Page 1

Entrevista ao escritor Xosé Manuel Pacho, gañador do Premio Rafael Dieste de teatro CIDADE

Páx. 2

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

BARRIOS

Páx.4

BARRIOS

Páx. 9

O Concello renova CCA Couto Centro beirarrúas e un parque presenta a campaña en Vistahermosa “Verán saudable”

[páx. 14]

SOCIEDADE Páx.13

DEPORTES Páx. 20

Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

O alcalde e o tenente de alcalde de Barbadás, denunciados polo PSOE

[páx8]

O PSOE cre que hai “indicios suficientes” da presunta comisión de delitos de prevaricación e negociacións prohibidas na modificación urbanística da AR-10 da Valenzá. /P.L.

Número: 131 - Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

CIDADE

O Supremo absolve aos tres acusados dos paneis 4 Alexandre Sánchez Vidal cre que trala denuncia do PP houbo un intento de “decapitar un goberno municipal sólido”. P. Lodeiro Tras coñecer o fallo do Tribunal Supremo que absolve aos tres acusados no caso dos paneis publicitarios, dous deles, o ex tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, e o ex director xeral de Turismo, David Cortón, comparaceron ante os medios para facer unha valoración. Sánchez Vidal recoñeceu que houbo “unha mala tramitación” do procedemento para adxudicar a unha empresa –Afiador Produccións- a instalación de tres pantallas publicitarias pero que “á vista de aquel erro” anulouse en Xunta de Goberno local. Con todo, o político nacionalista –antes no BNG e agora vinculado a Anova- cre que desde o PP se tratou “de construir

un relato que xustificara unha acción xudicial que decapitara un goberno municipal sólido” a través dunha “acusación falsa”. Na construción deste ‘relato’ Sánchez Vidal apunta a varios participantes: o PP, o fiscal, o xuíz instrutor e determinados medios de comunicación. “Había que cargarse o goberno municipal”, afirma o seu compañeiro David Cortón, mentres que Sánchez Vidal vincula a ese mesmo obxectivo “toda esta avalancha de demandas contra o Concello de Ourense” que, dixo, “van acabar o día que se aprobe o Plan Xeral”. Sobre a reclamación económica Contento e aliviado pola absolución e ao mesmo tempo con “carraxe por-

que o PP decapitou un goberno”, Sánchez Vidal non cre que prospere a reclamación económica da empresa contra o Concello. Neste sentido, opina que debería ser Afiador Producións quen resarcise á administración local, por “manifesta mala fe” e facer “unha obra ilegal”. Aínda así, preocúpalle “que o PP se atreva agora a dicir que o Concello lle debe a esta empresa 30 millóns de euros, unha barbaridade que non se sustenta xuridicamente”.

Sánchez Vidal cre que Afiador Producións debería resarcir á administración local

O ex director xeral de Turismo, David Cortón, e o ex tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, tras coñecer o fallo do Supremo que os absolve./P.LODEIRO.

A Deputación de Ourense ratifica o seu apoio aos pref

4 Os tres grupos políticos defenderon a continuidad Paula Lodeiro A Deputación de Ourense é a primeira das catro deputacións galegas que atende a petición das plataformas de afectados de preferentes e subordinadas e ratifica o seu apoio aos miles de galegos que aínda non recuperaron os seus aforros. No acordo aprobado, dase apoio aos afectados, solicitando que se paralice a execución da quita; ofréceselle asesoramento xurídico; deféndese a continuidade da vía da arbitraxe; ínstase ao Goberno central a que suprima as taxas xudiciais nestes procesos e “a rectificar, adoitando as medidas lexislativas necesarias para regular estes ou outros produtos bancarios, en aras de conseguir a maior transparencia posible”. Dos máis de 75.000 afectados en toda Galicia, 40.000 aínda non recuperaron os seus cartos, 7.000 deles na provincia de Ourense. En total, quedan ‘atrapados’ aínda 1.500 millóns de euros, “o 75% do capital colocado por Novagalicia Banco nestes produtos tóxicos”, recordaba o voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, o primeiro político en intervir na sesión plenaria deste luns 8 de xullo. O nacionalista esixiu da dirección de Novagalicia Banco, a Xunta e o Goberno central a paralización da execución deste “atraco” e a busca dunha solución “xusta” que posibilite a recupe-

Afectados polas preferentes seguiron desde a parte do público o pleno extraordinario da Deputación./P.L. ración de todos os aforros. O voceiro socialista, Ignacio Gómez, insistiu na “estafa masiva” que supuxeron as participación preferentes e as subordinadas, mentres que o portavoz do PP, Plácido Álvarez, apuntou a unha “malísima” comercialización destes produtos financieiros que “non deberon ser autorizados pola Comisión Nacional do Mercado de Valores e polo Banco de España”. O político popular recordou que o Goberno galego solicitou a primeiros de mes a reapertura da vía da arbitraxe, apuntando que “dous de cada tres afectados que optaron por esta vía recuperaron o 100%

dos seus aforros”. Valoración Un grupo de afectados, que seguiron desde a zona do público a breve sesión, acolleron con aplausos cada unha das intervencións. Ao remate, a voceira dos preferentistas, Diana Pérez, pedía que o acordo da institución provincial non quedase “como a típica palmada nas costas”, e recordou que ao estar Novagalicia Banco en mans do FROB, “a Xunta debería falar co Goberno de España” para conseguir que se retome a arbitraxe, por ser a vía “máis rápida e barata”.


CIDADE

ferentistas

de da arbitraxe.

4 NCG di que os seus clientes recuperaron un 84% do investido Os 72.976 clientes con produtos híbridos das caixas galegas recuperaron, en diñeiro en efectivo e de media por cliente, un 84% do importe inicial investido, a cifra máis elevada de todas as entidades con respaldo público de capital e unha das máis altas do sector, informaron desde Novagalicia Banco. A porcentaxe de recuperación de liquidez ten en conta os abonos do 100% do nominal en arbitraxes, os trocos e liquidez e a diferenza neta de intereses percibidos polos clientes. Un total de 37.688 clientes (dous tercios de todos os clientes) recuperaron ou están a recuperar estes días o 100% do seu investimento pola vía das arbitraxes aceptadas por NCG Banco. Pola vía das sentenzas xudiciais recuperaron o 100% dos seus aforros 154 clientes. Outros 32.644 clientes recuperaron o 71% do seu investimento inicial tras vender as súas subordinadas ou preferentes ao Fondo de Garantía de Depósitos e 2.490 clientes conseguiron manter o 86% dos seus cartos ao transformar os seus produtos en depósitos. Mentres, 2.290 clientes trocaron os seus produtos híbridos por accións do banco.

O futuro de Montealegre estará na divulgación e na investigación 4Constituído o comité xestor do xardín botánico. P. L. Con membros das tres universidades galegas e do Concello de Ourense, quedou constituido o comité xestor que rexerá o destino do xardín botánico de Montealegre. Na súa primeira reunión, os integrantes do comité coincidiron en varias propostas: formar unha rede galega de xardíns botánicos; crear un horto ecolóxico no recinto de Montealegre, firmar un convenio entre universidades e concello para amparar as investigacións que desenvolvan e, sobre todo, divulgar o lugar, precisou a edil de Medio Ambiente, Susana Bayo. “Os nenos da cidade teñen que vir ver este parque”, recalcou o alcalde, Agustín Fernández. En representación da Universidade de Vigo interviu a vicerreitora do campus de Ourense, María

Lameiras, quen considerou “unha oportunidade” para o campus o desenvolvemento do xardín botánico, tanto na vertente docente como na investigadora. Desde a Universidade de Santiago, o seu vicerreitor de Investigación, Pablo Ramil, coincidía na súa valoración, e consideraba Montealegre, como exemplo de botánico da zona mediterránea, podía servir como lugar no que ensaiar distintas variedades tradicionais abandonadas, como pereiras, aciñeiras, tomates ou pementos, co obxecto de recuperalas. O representante da Universidade da Coruña, Horacio Naveira, considerou Montealegre como un sitio “excelente” e destacou a importancia da colaboración entre as tres institucións académicas. Escaso investimento Tras realizar un investimento que superou os 3,5 millóns de euros na expro-

piación dos terreos e na conversión de 160.000 metros cadrados Montealegre en parque, parécelle agora ao alcalde que o investimento que precisa o xardín botánico para dar os primeiros pasos “non é tan importante”. Os fondos para construir o horto ecolóxico, instalar paneis divulgativos, comezar algunha colección de plantas no invernadoiro, darlle uso ao anfiteatro natural que existe no recinto, e traer a Montealegre algún proxecto investigador ou universitarios en prácticas sacaranse das partidas das Concellerías de Medio Ambiente e Educación, ou en xeral dos orzamentos municipais.

O alcalde di que o investimento que precisa agora o xardín botánico “non é tan importante”

Integrantes do novo comité xestor de Montealegre./PAULA LODEIRO.

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013



A sala do Banco de España supera as 200 visitas diarias 4 O claustro de San Francisco recibe cen visitantes ao día. Redacción Os dous espazos culturais postos en marcha durante o último mes na cidade están obtendo unha boa acollida do público. Algo máis de 200 persoas ao día están a pasar polo centro municipal José Ángel Valente, situado no antigo Banco de España, mentres que o claustro gótico de San Francisco supera os cen visitantes diarios. Ata o 9 de xullo 5.041 visitantes pasaran por ambos recintos. Na planta baixa do edificio do Banco de España, que abriu ao público o 20 de xuño, o público sorpréndese co resultado da rehabilitación do edificio, no que sobresae a vidrieira e a claridade do espazo, así como coa exposición de arte contemporánea “Identidade e Ausencia”. A ansiada reapertura dunha das pezas máis significativas do patrimonio monumental de Ourense tampouco pasou desapercibida. Multitude de peregrinos, ourensáns que realizaron os servizo militar no recinto, investigadores, e mesmo un grupo de escolares percorreron o claustro, gozando tanto da arquitectura como do xardín central. As dúas infraestruturas culturais abren ao público de martes a sábado de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 e os domingos en horario de mañá.

Instalación de Bernardí Roig, que forma parte da exposición “Identidade e Ausencia”, da Colección Gas Natural Fenosa, que se poderá contemplar no Centro Municipal Banco de España ata outubro./ P.LODEIRO.

Algo máis de 100 persoas ao día visitan o claustro de San Francisco desde a súa reapertura o 27 de xuño./P.L.




Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

BARRIOS

A xerente do Sergas visita os terreos dos centros de saúde do Couto e A Valenzá

EN BREVE

4 Inscrición aberta na Esocla de Fútbol de Barbadás A Escola de Fútbol de Barbadás abrirá o prazo de inscrición para o curso 2013-2014, será do 8 de agosto ao 5 de setembro de 18:30 a 20:30 horas, nas oficinas do campo de fútbol dos Carris. Para os xogadores censados en Barbadás terá un custo de 80 euros e para os non censados de 125.

