Page 1

Ngagne Faye logra a prata en Italia no Europeo de shuaijiao [Páx. 10]

CIDADE

Páx.2 CIDADE

Continúan os movementos dos partidos políticos de cara ás eleccións

Páx.4

Democracia Ourensana denuncia que o PXOM podería retrasarse cinco anos máis

CELANOVA

Páx.7 ALLARIZ

Acórdase en pleno unha modificación de crédito de 400.000 euros para obras

Cara a cara con Iker

Páx.8

Presentado o programa da Festa do Boi, que será do 15 ao 23 de xuño

DEPORTES

Páx.12

A UD Ourense vence ao Rácing de Ferrol despois de catro derrotas consecutivas

Premio Celanova, Casa dos Poetas [Páx. 7]

[Páx. 3]

Semana Santa ao Vivo en Allariz [Páx. 8]

Iker Jiménez formou parte da V Ourense ICC Week. // A actriz Isabel Blanco recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas”. // Completo programa na Semana Santa de Allariz.

Número: 91 - Ano: XII - 5 de abril de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 5 de abril 2019

ELECCIÓNS especial

Novas caras no mapa electoral 4 PSOE, Espazo Común e Ourense Mellor presentaron aos seus candidatos. Rolda de prensa de En Marea, co seu líder, Luis Villares./RAMSÉS.

Os partidos xa están en modo precampaña 4 PSOE, En Marea e Ciudadanos fixeron actos públicos. Redacción PSOE, En Marea e Ciudadanos fixeron acto de presenza nos medios de comunicación mediante unhas roldas de prensa nas que presentaron, ben aos seus candidatos, ben algunhas das medidas a levar a cabo se teñen a partir do 28 de abril representación en Madrid. Está claro que a unha semana de comezar a campaña electoral xa está activado o modo precampaña que é igual de vertixinosa. O secretario xeral do PSdeG PSOE, Gonzalo Caballero, presentou a lista, para o Congreso e Senado, de Ourense como un equipo “magnífico” para “seguir na senda de avances” impulsado polo PSOE de Pedro Sánchez. O líder do PSdeG sinalou que a campaña servirá para plantexar á cidadanía que o 28 de abril decidirase entre “dous modelos”. Por unha banda, explicou, está “o da dereita que virou á ultradereita” e pola outra, proseguiu, está o proxecto “de avance e progreso social”. En Marea Tamén esta semana, En Marea, con Luis Villares á cabeza, centrou o seu pri-

meiro discurso preelectoral na perda de poboación, sobre todo xuvenil; traballo digno, tempo de crianza e máis gasto social foron as propostas da marea. Villares estivo acompañado da deputada de En Marea Paula Vázquez, quen apuntou á universalización da educación de 0 a 3 años como unhas das promesas do seu programa; ademais de melloras nas políticas conciliación. Iván Olmos, candidato ao Congreso recordou que a provincia perdeu neste século a 29.000 habitantes de entre 20 e 30 anos. Ciudadanos Ciudadanos tamén compareceu ante os medios para dar a coñecer á persoa que se presenta como

número un ao Congreso: Inés Iglesias. A candidata asegurou que Ourense está cansada do bipartito polo que necesita un cambio. “Ciudadanos é renovación e unha renovación é o que necesitan os españois”, sentenzaba Iglesias. Infraestruturas “propias do século XXI”, así como “frear a despoboación” foron algún dos compromisos adquiridos pola formación laranxa. PP Pola súa banda, desde o PP aseguraron que priorizarán o remate do AVE “que fará de Ourense unha provincia máis competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”.

Inés Iglesias (no centro) é a número un por Ourense de Ciudadanos ao Congreso.

R. Torres Continúa o goteo de presentación de candidatos para as eleccións municipais do 26 de maio. PSOE, Espazo Común e Ourense Mellor presentaron aos seus alcaldables. O Partido Socialista, nun acto nas Burgas que contou co seu secretario xeral en Galicia, presentou ao que será o candidato para o Concello de Ourense. Trala espantada de José A. Vázquez Barquero será o alcalde de Amoeiro e secretario provincial Rafael Villarino o que asuma a responsabilidade de lograr uns bos resultados na capital. A candidatura completa, escollida tamén segundo o procedemento estatutario, será presentada en público a próxima fin de semana. A pesar da elección, algunhas voces socialistas mostráronse críticas coa designación. Desde o PP non tardaron en criticar a decisión. “Amarrarse ao sillón pactando, aínda que sexa con Hommer Simpson, a toda costa”, denunciaban desde o partido conservador, que ademais non entendían por qué se presentaba un candidato que nin sequera vive no concello. Ourense Mellor Durante a pasada fin de semana tiveron lugar as primarias da plataforma cidadá Ourense Mellor para as eleccións municipais de maio. A única candidatura presentada, encabezada por Etelvino Blanco, obtivo

Rafael Villarino, candidato do PSOE.

Óscar Pérez, candidato de Espazo Común. o 99% dos apoios. Blanco volveu facer un chamado sen condicións aos resto de forzas políticas de esquerda da cidade,

para sentarse a falar de todo e confluir nun único espazo para poder entrar con forza no concello e non permitir que gobernen as dereitas: “ata o último día de prazo legal, desde a propia candidatura ata o programa, todo pode ser modificado en aras de chegar á tan necesaria unidade da esquerda en Ourense”, explicou. Espazo Común E outro partido de esquerdas presentou ao seu candidato en Ourense. Óscar Pérez Carral opta ao bastón de mando da capital por Espazo Común. Pérez Carral destacou como o seu gran obxectivo o de “rematar co bloqueo institucional”; e para logralo asegurou precisar “unha innegable capacidade de xestión e a imperiosa necesidade de diálogo”, condicións que considera telas. Compromiso por Barbadás En Barbadás, Ramón Padrón repetirá como candidato á alcaldía por Compromiso por Barbadás. En 2015 lograran 504 votos, que lles valeron para contar cun edil na corporación municipal, que resultou ser chave para poñer fin ao extenseo goberno popular. Desta esperan un mellor resultado para “traballar dende o goberno e convertir a Barbadás no primeiro concello da comarca de Ourense en calidade de vida”.

O recoñecido líder sindical Etelvino Blanco é a proposta de Ourense Mellor á alcaldía da capital.


TEMA DA SEMANA

Ágatha Ruiz de la Prada, Adriana Domínguez e Purificación García achegáronlle ao público as dificultades ás que se enfrontan nun sector tan competitivo como o seu./R.T.

A moda, chave no comezo da Ourense ICC Week 4 Iker Jiménez encheu o Teatro Principal na noite do mércores. A clausura será o domingo no Auditorio con Luis Piedrahita. Redacción A quinta edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas arrincou cunha mesa que baixo o título “A moda como industria creativa e motor de desenvolvemento”, reuniu en Ourense, a tres grandes nomes da moda española e internacional: Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez. As tres protagonistas, arrincaron os sorrisos e sorprenderon a unha sala ateigada de público, que puido escoitar de viva voz os momentos máis importantes das súas dilatadas carreiras. A raíña da cor e da customización, Ágatha Ruiz de la Prada, desbordou simpatía ao explicar as máis de tres décadas de loita por manterse no máis alto, e o segredo de seguir

sendo un estandarte da moda con marca España. Pola súa banda a ourensá Purificación García destacaba a importancia da elegancia e da tenacidade á hora de manter unha liña coherente e de ser competitivo. Os cambios tecnolóxicos, a nova era da comunicación, as redes sociais e mesmo a importancia, hoxe en día, dos influencers, foron tamén puntos fundamentais desta reunión. Temas que abranguen a xestión de Adriana Domínguez, a máis nova deste trío, que abandeira a firma familiar Adolfo Domínguez. Tampouco faltaron momentos de reivindicación do importante papel que supón ser muller nun mundo que en gran parte estivo liderado polo sector masculino.

