Page 10

10

Barrios 29 de agosto 2019

VERÍN E COMARCA

Aumentan os visitantes á Feira do Viño de Monterrei 4 Realizáronse máis 28.000 degustacións. Redacción A XIV Feira do Viño de Monterrei superou as expectativas e logrou aumentar o número de visitantes con relación a edi-

de

cións anteriores. Desde a organización confirma que realizáronse máis de 28.000 degustacións nas tres xornadas que durou a feira, o que supón un incremento do 12% respecto

Brindis nunha caseta na Feira do Viño. /RAMSÉS.

ao ano pasado. A presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva, falaba de cita “consolidada” e de que cada vez son máis a xente moza que acude á feira. 16 adegas inscritas a denominación participaron na edición deste ano. Medallas A Cofradía dos viños de Monterrei distiguiron este ano a catro persoas como novos membros. Estes son: Paula Vázquez Rocha (técnica de viticultura da Oficina Agraria Comarcal), Luis Cid Congil (periodista e impulsor do Museo Claustro Mercedario de Verín, que cuenta con un área dedicada a la D.O. Monterrei), Monseñor José Leonardo Lemos Montanet (obispo de Ourense) e José Manuel Baltar Blanco (presidente da Deputación de Ourense).

Instalación do mural na praza García Barbón.

Roteiros para coñecer a comarca 4 Son 15 alternativas. Redacción Verín estrea un roteiro patrimonial e medioambiental con 15 alternativas de ocio. 15 rutas -a maioría delas circularescon contido patrimonial e medioambiental están a disposición para todos os visitantes da praza García Barbón de Verín

mediante un mural xigante. Nelas se pode acceder, mediante a lectura en código QR, ás direccións web onde están aloxados os roteiros con trazado GPS e cunha pormenorizada descrición. Os paseos están deseñados cun carácter familiar e formativo para que poidan ser abordados por ne-

nos e maiores. O mural contén toda a información necesaria para chegar vía GPS ata o punto de inicio e para seguir a ruta, así como a descrición e guía detalladas de cada visita. O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías. Roteiro da Pousa O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías. Monterrei polos camiños reais; Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias; ou Ruta do bufo do Pozo do Demo, son so algunhas das opcións.

Datas de presentación de solicitudes e de matrícula 2019/2020 no IES García Barbón 1.- Estudos de Bacharelato. O prazo da convocatoria extraordinaria é do 1 ao 10 de setembro para formalizar a matricula neste instituto. 2.- Ciclos Formativos de Formación Profesional Específica (FPE). No prazo extraordinario –só para os ciclos de grao medio- podemos presentar a solicitude do 2 ao 10 de setembro. A matrícula poderá realizarse do 18 ao 20 de setembro (ás 13 horas). Web para realizar o proceso de admisión en Formación Profesional (Grao Medio) https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ Vídeos ilustrativos dos ciclos de Formación Profesional que se imparten no centro: http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/565 3.- Formación Profesional Básica (FPB). A presentación de so-

licitudes para os estudos de Formación Profesional Básica poderá realizarse do 1 ao 12 de setembro. 4.- Educación Secundaria de Adultos (ESA). A matrícula é do 1 ao 12 de setembro. 5.- Aula Mentor. A matrícula nestas ensinanzas - que se imparten a través de plataformas

en internet- está aberta todos os días do ano. Para solicitar información poden escribir un correo a: secretariobarbon@gmail. com As datas que se facilitan son orientativas en función das publicadas en anos anteriores. Consultas Lembrade, por último, consultar a nosa páxina web http://iesgarciabarbon.es/, o noso Facebook https://www.facebook. com/iesgarciabarbon/ e os nosos recursos de titoría específicos, sexan tanto para mellorar os hábitos e técnicas de estudo (http:// xurl.es/hte ) como para promover unha formación plena (http://xurl.es/fple).

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Advertisement