4 Cursos do Centro Empresarial Transfronteirizo O vindeiro outono o Centro Empresarial Transfronteirizo organiza diversos cursos. Dous deles serán en setembro, un sobre creación e deseño de páxinas web, e outro de márketing e ventas online. De seguido, en outubro terá lugar un de informática básica.

4Aberta a inscrición para os servizos escolares O Concello de Barbadás vén de abrir a inscrición para diversos servizos escolares de cara ao vindiero curso: a gardería “Bos días cole” (que permite deixar aos nenos antes e despois da xornada lectiva, é dicir, desde as 7:30 da mañá ata o comezo das clases e dende o remate destas ata as 16:45 horas); actividades estraescolares como informática, ximnasia, manualidades, teatro, pintura ou danza (entre outras); e as escolas deportivas de baloncesto, balonmán, tenis, hoquei, ximnasia rítmica, kung-fu e xadrez.

4 O Sergas agarda que ambas obras se liciten antes de que remate o ano. Redacción

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, e o concelleiro de Infraestructuras, Antonio Rodríguez, durante a súa visita ao renovado parque infantil do barrio de Vistafermosa.

O Concello renova beirarrúas e o parque infantil de Vistafermosa, cun investimento de 50.000 euros 4 O alcalde visitou as obras realizadas na rúa Matilde Lloria e na zona de xogos. Redacción O Concello de Ourense vén de destinar un investimento de 50.000 euros a actuacións de mellora de beirarrúas e un parque infantil, solicitadas polos veciños do barrio de Vistafermosa. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e os concelleiros de Infraestruturas, Antonio Rodríguez Penín e Medio Ambiente, Susana Bayo visitaron os traballos realizados polo Concello neste barrio, a través de dous proxectos: a mellora do parque infantil sito nas proximidades

do colexio e a renovación de beirarrúas, pavimentación e recollida de augas na rúa Matilde Lloria. A mellora do parque, realizada pola Concellería de Medio Ambiente cun orzamento de 30.000 euros, atende unha petición realizada polos veciños do barrio e permitiu renovar o chan da zona infantil, que agora é de caucho, e renovar os xogos que oferta aos cativos, incorporando novas unidades, adaptadas á normativa europea e accesibles para persoas con discapacidade física. Tamén se engadiu un pechamento perimetral.

A zona de xogos para os cativos conta agora con 5 novas unidades: 3 balancíns, 1 multixogo e 1 pórtico.

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez, vén de visitar os terreos onde se construirán os novos centros de saúde do Couto e da Valenzá (que beneficiarán a máis de 25.000 ourensáns), e onde afirmou que o Sergas ten previsto investir máis de seis millóns de euros para a construción dos dous centros, que serán licitados antes de que finalice o ano. “Agora os arquitectos teñen catro meses para supervisar o proxecto e realizar o proxecto de execución, e agardamos que a principios de 2014 teñamos xa adxudicada a obra”, apuntaba Domínguez. O prazo das obras para o ambulato-

rio do Couto será de entre 12 e 18 meses, mentres que no caso do centro da Valenzá a duración dos traballos estará máis próxima ao ano e medio, debido a un problema que xurdiu cun muro. Petición dun centro de saúde no Vinteún Durante esta visita, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, aproveitou para reivindicar aos responsables sanitarios a construción do centro de saúde do Vinteún. Fernández engadiu que o seu Goberno estuda a posibilidade de construir un aparcadoiro subterráneo “baixo o parque e ata a rúa Dalí e os Remedios” para dar servizo aos futuros usuarios tanto do ambulatorio como do edificio xudicial que se está a construir na mesma parcela.

Rúa Matilde Lloria As obras da rúa Matilde Lloria atenderon tamén a unha petición dos veciños da zona e supuxeron un investimento de 15.000 euros, consistentes na renovación de beirarrúas, pavimentación do vial e recollida de augas.

O parque infantil conta agora con chan de caucho e máis xogos

Nieves Dominguez durante a súa visita aos terreos do futuro centro de saúde do Couto./RAMSÉS


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

Anova denuncia o estado actual de deterioro do Palao

EN BREVE

4 Premios aos mellores praceiros

4 O recinto, situado en Velle, está “abandonado á súa sorte”. Redacción Anova Ourense denuncia o estado actual do Palao, un Centro de Interpretación de Xogos Populares construído hai 13 anos en Velle. “Está totalmente abandonado á súa sorte, destruído polo paso do tempo e os deficientes coidados, e sobre todo enormemente estragado por actos vandálicos. Esta deixadez por parte das institucións chega a tal punto que, nos últimos tempos, un peche levantado dunha finca estremeira á entrada impide que os coches accedan incluso ao aparcadoiro”, denuncia a formación nacionalista. Dende Anova Ourense – Irmandade Nacionalista instan a Concello de Ourense e Deputación a que revirtan esta situación no menor tempo posible, “evitando que estes estragos, os cales non deixan de aumentar, continúen por rematar de-

finitivamente co centro de interpretación de Velle, e que así os cidadáns que o desexen poidan volver facer uso deste recinto nunhas condicións óptimas”. Do mesmo xeito, este partido considera que urxe “un plan de dinamización conxunto á rehabilitación do Palao, que poña en valor, tanto este patrimonio material, coma o inmaterial que supoñen os xogos populares e cree, mediante xestión pública, un servizo de dinamización do mesmo”. O Centro de Interpretación de Xogos Populares fora construído no ano 2000 e contara cun investimento de 240.000 euros financiado con fondos europeos. Nunha superficie de dez mil metros cadrados, había espazos para xogos como a billarda, o turra-suga, o pinchacarneiros, as chapas ou a chave.

O Palao amosa as consecuencias do paso do tempo, dos deficientes coidados e dos actos vandálicos./ANOVA.



A comisión organizadora das festas, membros da Troya, coa concelleira de Cultura, Ana Garrido e o párroco da Ponte, Luis Pérez. /P.LODEIRO.

A Ponte non queda sen festas 4 Os festexos, do 24 ao 28 de xullo, inclúen propostas culturais, lúdicas, deportivas e relixiosas. P.L. Houbo dúbidas, tralo anuncio en febreiro pasado de que A Troya non asumiría a organización das festas do Apóstolo, pero finalmente a Ponte vivirá un ano máis as súas festas tradicionais, organizadas novamente pola Sociedade Artística Cultural co apoio da Concellería de Cultura. O programa de actividades presentouse na sede da Troya, nun acto no que participaron o presidente da sociedade cultural, José Manuel Estévez, o secretario e presidente da comisión organizadora das festas, Raúl Pérez, o párroco da Ponte, Luis Pérez, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido. O programa inclúe un maratón de fútbol sala, concertos da Banda de Música Municipal de Ourense, actuacións de seis orquestras (días 25, 26 e 27, D’Momento, Nova Libertade, Alaska, Odisea, Nevada e Ledicia), o

concerto VI Ponterock (cos grupos Malagoiro, Skalingrado e Bastard on parade, o día 26), xunto coa animación de rúa a cargo de charangas, grupos de gaiteiros e xigantes e cabezudos. Tamén haberá unha sesión de fogos artificiais, o día 27 pola noite, entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio. As atraccións festivas estarán instaladas ata o domingo, día 28, que será o tradicional Día do Neno, nas rúas Basilio Álvarez e Xesús Pousa. A partir das sete da tarde cortaranse ao tráfico ademais as zonas das rúas Vicente Risco e Eulogio Gómez Franqueira nas que estarán instalados os palcos das orquestras. O pregón das festas será a cargo do alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o xoves, 25 de xullo, ás 12 da noite, na rúa Gómez Franqueira. Actos litúrxicos Xunto coas actividades lúdicas e festivas, desenvolveranse os actos litúrxicos, entre os que salienta a

misa e procesión na honra de Santiago Apóstol (o xoves, 25), na que participarán a Banda de Música Municipal e a Banda de Gaitas da Deputación, e a misa “dos avós”, na honra de San Xoaquín e Santa Ana (día 26) cantada pola Coral de Ruada. Amais, ata o 24 desenvólvese a novena, con misas mañá e tarde. Paralelamente ás festas, ata o 27 desenvolverase un Torneo de Padel nas instalacións do club Padel 21. A concelleira de Cultura, Ana Garrido agradeceu “profundamente” o traballo realizado pola comisión organizadora, grazas ao cal “toda a cidade poderá desfrutar dunhas festas que son emblemáticas”. “Desde o Concello sempre estaremos implicados con este barrio”, engadiu a edil socialista, que fixo un chamamento á mocidade do barrio e aoutras asociación para que colaboren na organización dos festexos na vindeira edición.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou na Coruña, xunto coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no acto final da campaña de Economía e Industria Presume de praceiro/a no que se entregaron os premios aos mellores praceiros e praceiras escollidos polos clientes de cada praza de abastos galega. Na capital ourensá, Antonio Gómez Rey de Froitas Elisa foi elixido o mellor praceiro da Praza de Abastos, mentres que Carnes Parente foi a escollida no mercado nº2 da Ponte.

Piscinas de Oira.

4 Acceso ás piscinas de pago en Oira O Consello Municipal de Deportes informa a todos os ourensáns que coa adquisición do bono diario teñen o total dereito de acceder ás piscinas de pago de Oira, en igualdade de condicións que calquera outro abonado. O CMD responde así ás queixas cidadás e ás denuncias da oposición, tras revisar o plan de explotación da empresa concesionaria, redactado cando o BNG xestionaba a área de Deportes, no que se recolle o uso público das piscinas.




Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

PUBLICIDADE

O PP considera que o nomeamento da directora xeral de Recursos Humanos“está viciado” Os populares opinan que “é unha praza á medida para a xefa política do sr. alcalde” O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense considera que hai unha “presunta prevaricación administrativa” no nomeamento de Carmen Rodríguez Dacosta como directora xeral de Recursos Humanos do Concello de Ourense. O voceiro do PP, Rosendo Fernández, entende que o nomeamento está “viciado” ao non se teren avaliado os méritos de todos os concursantes que optaban á praza de director xeral. “E un dos que non foi valorado seguiu escrupulosamente a lei de procedemento administrativo porque entregou no Rexistro en prazo o seu currículum e a súa solicitude”, engade Fernández. O PP presentara un recurso de reposición contra o nomeamento, para que se retrotraera o expediente ao momento inicial, mais foi rexeitado polo Grupo de Goberno, polo que agora agarda a decisión da Xunta de Goberno local para ver que novas medidas tomar. “En calquera concurso que

4 As declaracións de Áurea Soto, unha “barbaridade” para Rosendo Fernández

O voceiro do PP, Rosendo Fernández, nunha recente rolda de prensa. se infrinxa a lei, está viciado totalmente; unha vez que non admitiron o recurso de reposición e que saibamos cal é o procedemento que tomaron na Xunta de Goberno local (finalmente ratificou a designación de Rodríguez Dacosta) actuaremos en consecuencia”, afirmou Rosendo Fernández, non descartando ac-

cións xudiciais. “Praza á medida” Máis alá das irregularidades administrativas, o voceiro do grupo popular considera que “nestes momento a directora xeral non fai falta para nada no Concello de Ourense; é unha praza á medida para a xefa política do sr. alcalde”.

