Page 11

VERÍN E COMARCA

Un sistema de monitorización para Noa

Presentación do cartel do FIC 2019.

O FIC Vía XIV 2019 xa conta con cartel 4 Obra do publicista José Antonio Velasco. Redacción O Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) xa conta con cartel para a edición deste ano, obra do publicista, José Antonio Velasco. Na presentación do mesmo, Carlos Montero, director do certame, apuntou que o concepto creativo “está inspirado nunha fonda fenda da nosa terra: a da emigración, a da busca desesperada dunha oportunidade”. Precisamente,

O Balneario de Caldelinas, en 3D Redacción Unha reconstrucción con animacións dixitais en 3D recrea o Balneario de Caldeliñas no seu momento de maior esplendor. A aplicación gratuíta “Time Trip Caldeliñas”,

o da Emigración é un dos eixos temáticos arredor dos cales o FIC Vía XIV sustenta a súa programación (xunto aos de Entroido e Fronteira). Baixo a denominación Soños ao voo, o deseño realizado para a cuarta edición do festival verinés representa a abstracción dunha inmensa bandada de paxaros nos seus ciclos de migración. O FIC terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro.

deseñada pola empresa Xoia Software Developement, faino posible. Esta aplicación utiliza un sistema de peanas, recreacións 3D e completa información explicativa o que permite -con tan só un xesto- trasladarnos a través das distintas estancias e escenas da vida diaria do histórico balneario a principios de século.

Alcalde, Seoane, e Tenente de alcalde, Lourenzo, cos creadores da aplicación.

4 A Fundación Amigos de Galicia conségueo ao reunir máis de 12 millóns de tapóns de plástico. Redacción Máis de 12 millóns de tapóns de plástico fixeron posible que Noa, nena verinesa de 3 anos, teña por fin un sistema de monitorización de glicosa. A Seguridade Social non finanza este sistema a menores de catro anos, polo que o custe do mesmo (ascende aos 3.197 euros) era imposible de sufragar pola súa familia. Foi por iso polo que a Fun-

dación Amigos de Galicia emprendía no mes de abril unha campaña de recollida

Barrios 29 de agosto 2019

de tapóns de plástico para poder sufragalo. En total recolléronse 12.184.200 unidades. En setembro a pequena comeza o colexio; para a nai é unha tranquilidade saber que “estará controlada” e que calquera anomalía “chegarame ao móbil”, aseguraba. “Só temos palabras de agradecemento para a Fundación Amigos de Galicia e para todas as persoas que colaboraron nesta campaña, para nós esta axuda significa moito”, remataba a nai.

Acto de entrega do sistema monitorizado a Noa.

11

BTT Monterrei Redacción Este domingo, 1 de setembro, celébrase a XI Marcha BTT de Monterrei. A mesma, ofrecerá aos participantes dous posibles percorridos de 62 e 42 quilómetros, de dificultade media-alta e de dificultade media, respectivamente. A proba, que comezará ás 9.30 horas, discorre por pistas veciñais e camiños rurais de diferentes localidades do municipio. Ambas rutas solápanse durante unha parte do percorrido que pasa tamén polos municipios de Oímbra, Verín e Portugal. Os interesados en participar poden anotarse en sportmaniacs. Os prezos da inscrición son de 15 euros para as rutas longas e curtas con xantar incluído, e 12 euros para os acompañantes, e de 5 euros para as rutas longa e curta pero sen xantar. Convenio Por outra banda, o Concello de Verín e o Club Ciclista “Bicicletas Chinquena Racing Team” veñen de subscribir un convenio de colaboración co obxectivo de promocionar e fomentar o ciclismo no municipio. O acordo foi rubricado esta mañá polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e polo presidente do club, Javier Estévez Estévez. Así, o Concello asume aportar a cantidade de 1.650 euros que serán destinados a sufragar os gastos relativos ao fomento e desenvolvemento de actividades e/ou proxectos sociocluturales ou de promoción turística e deportiva no municipio, que poidan ser considerados de interese xeral polo Concello.

Cartel da XI Marcha BTT de Monterrei.

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Advertisement