Page 1

Entrevista a José Bailén, responsable da inmobiliaria JBA TEMA DO MES P. 2-3

CIDADE

Páx.12

A Pokemon e a Patos salpican ao Concello de Ourense

A Carballeira protesta polo bulevar que cruza a pr. da Lexión

OCIO

Páx. 22-23

Especial Entroido: programación na cidade e en Barbadás

[Páx.14]

SOCIEDADE Páx. 27

DEPORTES Páx. 28

En marzo, 4ª edición do Festival Live for Madness Metalfest

Nova derrota do COB Ourense Termal no Paco Paz

Ourense convértese no plató de “A Esmorga” Momento da rodaxe do filme, dirixido por Ignacio Vilar, na praza Maior./RAMSÉS.

Número: 138 - Ano: XIII - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

TEMA DO MES

Victorias xudiciais para o Concello 4 Na limpeza de locais municipais e na axuda a domicilio. P.L. A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, augura unha pronta adxudicación definitiva do contrato de limpeza dos edificios municipais, que o Goberno municipal leva intentando adxudicar desde xaneiro de 2012. Afírmao tras coñecerse un auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense que levanta a suspensión cautelar da adxudicación a Seralia, tralo recurso presentado no seu día por unha das súas competidoras, Ferpesa. A edil socialista agarda que o outro recurso pendente, no Contencioso nº 2, presentado por Procedemento de Aseo Urbano (PAU SA, filial de Vendex), se resolva no mesmo sentido. Durante todo este tempo segue a prestar o servizo en precario PAU SA, o que ocasiona continuos reparos do interventor ao pago de facturas. Soto relatou todo o farragoso procedemento seguido nesta contratación, cun primeiro prego presentado en xaneiro de 2012 e recurrido por PAU SA e pola Asociación Profesional de Limpeza ASPEL, por estimar insuficiencia no tipo de licitación e omisión de locais a limpar: Os recursos foron admitidos pola asesoría xurídica municipal polo que houbo de redactarse outro prego, presentado en novembro dese mesmo ano, e que foi novamente recurrido por dúas empresas, Ferpesa e PAU SA, e

polo tanto suspendeuse o procedemento de contratación en marzo de 2013. Vitoria na axuda a domicilio Por outra banda, o Xulgado do Contencioso nº 1 de Ourense desestimou a reclamación interposta por dúas empresas participantes que denunciaron irregularidades na adxudicación do servizo de axuda a domicilio. A sentenza respalda a concesión á UTE formada por Fomento de Construcciones y Contratas e Corporación de Servicios Sociosanitarios e recolle a que adxudicación, en 2011, axustouse á legalidade. A sentenza serviulle ao alcalde para denunciar a “campaña de infundios, manipulacións e mentiras orquestada pola coalición” PP e DO. Con todo, estes dous partidos lembraron que a concelleira responsable, Marga Martin, así como varios técnicos de Benestar Social, seguen imputados por supostas ilegalidades no servizo municipal de Axuda no Fogar noutro pleito que está aínda en curso.

O fallo favorable á adxudicación da axuda á domicilio serviulle ao alcalde para criticar a PP e DO; estes recordaron que a edil responsable está aínda imputada

Tras Pokemon, chega Patos

4 Requisan na Concellería de Medio Ambiente o expediente da contratación do servizo de mantemento de zonas verdes. P.L. En plena voráxine da apertura do sumario da Operación Pokemon, unha nova operación xudicial salpica o Concello de Ourense. Dentro da denominada Operación Patos, posta en marcha por un xulgado de Vigo que investiga concesións públicas en varias localidades galegas, foi realizado un rexistro nas dependencias da Concellería de Medio Ambiente. Axentes da Policía Nacional recolleron no consistorio ourensán os expedientes relacionados coa contratación do servizo de mantemento e mellora de zonas verdes públicas da cidade. Concurso en suspenso Mentres os axentes e un secretario xudicial recababan a documentación, a concelleira responsable, Susana Bayo, comparecía ante os medios, acompañada polo voceiro do grupo municipal socialista, José Ángel Vázquez Barquero, tras manteren unha reunión co alcalde. Segundo a edil de Medio Ambiente, o expediente de contratación do mantemento das zonas verdes da cidade púxose en marcha en novembro de 2012 e foi adxudicado a Cespa (unha das empresas investigadas na Operación Patos). Ora ben, a adxudicación foi paralizada posteriormente “porque houbo un recurso dunha empresa (Tahler) e o xulgado determinou a paralización”, explicou

A concesión incluía o mantemento das zonas verdes nos tres distritos da cidade: A Ponte, O Couto-A Carballeira, e A Cuña - Casco Vello./ARQUIVO. Bayo. A concelleira socialista descoñecía a que se debía a notificación xudicial, “as dilixencias son secretas”, sinalou, pero afirmou non estar preocupada pola súa xestión neste asunto. Na mesma liña tamén se expresaba o alcalde. Agustín Fernández amosou o seu “respecto absoluto” á actuación xudicial e tamén a “transparencia absoluta” coa que responderon desde o goberno. “O auto dicía que se lle puxera á súa disposición un expediente, e non houbo ningunha actuación a maiores”, puntualizaba o rexedor, quen recalcaba que

o asunto “é secreto e non sabemos máis”. Fernández recordou que o expediente solicitado polo xulgado de Vigo refírese á adxudicación do mantemento de zonas verdes a Cespa, un proceso de libre concorrencia no que participaron unha vintena de empresas e que foi recorrido por unha delas, coa conseguinte paralización da adxudicación. Desde 2010, Cespa encargábase do mantemento da zona da Ponte, mentres que outra empresa, Acciona, asumía o coidado dos distritos do Couto - Carballeira e A Cuña - Casco Vello.

A adxudicación do contrato de mantemento de zonas verdes a Cespa foi paralizada porque houbo un recurso dunha empresa competidora

4 Cinco detidos en toda Galicia No resto de Galicia, a operación saldouse con cinco detidos -entre eles un concelleiro do PP en Nigrán xa dimitido-. A todos eles impútanselle os delitos de tráfico de influencias e suborno (a un deles ademais o de prevaricación), aínda que quedaron en liberdade sen medidas cautelares. No marco da operación Patos realizáronse 17 rexistros en domicilios particulares e locais vinculados a cinco empresas e en varios organismos oficiais, entre eles o Concello de Ourense. A causa permanece declarada secreta á espera dos informes que se elaboren coa documentación incautada.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014



Agustín Fernández insiste en pedir “respecto” ás actuacións xudiciais e á presunción de inocencia

4 Son as palabras do rexedor socialista ao referirse ás operacións xudiciais que implican dun modo ou outro ao Concello de Ourense. P.L. Ante o goteo de nomes que están aparecendo unha vez levantado o secreto de sumario da Operación Pokemon, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, esixe respecto á presunción de inocencia, “porque se non é así probablemente imos cometer erros totalmente irreparables no futuro”. O rexedor socialista defende a “honorabilidade” do Concello, dos seus concelleiros, tanto do goberno como da oposición, e dos seus funcionarios e técnicos. “Creo na inocencia de todas as persoas imputadas”, afirmou. Fernández insiste en que hai un “abismo” entre “o que unhas persoas nunha conversa poidan dicir dun terceiro e que este terceiro poida haber incorrido en calquera irregularidade”, en referencia ás conversas entre cargos de Vendex nas que se fala de supostos pagos e entrega de agasallos a políticos e funcionarios, así como de peticións de emprego a amigos e coñecidos e retirada de multas. O rexedor opina que “hai demasiadas probas baseadas no que din terceiras persoas doutras persoas”. E por iso pide que “deixemos que se pronuncien os xuíces” e augura que “cada un pagará polo que haxa feito (sic)

“Creo na inocencia de todas as persoas imputadas”, afirma o alcalde

mal pero non polo que digan certas persoas en conversas privadas”. Investigación do patrimonio do ex alcalde No que se refire ao caso particular do ex alcalde, Francisco Rodríguez, cuxo patrimonio e contas bancarias foron investigados pola xuíza Pilar de Lara, Fernández insistiu en que “non presumamos a culpabilidade porque se faga un seguimento dun patrimonio”. “Debe probar quen acusa”, recalcou. A este respecto, tamén o propio afectado saiu ao paso cun comunicado, no que asegura que é “unha absoluta mentira e unha manipulación retorta e canalla” que tivese ingresos sen xustificar. “Todos os meus ingresos proceden única e exclusivamente do meu salario”, afirmaba nese escrito, no que indicaba que o seu único patrimonio é “un piso cunha hipoteca do 100% e un turismo de 12 anos de antigüidade”. Rodríguez defende a súa inocencia e considérase vítima dun “proceso xeral sobre toda a miña vida e a da miña familia”. “Nin rolex, nin agasallos, nin prevaricación, nin branqueo de capitais, nin concursos amañados, nin pisos en Brasil, todo é unha patraña e unha sarta de mentiras, sen unha soa proba”, e por iso esixe á xuíza que remate a instrución e “poña sobre a mesa as probas que sustentan as súas imputacións”.

Rolda de prensa do ex alcalde Francisco Rodríguez en setembro de 2012, tras quedar en liberdade, na que estivo arroupado por gran parte dos concelleiros do grupo socialista./ARQUIVO.

4 O BNG pide unha comisión informativa sobre as concesións

4 O PSOE reclama explicacións ao alcalde de Barbadás

O grupo municipal do BNG solicitará no pleno de marzo a través dunha moción que se constitúa unha comisión informativa sobre as concesións en Ourense ás empresas que aparecen na Operación Pokemon. O BNG ten manifestado en numerosas ocasións que as comisións serven no fundamental para ter acceso aos expedientes e non para a investigación de delitos, algo que corresponde a outras instancias, mais neste caso os nacionalistas consideran importante “apostar pola máxima transparencia” e “revisar as condicións

O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, pide formalmente aclaracións sobre os contactos que mantivo o rexedor, José Manuel Freire Couto, con Vendex en relación coa adxudicación do servizo de limpeza en abril de 2012. Segundo Valcárcel, o alcalde de Barbadás podería ter actuado nas concesións conforme a criterios alleos á legalidade e baseándose en compromisos previos. O PSdeG considera sospeitoso que nas escoitas da Axencia Tributaria se relate que o responsable de Vendex afirme que o alcalde non ten ningún

das concesións públicas, así como as circunstancias que as rodearon no momento da adxudicación e na actualidade para o control cidadán” en palabras de Xosé Somoza. O voceiro municipal do Bloque quere “que se aclaren as dúbidas, que todas coñezamos a situación das concesións públicas”. O BNG quere que se ofreza toda a información necesaria para resolver as dúbidas que xorden na cidadanía sobre os posíbeis amaños nas concesións dos servizos públicos que, como xa teñen denunciado, “afloran pola privatización dos mesmos”.

tipo de compromiso en relación á suposta adxudicación do servizo de lixo. Os socialistas lembran que en 2007 adxudicouse á empresa Geseco o servizo de recollida de lixo para un período de 25 anos, polo que “si existe un compromiso evidente”. Nunha batería de preguntas presentadas polo líder do PSdeG en Barbadás, reclámase ao alcalde que explique cantas xuntanzas mantivo co representante de Vendex. Nas preguntas faise referencia tamén aos contactos que a empresa investigada na Pokemon mantivo con diversos funcionarios do concello.




Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

PUBLICIDADE

A Xunta alértalle ao Concello de Ourense que podería ter incurrido en “publicidade enganosa” na súa oferta de Ludoteca na Casa da Maxia A concelleira popular Belén Iglesias solicitou información sobre os participantes e o persoal que atende os rapaces, así como o tipo de actividades que se desenvolven na instalación O Grupo Municipal do PP en Ourense, a través da concelleira e viceportavoz, Belén Iglesias, vén de rexistrar un escrito no que solicita o número de nenos que asisten ás actividades realizadas no edificio “Ampliación Centro Cívico e Social Casa da Maxia” e as súas idades; o acceso á folla de inscrición para que os nenos participantes poidan realizar actividades neste espazo municipal; a relación e titulación do persoal que atende a estes rapaces; e o tipo de actividades que se realizan neste centro. O obxectivo deste escrito, segundo explica Belén Iglesias, é coñecer qué é o que se está a desenvolver na denominada “ampliación do centro cívico e social Casa da Maxia”. “Vémonos na

obriga de solicitar esta información, toda vez que o goberno municipal de Ourense ou non o sabe, ou falta á verdade conscientemente cando oferta unha ‘ludoteca’ a bombo e platillo, onde incluso o alcalde e a concelleira de Educación se fixeron acompañar por rapaces na inauguración deste centro o pasado 7 de xaneiro”, sinala Iglesias. Advertencia da Xunta E ratificando o exposto dende o principio polos populares ourensáns, o Servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta de Galicia remitiulle ao Concello de Ourense, con data de 17 de febreiro, un novo requerimento advertíndolle: “que ao non tratarse dunha ludoteca non se pode realizar

ningún tipo de publicidade na que se refira a esta tipoloxía de centros de servizos sociais. Do contrario, podería considerarse publicidade enganosa, o que se considera infracción en materia de Servizos sociais, segundo o establecido no artigo 81n da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia”. Esta advertencia ven como consecuencia da resposta remitida á Xunta por parte do Concello de Ourense, o pasado 30 de xaneiro, na que, ante o requerimento de que solicitase a correspondente autorización administrativa de inicio de actividades de ludoteca, o goberno municipal sinalou que “as actividades infantís realizadas na “Casa da Maxia” non se

corresponden coas propias dun centro coa tipoloxía de ludotca, senón que se realizan como ampliación das xa realizadas no Centro Cívico Colón”. En consecuencia, a concelleira Belén Iglesias sinala que “o Concello de Ourense agora non sabe como xustificar que abriu unha ludoteca sen o pertinente permiso, tratando de darlle voltas a un erro que viñemos denunciando dende o minuto un. Se realmente non abriron unha ludoteca na Casa da Maxia, trataron de confundir á cidadanía incurrindo en publicidade enganosa. O único claro é que non son capaces de xestionar con limpeza e claridade algo tan sensible como é un lugar onde se prestan actividades para os rapaces”

Belén Iglesias e Rosendo Fernández na rolda de prensa dada polo PP en xaneiro sobre a Casa da Maxia.

“O Concello non sabe como xustificar que abriu unha ludoteca sen o pertinente permiso”, apunta Belén Iglesias

O PPOU pide que o Plan de Emprego do Concello de Ourense contemple medidas para fomentar o emprendemento feminino Os populares defenderán unha moción no pleno de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, na que tamén instarán a todas as administracións a realizar campañas de divulgación e formación no ámbito do emprendemento feminino O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense ten rexistrada unha moción para que o Plan de Emprego do Concello incorpore medidas específicas para fomentar o emprendemento feminino. En concreto, a moción, que se debatirá no vindeiro pleno do 7 de marzo, -véspera do Día Internacional da Muller, presenta o seguinte acordo: 1.- Que no Plan de Emprego Municipal se contemplen medidas específicas para fomentar o emprendemento feminino. 2.- Instar a todas as Administracións públicas, dentro dos seus respectivos ámbitos competenciais, a: a) Realizar campañas de divulgación e formación no ámbito do emprendemento feminino. b) Potenciar políticas e programas de apoio ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos

empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral. Argumentos Argumentan os populares na súa moción que as mulleres son a metade do capital humano da sociedade; por esta razón, no século XXI un obxectivo fundamental debe ser aproveitar de xeito eficiente todos os recursos e talentos dispoñibles, nomeadamente os femininos. Os datos e os feitos son tallantes: máis do 60% dos títulos superiores nas universidades de España e da Unión Europea teñen nome de muller e o Banco Mundial deixou claro que a achega das mulleres en decisións estratéxicas aumenta a produtividade da entidade nun 20% como media. Non obstante hai que

lamentar que a presenza feminina nos postos directivos das administracións dos Estados membros da UE apenas roza o 30%, en tanto que en España as mulleres nos consellos de administración do Ibex 35 só representan o 13,5%. A participación das mulleres no mercado de traballo é cada vez maior; con todo, aínda persisten as desigualdades laborais, especialmente nos postos directivos. As mulleres están presentes en todas as facetas económicas e sociais do país, pero moitas seguen tendo que elixir entre a maternidade e a súa profesión, algo que non debe ser admisible na nosa sociedade. Entre as administracións, os axentes sociais e as empresas, o camiño ha de estar marcado: un modelo de sociedade que permita a conciliación real e efectiva de homes e mulleres.

