Page 1

Entrevista á O Nadal xa edil de Democracia está aquí Ourensana [páx. 15 e páx. 39-42]

Susana Gómez

TEMA DO MES Páx.2-3 A VALENZÁ Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

Páx.8

BARRIOS

Páx. 10

Barbadás estudará a Denuncian novos mellora do parque dos verquidos ao Miño e Patos e dos Carrís ao Barbaña

SAÚDE

Páx. 24

DEPORTE

[páx.19]

Páx.38

Cinco ambulatorios O CD Ourense, líder aumentan a oferta sólido tras vencer 4-0 asistencial polas tardes ás Pontes

Reclaman melloras para o parque do Couto [páx. 4]

Os usuarios quéixanse da pista de grava e do camiño aberto polo lateral do parque. /P.L.

Número: 115 - Ano: XI -Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

TEMA DO MES

O futuro das infraestruturas pendentes enfronta ao C

4 A paralización do Centro de Interpretación dos Parques Naturais, o anuncio de que se vai estudar a via San Francisco son motivos de disputa entre gobernos de diferente signo político. Paula Lodeiro Tres infraestruturas enfrontan ao Goberno local de Ourense - de cor socialista e nacionalista- cos Gobernos centrais e autonómicos - en mans dos populares. Son o Centro de Interpretación de Parques Naturais, o acceso ao claustro de San Francisco e a futura estación intermodal de Ourense e integración ferroviaria da cidade. Os primeiros acusan aos segundos de paralizacións ou retrasos en “proxectos que son vitais e claves para o desenvolvemento económico da cidade”, apuntaba nun comunicado o BNG. O propio Goberno municipal denunciaba “a sistemática confabulación para discriminar á cidade de Ourense dende os gobernos do PP, tanto do Estado como da Xunta, co máis absoluto desprezo cara á cidadanía da terceira cidade de Galicia, e que contan coa complicidade do silencio culpable dos populares a nivel local, con cero euros en licitación de obras do Goberno Central

no presente ano 2012”. Neste sentido, o alcalde apunta que non hai motivos para a paralización destas actuacións, “son proxectos que estaban con financiación no ano anterior, estaban desenvolvéndose, algún deles con fondos europeos”, dixo. A versión dos populares Os segundos, isto é, os populares, negan a maior e botan as culpas no tellado do Concello de Ourense. Así, e no caso do Centro de Interpretación dos Parques Naturais, o voceiro popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, culpou ao Goberno local de ser o responsable do retraso no comezo das obras, que deron inicio en 2011. No que respecta ás obras no complexo de San Francisco, para o voceiro popular, PSOE e BNG dedícanse a crear “alarma social”. No que si coincide o PP ourensán con estas formacións políticas é na importancia destas dúas infraestruturas. Con respecto ao Centro de Interpretación de

Parques Naturais, Rosendo Fernández cre que é preciso que se finalice pois “o despilfarro sería maior se non se remata”, e en canto a San Francisco, Fernández prometeu velar “para que o Goberno Central manteña esta importante infraestrutura cultural entre as súas prioridades”. E en canto ao AVE, Fernández non cre que o estudo do soterramento da estación teña por que retrasar a chegada da alta velocidade á capital ourensá. O voceiro popular defende que “é de sentido común e un acto de responsabilidade” que o presidente da Deputación quixera reunirse coa ministra de Fomento, como así o fixo. Quen non se reuniu coa ministra, aínda que si ten solicitado entrevista, é o rexedor ourensán. Francisco Rodríguez vén de mandarlle unha carta a Ana Pastor na que a invita “a desprazarse á nosa cidade a fin de explicar o estado da cuestión e o plan de traballo do Ministerio para executar os proxectos comprometidos”.

4Posicionamento da CEO

A ministra de Fomento recibiu no seu despacho ao presidente da Deputación de Ourense.

A CEO fixo pública a súa postura con respecto á chegada da alta velocidade. “Non é unha cuestión de prazos. A prioridade e a clave están en lograr a excelencia na súa planificación. A maior infraestrutura da historia non pode despacharse co acordo máis raquítico da súa existencia, con independencia do partido que goberne”.

Estación Empalme./ARQUIVO.

4 A estación intermodal de Ourense, no aire O anuncio da ministra de Fomento de estudar o soterramento da Estación Empalme e o seu cuestionamento sobre o custo da integración ferroviaria en Ourense reabren o debate sobre posibles retrasos na chegada da alta velocidade á cidade. Primeiro foi a reunión da ministra Ana Pastor, co presidente da Deputación, Manuel Baltar, na que acordaron que Fomento estude o soterramento da estación do AVE en Ourense. Logo, as declaracións de Ana Pastor nun almorzo informativo sobre o excesivo custo da integración ferroviaria na cidade, “non é razoable”, dixo, un investimento de 500 millóns de euros nos tempos que corren. A titular de Fomento tampouco quixo dar prazos concretos sobre a chegada da alta velocidade a Ourense. Estas dúas noticias fixeron saltar as alertas no

Goberno municipal ourensá -tanto nos nacionalistas como nos socialistas- sobre posibles retrasos e cambios no proxecto de estación intermodal de Ourense, adxudicada ao equipo do arquitecto Norman Foster polo Goberno central anterior cando estaba en funcións. O alcalde pide explicacións A resposta do bipartito local non se fixo agardar. O alcalde, Francisco Rodríguez, considera que as palabras de Ana Pastor son “unha agresión a Ourense” que teñen por detrás un obxectivo: “aforrar 500 millóns de euros da varian-

te exterior para destinalos a outra cousa, sospeitamos ao trazado Ourense-Vigo por Cercedo”. Canto ao custo da estación, o rexedor negou que fora caro: “a verdade é que o proxecto se financia con cargo ás recalificacións de solos excedentes”. Por isto, pediu á ministra que veña a Ourense e “que explique esta intención de eliminar a variante exterior que sacaba o tren do centro da cidade, que explique se pensa liquidar o proxecto adxudicado ao estudio de Foster, que nos explique se xa ten decidido incumplir o Pacto do Obradoiro en canto a retrasar o proxecto que estaba previsto para 2015”.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012



Concello de Ourense con Xunta e Goberno central

abilidade do soterramento da estación intermodal, e a falta de avances das obras no complexo cultural de

Claustro de San Francisco./ARQUIVO.

