Issuu on Google+

Entrevista a Rocío Díaz, presidenta da A.VV. Barbaña TEMA DO MES Páx. 2

BARRIOS

Páx.4

Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral

A CHMS acondiciona os ríos Barbaña e Barbañica

BARRIOS

Páx. 7

BARRIOS

Páx. 11

Couto Centro sortea Charla sobre as 500 euros en vales de subvencións Leader compra polo Día da Nai en Barbadás

[Páx.6]

CULTURA Páx. 27 Rabodegalo participa no concurso dos Maios [páx. 28]

Dimite o Consello de Administración do CD Ourense O capitán Portela entrega a carta de petición de dimisión ao presidente do club, Alejandro Estévez, no partido deste domingo no Couto./P. LODEIRO.

Número: 140 - Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Abril de 2014

TEMA DO MES

pleno extraordinario

A polémica da urbanización da rúa Clara Corral xustifica unha nova solicitude de dimisión ao alcalde

4 PP e DO volveron pedir a Agustín Fernández que dimita nunha sesión plenaria extraordinaria á que non acudiu o BNG. anterioridade a 2006, e por que o orzamento das obras na rúa Clara Corral Aller pasou dos 227.000 aos 263.000 euros finalmente gastados.

P. Lodeiro Partido Popular e Democracia Ourensana aprobaron en pleno extraordinario este pasado 15 de abril a enésima petición de dimisión de Agustín Fernández á que o rexedor socialista, de novo, non fixo caso. O pleno fora solicitado polos populares para que o alcalde ourensán aclarase a urbanización da rúa Clara Corral Aller, onde ten a súa vivenda. Un pleno ao que o BNG non acudiu por considerar que as sesións extraordinarias deben ser para tratar “cuestións importantes” para a cidade e non para converterse “nun circo” e no que a única intervención de DO foi apenas para dicir que votaría a favor de dimisión e para pedir “que cheguen pronto as eleccións de 2015”. Do debatido durante a sesión, practicamente un toma e daca entre PP e PSOE, quedaron varias conclusións. Primeiro, a petición á xustiza por parte do alcalde, para que se “indaguen as relación políticas de todas as persoas que interviron na

Agustín Fernández rematou o pleno ameazando a quen indague na súa familia: “que se deixen de meter en cousas sagradas porque senón que Deus os pille confesados”, dixo./P.LODEIRO. resurrección do meu expediente”. Subliñou o máximo mandatario socialista que a reapertura do expediente de urbanización da súa rúa ten a súa orixe nun “documento falso”, unha alegación feita supostamente por un veciño seu –e que o veciño nega ter realizado- na que se invoca o principio de igualdade co alcalde para a devolución do seu aval.

Este documento orixinou unha denuncia do grupo de goberno nos xulgados por un presunto delito de falsidade en documento público e suplantación de identidade, e Agustín Fernández ve responsables tanto “quen o fixeron” como “quen o utilizan e se aproveitan del”, en alusión ao PP. Segundo, o aviso do voceiro popular, Rosendo

O alcalde pide que se investiguen as “relacións políticas de todas as persoas que interviron na resurrección do meu expediente” O PP avisa de que se o Goberno socialista deixa caducar o expediente da casa do alcalde, ampliarán a súa denuncia nos xulgados

Fernández, ao Goberno socialista de que se deixan caducar o expediente sobre a urbanización da rúa do alcalde ampliará a súa denuncia contra el nos xulgados. Terceiro, a advertencia coa que Agustín Fernández pechaba o debate a “aquelas alimañas políticas que indaguen na miña familia e no meu neto, que se deixen de meter en cousas sagradas porque senón que Deus os pille confesados”. Polo camiño, as xustificacións por boca da concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, de que o rexedor re-

cibira o mesmo trato que o resto de ourensáns en casos similares: “todos os expedientes dos últimos 30 anos foron informados polos enxeñeiros a favor da devolución do aval”, dixo. Preguntas sen responder E no aire, as preguntas que lle fixo o voceiro do PP ao alcalde e que quedaron sen responder: se o papel empregado nas alegacións de Agustín Fernández era da Axencia Tributaria, desde cando vivía na súa casa e se tiña pagado o IBI con

Máis iniciativas sobre o tema As explicacións dadas polo rexedor no pleno extraordinario non foron suficientes para o Partido Popular, que xa presentou unha moción para o pleno ordinario de maio para debatir a creación dunha comisión de investigación sobre a urbanización da rúa Clara Corral Aller, “en aras de aclarar a presunta comisión dos delitos de suplantación de identidade e falsedade en documento público”. O PP considera “imprescindible” unha investigación no eido político, tendo en conta que os feitos denunciados poñen en entredito “a transparencia e o bo facer dos trámites administrativos nesta institución”. Asemade, o PP solicitou por escrito ao Goberno municipal que lle explique cal é o estado do expediente da casa do alcalde, cando pensan resolvelo e se Agustín Fernández Gallego saldou xa a súa débeda co Concello de Ourense.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

Protesta nos Rosais polas altas temperaturas que soportan os escolares

4 A ANPA do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso pide á Consellería de Educación que instale toldos e tome as medidas precisas para solucionar este problema. P. Lodeiro “Os nenos dos Rosais non somos tropicais”. Baixo este chamativo lema, e acompañados de toallas, sombrillas e demais ‘bártulos’ estivais, o alumnado do colexio Amadeo Rodríguez Barroso realizou unha protesta o pasado 24 de abril, para chamar a atención das autoridades académicas sobre as condicións nas que reciben clase. Se hai un par de anos a protesta era pola falta de calefacción, agora as súas queixas céntranse nas altas temperaturas de ata case 40 graos que sofren nas aulas da parte sur do colexio.

“Os máis pequenos, que están na planta baixa, aínda o pasan peor porque o sol rebota no piso de goma do patio. Algúns xa se puxeron maliños pola calor”, rezaba o comunicado lido por un dos cativos. As ventás de aluminio son negras e as persianas están colocadas por dentro o que agrava o problema. Entenden desde o centro de ensino que “o edificio é noviño, e foi carisimo de facer cos cartos de todos, pero ten defectos moi grandes para o uso que o encargaron”, e por iso reclaman que ben a empresa construtora ben a Xunta directamente deben facerse cargo das reparacións.

As aulas da zona sur do centro acadan temperaturas de case 40 graos. As ventás de aluminio son negras e as persianas están colocadas por dentro

A ANPA do centro educativo ourensán xa se dirixira no mes de marzo por carta ao conselleiro de Educación para que poña “rápida solución” ao problema, “agora que entramos na primavera”, adxuntando as súa demanda ás sinaturas de pais e nais. O conselleiro responde Nunha visita a outro CEIP da cidade, o de Covadonga, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, admitiu que hai centros educativos novos como a ampliación do Rodríguez Barroso que presentan deficiencias estruturais pero xustificouno en que é “unha cuestión que vén herdada” do goberno bipartito. Vázquez afirmou que o seu departamento está “traballando dunha maneira seria e rigorosa, pero todos temos que entender a

situación económica”; así, recordou o compromiso do seu goberno de colocar toldos nas aulas de infantil (as do primeiro piso) este ano, e deixar para o ano próxi-

mo, en función das dispoñibilidades económicas, a súa colocación na planta alta do edificio. Ademais, o conselleiro criticou que os proxenitores



dos Rosais empregaran aos menores para as súas reivindicacións.

Xesús Vázquez recoñeceu as deficiencias do colexio Rodríguez Barroso aínda que asegurou que son “herdadas do goberno bipartito”

Xesús Vázquez e Rogelio Martínez fixeron un percorrido polo centro escolar Virxe de Covadonga acompañados do seu director./M.REJO

4 O conselleiro de Educación interésase polas

necesidades do CEIP Virxe de Covadonga

Protesta dos escolares dos Rosais polos defectos do centro educativo./M.REJO

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o delegado da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, visitaron o CEIP Virxe de Covadonga para coñecer as necesidades do centro e interesarse polo avance do curso educativo no mesmo. Durante o seu percorrido polo colexio, no que estivo acompañado polo seu director, Constanti-

no Seoane, o conselleiro interesouse polo desenvolvemento do contrato-programa asinado co centro, na liña de reforzo, orientación e apoio, na que están implicados 30 estudantes de 2º e 3º de primaria e un docente. Aulas Abalar Así mesmo, Vázquez tivo a oportunidade de visitar as aulas Abalar do CEIP e de interesarse polo desenvolvemento no mesmo deste

proxecto de integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación no día a día dun colexio. Solicitude de melloras Asemade, a comunidade educativa amosoulle as instalacións ao titular do departamento educativo da Xunta de Galicia solicitando algunhas melloras para os próximos meses que o conselleiro se comprometeu a estudar.




Ourense por BARRIOS Abril de 2014

EN BREVE

4 Elixida a empresa que reanudará La Molinera O remate das obras de construción do Centro de Coñecemento La Molinera deu un paso adiante coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno, da ordenación das ofertas presentadas ao concurso convocado polo Concello para contratar as obras que permitirán completar a construción deste equipamento municipal destinado ás novas tecnoloxías. Unha vez avaliadas as propostas das catro empresas presentadas, Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L. obtivo a mellor valoración, de acordo cos criterios fixados no prego de condicións. A empresa dispuña dun prazo de 10 días para que achegue a documentación precisa para completar a adxudicación das obras, que teñen un orzamento de 320.000 euros.

4 Novo plan para Seixalbo

A Concellería de Urbanismo vén de presentar un novo plan especial para Seixalbo que posibilitará manter a rehabilitación neste núcleo etnográfico da capital. A caída do PXOM de 2003 provocara un “baleiro xurídico” que busca solventarse con este novo documento, aprobado en Xunta de Goberno. Tras un período de exposición pública aberto a alegacións, será aprobado en pleno. No núcleo lévanse realizado medio cento de rehabilitacións así como concedidas máis de cen licenzas de obra menor.

BARRIOS

A Confederación Hidrográfica acondicionará os ríos Barbaña e Barbañica 4 Mellorará a capacidade de desaugadoiro de ambos ríos ao longo de sete quilómetros. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) intensifica os traballos de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos Barbaña e Barbañica, ao seu paso polos concellos de Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas. A programación dos traballos realizouse atendendo á problemática concreta da zona e, por iso, trabállase na roza de ambas as marxes para eliminar a vexetación herbácea e arbustiva invasora e na poda da vexetación de paso que impide o acceso e tránsito polas ribeiras. Realizaranse, ademais, tratamentos silvícolas e rozas puntuais da vexetación existente eliminando o exceso de matogueira

e a maleza acumulada nalgunhas zonas, co obxectivo principal de mellorar a capacidade de desaugadoiro das canles e acondicionando a banda de vexetación dos mesmos, tanto en densidade como en estrutura. Por outra banda, retiraranse as árbores caídas e susceptibles de caer á canle, que poderían provocar risco de desbordamentos puntuais e erosión nos noiros. Tamén levarán a cabo clareos e podas selectivas sobre o estrato arbóreo, retirando ás árbores secas, e respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas, con especial coidado de seleccionar os rebrotes destas para iniciar a súa repoboación nas zonas rasas e despoboadas. Os traballos serán completados coa retirada dos

lixos e residuos sólidos urbanos presentes en ambas as marxes, que serán transportados a un vertedoiro ou entregados a un xestor autorizado. Estas actuacións están a ser realizadas por unha brigada composta por seis operarios que realizan o seu labor fundamentalmente por medios manuais e con maquinaria compatible coa zona de actuación, todo iso co ánimo de non danar a vexetación de ribeira ben conservada. O investimento previsto supera os 90 mil euros e os traballos prolongaranse durante tres meses ao longo de máis de sete quilómetros de canle.

Os traballos prolongaranse durante tres meses

Traballos de limpeza das canles do Barbaña e Barbañica./CHMS.

Entrevista

Celia Dominguez Mondragón é psicóloga e orientadora con gabinete na Valenzá Cal é o seu obxetivo como profesional da psicoloxía? “Moitas veces determinadas situacións (laborais, familiares, de parella) ou certos problemas (de conducta, emocionais, cognitivos), tanto sexan nosos como da nosa familia, nos afectan e producen un malestar que se nos fai dificil de levar ou que non sabemos ben como afrontar. O meu obxectivo é poder axudar ás persoas (independentemente da súa idade) a sentirse mellor, tanto con elas mesmas como no seu contorno familiar, social e laboral”. E para poder acadar dito obxetivo que servizos oferta? “Oferto atención psicolóxica e psicopedagóxica a adultos, adolescente e nenos para o abordaxe de diversos problemas e situacións (tanto de forma presencial na consulta, como a domicilio, e no prazo máximo dun mes ampliarei as opcións á modalidade de consulta on-line). Realizo tamén terapia familiar e de parella, organizo talleres grupais e ofrezo orientación educativa e profesional. Adoptando o enfoque de terapia que mellor poida responder ás necesidades particulares da persoa demandante”. Canto tempo leva exercendo como psicóloga? Dende que obtiven a Licenciatura, no ano 93, levo traballando en diversas áreas da psicoloxía (social, educativa e clínica –infantoxuvenil e adultos- ); é dicir más de 20 anos. E agora

Celia Domínguez. mesmo, e como especialista en Déficit de Atención e hiperactividade, ademais de exercer como psicóloga no meu gabinete tamén formo parte do equipo de profesionais que compoñen o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA), fundación sen ánimo de lucro que preside o prestixioso Dr. Ángel Carracedo e que nuns meses porá en funcionamento a sua sede de Ourense”. Cal considera o maior impedimento para que a xente acuda ao psicólogo? “Penso que as razóns fundamentais son dúas: o descoñecemento da psicoloxía e dos beneficios que pode aportar (crer que só os “tolos” van ao psicólogo, crer que a situación pola que están a pasar non é en realidade tan grave como para requerir atención psicolóxica, que se resolverá só, etc.) Aínda que isto está cambiando pouco a pouco. E económicas, pois moita xente non pode facer fronte ao gasto que pode supor unha terapia psicolóxica a nivel privado. E a nivel público a sobresaturación impide o seguimento que require unha abordaxe eficaz”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014






Ourense por BARRIOS Abril de 2014

BARRIOS

entrevista a rocío Día - presidenta da a.vv. barbaña

“Os políticos ourensáns só se preocupan dos problemas entre eles, o dos cidadáns non lles importa para nada”