Ruiz de la Prada, García e Domínguez sorprenderon ao numeroso público

Primeira xornada O 2 de abril deu comezou a primeira xornada cunha charla na EASD Antonio Faílde, sobre “Arquitectura e artesanía no marco das ICC” da man da xornalista

especializada de El País Anatxu Zabalbeascoa. Neste día, a Asociación Galega do Audiovisual, fixo entrega dos III premios María Luz Morales no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Pola tarde Teddy Bautista, compositor, produtor musical e ex Presidente Xeral da SGAE someteuse as preguntas do xornalista Victor Lenore. Durante máis dunha hora e media, o polifacético Eduardo Bautista, repasou o que da de si “Unha vida adicada a música”, o encargado de riscar nas súas vivencias foi o xornalista musical Víctor Lenore, que afirmou ter gozado dunha “xornada moi enriquecedora e produtiva”. A xornada rematou co novo formato “Cara a Cara” que o “xornalista do paranormal” Iker Jiménez estreou nun ateigado Teatro Principal. O seu entusiasmo contaxiou aos presentes, que durante tres horas gozaron do presentador do programa “Cuarto Milenio”, o máis lonxevo das televisións privadas.

San Rosendo A xornada do xoves comezou coa presentación “O Xadrez de San Rosendo, un tesouro europeo”. Un panel de expertos, logrou espertar a curiosidade sobre as 8 misteriosas pezas de cristal de rocha da Catedral de Ourense, coñecidas como “O Xadrez de San Rosendo”. A mesa da ICC Week, analizou a importancia deste ben patrimonial dende a vertente histórica, pero tamén poñendo o acento sobre outro ben cultural, como pode ser a práctica do xadrez. O comunicador Pablo Culebras, foi o encargado de introducir o tema, e para elo quixo destacar que “as pezas de San Rosendo son un activo das Industrias Culturais e Creativas de nivel europeo, que poden e deben converterse nunha icona do noso patrimonio polo seu valor”. O arqueólogo Fernando Valdés, o maior experto español sobre este tipo de figuras, explicou que España é o único país europeo que as ten catalogadas, 45 en total, das preto de 200 que hai en toda Europa. Valdés destacou que o Xadrez de San Rosendo está elaborado a partir do segundo mineral máis duro, despois do diamante: o cristal de rocha. Un material que por tradición entendeuse procedente de Exipto, algo que o Doutor quixo poñer en dúbida anunciando a modo de

Fernando Valdés puxo en dúbida que o cristal de rocha co que se fabricou o Xadrez de San Rosendo proceda de Exipto primicia que “seguramente, as de San Rosendo proceden de Córdoba”. O experto en arqueoloxía explicou que hai probas recentes que así o testemuñan, sen que isto reste valor ao conxunto ourensá, que puido chegar a “Celanova coa intención de ser usado como adorno ou formando parte da ornamentación dun obxecto maior”. O xornalista Leontxo García dirixiuse ao público coa “incención de convencervos sobre a importancia da práctica do xadrez en peno século XXI”. Para elo destacou que “O xadrez é un xogo baseado en pensar, hoxe unha gran parte do mundo camiña cara a idioticracia”. Ao remate do acto o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e o responsabe do departemento de Cultura do Concello, Antonio Piñeiro, fixeron entrega aos relatores dunhas reproducións das pezas en chocolate. A tarde do xoves o sector dos Festivais musicais tivo unha dobre cita, que empezou cunha reunión de traballo da Asociación de Festivais previa a pre-

Barrios 5 de abril 2019



sentación da marca Fest Galicia, a cargo de Jacobo Sutil, Director de AGADIC A xornada finalizou coa proxección do documental “In the Middle of the Norway” e unha posterior charla coa súa Directora Mía P. Salazar e o seu protagonista Jorge Martí. Vindeiros días O venres 5 de abril abrirá cun coloquio sobre o futuro dos videoxogos no Liceo. Pola tarde, ás 18.30 horas, a ICC Week sairá á rúa para que calqueira interesado disfrute do concerto “Músicas con denominación de orixe” na praza Bispo Cesáreo. O prato forte deste día será o concerto de Kiko Veneno no Teatro Principal ás 21 horas. O sábado pola mañá haberá obradoiros no Centro Cultural Marcos Valcárcel divididos en tres horarios, 10.30, 11.30 e 12.30 horas. Ao mediodía haberá unha sesión vermú nos Xardíns Padre Feijoó.E xa pola tarde, ás 17.30, entregaránse os premios Rodolfo Prada no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Pechará esta quinta edición da Ourense ICC Week o monologuista Luís Piedrahita co seu espectáculo “As amígdalas das miñas amígdalas son as miñas amígdalas”. Será o domingo 7 de abril ás 19 horas no Auditorio Municipal.

Iker Jiménez presentou en Ourense o seu novo formato “Cara a Cara”./RAMSÉS.




Barrios 5 de abril 2019

EN BREVE 4 Xefe de persoal Ourense en Común e o PSOE esixiron en rolda de prensa o “cese” do xefe de persoal do Concello de Our ense, Francisco Javier Rodríguez Nóvoa. Toda vez que o Tribunal Supremo inadmite recurso de casación presentado por Rodríguez Nóvoa contra sentenza do TSXG. Ademais, as dúas formacións piden a dimisión da concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure. Desde o Concello din que acatarán a sentenza, porén agotarán os prazos, polo que poderase demorar o cese nuns dous meses.

4 Policía Local O Concello foi condenado por sentenza a pagar a oficiais de la Policía Local por desempeñar labores de categoría superior. Deste xeito, o Concello deberá abonar uns 40.000 euros a cada un dos tres policías que denunciaron a situación.

4 OUeC O pleno do mes de abril debatirá unha proposta do grupo municipal Ourense en Común que pretende fixar a atención da corporación nos altos índices de pobreza e exclusión social da localidade. “O risco de pobreza e exclusión social é un dos problemas fundamentais que enfronta Ourense”, apuntan desde OUeC.

CIDADE

DO denuncia que o PXOM podería retrasarse cinco anos máis 4 PSOE e BNG califican de “pelotazo” a “xogada” do Goberno municipal. Redacción Desde Democracia Ourensana denuncia que as “artimañas” do Partido Popular poderían retrasar cinco anos máis a aprobación definitiva do PXOM. “O PP pretende esquivar o pleno para aprobar, de xeito provisional o plan. Isto” din desde DO “ten un problema” e é que de ser rexeitado polo pleno “non se podería retomar no punto onde o PP o desviou do pleno” quedando practicamente “anulado todo o feito ata agora”, o que levaría a “empezar de cero”. Ademais, desde DO denuncian que os populares están negándolles o que reclamaron por rexistro: o informe do Interventor, “onde indica claramente as irregularidades”, aseguraba Gonzalo Jácome

portavoz de Democracia Ourensana. Ademais advirte que se se “aproba unilateralmente quedaría blindado” o que faría que “ou se aproba ou habería que comezar con outro” tirando pola borda “todo o feito”. Jácome asegura que tentarán “anulalo na xustiza”. BNG O Bloque Nacionalista Galego tamén se une ás críticas de querer aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal sen pasar polo pleno, como pretende o PP. O candidato á alcaldía, Luis Seara pide que se paralicen “os plans de aprobar o PXOM” sen consenso. Ademais, Seara tildou a operación de “pelotazo” algo que atenta contra “a democracia”. PSOE De igual maneira, “pe-

De ser rexeitado polo pleno “non se podería retomar no punto onde o PP o desviou” asegura Jácome

Vías para impulsar a economía da provincia 4 A Xunta e a CEO avalían novas liñas de cooperación. Redacción O conselleiro de Economía, Francisco Conde, mantivo unha reunión con representantes da Condeferación Empresarial de Ourense (CEO) na que se avaliaron novas vías de cooperación para continuar a impulsar de xeito conxunto o tecido económico da provincia ourensá. A CEO representa a arredor de 10.000

Deputación Redacción

4 Museo O PSOE solicitará no pleno de abril o compromiso institucional para que se constrúa en Ourense o Museo da Fundación Xaime Quessada.

lotazo”, describiron os socialistas a maniobra dos populares. Carmen Rodríguez Dacosta califica de “demoledor” o informe da intervención municipal e denuncia a premura coa que alcalde busca informes xurídicos para intentar colar pola “porta de atrás” o seu plan de urbanismo. Dacosta asegura que estarán vixiantes “ante calquera actuación irresponsable do alcalde -Jesús Vázquez- e de Cudeiro -concelleiro de Urbanismo-”.

Reunión entre Xunta e CEO.

Gonzalo Jácome, Carmen Dacosta e Luis Seara. /ARQUIVO.

