Abril 2012 - OUxB

Page 34

34

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

OCIO E CULTURA

4O MES EN IMAXES

4HUMOR

A MITEU chega ao seu fin A 17ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario chega esta fin de semana ao seu remate, con todo un éxito de afluencia ás súas costas. Pero antes de baixar o telón os amantes do teatro teñan varias citas: o xoves 26 o Teatro Principal acolle “A Espera” e o Auditorio “Tierra Preñada”. E o venres 27 o Principal será escenario de “El inmigrante, el nica” e o Auditorio, de “Mata-dor”.

A praza Maior foi conquistada polos scouts Coincindo coa celebracicón do San Xurxo e o décimo aniversario Grupo Scout Axóuxere da parroquia San Pío X, máis de 250 rapaces de toda a comunidade galega reuníronse os días 21 e 22 de abril en Ourense para gozar de diversas actividades, como xogos, escalada ou ciclismo. Logo dos cales congregáronse na Praza Maior para realizar un flashmob que quedará como lembranza deste encontro.

O Día do Libro Un ano máis, o 23 de abril, a rúa do Paseo encheuse de libros para comemorar o seu día. Os títulos máis coñecidos e as últimas novidades do sector fixeron as delicias dos ourensáns nunha xornada que acolleu, ademais, a entrega do premio Pura e Dora, co que foron galardonadas a escritora Celia Diaz e a ilustradora Pilar Marcó, pola obra Rugando.

A Esmorga en inglés Na Alamade do Concello, diante da estatua de Eduardo Blanco Amor, presentouse a edición en inglés da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga, cuxa traducción correu a cargo de Craig Patterson.

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com e en en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.