4 A presidenta da A.VV. Barbaña, Rocío Díaz, achéganos aos problemas do seu barrio, entre os que se atopan as molestias e suciedade que causa a feira e o incumprimento da normativa por parte do benefiario da concesión da cafetería do parque Barbaña. Silvia Nieto Doce anos leva Rocío Díaz á fronte da Asociación de Veciños do Barbaña. Máis dunha década atendendo as necesidades do seu barrio e loitando por elas, pero ata agora as autoridades políticas sempre gañan as batallas. Boas palabras e ningún feito é o que obteñen estes veciños ante os seus problemas cotiás. Cando xurdiu a asociación? Rocío Díaz: “No ano 2002 inaugurouse o local, pero xa levábamos un ano loitando para conseguilo. Durante ese tempo fixemos actividades nos parques, no colexio de árbitros, nas propias casas…” E dende entón presidenta? R.D.: “Si, son presidenta dende fai 12 anos, pero a verdade é que non sabía no que me metía. E agora sigo acá porque non hai quen colla o relevo, cada vez que rematan os prazos para renovar a directiva atopámonos con que non hai xente nova. Entendo que é difícil porque require moito tempo, moita dedicación e a xente non está polo labor de dar tempo a unha obra social sen recibir ningunha retribución económica, porque acá pásanse moitas horas, moitos sinsabores, moito traballo e non gañas nin para un café, é unha actividade desinteresada polo barrio. E o problema é que moitos veciños non o entenden, pensan que está nas túas mans solucionar o problema que teñen e non o está porque ti loitas co poder e non hai maneira de que che fagan caso, todo son boas palabras pero ao final

“Nas festas os políticos veñen a facerse a foto, a min iso non me sirve. A última vez boteinos”

dan a volta e non fan nada. Dame igual que me digan que si ou que non porque xa sei que é que non sempre. Entón vaste desencantando. E o que pasa é que a xente é moi dada a querer que lle solucionen os problemas sen mollarse. Na última asamblea enviamos información para que a xente viñese para facer unha forza maior entre todos, pero non obtivemos resposta. A min queixas pola rúa danmas seguido, pero a solución non está nas miñas mans, eu só podo facer escritos, pero dá igual que os faga ou que non”. Nestes anos os problemas do barrio foron mudando? R.D.: “Temos os mesmos problemas. Estamos loitando dende que empezamos polo mesmo, estanse deteriorando máis as cousas, non se arranxa nada en absoluto e ata que caia todo”. Un deses problemas é o lixo que queda no parque e río Barbaña despois da feira dos días 7, 17 e 26 de cada mes. R.D.: “Aos veciños non nos molestan os postos, moléstannos o descontrol e a suciedade que deixan despois. Hai unha normativa que non se cumpre nunca, circulan os coches polo medio do parque estropeando o céspede, poñen os postos no medio da ponte, impiden a entrada aos garaxes, non recollen a basura, etc. Estamos en contra diso porque, ademais, os impostos que pagan os vendedores ambulantes recáudaos a Praza de Abastos, algo inaudito que unha entidade privada cobre por espazo público, e ademais non invirte nada do que gaña. O lóxico é que se teñen interese en que se celebre a feira, deberían involucrarse en que todo estivese e quedase en bo estado. Enriba de que o deterioran eles temos que, cos impostos que pagamos todos, repoñer as losetas. E, ade-

Rocío Díaz, presidenta da AVV Barbaña, ante o local social do barrio./S.N.

“Os impostos dos vendedores ambulantes da feira recáudaos a Praza de Abastos, algo inaudito que unha entidade privada cobre por espazo público, e por enriba non inviste nada” mais, deixan todo cheo de lixo, porque co que se xera na feira podemos recoller nesa zona toneladas de lixo, algo incomprensible estando no centro de Ourense e nun paseo tan fermoso”. Cal é a resposta do Concello neste senso? R.D.: “Sempre responden que se vai facer algo, pero levamos 20 anos agardando a que o fagan. E dá o mesmo este goberno, que o anterior, que o que veña, que todos… Só se preocupan dos problemas que teñen entre eles, o dos cidadáns non lles importa para nada”. Fóra de cores políticas, ningún goberno deu a talla cos veciños? R.D.: “Non, ningún. Están todos suspensos. Só se preocupan das rúas máis céntricas para que as vexan ben e o resto non lles importa”. Neste caso, aínda estando moi próximos ao centro, a ubicación non vos beneficia. R.D.: “Non, é unha zona que liga todas as termas, é unha zona privilexiada, e aínda así as pedras están

descolchadas, os muros caídos, faltan sumidoiros, non se repoñen as farolas en mal estado, as árbores morren de pé… non hai interese por nada”. E a pasarela? R.D.: “Aí precisamente está a mostra da deixadez do Concello, porque a cafetería que está no parque Barbaña (O Agasallo) ten a concesión da mesma a cambio de manter limpo o parque, a pasarela e o río entre Portocarreiro e a pasarela. E por que o temos neste estado? Algo haberá para que ningún goberno o fixera cumprir coa normativa. Hai dous anos estivo acá o alcalde con cinco concelleiros e ensinámoslle esta lei e dixéronnos que tiñamos razón e que se ía arranxar de inmediato, pois seguimos igual. Algo ten que haber detrás, porque se non é imposible que a unha xente que se lucra dun espazo público non a obriguen a ter as cousas como deben telas. Esta pasarela está así porque quere o Concello, porque podería estar en perfecto estado sen que lles coste absolutamente nada. E nós loitamos moito

tempo, houbo manifestacións, e enriba temos a lei da nosa parte, pero non nos fan caso, polo que estamos desencantados. A min que non me pidan o voto, porque para máis recochineo cando hai un magosto ou unha sardiñada veñen todos os políticos para facerse a foto. Eu a última vez boteinos. Porque, polo menos, que veñan de vez en cando a ver os problemas que hai e de 20 que solucionen un, pero que non veñan só nas festas para a foto, a min iso non me sirve”. A Confederación vaise encargar de acondicionar os ríos Barbaña e Barbañica, que vos parece? R.D.: “Van investir moito diñeiro en limpar os ríos e iso está moi ben, pero non nos sirve que o fagan unha vez cada tres anos, queremos unha limpeza constante. Se estamos promovendo o coidado do medioambiente non nos sirve que non fagan limpezas en tanto tempo, nin que os vertidos vaian parar aos ríos, que estea todo contaminado… É contradictorio que a min me pidan que teña na casa diversos reci-

pientes para reciclar o lixo e eles non fan nada cando a xente o tira todo ao río, eles deberían ser os primeiros de dar exemplo”. Ademais de atender as queixas dos veciños, que actividades organizades? R.D.: “Na tempada 20132014, semellante ao curso escolar, organizamos clases de ximnasia, bailes de salón, quigong, manualidades, encaixe de bolillos, cociña, teatro, canto, gaita, informática, danza do ventre, relaxación, fotografía dixital e fabricación de xabóns. Ademais, todos os anos organizamos unha sardiñada en San Xoán e o magosto. Todas elas funcionan de marabilla, polo noso local pasan cada semana unhas 300 persoas, o local está aberto dende a mañá ata as 10 da noite, a verdade é que os veciños responden moi ben a todo o que organizamos. Ademais, eles propóñennos cousas e se hai un grupo de máis de 20 persoas organizamos sen problema a actividade que eles desexen”. Envíalle unha mensaxe aos veciños do barrio. R.D.: “Os veciños saben que nos teñen acá para todo o que precisen, que estamos abertos a todas as propostas que nos fagan, que se podemos axudalos no que sexa farémolo. Só darlle as grazas a todos por participar nas actividades, por estar do noso lado e por darnos apoio, porque cando a xente se dá conta do traballo que levamos é cando nos sentimos máis satisfeitos”. E outra ás autoridades. R.D.: “Aos políticos quero dicirlles que estamos acá non só para as festas, que precisamos que se preocupen polos barrios. Deben deixar un pouco de lado os seus problemas e ver o mundo real. Xa que pagamos impostos que arranxen as cousas que están mal e que se comporten como deben facelo”.


BARRIOS

4O CCA COUTO CENTRO INFORMA

Couto Centro celebra o Día da Nai sorteando 500 euros en vales de compra Unha vez máis, o Centro Comercial Aberto Couto Centro quere celebrar o Día da Nai agasallando aos seus clientes coa posibilidade de gañar vales por valor de 100 euros e ofrecendo ademais o seu xa tradicional servizo de gardería. Para iso, as compras realizadas entre o 25 e o 5 de maio serán agasalladas cun boleto que os clientes terán que cumprimentar cos seus datos e entregar no propio establecemento, e polo que participarán no sorteo de cinco premios por valor de 100 euros cada un, en vales canxeables para mercar nos comercios asociados ao CCA Couto Centro. O sorteo realizarase o martes 6 de maio ás 13:30 horas, no local da Asociación (Rúa Ervedelo, nº 2, local 3) e o resultado deste comunicaráselle aos gañadores telefonicamente. Parque infantil e obradoiros Ademais para facilitar as compras aos seus clientes, os socios de Couto Centro tamén lles entregarán un boleto que lle ofrece dúas posibilidades de ocio para os cativos da casa. Por unha banda, levar a un neno ou nena entre os días 28 de abril e 6 de maio (exceptuando o día 1 de maio), ata dúas horas ao parque infantil Dragonenos, situado na rúa Salvador de Madariaga nº2, no que poderán pasar un bo rato. O parque infantil está aberto de luns a venres de

Cartel promocional do Dia da Nai en CCA Couto Centro.

4 Convenio con SabadellGallego

17 a 21 horas e sábados e domingos de 12 a 14 e de 17 a 21 horas. A outra opción é participar nos obradoiros de confección de regaliños para mamá que terán lugar o venres 2 de maio de 18:30 a 20:30 h e o sábado 3 de 11:00 a 13:00 h na Academia Heyxe, situada na praza Pedro Monteagudo nº 1. Para participar será necesaria a inscrición previa antes do venres 2, chamando ao número de teléfono 649 559 270.

Couto Centro vén de asinar un convenio de colaboración con SabadellGallego en virtude do cal o banco pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financieiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados a súa economía profesional e persoal e sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados. A oferta engloba produtos de aforro-inversión, financiación e servizos.

Ourense por BARRIOS Abril de 2014



Aprobado o proxecto de urbanización da Trinidade 4 Último paso para que este ámbito do casco histórico poida ser urbanizado. P.L. Despois de seren aprobados o estudo de detalle e o proxecto de equidistribución da Trinidade, a Xunta de Goberno local do Concello de Ourense vén de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización deste ámbito do casco histórico, último paso para que os propietarios poidan –de estaren interesadosiniciar a construción das vivendas previstas. A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, compareceu acompañada de tres técnicos da Oficina de Rehabilitación, para dar conta desta aprobación, que unha vez resolta permitirá a inscrición do ámbito no Rexistro da Propiedade. “É prioritario telo desenvolto para que cando haxa interese (de promotores inmobiliarios) poida ser concretado coa

maior rapidez”, apuntaba a edil. Detalles técnicos Unha das técnicas, a arquitecta Elsa Barbujo, explicou os detalles do proxecto de urbanización deste solar da zona vella de Ourense, comprendido entre as rúas Colón, Padre Feijoo, Pelayo e Canella Cega. Está previsto demoler tres edificacións en ruínas no ámbito, así como trasladar un lavadeiro e un pozo existentes, e levantar as plaquetas da cripta da igrexa da Trinidade e da rúa Pelayo, cuxo pavimento será renovado. Os muros interiores desmontaranse e reutilizaranse na urbanización desta praza interior de 1.118 metros cadrados, que resolverá con lixeiras pendentes e escalinatas as diferenzas de cota existentes entre as diversas partes do solar. A actuación comprende ademais a reno-

vación das instalación de saneamento, abastecemento, gas, electricidade, alumeado público, telefonía e cable. Á praza accederase polos baixos de varios dos edificios previstos. O custo da urbanización é de 470.000 euros e deberá ser asumido polos propietarios do solar, sete particulares máis a Igrexa. Cabe a posibilidade de que sexa a Administración local a que efectúe primeiro a urbanización e logo lle repercuta os gastos a cada un dos donos, ou ben que sexa un promotor único o que urbanice todo o ámbito, se merca todas as propiedades. En todo caso, polo momento é algo que o Concello non ten decidido.

Sete particulares máis a Igrexa son os titulares dos terreos

O proxecto para a Trinidade aprobado polo Concello prevé demoler tres edificacións en ruínas. /RAMSÉS.




Ourense por BARRIOS Abril de 2014

EN BREVE

4 A Praza de Abastos potencia as redes sociais A Praza de Abastos de Ourense lanzou unha nova campaña coa que pretende fomentar a súa páxina nas redes sociais, Facebook, Twitter, ou Google+ entre outros, onde se publican todas as novidades do mercado, e á vez agradecer a fidelidade dos usuarios. Dita campaña consiste en regalar packs de paraugas e carriños da compra entre os mellores comentarios que os usuarios publiquen na páxina, para iso deben facerse amigos da mesma e escribir por que lles gusta a Praza de Abastos.

4 Ourense Centro integra as novas tecnoloxías O CCA Ourense Centro e o Polígono Virtual de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal os asociados do centro comercial poderán incorporar aos seus negocios unha tenda online con pasarela de pago integrada. Ademais, poderán formar parte dun directorio virtual dentro da sección “Comercio de Ourense” da web do Polígono Virtual, e mellorarán a súa visibilidade na rede. O obxectivo final: ampliar as posibilidades de venda dos negocios.

ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

O mellor servizo, na Estación de Servizo de Reza A Estación de Servizo de Reza dispón dos mellores servizos para todos os vehículos e sempre aposta pola mellora continua para manter un excelente nivel de calidade en todos os seus servizos. Ademais, para agradecer a confianza depositada por parte de todos os clientes, realiza continuos sorteos nos que as papeletas se conseguen co mero feito de repoñer combustible. A Gasolineira de Reza pertence ao Grupo Anpian, grupo empresarial da provincia, nacido hai 55 anos e cun recoñecido prestixio no sector do Transporte de Viaxeiros. Anpian dispón da mellor frota de autocares da provincia, equipados coas últimas novidades en Seguridade e Confort. Ademais de todas as obras acometidas nos dous

últimos anos na Estación de Servizo Reza, a área para a limpeza dos vehículos foi totalmente renovada: varias pontes de lavado para turismos, caravanas e vehículos industriais (autobuses e camións), lavados manuais a presión, potentes aspiradoras e zona para a carga e descarga de augas de autocaravanas. A Gasolineira Reza é o único punto de referencia na cidade como área de servizo para autocaravanas. Grazas á excelente atención e aos servizos que presta a Gasolineira de Reza, esta foi galardoada

Estación de servizo de Reza.

como a estación de servizo mellor valorada polos seus clientes, no 2013 en toda Galicia, segundo un estudo realizado por Repsol entre as súas máis de 3.000 gasolineiras. Este estudo tamén revelou que é a 6ª mellor valorada en toda España e só a 15 décimas de puntuación da número 1. A gasolineira de Reza atende aos seus clientes todos os días de 07:00 h a 22:30 h e por cada 30 euros de repostaxe regala unha papeleta para o sorteo dunha televisión LED de 40 polgadas.

PROMOCIÓN AUTO GAS: O teu próximo depósito de GLP pode sairche gratis Consulta as condicións na estación de servizo Reza

Loly e Manolo, propietarios de Loyma, atentendo a unha parella.