Fernández tamén critica que “a présa e a axilidade que demostran para darlle acubillo á directora xeral para que non quedara no paro político non a levan para xestionar os temas de interese xeral deste Concello; andan listos para atender as necesidades políticas propias, non para atender os temas de interese xeral”.

De “barbaridade” cualificou o voceiro popular Rosendo Fernández ás últimas declaracións da concelleira de Urbansmo cargando contra a xudicatura. “Tivo unha saída de tono moi grave; cando se critica a xuíces e fiscais estamos poñendo en entredito a xustiza, e se nos falta a xustiza nos falta un piar básico do estado de dereito”, apuntou Rodríguez, quen lle volveu pedir ao alcalde de Ourense “que coide o talante e o proceder de Áurea Soto”.

Ao voceiro do PP dalle “auténtica repugnancia” compartir asento na corporación coa edil de Urbanismo, “unha concelleira que pertence a unha corporación democrática e que pon en entredito o estado de dereito” “Eu sempre dixen ‘dura lex, sed lex’ a lei é dura pero é lei, nos poderán gustar determinadas sentencias ou podemos compartilas ou non pero ante todo hai que respetalas”, concluiu Rosendo Fernández.

“Nestes momento a directora xeral non fai falta para nada no Concello de Ourense” “(Aurea Soto) tivo unha saída de tono moi grave; cando se critica a xuíces e fiscais estamos poñendo en entredito a xustiza)

O PPOU solicitará en pleno que se constitúa un grupo de traballo para a elaboración dunha Ordenanza Reguladora do Botellón Os populares pedirán na moción que a ordenanza entre en vigor o 1 de xaneiro de 2014 A concelleira e viceportavoz municipal do Partido Popular en Ourense, Belén Iglesias, presentará no pleno ordinario do próximo 2 de agosto unha moción solicitando a constitución dun equipo de traballo que elabore a redacción definitiva dunha ordenanza específica que regule a práctica do botellón na cidade de Ourense. Esta moción chega ante a pasividade administrativa que para a edil e viceportavoz do PPOU, Belén Iglesias, “estamos a sufrir por parte deste Goberno Municipal”. Belén Iglesias destaca que “o Grupo municipal do PPOU ven traballando neste eido e propón a colaboración de todos os grupos

políticos para a redacción definitiva dunha ordenanza reguladora de maneira consensuada”. Xa nas sesións plenarias do 29 de xullo de 2011, do 4 de novembro de 2011 e do 3 de maio de 2013, o Grupo Municipal do Partido Popular interesouse pola problemática social do botellón na cidade de Ourense pedindo a súa regulación a través dunha ordenanza municipal como hai noutras cidades galegas e do resto de España. Neste senso Belén Iglesias destaca que “está demostrado que funcionan como é o caso da de Pontevedra que dende que se aplica reducíronse os episodios de pelexas, actos vandálicos e denun-

cias dos veciños deribadas da práctica do botellón non regulado”. Para a edil, “no caso de Ourense urxe esta ordenanza xa que as consecuencias do botellón sen regular extendéronse afectando non só a saúde dos mozos, ao deterioro do mobiliario urbán e ao benestar dos nosos veciños. Tamén afecta ao tecido empresarial da cidade como é o caso da Praza de Abastos cuxos empresarios vense afectados nos seus negocios cada semana”. Constitución dun grupo de traballo Por todo esto, o PP solicita ao Pleno do Concello que, nun prazo de 15 días, constitúa un grupo de tra-

ballo formado por un representante de cada grupo político e técnicos municipais, coa finalidade de elaborar a redacción definitiva dunha ordenanza específica que regule a práctica do botellón para Ourense. Ademáis reclama que a ordenanza entre en vigor o primeiro día do ano 2014. Con esta moción o Partido Popular volve demostrar que “pensamos no futuro dos nosos mozos e no benestar dos nosos veciños e empresarios mentres que o Goberno Municipal ten maior preocupación por outros temas máis banais como o nomeamento da directora xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais ”, afirma Belén Iglesias.

Belén Iglesias, amosando unha morea de cristais rotos, consecuencia do botellón, recollidos no parque infantil da Alameda.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013






Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

A VALENZÁ

EN BREVE

pleno de barbadás

4 Inscrición aberta na Escola de Fútbol de Barbadás

O PP aproba en solitario a modificación urbanística da área de reparto 10 da Valenzá

A Escola de Fútbol de Barbadás abrirá o prazo de inscrición para o curso 2013-2014, será do 8 de agosto ao 5 de setembro de 18:30 a 20:30 horas, nas oficinas do campo de fútbol dos Carris. Para os xogadores censados en Barbadás terá un custo de 80 euros e para os non censados de 125.

4 Cursos do Centro Empresarial Transfronteirizo O vindeiro outono o Centro Empresarial Transfronteirizo organiza diversos cursos. Dous deles serán en setembro, un sobre creación e deseño de páxinas web, e outro de márketing e ventas online. De seguido, en outubro terá lugar un de informática básica.

4Aberta a inscrición para os servizos escolares O Concello de Barbadás vén de abrir a inscrición para diversos servizos escolares de cara ao vindiero curso: a gardería “Bos días cole” (que permite deixar aos nenos antes e despois da xornada lectiva, é dicir, desde as 7:30 da mañá ata o comezo das clases e dende o remate destas ata as 16:45 horas); actividades extraescolares como informática, ximnasia, manualidades, teatro, pintura ou danza (entre outras); e as escolas deportivas de baloncesto, balonmán, tenis, hoquei, ximnasia rítmica, kung-fu e xadrez.

4 A oposición critícalle ao alcalde que a modificación auspicie un ‘pelotazo’ urbanístico. Paula Lodeiro O grupo de goberno do PP de Barbadás aprobou en solitario a modificación urbanística da área de reparto AR-10 da Valenzá, que concede a máxima edificabilidade permitida (0,85 m2/m) no contorno do regato dos Muíños. En total, 519 vivendas en terreos de 110 propietarios entre os que están a esposa e filla do alcalde, a través da empresa Aichoa; o propio tenente de alcalde, Manuel García, ou o ex concelleiro Felipe Rodríguez Vide, ademais da empresa Maexpa, a construtora Fernando Copa e Ramos, ou “un dos presuntos testaferros do Emporio Freire, Domingo Prieto”, irmán da apoderada da empresa Psicobluster, da cal é socio o alcalde”; apuntaba a concelleira socialsta Victoria Morenza. A modificación urbanística, que conseguiu agora a aprobación inicial e debe ser remitida á Xunta de Galicia para a súa supervisión, reduce de tres a un os viais propostos na área de reparto, reduce as zonas verdes en 1.400 metros cadrados, aumenta o solo dotacional educativo (para o instituto) en 4.035 metros cadrados, e aumenta a superficie edificable, ao ampliarse o ámbito en 375 metros cadrados. A oposición cre que os

cambios responden a un intento de ‘pelotazo’ urbanístico por parte do grupo de goberno, pois abaratarán os custos de urbanización aos membros da xunta de compensación. “Comprar terreos e modificar o aproveitamento debe ser algo parecido a prevaricación”, acusou o voceiro do Bloque, Xosé Manuel Fírvida. O alcalde, José Manuel Freire Couto, negouno, defendeu que a modificación se fixo atendendo a “criterios técnicos” e acusou de “demagoxia” a socialistas e nacionalistas. O PSOE pediulle a Freire Couto e Manuel García que se absteran na votación, por ser parte interesada, pero eles, atendendo a un informe da secretaria que non puña obxección, votaron co resto do grupo popular. As mocións da oposición, rexeitadas Na mesma sesión plenaria, o PP botou abaixo, coa súa maioría, as dúas mocións de BNG e PSOE que propuñan rebaixas no IBI, a dos nacionalistas que cuestionaba o modo de contratación de 21 postos temporais no Concello, e outras dúas mocións de socialistas e nacionalistas que xiraban sobre os prexuízos para os veciños da asignación da praza de médico de Barbadás a Freire Couto unha vez que este solicitou reintegrarse na profesión médica ao dimitir do seu posto de presidente do Inorde.

O tenente de alcalde, Manuel García, e o alcalde, José Manuel Freire Couto no último pleno de Barbadás, e en primeiro termo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, quen os denunciou días despois no xulgado./P.LODEIRO.

4 O PSOE denuncia nos xulgados ao alcalde e ao tenente de alcalde de Barbadás Nin na Fiscalía nin na Axencia Tributaria; directamente ao xulgado de instrución de garda de Ourense. O PSOE vén de denunciar nos xulgados ao alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, e máis ao tenente de alcalde, Manuel García González, ao entender que existen “indicios suficientes” da presunta comisión de delitos de prevaricación e negociacións prohibidas. Segundo explicou o voceiro desta formación en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, “consideramos que hai unha trama urbanística que enriqueceu a

estas persoas e outras a través de intermediarios, testaferros e familiares próximos”. Apunta Valcárcel a dous desenvolvementos urbanísticos concretos na Valenzá dos que presuntamente tanto Freire como García sacaron beneficio. En primeiro lugar, a área de reparto AR- 1 da Valenzá, onde “un socio da muller de Freire Couto (Domingo Prieto Martínez) puxo a disposición do Concello 20.000 metros cadrados, e o día antes de asinar o convenio co Concello véndeos a Mahía por 402.000 euros”, relata o socialista. Mahía recibiu como contra-

prestación aproveitamento que o Concello cifra en 712.199 euros. En segundo lugar, a AR10 da Valenzá, onde tanto o alcalde como o tenente de alcalde teñen propiedades e aínda así votaron a favor a unha modificación urbanística “que suporía un beneficio a maiores de tres millóns de euros”, apuntaba o político socialista; “tiñan que terse abstido”, engadía. No escrito presentado ao xulgado de instrucción de garda acompáñase unha relación de propiedades do alcalde, da súa esposa e do tenente de alcalde.


