Page 1

Histórica tempada do Campus Ourense Rugby [Páx. 12]

CIDADE

Páx.5 VERÍN

Atopan dous manuscritos do século XIII de Bernardo de Brihuega

Páx.6

O alcalde de Verín tentarán conseguir novos ciclos técnicos para o municipio

XINZO

Páx.8

A Mesa da Limia aborda a problemática dos residuos na comarca

CULTURA

Páx.10 DEPORTES

Achegámonos á obra Eternos propietarios do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda

Páx.12

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” regresa en maio

13 opcións para o 28A [Páx. 2-5] Ata 13 partidos políticos diferentes optan a representar á provincia de Ourense no Congreso dos Deputados e o Senado tralas eleccións xerais do 28 de abril./RAMSÉS.

Número: 92 - Ano: XII - 16 de abril de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 16 de abril 2019

ELECCIÓNS XERAIS especial

Tempo de decidir o voto

IAGO TABARÉS, BNG

“O BNG sempre defenderá os intereses de Ourense”

4 Ata 13 formacións dispútanse representar a Ourense no Congreso e Senado. Redacción O próximo 28 de abril os ourensáns que decidan participar nas eleccións xerais terán que escoller qué papeleta introducir na urna entre os 13 partidos que buscan representar á provincia no Congreso e 12 deles no Senado. Están en xogo catro representantes ourensáns para cada unha das Cámaras. Nas anteriores eleccións, o Partido Popular acadou tres dos deputados en xogo, o outro foi para os socialistas, co mesmo resultado en canto a senadores. Logo dun goberno en minoría do PP e unha moción de censura que situou a Pedro Sánchez na Moncloa os últimos oito meses, chegan unha eleccións anticipadas por falta de acordo. Pero, do mesmo xeito que a situación nas Cortes foi axitada nestes anos, o panorama político tamén foi mudando dende o 2016, e agora entre as formacións que loitan polo voto dos ourensáns figuran novas siglas que buscan o fin definitivo do bipartidismo tamén no reparto de escanos na nosa provincia. Novas opcións que veñen para quedarse. De feito, algunhas delas semella que terán importancia a

nivel estatal e poderán acabar formando ou decidindo o goberno e, polo tanto, tamén o futuro da nosa provincia. Así mesmo, o 26 de maio, haberá eleccións municipais e qué mellor termómetro que os comicios xerais para que todos os partidos vaian tomando nota. E para que os nosos lectores decidan ou confirmen o sentido do seu voto, achegámoslles un sinxelo cuestionario que trasladamos a todos os partidos que se presentan por Ourense. É preciso aclarar que a candidata ao Congreso de Recortes Cero, Estrella Mo, lamentablemente non puido atendernos, e que non demos localizado aos de PACMA e do Partido Comunista dos Traballadores de Galicia (aos que lles mantemos aberto este medio para dar a coñecer as súas propostas). Pola súa banda,Vivir Ourense (VOU) rexeitou contestar ás nosas preguntas. A nosa intención é amosarlle aos ourensáns as ideas das distintas formacións para mellorar a situación da provincia. Impostos, traballo, medio rural... moitos son os asuntos importantes. Xulguen vostedes.

As eleccións xerais serán o vindeiro 28 de abril.

Redacción

Iván Olmos.

IVÁN OLMOS, EN MAREA

“Levamos a Galicia na cabeza e no corazón” Redacción Iván Olmos Ferreiro de 24 anos, natural Xinzo de Limia, graduado en Comunicación Audiovisual e autónomo, participou no movemento estudantil como representante na xunta de facultade e no claustro da Universidade de Santiago de Compostela, así como membro da candidatura veciñal de Xinzo Adiante dende 2015 e dende 2016 en En Marea Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Iván Olmos: “Unha das nosas principais propostas será a aprobación dun plan estatal para incentivar o retorno da mocidade migrada, unha provincia envellecida como a nosa que ademais é a segunda que máis poboación perde en todo o Estado. Precisamos tamén blindar os servizos públicos de proximidade no rural e negociar investimentos para o establecemento de infraestruturas que axuden a vertebrar o noso país (ferrocarril de cercanías, autovía Lugo-Ourense…). Tamén loitaremos pola aprobación da educación infantil de 0 a 3 pública, gratuíta e universal; a protección dos nosos sectores productivos, especialmente o agrogandeiro; a derogacion das dúas reformas laborais e a defensa dos servizos públicos ante

as privatizacións, entre outras moitas cousas. Temos un contrato coa cidadanía construido pola boa xente da Marea”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? I.O.: “En primeiro lugar, porque nós presentamos sen ningún tipo de tutelaxe nin dependencia, agás o noso propio compromiso coa cidadanía. Porque somos unha candidatura formada por xente con problemas reais que vén da sociedade civil e, polo tanto, son os que mellor poden defender os problemas da xente real. Porque levamos a Galicia na cabeza e no corazón. E porque vimos demostrando, a diferencia doutras formacións políticas, que un dos nosos principais valores é a coherencia e o compromiso ético”. E como beneficia ao Estado en xeral? I.O.: “Nós actuaremos como muro de contención perante as dereitas do Estado para recuperar liberdades públicas e dereitos que nos foron arrebatados nos últimos anos. Queremos que Galicia estea presente na gobernabilidade do estado pero queremos facelo dende aquí e sen entregar un cheque en branco ao PSOE e a Podemos. Prometemos contribuír a ampliar liberdades pública e dereitos sociais para todo o Estado sen renunciar a sumar para Galicia”.

Iago Tabarés foi concelleiro nacionalista en Ourense e deputado no Parlamento de Galicia. Este avogado preséntase como candidato ao Congreso polo BNG. Que propostas levará ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Iago Tabarés: “A situación demográfica, económica, produtiva e social da provincia de Ourense é catastrófica. No eido rural, compre a recuperación da superficie agraria útil, a ordenación da explotación forestal, o establecemento dun sistema de garantía de rendas para os produtores e circuítos de proximidade para a comercialización e transformación de produtos... Impulsaremos tamén o noso tecido industrial, tanto co investimento en I+D+I como a implantación dunha tarifa eléctrica galega ou a oposición á deslocalización das empresas. Apostaremos polo establecemento dunha renda social básica, o mantemento dos servizos públicos- nomeadamente no rural- a reclamación da débeda do Estado en materia de dependencia así como a valoración

Iago Tabarés.(I.OSORIO.

das pensións son medidas prioritarias”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? I.T.: “Estou convecido –e por iso o meu compromiso- que o BNG é a mellor opción para Ourense e para Galiza. Sempre defendeu e defenderá os intereses de Ourense e de Galiza e nunca os supeditará aos doutros territorios. A experiencia desta lexislatura –mesmo dos últimos días e semanasacredita que só cando o Bloque está nas institucións públicas, os problemas, necesidades e proxectos de Ourense e de Galiza están. Por iso, é importante ter representación no Congreso dos Deputados”. E como beneficiará ao Estado en xeral? I.T.: “Dentro das institucións españolas tamén podemos apoiar propostas que beneficien ao conxunto da cidadanía. Pularemos pola recuperación dos dereitos cívicos, a derogación da Lei Mordaza, da LOMCE ou da Reforma Laboral. Apostaremos na igualdade –nomeadamente de xénero- e na non discriminación. Asemade, defenderemos a xustiza social e apoiaremos a apertura dun debate da propia configuración do Estado”.


especial ELECCIÓNS XERAIS

Barrios 16 de abril 2019



SARA CORRAL, CxG

“Necesitamos poñer fin ao retraso das infraestrutura” Redacción Sara Corral pide o voto para Compromiso por Galicia en Ourense, na procura de deixar atrás aos “tradicionais partidos políticos fracasados”.

Marina Ortega./I.OSORIO.