Estrutura construida do Centro de Interpretación de Parques Naturais./P.LODEIRO.

4 Obra de acceso ao claustro de San Francisco O Goberno municipal denuncia a paralización das obras e o PP replícalle que “é imposible falar de ‘paralización’ de proxectos cando non hai proceso de licitación ou adxudicación”. O alcalde de Ourense denunciou que o Goberno central paralizou “sen ningún tipo de explicación” as obras para abrir un acceso ao claustro de San Francisco. Algo que refuta o PP: “é imposible falar de ‘paralización’ de proxectos cando non hai proceso de licitación ou adxudicación dos mesmos”, indican os populares nun comunicado. A actuación á que se refiren é o acondicionamento dun acceso ao claustro do antigo convento de San Francisco, para poder abrir ao público este ben de interese cultural mentres se executan as obras da biblioteca pública e arquivo histórico de Ourense. Neste proxecto íanse investir de 150.459

euros e fora redactado polos mesmos arquitectos que se encargan da reforma de todo o complexo cultural de San Francisco, que está pendente de consignación económica nos Orzamentos do Estado para 2012. Con licenza municipal A obra, previamente acordada polo Concello e o Ministerio de Cultura, conta con licenza municipal outorgada o 3 de novembro do ano pasado, polo que actualmente debería atoparse en fase de adxudicación das obras por parte do Ministerio de Cultura, indican desde o Goberno local. Porén, o grupo popular de Ourense achega outra versión. O seu voceiro púxose

en contacto coa Secretaría de Estado de Cultura, e recibiu a confirmación por parte deste departamento gubernamental de que non existe, a data de hoxe, ningún proceso aberto de licitación ou adxudicación do devandito proxecto de acceso provisional ao claustro gótico.“Minte, polo tanto, o señor Alcalde cando fala de ‘paralización’, cando o que en realidade sucedeu foi que o Goberno de Zapatero non lle imprimiu a mesma celeridade a este proxecto que ao da Estación do AVE, debido a que a presión do alcalde non foi nin moito menos a mesma para ambos os dous proxectos”, recalca Rosendo Fernández.

4 Centro de Interpretación de Parques Naturais O alcalde alerta da perda dunha subvención finalista de sete millóns de euros de fondos europeos se non se remata a infraestrutura. A paralización da construcción do Centro de Interpretación de Parques Naturais en Eirasvedras podería obrigar á devolución da subvención de sete millóns de euros de fondos europeos coa que se financia, cifra na que se inclúe o investimento xa realizado na estrutura do edificio (2,4 millóns de euros). O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, considera “unha falta de sentido institucional” por parte do Goberno central e “unha nova desconsideración cara á nosa cidade” por parte da Xunta de Galicia o feito de non terlle comunicado oficialmente ao Concello de Ourense os motivos da paraliza-

ción desta obra. O rexedor confirmou que o Goberno estatal comunicou a orde de paralización á empresa que realizaba as obras, Tragsa, o 31 de decembro, ao non ter firmado a Xunta o reaxuste das anualidades para sufragar a obra proposto por Madrid. De feito, este mes de marzo a empresa comezou a retirar grúas, andamiaxes, e seguridade da obra, ubicada en Eirasvedras. O político socialista alerta ademais do “grave deterioro na urbanización e desenvolvemento da zona termal” na que se enmarca o edificio, de quedar a medio construir, engadindo tamén que a paralización “invalida o acordo de cesión” dos terreos por parte do Concello.

Disposto a considerar outros usos Con todo, o alcalde ourensán insistiu en que estaría disposto a analizar coas outras dúas administracións “unha readaptación do uso final” do edificio, sempre insistindo en que “non podemos perder a identidade do proxecto que percibiu esa subvención” (que é de carácter finalista). En relación a esta obra, os socialistas xa presentaron no Parlamento galego unha pregunta urxente sobre a razón da paralización, e unha proposición non de lei instando á Xunta “a realizar cantas actuacións sexan necesarias para garantir a finalización das obras deste centro nos prazos comprometidos”.




Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

BARRIOS

Reclaman melloras para o parque das aventuras do Couto

4 Un grupo de usuarios do parque do Couto -denominado das aventuras- denuncian o mal estado e as carencias desta zona verde, situada entre as pontes Ribeiriño e do Milenio. P.L. A fonte non bota auga desde que se executaron as obras de construcción da estación de bombeo do couto, o céspede está seco

en varias zonas malia dispor de sistema de rego, os rapaces deben xogar nunha pista de grava e varias farolas non iluminan. “A xente maior deixa de vir aquí”, explica un usuario, “ao non

Os usuarios quéixanse da pista de grava e do camiño aberto polo lateral do parque./P.L.