BARRIOS

Presentada a campaña “Verán saudable 2013”

4 Incluironse varios xogos adaptados a menores con discapacidade.

Con actividades de lecer, promoción e hábitos saudables

Deporte No apartado deportivo, a oferta é para todas as idades. En primeiro lugar, volve ofertarse tai chi, impartido por Artai Ximnasio os martes e xoves de 8 a 9 da mañá, durante o mes de agosto no parque Barbaña e do 1 ao 15 de xuño no parque Avilés de Taramancos. O Centro Deportivo Couto imparte un curso de iniciación ao taekwondo, do 2 ao 10 de setembro, con dous horarios: de 11 a 12 da mañá para menores de 3 a 6 anos e de 12 a 13 horas para os que teñan de 7 a 13 anos. E o ximnasio Bio Fit ofre-

ce Biobody, os luns e mércores de 20 a 21 horas ata o 31 de xullo e do 1 ao 15 de setembro; e Aerodance, os martes e xoves, no mesmo horario e datas. Para participar en cada unha destas actividades é obrigatorio reservar pois as prazas son limitadas. Dinamización Para dinamizar o barrio durante o mes de agosto, o CCA Couto Centro ofrecerá en distintos lugares actividades de animación infantil, maxia, teatro na rúa, música ou humor, abertas a todos os públicos e totalmente gratuítas. A primeira cita é o venres 9 de agosto con animación infantil de rúa, monicreques e contacontos para os máis pequenos na Cafetería Asgalla. O venres 16 de agosto haberá maxia e humor na Tasca de Seiro; o venres 23 de de agosto o humorista Pedro Brandariz actuará cun monólogo para todos os públicos no Restaurante Alexandre; e finalmente o venres 30 de agosto, humor satírico e canción danse da man con Xan Veiga na Aso-



O Concello inviste 43.500 euros na remodelación do parque da rúa Díaz Pulpeiro

4O CCA COUTO CENTRO INFORMA

O centro comercial aberto Couto Centro presentou a súa campaña “Verán saudable” que aúna na mesma iniciativa tres obxectivos básicos: lecer, promoción e hábitos saudables. Desde o 15 de xullo ao 15 de setembro de 2013 o CCA Couto Centro desenvolverá actividades deportivas, de dinamización e unha campaña para que os ourensáns compren no barrio do Couto coa que poden gañar mil euros.

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

Redacción ciación Cultural Albor. Campaña promocional E para incentivar as compras estivais, lanzan a campaña “Compra en CCA Couto Centro e gana 1.000 euros”. Grazas a ela, as compras realizadas entre o 15 de xullo e o 15 de setembro están suxeitas a esta promoción. Os participantes só terán que gardar os tickets de compra asinados polo comerciante ou co selo da empresa, introducilos nun sobre xunto cos seus datos persoais e depositalo en calquera establecemento asociado. Resultarán gañadoras aquelas persoas que acumulasen o maior importe nos sobres. Estes recolleranse o 16 e o 17 de setembro, dándose a coñecer os gañadores o 18 de setembro ás 13 horas na sede do CCA Couto Centro. Os premios consistirán nun primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros, que poderán ser gastados nos establecementos asociados.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitaron á veciñanza da Avenida de Zamora, no remate da rúa Saínza e xunto ao barrio de Mariñamansa. “Había unha demanda veciñal, nesta zona hai moitos nenos e o parque quedábase pequeno e consideramos que era unha ampliación necesaria”, xustificaba a edil de Medio Ambiente.

Cun investimento de 43.500 euros, a Concellería de Medio Ambiente ven de acometer unhas obras de mellora, remodelación e acondicionamento do espazo, para o seu uso por parte dos veciños en condicións axeitadas. Así, instalouse caucho contínuo en toda a zona, restauráronse dous xogos infantís, e colocáronse dous columpios, unha hamaca, e un balancín. Ademais, incorporáronse varios xogos adaptados ás necesidades de persoas con discapacida-

de: un tiovivo e un “niño de paxaro”. O alcalde anunciou que se colocarán novos bancos no parque atendendo a petición dos veciños. Outros parques Susana Bayo engadiu que “pouco a pouco” dentro das posibilidades orzamentarias da súa Concellería atenderanse as necesidades doutros barrios da cidade, nunha política “de non implementar espazos novos senón adecuar os espazos que temos”.

Rapaces facendo uso do renovado parque, no barrio de Mariñamansa./RAMSÉS.


10

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

EMPRESAS

Fonteloza, o novo restaurante de comida tradicional 4 En Ervedelo, 18. Redacción O mércores 17 de xullo comezou a andar o Restaurante Fonteloza. Ubicado no número 18 de Ervedelo (antes da ponte de Ervedelo se se vén do centro), Fonteloza ofrece un ambiente agradable acompañado dunha decoración ao gusto de calquera. Coma o seu xerente, Carlos González, di: “ofrecemos comida tradicional galega”. E engade que “distinguímonos porque temos polbería propia e unha churrasquería de carbón. Todo iso no centro de Ourense”. Outra das características de Fonteloza é o seu almorzo tipo “buffet libre”; por dous euros. O almorzo inclúe todo tipo de bollería destacando os croissant

belgas (alongados e recheos de crema ou chocolate) ou os vixiantes (típicos de Arxentina); estes dous tipos de croissants soamente se poden probar en Ourense en Fonteloza. Os almorzos tamén contan con tostadas ou sandwiches, amais da consumición a base de café e zumo. Tapas variadas Para todos os que se acheguen a Fonteloza a tomar unha consumición terán unha tapa de acompañamento (como ocorre en Lugo) de entre unha gran variedade de tapas que ofrecen. Actuacións Nas noites da fin de semana os clientes poderán gozar de actuacións (nunha

Gonzalo Martínez e Nieves, propietario e dependenta de Zapatería Marva./R.T.

Rebaixas en Zapatería Marva

Fachada do Restaurante Fonteloza, recén aberto na rúa de Ervedelo. zona habilitada a tal efecto). Este mesmo sábado 27 de xullo está prevista unha actuación de danza do ventre.

Boa acollida por parte do público ourensán á Zapatería Marva, novo establecemento aberto na rúa Santo Domingo o mes pasado que pertence a unha empresa familiar que leva desde o ano 73 ofrecendo aos ourensáns o mellor calzado e da mellor calidade. En Zapatería Marva ten cabida desde o calzado de deseño, para cerimonia e traxe, ata o de uso diario, un calzado cómodo.“Sobre todo traballamos artigos en pel, sempre de máxima calidade. Ofrecemos un calzado duradeiro e rendible”, explica Gonzalo Martínez, xerente do establecemento. Algunhas das marcas que traballan son Ezzio, Pura Lopez, Janet & Janet, Guess, Nerogiardini, Picolinos, Callaghan, Martinelli, Diesel, Wonders e Pedro Miralles, entre outras moitas. Agora, todas elas poden adquirirse con descontos que chegan ata o 40%. Tres xeracións dunha mesma familia son a base do seu bo facer no trato personalizado.“Queremos ser a súa zapatería de confianza. Convidamos a todos a que veñan. Todos serán benvidos.” afirma Gonzalo.


EMPRESAS, ECONOMÍA E EMPREGO

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

entrevista a josé luis peña - xerente de wiimbo

Wiimbo tráenos a democracia musical

4 Dez mozos ourensáns veñen de por en marcha unha aplicación para móvil que permite escoller a música que sona no local no que o usuario está. S.N. Son novos, son inquedos e teñen moita iniciativa, e da boa. Un grupo de mozos ourensáns crearon a plataforma Wiimbo, que mediante unha aplicación de móvil permite aos presentes nun bar elexir a música que sona no mesmo. Esta idea foi agora seleccionada entre as 33 mellores iniciativas tecnolóxicas de España, dentro do proxecto Yuzz, e por iso o seu xerente, José Luis Peña, viaxará a Silicon Valey para testar a súa creación con expertos do sector. En que consiste o proxecto Yuzz e como decidistes participar nel? José Luis Peña: “É un proxecto de apoio a iniciativas con base tecnolóxica. Nós somos 10 persoas e xa tiñamos bastante avanzada a idea e pensamos que este proxecto Yuzz nos podía axudar a impulsala. Ademais, evidentemente, tamén é moi atractivo o premio. A idea da app surxiu porque tiñamos un grupo de música e gústanos este tema como a calquera xoven, e ao saír pola noite vimos a necesidade de facer que sone unha canción que che guste, porque en moitos casos non hai DJ e noutros é o propio camareiro o que se encarga da música e está moi ocupado servindo como para atender as túas peticións. E vimos que as posibilidades técnicas permitían a nosa idea”. Como funciona a aplicación Wiimbo? J.L.P.: “O usuario debe descargar a aplicación de Wiimbo, válida para os móviles con sistema operativo Android e Ios. Esta aplicación permítelle ver os locais da zona e o estilo musical de cada un, así como que canción está sonando e a “play list” que teñen activa nese momento. Unha vez que elixe un establecemento a app indícao no mapa, como calquera navegador, e cando chega ao sitio permítelle votar a canción que queira dentro da lista que o local

ofrece”. E como fan os establecementos para aparecer na vosa aplicación? J.L.P.: “Teñen que contar co noso servizo en activo, temos un programa que é un organizador de música, que organiza a súa biblioteca e reproduce as cancións, e da opción aos seus clientes a votar as cancións”. Cantos locais están xa unidos á vosa iniciativa? J.L.P.: “Temos tres locais en Ourense (La Posada de los Monjes, Torgal e Colors) e dous en Vigo. Ademais a fin de semana pasada estivemos no festival Portamérica para que a xente puidera escoller as cancións que sonan entre concerto e concerto, o que permitiu darnos a coñecer entre numeroso público”. Como teñen que facer os donos dos locais para unirse a Wiimbo? J.L.P.: “Só teñen que entrar na nosa web (www. wiimbo.com), acceder á sección “Empresas” e aí xa poden descargar o noso programa, de momento, de xeito gratuito. Para o usuario vai a ser a descarga sempre de balde, pero plantexámonos comercializar o programa para os locais porque consideramos que é unha maneira de atraer clientes, diferenciándose da súa competencia e facéndose visible no mapa que figura na aplicación, o máis importante”. Como están a reaccionar os establecementos e os usuarios ante Wiimbo? J.L.P.: “Moi ben, aos locais gustoulles a idea. Algún non está ao mellor interesado porque conta con DJ, pero ao fin e ao cabo algún deste tres locais teno e empregan Wiimbo nas horas que el non está. Pero queremos deixar claro que non queremos acabar coa figura do DJ, que a veces parece iso, se non que nos bares que hai DJ podería empregarse para que o usuario vote as cancións que desexa e que sexa este o que decida se aceptalas, é un xeito de interactuar con el. De todos modos, os

