Page 15

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 13 de xuño 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº98 - Ano: XII - 13 de xuño de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Novas árbores na capital

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Redacción O Concello de Ourense replantou un total de 57 árbores nas rúas da cidade que se atopa en mal estado ou enfermo. As especies elixidas son plantas ornamentais, que foron escollidas por ter un porte medio e porque as súas raíces non provocan o levantamento das beirarrúas. Este ano, a campaña comezou a finais de marzo e está previsto que remate a finais deste mes. Medio Ambiente explicou que a maior parte das árbores substitúen a outras que foron danadas por actos vandálicos ou tras recibir golpes de vehículos. As especies escollidas para substituílas foron as mesmas, ou no caso de que non fose posible atopar esa especie outras con condicións moi similares as que están colocadas no resto da rúa. A reposición prodúcese tras a comprobación polos servizos municipais da falla de árbores ou por indicación da veciñanza. En total repuxéronse 13 prunos, 10 cercis (árbore do amor), 8 ligustrum, 8 fotinias, 8 pereiras ornamentais, catro hibiscos e dous freixos. Nos espazos máis amplos apostouse por árbores de maior porte. Este ano a campaña viuse reforzada pola colocación de 16 novas árbores na Praza de San Marcial. A concellería de Medio Ambiente instalou en marzo 12 carballos (querqus robur) e catro pereiras ornamentais (pyrus calleryana), tras o estudo técnico que recomendou a substitución da masa arbórea existente nese momento, polo seu estado de saúde e por considerar que non eran idóneas para esta contorna.

Alumnos de 4º de Primaria no momento simbólico do “abrazo” ao río Limia ao seu paso pola vila.

Alumnos “abrazan” ao río Limia 4Tivo lugar o pasado 7 de xuño por parte de colexios de Xinzo e de Ponte da Lima. Redacción O 7 de xuño o alumnado dos colexios de primaria de Xinzo e Ponte de Limia volveron a cumprir co acto simbólico do “abrazo” ao río Limia (Lima). A mañá dese día o alumnado de 4º de primaria dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares de Xinzo e os do CE das Lagoas e EB1 de Ponte de Limia cumpriron co xa tradicional “abrazo” ao río Limia (Lima) que todos os anos se celebra nestas datas en Xinzo e polo outono en Ponte de Limia. Na Casa de Cultura de Xinzo foron recibidos polas autoridades locais e por membros da banda de gaitas e tambores de Xinzo para pasar logo dun refrixerio ao salón de actos da Casa da Cultura onde se fixo a recepción oficial, discursos e entre-

ga de agasallos mutuos. Como sempre ademais do profesorado asistiron os directores e directoras dos centros respectivos. Unha vez rematada a parte oficial todos se trasladaron as ribeiras do Limia para proceder o “abrazo” onde unha nena de Xinzo foi a encargada de ler o manifesto deste ano. A continuación visitaron o Museo Galego do Entroido. A continuación desprazaronse ata o nacemento do río que une e vencella aos dous pobos, así como a Limia, e despois comezaron as outras visitas de tarde despois de compartir o almorzo. Os xardíns de Allariz foi a visita de tarde dende o alumnado de Ponte de Limia deu por finalizado o día de confraternización para voltar a Portugal e esperar o seguinte abrazo en terras portuguesas.

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Tel.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel: 616 361 548.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel: 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 27 1916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel: 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Vendo deshumificador novo. Tel: 649 673 492. Vendo dúas bicicletas (unha con marchas). Tel: 649 673 492. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Tel: 625 745 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel: 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS

Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tel: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 98  

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Advertisement