O Tribunal Supremo rexeita o recurso da Deputación de Ourense contra a nulidade do concurso para cubrir 69 prazas. O TS non admite o recurso da Deputación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre as bases concurso convocado en 2016. A Administración de Xustiza cuestionase os

empresas. Na xuntanza afondouse tamén nos obxectivos da nova Alianza empresarial do Noroeste, da que a CEO forma parte. Esta entidade aspira a consolidar a zona como un territorio atractivo para o mantemento, captación e crecemento da actividade económica, con retos como a mellora das infraestruturas, a demografía e a potenciación do emprego.

requisitos establecidos para poder tomar parte no propio concurso, xa que so permite a uns presentarse “con exclusión de cualquera outro aspirante”. Resposta Desde a Deputación apuntan a que “aínda non teñen sentencia firme”, ao atoparse pendente a resolución por parte del TSXG. Ademais din que os postos ofertados non son de nova creación senon que son “ que figuran en la RPT”.


CIDADE

Leve baixada do paro na provincia 4 O 88% dos contratos son temporais. Redacción Visitantes da Vinis Terrae en en Expourense.

Éxito da VIII Vinis Terrae 4 50 bodegas abren mercado en 14 países. Redacción Vinis Terrae pechou a súa 8ª edición, na que 50 adegas galegas convenceron a compradores procedentes de 14 países. Esta última feira de Expourense concluiu cun total de 1.000 citas de negocios e atraendo a máis de 700 visitas, xa que ademais da misión de importadores, participaron na feira profesionais da restauración, hostalaría ou distribución do sector do mercado nacional. Vinis Terrae contribuíu por tanto a avanzar na internacionalización dos viños galegos. Un dos actos centrais da

Conciliación na cidade en Semana Santa Redacción O Concello de Ourense reforza este ano o programa de actividades que organiza nos 5 centros cívicos para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa, entre o 12 e o 22 de abril. A Concellería de Asuntos Sociais do Concello amplía este ano o horario das actividades, que se realizarán cada día desde as 9 até as 14 horas, nos centros cívicos da rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Así, durante os días 15, 16, 17 e 22 de abril, escolares de Educación Infan-

segunda xornada do salón foi a entrega de premios da I Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae que estivo dirixida pola recoñecida catadora Mercedes González e contou cun panel de expertos no que participaron representantes da Asociación Galega de Enólogos, das asociacións de catadoras de Galicia Gallaecia e Agasu e da Asociación Galega de Catadores, así como outros expertos de fóra de Galicia. Os viños premiados co primeiro posto participarán o próximo 29 de abril nunha cata organizada no Casino de Madrid.

til e Primaria poderán participar nunha chea de propostas que teñen como finalidade poñer á súa disposición un espazo de convivencia integradora e saudable, e que incluirán elementos transversais como a educación en igualdade, o fomento da vida saudable, a solidariedade ou o consumo responsable. Terán un carácter socio educativo e lúdico, con obradoiros de reciclaxe, conta-contos, xogos ou manualidades. As familias interesadas poden realizar a inscrición cubrindo a solicitude na páxina web: www. ssociaiscursos.com. Os nenos e as nenas que xa se anotaron nas actividades para todo o curso non necesitan facer unha nova inscrición.

Comisións Obreiras de Ourense considera que o mercado laboral provincial segue estancado e precarizado, trala diminución do paro no mes de marzo en tan só 32 persoas, sendo temporais o 88% dos contratos asinados. Reprodúcese así un modelo de emprego negativo que se

repite mes tras mes e ano tras ano na provincia. CCOO advirte que aínda que o desemprego descendeu é o sector servizos o que engrosa máis as listas de desempregados cun incremento de 86, pendente da precaria contratación estacional de cara á Semana Santa. Mismos parámetros para o colectivo ‘sen emprego anterior’ que sobe en 37 persoas paradas

máis con respecto ao mes anterior. A precariedade e sinónimo de “pobreza laboral” que segue a aumentar entre os ourensáns, cun 42% de fogares que se mantén tan só a base de prestacións. Para o sindicato “esta situación non produce solvencia económica” e apuntan á “necesidade de recuperar a demanda interna para evitar o estancamento da economía e poder superar a débil ou nula creación de emprego estable e, para elo, é preciso recuperar o poder adquisitivo dos salarios, un plan de choque contra o desemprego e reactivar o consumo.

Barrios 5 de abril 2019



Días sen IVE nas tendas Xiaomi só o 6 de abril Redacción A marca chinesa de móbiles Xiaomi cumpre neste 2019 os seus primeiros nove anos de vida a nivel mundial. Para celebralo, a marca crea os “Mi Fan Festival” (MFF) que comezaron este xoves 4 de abril. Pero esta non é a única vantaxe por mercar un Xiaomi. Se queres descubrir máis promocións achegate o sábado 6 de abril á tenda “Red Select” de Xiaomi ubicada na rúa Samuel Eiján 9 de Ourense en horario de 10.30 a 17 horas.




Barrios 5 de abril 2019

EN BREVE 4 Pleno O Pleno de Barbadás do mes de abril acordou unirse ao Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía. Outras mocións aprobadas foron as relativas a melloras na rúa das Burgas e no parque ao carón da escola infantil de Barbadás, moción do PP; actuacións aldea de Pontón acordadas en abril do pasado ano, acordadas polo Grupo Mixto; e melloras de seguridade e acondicionamento de espazo público, mocións do PP e Grupo Mixto.

4 Freire Couto Segue adiante a investigación contra o exalcalde de Barbadás José Manuel Freire Couto e outras persoas, entre as que se atopan a súa muller e filla, ademais do exedil de Urbanismo da localidade, Antonio Currás, e Ramón López Casal (socio de López Noya, condeado en Valladolid). Couto non acreditou como fixo o pago de varias vivendas en Matosinhos e Barbadás, mercadas mediante a sociedade Alba María, sen actividade algunha.

BARBADÁS

Polémica co transporte metropolitano 4 Xunta e Concello enzárzanse. Redacción

Presentación da aplicación das rúas da Valenzá.

Polémica entre Concello de Barbadás e Xunta de Galicia sobre o transporte metropolitano. Mentres desde o Concello aseguran que o Plan se fixo de xeito unilateral, desde a Xunta negan a maior, e recordan que se atenderon as alegacións -na súa maioría- do Concello ademais de acudir a unha reunión e participar nunha enquisa. Desde o Concello presentaron alegacións ao detectar “grandes defectos” debidos a non ter en conta a opinión dos concellos. O concelleiro de Mobilidade, Xosé Manoel Fírvida, explicaba que pedían unha reducción do prezo dos billetes, xa que a maioría dos traxectos non superan os 3,5 km. Reclamaron, tamén, máis frecuencia ao centro de saúde e autocares para ir ao instituto.

A Valenzá en 360º 4 Unha aplicación percorre as rúas e establecementos da Valenzá. Redacción Autobús que vai de Ourense a Barbadás. /RAMSÉS. Outra das críticas foi sobre os viaxes reais. Fírvida dixo que contaron 179.000 viaxes ao ano cando “nós compramos 215.270 viaxes no 2018 á empresa para bonos”, polo que aínda habería que sumar “os que non usan bonobús”. Por iso cre que hai un sobrecusto. O concelleiro lembrou que o Concello gasta 160.000 euros en bonificar o bus e 16.000 máis nunha liña para estudantes de Bacharelato.

Xunta O ente autonómico asegura que se atenderon todas as alegación salvo a de engadir unha liña que comunicase dous centros escolares para os alumnos de Bacharelato, xa que é unha liña interna do Concello. Para rematar, aseguraron que os concellos tiveron desde o 1 de febreiro un mes para participar na elaboración final do proxecto.

Día da Árbore Escolares de Barbadás, dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, plantaron árbores en parques para celebrar o Día da Árbore. A actividade tivo como obxectivo “concienciar sobre a importancia de protexer as árbores e bosques, xa que entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, purificando o aire, ademais, minimizan os riscos de inundación e erosión, aportan vida e froitos ás persoas e os animais”, explica Rafael Sierra Carril, concelleiro de Medio Ambiente. Os alumnos do colexio O Ruxidoiro despois de realizar a plantación no parque dos cans plantaron seis árbores máis no propio centro educativo.