Joyería Loyma, especialistas en noivos Con 32 anos de andadura, Loyma é toda unha referenza no mundo da xoieiría ourensá, e en particular, no que se refire a xoias para noivos. A fronte deste negocio atópanse Loly e Manolo, que desde o seu local da rúa Pena Corneira (trala Catedral) preparan as alianzas ao gusto de cada parella: “personalizamos as alianzas en ancho, en diferentes cores (ouro branco, amarelo e cor rosa), pódense fabricar con e sen brillantes, e de todos os prezos”, apunta Loly, que explica que poden ofrecer este amplo abano porque son fabricantes, “os únicos de Galicia”. “Incluso hai parellas de noivos que as fan diferentes, a dela de ouro branco e dun determinado grosor e a del amarelo, explica. Todas elas, tamén as máis tradicionais, fanse cunha redondez polo in-

terior denominada confort para ofrecer maior comodidade no seu uso, troqueladas e sen soldadura. E coa vantaxe de estar á venda cun 15% de desconto. En Loyma tamén ofrecen pendentes de voda personalizados (en longo, con perlas, etc.) así como outro tipo de xoias e un amplo catálogo de reloxos, de marcas punteiras españolas e italianas En época de comuñóns como a que comezamos, teñen os produtos perfectos para regalar: reloxos, conxuntos de pendentes e sortixas, xoieiros, huchas… Na páxina web da xoiería www.joyerialoyma.es e no seu Facebook poden ver unha mostra da variedade de produto de que dispoñen, pero se están interados, recomendámoslles que se acheguen ata o seu establecemento para comprobalo in situ.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014




10

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

BARRIOS

Destinan 111.000 euros para obras en seis rúas 4 As reparacións serán na avenida da Habana, Ramón Cabanillas, Xoán XXIII, Concello, Curros Enríquez e Prado de Lonia. Redacción

A ponente da charla xunto á coordinadora de Igualdade do PPOU, María Antonia Rilo, e a presidenta da asociación de Covadonga, Esperanza Martín./P.LODEIRO.

Consellos saudables en Covadonga A asociación de veciños de Covadonga organizou, este pasado xoves 24, unha charla sobre estilos de vida e hábitos saudables. A charla, á que acudiu un bo número de veciños, foi impartida por unha doutora do complexo hospitalario ourensán, que achegou o seu punto de vista e recomendacións sobre o consumo de tabaco ou de alcohol, entre outros.

4FOTO DENUNCIA

Unha das queixas dos veciños son os buratos existentes na rúa Telleira./RAMSÉS

Mal estado do firme no campus Malestar veciñal polo mal estado das beirarrúas e o firme das rúas Telleira e Dr. Temes na zona universitaria, con numerosas fochancas e beirarrúas moi deterioradas. As rúas Telleira e Dr.Temes mostran síntomas de deterioro a causa do inexistente mantemento por parte do Concello. A rúa Dr.Temes que bordea todo o recinto universitario foi parcheada recentemente en varias ocasións pero ao pouco tempo o estado do firme volve ser malo. No caso da rúa Telleira son varios os tramos de beirarrúa onde as baldosas están soltas ou incluso hai grandes buratos.

O Concello de Ourense rehabilitará este ano o firme de senllos tramos da avenida da Habana e da rúa Ramón Cabanillas, así como reparacións puntuais en Curros Enríquez, Concello, Xoán XXIII e Prado de Lonia. As obras forman parte do proxecto redactado polo Servizo de Enxeñería Municipal, e disporán dun orzamento de 111.487 euros. No tramo entre Curros Enríquez e a praza Concepción Arenal da avenida da Habana e entre Bedoya e a Habana da rúa Ramón Cabanillas o pavimento está composto por unha capa de rodadura de adoquín granítico que se atopa en servizo dende hai máis de 15 anos e que presenta na actualidade deficiencias que afectan á seguridade da circulación, á comodidade do usuario e á durabilidade do pavimento. Para corrixir as deficiencias observadas, plantéxase unha solución de rehabilitación de firme con recrecemento, solución que xa se adoptou no seu día para o primeiro tramo da avenida da Habana rehabilitado, con moi bos resultados ata a data. Reparación do firme en Prado Lonia Na rúa Prado de Lonia, no seu primeiro tramo desde a estrada OU-536,

O pavimento da rúa Ramón Cabanillas está adoquinado e presenta moitas deficiencias./P.LODEIRO. é preciso acometer a reparación do firme na intersección coa rúa de acceso á Universidade, que fai precisa unha rehabilitación estructural desta zona do pavimento. Pola súa banda, nas rúas Xoán XXIII, Concello (fronte á Subdelegación de Goberno) e Curros Enríquez, as paradas de autobús e zonas de carga e descarga, que foran executadas con pavimento de adoquín, teñen un mal estado de conservación, como consecuencia das accións do tráfico. Así, repararanse estas

zonas, tanto as paradas de autobuses coma as zonas de estacionamento, levantando o pavimento de taco existente, e reconstruíndo a sección cun pavimento flexible. As obras incluídas neste proxecto municipal teñen un prazo de execución dun mes, cun prazo de garantía de 12 meses.

Na avenida da Habana e Ramón Cabanillas substituiranse os adoquíns por outro pavimento


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

11

A asociación As Termas propón mellorar as zonas de xogos infantís

4 Ubicadas na rúa D e na rúa San Rosendo á altura da pasarela peonil que comunica dita rúa coas vivendas sociais. Redacción

Charla informativa de Adercou no Centro Transfronteirizo de Barbadás.

Charlas sobre as subvencións Leader

4 Na asociación de desenvolvemento rural Adercou. Redacción A asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense, Adercou, está a realizar uns seminarios intinerantes polos concellos integrantes da mesma (Ourense, Barbadás, A Peroxa, Amoeiro, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín). O obxectivo é dar a coñecer e asesorar sobre as liñas de subvención Leader para que todas aquelas persoas que queiran solicitar axuda para crear ou ampliar e modernizar a súa empresa a soliciten. A convocatoria, na que Adercou xestionará 800.000 euros de fondos europeos, está aberta ata o 31 de marzo do próximo ano. As xornadas xa se teñen celebrado en Coles, Barbadás e San Cibrao. Na sesión no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás participou a xerente de Adercou, Beatriz Martínez, que informou das actuacións que encaixan dentro

das liñas do Leader así como dos compromisos adquiridos polos promotores aos que se lle concede dita subvención. A asesora fiscal Maite Domínguez tratou o tema dos certificados de profesionaliadade, as súas características, e a súa obtención. Actualmente, moitos traballadores que veñen desenvolvendo unha actividade profesional poden obter unha acreditacion oficial que lles permita seguir accedendo o mercado laboral ou seguir formándose e actualizando os seus coñecementos. Pola súa banda, Ramón Suárez, asesor empresarial mentor do IGAPE, disertou sobre o emprendemento, como realizar modelos de plans de negocio e buscar investidores para o comenzo da actividade empresarial.

Adercou xestionará 800.000 euros en fondos europeos

A asociación veciñal As Termas -das vivendas de promoción pública, ao carón da estación de autobuses-, entregou no rexistro do Concello un escrito con varias propostas para mellorar os espazos de xogos da súa contorna. No caso da zona de xogos infantís da rúa D solicitaron a ampliación da zona de caucho a todo o mobiliario de xogo xa que na actualidade hai zonas nas que os xogos para os cativos están sobre grava. Por outra banda, para a zona infantil situada ao carón da pasarela que comunica as vivendas sociais coa rúa San Rosendo pediron a substitución do mobiliario deteriorado, a instalación de bancos e a reforma de todo o firme, que na actualidade é de area. Reparación de beirarrúas e aramado As Termas reclamou hai un par de semanas diversas melloras en varias rúas do barrio. Dende o colectivo veciñal agardan que tralas reparacións realizadas na rúa Euloxio Gómez Franqueira o Concello “non esqueza as necesarias reparacións das fochancas da rúa D, así como as melloras de sinalización vertical e horizontal que se pediron”. A asociación tamén sinala que xa foi reparado o aramado da cancha poli-

Zona de xogos infantís ao final da rúa San Rosendo para a que piden arranxos.

O Concello comezou a reparar as beirarrúas de Euloxio Gómez Franqueira tralas demandas veciñais. deportiva xunto á estación, tal e como solicitaran en varias ocasións. O arranxo

produciuse tres meses despois de que parte do aramado caera sobre o espazo

para o xogo da chave por efecto dun dos temporais de inverno.


12

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

O PP pedirá unha comisión de investigación sobre a urbanización da rúa Clara Corral Aller

Os populares reclamanlle ao rexedor ourensán que “devolva o que debe ás arcas municipais” O Grupo Municipal do PP do Concello de Ourense vén de rexistrar unha moción para o pleno de maio na que se solicita unha comisión de investigación sobre a urbanización da rúa Clara Corral Aller. En concreto, o acordo que se debatirá é a “creación dunha comisión de investigación formada por todos os grupos políticos, en aras de aclarar a presunta comisión dos delitos de suplantación de identidade e falsidade en documento público, no expediente referido ás obras de urbanización da rúa Clara Corral Aller, así como noutros que esta comisión estime oportuno por albergar sospeitas deste tipo de irregularidades”. Xustifican os populares esta moción tras ver o escrito presentado pola concelleira de Urbanismo o 10 de abril, poñendo en coñecemento da

Fiscalía a presunta comisión dos delitos de suplantación da identidade e falsidade en documento público nun expediente dun veciño da mesma rúa onde habita o alcalde. Tendo en conta a “gravidade” que poden supoñer estes feitos, “no tocante á posta en entredito da transparencia e o bo facer dos trámites administrativos nesta institución, e aínda que sen interferir nas probables dilixencias xudiciais”, o PP considera “imprescindible” unha investigación no eido político para evitar que feitos como os denunciados volvan repetirse no Concello. Piden ao alcalde que pague o custo da urbanización Ao respecto da Xunta de Goberno local celebrada o 11 de abril na que se acor-

dou incoar un expediente de revisión de oficio da devolución do aval das obras de urbanización da casa do alcalde, os populares consideran que esta decisión ratifica o que levan informando nas últimas semanas: “que a devolución do aval a Agustín Fernández Gallego non se fixo conforme á lei e que era necesario revisar este acordo –por parte do mesmo órgano que o adoptou no seu día, a Xunta de Goberno Local- antes da data prevista da caducidade do expediente”. “Con esta medida, xa non só se nos da implicitamente a razón a nós” –afirma o voceiro do PP, Rosendo Fernández-, “senón tamén aos funcionarios aos que se lles está tratando de pór en tela de xuízo por parte do Goberno municipal. Esta falta de respeto cara os traballadores públicos da institución que

Parte dos concelleiros do grupo municipal popular, nunha comparecencia de prensa sobre a urbanización da rúa onde vive o alcalde.

Os populares cren que a revisión de oficio da devolución do aval das obras de urbanización da casa do alcalde dalle a razón tanto ao PP como aos funcionarios

preside é inaceptable. Parece que o señor alcalde enseguida esquece que el é un alto funcionario da Axencia Tributaria, a xulgar polas súas palabras e feitos”.

Di o portavoz municipal do PPOU que “por moito que o alcalde quixera xustificar o inxustificable, ou buscase burdas maniobras de despiste, o único que estaba per-

seguindo eran disculpas de mal pagador. Agora, o señor Fernández Gallego debe centrarse no importante: pagar o que debe e deixar de deteriorar a imaxe da cidade”.

O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa formulada polo PP contra o alcalde de Ourense e a edil de Urbanismo Este organismo xa lle requeriu ao Concello información sobre o problema que motivou a queixa dos populares: a falta de información en Comisión de Pleno e o non cumprimento do acordo plenario que contemplaba a celebración anual dun pleno sobre o Estado da Cidade O Valedor de Pobo admitiu a trámite a queixa formulada polo Grupo Municipal do PP contra o alcalde de Ourense e a edil de Urbanismo, segunda tenente de alcalde e presidenta da Comisión de Pleno. Así llo confirmou aos populares mediante un escrito, no que explica que a reclamación dos populares se axusta ao artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo. Tal e como se explica no escrito recibido polos populares, o Valedor do Pobo xa lle requeriu información ao Goberno Municipal sobre a queixa formulada polos populares no mes de marzo, que expoñía o seguinte: “pola falta de actividade e deixadez de funcións, tanto para o cumprimento de acor-

dos do pleno da corporación, como por sistemática violación do dereito fundamental dos membros deste grupo municipal, en concreto o recollido no artigo 23.1 e 2 da Constitución Española, sobre o libre exercicio dos cargos públicos, sen obstáculos que dificulten ou imposibiliten a acción política, neste caso, que teñen encomendada polos seus electores a través das urnas”. Nos feitos que expoñen no escrito, o PPOU fai referencia expresa á negativa sistemática do alcalde de Ourense -pese ás reiteradas peticións dos populares- a cumprir co acordo plenario do 29 de xaneiro de 2013, que acordaba a celebración todos os meses de xaneiro de cada ano un pleno ex-

traordinario que sirva de informe e control da xestión do Goberno municipal. Negativa a respostar preguntas dos populares Os populares relatan tamén diversos episodios da negativa, tanto do alcalde en sesión plenaria, como da concelleira presidenta da Comisión de Pleno, a respostar preguntas formuladas polo grupo popular como ferramenta esencial para exercer o seu labor de control, fiscalización e oposición á acción de goberno municipal, así como a denegación de copias concretas de expedientes finalizados. O Valedor do Pobo, tan pronto como reciba o informe solicitado ao Goberno Municipal, informará aos

populares sobre a súa actuación ao respecto. O portavoz do PP, Rosendo Fernández, recalca que “non deixa de ser ben triste que a actitude dictatorial, engreída e prepotente do alcalde e da súa segunda tenente de alcalde, teña que ser analizada e estudiada polo Valedor do Pobo. Pero a súa absoluta falta de interese en restablecer o diálogo institucional, e a súa sistemática negativa a atender ás nosas reiteradas peticións de Xunta de Portavoces, dado o estado calamitoso no que se atopa a xestión política do Concello de Ourense, nos obrigou a recurrir a outras instancias, co fin de defender os nosos dereitos como grupo maioritario desta cidade”

Rosendo Fernández, nun pleno da corporación de Ourense.


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Cursos formativos no Santa María de Europa

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

Redacción

Máis de 260 persoas beneficiáronse do “Ourense Inserta”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez visitou o Centro Integrado de Formación Profesional “Santa María de Europa” onde na actualidade se están celebrando sete cursos de certificado de profesionalidade. En total, son 105 persoas as que participan nestes cursos formándose nas especialidades de operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, actividades auxiliares en floraría, operacións auxiliares e deseño de produtos de fabricación

Dende que o Concello de Ourense puxo en marcha o programa da Concellería de Facenda e Emprego “Ourense Inserta”, no ano 2012, 270 persoas, recibiron formación cualificada e específica. Maioritariamente foron mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración. “Ourense inserta” é proxecto de inserción sociolaboral que ten coma obxectivo prioritario favorecer o acceso a un posto de traballo a aquelas persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables

Redacción

Visita do delegado da Xunta ao Santa María Europa. mecánica, traballos de carpintería e moble e docencia de formación profesional para o emprego. Segundo destacou Martínez, o obxectivo prioritario

destes cursos é “a formación para o emprego dos participantes”. Unha vez que rematen os cursos recibirán unha cualificación e certificación suficiente para a integración

no mercado de traballo e con validez en todo o territorio nacional. Este ano desenvolveranse neste centro un total de 21 cursos.

