Page 9

CIDADE

Acto onde se expuxeron os datos elaborados polo CDR O Viso.

Xinzo demanda servizos de apoio á conciliación 4 Segundo unha enquisa realizada polo CDR O Viso. Redacción O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso expuxo os resultados do “Estudo de necesidades da poboación limiá”. Foi durante un acto aberto no CIX da Limia no que participaron axentes sociais e educativos, entidades sociais, ademais de políticos de diversas opcións. Carmen Bohórquez, Lucía Nóvoa e Edi González achegaron o enfoque do estudo e os datos recollidos de preto de 300 enquisas. Sobre os resultados, o máis destacado foi que se

reclaman máis servizos de apoio á conciliación. Tamén se pide unha maior atención sociosanitaria, demanda de servizos a domicilio para persoas maiores e maior oferta de ocio e cultural para a mocidade. Outro tema que se abordou foi o da importancia de promover unha auténtica comunidade educativa, traballar en rede e seguir nunha liña de diálogo coa cidadanía. Desde o CDR consideran que hai “unha escasa cultura de participación e de traballo en rede”.

Barrios 13 de xuño 2019



Formación na Limia sobre o cancro

Simulacro de incendios

4 AECC e Asociación Escola Rural de Saúde da Limia imparten formación.

A Xunta de Galicia organizou en Xinzo de Limia un simulacro de incendio forestal de situación 2 como preparación ante posibles emerxencias. A actividade tivo lugar na parroquia de Gudín. O obxectivo fundamental deste exercicio, no que participaron máis de 70 efectivos, foi comprobar que todas as cadeas de traballo, humanas e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes. O simulacro baseouse na simulación do lume que afectou os concellos de Cualedro e Xinzo en agosto de 2015. E no que poría en perigo a diferentes núcleos de poboación de ambos concellos.

Redacción A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e Asociación Escola Rural de Saúde da Limia impartiron formación sobre o cancro dirixido pacientes, familias e coidadores. As dúas asociacións suman recursos para realizar talleres de formación orientados a ter máis información en relación ao cancro e como este afecta aos pacientes, as familias e aos coidadores. Neste, o público asistente foi moi variado, destacando a participación de auxiliares de axuda a domicilio, en cuxa labor profesional deben afrontar o coidado de persoas con tratamentos oncolóxicos. Contido A formación tivo lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia durante o mes de maio, e abordouse desde diferentes perspectivas: nocións

A Casa da Cultura de Xinzo foi onde se deu a formación sobre o cancro. de epidemiología, a prevención e os tratamentos existentes, os dereitos dos pacientes oncolóxicos, a diagnose e as reaccións emocionais así como os aspectos psicosociais do enfermo e a súa familia. Desde o enfoque nutricional deuse información en canto aos hábitos e mitos alimentarios, a estratexia nutricional e as alteracións dixestivas que sofren os pacientes durante os tratamentos. O curso foi impartido por Kelly Pereira, Traballadora Social de AECC

Delegación de Xinzo e Mª Dolores Rico, Dietista/Nutricionista de Asociación Escola Rural de Saude dá Limia. O curso pechouse cunha charla sobre as próteses de mama para mulleres mastectomizadas impartida por Elena Rodríguez Villarino, Licenciada en Farmacia e Ortopeda da Farmacia Prieto e un taller de panos oncolóxicos para cubrir a cabeza e maquillaxe dirixida por Carmen Valencia Álvarez da Barbaría Nanen.

Redacción

O simulacro de incendio contou con máis de 70 efectivos. /RAMSÉS.

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Advertisement