MARINA ORTEGA, PSOE

“Fixemos máis de 30 decretos lei” Redacción Marina Ortega formou parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicóloxía de Galicia. A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Carballiño, opta agora ao Congreso dos Deputados. Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Marina Ortega: “A experiencia no ámbito municipal aporta un plus de proximidade coa realidade, e sobre todo cos problemas das persoas. O envellecemento e a baixa natalidade precisa un modelo de familia distinto ao de fai anos, polo que debemos adaptar as políticas á nova realidade. Debemos impulsar máis posibilidades laborais e de mellor calidade para que a xuventude non teña que volver marchar en busca de oportunidades. Ademais de impulsar a mellora das coberturas de autónomos e pequenos empresarios. O despoboamento sobre todo no ámbito rural tamén debe levarnos a introducir políticas encamiñadas no impulso do rural, para dotalo de servizos, e ademais coma atractivo turístico”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? M.O.: “Porque é a máis sensata, somos un par-

tido que cumpliu con medidas e máis dunha treintena de decretos lei para que o cambio fose posible en tempo récord. A cidadanía percibiu os cambios. En Ourense cumpríronse os prazos do AVE, aumento das pensións, do Salario Mínimo Interprofesional, seis millóns de euros do Plan de Turismo Intelixente para Ourense, medidas sociais coma o subsidio para desempregados de longa duración maiores de 52 anos ou a cotización para coidadoras de familiares dependentes”. E como beneficiará ao Estado en xeral? M.O.: “España precisa unha opción de avance e non de retroceso, precisa dunha opción moderada e sensata. Precisamos un goberno aberto e sensible que regule temas tan importantes coma a eutanasia, que fomente a igualdade de oportunidades, que blinde a infancia ante a pobreza e exclusión social, ou ante os abusos ou delitos. Precisamos un executivo próximo á cidadanía que estea en contacto coas persoa e recolla as súas demandas. Por iso, queremos unha movilización masiva da cidadanía para que dea un golpe de efecto e promovan urnas cheas de avance para este país”.

Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Sara Corral: “Necesitamos poñer fin ao retraso inxustificado das infraestrutura básicas como son: AVE coa meseta; autovía Ourense-Lugo A-52; autovía Ponferrada Ourense, conexión entre a Nacional 120 e a 536 en o Barco de Valdeorras; AVE Ourense-Vigo; e construción dela circunvalación norte de Ourense cidade”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? S.C.: “Porque temos que cambiar os tradicionais partidos políticos fracasados. Ourense non pode seguir no furgón de cola, en niveis de rendas, pensións, despoboación etc., faltan iniciativas útiles, e estamos fartos de que veñan pedir votos a Ourense os partidos de sempre

Sara Corral./RAMSÉS.

sen nada a cambio. CxG non ten mochilas en Madrid, somos un partido galego e para os galegos, só pensamos no benestar dos que viven en Galicia, non temos que gardar cola ante os xefes de Madrid. Non somos independentistas pero cremos que Galicia debe ampliar as súas competencias no marco estatuario para deixar aos galegos que sexan os verdadeiros artífices do seu futuro”. E como beneficiará ao Estado en xeral? S.C.: “En Compromiso por Galicia somos solidarios e respectuosos cos pobos e moi integradores, sabemos o que fomos e o que queremos ser, non renunciamos a nada. Somos un partido de pacto, de acordo nas materias fundamentais e en colaborar co Estado nas materias da Xustiza social, sanidade, educación, etc. Cremos no estado do benestar e nos logros alcanzados, pero pensamos que moitos deles están en risco, por iso, desde Galicia somos conscientes de que a súa defensa é moito máis efectiva, tanto para os galegos, como para o resto do Estado”.

Inés Iglesias./I.OSORIO.

INÉS CELIA IGLESIAS, CIUDADANOS

“Suprimiremos o imposto de sucesións” Redacción Inés Iglesias, catedrática acreditada de Dereito Procesual, involucrouse con Ciudadanos para para lograr a “necesaria” rexeneración democrática. Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Inés Iglesias: “Gustaríame destacar unha serie de medidas para correxir os principais problemas da provincia de Ourense: o paro e alta tasa de desocupación, con medidas que van desde o Pacto de Estado pola Educación, á inversión en políticas públicas; despoblación do medio rural, rebaixar nun 60% o Imposto da Renda das Persoas Físicas, unha cuota reducida para as mulleres autónomas do mundo rural e acabar coa brecha dixital; mellora das infraestructuras viarias e ferroviarias; apoio á natalidade e a todo tipo de familias con independencia de orientación sexual; medidas fiscais tales como a supresión do imposto sobre sucesións; medidas para a conservación da biodiversidade con políticas activas de prevención de incendios forestais; inversións estratéxicas para potenciar o turismo termal e de congresos en Ourense; medidas concretas para garantizar a viabilidade dos autónomos; pensións garantizadas e actualizadas; e defender o principio de igualdade”.

Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? I.I.: “A nosa provincia ata hoxe era discriminada respecto a outros territorios do Estado español, e o tratamento igualitario que propón Ciudadanos significa correxir as deficiencias existentes. Poñer fin á corrupción política, ás designacións políticas e non por mérito e capacidade. É dar un paso cara o futuro, o bipartidismo que non soupo ou non quixo solventar os problemas endémicos, tales como a despoboación e a baixa natalidade, un paso cara a prosperidade e a creación de emprego, con riqueza e oportunidade para todos”. E como beneficiará ao Estado en xeral? I.I.: “Son moitas as necesidades, pero poñería o énfase nas seguintes: procurar un Pacto de Estado pola Educación; apostar por todos os modelos de familia (monoparentais, LGTBI, numerosas…), sen discriminación algunha, con accións de conciliación laboral, tales como o incremento dos permisos de paternidade ata as dez semanas para cada un dos proxenitores por exemplo, coa gratuidade da educación de 0 a 3 anos e con iso loitar contra a brecha salarial entre homes e mulleres; implantación da tarxeta sanitaria única; despolitización da Xustiza; atención ao medio ambiente; e a supresión do imposto de sucesións e donacións en toda España para familiares directos”.




Barrios 16 de abril 2019

ELECCIÓNS XERAIS especial

ANA BELÉN VÁZQUEZ, PP

“O noso compromiso é o deserolo do rural”

RAFAEL MANUEL FERNÁNDEZ, PUM+J

“Trataremos de humanizar á política”

LEDICIA PIÑEIRO, EN COMÚN UNIDAS PODEMOS

“Somos os únicos arraigados ó territorio”

Redacción Redacción Tras cinco lexislaturas como deputada, para a que fora alcaldesa de Bande estas eleccións non son nada novo e agarda renovar a confianza dos ourensáns. Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Ana Belén Vázquez Blanco: “A máis destacada é un plan de desenvolvemento do rural. O noso compromiso, que tampouco é de hoxe senón que xa levamos tempo traballando nesta liña, é defender a igualdade de oportunidades de todos os habitantes da provincia, con independencia do lugar onde residamos. En concreto e con máis de 50 medidas como a redución da renda para as persoas que vivan nas áreas rurais, bonificacións para empresas, facilidades para a implantación de industrias, incentivos para emprendedores, plans para rehabilitación e construción de vivenda, banda ancha para conexión a internet e mesmo máis seguridade cunha maior presenza dos corpos e forzas de seguridade. Temos un programa xeral que tamén responde ás necesidades da provincia, con máis de 500 medidas onde eu destacaría unha revolución fiscal, para que as familias dispoñan de máis diñeiro e un novo impulso á economía para frontar a cuarta revolución industrial.” Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? A.V.: “Porque pensa e actúa para favorecer a provincias como a nosa. A liña de alta velocidade de conexión coa meseta, por exemplo. Ademais, un goberno do Partido Popular abriríanos unha liña de cooperación co goberno

Redacción

Rafael Manuel Fernández Alonso leva desde 2007 en Por un mundo máis xusto. Coordinador Territorial e membro da Coordinadora Nacional, preséntase como candidato ao Congreso nestas eleccións.