Acto conmemorativo do Día Internacional da Muller por parte do PP en 2013.

A sociedade non pode permitirse este dispendio de talento, porque a maior igualdade aumenta a produtividade, mellora a competitividade e é motor de desenvolvemento A sociedade non pode permitirse este dispendio de talento, porque a maior igualdade aumenta a produtividade, mellora a competitividade e é motor de desenvolvemento. Polo

tanto, temos que apoiar as mulleres a que innoven, cren ideas e produtos competitivos. A creación de proxectos empresariais e o autoemprego constitúen un piar relevante que

busca promover o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, cunha especial atención aos sectores vinculados á tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade.


ESPECIAL

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014



Entrevista a Francisco J. Gómez, director de GALPROFOR CONSULTORÍA DE FORMACIÓN

“Galprofor achega unha solución especializada e innovadora, incluíndo formación para traballadores e desempregados” Podería falarnos de Galprofor Consultoría? A nosa consultora e centro de formación dispón dun cadro de persoal de expertos e colaboradores, en todas aquelas áreas que son susceptibles de mellora nunha organización; que nos permite proporcionar unha solución integral que proporcione o éxito no resultado da consultoría. Creatividade, innovación, xestión, Galprofor achega unha solución especializada e innovadora, incluíndo formación para os traballadores das empresas e tamén, como non, para os desempregados, de cara a mellorar a súa empregabilidade. Que servizos ofrecen? Todos os que poida requirir unha Peme: implantación e/ou certificación

de normas de calidade UNE-ISO, implantación de L.O.P.D., deseño de plans de prevención, formación continua... no apartado de consultoría e toda aquela formación que poida demandar/necesitar calquera alumno empregado e/ou desempregado. Especializámonos no que prevemos unha maior demanda nos próximos anos: recursos humanos, consultoría de negocio que inclúe reorganizacións empresariais e tamén somos fortes en tecnoloxías da información. En que cre vostede que se distinguen respecto da competencia? Todas as nosas actividades van orientadas a crear valor, os clientes apréciano e establécese un marco de confianza e accesibilidade que dificilmente poden con-

seguir despachos de maior tamaño. Ademais dos servizos de consultoría para Pemes, mencionouse repetidas veces os servizos de formación, pero, en que campos se centra? O noso centro, ademais de contar cun amplo catálogo de cursos presenciais, a distancia e online no campo da Formación Continua Bonificada para traballadores en activo, como entidade organizadora da Fundación Tripartita para a Formación e o Emprego, está acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego pola Xunta de Galicia para a impartición de Certificados de profesionalidade, tales como: - Actividades de venda. - Xestión comercial de

vendas. - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web. - Administración de servizos de internet. - Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos. - Xestión integrada de recursos humanos. - Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas. - Impresión dixital. - Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Contamos tamén, con outra Formación acreditada/certificada por institucións públicas, por exemplo a Consellería de Sanidade, para o caso do Certificado de formación hixiénicosanitario das instalacións

Noelia López Garrido, consultora en Galprofor.

Fidelizamos aos nosos clientes con calidade nos servizos que prestamos e anticipación ás súas necesidades, todo iso cun trato personalizado de risco fronte á lexionelose ou pola Xunta de Galicia para a impartición de cursos relacionados co Benestar Animal ou para a formación agroforestal en cursos de nivel básico de usuarios de produtos fitosanitarios. Por último pero non menos importante Galprofor conta como servizo engadido, o ser unha Axencia privada de colocación en liña, recoñecida polo Servizo Público de Emprego co nº 9900000305, cuxa

misión é ofrecer ao demandante de emprego, un proceso personalizado a procura e obtención dun posto de traballo. Como definiría o “estilo Galprofor”? Hai algo que nos diferencia doutras empresas de consultoría, e é ter presente sempre a filosofía de gañogañas, demostrar que as cousas só poden facerse dunha maneira, que é facelas ben, todo iso apoiado por un equipo de profesionais de calidade.




Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

CIDADE

entrevista a mercedes r. alcalá - vicepresidenta da A.VV. Centro

“As autoridades precisan que lle reclamemos as cousas porque se non o facemos pensan que non é importante”

4 A vicepresidenta da asociación de veciños Centro, Mercedes R. Alcalá, achéganos aos problemas cotiás do corazón da cidade. Silvia Nieto Foi unha das fundadoras da asociación de veciños Centro, ocupou a presidencia da mesma durante case unha década e agora é vicepresidenta, e é membro histórico da Federación Limiar, Mercedes R. Alcalá é, sen dúbida, unha das caras visibles do movemento veciñal da cidade das Burgas. Coñece de primeira man os problemas cotiás dos ourensáns e non escatima esforzos en procurarlles unha solución. Para ela na unión e a constancia está a chave. Cando se funda a A.VV. Centro? Mercedes R. Alcalá: “Na década dos 80. Fundámola un grupo de amigos dos cales algúns aínda seguimos formando parte dela hoxe. Agora o presidente é Ignacio Martín Amaro, e eu son a vicepresidenta, pero sempre nos fomos rotando. Eu fun presidenta durante sete anos ata fai un mes”. Con cantos socios conta a A.VV. Centro? M.R.A.: “Neste momento conta cuns 300 socios, pero estamos en fase de captación de novos asociados”. Trátase dun labor vocacional? M.R.A.: “Eu non coñecía o que era unha asociación

“Cantos máis socios teñamos máis actividades poderemos organizar”

veciñal, chamoume Ignacio para preguntarme se quería formar parte da asociación que el ía fundar e aceptei, sen saber moi ben en que consistía. Pero antes non era como agora, non tiñan o peso que teñen agora, nin eran coñecidas a nivel popular. E podo dicir que estou moi contenta, non me arrepentín, creo que si que resultou algo vocacional porque agora non podería vivir sen formar parte dunha asociación” Variaron moito os problemas dos veciños? Cales son os máis habituais? M.R.A.: “Neste tempo variaron un montón. Pero a día de hoxe os problemas dos barrios adoitan ser bastante sinxelos, como unha farola rota, bancos ou xardíns descoidados, problemas coa xente con mascotas ou roturas de tubaxes. No caso do centro, un dos problemas co que loitamos neste intre é a velocidade dos coches que baixan pola Habana, semella un rali. Por iso lle pedimos ao alcalde, nunha reunión que mantivemos fai unhas semanas, un radar para esta rúa e el non o viu mal. Ademais, tamén hai baldosas rotas nas rúas Curros Enríquez e Paseo, e son un perigo. Tamén temos as rúas da Habana e Concello co firme en moi mal estado, pero xa nos dixo o alcalde que van poñerse con elas, principalmente coa da Habana, que xa está presupostada a obra”. Outro dos temas que lle plantexastes ao rexedor foi

Mercedes R. Alcalá, vicepresidente da asociación de veciños Centro./RAMSÉS

“Confío en que tal e como está plantexado o PXOM non saia adiante, ou se o fai sexa tendo en conta as demandas dos veciños” a petición de maior seguridade no centro. M.R.A.: “Efectivamente. Este verán houbo moitos roubos en vivendas. O que pasa é que ese tema depende máis do Subdelegación do Goberno, e neste senso como Limiar e a A.VV. Centro estamos presentes nas xuntas de seguridade cidadá aí é onde presentamos as nosas demandas, porque se reúnen nelas as autoridades competentes na materia”. Ademais, dende a A.VV. Centro sodes moi críticos co PXOM. M.R.A.: “Si, presentamos numerosas alegacións. De feito, no edificio Vía Cambre, no que están as nosas instalacións, xuntámonos cos comerciantes e veciños e presentamos unha alegación conxunta; así mesmo,

animamos a todos os nosos socios que se vén afectados pola normativa de que as vivendas ubicadas do sexto piso en adiante están fóra de ordenación a que tamén presentaran alegacions. E cónstame que se están facendo esas reclamacións, e agardo que as faga o maior número de xente posible antes de que remate o prazo a final de mes. Confío en que así este plan non salga adiante, ou se o fai sexa tendo en conta as demandas dos veciños”. Tamén reclamastes a ocupación das beirarrúas por parte das terrazas das cafeterías. Cres que se tomaron as medidas oportunas ao respecto? M.R.A.: “Creo que está practicamente igual. Neste tempo en que estamos medio gobernados non se

pararon a fixar neste tema, bastantes problemas teñen. Pero na pasada reunión ao alcalde vino moi receptivo, deuse conta de que son un problema, porque os peóns teñen que sortealas”. Pola experiencia que tites dende a A.VV. Centro e a Federación Limiar, a unión fai a forza? M.R.A.: “Por suposto. Nós conseguimos moitas cousas a través da Federación grazas á unión. Por exemplo, cando non existía a hemodinámica en Ourense logrouna Limiar a base de poñer unha mesa no Paseo e recoller sinaturas, xuntamos 6.000. E agora, este 28 de febreiro, convocáronnos para poñer unha mesa para buscar apoios a favor da investigación das enfermidades raras, e nós sempre

axudamos nestas iniciativas porque se non o facemos nós non podemos pedirlle aos cidadáns que o fagan”. Despois de dúas décadas na A.VV., como valoras a resposta das autoridades ás vosas reivindicacións? M.R.A.: “Como é lóxico uns alcaldes ou subdelegados do Goberno axudáronnos máis que outros, pero en xeral a resposta ten sido boa. Creo que as autoridades precisan que lle reclamemos as cousas porque se non o facemos pensan que non é importante. Pero para eles non é tan cómodo cando lle vas pedir, e aos quince días vai outra asociación co mesmo problema, ou fas un seguimento por teléfono. A base de insistir imos conseguindo as cousas. Non obstante, creo que ultimamente están cada vez máis receptivos, porque saben que cada vez somos máis as asociacións, e unha mobilización conxunta destes colectivos é imparable”. Cres que reciben distinto trato as AA.VV. do centro en relación ás dos barrios? M.R.A.: “Pode que si traten diferente aos do centro, porque nos coñecemos todos, entón é máis probable que coñezas ao alcalde ou ao subdelegado, ou que te coñezan nalgunha parte e iso fai que sexa máis accesible, e axuda á hora de insistir para que che concedan unha cita”. Envíalle unha mensaxe


CIDADE

aos veciños do centro. M.R.A.: “Fago un chamamento a todos os veciños do centro para que se unan á nosa asociación porque estamos facendo moitas cousas. Presentamos alegacións ao PXOM e temos área de cultura, de participación cidadá, organizamos clases de baile, etc. E para o próximo curso queremos facer clases de inglés, informática, e todo sen límite de idade. Pero é moi importante que teñamos máis socios porque cantos máis sexamos máis actividades podemos facer, porque precisamos un número mínimo de particpantes”. A onde se teñen que dirixir para contactar coa asociación. M.R.A.: “Ás nosas instalacións na entreplanta do edificio Vía Cambre, ou poden chamar ao 679 79 25 05. Tamén poden dirixirse ás oficinas de Limiar, que permanecen abertas de 10 a 14 horas. Nós encantados os facemos socios ou atendemos a súa demanda, porque non é preciso que estean asociados para trasladarnos as súas queixas, atendemos a todo o mundo”. Envíalle unha mensaxe ás autoridades. M.R.A.: “Apelo a todas as autoridades a que nos reciban, nos atendan e fagan caso das nosas reivindicacións, porque algunhas asociacións quéixanse de que non lles contestan. Están cansas de solicitar por rexistro que lles arranxen cousas sinxelas e non reciben ningún tipo de contestación. Así que polo menos pedímoslle que teñan a delicadeza de contestar, porque non sabemos se non o recibiron ou non queren atendernos”.

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

Os novos xulgados, listos a final de ano

EN BREVE

4 A concurso o servizo de teleasistencia

4 O novo edificio duplicará os espazos xudiciais da cidade. Redacción O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron as obras do novo edificio xudicial da cidade das Burgas. Os políticos reuníronse cos profesionais dos xulgados ourensáns, aos que lles anunciaron que está previsto que a nova infraestrutura xudicial estea rematada a finais deste ano, para posteriormente iniciar os traslados e a ocupación do inmoble. Tratase dun edificio singular, funcional e operativo ubicado no barrio do Couto, que albergará 24 xulgados e concentrará toda a actividade xudicial

nun mesmo lugar. Ourense gañará un edificio recoñecible, que contribuirá decisivamente á mellora da zona do Couto e verá duplicados os seus espazos xudiciais con esta nova infraestrutura. A obra enmárcase dentro do Plan de infraestruturas xudiciais, un ambicioso programa do Goberno galego que supón un investimento de máis de cen millóns de euros. No caso de Ourense, o investimento alcanza os 16 millóns de euros.

A nova sede terá 24 xulgados e concentrará a actividade xudicial

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitaron as obras do novo edificio xudicial da cidade.



A praza dos Suaves, na actualidade./P.L.

Un proxecto humanizará a praza dos Suaves 4 Recuperará para a cidadanía un espazo hoxe dedicado principalmente ao tráfico rodado. Redacción A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de humanización da praza dos Suaves, cun orzamento de 154.647 euros. A intención do proxecto é recuperar para os cidadáns un espazo ata o momento dedicado principalmente ao servizo do tráfico rodado. Na actualidade, a praza conta cunha beirarrúa illada na súa fachada norte, unha escaleira pegada a un edificio ao sur, dous viais flanqueados por parterres e unha certa confusión nos percorridos peonís útiles. O proxecto redactado polo Concello propón unha solución aterrazada, con pequenas inclinacións nos parámetros verticais

que trata de recuperar, para usos humanos, un ámbito relegado practicamente aos vehículos, e que incorporaba especies vexetais pouco habituais no entorno histórico que nos ocupa. A súa composición xeral trata de resolver as diferentes entradas, tanto desde a escaleira -que se conserva- como desde as diferentes cotas da vía, tratando que sexa un lugar totalmente accesible e dinámico durante o seu uso. Aínda que o viario do casco histórico ten limitado o seu acceso rodado, a sección de vía resultante se garante unha apropiada accesibilidade para vehículos de emerxencias ou puntuais situacións de cruce entre vehículos.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o expediente para contratar o servizo de teleasistencia domiciliaria, que prestará atención permanente e gratuíta a máis de 240 persoas maiores. Un servizo que se presta durante as 24 horas do día, durante os 365 días do ano e que financia integramente o Concello, que destinará a esta finalidade 60.000 euros anuais.

4 Continúa a expropiación de terreos nas Burgas A Xunta de Goberno Local desestimou a solicitude realizada pola empresa Xardín das Burgas S.A. de suspensión da aprobación inicial do proxecto de expropiación da Área de Reparto das Burgas. O Concello entende que non concurre ningunha razón para a súa suspensión. Unha vez rematada a exposición pública, o Concello resolverá as alegacións e procederá á aprobación definitiva da expropiación, que permitirá o desenvolvemento termal das Burgas.

4 Centro de visitantes de Montealegre Foi adxudicada a xestión do centro de visitantes do Parque de Montelealegre, á empresa Bruma Xestión Ambiental. A súa foi a oferta máis económica das presentadas e a que máis puntuación obtivo no apartado técnico.




Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

Rifa a favor da Asociación de Hemofilia Redacción

A empresa de publicidade Orixe, en colaboración coa agrupación folclórica Queixumes dos Pinos e a Asociación de Hemofilia de Ourense poñen en marcha unha rifa solidaria a beneficio desta última entidade. Trátase dunha campaña para recadar fondos para a asociación de Hemofilia, a quen irá destinado o 15% do obtido neste sorteo, co obxecto de financiar os seus proxectos. Os premios do sorteo son un televisor led Philips de 40 pulgadas e unha tablet Blusens de sete pulgadas, e o prezo de cada rifa é de dous euros. As participacións pódense mercar nas sedes das tres entidades (Orixe e Queixumes, no Couto, e a Asociación, no CHUO) entre o 26 de febreiro e o 24 de xuño, data do sorteo.