ter onde beber, nin un baño, nin unha mesa para xogar ás cartas”. Os defensores do parque das aventuras tamén se opoñen á nova pista que conecta, cruzando o parque, coa estación de bombeo. Piden que a anulen e que constrúan un novo acceso á estación pola rúa Francisco Llorens para evitar que vehículos circulen por esta zona axardinada. Tamén lles gustaría que pecharan con setos a beira que linda coa N-120, “nin un pai deixa vir os nenos porque poden escapar para aí”, sinala este usuario do parque. En relación a esta estrada, piden que se pinte un paso de peóns ou se cree un acceso ao paseo das Ninfas. Na outra parte do parque

das aventuras, a que queda entre a rúa Bispo Lourenzo e o acceso centro- reclaman que se poña en funcionamento os baños existentes e que nunca foron abertos, ao estar vinculado o seu mantemento ao dun quiosco-cafetería que tampouco nunca funcionou e que agora a Concellería de Medio Ambiente emprega como almacen. Retirada de estruturas Xusto nesta zona a Concellería de Medio Ambiente vén de retirar as estruturas de formigón que non cumprían a normativa de seguridade de zonas de xogo infantís. “Estamos cansados porque os do barrio do Couto temos os mesmos dereitos que os do Parque de San

A fonte do parque non bota auga./P.L. Lázaro, pagamos os impostos igual”, apunta este mesmo usuario. En definitiva, o que queren é que, estando o parque nunha das entradas

principais de Ourense, sexa máis mimado polos dirixintes municipais, ao ser unha carta de presentación da cidade para os visitantes.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

Río Mao está de estrea

4 Traslado da parada de taxis á praza da Mariña

4 A zona axardinada aumentou un 40% trala humanización do vial. P.Lodeiro O alcalde e boa parte dos concelleiros socialistas e nacionalistas acudiron este mes á rúa Río Mao do Vinteún a comprobar o resultado das obras de humanización executadas. Un incremento das zonas verdes dun 40% nunha área que carecía delas é o aspecto máis destacado dunha actuación na que tamén se colocou novo mobiliario urbano, se renovaron as luminarias e a sinaléctica

e e se reconverteu a rúa en unidireccional, co fin de mellorar a fluidez do tráfico rodado. Financiación XuntaConcello En total, 909.739 euros de orzamento para unha obra financiada grazas a un convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Vivenda da anterior Xunta. Aspecto que destacou na súa visita á zona o rexedor ourensán, quen enmarcou esta actuación “na liña de ir

Alcalde e concelleiros do PSdeG e do BNG acudiron á visita á rúa Río Mao./P.L. dotando aos barrios dunhas obras que incidan na calidade de vida dos cidadáns, que teñan as mesmas condicións

12 veciños das Caldas serán desaloxados durante un ano 4 O Concello vén de aprobar o derribo parcial do no número 36 desta rúa. Redacción A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de demolición parcial e reconstrución do edificio sito no número 36 da Avenida das Caldas, ordeada por sentenza do Tribunal Supremo, despois de que os tribunais de xustiza anularan a licenza do inmoble, que databa de 1987. Esta demolición, que deberá estar rematada antes do 1 de xullo, esixe que os 12 veciños residentes no inmoble estean realoxados antes de finais de abril, polo que o Concello xa está a procurarlles pisos (cuxo aluguer correrá a cargo do órgano municipal) nos que

habitar durante o ano que durará o proceso de derribo e reconstrución do edificio pontino. Unha obra que suporá un custo total de máis de 443.000 euros que o concello, malia que foi o responsable de concederlle a licenza correspondente, busca que asuma o promotor orixinal do inmoble, “xa que vendeu pisos cunha superficie maior á que vai quedar”, explicou a concelleira de Urbanismo, Aurea Soto. Así mesmo, durante os meses de marzo e abril, procederase ás peritaxes dos tres edificio colindantes co número 36 de cara ás posibles reclamacións posteriores á obra de demolición.



A historia O edificio do número 36 das Caldas foi construído con licenza municipal concedida por acordo de comisión de goberno en maio de 1987. En novembro de 1998 unha sentenza xudicial anulou a licenza, e en setembro de 1999 unha sentenza do Tribunal Supremo ordenou a demolición. Posteriormente, en decembro de 2005, un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou a solicitude de inexecución da sentenza e, en febreiro de 2011, o mesmo tribunal ordeou que continuaran as actuacións para a demolición parcial do edificio.

que o centro” e animou aos veciños “a disfrutar dela”. A obra será recepcionada a final de mes.

Nas obras de reforma investíronse 900.000 euros

Inicíaronse as obras de abastecemento 4Garantirán auga de calidade para unha poboación de 140.000 habitantes. Redacción Veñen de comezar as obras de abastecemento de auga na zona de Oira. Tras as medicións topográficas, os operarios pasaron

aos labores de desbroce e movementos de terras que se están a desenvolver actualmente. O obxectivo destas obras é dotar ao municipio de Ourense dun sistema de

Cartel que anuncia as obras en Oira./R.T.

A Brigada de Tráfico do Concello de Ourense vén de reubicar a parada de taxis, tradicionalmente situada no cruce da avenida de Santiago coa rúa Río Xares, na céntrica praza da Mariña. Este cambio de ubicación responde ás peticións realizadas polos veciños e taxistas da zona, que demandaban o cambio para mellorar a accesibilidade e proximidade da parada. Por outra banda, o Concello instalou unha nova marquesina na parada de buses da Alameda, que resgardará os seus usuarios das inclemencias meteorolóxicas. abastecemento, conformado por captación, transporte, tratamento e almacenamento de auga potable en cantidade e coa calidade suficiente, para garantir o consumo dunha poboación de 140.000 habitantes. En detalle, os traballos consisitirán nunha nova captación e bombeo na marxe dereita do Miño, e a condución dende a captación á unha Estación de Tratamento de Auga Potable nos Coiñás, dende onde se producirá o bombeo e condución da auga ata un novo depósito en Eiroás. Tamén se ampliará o bombeo existente na captación da marxe esquerda do Miño e se construirá unha condución do bombeo desde Montealegre ata un novo depósito nas Caracocha. O investimento total ronda os 20 millóns de euros, cantidade achegada nun 25% polo Concello e o restante por AcuaNorte, mediante fondos propios e europeos.




Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

EN BREVE

4Prevista para este mes a licitación da depuradora A licitación completa da nova depuradora de Ourense está prevista para este mes. As previsións da Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte (AcuaNorte) son comezar as obras en xuño de 2013 e que a infraestrutura entre en servizo en decembro de 2015. A obra precisa dun investimento de 67 millóns de euros, achegados entre o Concello, AcuaNorte, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

4 Viaxes gratuítos para os clientes da Praza Desde o 2 de abril, os clientes da Praza de Abastos poderán viaxar de maneira gratuíta no transporte urbano. A través do proxecto “Productos frescos, transporte sostible”, todos os días nos que abren os postos do mercado municipal de luns a sábado, de 8 h. a 15 h. agás as floristerías e os baixos da Alameda-, aqueles clientes que fagan un gasto de máis de 10 euros serán obsequiados cun billete para viaxar no autobús urbano. Un total de 19 liñas paran a diario na parada da Alameda, cunha frecuencia dun autobús cada sete minutos. A esta iniciativa xa se sumaron un 80% dos postos actuais da praza (máis de 60 dos 80 postos totais), nos que se vende todo tipo de produtos.

4 Actividades en Carlasca A Asociación Carlasca abre durante abril a inscrición previa para as actividades que organizará o próximo curso: cociña, ximnasia, manualidades, memoria, pandereita, baile, inglés oral e informática básica, e as escolas deportivas de fútbol-sala, xadrez e teatro. A inscrición pode realizarse nos locais da asociación de 17 a 19 horas todos os días da semana.

BARRIOS

A remodelación da Praza de Abastos depende do acordo entre Concello e Fomento 4 O órgano municipal asumiría o 25% do investimento. Redacción A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o compromiso por parte do Concello de Ourense de participar no financiamento das obras de remodelación da Praza de Abastos número 1 da cidade, en caso de que o Ministerio de Fomento financie esta obra con cargo ao 1% de investimentos que destina a proxectos de protección do patrimonio cultural. O Concello asumiría a cuarta parte O Concello de Ourense, pola súa banda, comprométese no seu acordo a

achegar a súa parte, un 25% do custo total subvencionable polo Ministerio. En total, o proxecto de remodelación da Praza de Abastos número 1 e ámbito do Rianxo ten un orzamento duns 13 millóns de euros, dos que 5 millóns concretaríanse no edificio histórico, o cal, precisamente, corresponde á parte da instalación que pode optar ó financiamento do Ministerio de Fomento con cargo ao 1% cultural, xa que a norma que regula este tipo de subvencións indica que só se pode actuar en “inmobles declarados ben de interese cultural ou categoría asimilable”. Neste intre, o órgano mu-

nicipal ourensán está á espera da resposta da Comisión de Patrimonio, a quen lle presentou este proxecto co fin de acadar o seu visto bo. Posta en valor dos mercados tradicionais A remodelación da Praza de Abastos constitúe un proxecto estratéxico que persegue a posta en valor dos mercados tradicionais da cidade, así como para o desenvolvemento do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do conxunto do Ben de Interese Cultural formado polas fontes das Burgas e o seu contorno.

Unha usuaria da Praza pagando en pesetas.

As compras en pesetas, todo un éxito Se antes a xente atesouraba algunhas decenas de miles de pesetas no caixón como un resto prezado do pasado, hoxe os antigos billetes e duros están a saír á palestra, e a peseta demostra que aínda ten valor no mercado, pero non só o de troco ou o de coleccionismo, senón tamén no comercio. De feito, a Praza de Abastos de Ourense recadou dende que puxo en marcha a súa campaña “Acá volve a peseta” máis dun millón delas, unha iniciativa coa que os comerciantes continuarán até o 30 de abril, aínda que non descartan que se prolongue durante máis tempo ante a exitosa acollida que está a recibir. Máis de 25 establecementos da Praza están a participar nesta campaña, dando a oportunidade a todas aquelas persoas que teñan pesetas esquecidas na casa a que as poidan utilizar sen gastar un euro e así combater a crise económica. Os comerciantes demostran estar moi satisfeitos e contentos coa boa acollida da campaña, que non só revitalizou as compras senón que está conseguindo que novos clientes se acheguen polo mercado.

Parte dunha das árbores que tivo que ser podada.

Despréndese unha árbore no Rianxo Redacción Durante a madrugada do 7 de marzo a zona do Rianxo do Mercado de Abastos ourensán viuse afectada pola caída dunha árbore. Segundo informaron desde a asociación de comerciantes da Praza, nesta zona é habitual o desprendemento de ramas debido ao tamaño e falta de poda, causando danos constantemente de diversa índole e contía, resultando especialmente perigoso para clientese comerciantes ao tratarse dunha zona de tránsito constante. Poda inminente Ante tal situación de perigo, o Concello actuou con rapidez dispondo todo para realizar unha poda os días 12 e 19 de marzo

4 Premio ao mellor praceiro Antonio Gómez Rey, comerciante de Frutas Elisa, da zona do Rianxo, tivo a honra de ser elixido polos seus clientes como “Mellor Praceiro 2011” da Praza de Abastos de Ourense. Esta iniciativa da Dirección Xeral de Comercio, recoñece o mérito dos praceiros, a calidade, o bo servizo e a atención personalizada que se ofrece nos mercados municipais. (durante os cales o Rianxo permaneceu pechado); unha medida que foi aplaudida polos comerciantes da Praza de Abastos, xa que se trata dunha vella reivindicación precisa para mellorar as condicións e seguridade nesta parte do mercado.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012






Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

BARRIOS

O goberno de Barbadás estudiará a mellora da zona dos Patos e o campo dos Carrís 4 Así mesmo, aprobou a implantación dunha taxa para os caixeiros sitos na vía pública. Redacción

Rúa Tomás Rodríguez Punxín da Valenzá./RAMSÉS.

