temos varios grupos de preparación de Pedagoxía Terapéutica, así que este ano abrimos en Ourense un grupo. E na próxima convocatoria abriremos grupo de Audición e Linguaxe dado que en Vigo tamén temos varios grupos. Temos preparadas varias cousas para facilitarlle ao opositor a preparación e sorpresiñas que iremos vendo ao longo do curso que vén. Sempre pensando en mellorar e avanzar”.


14

Barrios 20 de xuño 2019

AXENDA / OCIO E CULTURA

4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de xuño Exposición Alfonso Sucasas “O reino do vento” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 28 de xullo Exposición de traballos fin de curso da Escola de Artes e Oficios - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 18, 19 e 20 de xuño - Danza ““XXXI Xornadas de Danza Mitoloxía Grega” - 20 h - Teatro Principal - 21 e 22 de xuño - Teatro “Señor Ruiseñor” - 21 h - Teatro Principal Música - 21 de xuño - Concerto de Diego Torres - 21 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel Deportes - Do 21 ao 23 de xuño - Campionato de Galicia de Verán de Natación Artística de Nivel 2019 Pavillón dos Remedios - Do 21 ao 23 de xuño - XIII Festival de Baile “Baila Conmigo” - Celanova - 22 e 23 de xuño XVIII Campionato Internacional de Wushu Cidade de Ourense - Pavillón dos Remedios - 22 de xuño - III Ourense Milla Solidaria - 18 h. - Rúa do Paseo (Ourense) - 22 de xuño - Campionato provincial de Pitch and Putt - 16.30 h. - Campo do Verín Pitch and Putt Outros - Do 15 ao 23 de xuño - Festa do Boi - Allariz - 29 de xuño - III Congreso Internacional de Discapacidade e Accesibilidade da Eurocidade Verín- Chaves - de 17 a 21 h. - Casa da Cultura de Verín - 30 de xuño - Conferencia “Monterrei: cuna do teatro galego xesuístico” - 19.30 h. - Biblioteca Pública de Verín - 31 de xuño - Conferencia “A Égloga Virgine Deipara” - 19.30 h. - Biblioteca Pública de Verín www.periodicobarrios.com

Autoridades na presentación da Xuntanza de Maiores.

Maiores de toda Galicia reúnense no Carballiño 4O próximo sábado 22 de xuño na XLI edición. Redacción O parque municipal do Carballiño acollerá o vindeiro sábado, día 22, a celebración da “Xuntanza de Maiores” que organiza a Consellería de Política Social e na que participarán maiores chegados de toda Galicia. Trátase da cuadraxésimo primeira edición desta celebración, que se converteu no encontro anual de referencia para as per-

soas maiores da nosa comunidade autónoma. Os asistentes proceden de todos os centros de maiores e sociocomunitarios que dependen da Administración autonómica, así como tamén da maioría dos centros dependentes dos concellos e asociacións de Galicia. A día de hoxe, prevese que se superen as cifras de participación do ano pasado, cando asistiron máis de 2.000 persoas chegadas de todos os re-

Arte internacional en Ourense 4Varios artistas exporán as súas obras no Centro Comercial Couto. Redacción Os vindeiros dias 21, 22 e 23 de xuño celebrarase no Centro Comercial do Couto a I Edición Internacional de Arte Contemporáneo de Ourense, que contará cun amplo abano de artistas entre os que destacan nomes como: Juan José Garcia e Pablo Molinero que amosarán unha replica do “Manuscrito de Voynech” e o seu misterio, Álvaro Delgado que exporá a súa obra “O Cir-

co”, dende Amsterdam co director Antoni Pena contarán coa obra “Le Petit Atelier” con obras de Rosa Serra, Ángel Burbano, Pilar Segarra, Antonio Navas, Juan Luis Jardi ou Ernesto Knor, entre outros. No eido literario, e por primeira vez en Ourense, o escritor Ulíses Bertolo, presentará a súa última novela “Ortodoxia”. Mención aparte merece a aportación do artista ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que en exclusiva porá o dispor