José Luis Peña estará en Silicon Valey do 21 ao 27 de xullo para dar a coñecer a profesionais do sector tecnolóxico esta aplicación./RAMSÉS. bares máis potenciais para a nosa iniciativa son os que non teñen DJ”. Como foi o voso traballo dentro do proxecto Yuzz? J.L.P.: “Ofrecéronnos contactos no sector, axudáronnos a perfilar o plan de negocio con expertos en marketing, comunicación e finanzas. Ademais, tiñamos un tutor que nos axudou a abrir outras vías de negocio que ao principio non tiñamos en mente. O noso día a día baseáse en desenrolar a aplicación porque vai a ser unha beta continua, sempre se irá mellorando, engadindo funcionalidades; e, por outra parte, buscamos promocionarnos tanto entre os usuarios como entre os locais”. Wiimbo foi escollido como un dos 33 proxectos emprendedores máis brillantes de España, co que viaxarás a Silicon Valey do 21 ao 27 de xullo. En que consistirá esa visita? J.L.P.: “Temos altas expectativas porque é a meca das altas tecnoloxías, ademais estaremos en contacto con expertos do sector, tanto desenroladores como inversores, aos que espero que poida contarlles a nosa idea para que eles me dean a súa opinión e me aconsellen posibles melloras, e se sae algunha inversión por suposto que será benvida. Ademais, a súa opinión será importante porque o noso obxectivo é que nun

ano aproximadamente Wiimbo sexa unha rede de locais organizados por estilos musicais a nivel internacional, para que cando unha persoa visite unha cidade saiba a través da aplicación en que locais sona a música que máis lle gusta”. Os tres mellores proxectos a nivel nacional recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros para facer realidade a súa idea. Hai posibilidade de lograr unha destas tres prazas? J.L.P.: “Tiñamos a esperanza de chegar aos 33 mellores, pero chegar aos 3 é moi difícil. Unha vez neste punto pensas: e por que non? Pero ao principio non era unha opción. Se ben é certo que os demais rapaces que presentaron proxectos son todo xente nova, e vendo estes 33 seleccionados daste conta de que hai algúns moi avanzados e con moito potencial. Son tamén de áreas moi diferentes e dependerá do xurado e de como nós saibamos presentar os nosos avances. Ademais, toda axuda económica nos viría ben porque temos moito pendente aínda no desenrolo da aplicación, principalmente en temas de seguridade. Así mesmo,

temos previsto de cara a agosto ou setembro facer unha importante campaña de publicidade, porque é indispensable que a xente nos coñeza”. Por último, como ves o sector das novas tecnoloxías en España? J.L.P.: “A crise axuda a que te lances á piscina, pero hai un boom de aplicacións que non sempre contan cun proxecto de negocio rendible. Pero no noso caso non é así. Nós estudiamos como é unha alternativa interesante para os bares, ademais será unha plataforma moi boa para outros artigos que teñan como consumidor aos usuarios dos locais – como moda, bebidas, etc.-, e ofrecemos unha publicidade moi segmentada, é dicir, esta aplicación permíteche anunciar o teu produto nunha franxa horaria determinada, para un público moi específico e nunha zona xeográfica concreta. Outra posible vías de negocio será a potenciación de novos valores musicais. Queremos con Wiimbo dar a opción de que a xente coñeza toda a oferta que hai, por iso falamos de lograr a democracia musical”.

“Non queremos eliminar a figura do DJ. Esta aplicación permite que os clientes interactúen con el. Pero, de todos modos, está pensada para os bares que non o teñen”

11

A oposición alerta dos inconvintes de ter orzamentos prorrogados Redacción

O Concello de Ourense non aprobará un orzamento novo para 2013 e continuará a traballar o que resta de ano cos orzamentos de 2012 prorrogados. O edil de Facenda, José Ángel Vázquez Barquero, xustificou a decisión como consecuencia das esixencias da regra de gasto que impón o Ministerio de Economía. Barquero asegura que é “inviable” reorganizar o orzamento que estaba preparando “e optamos por continuar traballando co orzamento de 2012 prorrogado, de 94,6 millóns de euros”. As consecuencias A oposición alerta das consecuencias que terá para a cidade traballar cuns orzamentos prorrogados. O PP denuncia que o Concello de Ourense non poderá realizar investimentos novos este ano nin tampouco poderá acollerse a axudas doutras administracións nas que sexa preciso que a institución local achegue unha parte do pago. Só o ano pasado, a cifra recibida por convenios ou axudas doutras administración chegou a 7,7 millóns de euros. Por outra banda, o BNG recorda que ata a aprobación dun novo documento, as axudas para a rehabilitación dos ARI de Seixalbo, as Camelias, O Polvorín e a zona histórica “van sufrir un importante atraso posto que o Concello non está en condicións de achegar a contía que lle corresponde”. Salientan os nacionalistas que non se van poder incorporar medidas aprobadas nos plenos “porque, ao non estar recollidas nos orzamentos prorrogados non se poden executar”. Así, “quedan sen implantar a atención psicolóxica ás persoas maiores, o incremento de recursos para Igualdade, as axudas para as Inspeccións Técnicas de Edificios ou a partida para axudas ás afectadas polos desafiuzamentos”, enumeran, así como o plan de emprego solicitado en xaneiro.


12

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

SOCIEDADE

Cruz Vermella atendeu en 2012 máis de 43.000 persoas 4 A entidade tivo o pasado ano un 25% máis de usuarios. P. Lodeiro

Asistentes ao showcooking organizado por The Singular Kitchen.

TSK Ourense acolle unha mostra de alta cociña en directo O estudio oficial de TSK Ourense -Couto Cocinas- acolleu o pasado 21 de xuño un evento culinario sen precedentes organizado por The Singular Kitchen en colaboración coa firma Electrolux.Clientes, colaboradores e amigos reuníronse neste espectacular show-cooking onde gozaron en directo da arte culinaria dun equipo de cociña presentado polos recoñecidos chefs Diego Garcia Piñeiro e Sergio Camargo, colaboradores de, entre outros profesionais da alta cociña, Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak. O evento contou co apoio do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, que proporcionou unha selección de viños branco e tinto que puxeron o punto de harmonía no acompañamento dos pratos e foron altamente valorados polos asistentes. O show-cooking tivo un carácter dinámico e participativo. Os asistentes tiveron ocasión de admirar a destreza dos chefs, que explicaron detalladamente cada prato e, despois, puideron degustar os guisos. Antes de finalizar a velada, realizouse un sorteo entre os asistentes de tres xogos de cociña, composto de dous sets de coitelos e un kit dispensador de especies. Tratouse, en definitiva, dun evento orixinal e único na provincia que proporciona a TSK Ourense un valor engadido sobre a propia actividade de deseño e instalación de cociñas, achegando un punto de vista novo e diferenciador da marca aos asistentes.

A crise tardou en chegar a Ourense pero o seu impacto viuse finalmente “na súa crudeza” no segundo semestre do ano pasado. Así o constata a coordinadora provincial de Cruz Vermella, Marisa López Casero, quen sinalou que

durante o 2012 a entidade benéfica tivo un 25% máis de usuarios que no ano anterior, superando as 43.000 persoas atendidas. Este é un dos grandes números da Memoria 2012 de Cruz Vermella, presentada estes días en Ourense, na que se constata outra realidade: a “volta á axuda di-

Marisa López Casero, Teresa Babarro e Sofía García-Iturri Tosar./C.V.

recta ás pesoas”, a través da entrega de kits de hixiene, alimentos, material didáctico, matrículas, roupa, axuda para o pago de subministros, alugueres ou ocio, etc. “Tivemos que solucionar máis problemas de urxencia a raíz da crise”, afirmaba a presidenta da institución, Teresa Babarro. Financiación 7.242 socios contribúen coas súas achegas a financiar a Cruz Vermella, que contou durante 2012 cun orzamento de 2,5 millóns de euros, unha cifra similar á de anos anteriores malia os recortes. Desta cifra, o 20% foi asumido polas cotas dos socios, un 46% provén de subvencións das distintas administracións e un 22% da facturación de prestación de servizos. Os programas de atención á terceira idade reciben o 42,56% de todo o orzamento, sendo a atención á infancia cun 14,15% e os plans de emprego cun 9,59% outras das principais partidas da entidade benéfica.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

Amencer prepara un verán “Como na casa”

673.000 euros para subvencións nominativas Redacción

4 Do 1 ao 13 e agosto tera lugar a 26ª edición do seu campamento urbano. Redacción “Como na casa” é o lema elixido pola Asociación xuvenil Amencer para a que será o seu 26º campamento urbano. A asociación xa ten ultimada a próxima edición do seu campamento, que organiza en colaboración coa Concellería de Xuventude durante o mes de agosto, concretamente entre o 1 e o 13. Amencer quere suliñar con este eslogan que “o campamento urbano xa é algo propio da nosa casa de Ourense no mes de agosto e da casa de todo rapaz ou rapaza de 8 a 15 anos de idade”. A partir deste lema xa están deseñados nove días completos de actividades

pola mañá e pola tarde para os menores de 16 anos e para os maiores de 15 pola noite. Os máis cativo terán actividade de 10:30 ata as 13:30 e dende as 16:30 ata as 19:30 e os maiores de 15 anos de 22:30 a medianoite. Cada día diferente O campamento ofrecerá actividades diferentes en cada xornada. Así, o xoves 1 será o día da benvida, o 2 haberá rastrexo por Ourense Centro, o 5 sera o día do Parlamento, o 6 o dos Deportes, o 7, Xuntanza e Natureza, o xoves 8, Cultura, o venres 9, Parques e Noite de pequenos; o luns 12 o Día da Auga e o martes 13, a despedida.

13

Rapazas participantes nas “Mañás de verán”./AMENCER. Nas Tardes do Urbano ofertaranse máis de vinte actividades na base do campamento urbano, no colexio salesiano. Sala de xogos, videoteca, biblioteca e tebeoteca, piscina, karaoke, obradoiros, sala de baile, escaléxtric xigante, futbolín, pimpón, teatro e moito máis son algunhas delas. Preinscricións A preincrición no cam-

pamento urbano é gratuíta e non hai número limitado de prazas, e pódese realizar incluso ata o último día de campamento. En 2012, o campamento tivo máis de 700 inscritos.

O campamento ofrece actividades diferentes cada un dos seus nove días

4 As “mañás” de xullo Neste mes de xullo Amencer desenvolveu dúas actividades lúdicas, as “Mañás de verán”, para nenos de 3 a 14 anos e as “Mañás lúdicodeportivas” para rapaces de 6 a 16. Coas dúas propostas a asociación pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival.

O Concello de Ourense presentará no pleno de agosto unha modificación orzamentaria para pagar 673.000 euros en subvencións nominativas. As axudas a través de convenios a máis de 40 asociacións sociais, culturais, veciñais ou educativas, son as mesmas que estaba previsto incluir no orzamento de 2013 e financiaranse con baixas no capítulo 1 de Persoal. A Concellería de Facenda xustifica a inclusión das subvencións nominativas na modificación orzamentaria en que “a ausencia destas dotacións orzamentarias impediría o normal funcionamento destas institucións e causaríalles un importante quebranto”. Ao seren nominativas, o reparto de fondos é discrecional polas concellerías correspondentes.


14

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

EN BREVE

4 O 18º OUFF terá lugar en novembro A 18ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) terá lugar do 16 ao 24 de novembro e será organizada directamente pola Concellería de Cultura. Acaban de aprobarse as bases e a convocatoria dos premios desta edición, que terá de novo unha única categoría competitiva, a de longametraxes. Ata o 25 de setembro os interesados poderán enviar as súas obras, de ficción ou animación e de duración superior a 60 minutos. Optarán aos premios Calpurnia á mellor película, dotada con 7.000 euros; “Carlos Velo” ao mellor director, con 3.000 euros; o premio especial do xurado (2.000 euros); o premio ao mellor guión (1.000 euros); o premio á mellor interpretación (1.000 euros); e o premio do público, cunha dotación de 3.000 euros.

