Febreiro 2014 - Ourense por Barrios

Page 20

20

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

SOCIEDADE

Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas, 75 anos compartindo soños Este 2014 o colexio Plurilingüe Divina PastoraFranciscanas está de 75º aniversario na cidade de Ourense (1939-2014) polo que realizará diferentes actividades culturais conmemorativas. Por exemplo, o 24 de febreiro realizouse a liberalización masiva de libros “Bookcrossing” no Centro Comercial PonteVella, que foi todo un éxito, a semana do 17 ao 21 celebrouse a Semana da Froita, na que se repartiron máis de 800 quilos de froita nos recreos. E así máis de medio cento de actividade ao longo deste ano. Plurilingüismo Os idiomas do colexio son inglés, galego, alemán, castelán e chinés. O colexio plurilingüe fomenta a aprendizaxe dos idiomas

a través das diferentes actividades escolares e extraescolares ofertadas. O inglés impártese dende os tres anos con dobre de tempo por ser centro plurilingüe, en todos os cursos impártese alomenos unha materia non lingüística en inglés como Plástica, Educación Física ou Proxecto Interdisciplinar. Conta tamén cunha auxiliar de conversa nativa como apoio a aprendizaxe oral e soltura na fala. As actividades escolares combínanse con actividades complementarias como teatro en inglés, conferencias en inglés… e actividades extraescolares como Enjoy English para os máis cativos coa finalidade de comunicarse exclusivamente en inglés ou Trinity Test que vai enfocado para que os alumnos a partir de

3º de Educación Primaria melloren a súa capacidade produtiva oral e sexan quen de manter un dialogo fluído co seu mestre nativo e preparen o Trinity Oral Test. Tamén conta cunha das

máis amplas experiencias de inmersión lingüística na provincia, xa que leva 25 anos realizando o International Summer Course, tres semanas no mes de xullo estudando e convivindo con nativos no estranxeiro, incorporándose unha nova actividade os últimos anos: a Week Camp. O alemán é a segunda lingua estranxeira, obrigatoria en 1º e 2º da ESO e optativa en 3º, 4º da ESO

e Bacharelato. O chinés ofértase como actividade extraescolar para os máis cativos. O colexio tamén destaca na implantación de programas de innovación pedagóxica e nas Tecnoloxías da Información e Comunicación. O centro conta cun equipo de alumnos redactores da revista dixital Lúa e coa súa propia canle de televisión na web: Lúa TV.

Equipo directivo co grafiti conmemorativo no patio do colexio.

Amencer presenta o premio escolar “Atrapando a memoria” Redacción A asociación xuvenil Amencer vén de presentar a segunda edición do concurso “Atrapando a memoria”, dirixido a alumnos de 3º e 4º de ESO de todos os centros de ensino que o desexen, agrupados en equipos de 5 alumnos. O traballo consistirá na elaboración dun caderno de campo, escrito en galego normativo, centrado nunha parroquia ou nun barrio ou pobo. O caderno debe recoller datos xeográficos, socioeconómicos e históricos, toponimia, lendas, contos, refráns, tradicións, oficios, vestixios arqueolóxicos ou elementos etnográficos singulares. O xurado tamén terá en conta a súa calidade literaria. Os traballos deberán ser enviados a Amencer antes do 17 de maio.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.