Celebración do Día da Árbore en Barbadás.

O concello de Barbadás acaba de pór en marcha unha aplicación informática na páxina web oficial do concello (www.barbadas.gal e tamén en www. turismobarbadás.com) que permite a visita virtual das rúas do núcleo da Valenzá, así como dos seus establecementos comerciais. Deste xeito, a iniciativa da acceso a observar os puntos de interés turístico repartidos polo termo municipal (museo da gaita de fole, museo etnográfico de Loiro, etc.) a vista de dron, segundo explicou o tenente de alcalde Xosé Manuel Fírvida durante a presentación pública desta ferramenta. Fírvida apuntou que vai destinada “para todos os veciños e visitantes, que consideramos de utilidade, posto que Barbadás, e nomeadamente A Valenzá, constitúe un concello vivo e dinámico, con máis de 13.000 habitantes”. Por outra banda, “a intensa laboura de recuperación dos re-

cursos urbanísticos e naturais do concello, levada cabo en todos os núcleos, dalle contido a esta idea promovida polo propio concello e desenvolvida polo grupo Innova”. O comercio O obxectivo principal, ademais do potencial uso con fins turístico recreativos virtuais, segundo o tenente de alcalde, “é o de impulsar, dinamizar e visibilizar o comercio e a economía local, xa que as vistas xerais de rúas chegan á porta dos establecementos e contén información sobre os mesmos. Ademais, os donos teñen a posibilidade de incluir imaxes do interior e completar a promoción do mesmo”. Deste xeito, o usuario interesado en mercar algún produto ou visitar algún local de hostalería ou restauración, tería información documental sobre as instalacións: ubicación, superficie, aspecto ou servizos, que permiten tomar unha decisión co maior coñecemento previo, segundo explicou David Yebra, en representación do grupo Innova.


CELANOVA E COMARCA

Isabel Blanco, premio “Celanova, Casa dos Poetas” 4 Gañouno polo seu compromiso vital con Galicia. Redacción O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas” concedeuno na súa 35ª edición á actriz Isabel Blanco polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado, contribuíndo así, coa súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais. Dende a súa emerxencia inicial como presentadora na TVG a mediados dos

90, e a súa eclosión na arte da interpretación televisiva na recordada serie “Mares Vivas”, acompañando ó tamén Premio “Celanova Casa dos Poetas”, Luís Tosar, Isabel Blanco ten sabido representar dun xeito moi persoal, os principais valores da nosa sociedade como pobo, modesto e humilde, pero consecuentemente preparado para poder andar polo mundo orgullosos de sermos quen somos. Como valoración do ano 2018, destacouse en especial as máis de 13.600 persoas atendidas pola Fundación Curros Enríquez.

40.000 euros para obras e reformas 4 Acordo unánime no pleno para retocar a ordenanza de recollida de lixo. Redacción Unha modificación de crédito por importe próximo aos 400.000 euros permitirá ao Concello de Celanova executar varias obras e realizar reformas en instalacións municipais. A contía, 396.870 euros, sácase do remanente de tesouraría. Por parte da oposición, o BNG cuestionou que non

se utilicen máis fondos dese remanente, de case tres millóns de euros. Actuacións Ao acondicionamento de camiños e rúas en distintos núcleos destinaranse 151.000 euros. Á reparación, enlucido e pintado da tarima do polideportivo da Pedra da Moa, outros 34.000 euros. As actuacións relacio-

nadas con elementos do patrimonio histórico adícanse 50.000 euros, dos cales 20.000 serán para limpeza da contorna da ponte romana de Freixo. 10.000 serán para a climatización do auditorio e 80.000 será a achega municipal para complementar a subvención da Xunta para a primeira fase da reforma integral da rúa Castor Elices. Outro acordo, unánime, foi para retocar a ordenanza por recollida de lixo. Houbera reclamacións de veciños aos que lles chegaban recibos para pagar por palleiros ou inmobles similares despois da última actualización catastral polo que a ordenanza modifícase para que non se lles cargue esta taxa.

Barrios 5 de abril 2019



EN BREVE 4 Poesía Visual A Casa dos Poetas acolle ata o 31 de maio unha exposición de Poesía Visual. Trátase de 20 traballos froito do obradoiro impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro en Celanova. Unha mostra, polo tanto colectiva tamén na súa confección, na que participaron: Rosa Marras, Carmen Feijoo, Manuela Rodríguez, María del Camen Pérez, Javier Gándara E Celsa Rodríguez. O horario de visita será de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00, con entrada de balde.

4 Candidato do PSOE O partido socialista vén de presentar a Julio Vázquez como candidato á alcaldía de Celanova. Julio Vázquez explicou o programa co que agarda conseguir a confianza dos veciños e darlle un xiro ao concello celanovés. O seu programa presentaba sobre todo cambios en temas económicos.

4 Candidato de Espazo Común

Asistentes aos Premios “Celanova, Casa dos Poetas”.

“40 anos votando en Celanova” A. Mínguez O 3 de abril de 2019 é o 40 aniversario das primeiras eleccións municipais da democracia recente, e sae á luz o libro “40 anos votando en Celanova. Historia de dez corporacións (1979-2015)” de Alejandro Mínguez, promotor da Sala Plan C e autor dunha ducia de libros. O traballo está editado por Didot e recolle a historia dos dez mandatos municipais, nos que Celanova tivo seis alcaldes e tres deles acabaron dimitindo por distintas razóns. Un período que contou con máis de 17 partidos presentados aos comicios locais moitos dos cales non

conseguiron nunca acta. O libro está dividido en tres bloques: o primeiro, que foi o máis convulso políticamente entre 1979 e 1991 con catro rexedores; o segundo, con Antonio Mouriño como alcalde durante 21 anos, e finalmente un terceiro bloque no que Ferro Iglesias é alcalde nun primeiro mandato difícil sen maioría e no actual con maior comodidade. Tamén se fai un breve repaso ao cambio nos sectores básicos e a cultura nestas catro décadas. Para os comicios de 2019, catro son as listas que se dan como seguras PP, PSOE, BNG e Espazo Común, e barállase a presentación dunha quinta lista independente.

Espazo Común continúa medrando e tamén ten candidato en Celanova para as próximas eleccións municipais. Trátase de José Rivera. Rivera era o único concelleiro socialista en Quintela de Leirado ata a súa dimisón fai un mes.

4 Planetario en Bande Os nenos e nenas de Bande poderán disfrutar dunha atractiva novidade nestas vacacións de Semana Santa. A semana do 8 ao 12 de abril a Biblioteca de Bande transformarase nun planetario grazas ao espectáculo “A nena que sabía camiñar ó revés” do planetario viaxeiro. Dentro dun globo inchable os participantes, 15 como máximo, descubrirán os segredos do universo. A entrada é gratuíta con catro pases cada día (11, 12, 16 e 16.30 h.)




Barrios 5 de abril 2019

EN BREVE 4 “Pequenos exploradores” A proposta “Pequenos exploradores” vai dirixida a familias con nenos e nenas de 5 anos en adiante. Descubrindo o río Arnoia, a ruta arqueolóxica de Armea e O Rexo pasando polos petróglifos de Cerdeira, son as tres rutas organizadas. Ademais os nenos e nenas poderán gozar de varios obradoiros como a creación de asubíos con carrabouxos, un guerreiro de landras ou debuxar calcos dos petróglifos. As seguintes rutas serán o 28 de abril e o 12 de maio.

4 Reciclaxe A área de medio ambiente do Concello de Allariz, a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ás persoas usuarias das zonas de compostaxe comunitaria. Entre o pasado mes de febreiro e a primeira quincena de marzo os operarios municipais encargados do programa RE, de reciclaxe e compostaxe comunitaria, traballaron na criba e reparto do compost situado nas caixas instaladas nas 25 zonas de compostaxe comunitario.

4 Reciclaxe A Xunta de Galicia transferiulle ao Concello de Xinzo de Limia os tramos urbanos da avenida de Portugal, rúa Dous de Maio e avenida de Celanova. O Concello será o responsable da súa conservación e mantemento e poderá actuar sobre estas vías de modo acorde coas súas características.