Ana Belén Vázquez. da Xunta, e coa Deputación de Ourense. Unha sinerxia que co goberno de Sánchez non existe, porque nin se dignou a visitarnos e a maltratar a Ourense nos seus fallidos orzamentos”. E como beneficia ao Estado en xeral? A.V.: “Somos un partido de goberno e ao que chaman os españois cando hai que recuperar a economía. Todos os estudos coinciden en que estamos nun proceso de desaceleración económica e, cando antes co PP creabamos emprego, agora con Sánchez perdemos 7.000 ao día. Antes medrabamos máis que calquera país do entorno e agora os inversores mírannos con desconfianza, dicindo o goberno socialista que imos cara un maior estado do benestar, pero fritíndonos a impostos e pactando cos que queren dividir a este país. Nós defendemos un país unido cos mesmos dereitos para todos, cun sistema tributario que permita aos cidadáns decidir que facer co seu diñeiro e un estado do benestar que parta da creación de emprego estable e de calidade, que é o que vai favorecer o crecemento, contribuír á suba das pensións e ofrecer mellor ensino, sanidade e infraestrutu-

Que propostas levará ao Congreso para mellorar a situación da provincia? Rafael Manuel: “Ourense é a provincia máis empobrecida de España, e a inversión do Estado cada vez é menor. Tratarei de loitar para que as inversións as políticas estatais teñan en conta estas desigualdades e se produza unha discriminación positiva. Penso que sería moi positivo e así tentaremos facelo, crear unha especie de asociación que inclúa a todas as provincias vaciadas como medio de reinvindicación. Por outra banda, sería preciso contar cun plan de desenvolvemento provincial pactado e falado con todos os municipios da provincia para coordinar proxectos de desenvolvemento vencellados ao medio rural e ao turismo. Cooperativas agrarias, asentamento de familias novas nos nosos pobos son outros aspectos que tamén levaremos ao Parlamento durante a vindeira lexislatura”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? R.M.: “O partido Por un mundo máis xusto sempre estivo ao carón dos máis defavorecidos, participando e reclamando políticas xustas e loitando contra as desigualdades socias. Unha proba delo é a nosa participación na Mesa polo blindaxe das pensións. Unha provincia coma a nosa, onde os pensionistas son a

Ledicia Piñeiro naceu en Ourense, onde vive e traballa como educadora social. Leva activa politicamente máis de 12 anos, sendo concelleira por Ourense en Común durante tres anos.

Rafael Manuel Fernández Alonso. meirande parte da poboación, calquera política para conseguir garantir unhas pensións dignas traerá benestar aos nosos maiores, e por conseguinte a toda a provincia. Todas as nosas propostas terán como núcleo central as persoas”. E como beneficiará ao Estado en xeral? R.M.: “Loitaremos por recuperar todas as políticas socias, de educación e de saúde que foron recortadas nos últimos 10 anos. Por conseguir que o dereito á vivenda estea garantido, e que en caso de impago da hipoteca por quedarse sen traballo a entrega da vivenda ao banco sexa suficiente. Traballaremos a reo por conseguir que a conciliación entre traballo e familia sexa real, e non unha barreira. Defenderemos o dereito dos mozos a estudiar e desenrolarse con dignidade, son o futuro do noso país. E, sobre todo, loitaremos polo respeto dos dereitos humanos, dereitos dos refuxiados, establecendo vías seguras de inmigración e desenrolo humano. Trataremos,en resumo, de “humanizar” á política”.

Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Ledicia Piñeiro: “O principal problema da nosa provincia é a demografía. A proposta fundamental é que a xente poida ter empregos dignos, de calidade, que lles permitan asentar e quedar vivir aquí. O PP de Ourense non ten nin un só éxito nesta materia e o que nos deixa un páramo onde nos úlimos 40 anos perdeuse unha cuarta parte da poboación. Segundo, temos un problema clarísimo de modelo produtivo. Precisamos orientar o noso modelo económico cara sectores compatibles coa preservación do noso entorno natural e a vida digna das persoas. O viño é un claro modelo disto. E por último dúas cuestións: o problema estrutural dos lumes na provincia; e a cuestión real, que se perpetúa, da situación raquítica da nosa democracia. Está por clarexarse a cuestión do finanzamento ilegal de campañas do PP de Ourense, así como o sistemático pago de favores dos Baltar, con empregos públicos, a familiares do PP da provincia”. Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia? L.P.: “Fundamentalmente, porque imos ser chave para gobernar e porque somos a única candidatura arraigada ao territorio. E isto non é un dicir, temos a garantía do traballo xa feito polas no-

Ledicia Piñeiro. sas compañeiras Yolanda Díaz, Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino no que demostraron ser cruciais para cousas tan importantes como a actualización das pensións co IPC, a subida do SMI, o pacto de Estado contra a violencia de xénero ou a loita contra os lumes. Ourense merece unha deputada e un senador con vocación de xustiza social e visión para o común.”. E como beneficia ao Estado en xeral? L.P.: “En Común Unidas Podemos é o único garante de ter un goberno para as persoas do común. De non ser por este grupo na última lexislatura non se terían conseguido avances sociais tan grandes como a actualización das pensións co IPC ou a subida do SMI. Pero a cousa non acaba aquí, outro avance necesario nos novos tempos nos que estamos é a redución da xornada laboral a 34 horas; a derogación das reformas laborais que nos teñen condenados á precariedade. A cuestión da dependencia é unha necesidade crucial para a nosa provincia cunha población moi envellecida, a idade media da provincia son 50 anos e son as mulleres da provincia de Ourense ás que soportan o peso dos coidados coa carga económica e emocional que significa”.


especial ELECCIÓNS XERAIS / EMPRESA

BEGOÑA CONDE, VOX

“O bo do noso proxecto é que é nacional” Redacción Para Begoña Conde Álvarez serán as primeiras eleccións baixo as siglas de VOX, pois xa ten experiencia política con outro partido. A tía de Santiago Abascal lidera o proxecto do seu sobriño en Ourense agardando dar a sorpresa e conseguir representación na provincia. Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense? Begoña Conde: “O bo do noso proxecto é que é nacional e en realidade coinciden moitas propostas de pequenas localidades como son o envellecemento da poboación, a inmigración ou incluso a España vaciada, o problema das comunicacións, sen esquecer a parte sanitaria de unión de municipios que ás veces con servizos sociais básicos e sanitarios que van vir ben a todos os pobos cercanos para ter a man calquera necesidade urxente. Viña no tren e un viaxeiro díxome que a unha persoa que lle deu un ataque ao corazón e como tardou a unidade medicalizada desgraciadamente faleceu. Ademais, a atención primaria creo que se pode mellorar en relación cos pediatras”. Por que cre que a súa opción política beneficia

Begoña Conde. á nosa provincia? B.C.: “Creo que en realidade é unha opción que beneficia non só á provincia. Ten en conta que nos no Estado das Autonomías consideramos que rematou coa singularidade e pluralidade dos españois. Polo cal o noso proxecto pódese defender en calquera recuncho do territorio nacional”. E como beneficia ao Estado en xeral? B.C.: “Primeiro porque somos un partido serio e porque somos un instrumento ao servizo do país, da nación, non se trata da importancia dos seus líderes ou candidatos. A importancia reside en que se convirte nun instrumento que defende a soberanía, a igualdade de todos os españois e a unidade da nación”.

Cando viaxes, mellor asegurado con Allianz Son moitas as noticias que escoitamos na televisión ou lemos na prensa de cancelación de voos, folga de transporte ou calquera outra que pode afectar ao noso período de vacacións. Agora que se achega a época de facer as maletas e realizar algunha viaxe, que mellor maneira que facelo estando asegurados. Para estar o máis tranquilo posible e gozar 100% das túas vacacións, Allianz ofréceche unha cobertura acorde ás túas necesidades para que o único que te preocupe é que non se

rematen esos días de decanso. Con “Asitencia en viaxe” de Allianz dedícanse de maneira especial a solucionar calquera continxencia fóra da túa planificación. Posibilidades Allianz dache a posibilidade de que collas o seguro que máis se adapte ás túas necesidades, xa que cobre todos os países do mundo. Hai catro posibilidades de asegurar a túa viaxe, así sexa a España, países da Unión Europea, do Mediterráneo ou do resto

Atopan dous manuscritos do século XIII

4 Vinculados a un colaborador do rei Afonso X. Redacción O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) garda na súa colección de pergameos un valioso manuscrito, recentemente identificado, da obra haxiográfica de Bernardo de Brihuega, estreito colaborador do rei Afonso X (125284). Trátase de dous fragmentos –un bifolio e unha folla solta– en castelán das Vidas y pa-

siones de los Apóstoles, datables a finais do século XIII ou comezos do XIV, que constitúen o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que até agora só se coñecían algunhas copias tardías (desde segunda metade do XIV até comezos do XVI) en latín, castelán e portugués. Os fragmentos en cuestión teñen o valor engadido de pertenceren a un códice haxiográfico moi coidado, seguramente de proceden-

do mundo. Entre moitas outras cousas o seguro cobre roubo, perda das maletas (chegas ao destino e as maletas están na outra punto do mundo), perda do pasaporte, cancelación de voos, cobertura médica, traslado ou repatriación. Unha vez asegurado tan só tes que ter contigo o teléfono de asistencia para contactar ante calquera problemática.