CIDADE

Os pasteleiros recadan máis de 3.000 euros coa Galleta Solidaria 4 A cantidade foi entregada á AECC Ourense. Redacción 3.009 euros foi a cantidade recadada coa venda da Galleta Solidaria, unha iniciativa da Asociación de

Pasteleiros de Ourense para colaborar coa Asociación contra o cancro (AECC). Os representantes de ambas as asociacións consideraron o evento como un

auténtico éxito, do mesmo xeito que a cantidade obtida, e destacaron que tanto na Asociación contra o Cancro como nas pastelarías colaboradoras, segui-

Membros da AECC reciben o cheque de mans do presidente dos pasteleiros, MartínSousa./CEO.

ron recibindo peticións para comprar a famosa galleta, a pesar de vender todas o propio día en que se instalou a carpa na rúa do Paseo, o sábado 15 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro Infantil. O presidente dos pasteleiros, Martín Sousa, destacou que a asociación pretende incentivar as accións deste tipo con esta e outras asociacións da provincia, para estender a solidariedade en tempos difíciles. Pola súa banda, a presidenta da AECC Ourense, Doura Gómez, agradeceu unha vez máis aos pasteleiro o seu xesto e ter unha idea que gustou a moita xente. En total foron 15 pastelarías da provincia as que colaboraron desinteresadamente na elaboración desta galleta, que se vendeu ao prezo simbólico dun euro.

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro Infantil

Solicitude de prazas nas escolas infantís Redacción

O prazo para a solicitar praza nas 25 escolas infantís que a Rede Galiña Azul ten na provincia de Ourense está aberto ata o día 21 de marzo. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web www. escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular o menor. Cinco deles están ubicados na capital ourensá: son as escolas infantís de Antela, Barrocás, Covadonga, Farixa e Rúa Colón. Na provincia, a oferta nas escolas infantís da Xunta cífrase en 1.109 prazas, e sumaranse 197 prazas máis cando estean construídas as dos concellos de Verín, O Carballiño e unha nova na cidade, esta última promovida pola Fundación Amancio Ortega.

Catro consellos a ter en conta á hora de deseñar o seu tellado A miúdo cando planificamos a construción dunha casa, centrámonos na división interior da vivenda, nos acabados de chans e paredes, no mobiliario... deixando nun segundo plano un elemento construtivo tan importante como é o tellado. Aínda que, e como di o refrán, unha casa non debe empezarse polo tellado, si debe planificarse desde o

principio e elixir coidadosamente a forma, os materiais e o sistema de instalación do tellado, xa que a correcta elección destes elementos permitirá garantir o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conservación dos demais elementos construtivos, evitando que se danen prematuramente con pingueiras ou humidades. Verea pon a disposición de todos os interesados a

Residencia familiar en Florida (EEUU), tellado realizado con tella Verea-S.

información e asesoramento necesarios para que a execución do tellado da súa vivenda se realice da forma máis eficiente.

1.- Forma do tellado: Inclinación.

En zonas xeográficas onde a climatoloxía é abundante en choiva, recoméndase unha cuberta inclinada que garanta a correcta evacuación de auga. O Código Técnico da Edificación, no seu Documento Básico de Salubridade, indica que a pendente mínima ha de ser dun 32% para tella cerámica (e un 60% para lousa). Con todo, o sistema de instalación Verea System, permite a correcta evacuación de augas mesmo para pendentes inferiores (desde un 26%).

2.- Elección dos materiais.

Verea recomenda un material de cobertura natural como a tella cerámica. E neste punto, Verea ofrece ao cliente as tellas con maior resistencia á xeada do mercado español, que superan os 1500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos. Isto é algo que ningunha outra tella fabricada en España pode alcanzar.

3.- Instalación.

O morteiro ou cemento está contraindicado na instalación da cuberta. Tan importante como a elección da tella é a correcta instalación da mesma. Verea, así como o Código de Práctica para o Deseño e a Montaxe de Cubertas con Tellas Cerá-

O Verea System garante unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta. micas, aconsellan a fixación das tellas con espuma de poliuretano e ganchos. A utilización de cemento na instalación pode provocar futuros desconchamentos nas tellas, problemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensacións, así como levantamento e deslizamento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo.

4.- Correcta ventilación da cuberta. Para que a cuberta fun-

cione correctamente debe existir unha corrente de aire entre a tella e o seu soporte, que impida a formación de condensacións. Deixar que a tella ‘respire’ axudará á conservación do tellado: facilita o secado da tella e reduce a aparición de brións e fungos. O Verea System dispón de elementos de ventilación, peine de alero, que garanten unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta.

VEREA pon a disposición de profesionais e particulares información e asesoramento técnico totalmente gratuíto. Visítenos en www.ceramicaverea.com


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014




10

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

EN BREVE

4 Dixitalización da cartografía municipal O Concello de Ourense vén de rematar a dixitalización da cartografía municipal, sobre a que a partir de agora deberán estar redactadas as licenzas urbanísticas e o planeamento. A partir do 1 de abril, os cidadáns poderán descargarse os documentos desde a web municipal, despois de abonar as taxas. Desde o Goberno local afirman que con este sistema aforran trámites a empresas e cidadáns. Amais, a medida permitirá recuperar parte do medio millón de euros que custou a dixitalización.

4 O BNG alega contra os ámbitos privados do PXOM O BNG alegou contra os 21 ámbitos privados de edificación residencial incluídos no PXOM vía ordenación provisional. Os nacionalistas opóñense a eles por considerar que “presentan unha densidade edificativa moito maior que os ámbitos de crecemento residencial que propón o novo PXOM e incluso das alturas normativas que este documento pretende establecer no entramado urbano”. Hai “decenas de torres de vivendas de máis de dez alturas”, apunta o voceiro nacionalista, Xosé Somoza, citando “as torres planificadas na Chavasqueira, as torres da Área de Reparto 43 N, as torres do Polvorín, as torres da Farixa, as torres da Área de Reparto 39 E en Mariñanmansa, etc.”

CIDADE

Aprobada unha moción para subsanar o “fóra de ordenación”

4 PSOE e BNG póñense de acordo para que os edificios que foran legalmente construídos non queden fóra de ordenación por motivos de exceso de altura ou volume no novo planeamento. P. Lodeiro O pleno de febreiro do Concello de Ourense supuxo a aparente volta á normalidade no grupo municipal socialista, cuxos concelleiros críticos seguiron a disciplina de partido en todas as votacións. Con todo, a situación de minoría na que goberna o PSOE desde hai ano e medio volveuse pór en evidencia en moitas das votacións, por exemplo, na da modificación da ordenanza municipal de limpeza, que foi retirada da orde do día grazas aos votos do PP e do BNG. Iso si, desta volta o PSOE conseguiu aprobar a conta xeral do Concello de 2012, ao absterse populares e nacionalistas, algo que non puidera facer no pleno extraordinario de decembro. Fóra de ordenación Houbo que esperar ao final da sesión para que se abordarse un dos temas máis candentes do momento: os edificios que quedan “fóra de ordenación” no novo Plan Xeral. Tanto PP como PSOE presentaban senllas mocións de urxencia a este respecto, e foi a dos socialistas a que quedou aprobada ao

contar co apoio do BNG, que tamén introduciu unha emenda. A proposta socialista derivaba á Xunta de Galicia a petición de cambio da regulación do ‘fóra de ordenación’ na Lei do Solo, de forma que se identificaran como tal os inmobles “disconformes co plan e estar prevista a súa demolición”. A emenda nacionalista engadía que “ningún edificio licitamente construído quede en situación de fóra de ordenación a causa da súa altura ou volume”. Para pechar o debate, o alcalde comprometeuse a que a aprobación provisional do novo PXOM “se aprobe con este problema resolto” e insistiu na necesidade de non retrasar a tramitación da nova normativa urbanística. “Se non se aproba nun prazo razoable, este Concello estará no abismo”, afirmou, en referencia ás posibles reclamacións patrimoniais millonarias ás que se tería que enfrontar de anularse tamén a normativa provisional. Mocións aprobadas En canto ao resto de mocións, tal e como pedía o BNG, aprobouse que o 24 de febreiro fora declarado Día de Rosalía (cos votos de PP, PSOE e BNG), e que se axilizara a concesión de axudas de emerxencia so-

Os concelleiros socialistas críticos seguiron a disciplina de partido en todas as votacións

A concelleira socialista María Devesa, con muletas, é axudada a acceder ao seu asento no salón de plenos polo edil popular e médico Miguel Abad./P.LODEIRO cial (cos votos de PP, DO e BNG). Pola súa banda, saiu adiante a moción do PP para que o grupo de goberno entregara á oposición os asuntos que non contaron con unanimidade na súa aprobación en Xunta de Goberno Local, coa emenda do Bloque para que o período a analizar se ampliase a xuño de 2005 (non ata xuño de 2007). Para xustificar a súa negativa a apoiar a moción, o alcalde recordoulles

ao resto de partidos que “as resolución (da Xunta de Goberno Local) son públicas e vostedes teñen todas as actas de todos os asuntos e poden ir aos tribunais”. De novo outra moción popular foi apoiada polos nacionalistas tras introduciren unha emenda; neste caso, á proposta para optimizar o transporte urbano instalando unha parada nas proximidades do pavillón dos Remedios, engadiuselle a petición nacionalista

de que primeiro se puxera en funcioamento a tarxeta de bus gratuíto para desempregados (aprobada nunha moción a comezos do ano pasado). Mocións rexeitadas PP e PSOE uniron os seus votos para que non se aprobara a moción de DO sobre redución das sancións de tráfico da ORA e do guindastre, e que o BNG emendara para que se constituise unha comisión de investigación sobre esta concesión a Vendex. O alcalde argumentou que as multas da ORA lle parecían “razoables” e tachou a proposta de Gonzalo P. Jácome de “demagóxica” co obxecto de “buscar votos”. A segunda moción de DO para sacar a concurso a explotación comercial dos mupis (que agora explota unha empresa en precario e sen pagar canon ao Concello) tampouco foi aprobada, nin as emendas presentadas por PP e BNG. Tampouco se aprobou a moción de DO para precintar o párking de Paseo nin a emenda do BNG para que o Concello informara sobre a situación legal de todos os aparcadoiros da cidade. Pero si saiu adiante a redacción alternativa proposta polo PP, coa abstención do PSOE, para que se habilitara un procedemento urxente «para resolver aqueles expediente de apertura de actividades perigosas nun período non superior a dous meses». A Jácome chovéronlle as críticas de socialistas e populares por bloquear a saída do párking para chamar a atención sobre a súa situación irregular. Jácome defendeuse explicando que grazas á súa actuación o Concello fixo un apercibimento ao párking para pechar en 10 días.


CIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

A Carballeira protesta polo bulevar que cruza a praza da Lexión

EN BREVE

4 Locais de ensaio no Espazo Lusquiños

4 As asociacións Carlasca e Arranxar e centos de particulares alegarán contra o PXOM. Redacción A Carballeira está en pé de guerra contra as previsión do novo PXOM para o barrio. O Plan Xeral prevé que un bulevar de catro carrís cruce en superficie a praza da Lexión -centro neurálxico do barrio- en vez de facelo soterrado,

como xa estaba previsto no anterior Plan de 2003. Os veciños opóñense a esta solución por varios motivos: “alí aparcan 200 coches ao día, co bulevar non van ter onde aparcar, os nenos non van poder xogar sos; ademais cárganos de tráfico o barrio, fracciónao en dous e devalúa o valor

O presidente da asociación Carlasca, Arturo Rodríguez, na asamblea informativa. dos nosos pisos”, explica o presidente da asociación veciñal Carlasca, Arturo Rodríguez. Xunto á tamén asociación veciñal Arranxar, Carlasca presentará alegacións contra o vial, para que no planeamento volva apare-

cer soterrado. “Non queremos que nos fastidien o parque e a cancha da praza da Lexións”, remachaba o dirixente veciñal. Ademais da alegación dos dous colectivos, a título particular prevése unha cascada de alegacións por este

mesmo motivo: “repartíronse unhas 600 alegacións”, indica Rodríguez.

Queren que o PXOM volva contemplar o vial soterrado

Foris amplía as túas oportunidades laborais As persoas cunha preparación e formación axeitada teñen máis oportunidades laborais xa que achegan valor engadido á empresa e contribúen a mellorar a súa competitividade. Centro de Formación Foris S.L. ofrece formación nos ámbitos da seguridade privada, sanitario e sociosanitario e no sector empresas. Referente na provincia en formación en seguridade privada, desenvolve cursos de formación para a obtención da habilitación de vixiante de seguridade e das súas especialidades, vixiante de explosivos e escolta privado. Ademais, Foris imparte ata 14 cursos de formación específica: servizo de transporte de seguridade, servizo de resposta ante alarmas, servizo de

vixilancia en urbanizacións, polígonos, transportes e espazos públicos, servizo de vixilancia en centros comerciais, en centros hospitalarios, con aparellos de raios X, servizos de vixilancia en aeroportos, en portos, en buques, en instalacións nucleares e outras infraestruturas críticas, servizos de vixilancia con cans, servizo de vixilancia en eventos deportivos e espectáculos públicos, servizo de vixilancia en centros de internamento e dependencias de seguridade e servizo de vixilancia do patrimonio histórico e artístico. Con máis de 18 anos de experiencia no sector, os aprobados en primeira convocatoria de exames oficiais superan o 90%. Ademais, serven de enlace

11

Profesores e directora de Investigación e Desenvolvemento do Centro de Formación Foris, nunha aula do centro. con empresas de seguridade e dispoñen de información actualizada sobre seguridade e ofertas de emprego ao alcance de todos os seus alumnos. O sector da seguridade e da vixilancia, e en concreto o da seguridade privada, segue sendo un sector pouco coñecido e con grandes posibilidades profesionais dentro dos distintos sectores produtivos. Espérase que coa nova lei de Seguridade Privada, este sector vaia adquirindo maiores competencias, como a súa

incorporación á seguridade en institucións penais. O conxunto de profesionais do centro destaca que en Foris non soamente se realiza un labor formativo para obter a habilitación profesional correspondente

aos estudos realizados no centro, se non que tamén informan e asesoran aos seus alumnos para que poidan acceder ao mercado de traballo e exercer a súa profesión dunha forma eficaz e produtiva.

Para poder acceder ás probas oficiais de habilitación de vixiante de seguridade privada o aspirante debe ser maior de idade, estar graduado en E.S.O. ou equivalente e carecer de antecedentes penais + info en r/Nova, 18, baixo Tel. 988 25 11 11 - www.forisformacion.es

Ata final do mes de febreiro está aberto o prazo de solicitude de uso dos locais de ensaio do Espazo Lusquiños, a nova Casa da Mocidade ubicada na avenida de Marín. Os impresos de solicitude poderán descargarse de www.ourense.es ou recollelos na Concellería de Xuventude, na praza de San Martiño, 2, baixo (en horario de mañá) ou na Oficina de Atención ao Cidadán, na praza de Santa Eufemia, 6, baixo (en horario de mañá e tarde).

4 Nove cursos na Aula CeMIT A Aula CeMIT de Ourense acollerá durante marzo e abril nove novos cursos de formación gratuítos, en materias como iniciación á informática, páxinas web, retoque de fotografía ou compras en Internet, entre outros. Os interesados poden solicitar máis información na Aula CEMIT, na rúa Progreso, 44, no 988 374 523.

4 Cursos no CET de Barbadás O Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) de Barbadás pon en marcha de marzo a maio cinco cursos e obradoiros formativos, con dez prazas cada un. Elaboración de plans de negocio, administración electrónica, xestión na nube, facturación profesional para pemes e como ser máis competitivo desde un negocio local son as temáticas que se ofertan.


12

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Estelas de Luz

As Harley Davison interpretaron unha obra musical nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña no transcurso da actividade promocional “Parellas desconcertantes”.

Música, motos, gastronomía e viños A Denominación de Orixe Monterrei realizou a pasada fin de semana na Coruña, no marco das actividades paralelas do Fórum Gastronómico, a actividade promocional “Parellas desconcertantes”. En colaboración co Taller Atlántico Contemporáneo e co cociñeiro Pepe Solla, presentaron ao público que se congregou nos Xardíns de Méndez Núñez unha proposta que aunaba música, motos, gastronomía e viños. A idea era expor o público á experimentación e demostrar que en ocasións as parellas desconcertantes, no que a viños e gastronomía refírese, poden chegar a ser extraordinarias. E por iso, baixo este leitmotiv, deseñaron para a ocasión un cóctel de parellas enogastronómicas que rozan a provocación, cunha selección dos grandes viños da DO Monterrei maridados cos bocados gastronómicos do cociñeiro estrela Michelín, Pepe Solla.