O pleno aproba a mellora da rúa Tomás Rodríguez Punxín Redacción No pleno ordinario da corporación municipal de Barbadás celebrado o luns 5 de marzo aprobouse por unanimidade unha moción do BNG na que solicitaba que se procedese “coa celeridade debida” á correcta

urbanización da Rúa Tomás Rodríguez Punxín da Valenzá, coa construción de beirarrúas pola banda dos números impares da mesma, unha mellora do firme e da iluminación e a regulamentación dos estacionamentos dos vehículos.

A proposta incluía, ademais, a instalación dun paso de peóns elevado debidamente sinalizado, “para que se poidan reducir dunha vez as imprudencias de velocidades excesivas que están a orde do día”. Avalada con sinaturas Esta proposta nacionalista foi avalada con ducias de sinaturas de veciños e comerciantes, que se beneficiarán desta mellora.

A Consellería de Medio Ambiente reparará a OU-540 ao seu paso por Barbadás 4 Correxirá o firme e a sinalización. Redacción A Xunta de Galicia vén de aprobar a súa colaboración técnica e económica co Concello de Barbadás para realizar a obra de mellora do firme da OU-540, antiga estrada de Celanova, ao seu paso polo devandito concello, nun tramo de 846 metros que corresponde á vía principal de comunicación entre os dous núcleos máis importantes da zona, A Valenzá e Bentraces. Reparación do firme e sinalización Na actualidade esta vía presenta unha considerable deterioración no que respecta ás características do estado do firme, o que compromete a seguridade viaria deste treito.

A antiga estrada de Celanova cruza A Valenzá./R.T. A obra de mellor centrarase no fresado do firme, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de sinalización e balizamento. As previsións da Consellería de Medio Ambiente son adxudicar a obra nun mes para, unha vez asinado o contrato, iniciar os traballos este mesmo verán.

A Xunta comprométese a financiar esta actuacións, licitala e executala (o investimento é de 231.274 euros), mentres o Concello de Barbadás deberá proporcionar os terreos necesarios, libres de cargas, para a execución das obras; e responsabilizarase da conservación do tramo.

O grupo de goberno do Concello de Barbadás asumiu durante o pleno do mes de marzo o contido de todas as mocións que o Partido Socialista presentou para o seu debate no mesmo. Así, a iniciativa do grupo encabezado por Xosé Carlos Valcárcel de establecer unha taxa para os caixeiros automáticos que estean situados na vía pública contou co acordo unánime de todas as formacións políticas. O alcalde, José Manuel Freire Couto, anticipou, con todo, que “o Concello fará un estudo para establecer esta taxa en función de factores coma o número de habitantes, o número de caixeiros e outros aspectos que indiquen os técnicos”. Pola súa banda, as outras dúas iniciativas dos socialistas non lograron abertamente o apoio do goberno de Barbadás, nembargantes, o rexedor municipal asegurou que “recollo o guante de propostas plantexadas para levalas a cabo en función da dispoñibilidade económica e técnica”. Zona verde do entorno do río dos Muíños Unha destas mocións do PSdeG buscaba a mellora integral do conxunto da área de esparcemento coñecida como Os Patos. En canto á cal Freire Couto recurriu “á mesma resposta encasillada”, din os socialistas, que consiste en asegurar que “tomamos nota”. En relación a este espazo os socialistas puxeron sobre a mesa “a necesidade de acometer unha mellora no que se refire a parques infantís, limpeza do cauce, mobiliario urbán e adecentamento do entorno”. O campo de fútbol dos Carrís A segunda das propostas

socialistas que será estudiada polo goberno municipal baseábase na mellora do campo de fútbol da Valenzá, en canto ao cal sinalan que “presenta defectos e carencias que, segundos os informes técnicos, fan que estas instalacións deportivas non cumpran coa normativa vixente”, polo que reclamaban o acondicionamento axeitado da iluminación, sinalización, accesibilidade, seguridade e mobiliario do campo da Valenzá. Suba da taxa pola Escola de Música Nesta mesma sesión, os socialistas foron moi críticos coa suba do 85% da taxa da Escola de música. Xosé Carlos Valcárcel con-

X.C.Valcárcel siderou este novo incremento (o sexto en 9 meses) “coma unha afrenta á cidadanía nun momento complicado económicamente”. Para o socialista “por culpa de Freire Couto volve a repercutir sobre as familias unha decisión meramente técnica e economicista”.

4A gardería municipal, a debate O concello de Barbadás celebrou un pleno extraordinario con motivo do novo regulamento da gardería municipal, que pasou a titularidade pública. O centro, creado en 2004, estaba sendo financiado polo concello (que achegaba 100.0000 euros ao ano), as familias (80.000) e a Xunta (50.000). Pero, segundo explicou o alcalde a empresa privada que a xestionaba “viuse incapaz de continuar ao seu frente cando a Xunta pasou a aportar 50.000 euros, a metade do que achegaba antes”. Neste sendo, a nacionalista Ánxela González solicitou ao goberno municipal unha explicación do “custo que aos veciños de Barbadás lles vai a supor o rescate desta escola”. Segundo afirma, “ a única resposta que obtiven ao respecto do alcalde foi o insulto e a descalificación, xa que asegurou que eu estaba frustrada”. Unha reacción que ao entender de González mostra a “ incapacidade do señor Freire Couto de dar a cara

e a ineficiencia do goberno actual, polo que solicitamos a dimisión do alcalde e do seu grupo de goberno”. Unha gardería orzamentada, pero descoñecida Así mesmo, os nacionalistas solicitaron unha explicación sobre outra gardería municipal, orzamentada e publicada no BOE en 2009, pero da que non se sabía nada en Barbadás. “Cada ano quedan case 50 nenos sen praza nas garderías do municipio, polo que este centro, con 82 prazas públicas, permitiría darlle cobertura a todos”, explicou Ánxela González. A este respecto o rexedor municipal aclarou que “existiu unha posibilidade relativa de crear esta gardería, xa que logo de ser orzamentada agudizouse a crise e non foi posible construíla”. En canto aos nenos s que non poden gozar de servizo de gardería no concello, Freire Couto é claro, “é imposible dar cobertura pública ao 100% dos rapaces porque en Barbadás nacen moitos cada ano”.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012