Barrios 16 de abril 2019



Son máis de 30 anos os que avalan a Allianz neste tipo de coberturas, e que che garantirán a maior tranquilidade nas túas merecidas e agardadas vacacións. Para máis información: axencia de Allianz Seguros. Rúa Bedoya, nº 7 Primeira planta - local 9. Teléfono 988 236 170 / 680 636 539 (atende tamén WhatsApp) ou no mail: tirsocd88@ gmail.com

Allianz Seguro de Asistencia en Viaxes fará que te olvides dos problemas nas túas vacacións.

cia rexia, en que se copiaría a tradución castelá íntegra do libro II de Bernardo de Brihuega sobre a vida e as paixóns dos apóstolos. Neste caso, o contido conservado nos dous fragmentos correspóndese con varios capítulos da vida e paixón de Santo Tomás, San Marcos e San Andrés.

Manuscrito identificado.

Concedida a reforma da Praza de Abastos Redacción O Concello aproba a ordenación decrecente das ofertas para a contratación das obras de reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1. A empresa que obtivo unha maior puntuación presentou unha oferta por importe de 4.003.415,02 euros, o que supón unha rebaixa do 13,80% respecto do orzamento base. DO ve “sombras” e critica a selección final, en favor da empresa Acciona, como adxudicataria das obras, en detrimento dunha “empresa ourensana 100%”.




Barrios 16 de abril 2019

VERÍN E COMARCA

Novos ciclos técnicos para Verín 4 É o reto que se marca o alcalde, Gerardo Seoane. Redacción

Diego Lourenzo, na súa presentación.

Lourenzo repite polo BNG 4 Presentou a súa candidatura na Casa da Cultura. Redacción “Chegamos aquí cos deberes feitos”, así presentou Diego Lourenzo, na Casa da Cultura, a súa candidatura polo BNG para as municipais de maio. Presentou a súa lista, conformada “dun xeito igualitario, unha lista cremalleira co 50% de homes e o 50% de mulleres”. “O papel do BNG no goberno municipal de Verín foi chave no avance e na estima colectiva que experimentou o Concello nestes catro anos de lexislatura”, aseguraba Lourenzo. O candidato afirmou que nestes catro anos púxose en valor, en Verín, “as súas augas, que apostou pola

humanización dos espazos urbanos, que se creu na cultura”. Un Verín que apostou “polos servizos públicos e porque estes foran propiedade da veciñanza”. Lista O candidato está arroupado na lista por Emilia Somoza, Eugenio Quintas, Purificación Caldelas, Abelardo Meiriño, Samanta Barreira, Carlos Crespo, Rosa Ana Méndez, Daniel Veiga, María Dolores Pérez, Aaron Dacosta, Vanesa Fernández, Francisco Pérez, Adela Gallego, Jose Alberto Vaz, Josefa González e Alberte Blanco.

Regra de gasto

Convenio

Redacción

Redacción

O voceiro popular no Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acusa ao Goberno municipal de non cumplir coa regla de gasto. Jiménez Morán asegura que o Concello debe “máis de 3 millóns de euros a proveedores en facturas de 2017 e 2018”. Ademais, advirte que “as perspectivas económicas e financieiras” do Concello “están en serio perigo” e que poden dar lugar “a serios problemas en canto á falta de liquidez do Concello”.

O Concello, por medio do alcalde Gerardo Seoane, e Manuel Alfonso Araujo, por parte de Protección Civil de Verín, asinaron o seu convenio de colaboración anual. O obxecto do mesmo é regular as bases de colaboración entre o Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil destinado ao cumprimento dos estatutos actuais da agrupación, aprobados o pasado 11 de xuño do 2014 pola asemblea de voluntarios da mesma e o pleno.

Foi durante a inauguración do Agro + Verín cando o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, avanzou que se marca como reto “acadar novos elementos de formacion técnica para a vila,

sustanciais para dar oportunidades á mocidade”. “Xa foron transformados e modernizados moitos aspectos da vila”, dixo, “pero temos pendente traer a Verín ramas técnicas de formación, centradas nas novas tecnoloxías e nas vangardas dixitais”,

para xerar un novo espazo de futuro para todos. Feira No que á feira se refire, tivo lugar no pavillón municipal de deportes e estivo centrada nas novas tecnoloxías e na oferta tradicional do sector

agrario. Ademais, presentaron os seus productos preto dunha vintena de obradores e comerciantes de artesanía, procedentes de toda Galicia e Portugal, cunha ampla oferta de moda, complementos, coiro e outros productos tradicionais.

O alcalde de Verín, no centro, na inauguración de Agro + Verín no pavillón.


VERÍN E COMARCA

Estudos de Administrativo no IES García Barbón Ciclo Superior de Administración e Finanzas: - Acceso directo a estudos universitarios sen necesidade de proba. - Convalidación de asignaturas en algunhas carreiras universitarias. - Toma de contacto co mercado laboral a través da formación en centros de traballo (FCT) durante 3 meses. - Saídas laborais diversas cunha porcentaxe de emprego dun 90% segundo os últimos estudos estatísticos a nivel nacional. Ciclo Medio de Xestión Administrativa: - Acceso directo a Ciclo Superior. - Contacto co mercado laboral a través da formación en centros de traballo (FCT) durante 3 meses. - Poderán desenrolar a súa labor profesional en empresas de calquer sector e en organismos públicos. Formación Profesional Básica de servizos administrativos: - Acceso directo a Ciclo Medio. - Obtención do título da

ESO - Prácticas en empresas e diversos organismos durante 2 meses. - Capacitación profesional para desenrolar traballos en almacéns, co-

Máis de 80 persoas participaron no Túnel do Viño do D.O. Monterrei que tivo lugar en Fisterra. Durante catro horas, catadoras, profesionais da restauración e hostalaría, distribuidores e medios de comunicación descubriron as diferentes tipoloxías de viños brancos e tintos que se elaboran na Denominación de Orixe Monterrei. Entre

4 O conselleiro de Medio Rural visitou tamén unha adega. O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou a adega Crego e Monaguillo e presidiu o pleno extraordinario do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. González destacou o importante crecemento da denominación nos últimos anos, ao pasar dos 800.000 litros producidos no ano 2009 a unha media de case 3 millóns de litros nos tres últimos anos. O titular de Medio Rural busca coñecer as necesi-

Para saber máis: h t t p : / / w w w. e d u . xunta.es/fp/webfm_ send/7750

4 Máis de 80 persoas estiveron presentes no seu Túnel do Viño. Redacción

José González preside o pleno da DO Monterrei

Redacción

mercios, venta o público, etc.

A DO Monterrei deuse a coñecer en Fisterra

dades das cinco denominacións de orixe galegas para traballar nun plan

estratéxico para mellorar tanto o posicionamento dos viños galegos de calidade como das comarcas que representan. Pleno A continuación, o conselleiro e o director da Agacal participaron no pleno extraordinario do Consello Regulador desta DO, co fin de coñecer as súas demandas e proxectos a curto prazo.

José González, na adega Crego e Monaguillo. /RAMSÉS.

os participantes a esta cita atopábanse representantes de Solpor (empresarios do Camiño Fisterra Muxía), Turismo Fisterra, Asociación de Profesionais de Turismo dá Costa da Mor-

Barrios 16 de abril 2019



te (APTCM), Camiño dous Faros, Asociación de Veciños de Baiñas (Vimianzo), Berdoias (Vimianzo) e Fisterra, entre outros. Ademais, recibiron información sobre a historia, características edafoclimáticas, orografía, variedades de uva (preferentes e autorizadas) e tradición vitivinícola nesta comarca do sur de Ourense. Esta iniciativa está incluída dentro do programa de accións promocionais de Monterrei para o ano 2019, que achegou os viños da denominación a cidades como Madrid, A Coruña e Ourense.