4 Desfibriladores O Concello de Allariz recibiu tres desfibriladores do concesionario PSA Peugeot Retail Orense, donante do material, A cidade deportiva do Seixo e a Asociación de Protección Civil de Allariz serán dúas das beneficiarias deste novo equipamento para atender emerxencias cardiorespiratorias.

PROVINCIA

Ocio en Allariz na Semana Santa 4 O programa inclúe música, arte, danza e roteiros. Redacción Allariz ofrece a veciños, veciñas e turistas o programa “Semana Santa ao Vivo” que inclúe música ao vivo nas rúas, mercados de artesanía e de gastronomía ou sesión de xogos tradicionais para as familias e outras novidades desta edición como as rutas interpretadas polo casco histórico ou a xuntanza de artistas da pintura que retratarán recunchos de Allariz. A música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial na programación da Semana Santa en Allariz. O casco histórico encherase de ritmo grazas ás ac-

tuacións de rúa dos grupos galegos: Adrián Timms (folk/indie/pop), Banet (indie-pop, funk, synthpop, psicodelia), Raiceira (folk tradicional), Iván Caride (pop-rock)¡, GarménHarper (tradicional/ bossa/clásico/versións) e Sheila Patricia (world music/pop). Tamén actuará o grupo alaricano “Os dous porquiños” e o solista Rubén Darío de Prado con versión de distintos estilos musicais. E como novidade, xa que o pasado non puido ser polo mal tempo, incorpórase ás actuacións a disciplina de danza contemporánea coa Licenciada Sotelo. Dende o xoves ao do-

mingo tanto veciños e veciñas como os visitantes de Allariz poderán gozar destas actuacións en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas. Novidades Unha novidade importante para este ano é a iniciativa “Ruta interpretada por Allariz”. O obxectivo da mesma é amosar, durante unhas dúas horas e acompañados de guías especializados na historia e patrimonio de Allariz, algúns dos recunchos con máis tradición da vila. Terá lugar os días 19 e 21 de abril ás 11:30 horas. E ademais, o domingo 21, Allariz recibirá a visita do movemento Urban Sketchers de Ourense. Artistas da pintura e do debuxo, profesionais e afeccionados, aos que se poden unir todas as persoas que o desexen, para celebrar o Maratón de bocetos do Centro Histórico de Allariz.

Presentación dos actos da Festa do Boi deste ano.

Xa falta menos para a Festa do Boi 4 Foi presentado o programa de actividades. Redacción Allariz inicia a conta atrás para a celebración da Festa do Boi 2019 que terá lugar do 15 ao 23 de xuño. Durante 9 días desenvolveranse máis de 60 actividades. Música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as carreiras do boi centrarán, un ano máis, a programación festiva. Dezaseis carreiras do boi centrarán a programación da Festa do Boi 2019. A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a pro-

Comité Coordinador da Vía Campesina en Europa Redacción Sonia Vidal Lamas, gandeira de Xunqueira de Ambía (Ourense) que forma parte da Executiva do Sindicato Labrego Galego, vén de ser escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina. A elección tivo lugar na Asemblea Xeral da Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina, que se desenvolveu o 25 e 26 de marzo en Bruxelas, e na que participaron 27 organizacións agrarias de 17 países europeos que

cesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi. Os nenos e nenas terán o seu espazo na Festa coa programación de actividades como as carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreces creado polos centros de ensino de Allariz ou o pistaboi. A Festa do Boi conta cun orzamento de 82.000 euros, sufragado pola achega voluntaria dos veciños e veciñas, comerciantes e hostaleiros de Allariz aos que porta por porta se lles pide contribución.

forman parte da Vía Campesina en Europa. Sonia Vidal ocupará esta responsabilidade durante os dous vindeiros anos, sendo prorrogables até en tres ocasións e podendo sumar un máximo de oito anos no desempeño das súas funcións.

Sonia Vidal, na súa explotación en Xunqueira.


REPORTAXE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

CRD Ourense, oportunidade para estudar o que queres 4 A residencia de alumnos non universitarios de Ourense oferta preto de 200 prazas. Redacción O Centro Residencial Doente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. O acceso as prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual que soe publicarse no mes de xuño, en período ordinario. As prazas poden ser con beca completa, no caso de cumprir cos requisitos fixados na convocatoria. AsÍ mesmo, a mediados de setembro, ábrese un novo prazo para solicitar prazas na residencia, se feita a adxudicación de prazas en período ordinario, seguen existindo algunhas prazas vacantes. O centro está dividido en dous colexios residenciais, que teñen cada un

O acceso ás prazas do CRD regúlase por unha convocatoria que adoita publicarse no mes de xuño

tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/colaboradores, é dicir 204 persoas. Existen 6 prazas reservadas para colaboradores/bolseiros. O acceso as prazas de colaborador/bolseiro regúlanse por unha convocatoria anual que soe publicarse a mediados de xullo. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador/bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta. Os requisitos para poder optar as pazas de colaborador/bolseiro, son. a) Dezaoito anos cumpridos ou acadar esta idade dentro do ano natural 2019. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia. c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2018/19. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro:

biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/ bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Colaboradoras Descubrimos mellor a figura de colaborador grazas as experiencias de Laura López e Sheila González a través destas entrevistas. Por que entraches no CRD como colaborador? Laura López (L.L): “A miña casa está lonxe, así que cando empecei a universidade sabía que tiña

que buscar un lugar onde quedar. Atopei o CRD de casualidade buscando en Google “residencias de estudantes Ourense”. Chamei, contestoume Eugenia (xefa de Residencia), e dixenlle que era unha estudante universitaria buscando un aloxamento. Ela comentoume que había un pequeno posto de traballo para xente na miña situación. Ahí empezou todo”. Que tipo de funcións fas? L.L.: “O groso do noso traballo é pasar lista, é dicir, pasar polas habitacións, normalmente compartidas por 3 persoas, e asegurarnos que todos están localizados; no meu caso, da primeira planta de Ribeiro. Outras tarefas que temos é velar pola orde desde as 23.30 á 1 h., garantindo un período de descanso o máis tranquilo posible. Colaboramos na apertura do centro os domingos recibindo ao alumnado. Para elo dividímonos en parellas e ímos rotando. Dentro das parellas tamén se rota, polo que unha vez tes que estar desde as 18 ás 22.30 h. no despacho de titoras e a seguinte ás 22.30 para pasar lista polas 3 plantas dunha das residencias. Gústache o traballo que realizas? L.L.: “O meu traballo como colaboradora non é un traballo inspirador ou que esperte paixóns, pero é un traballo sinxelo que entendo como contraprestación aos servizos ós que teño acceso. O que máis me gusta e polo que repetín este ano, son os meus compañeiros. Somos unha pequeña piña que o resto do centro coñece como “os colaboradores”, aínda que na súa maioría sexamos mozas”. Estás contenta como

Laura López, nas instalacións do CRD.

Barrios 5 de abril 2019



Sheila González cóntanos a súa experiencia no CRD. colaboradora? L.L.: “Sí, gústame a responsabilidade, fixen moi bos amigos, coñecín unha cidade moi acolledora e moitas máis cousas”. Recomendaríasllo a outra compañeira/o universitario? L.L.: “O que máis te esise ser colaborador é constancia. Sabes que tes uns horarios, unha responsabilidade que en repetidas ocasións vai a romper por completo plans cos teus amigos, compañeiros de clase… Se ben é certo que se nos deu algunhas prerrogativas nese aspecto. Despois, no día a día hai certas situacións que non son do todo agradables, xa sexa cos residentes ou co resto de personal. Situacións que moitas veces responden ao difícil da convivencia. Ao fin e o cabo, este lugar convírtese na túa segunda casa. Sempre que me preguntan respondo que encaixa coa miña personalidade. Son tranquila, no discuto, non sáio case nunca, sei comunicarme (ou así o creo) cos residentes e demáis persoal e, o máis importante, adáptome ao que creo que me proporciona un beneficio deixando de lado, pasando desas pequenas cousas que me molestan, pero en perspectiva son insignificantes”. Agora é Sheila González quen nos fala de súas vivenzas no CRD. Por que entraches no CRD como colaborador? Sheila González (S.G.): “Entrei no CRD como colaboradora porque sendo universitaria optei a unha das prazas para ser colaboradora/becaria, ademais de que a miña puntuación académica, económica e outros méritos me permitiron o acceso á residencia”.