As cicloxéneses explosivas: Verea Tellas axúdache a preparar o teu tellado para o inverno De todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a choiva forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxénexes nin a choiva nin o vento, pero si proporciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado, que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias climáticas como as vividas este inverno. Ciclóxenese explosiva, expresión que invadiu titulares nos medios de comunicación o pasado inverno, é a denominación do fenóneno que implica a “creación” dun ciclón que sucede moi rapidamente e moi intensamente. Un dos danos máis frecuentes ocasionado polo paso das cicloxéneses explosivas é o desprendemento de materiais nos tellados. O temporal de vento é o detonante pero a causa directa destes desprendementos adoita ser outra: unha

incorrecta elección dos materiais de cuberta (cubertas de chapa metálica), a perda de adherencia do morteiro (empregado tradicionalmente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausencia de mantemento ou reparación. A empresa Verea desenvolveu un sistema de colocación propio, denominado Verea System, que consiste nun tellado multicapa integrado por dous elementos fundamentais: tella cerámica e placas onduladas (de fibrocemen-

Á esquerda: tellado instalado con Verea System. Á dereita: tellado con colocación tradicional con morteiro tralo paso da cicloxénese “Ulla” o 14/02/2014. to ou asfálticas). As tellas sas, etc.), fíxanse as tellas sitúanse con espuma de pocon parafusos, elimiliuretano e fíxanse nando por completo mecanicao uso de morteiro. mente con Este sistema pode ganchos meser instalado sotálicos. Adibre calquera tipo cionalmente, en de estrutura de todas as zonas cuberta inclinasingulares do teda continua ou llado (beirados, descontinua e remates laterais, complétase cunha cumbreras e limatecapa de illamento térmico.

O superou con éxito os ensaios de resistencia a ventos de máis de 200km/h e estanqueidade á auga con vento de 360 l/m2 nunha hora, aos que foi sometido, conseguindo a homologación do Sistema de Instalación, por parte do Estado, que queda reflectida nos documentos de idoneidade técnica DIT nº 483R/12.

13

e con maiores dificultades de inserción laboral mediante procesos de formación especializada en tres eidos: dependencia, medio natural e hostalería. Actualmente, 57 persoas están a participar en cursos formativos que contan con certificado de profesionalidade de nivel 2 en sectores estratéxicos para a cidade en materia de emprego. As accións formativas teñen unha duración de entre 300 e 600 horas, incluíndo titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral. Este programa que ofrece o Concello está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, cun orzamento total de 1,3 millóns de euros. O Verea System superou todos os ensaios aos que foi sometido polos técnicos do Instituto das Ciencias da Construción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aprobación dos Documentos de Idoneidade Técnica Nº 483R/12, Nº 561/10 e Nº 590/12, en conformidade co Código Técnico da Edificación (CTE). Que é un ? Documento de Idoneidade Técnica - DIT - é un documento de carácter voluntario expedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja - IETcc-, que contén unha apreciación técnica favorable da idoneidade de emprego en edificación e/ ou obra civil de materiais, sistemas ou procedementos construtivos non tradicionais ou innovadores. O IETcc é o único organismo español que ten outorgada a facultade de conceder o DIT así como a confirmación doutros DIT concedidos por algún dos Organismos Membros da Organización Europea. VEREA pon a disposición de profesionais e particulares toda a información e asesoramento que precisen sobre o seu sistema de instalación Verea System. Visítenos en: www.ceramicaverea.com


14

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

CIDADE

Prezo único para os “pinchos de primavera”: 2,5 euros

EN BREVE

4 Solicitude das hortas de Montealegre Ata o 30 de abril está aberto o prazo de solicitudes para pedir o uso dunha das novas hortas municipais de Montealegre. A adxudicación será mediante sorteo entre todas as solicitudes. O recinto suma un total de 53 hortas, que terán acceso independente ao parque. Cinco delas serán destinadas a persoas con mobilidade reducida; e outras tantas serán cedidas á Universidade para levar a cabo proxectos de investigación. O espazo estará dotado dunha caseta para gardar aparellos e un aseo; así como unha toma de auga por parcela.

4 Nove novos cursos na Aula CeMIT A Aula CEMIT acollerá en maio e xuño nove novos cursos gratuítos de formación que achegarán á cidadanía ourensá ás novas tecnoloxías. A oferta de actividades inclúe cursos dende Iniciación á Informática ata Posicionamento web, pasando por edición de son, uso seguro de Internet para nais e pais, follas de cálculo, ferramentas na nube ou creación de páxinas web con Joomla, entre outros. As persoas interesadas poden solicitar máis información na Aula CeMIT, sita na rúa Progreso, 44, teléfono 988 374523, ou inscribirse en http://cemit. xunta.es/centro/55. A aula municipal forma parte da rede CeMIT da Xunta de Galicia.

4 O concurso terá lugar do 26 de maio ao 8 de xuño. Redacción

Nas prazas, a superficie para terrazas non poderá superar o 30% do espazo.

A nova ordenanza de veladores de Ourense non será “restrictiva” 4 A concelleira de Comercio, Juana Ageitos, defende que a nova normativa compatibilizará o uso cidadán dos espazos públicos coa instalación de terrazas por parte dos hostaleiros. Paula Lodeiro “Non vai ser unha ordenanza restrictiva, vai ser bastante aberta”. Así definía a edil de Comercio, Juana Ageitos, a futura ordenanza de veladores de Ourense. Unha nova normativa que actualiza a vixente, que data de 1997, e que trata de poñer orde ante a proliferación de terrazas e veladores nos últimos tempos, sobre todo a raíz da nova normativa sobre tabaco. Con ela preténdese “facer compatible os dereitos dos cidadáns á ocupación do espazo público e as tradicións culturais”, apuntaba a política

socialista, que destacou a participación de veciños, comerciantes, políticos e técnicos na súa elaboración. Coa nova ordenanza de veladores, os hostaleiros pagarán por superficie de ocupación (que quedará delimitada) e non por mesa, como ata de agora. Poderán instalar terrazas en beirarrúas cun ancho mínimo de 1,80 m, e en rúas peonías, non se poderá superar o 50% do ancho da rúa. En rúas de menos de catro metros, deberá deixarse un paso libre de 2 metros de ancho. No caso de prazas, a superficie ocupada por veladores non poderá ser su-

perior ao 30% do espazo libre, descontando zonas verdes e zonas de xogos infantís. O número máximo de veladores por establecemento será de 20. O Concello contabiliza 423 terrazas na cidade, con aproximadamente 2.700 veladores, moitos deles en situación alegal. Catro inspectores velarán porque se cumpra a nova ordenanza, unha vez que sexa aprobada en pleno, e pase o período de alegacións.

Moitos do 2.700 veladores da cidade están en situación alegal

Retrasado en datas, pero este ano volverá haber Concurso de Pinchos de Primavera “Sabores de Ourense”. A cuarta edición deste certame desenvolverase entre o 26 de maio e o 8 de xuño e os establecementos hostaleiros que queiran presentar pincho teñen de prazo para inscribirse ata o 5 de maio. Como novidades, este ano os pinchos terán un prezo máximo de 2,5 euros, unha demanda dos consumidores coa que se sensibilizaron os bares, que ademais deberán pagar unha cota por participar: 50 euros se son socios da Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO) e cen se non o son. Malia esta cota de ins-

crición, as expectativas da Concellería de Turismo son superar con creces os 52 locais da edición anterior. Javier Outomuro, secretario da UHO, animou neste sentido a estender a participación polos barrios, e indicou que “a continuidade do concurso dá boa medida do recoñecemento” que ten entre os ourensáns. Novos premios No tocante aos premios, mantéñense os clásicos outorgados pola prensa, as votacións dos consumidores e por un xurado profesional. A maiores engádense os premios ao pincho de mellor iniciativa emprendedora, o pincho ‘toma pan e molla’, no que se valorará o conxunto máis saboroso, prebe incluído, e o pincho apto para celíacos.

O secretario da UHO, Javier Outomuro, a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez e a técnica municipal Ana Rodríguez, na presentación do concurso./P.LODEIRO.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

De Fogar do Maior a Centro Sociocomunitario

12 de maio, Día Mundial da Fibromialxia Redacción

4 O centro da rúa Concello cumple catro décadas sendo punto de referencia para o ocio dos maiores da nosa cidade. P. Lodeiro O Fogar do Maior -agora Centro Sociocomunitarioda rúa Concello é un dos centros sociais con máis usuarios de Ourense, pero poucos saben a súa orixe. De feito hai diverxencias: para a Xunta leva funcionando desde 1972, pero Antonio Dávila, un veterano de 88 anos que leva sendo usuario desde a súa creación, fixa esta en abril de 1974. Antonio coñece ben a historia de centro, que xurdiu da man do sindicato da construción, vidro e cerámica do que el formaba parte. Despois pasou a depender da Administración autonómica, que na etapa bi-

partita cambioulle de nome -pasou a ser Centro Sociocomunitario- e de filosofía, ao abrir estas inmensas instalacións (1.600 metros cadrados en dúas plantas) a toda a poboación. “Antes só se podía entrar con carné (de xubilado) agora non fai falta, só é preciso apuntarse para as actividades”, apunta o ancián, reticente a este cambio. Tampouco lle gusta a “discoteca”, como lle chama ás sesións de baile que se organizan nas tardes de domingo e festivas e que son das actividades máis concorridas do centro. A nova directora da instalación, Belén Estévez, que leva apenas un mes no cargo, cifra en 150 os seus usuarios en horario de

mañá, e 350 polas tardes. O centro ten horario ininterrumpido de 9 a 20:30 de luns a venres, e só de tarde sábados, domingos e festivos. Estévez defende a nova filosofía de abrir o centro a todo o mundo, de modo que se convirta en lugar de encontro interxeneracional. Variadas actividades Antonio añora os vellos tempos, as excursións realizadas a diversos puntos de España e as actuacións do grupo de gaitas Os Humanitarios e da coral do Fogar, dos que formaba parte. Con todo, as opcións de lecer para os usuarios do Centro Sociocomunitario son moi amplas e para todos os gustos: ximnasia, manuali-

15

Antonio Dávila, na entrada do Centro Sociocomunitario da rúa Concello, antigo Fogar do Maior./P.LODEIRO. dades, informática, voluntariado, así como servizo de cafetería, ximnasio, sala de lectura e de televisión, biblioteca e mesmo perruquería e sala de billar, ademais dos espazos comúns que se utilizan para a práctica de xogos, principalmente xogos de cartas e dominó, ou simplemente charlar cos

compañeiros. Tamén hai saídas, como a reunión de centros sociocomunitarios galegos que se celebra unha vez o ano, ou a participación na feira Galisenior que o centro prepara xa. O que non sabe aínda é se haberá celebración de aniversario para este histórico espazo.

A Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense AFFOU realizará unha xornada informativa con motivo da celebración do Día Mundial da Fibromialxia o 12 de maio. Instalarán unha carpa no Paseo (á altura da Delegación de Defensa) na que realizarán actividades de divulgación, información e asesoramento durante todo o día. A fibromialxia é unha enfermidade que afecta ao redor do 2% da poboación, na súa maioría mulleres, con dor musculoesquelético xeralizado, asociado frecuentemente con fatiga crónica ou cansazo. AFFOU loita polo recoñecemento social do seu colectivo, das súas limitacións e necesidades a nivel socio sanitario, á vez que ofrecen aos seus socios terapias alternativas.


16

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Os presidentes de deputacións acordan a creación dunha rede interprovincial de cooperación, coñecemento e promoción Na Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España celebrada en Ourense Os presidente de gobernos provinciais de España acordaron a creación dunha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estratexias de promoción, coñecemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada territorio, iniciativa proposta polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. No acto de clausura da I Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España, que tivo lugar na capital ourensá, o titular do goberno ourensán dixo que esta rede interprovincial servirá tamén “para transferir boas prácticas en materia de apoio político-económico a sectores, servizos ou accións que redunden na mellora económico-social”. O presidente da Deputación de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, foi o encargado de ler a declaración institucional conxunta na que os presidentes provinciais reivindican o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación

de servizos municipais”. No documento destácase que o novo marco competencial e de racionalización “ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento”. Manuel Baltar agradeceu o consenso o que chegaron os presidentes que participaron o longo de tres días na conferencia –máis da metade dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 12 comunidades autónomas que non son uniprovinciais-, así como os seus relatorios e achegas “realizadas pensando sempre en como prestar mellores servizos públicos”, e tamén os debates “plantexados desde o punto de vista dos executivos e afastados de demagoxias”. Manuel Baltar anunciou que en 2015 será a Deputación de Badaxoz quen tomará o relevo da de Ourense para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais. “É o maior logro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a decisión de darlle continuida-

Reunión de traballo da trintena de presidentes de deputacións provinciais que participou na Conferencia celebrada en Ourense./ALBERTE PAZ.

Os presidentes reivindicaron o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais” de. Non nos equivocamos”, expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, “sempre coa innegable vocación de servizo público que nos une, e, nesta ocasión, con relatorios sobre temas de tanto interese como foron a modificación do réxime electoral, a xestión cultural, o perfil da deputación como

concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural”. Gobernos do século XXI Baltar dixo que esta conferencia serviu para avanzar no que considera son as características principais dos gobernos provinciais do sé-

Baltar: “Emprendemento, seguridade e cooperación, claves do desenvolvemento empresarial”

A Deputación conmemora o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía Entrega os premios do I Concurso escolar sobre a norma institucional básica galega A Deputación de Ourense conmemorou o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia cun acto celebrado no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” no que a institución entregou os premios do I Concurso escolar organizado para homenaxear a norma institucional básica galega. O xurado premiou traballos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos colexios da provincia de Ourense que se presen-

taron o certame, CEIP de Baltar, CEIP dos Blancos, CEIP Irmáns Villar, CEIP de Educación Especial do Pino, colexio Concepción Arenal, CEIP Mestre Vide e colexio Padre Feijoo-Zorelle, resultando gañadores alumnos destes dous últimos centros. Nas modalidades de Educación Infantil e Primaria presentáronse debuxos e traballos artísticos alusivos ao Estatuto de Autonomía e os premiados foron: Adrián

culo XXI: “a previsibilidade –contar cun plan de xestión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioambientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións

son súas”. O presidente de Ourense avanzou os eixos estratéxicos nos que está a traballar xa a Deputación de Ourense para fortalecer a institución provincial. “Redefiniremos a estrutura político-institucional fortalecendo a transversalidade na toma de decisións; articularemos foros e espazos de relación directa entre deputación e municipios, e priorizaremos as propostas de prestación de servizos obrigatorios que resulten máis eficientes por economías de escala”. Ademais, Baltar anunciou que a Deputación de Ourense incluirá na estrutura orgánica “niveis directivos profesionais cun alto compoñente de implicación organizativa, cunha elevada capacidade creativa e cun forte impulso innovador”, e dixo que se reforzarán os servizos económico-financieiros e os de asistencia técnica, ademais da xestión tributaria, a administración electrónica e a implantación da transparencia nas entidades locais da provincia.