Participantes do Túnel do Viño en Fisterra.




Barrios 16 de abril 2019

EN BREVE

4 Roubo O 29 de marzo roubaron gran cantidade de ferramentas e combustible almacenado na nave da Brigada Municipal no Campo da Feira, por un valor total que supera oos 12.000 euros. Xa é a segunda vez que acontece polo que acordaron instalar cámaras de seguridade.

4 En Marea En Marea denunciou ante a Fiscalía de Medio Ambiente da provincia de Ourense o problema ao que está sometida a comarca da Limia por mor da produción gandeira en intensivo e polos residuos que está a xerar. Por iso, o deputado Davide Rodríguez solicitou a apertura dunha investigación para depurar responsabilidades sobre a contaminación das augas da comarca e a publicación dun decreto de obrigado cumprimento para regular estes residuos agrogandeiros

4 Planta asfáltica Noa Presas, do BNG, rexistrou unha iniciativa na Cámara trasladando as inquedanzas e demandas de colectivos veciñais e ambientais para paralizar o proxecto dunha planta de produción de mestura bituminosa en quente en Parada de Ribeira.

4 Pleno No pleno de marzo tomou posesión Luís J. Carrera Álvarez, ante a vacante deixada no PP por Montse Lama, por renuncia. Non houbo acordo coa bandeira e co escudo.

XINZO E COMARCA

Unha mesa para unir esforzos na Limia 4 O conselleiro de Medio Rural reuníuse con agrogandeiros, pataqueiros, ecoloxistas, regantes e asociacións profesionais agrarias. Redacción O salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia foi o lugar elexido para a primeira reunión da xuntanza da Mesa da Limia, que foi presidida polo conselleiro do Medio Rural, José González. Á mesma acudiron representantes do sector agrogandeiro, pataqueiros, ecoloxistas, regantes, asociacións profesionais agrarias e responsables doutras administracións. O obxectivo desta xuntanza era buscar solucións ao conflito dos residuos escoitando, por parte do conselleiro, as demandas e preocupacións dos axentes económicos e sociais da bisbarra. En definitiva, apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca. A Xunta de Galicia pretende poñer en valor as terras agrarias. Para iso, estase a elaborar unha lei específica. Auga limpa xa! A plataforma veciñal Auga limpa xa! celebra a constitución da Mesa da Limia, xa que a consideran como “un instrumento indispensable de diálogo entre os distintos actores sociais, económicos e políticos”. Desde a

Xinzo crea o Comité da comunidade educativa 4 Co fin de mellorar a calidade educativa do alumnado dos distintos centros. Redacción

Xuntanza da Mesa da Limia. /RAMSÉS. plataforma ven o “inicio da busca de solucións efectivas para a contaminación dos acuíferos” por mor das “máis de 400 explotacións gandeiras industriais”. Ademais, esixen que se desevolva pronto o plan de tratamentos de residuos e aplauden que tanto a Xunta como Coren recoñeceran que urxe poñelo en marcha. MEL Desde o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) loubaron que o conselleiro “cumprise” coa súa palabra de abordar a “problemática dos residuos” que xeran as industrias de produccion intensiva de carne. Manuel García (representante de MEL) só botou en falta a ausencia

da Confederacion hidrografica. Considera que aínda están a tempo de “revertir a situación”, e mostrabase esperanzado coas palabras do conselleiro ao asegurar que “o futuro pasa por producir alimentos de calidade respetando o medio ambiente, prezos xustos para os agricultores ou que as empresas deben de asumir a xestión dos residuos como un coste mais de producción”. Tamñen valora positivamente que Coren “reabra a planta de tratamento de xurros” aínda que considera que precisarán “algo mais que esta planta para neutralizar o enorme volume de xurros que produce a sobredimensionada cabana porcina”.

A primeira reunión do Comité da comunidade educativa municipal do Concello de Xinzo de Limia, que se celebrou o pasado 2 de abril, tivo como orde do día a súa composición, funcións e periodicidade das súas reunións. O comité queda, así, integrado por representantes de todos os centros educativos da vila, representantes das ANPAs, representantes dos alumnos, concelleiros e técnicos municipais das concellerías de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar e da de Deportes, Educación e Xuventude, ademais de forzas de seguridade e o inspector de zona da Consellería de Educación. A súa tarefa principal

Membros do comité.

será a de asesoramento e proposición de ideas para mellorar a calidade educativa do alumnado dos distintos centros de Xinzo. Reunirase tres veces ao ano (setembro, xaneiro e xuño). Colaboración Coa creación deste comité preténdese realizar un traballo de colaboración que favoreza o desenvolvemento da comunidade educativa municipal, así como traballar na creación dunha Escola obradoiro para nais e pais municipais, na que se trate todo tipo de melloras na educación dos menores do concello.

Este comité reunirase tres veces ao ano, en setembro, xaneiro e xuño


XINZO E COMARCA

Premio Carlos Casares Redacción O Concello de Xinzo de Limia, co gallo da celebración das Letras Galegas 2019, convoca a cuarta edición do premio literario de narrativa curta en galego: “IV Concurso literario infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares”. Entrega Os traballos serán entregados na Casa da Cultura de Xinzo de Limia ou nos centro de estudos: IES e

Premio Carlos Casares.

CEIP de Xinzo ata o xoves, 2 de maio, antes das 14 horas. Poderán concorrer a este premio os nenos e mozos que presenten, en prazo e forma, un relato escrito, inédito, da súa autoría, redactado en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente. Haberá dúas categorías: a infantil (idades comprendidas entre o ano 2007 e posteriores) e xuvenil (con idades comprendidas entre 2001 e 2006 -ambos anos incluídos-). O número mínimo de folios será de cinco e máximo de oito para a categoría xuvenil; e mínimo de dous e máximo de 5 para a infantil. Deberase entregar en folios DIN A4 por unha cara, en tipoloxía Times New Roman 12 ou Arial 12; entreliña de 1,5 ou dobre, nos escritos realizados con ordenador. Admítense, obras manuscritas.

Paso adiante para a transformación de regadío 4 O DOG publica a declaración de impacto ambiental. Redacción O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a mediados do mes de marzo o anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a resolución favorable da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de transformación de regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, nos concellos ourensáns da Porqueira, Trasmiras e Xinzo de Limia.

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural está comprobando a adecuación dos proxectos de obra á declaración de impacto, en especial o de construción dos pozos (un total de 42) para a capta-

ción das augas soterradas con destino á rega das catro comunidades de regantes. Execución Os pasos a seguir son, unha vez coñecidos os puntos exactos das 42 captacións, agardar a que a Confederación Hidrográfica resolva. Despois se realizará a modificación de concesións de caudais. Desde Adegal -Asociación de Empresarios y Ganaderos de A Limia- din que a partir dese momento xa se poderán realizar as obras, pero non falan de tempos pola lentitude dos pasos a dar.

Barrios 16 de abril 2019



EN BREVE

4 Pagamento O Concello de Xinzo dá de prazo ata o 28 de maio para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos menores de 3 anos, nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.

4 Inspeccións Amador Díaz, presidente da Asociación de Productores de Pataca, denuncia as inspeccións realizadas nalgunhas naves de agricultores por parte do Ministerio de Agricultura, a través do Seprona e da Consellería de Medio Rural.

4 Casco Vello

Regadío na Limia.

O plan Hurbe da Xunta vai destinar 350.000 euros para mellorar o casco vello de Xinzo, concretamente as rúas Lepanto e Galicia. O Concello espera licitar as obras en mes e medio e os traballos durarán cinco meses.