Que tipo de funcións fas? S.G.: “As funcións que fago como colaboradora son, entre outras, residir durante o curso no CRD, responsabilizarme do alumnado residente da planta que me asignan, pasar lista diariamente ás 22:30 h., procurar que cumpran as normas de convivencia, acompañar ao centro médico en caso de que haxa algunha emerxencia médica co residente que o precise e colaborar nas tarefas, labores e actividades do CRD”. Gústache o traballo que realizas? S.G.: “Sí, gústame o traballo que realizo polo feito de que me forma como persoa e tamén para a miña futura profesión”. Estás contenta como colaboradora? S.G.: “Sí, porque as condicións son satisfactorias e a relación, tanto co persoal do CRD como co alumnado que reside é moi agradable”. Recomendaríasllo a outra compañeira/o universitario? S.G.: “Por suposto, porque exercendo as labores anteriormente mencionadas ademais de poder estar no CRD de xeito gratuíto, é unha experiencia pedagóxica para o futuro”. “Como ben explicaron as nosas colaboradoras o perfil que andamos a buscar de colaborador/a é o dunha persoa responsable, que lle guste o trato coa xente, dinámica e comprometida”, engade o director do CRD Ourense, Fran García. Quen desexe máis información pódense achegar á Av. da Universidade, nº 18, Ourense, no teléfono 988 60 21 65, no email credo. ourense@edu.xunta.es ou no facebook @crdourense.


10

Barrios 5 de abril 2019

DEPORTES

Cómoda vitoria do COB ante o Prat

Xirakarting Redacción O Parque Barbaña volve acoller, esta fin de semana, a 13ª edición da Xirakarting. Este ano terá lugar na nosa cidade do 5 (venres) ao 8 (domingo) de abril. O horario será de 12 a 14 horas, pola mañá, e de 16:30 a 21:30 horas, pola tarde. Nos Gadis de Ourense pódense atopar vales descontos de 3 euros para os karts. Familia Pódese participar desde os 3 anos, acompañados por un adulto, desde os 8 en kart infantil e desde os 13 en monopraza de adulto.

4 Esta fin de semana recibe no Pazo ao Bilbao. Redacción

Ngagne Faye, nun dos combates no Europeo de shuaijiao.

O ourensán Ngagne Faye logra a prata en Italia 4 No Campionato de Europa de shuaijiao. Redacción

Presentación en Ourense da Xirakarting.

BTT Redacción O ciclista do Club Ciclista Maceda, Carlos Canal, volveu a vencer nunha proba da UCI Junior Series. Nesta ocasión na celebrada na localidade francesa de Marsella. Canal mostrouse intratable durante toda a carreira e desde que se puxo en cabeza xa non a soltaría ata chegar a liña de meta. Detrás quedou o británico Charlie Aldridge.

Carlos Canal.

A localidade italiana de Ostia acolleu, a pasada fin de semana, o Campionato de Europa de shuaijiao (loita chinesa). A selección española foi representada con nove competidores dos cales tres pertencen á federación galega de Kungfu. A representación galega estivo composta polos competidores Ngagne Faye, Ricardo Domínguez e Ana Vázquez. Ademais o mestre Aarón Blanco foi o adestrador da expedición española. No evento participaron dez nacionalidades distintas: Rusia, Grecia, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Bosnia, Serbia, Ucraína, España e a anfitrioa, Italia. As seleccións máis potentes, Rusia e Italia, marcaron o patrón a seguir en canto a resultados. E a selección española conseguiu a terceira posición por equipos, a primeira vez que se logra tal xesta. España conseguiu un total de cinco medallas, catro pratas e un bronce. A este logro contribuíu a

prata lograda por Ngagne Faye. Faye (do club Artai de Ourense) é o actual campión de España. Participou o pasado ano no Mundial e quedou ás portas do ouro cun resultado de 3:2 na final de 70 kg. O adestrador nacional, o ourensán Aarón Blanco, quedou moi satisfeito pola participación española e os máis que excelentes re-

sultados, sobre todo o do seu pupilo. Citas As próximas citas do kungfu moderno galego son o 27 de abril (Campionato galego de Formas), 11 de maio (Campionato galego de Combate) e o 18 de maio (Campionato de España Formas e Combate).

Faye, primeiro pola esquerda, no podio coa medalla de prata de shuaijiao.

Os cobistas viaxaban a terras catalás con dúas derrotas previas e coa necesidade de volver a recuperar sensacións para as cinco xornadas de liga que quedan. Así o deberon ver tamén os homes de Gonzalo García pois no primeiro cuarto xa se escaparon no marcador, 12 a 23, ata o final do encontro, 67 a 88, pasando polo descanso, 25 a 44. O colista resistíase a perder na súa casa unha xornada máis e tiña pulos por momentos, pero que non chegaban a inquedar aos ourensáns. Pese aos antecedentes, dúas derrotas, e o rival, na casa do colista que loita por non descender, o Río Ourense Termal acadou unha cómoda victoria que o coloca cuarto. Xogo coral dos cobistas, onde Rozitis foi o máximo anotador con 18 puntos, seguido de Zamora con 13. A continuación os 11 puntos de Sergio Rodríguez, Ott e Javon Masters. Destacar que ata 10 xogadores do COB lograron anotar ao longo do encontro. Porén, Vidal só anotou tres puntos. Esperemos que estea gardando para o próximo partido. Nas cinco xornadas que quedan o COB deberá consolidar o posto que da acceso ao playoff que comenzará o 10 de maio, a liga remata o 3 de maio. Por agora marchan cuartos con 18 victorias e o décimo posto, que o deixaría fóra, está con 16 victorias, estreito marxe. Postos a pedir, de continuar nesta cuarta praza, tería o factor cancha a

Partido do COB no Pazo. favor. Bilbao Pero para chegar aí, esta fin de semana deberá gañar ao Bilbao Basket no Pazo. Partido de altura entre o segundo e o cuarto. Os vascos veñen de gañar os últimos catro partidos da man do seu adestrador, Alex Mumbrú. Para ver o desenlace, este sábado ás 19 h. no Pazo Paco Paz. O que ía ser “Día do club”, no que os socios tiñan que pagar 10 euros -os sénior-, finalmente non será así. Un grupo de afeccionados e peñas protestaron polo que desde o club decidiron non crear mal ambiente e suprimir un día no que pretendían recadar algo de cartos para poder sufragar algúns gastos como os dun posible pleyoff. Algún afeccionado queixabase do prezo aínda que non era reacio a pagar unha entrada de menor cuantía.

COB -Bilbao este sábado 6 de abril ás 19 h no Pazo Paco Paz


DEPORTES

13 metais para o CXP na Copa Deputación Redacción A primeira fase da Copa Deputación de ximnasia saldouse con 13 metais para o Club Ximnasia Pavillón. O CXP presentou un total de catro individuais, obtendo todos eles os primeiros postos da clasificación. Na modalidade de conxuntos presentaron oito conxuntos e sete o Escola Pavillón. Ademais, houbo nume-

4 Strade Termal Este domingo, 7 de abril, celébrase a segunda edición da Ourense Strade Termal. A proba dará comezo ás 9 da mañá desde o hotel balneario de Lobios. Haberá tres percorridos: un de 70 quilómetros, outro de 105 e un terceiro de 139.

Emma Valencia na final dos 60 m valados W35. /N.R.

Emma Valencia, bronce mundial 4 Ademais, Domingo Álvarez e Luz Mª Domínguez foron finalistas. Redacción

Podio da Copa Deputación de ximnasia.

11

EN BREVE

rosas exhibicións das pavillonistas tanto de conxuntos coma individuais de nivel nacional, escolar e de iniciación. Burgas Por parte do Burgas as competicións da pasada fin de semana tamén foron fructíferas. No Torneo interescolas, celebrado no Paco Paz, con 150 ximnastas e na Copa Deputación no Carballiño, con 60. Esta fin de semana competirán en Xixón, a onde acudirán con 42 ximnastas.