Rodríguez Dacosta nega que o Concello despida traballadores 4 A directora xeral de Recursos Humanos pídelles aos sindicatos que sexan “coherentes”. P.L. A directora xeral de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacosta, saiu ao paso das críticas dos sindicatos á política de persoal do Concello de Ourense pedíndolles que sexan “coherentes” e “digan a verdade”, petición que fai extensiva aos grupos da oposición. Os representantes sindicais da xunta de persoal do Concello viñan de criticar as últimas actuacións en materia de presoal, en concreto

que ao tempo que se despedían interinos se seguisen producindo contratacións de persoal externo, sobre todo a través de asistencias técnicas en Urbanismo. Rodríguez Dacosta entrou a detallar os casos denunciados polos sindicatos. O primeiro deles, o dun traballador da Sociedade Mixta Turismo de Ourense que reclamou nos xulgados o seu despido e estes lle deron a razón. O Concello tiña opción de readmitilo pero “tomamos a decisión

de indemnización, porque temos unha empresa privada que ten que facerse cargo da indemnización e porque os sindicatos nos levaron ao xulgado do Penal cun caso similar, por readmitir un traballador”, explicou. E recalcou que a disolución da empresa de Turismo responde “a un mandato do pleno por unha moción de Democracia Ourensana”, en referencia ao acordo aprobado en marzo do ano pasado– cos votos de PP e BNG, e en contra do PSOE- para disolver a sociedade. No que respecta a dous interinos da área de Turismo, a directora xeral recordou que ela prorrogoulles o contrato, pero que posteriormente recibiu un informe en contra do Avogado do Estado e outro do asesor xurídico municipal opoñéndose a esa prórroga, polo que houbo de anular os contratos.

Estelas de Luz nace en 2014 como unha alternativa que busca un equilibrio entre a sanción do corpo e a sanación emocional. Están ubicados en Galerías Proyflem e nel atoparedes dúas zonas ben diferenciadas. A primeira, onde se realizan terapias de distintos tipos de ioga, pilates terapéutico, qi qong, constelacións familiares, ademais doutros tipos de talleres. Na outra zona hai unha consulta de biodescodificación, sempre previa cita. A finalidade da terapeuta de biodescodificación é acompañar ao paciente a buscar esa emoción oculta que por razóns de cultura, prexuízos, tabús, etc non se fala e ao final termina manifestándose nunha enfermidade. O que facemos é acompañar á persoa para que poña esa emoción á luz e a exprese. Unha vez que a expresa é cando realmente aparece a curación. “Hai que deixar claro que nós non curamos, é a propia persoa a que se cura, nós só acompañamos”, indica María José Rodríguez, responsable de Estelas de Luz. O seu referente é Carl Gustav Jung que dicía “a enfermidade é o esforzo que fai a natureza para curar ao home e non é o home o que ten que curar á natureza”. A historia da biodescodificación é moi recente, aparece fai uns 20 anos con Hamer. A este médico oncólogo ocórrelle un drama, a morte inesperada do seu fillo de 18 anos. Aos poucos meses el desenvolve un tumor e a súa muller outro. Isto estráñalle e empeza a buscar

María José Rodríguez dirixe Estelas de Luz. explicacións e crea o que despois chamou “As 5 leis biolóxicas de Hamer”. Pero el só deixa a teoría e serán outros profesionais os que farán a metodoloxía e entre eles atopámonos a Claude Sabbat, M. Frèchet, Anne Schützenberger, Salomon Sellam e Enric Corbera. Tamén son interesante os estudos de Bruce Lipton sobre o medio ambiente interno da célula. A biodescodificación A biodescodificación pretende tratar a causa emocional do paciente e a medicina aplicar os seus métodos para a sanación do corpo. Cando o corpo ponse enfermo só nos está dicindo que hai un malestar psíquico ou emocional ao cal non lle estamos facendo caso. Coa biodescodificación a persoa toma consciencia da natureza profunda do seu malestar, enfermidade ou comportamento non desexado e desfaise así dos síntomas. Desde o momento en que se comprende o

sentido da enfermidade esta deixa de existir. O obxectivos da biodescodificación son levar ao consciente unha emoción oculta e ademais que a persoa se pregunta “para que me está pasando isto?” A enfermidade non é cuestión de mala sorte senón que é un paso dunha información do inconsciente ao consciente para que a persoa se ocupe diso. Para chegar ao inconsciente utilízanse metodoloxías como a hipnose eriksoniana, a PNL, os psicodramas de Jodorowski, constelacións familiares, etc xa que ao inconsciente non se lle pode falar coa razón porque non o entende, hai que facelo con símbolos. “Este é un campo marabilloso e moi interesante e cando un métese nel non para de aprender. E esperamos que algún día esta terapia sexa tida en conta por moitas persoas e non só por uns cantos”, remata María José Rodríguez.

+ info en Galerías Proyflem, planta alta, local 9A. Telf. previa cita: 629 481 724


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Equitación e Mascotas, tenda especializada no mundo animal en Allariz Marta C. Rivero é a xerente da empresa de Allariz Equitación e Mascotas. Unha ampla experiencia acredítaa, pois conta con formación titulada en auxiliar de veterinaria, perruqueira e estética canina e felina, especializada en concursos de beleza, etoloxía e conduta canina, ademais de ser profesora de equitación. Con máis de 10 anos de experiencia profesional, Equitacion e Mascotas xorde como un establecemento especializado nas ramas mencionadas, con profesionais ao servizo do cliente non só para comprar senón tamén para buscar asesoramento e consello.

Marta C. Rivero, xerente de Equitación e Mascotas. Tres son os eixos principais de actuación: a mascota, o xinete e o cabalo, en todas as súas disciplinas. Equitacion e Mascotas conta con profesionais titulados en Alemaña como

Horario: de luns a sábados de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30 horas; domingos de 10 a 13 h Enderezo: Avenida Xunqueira nº12 baixo, Allariz. Telf.: 988 442 430

profesores na disciplina de enganche, con experiencia en concursos e como xuíces territoriais. Promoción en marzo Para o mes de marzo, todos os que presenten na tenda o seu anuncio e realicen unha compra igual ou superior a 25 euros, terán de regalo unha cabezada para cabalo.

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

mantendo o seu número de visitantes, sobre 20.000, e a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos seus 18 restaurantes, unhas 17.000. F o r o n cinco días de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita de Expourense. Das 130 actividades do programa, Un dos 18 restaurantes de Xantar./R.T. as exhibiRedacción cións de cociña en directo, as catas comentadas Xantar pechou a súa e as degustacións ofrecidas 15ª edición, a primeira polos expositores foron as como cita internacional, actividades que rexistraron

Xantar dá paso á Mostra da Oportunidade

13

maior participación entre os visitantes. Mostra da Oportunidade Tras apagar os fogóns, o recinto feiral ourensán prepárase agora para a Mostra da Oportunidade, cuxa 21ª edición chegará do 7 ao 9 de marzo. Os 8.000 metros cadrados de exposición reunirán ao redor de 70 expositores de 15 sectores diferentes, como o téxtil, complementos e calzado, fogar, alimentación, automóbil ou informática. A Mostra da Oportunidade convertirá Expourense nun gran centro comercial, acollendo a empresas que buscan rematar a tempada liquidando a inmellorables prezos os seus stocks. O salón conta coa fidelidade do público. Na última edición, máis de 15.000 visitantes acudiron á Mostra no tres días que durou o evento.

A 21ª Mostra da Oportunidade celébrase do 7 ao 9 de marzo


14

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

EN BREVE

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Entrevista a José Bailén, axente inmobiliario de JBA Servicios Inmobiliarios

“Antes era de máis, non eran inmobiliarias, eran ensina-pisos” 4 O sector axusta os prezos para afrontar a crise. Paula Lodeiro Antía García, inspectora de Facenda, na xornada sobre fiscalidade na Cámara.

4 Plan formativo da Cámara

A Cámara de Comercio de Ourense ofrecerá durante o primeiro semestre de 2014 máis de 60 cursos e xornadas nas modalidades presencial e online, que suporán preto de 4.000 horas formativas. O plan de formación fai unha forte aposta polos temas relacionados coa fiscalidade e a xestión administrativa para as pemes. Nesa liña, o pasado 4 de febreiro celebrábase unha xornada sobre novidades fiscais impartida por Antía García, licenciada en Dereito con premio extraordinario e actual inspectora de Facenda na Delegación da AEAT de Ourense.

4 Primeiros servizos no edificio da Praza da Imprenta

A nova sede da Concellería de Economía e Facenda na Praza da Imprenta, acolle desde o 10 de febreiro as dependencias administrativas e de atención ao público do Servizo Municipal de Recadación, que se atopaban na rúa Hernán Cortés, os Servizos de Inspección e Plusvalías, anteriormente na rúa Bispo Carrascosa, e o Servizo de Facenda, ata agora situado na pranta baixa da Casa do Concello. O novo edificio da Concellería de Facenda unifica as oficinas administrativas e de atención ao público desta área municipal.

Cal é a traxectoria de JBA? José Bailén: “É unha empresa que ten cinco anos, abrimos o 8.8.2008 cando a crise estaba empezando; JBA é José Bailén Álvarez, son eu persoa física, e levo nisto 12 anos, antes estiven en Remax Xardín, a multinacional”. E como se anima a montar un negocio xusto cando estala a burbulla inmobiliaria? J.B.: “Porque era xusto cando eu creo que estaba realmente preparado e tiña unha carteira de clientes de atrás, iso axudoume bastante. Creo que tendo ganas de traballar nunca che vai faltar traballo; teño a dous comerciais conmigo e é o que lle digo a eles: a clave do éxito radica en traballo, traballo, traballo”. Pero no sector inmobiliario si que se notou a crise. J.B.: “Antes era de máis, antes non eran inmobiliarias, eran ensinapisos; levabas o cliente ao promotor e xa se che encargaba de todo, cando en realidade ser un axente inmobiliario non só leva consigo iso; leva consigo se colles unha propiedade tratar de saber se está en regra para podela vender Que pasou? Deixáronse de vender os pisos dos promotores, e a xente que tiña un piso á venda ensinábao 20 veces e á 21 aparecíalle un cliente e resulta que ese piso non estaba rexistrado, perda de tempo total… Hai que profesionalizarse; saber se ese cliente vai conseguir hipoteca ou non, e unha vez que o cliente che que-

re comprar o piso e pode compralo, tratar de asesóralo nas condicións hipotecarias, explicarlle que banco lle vai dar as mellores condicións”. Que tira máis do negocio na actualidade? J.B.: “De todo un pouco; recoñezo que o que máis se está facendo é o tema de aluguer, pero procuramos falar coa banca, propiedades que eles teñen en carteira que nolas dean tamén a nós… Non se gaña tanto pero é ao que imos, un pouco de varias cousas fai un moito. Agora tes que traballar o dobre para gañar o que gañabas antes”. Sobre que prezos nos movemos en Ourense no mercado de aluguer? J.B.: “Depende a zona: o Couto, Mariñamansa cara á zona nova da Residencia, Lagoas, e a zona da Ponte onde a Policía Local, o aluguer dun apartamento de dous dormitorios con praza de garaxe e trasteiro ronda os 430, 450 euros incluído a comunidade, amoblados; mentres que no centro, un apartamento a estrear de dous dormitorios, dous baños, sen mobles, igual che ronda xa os 500 euros máis comunidade. Se te vas a segunda man, pisos de tres dormitorios amoblados sen garaxe veñen rondando 350 euros”. Hai moita variedade? J.B.: “Si, hoxe si, vivendas que os propios construtores non deron vendido, sen ir máis lonxe aquí cara a Vistahermosa un construtor ten 35 propiedades que non deu vendido e tenas todas de aluguer. Antes había o típico piso dun propietario, unha segunda vivenda, que dedicaba ao aluguer, e agora os construtores que non dan vendido meteron tamén

esa cantidade de propiedades. Hai moito máis piso que demanda. E baixaron os prezos, antes os pisos de 430 eran de 470 e 500 euros, tranquilamente baixaron un 20% os alugueres”. E os requisitos aos inquilinos son estrictos? J.B.: “Non se pide tanto aval, agora máis ben que traias un contrato de traballo e unha nómina”. En compra-venda, como está o sector? J.B.: “O que se está vendendo hoxe é o típico cliente que se separa e comprou un piso fai oito anos, un supoñer, que lle costou 150.000 euros e véndeo polo mesmo prezo, perdendo seguramente os gastos, os impostos, perdendo cartos. Son os únicos que os están vendendo, eses e os que ten a banca; temos unha promoción en Allariz que pedían 120.000 euros ao principio e agora están vendéndose en 70.000 euros. Á banca non lle importa negociar un 30% ou un 40% se fai falta”. A banca évos competencia? J.B.: “É competencia; o que procuramos é unirnos a ela para colaborar”. Quen compra hoxe? J.B.: “Fai anos entraban todo tipo de clientes, xente con diñeiro e xente sen diñeiro; hoxe sobre todo entra xente con diñeiro que quere unha ganga, comprar por debaixo de prezo de mercado. Antes entraba xente que non tiña diñeiro, tiña o seu traballiño, ía ao banco, pedíalle o 100% máis gastos e non había problemas”. E o prezo medio cal é? J.B.: “O típico que en aluguer custa 430, 450 euros, ven valendo ao redor de 140.000 euros, e de segunda man, sen garaxe, cen

José Bailén, diante do seu negocio, na rúa Francisco de Moure do Couto./P.LODEIRO. mil euros”. En comparación con outras cidades, como son os prezos? J.B.: “Moi caros para o nivel de vida e a industria que hai en Ourense, tanto o aluguer como á venda”. E en canto a locais comerciais, tamén houbo axuste? J.B.:“É un cambio estrutural, a xente que estaba pagando mil euros hoxe está collendo o baixo do lado porque llo deixan en 600 ou 700, os que están nos barrios pagando 600 vanse para o local do lado porque llo deixan en 400 ou 300... E tes dúas opcións, telo aí dous anos morto ou alugalo á baixa por un curto prazo, dous, tres anos, e se dentro deses anos o mercado repunta, entón fan un contrato novo e súbeno. É unha maneira de quitarlle algo de rendabilidade aos locais, senón telos baleiros”. Como axente inmobiliario, que valoración fai do novo PXOM? J.B.: “Polo que vin, e escoitei, a xente está bastante queimada co plan, sobre todo a xente dos arredores, que é onde Ourense se pode estender un pouquiño, polas limitacións para cons-

truir nos núcleos rurais, por exemplo. Eu creo que hoxe se alguén pode construir é o propio dono desa finca, os construtores están como están e se o que ten unha finca para facer unha casa e pagar os seus impostos por esa casa non lle deixan facer a casa… Despois, están a metade dos edificios fóra de ordenación; non ten sentido que un edificio que ten un balcón de máis de 80 centímetros que estea fóra de ordenación cando leva ao mellor 60 anos… non o entendo”. Que significa estar asociado a PROAGI? J.B.: “Por exemplo, negociamos co propietario dunha promoción que nolas dea en exclusiva durante un tempo determinado; falamos entre nós de novidades como o novo plan urbanístico, calquera dúbida que teñamos dunha lei que sae nova... e sobre todo colaboración entre nós en tema de vendas ou alugueres”.

“Tanto en aluguer como en venda, os prezos son mois caros para o nivel de Ourense”


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Ourense, presente no Fórum Gastronómico da Coruña

As catro denominacións de orixe vitivinícolas ourensás (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) dixeron ‘presente’ na feira de alimentación enmarcada no Fórum Gastronómico que se celebrou do 23 ao 25 de febreiro na Coruña. Os stands das DO e máis de 20 marcas de viños ourensáns atraeron a atención dos visitantes. Ademais, os viños formaron parte de diferentes catas e show cookings realizados ao longo de tres días de intensa actividade gastronómica e comercial. Máis presenza ourensá Outras empresas da provincia, como Aceites Abril, Taste Galicia, Viña Costeira, Vilerma, Cuñas do Avia, Terra do Castelo,

Boo Riveiro, Crego Monaguillo, ou o refresco Pink Cow tamén participaron no Fórum, no que o ourensán Dani Guzmán, do Restaurante Nova, optaba ao título de cociñeiro do ano, galardón que foi finalmente para Diego López, de La Molinera, de Lalín. E como non podía ser doutro xeito, María Isaura González, do Carballiño, fíxose co galardón da cuarta edición do Concurso de Polbeiras, que premia ás mellores polbeiras e polbeiros de Galicia, converténdose nunha homenaxe ao oficio.