10

Barrios 16 de abril 2019

ENTREVISTA

ENTREVISTA AO ESCRITOR OURENSÁN JORGE EMILIO BÓVEDA

“Tento facer literatura coas miñas influencias como lector, cos xéneros populares, os problemas sociais e a ironía” 4 Jorge E. Bóveda achéganos á súa obra Eternos propietarios, que recibiu o premio de novela de Edicións Do Peirao. compárana con La borra del café de Benedetti ou Manhattan Transfer de Dos Passos. Que supón para ti? J.E.B.: “Pois supón sorpresa pola parte de Dos Passos que nunca lin, xa que a Benedetti si que o teño lido. A comparación co Manhattan Transfer supoño que responde a que a literatura sempre pivotou e pivotará sobre os mesmos piares, polo que non é difícil topar semellanzas

R. Torres O escritor ourensán Jorge E. Bóveda e unha das súas creacións volven ser noticia. Nesta ocasión porque a súa obra Eternos propietarios vén de recibir o premio de novela de Edicións Do Peirao. Toda unha (merecidísima) sorpresa para Bóveda, que nos confesou algunhas raíces da súa inspiración. Eternos propietarios acadou o premio de novela Do Peirao. Xa tiñas a novela escrita ou fixéchela para presentala ao premio? Jorge Emilio Bóveda: “Era unha obra das moitas que teño inéditas. Moitos abráianse da miña produción literaria porque asocian cada libro cun proceso previo á publicación e moitas veces non é así. Escribo con certa frecuencia e, se escribes tan só dúas páxinas diarias durante décadas, podes chegar a amorear unha obra enorme. O que non quere dicir que sexan todas boas nin publicables, pois iso é outro cantar. É todo o resultado dun proceso máis ou menos constante de formiguiña, suxeito a un plan de traballo moi concreto e pensado”. Edicións Do Peirao é a encargada de sacar a obra á luz e poñela á venda. Onde se pode mercar? J.E.B.: “Penso que a distribución estase a facer polas canles habituais e pódese atopar en calquera libraría”. Foi unha sorpresa acadara o premio? J.E.B.: “A verdade é que si. Non son un escritor de premios. Sinceramente mandeino porque aceptaban arquivos dixitais en

O escritor Jorge Emilio Bóveda. /AELG.

“Escribo diariamente, tentando dotar dunha certa coherencia a toda a miña obra, que se pode clasificar en ciclos vitais con nomes secretos” PDF e para probar sorte e conseguir que alguén palmeara un pouco as costas deste escritor silencioso”. Fálanos un pouco de Eternos propietarios. Que vai atopar o lector? J.E.B.: “É unha novela humana sobre relacións humanas que se establecen entre os humanos que habitan unha comunidade de propietarios, coas súas miserias e os seus avatares agridoces non exentos de crítica. Aínda que non é so iso. Chega un momento na lectura que o libro sofre unha metamorfose literaria. Este xiro explícase porque son un autor bastante influenciado polos xéneros literarios, que non un escritor de xénero”. Nas túas novelas hai moita crítica á sociedade

na que vivimos; mostras as dúas caras –a boa e a mala do ser humano-. Estás cómodo escribindo con crítica social e algo de humor, quizáis negro, quizáis mordaz? J.E.B.: “Si, é o que me sae case a nivel inconsciente, con todo o peso da palabra “inconsciente”, todas as lecturas que fago, porque son tan lector como escritor, desembocan nese tipo de escrita, e estou algo abraiado porque ás veces decátome de que non é premeditado, que sae así case coma un ente autónomo. Aparte, penso que herdei a retranca da miña familia paterna e, queiras que non, esa ironía sempre está aí disposta a aparecer ata cando escribo”. No fallo do premio

en obras cuxos autores se descoñezan mutuamente. O que non exclúe que me sinta agradecido por tan esaxerada comparación”. Xa estás pensando na próxima? J.E.B.: “Como che dixen, escribo diariamente, tentando dotar dunha certa coherencia a toda a miña obra, que se pode clasificar en ciclos vitais aos que lle teño nomes secretos, pero que non che vou

contar porque quizais se me antolle contextualizalos doutro xeito mañá ou pasado. O que si che podo dicir é que tento facer literatura con todas as miñas influencias como lector, cos xéneros populares aos que tan apegado estiven dende neno, coa vista centrada nos problemas sociais que nos apertan e coa ironía inherente. O que saia de todo iso non sei se será ou non auténtica literatura, pero estou seguro de que é parte de min, ou eu mesmo directamente. O tempo xa falará e, se cala, quizais outorgue, e se non outorga tanto ten porque non estarei para velo”.

“É unha novela humana sobre relacións humanas que se establecen nunha comunidade”


PUBLICIDADE

Barrios 16 de abril 2019

11


12

Barrios 16 de abril 2019

DEPORTES

EN BREVE

Cando o resultado é o de menos

4 Xadrez Adrián Gómez Diéguez proclamouse subcampión de España. O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense empatou no primeiro posto con Suárez Uriel, no Nacional para universitarios de Alicante. Pola súa banda, o tamén ourensán David Gómez Diéguez, (irmán de Adrián) tamén realizou unha positiva actuación, rematando no sétimo posto de entre os 72 participantes.

4 Sincronizada O Sincro Ourense bate os seus propios récords e colócase no top 8 da natación artística nacional en categoría júnior. Foi na piscina Parquesol de Valladolid e durante a celebración do 20º Campionato de España onde as deportistas ourensás lograron superar os 70 puntos na proba de equipo libre. Era a primeira vez que un club galego lograba superar esa puntuación.

4 Rítmica

O Torneo Primavera Cidade de Ourense de ximnasia rítmica volveu a contar cun novo cheo nas bancadas. Foi unha ocasión para ver o traballo destas ximnastas que están chegando ao final de tempada. O Ximnasia Burgas logrou subirse ao podio no campionato celebrado en Gijón. Foron catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce) na sénior base. Nas categoría base, o club acadou catro ouros, unha prata e tres bronces máis.

4 O Campus Ourense Rugbi remata unha tempada para enmarcar. R. Torres

Presentación no Concello do “Correndo por Ourense”. /RAMSÉS.

O Correndo por Ourense regresa en maio 4 As carreiras dos domingos adiántanse ás 11 da mañá. R.T. A novena edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” regresa en maio. Como cada ano son seis probas, realizadas noutros tanto barrios da cidade. Así, en maio haberá dúas citas, no Vinteún (día 5) e no Couto (día 25, proba nocturna). Continuará o 30 de xuño, polo centro da cidade; o 8 de setembro, na zona universitaria; o 29 de setembro, na Ponte; e rematará o domingo 20 de outubro, na Carballeira. Todas as carreiras darán comezo ás 11 horas, agás a nocturna do Couto, esta ás 22 horas. Para optar á clasificación final será preciso participar en, polo menos, 5 carreiras.

Inscricións Para anotarse só hai que seguir as instrucións do espazo web www.deportesourense.com. O prazo de inscrición está aberto até o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte. Ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, sénior e máster. Para as demais categorías será gratuíta. A inscrición e o dorsal son únicos para todo o circuíto. Por tanto, as persoas inscritas nalgunha carreira quedan automaticamente inscritas para todas as probas restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal ben visible no peito. A recollida presencial dos chips e dorsais antes

da primeira proba realizarase o sábado 4 de maio de 2019 no pavillón dos Remedios de 10 a 20 horas. Distancias As distancias están pensadas para todos os públicos e segmentos de idade, xa que a filosofía destas probas é a participación. As distancias de cada categoría son aproximadamente: 100 metros para pitufos (até 7 anos); 1.500 m para benxamíns (8-9 anos) e alevíns (10-11 anos); 2.400 m para as categorías infantil (12-13 anos) e cadete (14-15 anos), e 6.000 m para o resto: xuvenís (16-17 anos), júniors (18-19 anos), promesas (20-22 anos), séniors (23-35 anos) e máster.