Barrios 5 de abril 2019

Rematou en Polonia o Campionato do Mundo máster de atletismo cun balance final dunha medalla de bronce e dous

postos de finalistas para o tres representantes do atletismo ourensán. Emma Valencia facía bos os prognósticos e, tras superar sen dificultade a rolda semifinal, lograba

colgarse a medalla bronce nos 60 metros valas W35. A atleta do Celta marcaba un crono de 9.11 que lle valía para encadear a súa cuarta medalla nunha competición internacional tras as logradas en Arhus, Madrid e Málaga. Pola súa banda Domingo Álvarez alcanzaba unha fantástica sexta praza na esixente final dos 1500 M60. O terceiro posto de finalista era o logrado por Luz Mª Domínguez nos 800 W55 na tarde do xoves.

4 Carreira solidaria

O alumnado do IES de Allariz organiza a primeira carreira solidaria. O 12 de abril, entre as 12 e as 14 horas, alumnos e alumnas correrán polo casco histórico de Allariz. O obxectivo principal é recadar fondos para a asociación alaricana Puzzle, que loita pola integración laboral das persoas con discapacidade. Cada participante buscará patrocinadores para os quilómetros que percorra.


12

Barrios 5 de abril 2019

Fútbol gaélico Redacción A xornada da pasada fin de semana enfrontaban no campo de rugbi das Lagoas ao Auriense e aos Fillos de Breogán da Coruña, cuarto e terceiro clasificado, respectivamente, en categoría masculina e feminina. Os rapaces comezaron a xornada. Nun partido frenético, marcado polo acerto a paos, os locais marcharon ao descanso cunha vantaxe dun punto. Na reanudación, o maior acerto de cara a porta do Auriense mantivo a vantaxe local, rematando cun resultado de Auriense 05-14 (29), Fillos 02-14 (20). A continuación no partido feminino, comezou marcado polos continuos contragolpes de ambos equipos e destacando boas accións das porteiras de ambos equipos. Nos derradeiros momentos, o marcador chegou ao empate a 22 puntos tras unha serie de excelentes xogadas, mais o mellor acerto das herculinas rematou por darlle a vitoria as visitantes por so dous puntos. Auriense (22) Fillas (24). A falta dunha xogada para rematar a Liga masculina, os equipos masculino e feminino mediranse a semana próxima aos Irmandinhos e Irmandinhas da Estrada.

Equipos do Auriense.

DEPORTES

A UD Ourense rompe a racha negativa 4 Vitoria fronte ao Rácing de Ferrol despois de catro derrotas. R. Torres Tiveron que pasar cinco xornadas para que os pupilos de Fernando Currás volveran a sorrir tras unha vitoria. Foi o pasado domingo, na xornada número 30, diante do Rácing de Ferrol. O resultado foi dun gol a cero, sifuciente para sumar tres puntos que se resisitían desde o 24 de febreiro. Máis dun mes sen puntuar. O positivo foi que os ourensáns non se baixaron dos postos de promoción. A vitoria fronte os departamentales fai que manteñan a cuarta posición con 52 puntos, a catro do terceiro, Compostela; a cinco do propio Ferrol e a sete do líder, Bergantiños. O partido non tivo moito xogo, ambos equipos respetábanse de máis, o que impedía ver sobre o verde do Couto un xogo excesivamente combinativo. Foi sobre a media hora de encontro cando chegaba o único tanto da tarde. Alfredo non desaproveitaba unha falta ao borde da área que fixo saltar dos seus asentos á parroquia local. A partir de aí, a replegarse. Na segunda metade, Currás optou por non ceder moito ao rival e meteu a tres centrais. Os ferroláns tentárono ata o final metendo na súa propia área aos locais. Foron tanto a polo gol que deixaban

Tropezo do Envialia en Primeira ante o Zaragoza 4Derbi en Segunda este sábado ás 19.30 horas. Redacción

Hugo García estivo moi activo no partido fronte o Rácing de Ferrol. /RAMSÉS. moi desprotexida a súa portaría, cousa que non aproveitaron os unionistas a pesar de que tiveron dúas ou tres contras claras. Asubío final e tres puntos para manterse en playoff. Esta fin de semana teñen un complicado desprazamento. Visitan ao líder, o Bergantiños. Outros ourensáns O Barco logrou unha importante vitoria en Calabagueiros diante do Compostela, o que fai que siga a estela da cuarta posición. Juanito Bazo marcou o tanto que deu os tres puntos aos valdeorreses e frean a un Compos que podería haber reducido distancia cos dous primeiros. Esta fin de semana visitan a un Arousa que non quere perder opcións de meterse en promoción; está a sete

puntos da cuarta praza. O Ourense C.F. tamén logrou unha vitoria -ante o Ribadumia por 0 a 1 con gol de Zanelli nos primeiros intres do encontro- que supón seguir sumando puntos para pasar cada vez menos apuros. Somozas será o rival dos albinegros esta fin de semana no estadio do Couto. Quen segue a sufrir é o Arenteiro. Os do Carballiño perderon en Espiñedo por un a dous diante do Alondras (equipo que tamén está na loita por entrar en promoción). Hugo adiantou aos locais, porén dous goles de Yelco deron a volta ao marcador. O Arenteiro ocupa a 13ª posición dous puntos por enriba do descenso. Nesta xornada visitan ao Silva.

Na fin de semana pasada só se disputaron os partidos de fútbol sala feminino, xa que o Sala Ourense descansou. O que semellaba un partido sinxelo para o Ourense Envialia transformouse nunha dolorosa derrota por 4 a 1. O Sala Zaragoza necesitaba a vitoria para achegarse aos postos de salvación e demostrouno rápidamente. Primeiro tiro a porta e gol. Ao pouco outro gol e pouco máis que dicir. Esta derrota non fai perigar a Copa da Raíña para as ourensás, que van sextas con 42 puntos, a 7 do noveno, o Pozo Murcia, con 35 puntos. Quedan sete xornadas para o remate da liga. Esta fin de semana o Envialia recibe nos Remedios ao Móstoles, que vai 10º con 29 puntos. Na Segunda feminina, o Cidade das Burgas obtivo unha cómoda vitoria na cancha do Orvina por 0 a 4. Grazas a este resultado vai terceiro, a tres puntos do Valdetires Ferrol, que empatou co líder, o Bilbo, 2 a 2. O filial do Envialia gañou pola mínima ao Txantrea 2 a 1 nos Remedios. Así, colócase sétimo con 41 puntos. Este sábado 6 de abril, ás 19.30 horas, chega o

derbi ourensá do fútbol sala feminino aos Remedios. O Cidade actuará de local pero pouco importa isto nun derbi. Sala Ourense O Sala Ourense visita este domingo ás 12:30 ao Leis Pontevedra na que será a xornada 24 da Segunda División. Un partido no que os pontevedreses se xogan escapar da zona de perigo, son 12º con 22 puntos, empatados co Santiago de Sama (13º) e con Zamora (14º), este último en postos de descenso. Faltan sete xornadas e os ourensáns son 10º, con 11 puntos por enriba do descenso, suficientes para estar tranquilos pero sen relaxacións que poidan derivar en sustos de última hora.

O Sala Ourense visitará ao Leis Pontevedra.


OCIO E CULTURA

O “Rodolfo Prada” xa ten gañadores 4 Nas tres modalidades. Redacción O xurado do Premio “Rodolfo Prada” á xestión cultural 2019 elixiu os proxectos galardoados nas 3 modalidades do certame. Así, o premio a proxectos vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural foi para o proxecto “Festival Agrocuir da Ulloa”, presentado pola Asociación Agrocuir da Ulloa; o premio a persoas voluntarias ou colectivos

afeccionados foi para o proxecto “FIR Festival Internacional Rebulir”, presentado pola Asociación Cultural Rebulir; e o premio para profesionais da xestión cultural foi para José Antonio Viñas Mira, director da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos, no ano que esta asociación cumpre 25 anos. Os galardóns serán entregados o sábado 6 de abril, no marco da celebración da V edición da “Ourense ICC Week”.

Reunión do xurado que decidiu os galardoados.

Baltar entregando o premio a Ánxela Gracián.

