Page 8



Barrios 29 de agosto 2019

CIDADE

Catro colexios da cidade lucirán melloras no novo curso escolar 4 A Xunta inviste 2,5 millóns de euros. Panorámica da praza 200 coa festa da escuma. /AVV.

A AVV As Termas empápase de escuma 4 Na actividade “Verán no barrio”. Redacción A Asociación de Veciños As Termas organizou, xunto coa colaboración da Concelleria de Participación Cidadá e a Concelleria de Asuntos Sociais, unha actividade que leva por nome “Verán no barrio”. Na Praza 200 reuníronse un cento de cativas e cativos para participar desta

actividade, que non era outra que a de mergullarse nunha “piscina” de escuma. Unha cita á que non dubiraron en sumarse tamén maiores e na que houbo xogos, deslizante acúatico e a devandita festa da escuma. Unha xornada de lecer coa finalizade de dinamizar o barrio e fomentar a convivencia veciñal.

EN BREVE 4 OUFF

4 Recepción

A segunda edición do OUFF en Curto, o certame de curtametraxes do Ourense Film Festival, recibe o dobre de aspirantes que na pasada convocatoria, con ao redor dun cento de traballos rexistrados para participar no concurso. Deles, a organización do OUFF 2019 seleccionou 17 curtametraxes e 9 videoclips que poderán verse do 27 de setembro ao 5 de outubro no OUFF e que competirán por un total de 4 premios.

O concelleiro de Recursos Humanos do Concello de Ourense e vicepresidente segundo da Deputación, Armando Ojea, recibiu na Casa do Concello unha delegación da comunidade senegalesa da nosa cidade, coincidindo coa visita a Ourense do Serigne (xefe -o seu cargo sería o equivalente ao Papa da comunidade católica apostólica romana- do Muridismo, a vertente do Islam en Senegal) Mame Mor Mbacke.

4 Cooperativismo A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organiza, o 20 de setembro, a Feira do Cooperativismo. Unha iniciativa para “fomentar entre a sociedade ourensá os valores da economía social e o cooperativismo”. O evento terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

4 Educación O CEIP Virxe de Covadonga vén de ser seleccionado para desenvolver a iniciativa Educación Responsable, para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, que a Consellería de Educación realiza en colaboración coa Fundación Botín.

Redacción A Xunta de Galicia invistiu este verán 2,5 millóns de euros para que catro centros de ensido da cidade luzan as súas mellores no curso que está a piques de comezar. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta semana as obras do CEIP de Prácticas (rehabilitación integral) e o CIFP Portovello (rehabilitación enerxética), para comprobar o avance das mesmas. A obra de rehabilitación integral que se está a desenvolver no IES do Couto (adxudicada por 842.000 euros) e a cubrición e peche da pista deportiva no CEIP Plurilingüe Irmáns Villar (358.000 euros) completan os grandes investimentos do Goberno autonómico en infraestruturas educativas este verán na cidade das Burgas. Actuacións A actuación no CIFP Portovello estará rematada para o inicio do curso escolar. Porén, as do

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, vistanto as obras do CIFP Portovello. /RAMSÉS. CEIP de Prácticas e IES O Couto, tendo en conta que se trata de obras de rehabilitación integral, unha parte dos traballos desenvolverase durante o curso escolar. A rehabilitación integral do CEIP de Prácticas suporá un investimento de 916.000 euros e permitirá acadar un aforro do 28,28% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 23,96% en emisións de CO2. Neste centro a obra contempla a colocación de panel sándwich na cuberta do edificio princi-

pal e o illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Así mesmo instalaranse novas persianas na planta baixa e substituiranse as luminarias por unhas novas de alta eficiencia enerxética. Ademais colocaranse ventás de vélux no faldón da cuberta, cubriranse tres patios interiores, limparase a fachada, instalaranse falsos teitos acústicos nas aulas, mudarase a carpintería interior da segunda planta, pintarase o interior de todo o centro e pulirase o pavimento de terrazo. Tamén

se farán uns aseos infantís na planta baixa e cambiarase a valla de separación co IES 12 de Outubro. Mellora enerxética Cun orzamento de adxudicación de 453.104,3 euros, a obra no CIFP Portovello inclúe, tal e como explicou a conselleira, actuacións dirixidas á mellora da eficiencia enerxética do edificio, tales como a incorporación de illamento nas fachadas e na cara superior do forxado da cuberta, a substitución de parte da carpintería exterior, ou o cambio da caldeira existente por unha nova de biomasa e melloras puntuais da instalación de calefacción. Así mesmo repararanse e vernizaranse os elementos de madeira e a carpintería interior, e mudaranse os falsos teitos das aulas por teito acústico, entre outras actuacións. Horario A Conselleira de Educación, aproveitou á súa visita á cidade para asegurar que oito centros educativos modificarán o seu horario para a conciliación familiar.

As obras do CEIP de Prácticas e IES O Couto continuarán durante o inicio do novo curso

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Advertisement