Os rapaces premiados co subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a senadora Carmen Leyte. Garrido Pérez, Noa Rodríguez Calviño, Silvia Iglesias Silva, Gema da Rocha Casas, Pablo Rodríguez Valdonedo e Alicia Conde Freire. Na modalidade de Secundaria presentáronse a concurso redaccións, e os premiados foron: Pablo Rodríguez Iglesias e Víctor Rodríguez Fernández.

A Deputación quixo con este evento destacar a importancia do Estatuto de Autonomía “pois é un modelo que trouxo importantes conquistas en materia de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar”, defendeu Manuel Baltar.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, afirmou durante a clausura das iniciativas “Espazo seguro” e “Oficina do emprendedor” da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao que as palabras “seguridade”, “emprendemento” e “cooperación” son tres verbas que hoxe nos deben unir máis que nunca, xunto coa palabra “cooperación”, “que entre a asociación de empresarios do polígono de San Cibrao e a Deputación de Ourense vense concretando no apoio en materia de seguridade co dispositivo de emerxencias que vimos mantendo dende hai anos”. En materia de empredemento, Baltar falou do

acordo que a Deputación de Ourense ten coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria para poñer en marcha un plan de emprendemento que contará co apoio da Asociación de Empresarios de San Cibrao, e ofreceu a súa colaboración para impulsar un plan estratéxico de parques empresariais na provincia. Este plan, dixo Baltar, “permitirá a calquera investidor ter acceso a unha importante cantidade de información referida á situación dos parques empresariais da provincia de Ourense, dende os metros cadrados dispoñibles, ás condicións de compra de solo, e empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

17

Curso intensivo para Selectividad En Grupo Academia Mar Sequeiros te proponemos un curso intensivo preparatorio de Selectividad. Podrás elegir turno de mañana o turno de tarde. Diez docentes especializados en cada asignatura, impartirán clases orientadas a la prueba del 11 de junio. Teoría, práctica, comentarios de texto... todo lo necesario para obtener el mejor resultado y “pegar el salto” a la Universidad.

Academia Mar Sequeiros está en Paseo 21, 1º izquierda.

Benquerer, vocación, profesionalidad y “mucho corazón”

Benquerer es una empresa de ayuda a domicilio, dirigida por Esperanza Ferreiro, auxiliar de clínica, quien cuenta con una experiencia de siete años. Ofrece servicios como cuidado de niños, atención de enfermos, servicio nocturno en centros médicos y aseos a dependientes, atención especializada de discapacitados, limpiezas a fondo, de comunidades, domicilios, pisos de inmobiliarias, locales y servicio de plancha semanal. Una amplia variedad de servicios que son prestados por personal cualificado. En Benquerer te ofrecen presupuestos sin compromiso a precios muy asequibles.

Esperanza Ferreiro, directora de Benquerer.


18

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

SERVIZOS / CLASIFICADOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo Nº139/129/115/78 - Ano: XII - Marzo de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

TRABALLO

Dous machos de mes e medio. Serán medianos. Xoguetóns.

Beta é unha femia cruce de labrador. De tamaño grande e con aproximadamente 5 anos. Perfecta para casa con terreo. Lévase ben con outros cans.

Maruja é unha femia de 2 anos. Non pode estar no patio porque a morden. Pero lévase ben con outros cans. É moi noble.

Bigli é unha femia que ten entre 6 e 7 anos. É de tamaño pequeno, moi boa e xoguetona.

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de AstrésTlf: 988 21 29 39 - Facebook/Progape

4CARTA AO DIRECTOR

Despedida do Fogar do Maior

A última directiva puxo fin ao Fogar do Pensionista. Por iso queremos agradecerlle a súa labor neste tempo a Leo, Amparo, Amalia, Teresa, Florita e Antonio, todos excelentes persoas. Agora esta instalación pasa a denominarse Centro Sociocomunitario. Antonio. 40 anos como socio con carnet do Fogar do Maior

Envíanos a túa carta ao director a info@periodicobarrios.com, co nome completo, DNI e teléfono

Desbrózase fincas, traballos agrícolas con tractor. Económico. Tel.: 630 52 14 48. Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54 Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10 Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza; con experiencia. tel. 637 00 59 10 Ofrécese albañil con 20 anos de experiencia; serio e económico. Tel. 988 25 59 63. Busco traballo de camareiro en Ourense cidade. Experiencia no sector. Tel. 609 91 93 62 Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 625 817 743. Fanse portes económicos con furgón. Tel. 625 817 743. Clases particulares a domicilio. A todas as etapas.Especialidade Matemáticas xerais. Posúo Certificado de Formador e CAP.Ampla Experiencia. Clases de Hora e media.Económico.Tel. 636 619 589 e clasesadomicilio2014@hotmail. com. Ofrécese señora con experiencia para limpar negocios, domicilios, escaleiras, oficinas, comunidades, ou coidar enfermos de noite. Experiencia de axudante de cociña. Ourense cidade. Tel. 988 61 52 63 Ófrecese mozo responsable para diversos tipos de traballos: chofer, mecánico, repartidor, peón, etc... por 100€ semanais. Tel. 610 852 880 . Fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc... Tel 656 782 460. Ófrecese señora seria para coidado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel. 622 85 28 56. Fanse reparacións no fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc... Tel. 656 782 460. Ofrécese señora de mediana idade para atender hortas, facer arranxos de roupa, planchar, atender enfermos en casa ou hospital, limpeza de fogar... En Ourense cidade ou proximidades (con autobús). Tel. 659 129 142.

Ofrécese posto de delegado comercial a tempo completo ou parcial para diferentes zonas de Ourense y provincia. Compatible con outras actividades. Imprescindible conexión a internet e boa disposición para o trato persoal. Contrato mercantil. Ingreso mínimo 660 euros. Interesados enviar CV a joseramonfernandez@compraentubarrios.com

Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe, praia America,bo prezo. Tel. 607 27 19 16.

VENDAS Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo casa pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10 Véndense dous terreos, xuntos ou por separado, 9.000 m2 cada un, en Xinzo. Pódense ensinar. Bo prezo. Tel. 622 828 447. Vendo banco de carpinteiro de 2 metros. 200 euros. Tel. 653 944 669 Vendo leña de carballo económica. Tel. 625 817 743 Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 497 Vendo máquina elíptica e aspiradora Polti. Tel. 675 631 011. Véndense máquinas de escribir antigas Olivetti, prezo económico, e neveira de segunda man Fagor, 100 euros, bo funcionamento. Tel. 988 43 10 15 e 627 236 566 Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10. 90 euros. Tel. 659 386 724. Vendo colchón de berce de látex 117x57 cm practicamente novo, 35 euros; trona de viaxe portátil e pregable, 20 euros; mochila portabebés, 25 euros; tirantes evolutivos de bebé; 10 euros; e quecebiberón eléctrico, 20 euros. Tel. 670 43 34 90. Compro todo o relacionado con STAR WARS. Tel. 667 508 333. Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con calefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645. Véndese casa no Carballiño, semi restaurada, 40.000 euros. Tel. 659 129 142.

Véndese Toyota Corolla: azul, gasolina, peche centralizado, eleva lunas eléctrico, radio, mans libres, aire acondicionado, llantas de aluminio, roda de reposto igual ás demais, Bluetooth. 2.500 euros. Tel.607 812 996.

ALUGUER

Búscase chic@ para compartir piso (zona Couto). Calefacción, cociña, televisor en habitación, internet... 200€ (gastos incluidos). WhatsApp: 600 922 547 Alúgase apartamento con garaxe en avda. de Portugal, 38. E piso con garaxe en Salvador de Madariaga, 2 - Tel. 607 20 34 81. Alugo piso en Valdoregueiro. 4 habitacións, cociña, baño e galería. Tel.: 687 21 12 18 Alúganse oficinas en Progreso 147 entrechán, tel. 678 48 97 55 Alugo local económico de 15 metros cadrados, baños comunitarios, xunto parada de autobús. Tel. 627 203 131 Alugo chalet a 10 minutos do centro de Ourense. Tel. 630 52 14 48. Alúgase baixo en Río Mao nº 2 de 70 metros cadrados. Tel. 619 46 22 54 Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitaciones, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16. Alúganse dúas oficinas amobladas exteriores en rúa Progreso ao lado Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado, ascensor e calefacción. r/Emilia Pardo Bazán. Tel. 988 24 69 26. Alugo apartamento de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo. Tel. 607 27 19 16.

4TELÉFONOS DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense. es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

19

4VETERINARIA

Leishmaniose: unha enfermidade con múltiples presentacións Esta enfermidade pode manifestarse de formas moi diferentes e é vital o diagnóstico precoz para conseguir que o tratamento sexa eficaz. Querémosvos presentar dous casos reais que acudiron recentemente ao noso hospital. En ambos se chegou ao mesmo diagnóstico, aínda que o motivo de consulta e a proba que nos permitiu chegar ao diagnóstico son completamente diferentes. Un deles, un pastor alemán de vida exterior, 8 anos de idade, que sempre viviu nun pobo preto de Ourense cidade. O cadro presentouse con adelgazamento progresivo, aínda que continúa comendo ben, e nos últimos días coxea da extremidade posterior esquerda, que non respondeu o tratamento con antiinflamatorios. Ademais o propietario dinos que lle doe todo, ao tocarlle quéixase e que cada día está máis apático e pasa máis tempo deitado. Á exploración: moi delgado, zona inflamada mal definida a nivel da musculatura do corvejón da pata

4GUÍA DE SAÚDE

esquerda e unha masa branda subcutánea no lado dereito do pescozo de 6x8 cm e dor muscular xeralizado. Ten seborrea e febre. As probas diagnósticas móstrannos leve anemia arrexenerativa, radiografía da extremidade afectada sen alteracións óseas, citoloxía dos linfonodos periféricos é normal, citoloxía do contido dos nódulos: células inflamatorias (neutrófilos e macrófagos) con abundantes hematíes e ausencia de bacterias e outros organismos infecciosos. A ecografía do nódulo do pescozo e a extremidade afectada: imaxe de líquido e tecido brando trabeculado. O aspecto macroscópico do líquido é mucoide sanguinolento. A determinación de leishmania en sangue é negativa, o PCR cuantitativo no líquido dos nódulos é positivo. O segundo é un cocker spaniel de 4 anos que vive dentro de casa, pasa a maior parte do ano en Madrid e vén a Ourense esporadicamente. Acode a nós porque os últimos días nótanlle un

pouco apático e leve descamación ao redor dos ollos, adelgazou 500 gramos. Á exploración: as alteracións que atopamos son os linfonodos poplíteos e preescapulares levemente agrandados, seborrea e alopecia periocular, pequena úlcera na trufa e conxuntivie bilateral. Probas laboratoriales: Punción e citoloxía dos linfonodos poplíteos, observamos a presenza de amastigotes de Leishmania, leve anemia arrexenerativa, bioquímicas en sangue de fígado e ril normais, proteinograma: gamma globulinas aumentadas en resposta a un estímulo crónico. A densidade de ouriños 1027 gr/L (normal >1030) e o cociente UPC 0,2 (normal <0,5). Os anticorpos antiLeishmania en sangue: 1/160. [Continúa no vindeiro número] Elena Diéguez Ordoñez, veterinaria hospital veterinario Abros

Venda de cupóns para axudar a persoas con discapacidade Asmior (Asociación de Minusválidos Ourensáns) foi fundada en 1987 e desde entón traballa a prol do colectivo de discapacitados. A estes ofrécelles un traballo na venda de cupóns, e tamén asesoramento na tramitación de axudas da administración, e cursos de formación. No seu día tiveron transporte adaptado e equipo de baloncesto en cadeira de rodas. Para os interesados nesta asociación, Asmior ten a súa sede na rúa Progreso, 64, local 16. Teléfono 988 210 399.

Ourense conta coa menor espera de Galicia para consulta Redacción A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Valdeorras logrou no primeiro trimestre de 2014 axilizar nun 43% (15 días menos que en 2013) a accesibilidade ás primeiras consultas nos tres hospitais públicos de Ourense, conseguindo os mellores resultados de Galicia cun-

ha media de 19,9 días, a metade da media do Sergas, con 40 días. En concreto, o CHUO logrou o mellor dato entre os grandes hospitais, con 20 días. Pola súa banda, os hospitais de Verín e Valdeorras destacan entre os comarcais, cunha media de 20 e 16 días, respectivamente. Maior axilidade Na liña de aumentar a resolución cunha menor frecuentación ao hospital, en Atención Primaria aumentou a aplicación de Cirurxía Menor, así como de consul-

[anúnciese no 685 800 190 e comercial@periodicobarrios.com]

tas de Telemedicina, que lle permiten ao paciente estar en contacto co médico dende a súa propia casa. Esta coordinación entre niveis ten seu referente nas Vías Rápidas, circuítos asistencias que facilitan o diagnóstico e tratamento prioritario, en menos de 15 días, daqueles pacientes principalmente con sospeita de un diagnóstico oncolóxico (cancro colorectal, mama, pulmón, vexiga, próstata, larinxe e melanoma), que contan cun tempo medio de resolución de cinco días como máximo.

EN BREVE

4 Licitado o centro de saúde do Couto A Xunta de Galicia vén de licitar a execución da obra de construcción do centro de saúde do Couto. O Sergas destinará 3,5 millóns de euros nunha superficie de máis de 2.000 metros cadrados, nun prazo de execución de 17 meses. A este respecto, desde o PP lembran que o centro contará con importantes melloras de acceso e dotacións.


20

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

SOCIEDADE

ENTREVISTA A ARANtZA E MARÍA – IMAXE DO DUOBLOG ARMARIA

“Buscamos que sexa un blog completamente distinto. Non só para promocionar moda, senón tamén fotografía artística, deporte e turismo”

4 Arantza e María rompen cos tradicionais blogs de moda e unen forzas para crear ArmariA. Silvia Nieto Son naturais, espontáneas e, sobre todo, moi reais. As ourensás Arantza e María crearon a finais de xaneiro, coa axuda do fotógrafo Moncho Rodríguez, o duoblog ArmariA, co fin de proporcionar un escaparate para os distintos establecementos de moda galegos, así como para a fotografía artística e o turismo. Son estudantes de enxeñería agraria, teñen estilos completamente diferentes e foxen de calquera estereotipo, estas dúas rapazas ensínannos coas súas gañas e ilusión que calquera proxecto pode levarse a cabo. Hai que traballar duro, diferenciarse da competencia e mellorar día a día. Para elas o importante é intentalo. Como xurdiu a idea de crear o dúoblog ArmariA? Arantza: “María e máis eu coñeciamonos da carreira e despois coñecemos a Moncho, e foi cando nos xurdiu a idea de crear un blog, xa que están tan de moda, pero queríamos algo distinto, coas dúas, que temos estilos moi diferentes. O blog é dos tres, nós somos a imaxe e Moncho encárgase da parte fotográfica”. O voso obxectivo é ser un escaparate para as tendas. María e Arantxa: “Exacto, o que buscamos é promocionar a roupa das tendas tanto ourensás como doutros puntos de Galicia. Ata agora, nestes tres meses, xa houbo tendas que nos prestaron roupa e agardamos que dándonos a coñecer consigamos que vaian sendo moitas máis”. Que tal está sendo a resposta dos establecementos ante esta idea?