Entrega do “Pura e Dora Vázquez” 4 Foi para a escritora Ánxela Gracián. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregou nun acto celebrado no colexio Maristas o XV Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración á escritora Ánxela Gracián, galardoada neste certame pola súa obra “As historias da

ogra Pinta”, da que o xurado destacou a súa “transmisión de valores”. Na modalidade de ilustración resultou gañadora a ourensá María Villarino López de quen o xurado destacou a orixinalidade das creacións artísticas, debuxadas a man pola ilustradora, quen non puido estar no acto de entrega do galar-

dón. Cada un dos premios está dotado con 1.500 euros e un diploma. A gañadora do certame na modalidade de narración agradeceu á Deputación de Ourense que “crease e manteña viva a memoria de Pura e Dora Vázquez, dúas mulleres que escribían para nenos cando non había literatura infantil”. A autora explicou que o libro homenaxea aos avós do rural que contaban historias; narradores orais dos que beberon moitos dos escritores da nosa literatura que reivindicaron a oralidade do pobo galego que vive da palabra, que lle gusta falar”. Nesas máis de 20 historias que a autora conta no seu libro están moitos dos seus rexistros como escritora, explicou. O libro “As historias da ogra Pinta” incluirá o texto gañador de Ánxela Gracián e as ilustracións galardoadas polo xurado de María Villarino, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.

Barrios 5 de abril 2019

13

Premio Poesía de Ourense Redacción O prazo para presentarse a 35 edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa, rematará o vindeiro 12 de abril. O Concello recorda que os interesados poden entregar as súas propostas para optar a este galardón dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira, coa obra “Prender os fachos, compoñer os ósos’. O premio está aberto a todas as persoas que desexen participar, de calquera nacionalidade, agás os que gañaron o premio nas 5 edicións anteriores. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata as 14 horas do 12 de abril.


14

Barrios 5 de abril 2019

4AXENDA Exposicións - Do 25 de marzo ata o 25 de abril - Exposición “Eincendios + 1” - Sala de exposicións de Verín - Do 21 de febreiro ata o 21 de abril - Exposición pictórica de Alexandro “Lume” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 7 de abril - Monologo de Luis Piedrahita - 19 hAuditorio Municipal Música - 5 de abril - Concerto de David Bustamante 21.30 h- Auditorio Municipal Deportes - 6 de abril - Ourense Envialia - Móstoles - 17 h. - Os Remedios - 6 de abril - COB - Bilbao Basket - 19 h. - Paco Paz - 6 de abril - Cidade das Burgas - urense Envialia 19.30 h. - Os Remedios www.periodicobarrios.com

AXENDA / OCIO E CULTURA

Elixio Rivas, fillo predilecto 4Polas súas achegas nos ámbitos da toponimia, a etimoloxía e o galego. Redacción O filólogo e etnógrafo ourensán Elixio Rivas Quintas recibiu a medalla de ouro da provincia de Ourense, un galardón outorgado pola Deputación que, nesta ocasión, rende homenaxe e pon en valor as importantes achegas de Elixio Rivas nos ámbitos da toponimia, a etimoloxía e a lingua galegas. Rivas, que agradeceu esta máxima distinción, dixo que dedicou toda a súa vida profesional á investigación etimolóxica, e destacou que o topónimo “Ourense” data de hai 4.000 anos e

procede da “auga”, “unha auga, que na nosa provincia ten, aínda, un maior significado polo seu ca-

Elixio Rivas recibindo a distinción. /RAMSÉS.

rácter termal”. Rivas expresou que a súa tarefa investigadora ao longo de décadas “foi a de recoller o legado dos últimos herdeiros da tradición rural galega”, anos de traballo de campo, viaxes e investigación académica nos que analizou documentos e achegas etnográficas que permitiron enriquecer á nosa cultura con 16.000 palabras máis no diccionario galego; 45.000 novas definicións e máis de 10.000 páxinas de toponimia, onomástica e historia de Galicia. “Quédame a satisfacción de rescatar para a memoria o labor de 490 ourensáns que non ficarán no esquecemento, e outros temas máis, anacos da nosa terra, que non merecen ser fundidos no anonimato dun mundo alleo e inhumano no que todo semella difuminado e tragado pola técnica e as máquinas sen alma”, rematou Rivas.

Ourensexove xa abriu inscricións

4Para mozos de 14 a 35 anos de balde. Redacción Chega unha nova iniciativa do Ourensexove, que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño. Os destinatarios son mozos e mozas de 14 a 35 anos e ten caracter gratuito. Entre as propostas están a de aero-ioga, defensa persoal, xestión emocional ou ‘Patinando pola cidade’, en horario nocturno, entre outras. Tamén actividades musicais: coidado e uso da voz, a batería nos diferentes estilos de música (pop, rock, latina, jazz), cursos de Dj, como preparar un cásting (impartido por Diana Tarín, finalista do programa LaVoz) ou o ‘Culture Spot’, que

Ourense Xove. consiste na práctica activa do inglés a través de xogos, gastronomía ou música. Prevénse dous torneos, de mesa e de vídeoxogos. Para anotarse é preciso entregar a ficha de inscrición que se poderá atopar no web Ourense.gal - Concellería de Xuventude a través do enderezo de correo electrónico xuventude@ourense.es. O prazo de comezou o martes día 2 de abril e a admisión será por orde de entrada ata completar as prazas.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 5 de abril 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº90 - Ano: XII - 5 de abril de 2019 - Difusión: 7000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Marea e Siniestro Total, nas Festas Redacción Confirmadas as primeiras bandas que actuarán nas festas de Ourense 2019. Marea e Siniestro Total estarán na nosa cidade o xoves 28 e o venres 29 de xuño respectivamente. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven para presentar ‘El azogue’, o seu novo álbum O concerto será ás 22:30 h. na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu. O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa creación. Julián Hernández, único supervivente da formación orixinal, estará acompañado por Javier Soto, Ángel González, Jorge Beltrán e Óscar G. Avendaño. Actuarán na praza Maior desde as 00:30 h., de balde pero con aforo reducido. Antes deles, ás 22:30 h., subirán ao mesmo escenario os N.E.O., a nova formación de Alberto Cereijo e Tino Mojón, integrantes de Los Suaves.

Siniestro Total.

Remember Queen, no Auditorio 4Xa se poden mercar as entradas para o espectáculo do día 13 ás 21.30 h. Redacción Tralo éxito na Gran Via de Madrid con máis de 15.000 espectadores chega a Ourense “Remember Queen”, a homenaxe máis fiel a Queen de Europa A factoría de espectáculos World Tribute presenta este atractivo show cunha renovada posta en escena, coidado vestiario e os mellores artistas do mundo especialistas en emular o traballo da banda británica, ofrecendo unha especial homenaxe á figura de Freddie Mercury e ao seu legado musical. O obxectivo de “Remember Queen” é crear a sensación de estar a ver a Queen en vivo. Os artistas coidan o máis mínimo detalle do espectáculo cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo esta a última Xira de Queen con Freddie Mercury en vida. Todos os éxitos de Queen como We are the Champions, Bohemian Rapsody ou I wont to Break Free nun espec-

táculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, Piero Venery que desde Italia nos ofrece unha impecable caracterización do artista, xunto aos seus xestos, bailes e posta en escena. Para os interesados en asistir poden mercar as entradas nas oficinas de Orixe, na rúa Francisco de Moure 20, no Couto, en Ourense.

As entradas pódense mercar en Orixe (rúa Francisco de Moure, 20 - O Couto)

Cartel do concerto.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.:

616 361 548. Busco traballo na zona de Celanova de mañás (de 8 a 11). En cociña, coidado de nenos ou de persoas maiores. Con experiencia. Tel: 662 917 651.

INMOBILIARIA Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Todo novo. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo apartamentos en Montalvo (desde Semana Santa ata outubro), 35€/ día. Tlf: 607 271 916. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío e outro con carballos e piñeiros. Nas Barxas, un de labradío. Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

VENDAS Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Como novo. Todo xunto, prezo negociable. Tlf: 526 747 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Moi pouco uso. 350€ negociables. Tamén accesorios para cans medianos e grandes, 3 arneses de tiro, 2 comedeiros automáticos, correas e colares. Todo en perfecto estado. 130 € (negociable) Tel: 988 232 565-636 286 434.

VARIOS Regalanse cañas de bambú asiático. Ideal para parras e vides. Interesados achegarse a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 5 de abril 2019

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 91  

Publicado un novo número de Barrios.

Barrios 91  

Publicado un novo número de Barrios.

Advertisement