Page 2



Barrios 13 de xuño 2019

TEMA DA SEMANA

Salón de plenos de Xinzo de Limia onde o próximo sábado 15 de xuño ás 11 h. terá lugar o pleno de investidura, con case con toda seguridade, da nova alcaldesa.

Haberá cambio en Xinzo, haberá alcaldesa socialista 4 PSOE, AXIL, XA e BNG formarán un cuatripartito encabezado por Elvira Lama. Redacción O domingo 26 de maio as urnas falaron en Xinzo, e pediron cambio en seis idiomas distintos, tantos como partidos entrarán na nova corporación. Cos resultados xa na man, todos as formacións do anterior mandato baixaron en número de votos e concelleiros. O PP perdeu a metade dos votos (de 2675 a 1.262) e catro edís. O PSOE perdeu 500 votos (de 1.465 a 906) e un concelleiro. Xinzo Adiante baixou de tres a dous edís polos 700 votos que perdeu (de 1.081 a 297). O BNG continúa

co seu concelleiro pese a pasar de 503 a 228 votos. Irrumpiu con forza a plataforma cidadá AXIL liderada polo coñecido activista local Amador Díaz. Da nada conseguiu tres concelleiros grazas aos 586 votos acadados, que o sitúa como terceira forza política. Ciudadanos tamén obtivo representación, cunha acta, grazas ao tirón da limiá Montse Lama. Así, pese a que o PP gañou as eleccións, a suma de forzas progresistas acadan os sete concelleiros necesarios para a maioría absoluta. Só faltan que se poñan de acordo.

Antonio Fernández, candidato do PP, considera que “fomos o partido máis votado e o normal sería que gobernásemos”

Valoración dos resultados Nesta suma falta Ciudadanos. Montse Lama, a candidata en Xinzo, tras afirmar que está moi contenta polos resultados obtidos, non só polos resultados do seu partido senón porque cree que “Xinzo falou e quere un cambio, necesita un cambio urxente e do que máis orgullosa me sinto é que grazas a esa intención de voto Xinzo terá por primeira vez unha alcaldesa, terá a honra a socialista Elvira Lama e como muller estou moi orgullosa”. Preguntada por se estará nas negociacións para votar a Elvira Lama e entrar na acción de goberno como quinto elemento a sumar responde que “non podemos estar nun pacto de gobernabilidad co BNG, é unha liña vermella que temos en Ciuda-

danos, pactar con partidos nacionalistas”. Afirma que “non ten que ver nada os partidos a nivel nacional coas vilas máis pequenas pois con Ramiro, o candidato nacionalista, lévome moi ben e temos unha excelente relación e esa liña vermella está ahí en non podo saltala. Tamén penso que catro partidos é máis que suficiente para formar un goberno, cinco xa sería demasiado”. Pensando xa no seu papel na oposición opina que “facer unha boa oposición, unha oposición constructiva, de sumar e non de restar, é ao que me vou adicar xunto co meu grupo”. Reafírmase en que o sábado 15 de xuño votará polo cambio e dará o seu apoio á candidata socialista Elvira Lama, como xa llo transmitiu a mesma noite das eleccións cos resultados definitivos cando a chamou por teléfono para comunicarllo e felicitala. Partido Popular Pola súa banda o candidato popular á alcaldía, Antonio Fernández, mantén a súa postura de que “fomos o partido máis votado e o normal sería que gobernase ese partido máis votado, pero como a lei tamén contempla que poida haber que coaliguen entre eles pois é sobre o que están traballando eles. Se chega a haber un cuatripartito, o que faría falta para ter maioría absoluta entre os catro partidos para xuntar sete concelleiros e nós estamos en cinco, faríannos falta dous máis. Pero parece que a esquerda negocia para que non goberne o Partido Popular”. Preguntado se alguén se dirixiu a eles ou eles a alguén, “eles están facendo as súas negociacións e segundo os seus comuni-

cados ninguén nos quere. O normal é que gobernara o partido máis votado porque tamén entendemos que catro partidos gobernando pode ser complicado. Todo parece indicar que haberá un cuatripartito e que van apoiar a Elvira Lama”. Engade que “estamos dispostos a gobernar en maioría simple e se temos que chegar a algún pacto de goberno con algún grupo chegaramos a un entendemento, pero con nós ninguén se puxo en contacto, polo que entendemos que non queren saber nada de nós”. “Non nos queremos meter en nada, eles saberán o que están facendo, se chegan a un acordo os catro partidos non temos nada que facer”, remata. Acordo a catro Este luns 10 de xuño estiveron reunidos PSOE,AXIL, XA e BNG. Foi unha primeira toma de contacto onde se reflectiu a boa sintonía entre os catro partidos destinados a provocar o cambio na alcaldía de Xinzo. Emprazáronse para este mércores á tarde para

O que queda por asignar son as concellerías e a tenencia de alcaldía, que previsiblemente recalará en Amador Díaz deixar xa pechado un acordo definitivo e, de ser posible, deixalo tamen por escrito. No que si están os catro de acordo é en que a candidata socialista, Elvira Lama, será a próxima elexida no pleno do sábado para ser a nova alcaldesa, a primeira muller que logra o cargo en Xinzo de Limia. O que queda por asignar son as futuras concellerías e a tenencia de alcaldía, aínda que o máis seguro é que esta recaia en Amador Díaz como segunda forza en votos e concelleiros deste cuatripartito. Pero parece que iso non será o máis importante para eles, senón o cambio que se vai producir na vila cara unhas políticas máis sociais e progresistas.

A candidata socialista, Elvira Lama, será a futura alcaldesa da vila tralo acordo a catro acordado estes días.

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Advertisement