Máis de 20 marcas de viños ourensáns atraeron a atención dos visitantes

15

Entrevista a Josep Roca

“A godello é unha variedade nobre, cun discurso auténtico e gran versatilidade”

4 Os viños ourensáns atraeron ao público do evento, que premiou tamén a unha polbeira do Carballiño. S. Carballo / P. Lodeiro

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

Público nun stand dunha adega da D.O. Ribeiro./SUSANA CARBALLO

O sumiller Josep Roca impartiu unha cata no Fórum Gastronómico./XURXO LOBATO

Josep Roca, sumiller e socio de El Celler de Can Roca, considerado o mellor restaurante do mundo, estivo no Fórum Gastronómico da Coruña realizando una cata de viños ligados ás rutas marítimas do mundo. Incluiu un exótico viño albariño e tamén un curioso viño tostado do Ribeiro cuxa elaboración está sendo rescatada de tempos remotos. Que viño galego lle sorprendeu recentemente, e cal é para vostede un clásico? Josep Roca: “O’soro de Rafael Palacios (da DO Valdeorras). É un viño excepcional, reflexo dunha obsesión pola excelencia dun personaxe brillante que está a marcar o camiño dos grandes viños brancos de España. O clásico para min sería un albariño de Rias Baixas”. En Galicia están a aparecer cada vez máis marcas de viño espumoso, considera que teñen algunha oportunidade entre os cavas e outros espumosos?

J.R.: “Si, claro. En Francia elabóranse espumosos na maioría de zonas e conviven naturalmente co champagne. As variedades utilizadas, a luminosidade, o chan e a pluviométrica serán condicionantes tan distintos que poden ter a súa cota de mercado xunto aos cavas e outros viños espumosos do Penedés, Selecta, etc. O godello está a ter cada vez máis recoñecemento, aínda que o albariño sexa o viño branco galego, ten oportunidade esta variedade de conquistar padais e consumidores en España e o mundo? J.R.: “Non teño ningunha dúbida. A godello é unha variedade nobre, cun discurso auténtico e gran versatilidade. O seu equilibrio untuoso e a súa viva acidez augúranlle anos de renoñecemento”. Se lle digo Ourense, que é o primeiro que pensa? J.R.: “En terra de viño e castañas”. [Le a entrevista completa en www.mundourense.com]


16

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

SOCIEDADE

Os socialistas critican que o transporte do 065 custará 40 euros a usuarios sen ingresos 4 Denuncian que a Xunta “está privatizando absolutamente todo” no eido sanitario e que “vai fulminar” o tranporte adaptado do 065. P.L. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, e a secretaria de Sanidade do PSdeG de Ourense, Cándida Pérez, denunciaron en rolda de prensa que a Xunta “está privatizando absolutamente todo a cachiños” no eido sanitario e que quere “fulminar” o servizo de transporte adaptado do 065. Cándida Pérez explicou que co novo decreto do Goberno galego sobre o 065, os usuarios sen ingresos ou con ingresos menores a 532 euros mensuais pasarán a pagar 40 euros polo trans-

porte aos centros de día, do que ata o de agora estaban exentos. Cifra que se aumenta a 90 euros ao incluír a manutención, que xa viñan pagando. “Van conseguir que deixen de usalo” apuntaba a socialista, e que a Xunta considere que o servizo “non é rendible”. Nesa liña, a súa compañeira e deputada autonómica Carmen Acuña advertía da próxima privatización do servzio de esterilización, “supón traspasar a liña vermella” pois esta afectará “á atención sanitaria”, despois de terense producido xa as privatizacións da limpeza, seguridade, mantemento,

servizo enerxético, plataforma loxística, central de chamadas, sistema informático, a construción de hos-

pitais e centros de saúde “e incluso o Plan Director do CHOU”. “Xa está ben de recortes, de repagos, de vender a nosa sanidade aos amigos e de repartirse os postos de traballo aos maridos”, queixábase a socialista.

“Xa está ben de recortes, de repagos, de vender a nosa sanidade”, queixábase Acuña

Cándida Pérez e Carmen Acuña. /P.LODEIRO.

Aumenta o apoio de Cruz Vermella ás persoas sen fogar Redacción

O proxecto “Atención Integral a Persoas sen fogar” da Cruz Vermella atendeu en Ourense en 2013 a 348 persoas sen fogar, transeúntes ou en situación de grave risco de exclusión social. O máis significativo de 2013 é o importante aumento de número de persoas atendidas (en 2012 foran 236), e o seu perfil,

xa que en 191 casos (case o 55%) trátase de persoas ou familias con menores ao seu cargo, con graves problemas para manter unha situación de estabilidade e un alto risco de acabar na rúa. “Ademais da atención en Cruz Vermella, cada semana realizamos saídas ao comedor social e puntos de mendicidade para detectar necesidades e contactar con persoas que poidan necesitar axuda”, explica José Joaquín Galicia, responsable do proxecto. En 2013 a Unidade de Emerxencia Social da oenegué realizou 160 saídas.

Unidade de emerxencia social da Cruz Vermella /C.V.


SOCIEDADE

Ociourense, ocio saudable para a mocidade ourensá

sendeirismo). A inscrición para as primeiras actividades pode realizarse na web www. ociourense.es.

4 22 actividades para as fins de semana ata maio.

Cofinanciación Ociourense é un programa orzamentado en 60.000 euros que se cofinancia entre o Ministerio de Sanidade (que achega o 70%), e o Concello de Ourense (o 30% restante).

P.L.

do tesouro doutras edicións. Tamén se retoma o parkour e mantéñense iniciativas con gran acollida como btt, piragüismo e escalada. Circo, patinaxe, a bailar, a coc i ñ a r, rutas cul-

turais, xogos de sempre, e unha andaina completan o abano de propostas. Todas elas teñen lugar en fin de semana, e ofertan unha media de 12 prazas por grupo de actividade (agás nas de acceso libre como andainas, rol en vivo ou

Se tes entre 14 e 30 anos, a Concellería de Saúde proponche para os meses de marzo, abril e maio ata 22 actividades de ocio saudables de carácter gratuíto. Escalada, piragüismo, globoflexia, sendeirismo ou cócteles sen alcohol son algunhas das propostas deste programa, co que “queremos ofertar espazos de ocio que non teñan como eixo central o consumo de drogas”, explicaba a concelleira responsable, Marga Martín. O ano pasado máis de 1.250 mozos respostaron á súa chamada. Na súa maioría, mozas de 20 a 25 anos. Nesta ocasión, o programa introduce novidades, como unha iniciación ao buceo en piscina, un obradoiro de foto-retrato, ou unha actividade de rol en O coordinador do programa, César Fernández, e a edil Marga Martín./P.LODEIRO. vivo, ampliación da búsqueda

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

17

Pablo Feijoo entrega o CD a Gundi Prol./RAMSÉS.

Gañador do sorteo do CD de Pacho Brea Gundi Prol foi o gañador do sorteo do disco “Recuerdos del ayer” de Pacho Brea, cortesía do blog La Rockipedia. Prol xa coñecía a traxectoria do cantante ourensán e tamén o blog musical que leva o noso colaborador Pablo Feijoo, que, ao seu xuízo, “está moi ben, gústame o traballo que fai”.


18

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

SERVIZOS / CLASIFICADOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo Nº138/128/114/77 - Ano: XII - Febreiro de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

Kiva: deixada na protectora pola súa propietaria. Pesa 7 kg, é super pequena, ideal para piso.

Nacha: setter de 9 anos deixada polo seu propietario. Un amor e unha beleza.

Gris: Femia duns seis meses, recollida nun contedor con outros bebés con apenas días de vida. Saíron adiante acollidos e con biberón.

Gatin Macho branco e atigrado, irmán de camada de Gris; recollidos nun contedro con apenas días de vida; saíron adiante acollidos.

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de AstrésTlf: 988 21 29 39 - Facebook/Progape

4FELICITACIÓNS Silvia Aniversario: 03.01.2005 Felicidades, Silvia, no teu 9º cumpleanos, deséxancho os teus pais e toda a tua familia. Que sexas moi feliz no teu aniversario, e que cumplas moitos mais.

Envíanos a túa felicitación a info@periodicobarrios.com (nome, data, texto, e foto)

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

TRABALLO

VENDAS

Profesional, especializado en matemáticas, con 30 anos de experiencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universidade). Tel. 625 51 58 18. Ofrécese mozo novo para traballar en limpeza en Ourense, boa presenza, carné de conducir, prezo a convir, dispoñibilidade inmediata. Tel. 691 01 70 95. Ofrécese señora galega de mediana idade para tarefas do fogar, planchado, coidado de persoas maiores ou traballos similares. En Ourense cidade. Tel. 662 242 580. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19. Se queres emigrar a un país de fala francesa, prepara o francés básico antes. Persoa que fixo o colexio en Suíza dá clases particulares moi económicas. Tel. 620 052 173 Busco 3 persoas para traballar en Avon en Barbadás e Ourense. Tel. 647 165 635, tamén respondo whatsApp. Fanse mudanzas e portes. Económico. Tel.: 630 52 14 48. Coidadora-paseadora de cans. Persoa responsable e amante dos animais, ofrécese para levar e coidar a peludos a domicilio, posúo certificado de adestramento e educación canina. 1 hora: 5 euros, 1 semana: 25 euros; 2 semanas: 50 euros, 1 mes: 75 euros. Interesados chamar ao 669 618 606. Necesítase comercial, boas comisións, ineresados presentarse en r/N. Sra. do Cristal, 12, baixo (esq. Saínza Tel. 988 616 773 Ofrécese albañil con experiencia de 20 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de construción, económico, tel. 988 25 59 63 Experta en tarot exipcio fai limpezas de persoas, locais, consulta gratuíta. tel. 988 25 59 63

Vendo finca con proxecto e licencia en Rivela a 4 km de Ourense, rexistrada e permisos en vigor. Vistas ao río. 65.000 euros. Tel. 658 81 31 21. Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90. Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31. Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo vespino e cañón nebulizador, tel. 686 54 00 87. Vendo leña de carballo. Tel.: 630 52 14 48. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel.607 43 46 01. Vendo neveira cor branca, só unha porta, tel. 610 97 98 97 Vendo máquinas de escribir antigas, tel. 610 97 98 97 Urxente venda de piso en Allariz. 100m2 repartidos en amplio salón, cociña, tres habitacións, baño e aseo. Terraza acristalada dobre ventá exterior; 4º con ascensor, preciosas vistas, amoblado con electrodomésticos novos. 65.000 euros. Teléfono: 654 822 622. Vendo caldeira de calefacción gas cidade. Seminova. Teléfono: 637 005 910 Vendo sofá 3+2 en bo estado. Teléfono: 637 005 910 Vendo apeiros de labranza para decorar. Teléfono: 637 005 910 Vendo enfriador de botellas. Teléfono: 637 005 910 Vendo bañeira de plástico de bebé para acoplar á bañeira de casa, en branco. Está nova. 8 euros. Tel. 637 756 687. Véndense patíns en liña número 32-35 unisex. 15 euros. Tel. 637756687 Vendo 2 maletas de coiro, como novas, 150 euros. Tel. 698 174 374 Vendo tractor-coche corta céspede, moi bo prezo, tel. 647 70 41 80 Vendo saco coche a estrear, 50 euros, tel 647 70 41 80

Ófrécese señora para limpeza de escaleiras, despachos, domicilios, cociñeira, e coidado de nenos e anciáns. Ourense cidade. Tel. 988 61 52 63. Fanse reparacións en fogar e negocios, carpintería,persianas, mobles e máis. Tel. 656 782 460

ALUGUER Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento novo no Couto, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase baixo na estrada da Granxa para carnicería, outros comercios ou almacén. Tel. 988 23 58 76. Alúgase apartamento con garaxe en avda. de Portugal, 38. E piso con garaxe en Salvador de Madariaga, 2 - Tel. 607 20 34 81. Alugo local económico de 15 metros cadrados. Baños comunitarios. Xunto parada de autobús. Tel 627 203 131. Alugo piso en Valdoregueiro. 4 habitacións, cociña, baño e galería. Tel.: 687 21 12 18 Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alúganse oficinas en Progreso 147 entrechán, tel. 678 48 97 55 Alugo oficina na rúa Progreso (ao carón do Pazo de Xustiza), acondicionada. Bo Prezo. Tel.: 637 00 59 10 Alugo local económico de 15 metros cadrados, baños comunitarios, xunto parada de autobús. Tel. 627 203 131 Alugo chalet a 10 minutos do centro de Ourense. Tel.: 630 52 14 48. Alugo piso amoblado de 4 habitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comunidade incluída. Alfonso, tel. 677 468 484 Alugo piso en Valdorregueiro (Ourense), 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18. Alugo habitación nun piso da Avenida de Santiago. Tel.: 988 21 34 60. Alugo apartamento totalmente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel.: 988 21 34 60. Alúgase sitio para unha moto no garaxe edificio Mercadona av. Santiago. Tel. 988 21 29 00 Alúganse dúas oficinas na rúa progreso, acondicionadas, pódense unir. Teléfono: 637 005 910

4TELÉFONOS DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense. es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

4VETERINARIA

EN BREVE

Esterilizar ofrece beneficios Esterilizar á nosa mascota é unha das decisións que indica o nivel de responsabilidade que asumimos. Hai tantos mitos e lendas urbanas sobre este tema que merece a pena ler este artigo. A esterilización é un proceso cirúrxico grazas ao cal se impide a reprodución do animal. Pode realizarse tanto en machos como en femias. Nas femias extírpanse o útero e os ovarios e é o que chamamos en medicina ovariohisterectomía, e nos machos extírpanse os testículos e é o que chamamos orquiectomía. Aínda que nos machos ás veces practícase a vasectomía seccionando os condutos diferentes, que é a estrutura por onde discorren os espermatozoides desde os testículos. Coa esterilización desaparecen os procesos hormonais, co cal evitamos: - en femias: as pseudoxestacións, os embarazos non desexados (desta maneira hai control da superpoboación e redución do abandono), tamén se evita a transmisión de trastornos xenéticos (displasia de ca-

4GUÍA DE SAÚDE

19

deira, alerxias, malformacións), a hiperplasia vaxinal e a aparición de tumores e infeccións de útero e redúcese a aparición de tumores de ovarios e de mamas, os cales son tres veces máis comúns que nas mulleres. - en machos, coa orquiectomía: redúcese ou desaparece a ansiedade da monta, a marcaxe e a agresividade. Tamén se evitan os problemas de próstata, adenomas e adenocarcinomas das glándulas anais e hernias perianais, e ao mesmo tempo evítase a transmisión de trastornos xenéticos como a criptorquidia (testículos que non baixan ao escroto) e algúns dos que tamén mencionamos nas femias. En machos, coa vasectomía conservan o seu instinto sexual, poderán montar as femias, pero non as fecundaran. Non evitamos os problemas relacionados coa próstata. A esterilización é un proceso recomendable, só é necesario, logo de practicala, tomar certas medidas preventivas. Como este tipo de cirurxía provoca un cambio metabó-

lico nas mascotas, é importante dar a dieta adecuada, manter o nivel de actividade recomendado para a raza e idade do animal e controlar o peso mensualmente, do contrario é moi probable que perda a súa condición corporal ideal. Se analizamos a esterilización desde o punto de vista do carácter, logo da cirurxía modifícanse certas condutas que están ligadas ás hormonas sexuais como a marcaxe e a territorialidade nos machos. En canto ás femias, é un mito aquilo que deben criar polo menos unha vez na vida, é mesmo mellor que as esterilicemos para evitar as pseudoxestacións; xa que nos animais, fóra dos simios, o sexo é unicamente un proceso físico de reprodución, é unha forma de asegurar a permanencia da especie. Nestas cirurxías, e como en calquera procedemento cirúrxico e anestésico, hai riscos, estes están asociados á idade do paciente, estado de saúde e coidados pre e post cirúrxicos. Antes de cada ovariohis-

terectomía ou orquictomía, realizamos probas e analíticas precirúrxicas que son indispensables para saber como se atopa a mascota e diminuír riscos cirúrxicos. Tales probas inclúen controis: cardíaco, de temperatura e de tensión, analíticas de ouriños e de sangue e unha valoración xeral da saúde e estado físico do paciente. Unha vez que temos os resultados procedemos á preanestesia, sedación, analxesia e rasurado do campo cirúrxico, limpando e desinfectando a pel. Logo xa en quirófano ponse a anestesia inhalatoria (que é a máis segura) e practícase a cirurxía con monitorización continua do paciente (electrocardiograma, frecuencia cardíaca e respiratoria, pulso e temperatura). Despois pásase ao paciente á área de reanimación-UCI para comprobar os reflexos do animal e facer o control post cirúrxico das súas constantes vitais e temperatura e capacidade ambulatoria. Desta forma, antes, durante e despois da cirurxía a mascota permanece

[anúnciese no 685 800 190 e comercial@ourenseporbarrios.com]

totalmente controlada por veterinarios e auxiliares especializados. Unha pregunta moi frecuente dos propietarios é cando é máis conveniente esterilizar á nosa mascota. Nós recomendamos esterilizarlas entre os 5 e 6 meses, nas gatas e cadelas, xusto antes do primeiro celo. Nos gatos e cans suxerimos tamén entre os 5 e 6 meses. Aconsellamos que teñan a súa pauta de vacinación completa e que estean desparasitados interna e externamente. Esterilizar a nosa mascota é regalarlle saúde e aumentar os seus anos de vida, é ser responsables e demostrarlle o noso agarimo. Alicia Fernández Vitali, ATV responsable nutrición hospital veterinario Abros

“Esterilizar a nosa mascota é regalarlle saúde e aumentar os seus anos de vida; é ser responsables”

4 Premio Clara Campoamor O Concello de Ourense entregará o premio Clara Campoamor, na súa VIII edición, á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, polo seu traballo e compromiso a prol de garantir e preservar “o dereito das mulleres a decidir libremente sobre os seus corpos e polo seu activismo na defensa da interrupción voluntaria do embarazo seguro, libre, gratuíto e público” concedido de xeito unánime polo xurado. O premio entregarase o 7 de marzo, no Liceo, no marco das actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller.