4 Unha campaña promociona Celanova e a Baixa Limia A asociación O Vieiro Leboreiro, grupo de desenvolvemento rural que xestiona o programa Leader 2007-2013 en Terra de Celanova e a Baixa Limia, lanza a campaña “A tiro de pedra!” coa que busca atraer visitantes da capital ourensá a estas dúas comarcas. “O centro de Celanova está a 15 minutos do centro de Ourense, e a calquera punto da comarca desde Celanova chégase en 15 minutos”, explicaba a presidenta do Vieiro Leboreiro, María Jesús Boo. O díptico da campaña recolle rutas de natureza, a oferta de ocio, de festas e de compras, os aspectos culturais de ambas comarcas, onde durmir e onde comer. A este respecto, a asociación prepara para outubro as xornadas gastronómicas “Os sabores do Bosque Máxico”, na que restaurantes ofertarán produtos da zona como a carne de cachena ou os cogomelos.

SOCIEDADE

Entrevista a Xosé Manuel Pacho Blanco

"O que máis se agradece dos premios é que permiten a posibilidade de publicar" 4 O escritor ourensán acaba de gañar o Premio Rafael Dieste de teatro, pola obra “Teatro, ou xeitos de cargar unha arma”, escrita xunto ao portugués Zé Paredes. Paula Lodeiro Xosé Manuel Pacho Blanco non é un novato en recibir premios literarios. Tras gañar o Torrente Ballester de narrativa en 2007 con “A choiva do mundo”, e obter en 2011 o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con “Paraísos”, a súa peza “Teatro, ou xeitos de cargar unha arma”, escrita xunto ao portugués Zé Paredes, vén de ser galardoada co Premio Rafael Dieste de teatro. Que é o que máis se agradece de cada un dos premios? Xosé Manuel Pacho: “O que máis se agradece dos premios é que permiten a posibilidade de publicar; a única finalidade de presentarse a premios se tes unha actitude responsable, non é tanto gañar o premio, senón a posibilidade de que visibilizas un traballo que estás facendo”. O galardón inclúe a representación da obra? X.M.P.: “Polo xeral o premio Rafael Dieste inclúe a edición do libro e a montaxe do espectáculo, a pesar de que as circunstancias económicas agora son un tanto singulares, si que é certo que en principio parecer se que a Deputación da Coruña (promotora do premio) ten idea de soster económicamente a montaxe”. Cun título tan suxerente como “Teatro, ou Xeitos de Cargar Unha Arma”, que nos imos atopar? X.M.P.: “‘Teatro’ é unha homenaxe a un texto de David Mamet, unha referencia no teatro a nivel mundial que publicou hai uns anos un libro que se titulaba ‘Theatre’ en inglés e que se traduciu en español como ‘Manifesto’; dalgún xeito ese texto é un ensaio pero pecha as

referencias que deben terse en conta cando se escribe teatro. “Teatro, ou xeitos de cargar unha Arma” vén ser unha homenaxe ao que ten que ser o teatro e á actitude de revulsivo social que ten que ter o teatro”. En que difire o proceso creativo entre dous autores do dun escritor en solitario? X.M.P.: “Escribir é un acto moito máis complexo do que a xente pensa. Se xa en si mesmo é un acto complexo, escribir un texto con dúas perspectivas diferentes ten como consecuencia que todo se fai máis difícil, pero por outra parte tamén que se poidan sacar moitos máis rendementos. Unha visión de dúas persoas dun proceso creativo, da creación, da arte, sempre vai ser máis interesante ou máis enriquecedora que unha sinxela perspectiva”. Á parte de escribir, a túa profesión é a de avogado. Que teñen que ver avogacía e literatura, se teñen que ver algo? X.M.P.: “Eu creo que teñen moito que ver e sempre o digo á xente que me pregunta iso, porque as dúas tarefas tanto dedicarse á práctica da lei como dedicarse á escrita teñen en común que as dúas profesións teñen como ferramenta principal a palabra, e iso é a base dunha tarefa e da outra”. Non sei se as dúas son paixóns para ti pero se é así, cal xurdiu primeiro? X.M.P.: “Boa pregunta, non o sei... creo que nalgún momento me ilusionou a avogacía, nalgún momento me ilusionou a creación, novela, teatro, relatos, poesía, pero non sabería dicir; creo que todo forma parte dunha perspectiva persoal e non sabería dicir nin cal naceu primeiro nin cal é preminente”. Deixarías a avogacía se puideras vivir da escritura?

Xosé Manuel Pacho Blanco./P.LODEIRO.

“Pódese facer grandes obras en galego pero creo que nos temos que quitar moitos complexos” X.M.P.: “Ao fío do que estamos a falar, para min son distintas perspectivas da miña forma de ver a realidade”. Dalgún xeito completan o que eres ti como persoa? X.M.P.: “Si, inexplicablemente si. O único consolo, e sempre o conto, é o pobre portugués aquel que se dedicaba a traballar nunha consignataria de buques finalmente foi recoñecido non polo seu traballo senón por ser un dos grandes poetas universais, que foi Fernando Pessoa; e aquel pobre traballador de seguros checoslovaco acabou sendo coñecido pola súa faceta literaria, que foi Kafka”. Cales son as principais dificultades para un escritor novo para abrirse camiño nun sistema literario como o noso? X.M.P.: “A primeira dificultade sería que vivir en Ourense é como vivir nas illas Reunión, nas antípodas. Estamos tan afastados

de todo, dos círculos de poder cultural, político, que a consecuencia que tes é que non tes ningunha visibilidade, no curto prazo. Despois, eu creo que debería facerse unha reflexión desde a cultura galega de en que queremos convertir a nosa lingua e os nosos fenómenos creativos. Creo que a cultura galega pode competir con calquera cultura a nivel mundial pero hai moito paniaguado na cultura galega, hai moi pouca autocensura, e deberíamos facer unha reflexión. Hai que facer os mellores textos en galego para que a xente que non le en galego lea en galego. Pódese facer grandes obras en galego pero creo que nos temos que quitar moitos complexos, e quitarnos os complexos pasa por ser máis autocríticos. Este é un sistema literario que está vivindo das subvencións públicas”. Tes escrito relatos, novela, teatro, con que te sintes máis a gusto?

X.M.P.: “Non o sei, cada xénero literario ten as súas chaves e ás veces é difícil cambiar o chip. Algunha vez pensei que o que se me daba eran os relatos, agora xa non teño ningunha certeza. Cando me enfronto a un proceso creativo dun texto teatral teño unhas referencias, cando teño unha novela teño outras referencias formais, porque, a pesar do que pense a xente, a tarefa de escribir é complexa e laboriosa. Esa idea de que te sentas nunha mesa e saen as cousas... non, o único xeito de conseguir algo en calquera aspecto da vida é traballo, traballo, traballo”. Cales son as túas referencias, están na literatura, noutras artes, na rúa? X.M.P.: “Eu creo que se a literatura é contemporánea ten que reflexar a realidade na que vivimos; o lector, o espectador de teatro, empatiza cun texto porque se ve reflexado nun texto. O primeiro que ten un texto de calquera xénero literario é a perspectiva da contemporaneidade, reflectir os problemas que temos nós. Referencias literarias?, téñolle dado moitas voltas, o importante é ter os ollos ben abertos. Pode influirche, eu creo, ou me gustaría crer, desde as películas de Tarantino, ata as películas de Woody Allen, ata as de Almodóvar, ata Roberto Bolaño, ata a literatura inglesa, ata David Foster, en teatro Heiner Müller, George Perec, pero tamén Blanco Amor, tamén Valle Inclán...” Estás escribindo algo nestes momentos ou tes algo pendente de publicar? X.M.P.: “”Si, sempre estou escribindo, modestamente. A min gústame moito escribir, paradoxicamente neste momento teño poemario, libro de relatos, novela, que estou tentando publicar, non que estea pendente de publicar; é triste pero é así”. Para rematar, déixanos unha recomendación lectora para este verán. X.M.P.: “Habería que ler un libro moi suxerente de Roberto Bolaño, “Putas asesinas”, que é un libro de relatos. E despois os “Contos “de O’Henry, editado en galego, un clásico da literatura norteamericana”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

15


16

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

ARTIGOS / GUÍA DA SAÚDE

4RECEITA Ensalada marinada de bonito Ingredientes: Leituga romana Folla de carballo Trebijana 200 gramos de bonito Albahaca Eneldo Limón Vinagre de módena Aceite de oliva Sal Loureiro en polvo Azucre

Elaboración: 1º- Lavar toda a leituga e secala ben. Poñela nunha fonte de presentación e reservar neveira. 2º - Limpar o bonito. Secalo, quitarlle a espiña e picalo en cadrados moi pequenos. 3º - Preparar a marinada cunha cullerada de azucre, dúas de sal, media de loureiro, o zume dun limón, unha cullerada de vinagre, medio

vaso de aceite de oliva, albahaca e eneldo. 4º- Meter o bonito na mestura durante 10 minutos, escurrir e metelo nun molde para darlle forma. 5º- Colocar o molde na fonte de presentación coas leitugas e aderezar coa marinada do bonito. Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

Vista xeral do primeiro andar do Museo Centro Gaiás no que se exhiben traxes de danza do ritual Warime, instrumentos musicais, bancos cerimoniais e ao fondo, coroas de plumas e varias imaxes da colección de Charles Brewer-Carías./ Autor foto: Manuel G. Vicente.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Uruburu Personaxes próximos como o que hoxe abordamos, imprimen carácter e singularidade a unha cidade que precisa aparcar o perpetuo luto do seu envoltorio para completar a tardía metamorfose desa rancia crisálida que se resiste a eclosionar. De aspecto risquiano, este amante das letras soubo desde ben cedo gañar a simpatía e o respecto de moitos ourensáns. Emigrou para retornar namorado dunha valenciana, e, na capital do Turia, exerceu de dignísimo embaixador de Auria. Servicial e metódico, parte da súa laboura

4GUÍA DE SAÚDE

no Arquivo Catedralicio ten reflexo no “Diversarum Rerum”. Auxiliar de farmacia, empregado de hostalaría, caixa na Cuco de Velle, amigo da catedral, traballador do sector da automoción, liceísta, e socio nº 1 da “Ciudad de los Muchachos”. (na imaxe xura o cargo de gobernador de Benposta no local da rúa Barreira). A superlativa categoría humana de José Manuel Uruburu Ventura circunda de xeito entrañable esta desordenada e incompleta biografía que remata cun torpe verso e un cómplice sorriso: “Discreto, silen-

O Museo Centro Gaiás acolle a exposición “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” cioso, casi invisibel, como o orballo que ao espertar o día, alimenta sen querer un ermo campo, do que agroma un acio de ledicia e bonhomía”. Fernando Valcárcel González, membro do Arquivo Visual

[anúnciese no 685 800 190 e comercial@ourenseporbarrios.com]

Unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importante do mundo poderá contemplarse en Santiago ata xaneiro de 2014 Tras viaxar durante 13 anos por algunhas das institucións culturais máis importantes de Europa e recibir máis de sete millóns de visitantes, a Cidade da Cultura trae por primeira vez á Península Ibérica a Colección Orinoco, a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica pertencente á Colección Patricia Phelps de Cisneros, “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”. A Colección Orinoco é unha homenaxe excepcional á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano. Composta por unha ampla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a colección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas

durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais. Viaxe ao mundo perdido Ata o 14 de xaneiro de 2014 os visitantes do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela poderán contemplar a práctica totalidade desta colección. Son 1.135 pezas distribuídas polas tres plantas do museo e agrupadas en sete ambientes diferenciados: obxectos rituais, instrumentos musicais e xoias no primeiro

Info práctica

Exposición aberta ata o 12 de xaneiro de 2014, de martes a domingo de 11 a 20 h. Entrada xeral: 4 euros Entrada reducida: 2 euros • Estudantes • Familias numerosas • Carné xoven • Discapacitados • Grupos de máis de 20 Entrada de balde: • Menores de 18 anos • Xubilados • Desempregados Mércores, entrada de balde (agás festivos) Visitas guiadas: 12.30 e 18.30 h.. Visitas guiadas grupos: reserva previa en visitas@cidadedacultura. org e 881 995 172 andar; cestaría e navegación e pesca no segundo; e obxectos utilitarios e armas no terceiro.