cunchos da nosa xeografía. Ildefonso de la Campa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, indicou que coa organización desta festa, a Xunta de Galicia quere renderlles unha homenaxe ás persoas maiores de Galicia, que teñen gran importancia na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe. Cómpre destacar que os maiores constitúen un dos piares fundamentais desta comunidade, e por esa razón o director xeral garantiu o compromiso da Xunta de Galicia por continuar achegando recursos e servizos de proximidade para mellorar a súa calidade de vida e garantir o seu envellecemento activo. Durante a xornada os participantes gozarán das diferentes actividades que ofrece o recinto dende postos de comida típica ata actuacións musicais encargadas de amenizar a festa. A xuntanza comezará coa exhibición de coreografías dos centros sociocomunitarios e incluirá un acto institucional no que se entregarán uns agasallos aos homenaxeados desta edición, presentada polo humorista Roberto Vilar. dos visitantes a súa última serie de creacións en técnica mixta, firmadas e numeradas. A serie consta de máis de 50 pezas, algunhas forman parte xa dos libros: “O Segredo do Castro de Doade”, “O Gran libro da malla”, “O museo Casa do Patrón”, “Luz, un camiño truncado” e do derradeiro éxito da editorial A Formiga Rabicha que preside o propio pintor: “As Andrómenas e Outros Contos” de Avelino Jácome e Manuel Blanco libro que tamén se poderá adquirir na mostra a precio especial. As reproducións impresas en alta calidade en tamaño 210 x 297 mm a todo color custarán 10 euros, un precio simbólico, para premiar a aqueles amantes da arte que se acheguen ao Centro Comercial do Couto.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Atallos Na escola ensináronme que a distancia máis curta entre dous puntos é a liña recta. Descoñecía daquelas que as rectas non están exentas de perigos, de dificultades, de sustos, angustias e estrañas peaxes. Ignoraba que a, interesada relación entre velocidade e distancia, deteriorábase inesperadamente coa aparición de obstáculos. Por algo din que non hai atallo sen carallo! Algo despois, escoitei que non existen atallos para chegar aos lugares especiais. Foi entón cando, aparvado polo eco dun verso, comecei a maldicir

ao último dos románticos. Tería uns sete anos. Un gran silo metálico levantabase á metade daquel proxecto de vial con piso de terra. A nova rúa comunicaba as actuais Celso Emilio Ferreiro e Bedoya, seccionando a avenida da Habana. Un número ordinal serviu para identificala acentuando o seu carácter provisional. Hoxe, o meu atallo noméase Ramón Cabanillas. Se cadra, baixo o chapapote latexan os recordos da xeración do 76. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Ano 1982. Cuzamento das rúas Celso E. Ferreiro e Ramón Cabanillas.

4HUMOR


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 20 de xuño 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº99 - Ano: XII - 20 de xuño de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

EN BREVE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4 “Arte Infantil” en Verín Ata o día 5 de xullo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ”Arte Infantil”, unha mostra de arte realizada por nenos e nenas, que nos presenta unha selección de obras elaboradas durante o curso escolar e seleccionadas polos alumnos e alumnas que as realizaron nas Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín, do Concello de Verín. Para o curso 20192020, que comezará a mediados do próximo mes de setembro, está aberto o prazo para a reserva de postos escolares.

4 Danza en San Francisco O Claustro de San Francisco acolle, o xoves 20 e o venres 21, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre elas cómpre salientar as estreas de “Humidais”, de Fran Martínez, e de “Fronteiras e Mulleres”, de Peace of Mind e “Páxaro Mosca”, ou “Ephimero”, obra gañadora do Premio do Público e Premio Xove en Sólodos en Danza Ourense 2018.

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Expositores e visitantes diante dunha das pezas presentes nesta edición de Antiq Auria en Expourense.

Éxito de terceira feira de Antiq Auria 4Isto fará que haxa unha nova edición o 8, 9 e 10 de novembro. Redacción O pasado domingo pola tarde pechaba as súas portas en Expourense a teceira edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades que naceu en 2018 como cita bianual. Os bos resultados obtidos de visitas e vendas garanten xa a 4ª edición prevista para o fin de semana entre o 8 e o 10 de novembro. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a “Asociación Memoria Antiga” integrada por empresarios ourensáns do sector das antigüidades. Tal e como indica un dos seus fundadores, José Antonio Ferreiro, “tiñamos reservas sobre como ía funcionar esta edición porque era un fin de semana complicado xa que había moitas festas importantes e facía bo tempo, pero non nos queixamos do resultado. 2.000 visitas é unha boa cifra para unha feira tan específica como esta”. Participaron en Antiq

Auria 40 expositores de 5 países (España, Portugal, Francia, Suíza e Romanía) que ofrecían millerios de obxectos clasificados en antigüidades, coleccionismo e vintage. Esta cita ofrecía unha gran variedade de mobles de comezos do século XX e tamén dos anos 60 e 70. “A pesares de que son obxectos de gran formato, vendéronse moi ben. Os expositores que apostaron por traer mobiliario marcharon satisfeitos”, indican desde Memoria Antiga que tamén fan referencia á alta fidelidade dos expositores que confían en Antiq Auria e que xa confirmaron a súa presenza na seguinte edición. Das 2.000 visitas recibidas non pode extraerse un patrón de “cliente” das antigüidades xa que “viu xente de todas as idades o que indica que é un sector que pode interesar a calquera. Cada vez hai máis afección por incluír pezas especiais na decoración dos fogares”, explica José Antonio Ferreiro.

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Tel.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel: 616 361 548.

Alugo chalet en xullo e agosoto a 2 km de Sanxenxo. Baixo, tres habitacións, baño, cociña, garaxe. A 180 metros da praia. Tlf: 670 501 085. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel: 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 27 1916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel: 620 66 07 62.

Vendo deshumificador novo. Tel: 649 673 492. Vendo dúas bicicletas (unha con marchas). Tel: 649 673 492. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Tel: 625 745 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel: 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS

Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tel: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 20 de xuĂąo 2019

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 99  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 99  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Advertisement