4 Memorias de Protección Civil Os servizos de Protección Civil de Ourense e de Barbadás realizaron en 2013 un total de 193 e 956 operativos, segundo recollen as súas respectivas memorias de actividade. Protección Civil de Ourense está constituído por catro empregados municipais e un total de 157 voluntarios, mentres que en Barbadás o servizo compóñeno un funcionario e 29 voluntarios. Membros de Protección Civil da capital ourensá realizaron o ano pasado 138 actividades programadas, e outras 55 non programadas, así como 956 servizos de ambulancia, ademais de encargarse de labores de socorrismo en zonas termais e piscinas. En Barbadás, atenderon 102 emerxencias, realizaron 53 servizos urxentes, 205 non urxentes, e 597 operativos programados.


20

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

SOCIEDADE

Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas, 75 anos compartindo soños Este 2014 o colexio Plurilingüe Divina PastoraFranciscanas está de 75º aniversario na cidade de Ourense (1939-2014) polo que realizará diferentes actividades culturais conmemorativas. Por exemplo, o 24 de febreiro realizouse a liberalización masiva de libros “Bookcrossing” no Centro Comercial PonteVella, que foi todo un éxito, a semana do 17 ao 21 celebrouse a Semana da Froita, na que se repartiron máis de 800 quilos de froita nos recreos. E así máis de medio cento de actividade ao longo deste ano. Plurilingüismo Os idiomas do colexio son inglés, galego, alemán, castelán e chinés. O colexio plurilingüe fomenta a aprendizaxe dos idiomas

a través das diferentes actividades escolares e extraescolares ofertadas. O inglés impártese dende os tres anos con dobre de tempo por ser centro plurilingüe, en todos os cursos impártese alomenos unha materia non lingüística en inglés como Plástica, Educación Física ou Proxecto Interdisciplinar. Conta tamén cunha auxiliar de conversa nativa como apoio a aprendizaxe oral e soltura na fala. As actividades escolares combínanse con actividades complementarias como teatro en inglés, conferencias en inglés… e actividades extraescolares como Enjoy English para os máis cativos coa finalidade de comunicarse exclusivamente en inglés ou Trinity Test que vai enfocado para que os alumnos a partir de

3º de Educación Primaria melloren a súa capacidade produtiva oral e sexan quen de manter un dialogo fluído co seu mestre nativo e preparen o Trinity Oral Test. Tamén conta cunha das

máis amplas experiencias de inmersión lingüística na provincia, xa que leva 25 anos realizando o International Summer Course, tres semanas no mes de xullo estudando e convivindo con nativos no estranxeiro, incorporándose unha nova actividade os últimos anos: a Week Camp. O alemán é a segunda lingua estranxeira, obrigatoria en 1º e 2º da ESO e optativa en 3º, 4º da ESO

e Bacharelato. O chinés ofértase como actividade extraescolar para os máis cativos. O colexio tamén destaca na implantación de programas de innovación pedagóxica e nas Tecnoloxías da Información e Comunicación. O centro conta cun equipo de alumnos redactores da revista dixital Lúa e coa súa propia canle de televisión na web: Lúa TV.

Equipo directivo co grafiti conmemorativo no patio do colexio.

Amencer presenta o premio escolar “Atrapando a memoria” Redacción A asociación xuvenil Amencer vén de presentar a segunda edición do concurso “Atrapando a memoria”, dirixido a alumnos de 3º e 4º de ESO de todos os centros de ensino que o desexen, agrupados en equipos de 5 alumnos. O traballo consistirá na elaboración dun caderno de campo, escrito en galego normativo, centrado nunha parroquia ou nun barrio ou pobo. O caderno debe recoller datos xeográficos, socioeconómicos e históricos, toponimia, lendas, contos, refráns, tradicións, oficios, vestixios arqueolóxicos ou elementos etnográficos singulares. O xurado tamén terá en conta a súa calidade literaria. Os traballos deberán ser enviados a Amencer antes do 17 de maio.


SOCIEDADE

Estudios San Martín, centro de formación profesional

A Lei de Garantías permitirá a libre elección de hospital

A orixe do centro de estudos San Martín remóntase ao ano 1981; na actualidade a titularidade do centro está ostentada por antigos profesores asociados en cooperativa, mantendo o nome orixinal Estudios San Martín Cooperativa. Ubícase nunhas novas instalacións, inauguradas en abril do ano pasado na avenida de Marín, 23. Desde os seus inicios o centro sempre centrou os seus ensinos na Formación Profesional, en particular, a rama sanitaria co ciclo Coidados Auxiliares de Enfermaría, a rama administrativa co ciclo Xestión Administrativa e máis recentemente a rama servizos socioculturais e á comunidade coa nova especialidade de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Ademais destes ciclos, todos de grao medio, o cen-

4 O deputado popular Miguel Santalices entende que a área compartida Ourense-Vigo “ha de ser recíproca”.

tro, tamén dispón de dous PCPI (programas de cualificación profesional inicial), un de Servizos Administrativos e outro de Informática. Como novidades para o curso 20142015, os PCPI desaparecen como tal e pasan a denominarse Formación Profesional Básica, desde a entrada en vigor da LOMCE. Estudos diúrnos e nocturnos Actualmente Estudios San Martín é un centro de ensino en réxime diúrno concertado (de gratuidade total) e en réxime nocturno. En todos estes anos, o seu equipo docente rexeuse e segue rexéndose polas reformas educativas e perspectivas pedagóxicas e tecnolóxicas máis actuais.

P.L. O deputado autonómico portavoz de Sanidade do PP, Miguel Santalices, e o voceiro do PP en Ourense, Rosendo Fernández, compareceron ante os medios para dar conta de como afecta a Ourense a reestruturación hospitalaria realizada polo Goberno galego e a nova Lei de Garantías. No que respecta á reestruturación hospitalaria, reequilíbrase a poboación adscrita a cada unha das tres rexións sanitarias: a do Norte, con cabeceira na Coruña, a do Centro,

en Santiago, e a do Sur, en Vigo. Deste xeito os pacientes máis complexos de Ourense serán desprazados á cidade olívica. “Non temos inconveniente en que Vigo sexa centro de referencia para supraespecialidades, tampouco en facer área compartida con Vigo, pero si temos inconveniente se isto non é recíproco: hai a mesma distancia de Ourense a Vigo que de Vigo a Ourense”, apuntaba Santalices a postura do seu partido. “Tamén esta Área Compartida permitiría o desprazamento en ambas direccións dos profesio-

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

21

Miguel Santalices e Rosendo Fernández. nais, evitando así o desprazamento dos pacientes “, matizaba o parlamentario popular. No que respecta á Lei de Garantías, que entra en vigor o 3 de marzo, permitirá a libre escolla de médico e de persoal de enfermería, a segunda opinión médica e a libre elección de hospital para novos procesos de saúde. De forma que un paciente ourensán cunha nova enfermidade poderá elixir

para tratala Santiago, por poñer un exemplo, en vez de Vigo, aínda que o seu centro de referencia sexa este último. Santalices coida que esta posibilidade xerará “unha sana competencia” entre hospitais. “Onde vai a asistencia ha de ir a financiación”, engadiu. Por iso animou aos profesionais médicos ourensáns a desenvolver técnicas e servizos de referencia para atraer pacientes.


22

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

OCIO E CULTURA

Chega a festa da Pita, Paquita e Nicanor, e Frai Canedo

Desfiles, música e actividades infantís en Barbadás

4 Ata o 5 de marzo Ourense réndese ao Entroido.

Redacción

Redacción Ourense xa se prepara para recibir e festexar os días grandes do Entroido. Este xoves 27 é o turno das comadres, coas tradicionais regueifas e loitas entre nenos e nenas a partir das 11 na praza Maior. Xa o venres, ás 20 horas, terá lugar o concerto de The Convers Band como antesala do pregón, que terá lugar ás 21 horas na praza Maior. De seguido, charangas e DJ´s porán banda sonora á noite. O sábado de entroido comeza ás 11 da mañá para os máis cativos con xogos na praza Maior. E xa pola tarde terán a festa infantil do barco pirata. Charangas e a orquestra América serán as encargadas de animar a celebración. O domingo 2 de marzo terá lugar un concerto da Banda Municipal de Música de Ourense ás 12 na praza Maior, e ás 18 horas será o momento do gran desfile de comparsas e carrozas (con saída dende As Lagoas). Xa ás 9 da noite será o turno do concurso para escoller ao Rei e Raíña do Entroido ourensán. O luns 3 os pequenos terán a festa da choqueira (ás 17.30 h) e a actuación de “Çe, orquestra pantasma” (ás 19.30 h). Xa ás 00.30 será o turno do concerto de La Troba Kung-Fu”. O martes 4 numerosas charangas amenizarán o día e ás 17.30 horas será o turno da festa infantil “Metamorfose”. O mércores, o enterro da sardiña, ás 20.30 horas con saída da praza Maior, pechará o Entroido 2014.

As Eiroás Ourense non só celebra o entroido no centro da cidade. As Eiroás, Seixalbo e A Ponte contan coas súas celebracións propias. No caso das Eiroás o día grande será o martes 4, coa celebración da voda da Pita ás 13 horas, seguida do xantar dos noivos, baile e desfile de disfraces. Xa ás 21 horas terá lugar a queima do meco. Seixalbo En Seixalbo, Paquita e Nicanor xa foron presentados este 23 de febreiro. De seguido, o domingo 2 de marzo é o turno do xantar de Entroido e baile de disfraces. O martes, dende as 16.30 horas, terá lugar o desfile de comparsas. E o mércores, ás 21 horas, o enterro da sardiña. A Ponte Pola súa banda, a Asociación Cultural Frai Canedo da Ponte organiza tamén un gran festexo. O xoves 27 conmemora o día das comadres con cea e baile na sede da cofradía. O sábado 1, baile de disfraces dende as 23.30 horas. O domingo será o turno da gran papatoria, acompañada de actuacións musicais e espectáculos infantís. Por último, o luns será o día grande no barrio pontino. Ás 19.30 horas realizarase a presentación dos novos cofrades; e ás 20.30 dará comezo a procesión. Xa ás 10 da noite terá lugar a cea na honra de Frai Canedo e ás 23.30 o baile de disfraces.

Barbadás ten preparado un amplo abano de actividades para este Entroido 2014, que comezará o xoves 27 de febreiro co desfile, ás 13 horas, do cativos do colexio Filomena Dato polas rúas da Valenzá. O venres ás 12.30 será o

turno do alumnos do colexio Ruxidoiro, que se achegará ata a capela das Lamas. E xa pola noite, ás 21.30 horas, celebrarase a tradicional cea de comadres no restaurante O Muiñeiro. O luns 3, de 17 a 20 horas, a Casa da Cultura acollerá un concurso infantil de disfraces e un obradoiro de

Cartel do programa de Entroido de Barbadás. maquillaxe artística. Gran desfile O martes 4 de marzo é o día grande no Entroido de Barbadás, co desfile pola avenida de Celanova a partir das 17.30 horas, coa actua-

ción da discoteca móvil ao remate. Xa o mércores, ás 20 horas, será o momento da queima do meco, trala cal se repartirá bica e licor para despedir a festa ata o vindeiro ano.


OCIO E CULTURA

Xinzo e Laza non faltarán á cita 4 As comparsas e as formigas serán chave. Redacción Os días centrais do Entroido comezan en Xinzo co desfile infantil o 28 pola mañá. E pola tarde haberá unha festa infantil. O festival da canción humorística chega o Sábado de Entroido ás 19 horas, e o gran

desfile de comparsas terá lugar na tarde do martes. Para despedir os festexos dúas citas: a queima da sardiña o mércores de cinza, e Piñata, o 9 de marzo. Laza En Laza, o 28 terá lugar a VIII Festa Gastronómica

da cachucha, bica branca, xastre e licor café. O luns será o día da farrapada pola mañá e a baixada da Morena pola tarde,

acompañada de formigas e toxos. E xa o martes pola tarde será o turno do desfile de carrozas.

4 Outros entroidos Ademais da cidade das Burgas e o triángulo máxico (Xinzo, Laza e Verín) moitos po-

bos da provincia festexan o Entroido. En Allariz, o luns 3 de mar-

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

zo haberá “cachuchada” a partir das 21 horas, e o martes 4 desfile de comparsas dende as 17.30. En Maceda, Sábado e Domingo de Entroido terán lugar a saída dos Felos de Castro Escuadro. E o martes pola tarde o gran desfile de disfraces. En Viana do Bolo o martes 4 será o gran desfile de folións e a gran fariñada a partir das 16 horas. Ás 10 da noite a cea das comparsas e ás 12 a queima dos Lardeiros En Vilariño de Conso

23

os folións sucederanse durante este días, pero cabe destacar que o domingo 2 de marzo celebrarase a tradicional Festa do año asado; seguida (ás 18 horas) do desfile do folión. En Bande, Domingo e Martes de Entroido haberá desfiles de disfraces. O primeiro será de comparsas e carrozas, e o segundo individual e de grupo, con 1.500 euros en premios para mercar en establecementos da localidade. Actividades infantís o luns e o enterro da sardiña o mércores son tamén parte dos seus festexos.

Comadres abre os días grandes do Entroido de Verín 4 Domingo e martes terán lugar os desfiles de comparsas. Redacción Aínda que o Entroido de Verín xa botou a andar o día 20, a data que dá o pistoletazo de saída aos días grandes desta festividade será o xoves de Comadres, o 27 de febreiro, no que se darán cita entroideiros de toda a provincia de Ourense. Durante a mañá terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, e pola noite as comadres encherán os restaurantes de vila, nos que cearán e bailarán ao ritmo da música. A media noite, no barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado da Banda de Gaitas de Verín e do Folión de Carracedelo. De seguido, terá lugar a lectura do pregón que dará inicio o Entroido 2014. Venres de Compadreo Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa o venres 28. A partir das 19 horas terá lugar a saída dos Escuadróns para percorrer a vila. Finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes coa tradicional queimada. E a partir de media noite, haberá verbena nas prazas García Barbón e Maior.