María: “Estanos axundado moito o gran número de visitas que estamos recibindo no blog, porque ata agora, debido aos nosos estudos, só puidemos publicar uns 40 posts pero xa logramos case 18.000 visitas. Ademais, ao principio visitábamos as tendas coa nosa tarxeta e explicando o proxecto, pero dende que comezamos a saír nos medios parece que se animan máis, está mellor explicado e dalles confianza”. É Ourense un lugar complicado para este tipo de ideas? María: “De momento non están os establecementos moi acostumados a que lle pidamos a roupa para facer as fotos, pero levando as entrevistas e informándoas ben cada vez son máis as que nos apoian. É un sitio máis complicado para empezar, pero tamén ten a vantaxe de que neste senso está sen explotar”. Costouvos decidirvos? María: “Non moito, tiñamos gañas de facelo e parecíanos boa idea, había que intentalo, e se non sae ben quedará todo nunha boa experiencia”. Seguides a algunha blogger concreta? Arantza: “Gústanos moito Lovely Pepa, que nos inspirou, porque empezou en Vigo e foi pouco a pouco coma nós”. Como pasa unha de estudar enxeñería agraria a crear un blog de moda? Arantza: “Todo o mundo se pregunta iso. O tema da fotografía e a moda gustábanos. Nunca nos imaxinamos dedicarnos a nada deste estilo, pero xurdiu a idea e para adiante. Ademais, a páxina fómola creando entre os tres, pouco a pouco, e nela pode verse a nosa evolución. Ademais,

“Polos nosos estudos só puidemos publicar ata o momento 40 posts, pero xa logramos preto de 18.000 visitas”

María e Arantza son a imaxe do duoblog ArmariA./RAMSÉS a enxeñería e a moda poden combinarse perfectamente, de feito neste momento seguimos estudando”. Parte do voso éxito pode estar en que ofrecedes unha imaxe de muller completamente real? María: “Si. De feito, os nosos primeiros posts eran coa nosa propia roupa, e a xente vaise identificando cun estilo ou con outro, porque somos moi distintas. Agora xa imos buscando prendas máis concretas de tendas, algo que nos guste, que se estea levando neste momento e que nos sente ben, para que a xente se anime a comprala”. Esta pode ser unha oportunidade de negocio. María: “Si, ademais de involucrar aos establecementos de moda, queremos facer post en lugares culturais de referencia para contribuir a promocionar o turismo, non só en Ourense senón tamén no resto de Galicia. Así podemos explotar todo, a roupa e o contorno”. Arantza: “Ademais queremos abrir este proxecto e convertilo en algo máis artístico, apostando por unha boa fotografía. De feito, xa subíamos á páxina de Facebook fotos máis artísticas e agora tamén as enlazamos co blog, para poder tamén explotar este aspecto de

cara a eventos, books, retratos… e tamén crearemos unha sección sobre deporte e nutrición. Non quermos que sexa só un blog para promocionar tendas, será moito máis, para que á xente que non lle guste a moda poida interesarse por outros dos aspectos que ofrecemos. Buscamos que sexa

algo completamente distinto”. Isto pode ser un plan B para ampliar as vosas expectativas profesionais? Arantza: “Nunca se

sabe, se ao final vai ben tamén sería posible compaxinar un traballo como enxeñeiras co blog. Pero se non houbera saída profesional no que estudamos e nesto si, benvido sexa”. Cal sería o voso traballo ideal? María: “O ideal sería compaxinalos. Costaríanos elixir, porque despois de estudar catro anos e do esforzo realizado para completar a carreira tamén queremos vivir diso”. Que mensaxe lle mandariades a eses mozos que dubidan en poñer en marcha un proxecto? A. e M.: “Nós animamos a todos a que o fagan, ás veces é complicado empezar segundo que proxecto por temas económicos, pero se poden teñen que intentalo”.

“Ás empresas ao principio cóstalles entender o proxecto, pero o bo é que neste senso Ourense está sen explotar”


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

21


22

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

4AXENDA Exposicións - Ata o 25 de maio - Exposición de Rafael Cachaldora- Museo Municipal Música - 3 de maio – Concerto acústico Factoría de Subsistencia – 01 h – Café Auriense - 9 de maio – Concerto de Alberto Mvundi e banda – 11 h – Auditorio Cine - 8 de maio - “Azúcar aparte” – 18 e 23 h – Biblioteca Nodal - 15 de maio - “Belarmino” - 18 h - Edificio de Ferro do Campus Teatro - 1 de maio - “La patada” – 19 h- Teatro Principal/ “Já gastámos as palavras” – 20:30 h – Teatro Principal - 2 de maio - “Fantasía de los contrastes” – 20:30 h – Teatro Principal / “Best of Johnny” – 23 h – Auditorio - 3 de maio – “Atto (corpo unico)” – 19 h – Centro Cultural / “Sobre rodas” – 20:30 h – Teatro Principal / “4ª Xornada de danza universitaria” – 23 h – Auditorio - 4 de maio – “Contos ao palco” – 19 h – Sala E. Pardo Bazán campus / “Bye bye honey” – 20:30 h – Teatro Principal - 5 de maio – “Mentides…” – 19 h – Sala E. Pardo Bazán campus / “Nove illas ou dez (das cotovías)” – 20:30 h – Sala Marie Curie campus - 6 de maio – “Corpo en crise” – 19 h – Teatro Principal / “Miosotis. Non me esquezas” – 20:30 h – Auditorio - 7 de maio – “Corasons” – 19 h – Sala Marie Curie campus / “Nocturnos” – 20:30 h – Auditorio / “Action Man” – 23 h – Auditorio - 8 de maio – “Diagnóstico: desgosto patológico” – 20:30 h – Auditorio - 9 de maio – “Café Liberdade” – 20:30 h – Teatro Principal / 23 h – “Sede de mal” – 23 h – Auditorio / “Malos hábitos” – 01:00 h – Café Auriense Outros - 5 de maio - Presentación libro-cd “Os contos de Joselín” por Acentral Folque – 20:15 – Sala Marie Curie campus www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

Entrevista a Acid Proyect

“Hai unha efervescencia musical na cidade óptima para o xurdimento de máis bandas”

4 O grupo ourensán de metal alternativo presenta o seu primeiro disco, “Where’s your god now?” Pablo Feijoo Iván González e Brais Vázquez (guitarras), Gaby Montes (batería), David Cortiñas (baixo) e Carlos Murias (voz) compoñen Acid Proyect, grupo ourensán de metal alternativo. Novo disco, custou, pero xa o temos por fin, como foi o proceso? Acid Proyect: “Por fin!!!!! Pois foi longo e, por intres, desesperante. Entramos a Nocturnal Estudios en outubro de 2012 e aló por decembro xa estaba o 80 % rematado, pero problemas do estudio fixeron que ate marzo do 2013 non puidésemos rematar as sesións de gravación. A partir de aí, máis problemas internos do estudio fixeron que as mezclas e masterización non estivesen listas ata xaneiro de 2014 que o puidemos escoitar finiquitado dunha vez por todas”. Que novidades trae este traballo con respecto aos anteriores da banda? A.P.: “Con respecto á Demo de 2010, que era un traballo feito pola necesidade que toda banda ten de ter algo gravado para presentarse ao mundo, podemos dicir que con “Where´s your God now?” demos mil pasos adiante. O estilo definiuse e toda a amalgama de estilos que nos inflúen converxeron na nosa proposta de metal alternativo, todos os instrumentos melloraron, a produción mellorou e tamén a edición física do álbum é atractiva por si soa. Estamos orgullosos da criatura, por que non dicilo”. Sábado día 3 de maio, presentación do traballo xunto con Contra as cordas e La Sombra, dous grupos que musicalmente non pegan demasiado con vós nin entre eles, por que eles e non outros

Iván, Brais, Gaby, David e Carlos, compoñentes de Acid Proyect./RAMSÉS

“Con ‘Where’s your God now? demos mil pasos adiante. Toda a amalgama de estilos que nos inflúen converxeron na nosa proposta de metal alternativo” “Quen organice un concerto ten que ser consciente de que os petos do pobo non están para acudir a tres concertos á semana a determinados prezos...” grupos máis afins musicalmente? A.P.: “O que buscamos ao chamar a estas dúas bandas amigas foi o eclecticismo máximo, eclecticismo que reflexa tamén a nosa propia proposta. Por un lado temos a Contra as Cordas, do mellor hard core que se fai na Galiza, que representarían o lado máis enérxico da nosa música. Por outro temos a La Sombra, grupo de hard rock de calidade máis que contrastada en centos de festivais, que se podería dicir contactan co noso amor polos clásicos do rock e o aspecto máis melódico en ocasión da nosa música. Penso que por relación calidade/prezo é un dos mellores concertos do ano na cidade e agardamos que así se reflicta no ambiente”. Como está sendo a acollida do disco por parte do público e a crítica? A.P.: “Polo momento tan só sacamos á luz dous temas de adianto, que se poden es-

coitar no noso Bandcamp, Soundcloud e blog e podemos dicir que a aceptación está sendo mellor da que soñabamos. Tropecentas webs estanse facendo eco do noso lanzamento e o público tamén o está acollendo con entusiasmo. O día 3 de maio, data da presentación, será tamén cando o disco se poña á disposición do público no noso mail acidproyect@hotmail.es e noutros centros físicos dos que iremos informando”. Nos últimos meses os concertos de música parecen multiplicarse na nosa cidade pensades que en Ourense hai demasiada actividade musical considerando o tamaño da cidade? A.P.: “Nunca é demasiada a cultura. Podería dicir alguén que hai demasiados cadros no Louvre? Pois con isto pasa o mesmo. Ademais, a variedade é máxima. Todo o que sexa cultura é benvido. Iso si, quen

organice un concerto ten que ser consciente de que os petos do pobo non están para acudir a tres concertos á semana a determinados prezos... Pero está claro que hai unha efervescencia musical na cidade óptima para o xurdimento de máis bandas e, por que non, dunha escea local aínda máis potente”. Ademais do 3 de maio, tedes algunha outra data de concerto programada? A.P.: “Pois polo momento imos participar no DerrameRock na xornada do sábado 21 de xuño, e despois do verán telonearemos na Sala Berlín a uns helenos, Planet of Zeus, que no seu país meten 20.000 persoas en cada concerto. Despois, en outubro, faremos unha xira galega que anda a organizar a xente de Live for Madness, da que non me deixan dicir nada máis. E temos unha liña aberta para viaxar a Alemaña e Polonia nun horizonte non moi

lonxano. Polo de agora é o que hai, pero aproveitamos para manifestar a nosa dispoñibilidade para descargar o arsenal alá onde nos requiran”. Cal é o próximo obxectivo da banda tras este álbum? A.P.: “O vindeiro obxectivo é interpretalo e defendelo na meirande cantidade de lugares que poidamos. Tras dous anos de parón polo proceso estamos en disposición de afirmar que regresamos máis enérxicos, máis fortes, máis cabreados e, sobre todo, mellores. E non obstante, xa comezamos a ter un rico material para o seguinte...” Non credes que a xente de Ourense non vai a concertos a menos que o grupo sexa famoso? A.P.: “Se o grupo é famoso ou o grupo é local sí acode público, sempre apoia o pobo ourensán. É unha mágoa cando veñen bandas inmensas pero menos coñecidas e se atopan tan só un feixe de espectadores, pero é a lei deste mundo musical de hoxe en día...” Sentides apoio do público e os medios de comunicación local? A.P.: “Do público sempre. Dos medios de comunicación ás veces. Por poñer un exemplo, é máis sinxelo saber a actualidade dun equipo de fútbol de Terceira rexional, con todos os respectos que facer deporte está moi ben, que de calquera banda local das moitas que hai rozando a Primeira División a nivel estatal, como por exemplo Above the Seas que veñen de rematar unha xira española con 10 concertos en 10 días, amén de ter aparecido en publicacións especializadas punteiras, e seguro que calquera persoa allea descoñece tal circunstancia. Pero digamos que se somos os grupos quen nos poñemos en contacto, os medios despois si que apoian e axudan, si”.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

Carrileiros Foula organiza a XII Festa do Tren 4 Do 1 ao 4 de maio no parque ferroviario da rúa Canle. Redacción

Espectaculares actuacións teatrais están a tomar a cidade de Ourense./R.T.

A MITEU reúne en Ourense teatro de catro continentes 4 A 19ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario desenvólvese en varios espazos da cidade ata o próximo 9 de maio. Redacción Un total de 37 compañías conforman o cartel da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense 2014, a décimo novena edición desta mostra, que se desenvolverá na cidade das Burgas ata o 9 de maio. Compañías galegas comparten cartel na MITEU deste ano con outras procedentes da Península Ibérica (Castela e León, Madrid, A Rioxa, Navarra, Cataluña, Portugal) e de diversos recunchos do mundo (Italia, Brasil, Xapón, Guinea

Ecuatorial, Escocia, Exipto e Angola). Son máis de 39 actividades as que propón esta edición da mostra e que van máis alá do teatro, xa que o programa inclúe tamén danza, circo, música, acción de rúa e por primeira vez títeres para adultos, así como catro concertos, a proxección de dous documentais, e a publicación dun libro-cd. A MITEU será clausurada nun acto no Teatro Principal no que se entregarán os premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz” e se realizará unha

homenaxe ao actor, autor e director de teatro Xan Cejudo. Orzamento A mostra conta cun orzamento de 75.000 euros no que colaboran o Concello de Ourense, a Deputación, a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, ademais de Sarabela, que coordina o programa.

Un total de 37 compañías participan na MITEU 2014

Os amantes dos trens teñen unha cita do 1 ao 4 de maio coa XII Festa do Tren, que a asociación Carrileiros Foula organiza no parque ferroviario que xestiona na rúa da Canle, detrás do Auditorio. 1 de maio Comezan o Primeiro de maio coa inauguración, ás 11:30 horas, da exposición “A outra historia do tren”, un percorrido pola historia do tren de xoguete a través de modelos a escala fabricados entre os anos 1910 e 1970. De 12 a 13:30 estarán a circular os trens de que dispón a asociación no circuito ferroviario. Xa pola tarde, presentarse un sinal mecánico de “disco avanzado” de principios do século XX, restaurado pola asociación e que pasará a formar parte da colección de pezas expostas no parque ferroviario. Será ás 19 horas, e media hora despois, proxectarase o documental “Pare, escute, olhe” do cineasta luso Jorge Pelícano, sobre a liña férrea do Túa.