Rematou a tempada 2018-19 e a pesar que foi con dúas derrotas incontestables os homes de David Monreal poden marchar de vacacións satisfeitos, porque foron, novamente, o mellor conxunto galego na División de Honra B, e orgullosos porque xogaron por primeira vez na historia unha promoción de ascenso á máxima categoría do rugbi nacional. O partido de ida disputouse no sintético das Lagoas e xa deixou a eliminatoria de cara para o conxunto hispalense do Ciencias (0-36) toda vez que eran os favoritos. Durante o encontro, os pupilos de David Monreal demostraron que a ilusión é un condicionante fundamental para afrontar calquera reto. A pesar de que

non periguou en ningún momento a vitoria visitante, o certo é que os locais despregaron un xogo moi vistoso. Tocaba viaxar a Sevilla e gozar do que sería o último encontro da tempada. O obxectivo era caer dignamente e lograr algún punto no casilleiro. O sevillanos, deseguido, mandaron no marcador demostrando, unha vez máis que eran os claros favoritos. A pesar de que era imposible a remontada, os ourensáns seguiron competindo ata o final o que lles valeu para puntuar e deixar un bo sabor de boca desta eliminatoria. O resultado foi o de menos -57 a 14- o importante foi o gran paso que deu o Campus Ourense es te ano nun deporte que ten tirón en Ourense. Xa se contan os días para o inicio do próximo curso.

Encontro de ida entre o Campus e o Ciencias. /RAMSÉS.


DEPORTES

Todo por disputar en Terceria 4A falta de 6 xornadas ningún equipo ten nada claro. Redacción A UD Ourense vén de vivir dous desprazamentos e dúas derrotas. Ante o Bergantiños entra dentro dos plans, marcha líder; pero ante o colista por 2 a 1, non tanto. A pesar disto marchan cuartos, en postos de playoff, empatados a 52 puntos co Alondras. Para este Xoves Santo toca partido no Couto de alto risco. Reciben, ás 18 horas, ao Barco que se atopa oitavo, a tres puntos. En canto aos de Valdeorras, tamén veñen de dúas derrotas, pero doutro xeito. Nos dous partidos perderon pola mínima ante rivais da zona alta da táboa: 2 a 1 na casa do Arosa e 2 a 1 en Calabagueiros ante o novo líder, o Racing de

Ferrol. Chega ao partido contra a UD con mellores sensacións. O Ourense C.F. está facendo un tramo final de liga impresionante. Gañou no Couto ao Somozas por 3 a 0 e venceu ao que era o líder, o Bergantiños, por 1-0. Está remontada colócao noveno, a seis puntos da promoción. Pola súa banda, o Arenteiro está a facer os deberes para fuxir do descenso. En dous partidos, empate fóra contra o Silva a dous e vitoria ante un rival polo descenso, o Paiosaco (2-1). Grazas a iso ten unha marxe dun partido do descenso, vai 14º con 38 puntos. Na vindeira xornada os do Carballiño visitan ao Compostela, que loita polo liderazgo.

Masters no partido contra Cáceres./A.MARTÍN.

O COB prepara o playoff 4Trala vitoria en Cáceres busca o factor cancha. Redacción O COB vén de disputar dous partidos con sorte dispar; derrota na casa ante o Bilbao e vitoria fóra contra o Cáceres. Nos dous encontros mesmo guión, pero con protagonistas distintos. No partido contra o Bil-

bao foi o COB quen levou a iniciativa no xogo e no marcador con rendas de ata 10 puntos no segundo e terceiro cuarto, pero a falta de 2 minutos para o final os vascos igualaron e a partir de aí apareceu o xen gañador e non deron opción aos cobistas. Finalmente venceron por 70 a 82.

Bo partido dos ourensáns en xeral que competiron ata o final co segundo clasificado. Pola contra, no partido desta xornada foi o Cáceres quen mandou no xogo e no marcador ata o último cuarto. A aparición de Zamora, ata o momento estaba desaparecido, resolveu o choque nos intres finais e trouxo a vitoria para Ourense por un axustado 80-83. Quedan tres xornadas para rematar a Liga e as dúas seguintes xogaranse no Pazo. A derradeira será na cancha do Melilla. Este domingo 21 de abril ás 19 horas, o COB recibe ao Palencia, oitavo con 18 vitorias, que necesita sumar para asegurar os playoff. E o próximo o venres 26 ás 21 horas, mídese co colista, o Araberri. O COB polo momento marcha quinto na táboa e de rematar así terá o factor cancha a favor na primeira e única ronda de playoff antes de pasar, á final four definitiva.

Barrios 16 de abril 2019

13

Fútbol Sala Redacción Na Primeira o Envialia gañou os dous últimos partidos ante o Móstoles e o Guadalcacín. Marcha quinto con 48 puntos, pero a só un do Alcorcón e dous do Roldán. Na segunda feminina, tralo derbi Cidade - Envialia B, gañado polas primeiras por 3 a 0, as do Burgas venceron tamén ao Multivera. Na próxima xornada reciben ao Bilbo, líder indiscutible, nos Remedios. O filial do Envialia perdeu na casa ante o Fisgón por 2 a 5. Marchan sétimas con 41 puntos. Xogan contra o Calceatense o vindeiro partido. Sala Ourense Nun disputado partido contra o Zamora, 6 a 4, os de Kike García conseguiron os tres puntos que lles permiten unha tempada máis continuar na categoría de bronce do fútbol sala español a falta de cinco xornadas.


14

Barrios 16 de abril 2019

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AXENDA Exposicións - Do 25 de marzo ata o 25 de abril - Exposición “Eincendios + 1” - Sala de exposicións de Verín - Do 21 de febreiro ata o 21 de abril - Exposición pictórica de Alexandro “Lume” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 20 de abril ata o 16 de mayo - Exposición “A etnografía e os fotógrafos” - Sala de Exposicións de Verín Teatro - 25 de abril - Danza “A desnudez” - 20.30 h- Auditorio Municipal - 25 de abril - Teatro Miteu “O corpo estelar” 20.30 h- Teatro Principal - 26 de abril - Teatro “falar por falar” - 20 h Teatro Principal - 27 de abril - Teatro Miteu “(212) Medea” 20.30 h - Teatro Principal Música - 17 de abril- Concerto de Tania Fuegho- 22 hA Arca da Noe (Vilar de Santos) - 26 de abril - Pablo Milanés Tour “Esencia 2019” - 21 h- Auditorio Deportes - 18 de abril - UD Ourense - CD Barco - 18 h - O Couto - 21 de abril - COB - Palencia - 19 h - Paco Paz - 26 de abril - COB - Araberri - 21 h - Paco Paz - 18 de abril - XII Torneo benxamín de fútbol 8 Cidade das Burgas - 10 h - Pavillón dos Remedios - 18 e 19 de abril - VIII Torneo Internacional Ximnasio “Ourense Provincia Termal” - Pazo Paco Paz - Do 18 ao 21 de abril - Ciclismo “Challenge 4 días de Ourense 2019” Baños de Molgas - Do 18 ao 21 de abril - Andainas “Xurés Walking Festival” - Lobios - 20 de abril - “VIII Torneo Minibasket Don Bosco” - Colexio Salesianos Outros -16 de abril - Contiños con Susana - 18.30 h - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com

Momento da visita dun colexio ao Museo de Verin.

Aumenta o número de visitas no Museo de Verín 4200 escolares de toda a provincia xa o coñeceron. Redacción Preto de 200 nenas e nenos de diversos centros da provincia visitaron as actividades de divulgación ambiental ubicadas, xunto cos fondos permanentes, no Museo do Claustro Mercedario de Verín. As exposicións sobre a “Bolboreta Monarca” e “Aves de Galicia” permanecerán visitables ata o 23 deste mes e poderase solicitar unha visita guia-

da para os centros no mail museodeverin@mail.com. A odisea que protagoniza a espectacular bolboreta monarca, que migra dende Canadá a México máis de 3.500 km todos os anos, ten dado un xiro inesperado: traídas polas corrientes altas da atmósfera, algúns exemplares están sendo avistados en Galicia. “Operación monarca” ofrecerá aos escolares da provincia cuxos profesores o soliciten a oportunidade de participar no seu avista-

mento fotografía e ubicación, e caso de rexistrarse os suficientes na comarca de Monterrei, de participar nunha posterior exposición no Museo. O singular caso da bolboreta monarca ofrece a posibilidade de estimular a curiosidade polo medio nos escolares, non só coa súa busca, senón tamén mediante a reflexión sobre a capacidade de adaptación das especies e tamén das consecuencias negativas da intervención irreflexiva do ser humano na natureza, posto que os seus ciclos vitais están sendo afectados pola súa solta como elementos ornamentais en bodas e celebracións. Aves de Galicia Asimesmo, a mostra “Aves de Galicia” realiza un repaso polas principais aves do noso entorno, e será tamén complementada con unidades didácticas para os centros que o soliciten. Ambas mostras profundizarán na biodiversidade do entorno, e inauguran a realización de actividades de divulgación ambiental na comarca de Monterrei.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