Sábado de Entroido Ás 17 horas do 1 de marzo sairá desde a praza do Concello a comitiva do Cigarrón cara á praza da Mercé, onde se celebrará unha homenaxe á figura de Francisco Añel ‘O Xastre de Castro’, e onde serán investidos, por primeira vez, varios cigarróns. Domingo de Entroido O día grande do Entroido en Verín comeza con descarga de foguetes, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns a mediodía no barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido. Luns Fareleiro O 3 de marzo, seguindo a tradición, será o Día da Farelada, con quilos e quilos de fariña, a Disco-Móvil Gramola nas prazas García Barbón e Maior, e a partir das 19 horas, baile e verbena popular. Os máis pequenos tamén contarán con inchábeis e xogos no pavillón. Martes de Entroido Ás 17 horas, carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns repetirán o percorrido do desfile do domingo. Ao remate, a festa continuará ata que o corpo aguante.

En Verín haberá desfile de carrozas e comparsas o domingo e o martes


24

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

OCIO E CULTURA

Sete concertos no VII Pórtico do Paraíso O certame de música celébrase do 14 ao 23 de marzo.

4

P. Lodeiro A sétima edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso amplía concertos, presenza de grupos internacionais, ubicacións, e propostas paralelas, co obxectivo de superar os 3.800 asistentes da edición de 2013. O director do certame, Juan Enrique Miguens, adiantou as novidades deste ano, como a incorporación da capela do Santo Anxo como recinto para un dos concertos, ou a proxección dunha película documental sobre música barroca, “De occulta philosophia”. Ademais, haberá dúas exposicións, unha sobre “Os instrumentos do Gremio

de Luthiers e Arqueros de España” e outra de fotografías de Mani Moretón. Os encontros cos músicos no Consevatorio Profesional de Música de Ourense completan unha programación dun festival no que haberá “actividade constante durante 10 días” e no que “non despreciamos ningún tipo de formación musical nin ningún período, haberá música desde o século XIII ata outra composta fai uns meses”, explicaba o director do Pórtico do Paraíso. Sete concertos O programa inclúe os concertos do grupo vocal francés Diabolus in Musica o venres 14 de marzo na Catedral de

Ourense; do pianista lituano Karolis Biveinis os sábados 15 e 22 na igrexa do Santo Anxo; O Dúo británico de percusión, o domingo 16 no Teatro Principal; a guitarra barroca do suízo Hopkinson Smith o martes 18 na igrexa de Santa María Nai; o grupo vocal e instrumental La Reverencia, o venres 21 na igrexa das Caldas; e finalmente o Dúo Amal, composto por un pianista palestino e outro israelí, o domingo 23 no Principal. Todos os concertos serán gratuítos, agás os que se celebran no Teatro Principal. O orzamento do festival ronda os 70.000 euros, cifra similar a anteriores edicións; deles, 8.000 proceden dunha axuda da Xunta a través de AGADIC, que colabora por terceira vez con este evento musical. Colabora tamén a Asociación Pórtico Musical presidida polo propio Miguens, que noutras ocasións organizou directamente o festival, así como a Deputación.

O concerto de La Reverencia será o 21 de marzo, ás 20:30 h na igrexa das Caldas

Óscar Penín, Moncho Barazeiro, Daniel Gallego, Martiño Xosé Vázquez e Rafael Cachaldora, na presentación do Museo do Barrio./P.LODEIRO.

ESCUA inaugura o Museo do Barrio 4 Un local que acollerá exposicións, área de coworking e unha sala de reunións. P.L. Cansos de ter que programar as súas actividades na rúa por falta de local, o colectivo ESCUA, que agrupa unha vintena de asociacións da cidade, vén de estrear o seu Museo do Barrio. Un local na praza da Estrela do casco vello que se inspira “no Museo do Barrio de Nova York, creado hai 40 anos no marco da loita polos dereitos cívicos, e que é un referente cultural de Nova York”, explicaba Óscar Penin, representante de Escua e A Bela Auria. O Museo do Barrio conta con tres zonas diferenciadas: unha área de

coworking para creadores novos, que poderán facer uso do espazo ofrecendo a cambio o seu tempo para colaborar noutros proxectos; unha sala de reunións e proxectos, e unha sala de exposicións. Nesta última xa está instalada a primeira das mostras que vai acoller o museo. “Oh!!! Barrio, artistas do casco vello” recopila obras de Javier Mosquera, Daniel Gallego, Cachaldora, Jesús Arcelle e Moncho Barazeiro, quen tamén é o comisario da exposición, que se poderá ver ata o 14 de maio. Comparte espazo cunha mostra sobre a iconografía de Rosalía de Castro.

Nun principio a sala está aberta só de luns a venres de 11 a 13 horas e de 20 a 21 horas, grazas a voluntarios, aínda que a intención dos promotores é ampliar o horario á fin de semana de cara ao verán. Museo e “hotel de asociacións” Os seus promotores destacan que “mentres o Museo Arqueolóxico estea como está”, o Museo do Barrio é “o único museo (da cidade), as outras son salas expositivas”, ao conxugar actividades de difusión, investigación e conservación no mesmo recinto. O local pretende ser tamén un “hotel de asociacións”; agora funciona como sede das actividades das máis de 20 que conforman ESCUA, pero están abertos a calquera solicitude de asociación ou artistas da cidade.

O local está aberto a solicitudes de asociacións ou artistas da cidade


OCIO E CULTURA

IGNACIO VILAR, DIRECTOR De “a ESMORGA”

“Respectamos ao máximo as localizacións da ruta da Esmorga”

Ignacio Vilar, nun momento da rodaxe na praza Maior./RAMSÉS.

4 O cineasta filma en Ourense a obra cume de Blanco Amor, con Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Elejalde como protagonistas. P.Lodeiro Falamos con Ignacio Vilar nun descanso da rodaxe

de “A Esmorga” , que coverte estas semanas Ourense nun gran plató de cine. Que tal está indo a gra-

vación? Ignacio Vilar: “Moi ben, onte (polo xoves 13) rodamos na praza Maior, unha

das localizacións máis difíciles da película, é moita praza Maior… Quería dar grazas ao Concello, porque sen el sería imposible rodar esta película, temos un gran apoio, pódese contar unha gran historia. Buscamos choiva, frío, xeada, e non tivemos sorte onte porque fixo sol, estivemos catro horas parados e cada día de retraso é moito diñeiro… Rodamos en dixital; a anterior película, “Vilamor”, foi en 35 mm; grazas ao dixital fai media hora estivemos vendo a montaxe do que rodamos onte e iso en 35 mm non se podía facer porque había que mandar a revelar”. Gústalle o dixital? I.V.: “Está xa case á altura do cinema de 35 mm, rodamos como ARRI Alexa, que é unha cámara mítica, a empresa sacou fai un ano unha cámara dixital para cine, é cine puro, con todas as vantaxes do dixital”. Canto tempo van estar rodando en Ourense? I.V.: “Estaremos en Ourense cinco semanas e media das sete de rodaxe. Nas localizacións de interior foi máis difícil atopar aquí e así montamos unha casa de citas da época en Carballiño e para o pazo, escollimos o pazo de Tor en Monforte. Rodamos tamén en Seixalbo. Das catro cousas de Ourense: a praza Maior, a ponte Romana, as Burgas e o Santo Cristo, rodamos en todas elas, porque tamén imos rodar na Catedral. Hai máis presión á hora de facer esta película polo

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

feito de adaptar unha novela tan recoñecida e valorada? I.V.: “A presión é que os lectores da “Esmorga” che digan que a película está á altura da novela; é difícil, estou intentando respectar a novela e darlle a consideración que ten, unha das grandes novelas da literatura universal Respetamos ao máximo as localizacións da ruta da “Esmorga”, é fundamental seguila para intentar chegar á altura da novela, máis do 80% da ruta da “Esmorga” está como cando Eduardo Blanco Amor escribiu a novela”. Foi difícil escoller os actores que encarna a Cibrán, o Bocas e o Milhomes? I.V.: “Estiven tres meses facendo probas a cantidade de actores, probas de dúas a catro horas, e decidín que Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Elejalde foran os actores axeitados”. Para cando está prevista a estrea? I.V.: “En setembro teremos a primeira copia estándar e despois esperamos estar en salas de toda España entre finais de ano e primeiros do próximo. A estrea universal vai ser en Ourense”. Ides seguir na mesma liña de promoción que “Pradolongo” ou “Vilamor”? I.V.: “Cada película é unha cousa nova, esta vai ter unha promoción máis forte, totalmente diferente”.

25

EN BREVE

4 O Cineclube exhibirá a Filmoteca do CGAI O Cineclube Padre Feijoo traerá a Ourense por primeira vez un ciclo de cinema de programación continuada con filmes do Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (CGAI), grazas a un convenio que vén de ser asinado coa Consellería de Cultura. O acordo supón a proxección de catro películas ao mes (os luns) ata final de ano, agás nos meses de verán, na sala da Biblioteca Nodal.

4 Obradoiro infantil no casco vello A editora Eurisaces organiza en marzo un obradoiro infantil na xoguetería A Bufarda do casco vello ourensán. A cita é o 13 de marzo, a partir das 18 horas, e está destinada a menores de 5 a 12 anos, acompañados dun adulto. Baixo o título “Corre, Cometa, Corre!” realizarase un roteiro por distintos negocios da zona, impartido por Pablo Otero, autor de “4Ojos/ Eyes”, obra que estreaba a colección infantil da editorial ourensá. A inscrición é gratuíta e pode realizarse no 988 23 19 60, en abufarda@ yahoo.es ou en eurisaces@ eurisaces.com.


26

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Con Marius topamos! O pasado xaneiro Copenague converteuse en “Cidade Verde Europea 2014”. Non quero enumerar aquí o rolo que se largaron os daneses para levar o prezado título; é unha interminable lista de obxectivos cumpridos e de metas por cumprir. Esta xente non escatima en puntos, cantidades exactas, porcentaxes, verificacións, presentación, rizar o rizo e... veña!, que se toman en serio estas cousas de facer as cousas ben. Mentres unha servidora -fascinada con esta teima danesa de bater prestixiosas marcas mundiais a pares- dedícase a polos polas nubes, unha xirafa chamada Marius baixa á terra e ponos en portada dos medios internacionais cambiando as tornas da sempre pulcra, transparente, democrática e civilizada Dinamarca. Facendo gala do seu legado viquingo, pero, iso si, seguindo o protocolo e a lexislatura europea, esta semana o zoo de Copenague decantouse por dar morte a unha nova xirafa macho. As razóns? O director científico do zoolóxico -non, non o doutor Bacterio, senón un tal Bengt Holst- alegou que no caso de que Marius se dedicara ao arduo labor de reproducirse, a súa piscina xenética suporía unha bomba de reloxaría para a poboación de xirafas en Di-

namarca. Non dubido nin por un instante que no zoo meditouse por horas, mesmo semanas, o como levar a cabo a campaña “Desfacernos de Marius e os seus xens diabólicos”. Coa súa manía de ser didácticos e transparentes en todo o que fan, estou segura de que a idea de despedazar a Marius en público e lanzar os seus restos á fosa dos leóns -vaia banquete que se deron os felinos- foi a mellor idea que se lle ocorreu a esta xente nas súas longas sesións de debate con café augado e pastas danesas. Devandito, debatido e despedazado. Así o levaron a cabo e así se sorprenderon da reacción mundial. Resultado? Silencio case absoluto da prensa danesa e unha actitude un tanto altiva ante a resposta da crítica internacional a semellante acto. Para que entrarlle ao trapo a xente que, claramente, está por baixo da súa concepción do ben e do mal (obviamente, a máis acertada de entre todas as concepcións do ben e do mal). Si, tamén inclúen a concepción do Mestre Yoda. Os meus queridos da-

neses, cunha xirafa topamos! Os fillos de Odin son calados, pero cando queren facer ruído, vaia que se o fan! E non sempre o seu ruído cóbreos de gloria. É o que veño dicindo desde hai tempo: na vella Europa respírase ego a eito. Dá igual que ao teu país azóuteo a crise ou que nade na abundancia: cústanos aceptar a crítica allea e non somos amigos de ser xulgados por xuízos foráneos. Isto non é unha comunidade familiar; é unha comunidade de veciños na que as tolas se tiran os trastes á cabeza e non chega o sangue ao río porque se lles estraga a manicura que se non... O tema Marius foi só unha anécdota. Nin de lonxe é o peor dos males que azouta Dinamarca. Sabémolo; sábeno; sábese. Só é un punto máis na punta dun iceberg que non se derrete como os da Antártida, senón que se alza ameazante como o que afundiu ao Titánic. Se é que... cunha “xirafa” topamos! Raquel Sertaje

“O zoo de Copenague decidiu sacrificar a Marius porque, segundo o director científico do centro, ‘a súa piscina xenética suporía unha bomba a poboación de xirafas de Dinamarca’”

Autor: Morelló. Arxiu Fotográfic Centre Excursionista de Catalunya. Circa 1900.

Ponte Lebrón

O 18 de xuño de 1846 acórdase en sesión plenaria do Concello de Ourense a construción dunha ponte nas inmediacións do “campo dos Remedios” para salvar o río Barbaña. Juan Lebrón, influente político local de mediados do s.XIX e fidalgo con propiedades no entorno de Ervedelo, intercedeu para que a inciativa tivese éxito, respondendo así ás solicitudes dos veciños de Puga, Alongos, Rabodegalo ou Reza. Co apelido de D. Juan nomeouse á infraestrutura. A mesma denominación empregouse máis tarde para designar a zona onde se emprazaba: Ponte Lebrón, que non Lebrona. Fernando Valcárcel González, membro do Arquivo Visual

4RECEITA Orellas de Entroido Ingredientes (para 4 persoas): 1 ovo Anís 500 gr de fariña 100 gr de azucre 100 gr de manteiga 1 cullerada de levadura 200 cl de auga temperada con sal Elaboración: Nun recipiente mestúrase a fariña co fermento e fórmase un volcán cun foxo no centro. Bátense ben os ovos co azucre e unhas culleradas de anís e

engádense ao oco da fariña xunto coa auga e a manteiga derretida morna ou en anacos. Mestúrase aos poucos e logo termínase de amasar xa sobre unha mesa enfariñada até obter unha masa suave, elástica e non pegañenta... engadindo máis auga ou fariña se fixese falta. Déixase repousar un bo intre e fanse as orellas. Para facer as orellas cóllense anacos como de 200 gramos de masa e esténdese sobre a mesa de forma que

quede moi fina. Logo vanse cortando porcións de masa de forma cadrada, rectangular ou irregular e frítense nunha tixola con aceite abundante e quente a lume medio, primeiro dun lado e logo do outro, ata que estean dunha cor amareladourada suave, sen chegar a dourarse demasiado. Vanse pondo nun prato e espolvoréanse con azucre corrente ou azucre moído. Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles Tel. 988 380 165

4HUMOR

Jorge E. Bóveda, Luis Ahijado, Pablo Feijoo e Ramsés Torres, na presentación de “El baúl del eterno reproche”.

Presentación do poemario “El baúl del eterno reproche” Ata Trives desprazouse o poeta Luis Ahijado Gómez para presentar por esas terras o seu poemario “El baúl del eterno reproche”. Ahijado estivo acompañado polo escritor Jorge Emilio Bóveda; o creador da Rockipedia, Pablo Feijoo e o noso compañeiro, Ramsés Torres, que fixeron de introductores á súa presentación. Ao auditorio de Trives acudiu un nutrido grupo de mozas e mozos interesados na obra deste novo poeta, que prometeu presentar na mesma localidade -de onde procede parte da súa familia- o segundo poemario que está a crear.