AXENDA / CLASIFICADOS / ARTIGOS

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

17

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Silvia Nieto, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, Ermitas Acevedo, D.O., Pablo Feijoo Nº131/121/107/70 - Ano: XII - Xullo de 2013 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4AXENDA Música - 23 de xullo - Foliada - 20 h - Praza da Estrela - 29 de xullo - Mal agoiro - 21.30 h - Praza San Marcial - 30 de xullo - Oh. límpalas - 20.30 h - Rúa Bailén - 5 de agosto - Gharbo- 22 h - Praza San Marcial - 12 de agosto - Derroche 22 h - Praza San Marcial - 19 de agosto - Uzumaki 22 h - Praza San Marcial Teatro - 5 de agosto - Contacontos - 21.30 h - Praza San Marcial Obradoiros - 30 de xullo - Esta é a nosa enerxía - 18 h - Praza da Estrela - Do 5 ao 9 de agosto - Arqueoloxía - Praza da Estrela - Do 19 ao 23 de agostoAs ninfas das Burgas - Praza da Estrela Espectáculos - 1 de agosto - Circo Isla de Triska - 21 h - Parque dos Patos da Valenzá - 5 de agosto - Xornadas do Folclore - T. Principal - 8 de agosto - Kambaiota - 21 h - Parque dos Patos da Valenzá - 9 de agosto - Monicreques e contacontos - Cafétería Asgalla - 16 de agosto - Maxia e humor - Tasca de Seiro (O Couto) - 22 de agosto - Mago Miguelillo - 21 h - Parque dos Patos (Barbadás) - 23 de agosto - Monólogos de Pedro Brandariz Restaurante Alenxandre - 30 de agosto - Humor satírico con Xan Veiga - Asociación Cultural Albor

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4 VIDAS ANÓNIMAS

Por ti latexa máis forte o meu corazón Hai uns meses que estou a seguir a través das redes sociais a unha linda nena chamada Alba. Non lembro moi ben como cheguei a ela, pero si lembro que en canto vin a súa cara e a dos seus pais non puiden evitar “engancharme” á súa vida, chea de dificultades e de duras probas. Non quero contar moito porque me encantaría que este pequeno espazo servise para que moita xente a coñeza, a siga e na medida do posible botémoslle unha man. Nestes tempos duros de crise e dificultades económicas, hoxe máis que nunca, debemos demostrar de que estamos feitos, debemos dar a cara por todos aqueles que están en situacións difíciles. Porque Alba non é só un nome, é un ser humano, unha pequena nena que sinte, que a pesar das súas limitacións, ri, chora e sofre como calquera. Vina realizar os seus durísimos exercicios, vina feliz nadando na auga, mentres merenda no parque, ou mentres xogan con ela. Vina con cara desgustada cando xa estaba cansada de exercicios. Vin a mirada da súa nai, unha mirada chea de amor, do amor máis profundo. E vin a un pai capaz

de camiñar horas, subir montañas e sortear todo tipo de obstáculos só para conseguir darlle á súa pequena filla o mellor. E como a vin, sígoa e creo que me roubou un pedazo de corazón, desde aquí quérovos facer partícipes, desde aquí quero achegar o meu pequeno gran de area e pedirvos que se podedes entredes en Facebook e busquedes a súa páxina ALBA OJEDA GARCÍA ou ben na súa páxina web www. portilatemasfuertemicorazon.com e apoiedes a esta pequena e a familia porque a vida é un misterio e calquera de nós nalgún momento podemos vernos nunha situación similar e tamén agradeceriamos un pouco de solidariedade, un pouco de apoio, de axuda. Desde aquí, nestas humildes liñas, quero dicirlle a Alba e á súa familia que “por ti latexa máis forte o meu corazón”. Mónica F. Pintos

“Alba é unha pequena nena que sinte, que a pesar das súas limitacións, ri, chora e sofre como calquera”

4TELÉFONOS DE

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ INTERESE ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante Concello Ourense 988 388 100 dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese Concello Barbadás 988 360 000 988 385 100 prazo ou retiralos antes, volva chamarnos] Deputación

VENDA PISOS

ALUGUER

Vendo apartamento 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe a 5 minutos de praia América. Tel. 636 422 497. Vendo apartamento en Vigo (centro), 2 dormitorios, garaxe, trasteiro, tel. 679 04 0 6 04. Vendo apartamento na praia de Patos, Nigrán, 1 dormitorio, garaxe, trasteiro, tel. 679 04 06 04

Alugo apartamentos de unha e dúas habitacións, con xardín e aparcamento. En Montalvo (Sanxenxo). Tel. 607 271 916.

TRABALLO Ségase herba con segadora de man, con desprazamento a calquera parte, económico. Tel. 630 521 448. Desbrózanse fincas con tractor e a man. Ségase herba con segadora. Tel. 630 521 448. Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 521 448. Faise terapia de Reiki. Prezo económico (con titulación). Tel. 609 039 225. Ofrécese modista, para tendas eparticulares, recollida e entrega a domicilio, traballo de calidade, puntualidade, e bo prezo.Tel. 686 03 49 76.

VENDAS Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73 Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda 2 impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637 756 687. Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo produtos de cosmética e de limpeza, con limpeza de cutis gratis. Tel: 634 654 985 Vendo estanterías metálicas de almacen en bo estado e caixa forte. Tel. 988 47 08 55. Véndese colcha de veludo, apeiros de labranza antigos de madeira, sofá 3+2, e caldeira de gas cidade, tel. 637 00 59 10. Vendo produtos de cosmética colombianos e bisutería de Yambal. Tel: 634 654 985.

En Sanxenxo alúgase apartamento equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 72 10 56 ou 617 50 52 24 Alugo piso en Vigo (pr. España) para estudantes ou veraneantes. Tel: 639 816 209. Alugo piso en Tomiño. Amoblado, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 209. Alugo baixo en r/Greco, Tel. 988 25 07 82 Alugo praza de garaxe en r/Remedios, 40, Tel. 988 250 782. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. Alugo oficina amoblada, 2 postos de traballo. 150 euros. Tel. 627 203 131. Alúgase apartamento en Vigo amoblado, tel. 637 00 59 10 Alúgase apartamento amoblado en casco antigo por 220 euros, tel. 637 00 59 10 Alugo 2 naves de 422 e 454 m2., xuntas ou separadas en polígono de Pereiro de Aguiar, parcela nº 15, fronte a Codisol. Tlf:639 67 74 32 Alúgase dúplex na Valenzá,r/ Areal, 350 euros ao mes. Tel. 609 57 21 14 Alugo para os meses de verán apartamento dun dormitorio en Patos, en primeira liña de praia. Tel. 679 04 06 04. Alúgase piso preto da universidade compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 24 69 26

COMPARTIR

Búscase chic@ para compartir piso zona Couto. Calefacción, cocina, televisor en habitación, internet, etc. 230 € (gastos incluidos). Máis info en: forxanforxan@gmail.com ou WhatsApp: 600 922 547.

Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense. es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com


18

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

OCIO E CULTURA

Ourense a ritmo de rock

Los Suaves fomos todos

Nas últimas semanas, os responsables de Lestrato Rock trouxeron á cidade varios concertos de moita calidade, facendo que os afeccionados ó rock, puideran gozar de boa música. O primeiro celebrouse na noite de San Xoan, o 23 de xuño, sendo este un concerto dobre no que actuaron os ourensáns Derroche e como prato principal os barceloneses Sons Of Meteora. Derroche presentounos cancións do disco que están a piques de lanzar “A base de intenciones”, con temas como “Menuda Rubia” ou “Jonás” e deron paso á actuación dos cataláns, que fixeron vibrar os fans que acudiron ao Auriense, cos seus ritmos frenéticos de rock&roll, presentándonos o seu novo disco “Between the lines”, con temas como “Face to the ground” ou “You made me this way” ou “Bring me down”. Sen dúbida, esa noite, Ourense ardeu.

Os días 28 e 29 de Xuño, Ourense converteuse na capital do rock, grazas ao Derrame Rock, celebrado por terceiro ano consecutivo na cidade, sendo esta vez Benposta a sede elexida. Un total de 30 grupos actuaron no festival, sendo cinco deles ourensáns: Markarpone, Morphina, La Sombra, Derroche, e por suposto, Los Suaves. Puidemos asistir a actuacións de grupos xa coñecidos das súa presencia no festival como Boikot, Reincidentes, Ruxe Ruxe, Escuela de Odio, Def Con 2, Los Chikos del Maiz, Miguel Costas ou os propios Suaves. Así como outros debutantes na edición galega do festival como Los Mojinos Escozíos, La Pegatina, El Reno Renardo, Los Porretas ou Lehendakaris Muertos, facendo que pese a crise, esta mestura de grupos orixinase un cartel con bastante calidade musical, digno da ocasión. Cabe destacar a presenza de maioría de grupos de punk e hardcore, pois case a metade dos grupos do cartel estarían incluídos nestes estilos, facendo o festival menos atractivo para aqueles que non fosen simpatizantes de ditas músicas. Varias foron as actuacións que abraiaron ao público, como o caso de Agnostic Front, unha das principais atraccións do cartel. Chegados dende Nova York, o grupo de hardcore americano foi cabeza de cartel o venres, despregando a súa frenética música entre os asis-

P Feijoo

Pablo Feijoo

Dobermann Outro evento o que puidemos asistir foi o concerto da banda italiana Dobermann, celebrado tamén no café cultural o 3 de xullo. A banda visitou por primeira vez o noso país, sendo Ourense a primeira cidade elixida. Durante case dúas horas, o trío transalpino, deleitou os alí presentes cun potente directo cargado de rock,

Os bilbaínos Quaoar tocaron no Auriense./P.FEIJOO. punk e blues, interpretando cancións do seu único disco “Dobermann”, como “Negativo” ou “Antisociale”. Ademais, interpretaron temas de bandas míticas como Sex Pistols ou The Police. The Delta Saints O mércores 17 de xullo asistimos ao concerto de The Delta Saints no mesmo escenario. A banda americana fixo vibrar con ritmos de rock, blues e country os fans que encheron a sala a pesar de ser un día de semana. Presentáronnos cancións do seu disco “Death Letter Jubilee” como “Drink It Slow” ou a canción que da título ó disco, sendo esta coreada por todo o público. Tamén interpretaron temas dos seus anteriores EP’s “Bird Call Angola” e “Pray On”. Sen dúbida, música de calidade para a nosa pequena cidade.