2 de maio Na noite do 2 de maio, a partir das 23:30 horas, os trens de Carrileiros reproducirán as viaxes nocturnas do mítico expreso Galicia-Barcelona, coñecido popularmente polo “Shangai” nos anos 50 do pasado século. 3 de maio O 3 de maio durante toda a xornada (de 11 a 13:30 e de 17 a 20 horas) terá lugar a undécima xuntanza de trens de modelismo tripulado para vía de 5 polgadas, coa participación dos mellores trens dos principais parques ferroviarios de España. 4 de maio Remata esta Festa do Tren o 4 de maio co día dedicado aos ‘pequenos ferroviarios’, no que, ademais das habituais circulacións dos trens do parque, os cativos poderanse fotografar montados nas locomotras e vestidos de maquinistas ou dando a saída aos trens coa indumentaria de xefe de estación. A actividade desenvolverase en horario de 11:30 a 13:30 horas.

23

EN BREVE

4 Paseos de Primavera O Concello de Ourense organiza unha nova edición dos “Paseos de Primavera”, que consisten en rutas a pé por zonas con especiais atractivos ambientais, paisaxísticos e culturais. O 11 de maio a cita terá lugar no bidueiral de Montederramo; cunha rtua de 5,5 quilómetros, xantar no bidueiral e regreso polo mesmo camiño. O 1 de xuño, o paseo será pola plataforma do Cenza (Vilariño de Conso - Manzaneda - Chandrexa de Queixa), dentro do espazo natural do Macizo Central. Os interesados poden inscribirse na Aula da Natureza ou no 988 51 07 81.

4 Xornadas herpetolóxicas A Aula da Natureza do río Miño organiza as “Xornadas herpetolóxicas ourensás: Ourense, capital herpetolóxica”. Tras unha primeira sesión o pasado sábado, as próximas citas son o 10 e o 31 de maio. Estas xornadas de achegamento ás poboacións de anfibios e réptiles, buscan sensibilizar á poboación ourensá na conservación destas especies, que moitas veces causan medo inxustificado. A actividade é gratuíta, está dirixida a nenos e adultos, e os interesados poden inscribirse na Aula de Natureza ou no 988 51 07 81.


24

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

O xerente do centro comercial, Marcos Vila, a xornalista Raquel Feijoo, e a autora da obra, Elena Gallego, na presentación de “Sete caveiras”. /RAMSÉS.

Presentación do libro “Sete caveiras”

Grandes e maiores atentos a unha das madamitas que arderon no San Lázaro. /P.L.

Concurrida festa de San Lázaro

A xornalista e escritora ourensá Elena Gallego Abad presentou na librería Aldova do centro comercial Ponte Vella a súa última novela, “Sete caveiras”. Editada por Xerais, esta novela negra está protagonizada por unha xornalista, Marta Vilas, e desenvólvese en escenarios reais de Vigo, nos anos 80, coa banda sonora da movida como telón de fondo, e cuns clicks de Famobil como común denominador de todos os crimes.

Ourense viviu unha multitudinaria festa de San Lázaro no primeiro domingo de abril. O bo tempo animou aos ourensáns a sair á rúa e participar dos oficios relixiosos e especialmente, do espectáculo da queima das madamitas, uns bonecos cheos de pólvora que se fan xirar ata explotar. Gaiteiros, a banda municipal, os cabezudos e os tradicionais postos de rosquillas ao redor do parque de San Lázaro foron outros dos atractivos destes festexos.

Os ourensáns achegáronse á feira de artesanía dende o día da inauguración./RAMSÉS

Numerosos pais achegáronse á escola infantil Arlequín para contribuir no récord./R.T.

A feira de artesanía, promotora do produto galego

A polo récord Guiness

A Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociacion de Artesáns, xoga un importante papel na promoción e comercialización do produto galego. De feito, ata o vindeiro 4 de maio na avenida de Pontevedra pódense adquirir, nos 35 expositores, produtos feitos a man en coiro, madeira, cerámica, vidro; ademais de pezas de xoiería. Ademais, a feira acollerá a celebración de talleres de artesanía en vivo todos os días.

Ourense uniuse este 26 de abril ao reto de batir o récord Guiness de cambio simultáneo de pañais de tela, iniciativa que trata de promocionar as vantaxes dos mesmos. “Evitas dermatites e o uso de cremas”, indica Susana, unha das coorganizadoras do evento. Ademais, o aforro é considerable: 300 euros fronte aos 1.800 que se acostuman gastar nos desbotables nos 3 anos que os precisan os bebés. E incluso pódense lavar na lavadora.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

25

4IMAXES DO MES

Proba de tensión ocular, unha das que se puideron realizar de xeito gratuíto na XI Feira da Saúde. /P.LODEIRO.

Paso a Urna do Sepulcro co Cristo xacente, portado por alumnos do Seminario Maior, na procesión do Santo Enterro de Ourense./P.LODEIRO.

Feira da Saúde na Alameda

Procesión do Santo Enterro

28 asociacións e entidades do ámbito da saúde máis a Concellería de Saúde encheron de contido os pasados 8 e 9 de abril a XI Feira da Saúde. A iniciativa serviu para celebrar o Día Mundial da Saúde, que estivo adicado ás enfermidades transmitidas por vectores, organismos que transmiten patóxenos dun animal ou persoa infectada a outra; e xeralmente son máis frecuentes en zonas tropicais e lugares con problemas de acceso á auga potable e ao saneamento. Asemade, a feira contribuiu a difundir as actividades e servizos das asociacións presentes. A realización de rexistros sanitarios gratuítos de todo tipo, charlas e obradoiros animaron a moitos ourensáns a pasar pola carpa instalada na Alameda durante estes dous días.

Numerosos fieis ourensáns e visitantes participaron na tarde-noite do Venres Santo na procesión do Santo Enterro, a máis destacada da Semana Santa ourensá. A choiva respetou este ano esta mostra da relixiosidade católica, conformada nesta ocasión por oito pasos: a Santa Cea, a Flaxelación, a imaxe de Xesús Nazareno, o Santo Cristo do Perdón ou “Ecce Homo” de Velle, a Piedade, a Cruz espida, a Urna do Sepulcro co Cristo xacente e a Dolorosa. O bispo da diocese, Monseñor Leonardo Lemos, seguido das autoridades civís pechaban a procesión, que realizou o percorrido desde a Catedral ata a praza Maior pasando pola rúa Lepanto, praza do Ferro, Santo Domingo, parque de San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal.


26

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

EN BREVE

4 Vistahermosa, unha festa en dous tempos As festas de Vistahermosa acadan os seus días grandes do 30 de abril ao 3 de maio. Na primeira xornada terá lugar a actuación da orquestra Aché, mentres que o 1 de maio será o turno de Mosaico, Europa e Achicoria. Ademais, pola tarde haberá unha exhibición de taekwondo. O 2 de maio entregaranse os trofeos de todos os campionatos celebrados con motivo destas festas, antes da verbena coa orquestra Triunfo. E na xornada do sábado terá lugar un xantar popular a base de polbo, churrasco, viño e refrescos.

4 Novena da Virxe de Fátima A Novena de Nosa Señora de Fátima, no barrio do Couto, é unha das citas relixiosas que máis fieis congrega na nosa cidade. Os domingos haberá misas ás 8, 9, 10, 11, 12, 13:15, 18, 19 e 20:45 horas, mentres que os días laborables serán ás 7:15, 8, 8:45, 9:30, 10:15, 12, 18, 19 e 20:45. Tamén se rezará o Rosario ás 17:30 e haberá celebracións penitenciais o día 9. Remata esta celebración relixiosa o 13 coa procesión das antorchas, que partirá ás 22:45 horas do templo do Couto ata a Catedral, onde o bispo presidirá a misa a medianoite.

4 O barrio do Couto en festas Os días 16, 17 e 18 de maio o barrio do Couto acollerá as súas festas populares. O 16 darán comezo os festexos co pregón de Paulino Izquierdo. O 17 terán lugar numerosas actividades infantís e ás 18 horas celebrarase o I Festival de Canto. E xa o 18 terá lugar a andaina, unha exhibición de taekwondo infantil e aerobic, e numerosos xogos infantís. Nove orquestras amenizarán a festa, tres cada día. Asemade, terá lugar o II Campionato de Tute, que comezará o 9 de maio (inscrición aberta ata o 5).

OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Ibsen, un inimigo do pobo Henrik Johan Ibsen é un perfecto descoñecido. Dicir que un dos grandes dramaturgos de todos os tempos é menos coñecido que Cristiano Ronaldo ou Belén Esteban amosa moi ben a saúde do noso tempo. E xustamente moitas das obras do escritor noruegués falan disto, da miseria da sociedade, do politicamente correcto, dos valores cínicos que acaban con todo. Os seus textos son tan actuais que un chega a preguntarse como os puido escribir e mesmo representar no século XIX. O que non estraña é o escándalo e a polémica que levantaron na súa época. Nas conciencias conservadoras e rancias do século XIX, e do século XX, aínda resoa o portazo que deu Nora, o mítico personaxe de Casa de bonecas, cando farta do seu marido decide deixalo. Esta obra estreada no 1879 segue sendo unha referencia para o movemento feminista. Pero eu hoxe non quero falar de Casa de Bonecas, tampouco quero falar de Pato salvaxe, ou de Espectros ou de Peer Gynt. Eu hoxe quero falar de Un inimigo do pobo. Esta obra estoupou na miña cabeza como un estalo hai anos. Conta unha sinxela historia. Un home, Thomas Stockmann, vive nunha cidade balneario que está mellorando grazas ao turismo e ás xentes que se achegan a localidade para tomar as augas. Un bo día, o doutor descubre que estas están contaminadas, pero paradoxicamente, a ninguén parece importarlle. A prensa, os políticos e o resto dos poderes sociais tentan mirar para outro lado. Amosan fronte a verdade, fronte a realidade, indiferenza, desprezo, re-

“Os seus textos son tan actuais que un se pregunta como os puido escribir no s. XIX. Non estraña o escándalo e a polémica que levantaron”

Portada de Un inimigo do pobo. chazo. Pero el, a pesar de todo, a pesar do director do xornal que é seu amigo, e do alcalde que é seu irmán, que o critican sen tregua, el, sigue adiante polo ben da sociedade denunciando a penosa realidade. O doutor Stockmann é un home de principios e que actúa rectamente e non ten medo á sociedade. Planta cara a todos sen preocuparse polas consecuencias, ao fin e ao cabo, está defendendo o ben común. Así sigue, ata que o perde todo, ata que as forzas vivas e os cidadáns idiotizados o atacan e o declaran, sinxelamente, un inimigo do pobo. Ibsen amosa deste xeito a faciana real e salvaxe das sociedades nas que vivimos, e nas que o pragmatismo do todo-vale, o cinismo do politicamente correcto, a manipulación e as dobles linguaxes afogan aos homes e ás mulleres que tentan ser honestos. Stanislavski, Arthur Miller, Fernán Gómez, Ian McKellen, Steve McQuuen e Mayorga aparecen entre as figuras máis relevantes que traballaron con esta peza teatral e ficaron fascinados. Con esta obra mestra Ibsen regálanos un espello onde mirarnos como cidadáns, como democracia, para que vexamos que é máis doado botarlle a culpa ao de arriba que asumir que todos nós somos responsables. E xustamente para iso debe servir o teatro, para conseguir que non poidamos enganarnos. Daquela, non nos enganemos. Manuel Blanco manuelblanco@hotmail.com

Imaxe do cruce da Diagonal a mediados do século XX./PACHECO

O pedestal da Diagonal Para organizar a cada vez máis abundante circulación de vehículos, en xuño de 1962 colócase na “Plaza Diagonal” unha plataforma con varanda metálica e base pintada de branco e vermello da que foi “inquilino” Arturo Villar González, garda municipal, que, ataviado con sahariana blanca, casco salacot e cinto con chapa e trincha, dirixía o tráfico desde o pedestal ignorando a maledicencia dos cativos que diariamente sometían a exame a súa paciencia. A denominación “Diagonal” (hoxe rúa Juan XXIII), respondía a que, a vía que xurdira ao compás dos últimos hálitos da década dos 50, transcorría de xeito trasversal entre a de Concello e a de General Franco (hoxe Progreso). Fernando Valcárcel González Membro do Arquivo Visual Ourensán

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Un vello continente: a moza Europa Cada vez teño máis claro por que chamamos a Europa “O Vello Contiente”. Non é que teña máis anos que os outros; tampouco é pola experiencia acomulada tras séculos escuros, renacementos e ilustracións, nin por ter as máis antigas reliquias históricas. Somos un continente vello porque, cando se asoma o cambio, sacamos o noso lado máis cascarrabias. Se é certo que os maiores son como o diaño niso de que saben máis por seren maiores que diaños, tamén é verdade que non son os máis dados a deixarse levar polas novas tendencias. Non é que os europeos non sexamos trend -uns máis que outros, iso si- pero pómonos moi pesados cando se asoma unha nova onda coas consecuencias que adoita traer á beira. Mais que unha onda, o que sacode estes tempos incertos á Europa na que vivimos é un tsunami de xente movéndose en diversas direccións, poxando por arrastrar a nosa historia cara a horizontes

incertos en cuxas augas, os vellos de espírito non se defenden como cómpre. En lugar de surfear o temporal e sacar ganancia do río revolto, ás veces teño a sensación de estar rodeada de individuos que queren e cren ter os super poderes de parar o tempo, de frear o inevitable e atopar solucións en ancorarse en ficticios portos seguros. O certo é que xunto á vella Europa coexiste outra Europa que non se conforma con ser reliquia. Hai hoxe unha moza Europa que nace como concepto e idea ás beiras das nosas fronteiras. Nace cunha visión de futuro que frustra e inspira por igual aos que queremos vivir alí, nese tempo que hoxe aínda é inmaturo e fórxase a cámara lenta entre aspiracións e confusións. Se, como fan os bos galegos, puidésemos preguntar a esta moza Europa e ti de quen es? poderiamos chegar a entender que a non pertenza é a esencia do que amamos, repudiamos e descoñecemos; do que descubrimos e do que enterramos. Esta moza Europa está ao

leste e á beira do que contemos con muros e aramados; está nas pavías do pasado e dunha utopía visionaria cargada coas ansias do legado occidental pero con sabores exóticos que o sazonan con múltiples acentos. Europa viaxa, porque a estaticidade condenaríaa a unha morte lenta e segura. Ao viaxar, un vai facendo o camiño dando tumbos, abrindo portas e derrubando murallas; un vai coñecendo as súas propias debilidades e as alleas; tamén chega a coñecer os seus puntos fortes e cae na conta de que a palabra fogar ten múltiples acepcións e significados, como o propio ser. A moza Europa é un día a día, un poder ser que aínda se antolla dependente, pero que vai adquirindo vida propia. A vella Europa non debería subestimar o que a súa savia nova é capaz de crear. Raquel Sertaje