Ourense celebrou o Día da Árbore con actos desde Seixalbo ás Lagoas

A Xunta executará os dous millóns de euros pendentes para obras en rúas ourensás

4 A Deputación repartiu 2.000 exemplares de carballos e castiñeiros.

4 Trátase das rúas Emilia Pardo Bazán, da Granxa, Seixalbo e a avenida de Buenos Aires.

Redacción

Redacción

O 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Árbore e Ourense sumouse a esta celebración, con plantacións de árbores e reparto de exemplares. Desde o Concello foron varios os actos organizados. Por unha banda a concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, realizou unha plantación simbólica na rúa Antón Faílde, nas Lagoas, que marca o inicio da tempada de reposición e plantación de novas especies arbóreas. A propia edil participou ademais noutra plantación no parque Ribeiriño xunto a escolares do colexio de Mende. Os exemplares escollidos, nove, correspondían a bidueiros, lodoeiros e faias.

Tamén desde o Concello se organizou unha homenaxe á Alameda coa recuperación das árbores que lle deron nome. Dous álamos cos que se pretendeu recuperar a tradición do nome da contorna, pois na actualidade a Alameda non contaba con ningunha árbores desta especie. Esta experiencia xa foi posta en marcha fai dous anos coa plantación de érbedos na rúa Ervedelo. Reparto de exemplares Pola súa banda, a Deputación Provincial participou nesta data sinalada repartindo entre os ourensáns que pasaron polo stand instalado no Paseo, máis de 2.000 exemplares de castiñeiros e carballos. E desde a Delegación da

Xunta, achegouse un grao de area máis a esta conmemoración, cunha nova plantación de árbores, neste caso no colexio de Seixalbo. Uns 50 alumnos deste centro educativo, axudados polos responsables do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural e do Mar e das brigadas forestais, plantaron medio cento de árbores, entre eles cerdeiras, bidueiros e castiñeiros. Os rapaces aprenderon a plantar unha árbore pero tamén recibiron información sobre como coidar s montes e recomendacións sobre a importancia da reforestación ou de non deixar lixo no monte,ou as funcións dos axentes forestais e como actúan en caso de incendio.

A capital ourensá ten 3.750 árbores

4 Tempada de plantación

Alumnado do colexio de Mende acompañou á concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, nunha plantación no parque ao carón da ponte Romana.

Rogelio Martínez plantando unha árbore cun grupo de escolares de Seixalbo.

Coa chegada da primavera, chega tamén a época da plantación de novas especies e reposición das árbores naquelas zonas onde é preciso. Por este motivo, técnicos da Concellería de Medio Ambiente iniciaron os traballos para fixar un total de 329 árbores, o que supón 149 árbores máis que no 2011. Esta plantación de novos exemplares, repártese en diferentes zonas da cidade, e moitos deles corresponden a reposicións debido a actos vandálicos. En termos absolutos, o número total de árbores na capital ourensá é de 3.750, repartidos da seguinte maneira: 650 árbores no Centro e As Lagoas, 395 exemplares en San Francisco e no Casco Vello, 1.121 árbores nos barrios do Couto e A Carballeira:, 820 árbores na Cuña e na Ponte outros 764 exemplares.

O Parlamento galego vén de aprobar unha iniciativa socialista para que a Xunta execute os dous millóns de euros pendentes para obras de humanización en diversas rúas de Ourense, que derivan dun convenio de 8 millóns asinado en 2008. Neste senso, o portavoz de Infraestruturas socialista, Pablo López Vidal apuntou

que, logo dun investimento de seis millóns de euros na cidade, “aínda fican sen investir outros dous millóns para a humanización da rúa Emilia Pardo Bazán, a rúa da Granxa – rúa de Santa Mariña, a rúa Seixalbo e a avenida de Buenos Aires – estrada de Ponferrada. A proposta aprobada agora insta á Xunta a formalizar unha addenda a aquel convenio de colaboración

para executar estas obras de urbanización “incluíndo a posible modificación do proxecto da rúa Seixalbo, actualizando a dispoñibilidade dos terreos”. Neste último caso, a actuación prevista na estrada OU-105 de titularidade autonómica, o proxecto debe ser modificado xa que non é posible poñer a disposición os terreos previstos pola anulación do PXOM.