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]


OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Pedro Páramo ou a Néboa de Casablanca Hai novelas longas e novelas curtas, hai novelas realistas e novelas subrealistas, novelas líricas e novelas teatrais, novelas que non son novelas e novelas que, lamentablemente, si o son. Tamén hai novelas azuis, e novelas negras, e novelas verdes e novelas beige, novelas brancas e novelas rosa, por haber, hai ata novelas sen cor. Finalmente, se conseguimos esquecer todo o prescindible, concluiremos que hai dous tipos de novelas, boas e malas novelas. Pero cando Juan Rulfo escribiu Pedro Páramo non sabía nada disto. De feito, teño a certeza das súas dúbidas compartidas, desas preguntas que se abren con cada personaxe, con cada historia, que se manteñen nunha nebulosa na mente do escritor sen atopar durante moito tempo resposta. Así nacen todas as novelas, así nacen todas as historias. E nese silencio incómodo da creación, unha mañá, apareceu Pedro Páramo, e Juan Preciado, nun estraño lugar, Comala. Comala podemos dicir que é o personaxe fundamental desta obra porque ao seu redor, en perspectiva temporal

diversa, pasado, presente e poida que futuro, abrollan as accións, as voces narrativas, os personaxes. Comala é Pedro Páramo, como Macondo é Cien años de Soledad ou Auria é A esmorga. Xustamente alí chega Juan Preciado, o personaxe e a voz do escritor, a alma da novela, por unha promesa que lle fixo á súa nai no leito de morte: volver a Comala para reclamarlle ao seu pai o que lle pertence. E como nas traxedias clásicas, a verdade engánase e a realidade agóchase, porque o mundo nunca é tal e como o vemos. Poida que tamén a vida siga estas pautas, ou poida tan só que a nosa evocación se constrúa así nos nosos ollos. Como nos ollos do xinete que entra na aldea, Comala, buscando ao seu pai, Pedro Páramo. Fragmentadamente, a saltos, a historia avanza, mentres na nosa mente de lectores vaise pousando un escenario incomprensible, unha realidade irreal, que converte ese mes de agosto,

esa choiva, esa canícula, na música dunha película na que a noite e o día se confunden, na que a vida e a morte xogan ás agachadas. E as palabras constrúen unha atmosfera onírica como a que envolvía aos personaxes no final de Casablanca. E Juan Preciado agora é o lector, e o lector é agora Comala e Pedro Páramo. Definir esta novela é tan díficil como explicar con palabras esa néboa que saía en Casablanca; é tan difícil como explicar o escenario do cemiterio en The rake’s progress, de Stravinski, que, sen saber moi ben por que, fican gardados na nosa memoria. A isto se reduce a arte, a isto se reduce a literatura, a esa marabillosa e indefinible sensación. P.D.- Un ilustre ourensán de Cartelle, Carlos Velo, dirixiu a adaptación cinematográfica da novela homónima do seu amigo Juan Rulfo, no ano 1967. Manuel Blanco

“Comala é o personaxe fundamental porque ao seu redor abrollan as accións, as voces narrativas, os personaxes”

4PERSOAS ANÓNIMAS

Mali Hai leccións na vida que só se aprenden cando vives as experiencias, cando es ti quen pasa por elas. E ao teu lado aprendín a maior e máis difícil das leccións. Fai máis dun ano comezaches a túa dura loita, fai máis dun ano aprendín ao teu lado o forte que eras capaz de chegar a ser. A pesar da enfermidade que che ía consumindo, a pesar dos duros tratamentos polos que tiveches que pasar, a pesar de todo iso, o teu sorriso nunca deixou de debuxarse no teu rostro, as túas forzas non fraquearon, as ganas de vivir eran máis fortes que todo aquilo polo que estabas a pasar. E ao teu lado fun camiñando día a día véndote gozar de cada momento, bebendo a vida. Empapándote de todo aquilo que che gustaba, que

che facía gozar. Ao teu lado descubrín ao gran home que sempre souben que fuches, vin nos teus ollos a esperanza, a forza, a fortaleza... e ameiche máis se cabe do que xa che amaba, e admireiche máis do que che admiraba. E cando collías a miña man e acaríñasme sentíame como flotando nunha nube, como querendo esquecer o que che estaba pasando. E ti sempre me sorrías, e o teu sorriso dábame as forzas para non derrubarme. Os meses pasaron como verdugos, o reloxo parecía ir máis rápido, e aos poucos o teu corpo foise apagando pero xamais o teu sorriso, xamais os teus ollos bonitos perderon o seu brillo, xamais perdiches o teu bo humor. E así segues aquí, no meu

corazón, na miña mente, na miña alma. Co teu sorriso e os teus lindos ollos. Se antes amábate, agora ámote máis. Se antes eras o meu compañeiro, o meu amigo, o meu amante, agora elo todo e moito máis. Grazas pola lección tan grande de forza e de coraxe que nos deches. Grazas pola túa infinita paciencia para aguantar esta triste burla do destino. Grazas por existir e por cruzarte no meu camiño. Grazas por ser o mellor pai, o mellor marido, o mellor amigo. Sempre estarás nos nosos corazóns. Os teus ollos nunca deixarán de brillar para min. Ámote e sempre te amarei alá onde esteas. Mónica Fdez. Pintos

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

27

Entrevista a Iván Nieto, creador e organizador do IV Live for Madness Metalfest

“A bastante xente en Ourense lle gusta o metal”

4 O 15 de marzo celébrase este festival de música metal na sala Berlín. Pablo Feijoo O vindeiro 15 de marzo celebrarase a cuarta edición do festival de música metal “underground” Live For Madness Metalfest (na sala Berlín), un evento que apoia aos grupos emerxentes de toda a xeografía nacional, e que ademais conta cun lado solidario posto que os asistentes poden colaborar co banco de alimentos de Ourense e a propia organización do festival doa parte do recadado a dita entidade. O seu creador e organizador, o ourensán Iván Nieto atendeunos antes da celebración da edición de este ano. P: É complicado manterse ano tras ano? R: “Moi complicado. Corren moi malos tempos a nivel económico e, paradóxicamente, hai máis eventos musicais de rock e derivados que nunca na nosa cidade, polo que a competencia é moi forte”. P: Algunha vez pensou en mudar o festival a outra cidade para ter maior afluencia de público? R: “No espazo de tempo que houbo entre a primeira e a segunda edición estiven estudando outras opcións fóra de Ourense debido á transformación do Xesteira nun macrorestaurante asiático pois non había ningunha outra sala

Iván Nieto, organizador do Madnes Metalfest./RAMSÉS na cidade para levar a cabo un espectáculo coma este. Ao final non houbo que mover o festival e a miña intención é que, mentres se poida, se faga sempre en Ourense que é a cidade na que nacín, crecín e vivo”. P: Cre que cando a situación actual de crise mellore, o festival crecerá? R: “Pois esa é a miña intención. Se con todo o que está pasando o festival é capaz de sobrevivir, está claro que cando os tempos melloren poderá crecer aínda máis. Mentres tanto cada ano traballo a tope para ir crecendo pouco a pouco e que o nome do evento estea cada vez máis recoñecido dentro do seu ámbito”. P: Cre que as bandas

locais teñen un bo nivel musical? R: “Sen dúbida. Sempre estou a defender o bo nivel das nosas bandas e de verdade espero que cada vez saian máis e mellores”. P: Considera que Ourense é unha cidade heavy? R: “É unha afirmación un pouco atrevida. Mais ben é rockeira aínda que hai bastante xente que lle gusta o metal. De feito un dos nosos obxectivos é precisamente potenciar o estilo na cidade e resto da provincia, sobre todo entre a xente máis nova”. P: Como xurdiu este lado solidario deste festival de heavy metal? R: “Pois nestes tempos nos que tanta xente estao a pasar moi mal sentín o impulso de compatibilizar o meu proxecto con algún tipo de acción solidaria aportando un pequeno gran de area a algunha causa benéfica”. P: Ano tras ano sorprende con promocións, colaboracións e grandes novidades no festival, como pode conseguir todos estes acordos unha soa persoa? R: “Con moito traballo, iniciativa e perseveranza e, por suposto, tenche que gustar moito o que fas para poder transmitir esa paixón á xente e así lograr todos ou algúns dos obxectivos que te propoñas”.


28

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

DEPORTES

Nova derrota do COB Ourense Termal na casa

Dobre vitoria en fútbol sala Redacción

4 Os afeccionados culpan ao adestrador da mala tempada realizada polo equipo. R. Torres O COB volveu caer derrotado en casa. Tralo encontro contra Melilla viviuse o episodio máis clarividente da desunión entre seareiros e adestrador. Ao remate do partido, Gonzalo García de Vitoria encarou o túnel de vestiarios entre os asubíos -e algún insulto- dos presentes nas bancadas dos Paco Paz. Pola contra, cando saudaron os xogadores desde o centro da cancha, o aplauso foi atronador. O encontro estivo marcado por un dominio total dos COB durante gran parte do mesmo. Os homes de Gonzalo García chegaron

a ter rendas de 17 puntos a favor. Pero pasaban os minutos, e no último cuarto a vértixe de gañar pasou pola cabeza dos xogadores. Cando o Melilla baixou dos 10 puntos a diferenza, comezaron a chegar as dúbidas transformadas nunha nova derrota na que o baixón físico, as malas decisións, o bloqueo mental e a mala sorte uníronse para o fatídico desenlace. 74-77 foi o resultado que deixa tocado ao equipo con cinco vitorias en 20 xornadas. Detrás, o Planasa Navarra achégase perigosamente e xa está a unha vitoria; o filial do Barcelona está de pechacancelas

Jonathan Kale baixo o aro rival. /RAMSÉS

con tres triunfos. Vindeira xornada Para esta próxima xornada o COB ten un complicado desprazamento ata Palencia para enfrontarse ao Quesos Cerrato. Navarra - Barça B será o outro partido ao que haberá que estar atentos. En caso de derrota ourensá, un dos dous de abaixo recurtará diferenzas na clasificación. Seis xornadas Á Liga só lle restan seis xornadas, que se poden converter nunha reválida para o proxecto encabezado, desde o banco, por Gonzalo García de Vitoria. Un proxecto que a directiva pretendía fose de longa duración -catro anos- e que pode esfumarse na primeira tempada. No que aconteza nesas seis xornadas para o remate da tempada pode estar o futuro dun proxecto que pode quedar sen cabeza visible para a vindeira tempada; o que obrigaría practicamente a comezar de cero un novo. Para García a salvación está en dúas vitorias máis. Dos seis partidos, tres xóganse na casa (Lleida, Oviedo e Coruña).

O Club Ourense Baloncesto está unha vitoria por enriba do descenso

Jaime Noguerol cede de tacón a un compañeiro na área da SD Noja. /RAMSÉS

O Ourense loita pola promoción 4 Vence ao Noja 1-0 con reivindicación nos 30 primeiros segundos de encontro. R. Torres O CD Ourense venceu 1-0 á SD Noja e mantén viva a loita pola promoción de ascenso. Un gol de Gustavo Souto no minuto 13 foi suficiente para dobregar a un rival que ocupa a última posición da táboa clasificatoria. Non foi o mellor partido dos de Luisito no que vai de tempada, e, aínda así, dispuxeron de varias ocasións para convertir a renda nunha diferenza maior. Gustavo Souto, Noguerol, Adil... alternaron as ocasións no marco rival sen encontrar a recompensa do gol. Esa falla de acerto estivo a piques de dar un disgusto aos rojillos. Co partido nos últimos compases, os visitantes tiveron unha clara ocasión

de rabuñar un punto da súa visita ao Couto. Finalmente a parroquia ourensanista resoplou tranquila ao acadar os tres puntos en litixio. Plante Durante os primeiros 30 segundos de encontro, os xogadores do CDO estiveron parados no campo en sinal de protesta polos impagos que arrastran desde fai tres meses -catro se seguen sen cobrar a finais desta semana-. Os afeccionados aplaudiron o xesto dos futbolistas. Balmaseda Este xoves 27, o Ourense recibe (20.00h) ao Balmaseda na semifinal da Copa Federación. O Balmaseda é 6º na Terceira vasca. O partido de volta disputarase o 6 de marzo.

A pasada xornada supuxo a vitoria do Ponte Ourense e do Cidade As Burgas na Primeira Divisón de fútbol sala. O Ponte Ourense foi quen de darlle a volta ao marcador para rematar vencendo ao Orvina por 4-2. Con esta vitorias suman 29 puntos e situánse a nove dos postos de Copa. Pola súa banda, o Cidade As Burgas deu un paso de xigante de cara a manter a permanencia. Venceu no campo do Vallirana 1-4 polo que suma 23 puntos, nove máis que a zona de descenso. Vindeira xornada Para esta xornada o Cidade recibe ao Soto del Real nun partido que se disputará o sábado 1 de marzo ás 17 horas na central dos Remedios. As madrileñas están en postos de descenso con 14 puntos. O Ponte, pola súa banda, visita a cancha do Alcorcón nunha ocasión para recurtar máis puntos cos postos de enriba. O Alcorcón marcha na terceira posición con 46 puntos.

Chiqui fai o terceiro tanto do Ponte Ourense. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

29


30

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

31


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014


Entrevista a Ignacio Vilar, director do filme “A Esmorga” TEMA DO MES P.2-3 CIDADE A Pokemon e a Patos salpican ao Concello de Ourense

Páx.7

CIDADE

Páx. 10

Os novos xulgados da Aprobada unha cidade estarán listos a moción para subsanar final de ano o “fóra de ordenación”

[Páx.25]

SOCIEDADE Páx.17

DEPORTES

Páx.28

Ociourense, ocio saudable para a mocidade ourensá

Nova derrota do COB Ourense Termal no Paco Paz

Ourense xa festexa o Entroido

[páx.22-23]

En Eiroas celebraron o Domingo Oleiro./P. LODEIRO

Número: 128 - Ano: XIII - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

4IMAXES DO MES

Descarga de rock Durante o mes de febreiro Ourense gozou dunha boa dose de rock. Mitocondrias, os cataláns 77’, Lion´s Law, The Fleshtones, Broken Hope, Immolation, Led Zeppelin, Uzzhuaïa, DeWolff, Los Hully Gullys ou The Deep End foron algunhas das formacións que tomaron a cidade. Pero entre todos estes concertos destacou o celebrado o día 15 na Sala Berlín. A formación cántabra La Fuga presentou en Ourense o seu último traballo, “Más de cien amaneceres”.

Domingo oleiro nas Eiroás

O Domingo Oleiro tamén se festexou nas Eiroás. Veciños e visitantes rendéronse ao xogo das olas, ao cal tampouco se resistíu nin o icono entroideiro da localidade: a Pita. De seguido, o sábado 1 será o turno do Folión de Entroido; e o martes 4, da voda da Pita, xantar popular, desfile de disfraces e a queima do meco. No barrio da Ponte, a Asociación Cultural Frai Canedo tamén conmemora o Entroido coas celebracións centrais o luns 3 de marzo, coa presentación dos cofrades, procesión, cea e baile de disfraces.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

4IMAXES DO MES

Paquita, Nicanor e Vicentín toman Seixalbo

O pasado domingo 23 de febreiro Paquita e Nicanor, acompañados do seu fillo Vicentín (figura que os veciños recuperaron fai un par de anos logo de atopar a imaxe orixinal), percorreron as rúas de Seixalbo para dar a benvida ao Entroido. De seguido, o xogo das olas e animación musical completaron as actividades desa tarde. Nos próximos días continúan as citas festeiras na localidade. O domingo 2 é o turno do xantar popular e baile de disfraces; o martes 4 celebrarase o desfile de comparsas e a queima dos mecos; e o mércores 5 pechará a troula o enterro da sardiña.

Descarga de rock Durante o mes de febreiro Ourense gozou dunha boa dose de rock. Mitocondrias, os cataláns 77’, Lion´s Law, The Fleshtones, Broken Hope, Immolation, Led Zeppelin, Uzzhuaïa, DeWolff, Los Hully Gullys ou The Deep End foron algunhas das formacións que tomaron a cidade. Pero entre todos estes concertos destacou o celebrado o día 15 na Sala Berlín. A formación cántabra La Fuga presentou en Ourense o seu último traballo, “Más de cien amaneceres”.


Entrevista a Mercedes Alcala, presidenta da A.VV. Centro TEMA DO MES P.2-3

CIDADE

Páx.7

A Pokemon e a Patos salpican ao Concello de Ourense

O novo edificio xudicial estará listo a final de ano

OCIO

Páx.22-23

Especial Entroido: programación na cidade e na provincia

CULTURA

Páx.24

ESCUA inaugura o Museo do Barrio no casco vello

Ourense convértese no plató de “A Esmorga”

[Páx.6-7]

DEPORTES Páx.28 Nova derrota do COB Ourense Termal no Paco Paz

[páx. 25]

Momento da rodaxe do filme, dirixido por Ignacio Vilar, na praza Maior./RAMSÉS.

Número: 77- Ano: XIII - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2014

Febreiro 2014 - Ourense por Barrios  

Neste número analizamos os procesos xudiciais nos que está inmerso o Concello de Ourense, ademais de prestar atención ao Entroido.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you