“Cando se asoma o cambio sacamos o noso lado máis cascarrabias”


OCIO E CULTURA

Inscrición aberta para o concurso de Maios e Coplas 4 Péchase o 30 de abril. Redacción Como vén sendo habitual, o Concello de Ourense convocou o concurso de Maios e Coplas 2014, no que poderán participar todas as asociacións culturais, colexios,

grupos, colectivos, entidades e calquera persoa que o desexe. Modalidades A modalidade de Maios divídese á súa vez en Enxebre (con 300 euros de pre-

Lorinda Rodríguez (á esquerda), presidenta da AVV Rabodegalo, preparando o maio enxebre, unha das tres piramides que presentarán ao concurso, e que lles levarán oito tardes de traballo. /P.LODEIRO.

mio) e Artístico (con 400 euros de premio). E tamén se premiará o mellor Maio escolar (con 300 euros). Amais, hai unha segunda modalidade: a das Coplas (que conta cun premio de 200 euros). Todos os Maios participantes recibirán unha axuda pola participación de 200 euros para os enxebres e de 400 para os artísticos. Os interesados poden consultar as bases completas en www.ourensecultura.com. AVV Rabodegalo En relación ao concurso de Maios, a presidenta da asociación de veciños de Rabodegalo, unha das que conta con maior tradición nestas festividade, móstrase crítica coas bases. Lorinda Rodríguez adiantounos que “este ano imos presentar só

4RECEITA Solombo á pementa Ingredientes - 2 solombos - Nata líquida - Fariña ou maicena - Pimenta verde en gran - Coñac - Sal e pimenta moída - Leite - Bolsa de verduras campestres - Patacas Preparación - Córtanse os solombos en rodaxas duns dous dedos de grosor (coma se fosen

medallóns). - A continuación, esmáganse cun mazo e salpiméntanse. Despois frítense nunha tixola cun dedo de aceite de oliva; cando están a medio engádeselle unha cullerada de pementa verde en gran e unha copa de coñac que se queimou previamente. - Cando os solombos estean fritos apártanse a unha fonte. Na tixola coa salsa que queda engádeselle un vaso do tamaño do viño

cheo de nata líquida e medio vaso do mesmo tamaño de leite e unha punta de fariña ou maicena e tense removendo constantemente un cinco minutos. - Por último, bótase a salsa por enriba dos solombos na fonte e sérvese. Este prato pódese acompañar dun pure de patacas e dunha fonte de verduras. Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles Tel. 988 380 165

4HUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

tres maios enxebre, e os da asociación xuvenil seguirán coa tradición do artístico, porque non nos compensa levar o traballo que levamos. Parece que no Concello queren cantidade e non calidade, e a xente quere ver cousas bonitas, maios moi traballados” Rodríguez non está de acordo coas bases establecidas: “deberíanse contemplar máis premios, como antes, para compensar o traballo, porque nós facemos isto porque nos gusta pero tamén por recadar uns fondos para poder facer máis actividades na asociación”. “Habería máis ilusión por traballar se desen máis premios”, afirma. Asociación Xuvenil Os Galos Máis complicados son os maios artísticos. A asociación xuvenil Os Galos, do mesmo barrio, dedica o mes de abril á elaboración dos dous cos que concursará este ano: o despece do porco e a polbeira. Entre as dificultades están

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

Un maio artístico da asociación xuvenil Os Galos representará a unha polbeira. o atopar brión suficiente, “tivemos que ir á Peroxa por el”, indica Puri Linares, creadora das figuras. Ademais, empregan flores, xestas e millo para decoralos, e unha estrutura

4 Combina circo e batucada. A explanada de Expourense acollerá ata o vindeiro 4 de maio a gran carpa do circo Richards Bros, que presenta en Ourense, da man da empresa La Fiesta Escénica, un espectáculo único: Galtuk, o cal foi definido como a medio camiño entre un show do Circo do Sol e o mundo Disney. Galtuk, que provén das palabras Galicia e batucada e busca ser o reflexo do circo do século XXI, che-

de madeira con vimbios e sacos para darlle forma ás creacións. A súa satisfacción, non só gañar premios, senón “superarnos a nós mesmos cada ano”.

“No Concello queren cantidade e non calidade”, di a presidenta da AVV Rabodegalo

O espectáculo Galtuk chega a Ourense Redacción

27

ga á cidade das Burgas logo de acadar grandes éxitos en Asia, América e Europa.

Artistas internacionais darán vida a este espectáculo, que conta a historia dunha nena que ama o circo e unha noite soña que lle secuestran a súa xirafa de xoguete. Dende ese intre a súa cama pasa a ser o medio de transporte que emprega na inimaxinable aventura que vive para rescatar á súa fiel amiga.

Romi e Rudi Vassallo, do circo Richards Bros, xunto á directora adxunta de Expourense, Emma González, durante a presentación do espectáculo Galtuk./EXPOURENSE


28

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

DEPORTES

Dimite o Consello de Administración do Ourense 4 A dimisión farase efectiva no mes de xuño. R. Torres Finalmente produciuse o que reclamaban os empregados do club, e a maioría de afeccionados. O Consello de Administración de Club Deportivo Ourense presentou a dimisión que se fará efectiva cando, no mes de xuño, se convoque a asamblea de accionistas. Despois de que a maioría do público presente no encontro contra a Cultural Leonesa pedira a voz en grito as dimisións, estas non se fixeron esperar. Unha vez rematado o encontro, e despois das declaracións dos adestradores, o vicepresidente da entidade rojilla, José Ramón Fernández

Morgade anunciando que dimite./RAMSÉS Morgade comunicou que o Consello de Administración dimitía coma directivos do Ourense, aínda que continuarán traballando en favor do club ata que os prazos legais se cumpran (que será sobre mediados

Campillo no partido contra a Leonesa./RAMSÉS

de xuño). CyD Leonesa Previo ao encontro, Portela (que facía de capitán), achegouse ao palco para facerlle chegar a petición de dimisión ao presidente. Isto puido facer que o equipo entrara algo descentrado ao encontro e se vira superado polo rival. No minuto 2 xa perdían por 0-1. Os leoneses estiveron durante unha hora cun home menos, vantaxe que non souberon aproveitar os homes de Luisito ata nos minutos finais. Borja Valle facía o gol do empate (1-1) e varios xogadores encarábanse cunha parte da afección que os criticou polo partido que estaban a facer. Futuro do club O martes 29 está previsto que os directivos dimitidos acudan a unha reunión coa Axencia Tributaria na Coruña. Desa reunión dependerá o futuro da entidade. De chegar a un acordo traerán uns certificados que desbloquearán as subvencións e o club da cidade poderá ter unha esperanza. De non conseguir os certificados, xa se podería ir encargando unha lápida na que se lea a lenda D.E.P. CD Ourense Que non sexa así!

Paredes e Ocampo golpean primeiro 4 Venceron na primeira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. R.T. Javier Paredes (Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Ana María Ocampo (Ourenrunning) son os primeiros vencedores da primeira carreira do circuíto “Correndo por Ourense” que se celebrou no barrio do 21. Máis de 500 persoas participaron, entre todas as categorías, nesta primeira carreira, que ademais contou con moito público nas rúas polas que discorreu a proba. O atleta

ourensán do club pontevedrés tivo que remontar desde a quinta posición na que se atopaba na primeira volta (de tres) para a partir da

4 Terá lugar o 11 de maio. Xa está aberto o período de inscrición da XI andaina Cidade de Ourense ata o vindeiro 9 de maio. O custo da inscrición é de 7 euros e poderase facer efectivo a través da páxina web www.deportesourense.com.

O Couto A próxima cita do circuíto será o 31 de maio no barrio do Couto, dando comezo ás 21 horas.

Carreira dos pitufos do barrio do Vinteún./RAMSÉS.

Aberta a inscrición para a andaina Cidade de Ourense R.T.

segunda coller a primeira praza e non soltala. Segundo foi Jorge Silva (Ourense Atletismo) e terceiro Luis Raña (Arenteiro). En categoría feminina, Ana Ocampo estivo en todo momento na primeira posición. María Ferreiro foi segunda e Ana López, terceira.

O número máximo de participantes será de 500. Saída A saída terá lugar no pavillón dos Remedios ás 9 da mañá do domingo 11 de maio e contará cun percorrido de 30 quilómetros cunha dificultade media por sendeiro periurbano. Cubri-

ranse localizacións como Santomé, o encoro de Castadón ou mesmo o Cumial. O remate da proba será no pavillón dos Remedios. A organización puxo un tempo máximo para realizar o percorrido de sete horas. Andaina Amencer Outra andaina que se celebrará en Ourense en maio é a da Asociación Xuvenil Amencer, que organiza para o 18 de maio unha solidaria. Percorreranse desde as 12 da mañá os paseos do Miño. A inscrición poderá facerse na asociación xuvenil ou na web (amencer.org) e ten un custo de 5 euros.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

29


30

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2014

31


Ourense por BARRIOS Abril de 2014


Entrevista O Nadal xa ao grupo está aquí Acid [páx. 15 Proyect e páx. 39-42] TEMA DO MES Páx.2 BARRIOS Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corrale

Páx.11

As Termas reclama melloras en dúas zonas de xogo infantís

CIDADE

Páx. 14

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

CULTURA

Páx.23

[Páx.22]

CULTURA

Páx.27

Ata o 9 de maio, Aberta a inscrición teatro de catro para o concurso de continentes na MITEU Maios e Coplas [páx.7]

Paredes vence no Vinteún Máis de 500 atletas participaron este domingo 27 de abril na primeira proba do circuíto “Correndo por Ourense” ./RAMSÉS.

Número: 130 - Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Abril de 2014

4O ANUNCIANTE DO MES

Edades, a máis ampla oferta de servizos sociais en Ourense Estrea local na avenida de Marín, 33 Edades ofrece en Ourense os máis variados servizos sociais. A súa oferta contempla desde atención e coidado de maiores, dependentes ou nenos, a trámites burocráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha tenda de axudas técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio desde cambio de bañeira por ducha adaptada a servizos de fontanería, electricidade... Poucas veces unha empresa abrangue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades, unha franquía que desde o ano 2008 está implantada en Ourense e que ofrece a opción de acceder a todo tipo de prestacións e a uns prezos alcanzables á maioría da poboación. O crecemento da esperanza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dispararon nos últimos anos a demanda de servizos para o coidado e atención de persoas maiores, dependentes ou con algunha enfermidade. Ante esta situación, Edades situouse como unha empresa pun-

teira que destaca polo seu rigoroso sistema de selección de persoal e polos seus prezos competitivos. Neste entido, trátase duns servizos que non son exclusivos para clientes de alto poder adquisitivo, senón para unha poboación de status económico medio. Agora veñen de trasladar as súas instalacións á avenida de Marín, 33, baixo. “Cambiamos por necesidade de espazo, onde estabamos facíasenos moi pequeno. No local novo contamos cun espazo de 500 metros cadrados para exposición de produtos de axuda técnicas en venda e aluguer”, apunta María Cristina Portela Pérez, a directora de Edades. Unha gran emprendedora que con só 25 anos lanzouse a montar o seu propio negocio no sector dos servizos sociais. Tras un estudo das opcións de diferentes franquías dedicadas ao sector, decidiuse por Edades, por ser “a máis seria e con máis anos de traxectoria”, e por considerar que a súa oferta era “pioneira” na cidade e en toda a provincia, xa que “non existía unha

empresa deste tipo”. “Hai empresas que se dedican á axuda a domicilio, outras á limpeza de inmobles, pero con todos os servizos que nós abarcamos non hai ningunha”, destaca a empresaria. Seis anos despois, amósase moi satisfeita pola acollida que tivo a iniciativa en Ourense. “Todo isto é froito de moita constancia e dedicacion. Amo o que fago e non me importa estar todo o día na oficina até conseguir solucionar o problema dalgún cliente/usuario. Teño que agradecerlles aos clientes e ás traballadoras a súa confianza poruque sen eles non sería posible. Podo presumir de ter clientes de hai seis anos e que son fieis á axencia e son a nosa mellor publicidade”, relata. Recursos humanos O segredo de poder ofrecer unha asistencia tan variada radica na capacidade de seleccionar recursos humanos. Unha coidada e minuciosa tarefa dirixida a buscar ao persoal máis cualificado e idóneo

Nova sede de Edades na avenida de Marín, 33.

“Teño que agradecerlles aos clientes e ás traballadoras a súa confianza porque sen eles non sería posible”, afirma Cristina Portela, directora de Edades Ourense para realizar todas estas tarefas. Edades Ourense conta cunha gran bolsa de traballo; “para cada servizo necesítase un tipo de persoa distinta, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, niñeiras, licenciados ou diplomados. Non é o mesmo traballo o dunha señora que se dedica a tarefas domésticas, que atende a unha persoa maior , asegura. “Todo o persoal é de confianza, xa que todos os currículos compróbanse dato por dato, e se o cliente ou o

No local novo contan cun espazo de 500 metros cadrados para exposición de produtos de axuda técnicas en venda e aluguer.

usuario non están satisfeitos coa persoa que mandamos por algún motivo, cámbiaselle automaticamente”. Edades está rexistrada na Xunta de Galicia como entidade prestadora de servizos sociais e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social como Axencia de colocaion on-line. Tamén contan coa aplicación para móbil “App Edades Servicios Sociales” dispoñible para android e ios, para telos sempre a man para calquera necesidade.


Entrevista a Rocío Díaz, presidenta da A.VV. Barbaña TEMA DO MES Páx.2 BARRIOS Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral

Pax. 7

Aprobado o proxecto de urbanización da Trinidade

CIDADE

Páx.14

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

CULTURA Ata o 9 de maio, teatro de catro continentes na MITEU

CULTURA

[páx. 6]

Páx.27

Aberta a inscrición para o concurso de Maios e Coplas [páx.3]

Protesta no colexio dos Rosais Os proxenitores dos cativos do CEIP Amadeo Rodríguez piden medidas contra altas temperaturas que acadan algunhas aulas./M.REJO.

Número: 116- Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Abril de 2014


Entrevista a Arantza e María, creadoras do blog de moda ArmariA TEMA DO MES Páx.2 BARRIOS

Páx.7

Piden a dimisión do Aprobado o proxecto alcalde pola polémica de urbanización da rúa Clara Corral da Trinidade

CIDADE

Páx.14

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

[Páx.20]

SOCIEDADE Páx.15

CULTURA Páx.27

De Fogar do Maior a Centro Sociocomunitario

Aberta a inscrición para o concurso de Maios e Coplas [páx. 23]

Teatro de catro continentes na MITEU Ata o 9 de maio a XIX edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario achegará a Ourense 39 propostas diferentes./RAMSÉS

Número: 79- Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Abril de 2014


Abril 2014 - Ourense por Barrios