Inibo e Quaoar Por último, o 19 de xullo, puidemos presenciar as actuacións dos grupos Inibo e Quaoar. Inibo, procedentes de Celanova, fixeron vibrar aos asistentes co seu potente metal, interpretando temas propios como “Cosmos” ou “Into a Cube” do que van estrear videoclip proximamente. Tamén fixeron referencia a grupos clásicos interpretando “Die Die My Darling” de Misfits ou “Symptom of the universe” de Black Sabbat. A atracción principal da noite chegou co concerto de Quaoar, chegados desde Bilbao para facer disfrutar os rockeiros ourensáns. Presentáronnos cancións do seu último álbum “The River& The Soul”, como “Memento Mori” ou “My Anger Runs”. O quinteto vasco non deixou indiferente a ninguén facendo que todas as súas cancións fosen ovacionadas polos asistentes á sala que gozaron de un total de máis de 2 horas de música. Sen dúbida un bo plan para comezar unha noite de venres.

Yosi, nun momento do concerto de Los Suaves./P.FEIJOO. tentes que non deixaron de moverse ao son que marcaban e coreando temas como “For My Family”, un dos grandes éxitos da banda. Boikot, cun concerto digno da traxectoria da banda, foi outro dos grupos máis aclamados do festival, deixando sen voz aos fans que se acumularon nas primeiras filas para non perder detalle. Sobre todo co tema “Grito en Alto” no que o grupo contou con colaboracións moi especiais para cantar esta canción, como Fernando, vocalista de Reincidentes ou o ourensán Cristian Balsa, guitarrista e vocalista do grupo local “Bergallazo”. El Reno Renardo foi unha grata sorpresa para os asistentes que descoñeceran a este grupo xurdido grazas a internet no último lustro. A banda vasca encandilou aos “derrameiros” co seu “Freak Metal”, no que versionan temas clásicos doutras bandas en clave de humor. O máis esperado Pero sen dúbida algunha, o concerto máis esperado foi o dos anfitrións, Los

Suaves. A banda local era a estrela principal do festival, e sen dúbida, non defraudou. O grupo tiña preparada unha actuación especial que eles mesmo titularon “Los Suaves: La Reunión”, na que o obxectivo era reunir a distintos ex-membros da banda, facendo que os fans puidesen ver e gozar das distintas etapas na banda nun mesmo concerto. Deste modo, músicos como Ángel (primeiro guitarrista da banda), Javier Domínguez (irmán de Yosi e Charly que iniciou a banda con eles), Pepe Losada ou o mítico Moncho Costoya, interpretaron temas clásicos das súas etapas na banda como “Unha ciudad llamada perdición”, “Pardao” ou “Viajando al fin de la noche”, facendo que máis de un veterano fan se emocionase con tanta lembranza. Emotivo foi o homenaxe que fixo a banda a Hermes, ex-guitarrista da banda, falecido fai uns anos. Os temas clásicos mesturáronse con outros máis recentes como “Cuando los sueños se van” “Adios adios” ou “Mi casa”, do mesmo xeito que se mesturaron os vellos fans cos máis novos, xuntando as súas voces ca desgastada voz do mítico Yosi, fundíndose nunha noite máxica, e facendo que unha vez máis, e ese 29 de xuño en especial, “Los Suaves fósemos todos”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

19


20

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

DEPORTES

O novo CD Ourense xa está en marcha 4 Comezou a pretempada o 16 de xullo. R. Torres O pasado 16 de xullo o novo CD Ourense púxose en marcha para afrontar unha tempada -a 2013 / 2014- ilusionante. Coa forte calor típica do mes de xullo na cidade das Burgas, o adestrador do CD Ourense, Luisito, convocou a todos os xogadores á espera de dúas incorporacións que faltan para completar a plantilla. Do ano pasado continúan Pato, Manu Táboas, Josu, Capi, Portela, Campillo, Juan Martínez, Borja Yebra,

Adil, Álex Fernández, Toni, Noguerol, Rubén Arce, Borja Valle e Óscar Martínez. No que ás novas incorporacións se refire, este ano estarán baixo as ordes do técnico Aarón (R. Bouzas), Moisés (Sporting B), Pinillos (Racing B), Adrián Cruz (Marino Luanco), Iker Alegre (Real Oviedo), Javi Hernández (UD Salamanca), amais dos futbolistas que chegan do Pabellón, Karim e Ocampo. Comeza pois unha tempada ilusionante na que tanto directivos coma corpo técnico, xogadores a afeccio-

Paredes e Teijeiro dominan na Ponte 4 Na cuarta carreira do circuíto “Correndo x Ourense”. R. Torres Disputouse o sábado 20 de xullo a cuarta carreira (dun total de seis) da terceira edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

Unha vez máis os vencedores absolutos foron en categoría masculina, Javier Paredes, e na feminina, Sonia Teijeiro. O atleta ourensán da Sociedad Gimnástica de Pontevedra compretou os 5250

Atletas na carreira da Ponte./R. BLANCO.

contro contra o equipo da localidade. O 11 de agosto en Ponteareas enfrontarase ao Cultural Areas e rematarán os amigables o 15 de agosto no Xosé Arxiz contra Verín.

O CD Ourense xoga este xoves 25 en Monforte contra o Deportivo da Coruña e estréase diante da súa afección o martes 30 de xullo (ás 21 horas) contra o Sporting de Braga

nados esperan que o equipo remate nos dez primeiros postos da clasificación. Amigables O CD Ourense comezará a rolda de amigables este xoves 25 de xullo en Monforte contra o Deportivo da Coruña. O domingo 28 disputará un triangular na Praíña (Santiago) contra o Celta B e o Boiro. Para o martes 30 de xuño, o Ourense estrearase diante da súa afección contra o Sporting de Braga. Xa para agosto, o día 4 en Muíños disputará un enmetros nun tempo de 17 minutos e 27 segundos. Por detrás del chegaron Luis Iglesias Raña (17:34) e Saturnino González (17:35), segundo e terceiro respectivamente. En mulleres, Teijeiro (Veteranos Ourense) empregou un tempo de 20 minutos e 21 segundos. Segunda foi Ana Mª Ocampo (21:50) e terceira, Silvia Teijeiro (22:25). Na clasificación xeral tanto Paredes coma Teijeiro son os dominadores. En total foron máis de 400 os atletas populares participantes que non se perderon a cita. Descanso Para a quinta carreira do circuíto haberá que esperar ata setembro, xa que en agosto non se disputa ningunha. Será a carreira da zona universitaria e terá lugar o domingo 29 de setembro.

Xogadores do Ourense adestrando polo Paseo das Ninfas./I. OSORIO.

Un deportista do colexio La Purísima recollendo o seu premio./RAMSÉS.

Gala do deporte do Colexio La Purísima 120 deportistas de Club Deportivo A Purísima recibiron os trofeos e diplomas de tempada no transcurso dunha gala celebrada o 26 de xuño no Teatro Principal. Membros da xunta directiva presidida por David Valcárcel Valcárcel, decidiron así mesmo, nomear como Socio de Honra 2013 a Juan Carlos Pérez Rodríguez, patrocinador das modalidades competitivas de fútbol 8 e fútbol sala, atletismo, baloncesto e voleibol. O club que, con tres anos de vida, está aberto a todos os ourensáns, conta tamén coas disciplinas de patinaxe, danza creativa e baile moderno. A todo iso haberá que sumar na próxima tempada a actividade de ioga, completando así unha oferta coordinada na entidade deportiva por Ángel Valcárcel Valcárcel.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

21


22

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2013

23


Ourense por BARRIOS Xullo de 2013


Entrevista a José O Nadal xa Luis Peña, un dos 10 mozos está aquí creadores da aplicación [páx. 15 Wiimbo emusical páx. 39-42] CIDADE

Páx.2

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

BARRIOS

Páx.5

Do 24 ao 28 de xullo, Festas de Santiago Apóstolo na Ponte

BARRIOS

Páx. 5

Garantido o acceso público ás piscinas de pago de Oira

[páx. 11]

SOCIEDADE Páx.13

OCIO

Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

400 atletas na carreira da Ponte

Páx.18

[páx.20]

Unha vez máis os vencedores absolutos foron en categoría masculina, Javier Paredes, e na feminina, Sonia Teijeiro./IÑAKI OSORIO.

Número: 121 - Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xullo de 2013


Entrevista a José O Nadal xa Luis Peña, un dos 10 mozos estádaaquí creadores aplicación [páx. 15 musical Wiimbo e páx. 39-42] CIDADE

Páx.2

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

CIDADE

Páx.3

O Claustro de San Francisco recibe cen visitas ao día

SOCIEDADE Páx.13 Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

OCIO

Páx.18

Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

[páx. 11]

DEPORTES Páx.20 O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

Remodelación do parque da rúa Díaz Pulpeiro

[páx.9]

Cun investimento de 43.500 euros, a Concellería de Medio Ambiente acometeu obras de mellora neste parque de Mariñamansa./RAMSÉS.

Número: 107- Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xullo de 2013


Entrevista ao escritor Xosé Manuel Pacho, gañador do Premio Rafael Dieste de teatro CIDADE Páx.2 A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

CIDADE Páx.3 O futuro de Montealegre estará na divulgación e na investigación

SOCIEDADE Páx.13 Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

OCIO Páx.18 Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

[páx. 14]

DEPORTES Páx.20 O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

Cen visitantes diarios no Claustro de San Francisco

[páx.3]

O Claustro de San Francisco abriuse finalmente ao público o pasado 27 de xuño, podéndose de visitar de martes a domingo./P.LODEIRO.

Número: 70- Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Xullo 2013 - OUxB  

Xa na rúa o Ourense por Barrios de xullo. A apertura do Claustro de San Francisco, a carreira da Ponte, a denuncia do PSOE contra o alcalde...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you