De modas e falacias Son cíclicas as modas. Chegan silenciosas anulando a razón. A barba, o pantalón de campá, aquela tintura caoba fora de mostrario. Periódicos vaivéns ao criterio do mercado mentres o importante pasa a ser anécdota. E ao final do túnel : máis escuridade. A pompa e o ruído distraen discursos repletos de incorreccións e , por decreto, todo ten dúas posibles lecturas (ás veces máis). Ano 1911. Unha elevada porcentaxe da po-

boación daquel Ourense era analfabeta. Moitos veciños só sabían escribir o seu nome e apelidos. A necesidade apretaba e o acceso á educación convertíase nun privilexio inalcanzable. Hoxe sabemos ler e tratan de confundirnos. Dinlle posverdade pero chámase manipulación. Tristemente, hai xa tempo que as noticias non son máis certas por aparecer nos xornais. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Adelgazar sen grande esforzo O punto común de todas as doenzas crónicas é o medo da mudanza. Todos vivimos prisioneiros de hábitos repetidos día a día, recelosos de colocar en cuestión o noso modo de vida. Preferimos encontrar unha solución pasaxeira para a dor, absorbendo medicamentos, sen tentar encontrar as causas da doenza. En vez de nos agarrar á xustificación da idade avanzada, é máis útil mirala no espello, que nos mostrará unha nova persoa, máis moza, máis bela e utilizar outro medio atoparnos coa saúde, por exemplo, desintoxicar e rexenerar o organismo. O sistema actual, sobre todo nos países occidentais, perdeu o norte:

os médicos tratan ao doente a todo vapor, con tratamentos cirúrxicos, que renden máis diñeiro. Dentro do noso sistema social e económico, a doenza transformouse nunha fonte xigantesca de explotación dos males dos outros; é un esaxero! Vexamos a que velocidade avanza a psiquiatrización de todos os angustiados, revoltados, deprimidos cun consumo de comprimidos en cantidades industriais e de aí a existencia de toxicómanos legais. A industria farmacéutica descobre medicamentos para embalar as doenzas e fan todo para nos convencer que encontraron a solución única e pensando así tórnase perigoso. Vexamos o omeprazol:

era a solución sen efectos secundarios, agora xa admiten que pode ter secuelas perigosas. A mediciña alternativa, xa presentou algunhas medidas para se librar do comprimido protector, ou sexa, do omeprazol. Procure un profesional de saúde desa área que lle indicará o que tomar en substitución do comprimido químico. Di un médico suízo (Dr.Christian Schaller),”on court, on court”. As doenzas, os pensamentos e as emocións negativas sustentan instantaneamente as funcións naturais polas cales o noso organismo mantén o seu equilibrio. A solución non sempre se atopa na farmacia. João Damião

Multitude na rúa do Progreso. Ano 1911.

4HUMOR


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 16 de abril 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº92 - Ano: XII - 16 de abril de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

O tren amargo Aquela noite non peguei ollo, era cedo cando me erguin da cama. Os meus durmían e, sen falar, despedinos cunha mirada, en silencio, envolto nunha sensación de angustia, que sen remedio e a cada paso espetabase máis no meu peito . Pechei o portón a modiño e sen mirar atrás, saín da casa que me viu nacer. Camiñei pola rúa do Pozo, cunha mistura de esperanza e incertidume, que non sentira xamais. Deambulei de xeito raro ata a praciña da Merced, e alí diante do templo recei un intre a Virxe da miña alma. O cheiriño do pan recén feito escapaba polas rendixas das panaderías e, a pouco, fun percorrendo os recunchos do barrio, do meu barrio querido onde gastei a infancia, sen darme a penas conta. Seguín o meu camiño pola rúa da Cruz, coas fiestras aínda pechadas e os balcóns baleiros, coa única compaña do resplandor amarelo dos farois que furaban a néboa, e dos maullidos, que saían do canellón, e que máis complices que nunca soaban a despedida. Xa na praza, dende a casiña dos arcos, ollei no fondo, a Praza da Estrela, onde corrín o entroido máis enxebre do meu tempo, e onde as árbores frondosas movíanse o son do febre vento, coma si me quixeran decir adeus. E con bágoas nos ollos fun mollando as pedras da maxestuosa rúa Maior, ata a ponte do río santo, o Támega.

Alí mesmo, coas mans sobre a baranda de pedra fuxiu de min un berro emocionado.. ata sempre¡, que o eco das augas cristalinas levaron sen retorno. O pasar por diante do bar Alfonso, non fun quen de entrar, para evitar a despedida dalgún que outro amigo, e paseniño fun achegandome o cruce, onde esperaba a liña de bus que me levaría ata unha estación para subir “nun tren amargo” que nos poría no fin do mundo. Sen demora, e coas primeiras luces do día, a liña arrancou estrada arriba, sen pausa, curveando un camiño triste que se me fixo interminable. Mirei un anaco cara atrás e Verín alonxabase cada vez máis e, nun intre, pensei en cando voltarei a velo. O castelo inmutable e serio facíase cada vez máis pequeno e cando perdín de vista as pedras douradas da incrible Torre das Damas escapouseme o derradeiro suspiro. Daquela, lisquei obrigado a buscar un futuro mellor. Non foi tarefa doada, mais con moito esforzo e sacrificio, puiden conseguir a milagre do emigrante, que non é outro que poder voltar a terrriña onde un naceu. Apurando uns viños na adega e ollando as fotos que tiña agochadas nun caixón, Ramón contoume a súa historia. Non perdín detalle, e lembramos aqueles anos lonxanos, cando a emigración era unha opción con risco, mais non quedaba outra dentro

TRABALLO

daquel panorama negro, onde a xuventude non tiña asegurado atopar un porvir. Evitamos lembrar máis aqueles anos e brindamos por un tempo mellor. Emocionado, soltoume que marchar de Verín tan novo foi o máis duro da súa vida por ter que deixar a familia, os amigos e os sitios onde creceu. Contoume que aínda hoxe nas súas pregarias pide que ninguén dos seus teña que pasar polo que el pasou e, de súpeto, fixose un silencio e, coa voz entrecortada, deixou caer que despois de moitos anos a historia do “tren amargo” podería repetirse porque o seu neto, licenciado en bioloxía, está coa teima de emigrar lonxe na procura do traballo que aquí non é quen de atopar. Deixamos que pasara a tormenta do pensamento e coa mesma ledicia de cando era un rapaz novo escomenzou a entonar a sua canción preferida e, agachado no pipotiño, encheu outra vez as tazas de viño e con elas erguidas cara o ceo cantamos ”yo ya me voy... al puerto donde se halla, la barca de oro”, e o rematar esta, outra e outra, e así, ata esquecer as bágoas daquela noite fría, cando tivo que deixar o que máis quería, a súa xente, a súa terra e a mitade da súa vida. Unha aperta! Miguel A. Prieto “Chitín”

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.:

616 361 548. Busco traballo na zona de Celanova de mañás (de 8 a 11). En cociña, coidado de nenos ou de persoas maiores. Con experiencia. Tel: 662 917 651.

INMOBILIARIA Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío e outro con carballos e piñeiros. Nas Barxas, un de labradío. Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.

VENDAS Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Como novo. Todo xunto, prezo negociable. Tlf: 526 747 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Moi pouco uso. 350€ negociables. Tamén accesorios para cans medianos e grandes, 3 arneses de tiro, 2 comedeiros automáticos, correas e colares. Todo en perfecto estado. 130 € (negociable) Tel: 988 232 565-636 286 434.

VARIOS Regalanse cañas de bambú asiático. Ideal para parras e vides. Interesados achegarse a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 16 de abril 2019

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 92  

Publicado o último número de Barrios.

Barrios 92  

Publicado o último número de Barrios.

Advertisement