10

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

BARRIOS

Varios concelleiros atenden as demandas da asociación de Rairo

Ríos Limpos ve inútiles as cabinas de detección de verquidos

4 Piden o acondicionamento do espazo situado nas inmediacións do local veciñal.

Redacción A Plataforma Ríos Limpos acordou na súa xuntanza do 21 de marzo solicitarlle á Deputación “detalle dos controis de verquidos rexistrados a través das cabinas de detección de verquidos”, debido a que os mesmos seguen repetindose periodicamente, “evidenciando a súa inutilidade”, sinalan. Así mesmo, solicitarán á Confederación Hidrográfica copia das analíticas das augas afectadas por verquidos durante o ano 2011, “que nos permitan levar a cabo unha comparativa cos nosos propios análises”. Consello Municipal do Medio Ambiente Nesta reunión a plataforma ecolóxica tamén acordou reclamar de xeito inmediato ao Concello a constitución do “Consello Municipal do Medio Ambiente”, que permita á cidadania e aos colectivos ecoloxistas participar nas tomas de decisións en materia medio ambiental. Ademais, aseguraron que continuarán coa denunca dos verquidos detectados, “a pesares dos escasos resultados obtidos por parte das autoridades competentes”, co fin de que as reclamacións “nos permitan, alomenos, conformar un contundente expediente que presentar como queixa formal ante o Valedor do Pobo e como denuncia ante o organismo competente da Unión Europea”, adiantaron.

Redacción

Aspecto que presentaba o río Miño durante a fin de semana do 17 e 18 de marzo. /AMIGOS DA TERRA.

Amigos da Terra denuncia novos verquidos ao Miño e ao Barbaña 4 Á altura da ponte do Milenio. Redacción Novamente, os ríos da cidade volveron tinguirse dunha cor cincenta. Segundo informou a asociación ecoloxista Amigos da Terra, durante a fin de semana do 17 e 18 de marzo os ríos Miño e Barbaña sufriron ao seu paso pola capital “outros verquido scontinuados de augas residuais nas súas augas que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona”. Como denuncia este colectivo ecoloxista, a contaminación fluvial dos ríos Miño e Barbaña non é un feito illado, “senón que ao longo do ano recíbense varias denuncias realizadas por particulares en Amigos da Terra. Denuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de

verquidos aos ríos”. Este último verquido incontrolado producíase ao carón da ponte do Milenio. Os verquidos foron apreciables durante toda a tarde do sábado 17 e domingo 18, estendéndose augas abaixo “por máis de 300 metros e chegando máis aló da marxe esquerda por enfronte da zona termal da Chavasqueira”. A orixe da vertedura foi denunciada por parte de Amigos da Terra ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración. Ao mesmo tempo, a asociación solicitou información sobre “as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que están sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións

que corresponda”. Máis verquidos Segundo recorda Amigos da Terra, nos últimos meses véñense producindo continuos verquidos no río Miño: na zona das Pozas de Maión, en Vistahermosa ao carón do paseo da Ninfas, ou da depuradora de Reza. Os ecoloxistas consideran que este tipo de feitos “ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuxa penalización é maior, establecéndose inclusive penas de prisión”.

O verquido era visible ao longo de 300 metros do Miño, ata chegar a enfronte da Chavasqueira

A concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, a edil de Limpeza, Susana Bayo, o concelleiro de Perímetro Rural, Antonio Penín, e técnicos municipais mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación de veciños parroquial Santa Lucía de Rairo. O obxectivo da xuntanza era coñecer de primeira man as demandas dos veciños desta zona, e tentar de buscar de darlles a mellor resposta na medida das posibilidades. Esta é a asociación que representa na actualidade á totalidade dos veciños de Rairo, xa que nela confluíron as dúas asociacións anteriormente existentes. Na xuntanza, mantida no propio local da asociación, os veciños trasladaron propostas e demandas de melloras en materia de limpeza (cambio de ubicación de contenedores e sustitución dalgún deles por outros máis pequenos), a reposición da marquesina existente na Praza da Capela, instalación de puntos de luz no camiño que comunica Rairo e A Cuña, colocación de máis bancos, e o acondicionamento do espazo público situado nas inmediacións do local da asociación, de xeito que poda ser utilizado como zona de lecer

por parte dos veciños da zona. O Concello estudiará a viabilidade deste proxecto coa pretensión de financialo en canto haxa posibilidade orzamentaria, así como a estudiar a viabilidade da construción de beirarrúas na rampa Antolín, entre outras propostas. O Concello comprometeu tamén renovar as reixas de alcantarillado no vial existente entre a estrada da Granxa e a asociación veciñal. Xuntanza “positiva” Pola súa banda, os veciños valoraron positivamente a nova área recreativa recentemente acondicionada polo Concello, e que se ten convertido no principal punto de encontro dos veciños desta zona. A edil de Participación Cidadá, María Devesa valorou moi positivamente esta xuntanza “xa que nos permite coñecer de primeira man as demandas dos nosos veciños, non só dos grandes proxectos, senón fundamentalmente todas esas pequenas cousas que resultan importantes no día a día para darlle unha mellor calidade de vida aos residentes nos diferentes barrios da cidade e no perímetro rural”. María Devesa salientou o “clima de cordialidade da xuntanza, algo moi positivo para avanzar e intercambiar impresións e buscar a mellor solución posible para as demandas dos nosos veciños”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

11

FORMACIÓN EN TIEMPO DE CRISIS, ACADEMIA PROXECTO Academia Proxecto sigue manteniendo su línea de calidad en el campo formativo dentro de nuestra ciudad, dedicándose, entre otras cosas, a la preparación de oposiciones Francisco José Gómez Gómez, director de Academia Proxecto ¿Qué perspectivas de futuro augura a la preparación de oposiciones? Sinceramente, creemos que este año 2012 va a ser difícil. Es un año duro, de ajuste económico y nos va a afectar a todos. La reducción de la oferta de empleo público está pasando factura a los centros de formación de la provincia y nosotros somos uno de ellos. Pero a pesar de ello y aunque la oferta de empleo público se haya visto reducida, “no hay que desanimarse por el número de plazas, el opositor debe pensar que con una para el es suficiente, solo hay que mejorar, si cabe aún más, su preparación”.

rren, nuestros alumnos/as están logrando su objetivo: conseguir un puesto en la Administración. Un ejemplo de ello puede ser la última convocatoria del cuerpo de Ayudante de Instituciones Penitenciarias, donde con 60 plazas para toda España, nuestros alumnos/as, a los cuales felicitamos, consiguieron el 5% de las plazas, o la última convocatoria al cuerpo de maestros para Galicia en sus diferentes especialidades con un índice de más del 80% de aprobados en la oposición y 14 nuevos maestros/as, o las recientes oposiciones de Justicia con buenas perspectivas pero a la espera

RESULTADOS: HEMOS CONSEGUIDO EL 5% DEL TOTAL DE PLAZAS OFERTADAS PARA PENITENCIARIAS, UN INDICE DE APROBADOS DEL 80% EN LAS OPOSICIONES A MAESTROS Y MÁS DE 50 APROBADOS EN LA ANTERIOR CONVOCATORIA DEL MINISTERIO DE JUSTICIA. A pesar del recorte en la oferta de empleo público, este año se convocarán alrededor de 11.000 plazas de diferentes categorías en las distintas comunidades autónomas. ¿Cómo enfoca Academia Proxecto esta nueva perspectiva en el camino hacia el Funcionariado? En relación a nuestro centro, destacar que gracias a ser fieles a nuestras señas de identidad: calidad, seriedad, compromiso, experiencia y garantía, incluso en los tiempos que co-

Manuel Pardo Cid, coordinador de formación de Justicia en A. Proxecto: “Nuestros alumnos, a pesar de la dificultad, están muy familiarizados con el formato de examen. Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las pruebas selectivas fueron muy similares a los realizados en la academia”.

de resultados, los cuales están a punto de publicarse. Si alguien decide preparar oposiciones en su centro ¿Con qué oferta se puede encontrar? Además de los grupos que tenemos en marcha actualmente en nuestro centro relacionados con las especialidades antes comentadas, estamos ultimando los detalles para poner en marcha, grupos para la preparación de oposiciones al Consorcio gallego, la cual constaría de 178 plazas de las escuelas in-

R/Amor Ruibal, nº 5-7 (zona rúa Sainza) Telf. 988 24 07 48 - OURENSE - www.proxecto.es

Francisco José Gómez, delante de Academia Proxecto.

NUESTRA OFERTA FORMATIVA: Preparación de Oposiciones a MAESTROS, MINISTERIO DE JUSTICIA, AYUDANTE DE INSTITUCIONES PENITENCIARIAS, CONSORCIO GALLEGO,… CLASES DE APOYO Y RECUPERACIONES, Preparación PRUEBAS B1 Y B2 DE INGLES, CELGA´S, PRUEBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS Y SUPERIORES, COMPETENCIAS CLAVE NIVELES 2 Y 3. fantiles (45 plazas de maestro, 106 de educadores infantiles y 27 plazas de personal de servicios generales) y las diez plazas de personal técnico de los servicios centrales del Consorcio. También destacar, que al margen de la preparación de oposiciones, las clases de apoyo y recuperaciones para

Primaria, E.S.O. y Bachiller, hemos puesto en marcha la preparación de las pruebas B1 y B2 de inglés de la escuela oficial de idiomas, preparación de las pruebas del Celga, pruebas de acceso a los ciclos medios y superiores o preparación de pruebas de competencias clave niveles 2 y 3.

¿Qué podéis contar a nuestros lectores sobre las oposiciones de justicia en este año tan duro? La oferta era sensiblemente inferior a la de años anteriores, por lo que se ha insistido permanentemente durante la preparación sobre la necesidad de conseguir un nivel muy alto de conocimientos. Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las pruebas selectivas fueron muy similares a los realizados en la academia, lo que determina que nuestros alumnos, a pesar de la dificultad, estén muy familiarizados con el formato de examen. Estamos esperando los resultados de los exámenes. En el grupo de gestión tenemos varios aprobados en el 1º ejercicio, a pesar de llevaba un año escaso de actividad formativa; habida cuenta del éxito pleno en el grupo del año anterior. ¿Habrá oferta de empleo en Justicia? Sinceramente, creemos que en este año 2012 va a ser difícil. Es un año muy duro de ajuste económico y nos va a afectar a todos. No obstante, en el ámbito de la administración de justicia hay un número muy amplio de plazas vacantes que están cubiertas por personal interino

(vacantes derivadas de la promoción interna, traslados, jubilaciones, opositores que han aprobado a varios cuerpos); o sea están presupuestadas y con dotación económica; lo que no conlleva un aumento de gasto sino la sustitución de empleo temporal por empleo estable. Por ello deberán ser ofertadas, y no se descartaría la posibilidad de su convocatoria. ¿Qué mensaje le dais a los opositores? En primer lugar, agradecer a todos aquellos que han estado con nosotros su buen hacer, su dedicación y, sobre todo, su cariño; que es lo que más nos motiva a trabajar duramente codo con codo con ellos para ayudarles a conseguir su objetivo. Felicitamos a todos los que lo consigan y animamos a los demás a no desfallecer y a seguir trabajando, de forma constante, para conseguir un nivel de perfección. La preparación de estas oposiciones requiere tiempo y, dado que la competitividad ha subido considerablemente por la reducción de oferta en otros campos, es conveniente tener la materia preparada a fecha de convocatoria, para dedicar el tiempo que media entre la misma y los exámenes (4-5 meses) a repasar y perfeccionar los conocimientos adquiridos.


12

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

BARRIOS

Recuperan máis dun quilómetro do río Loña 4 A restauración paisaxística e medioambiental do contorno do río financiouse con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade. Redacción Veñen de rematar as actuacións de restauración paisaxística e medioambiental do río Loña, no treito comprendido entre Ponte Loña e Mende. Cun orzamento de 343.941 euros, financiado con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, o proxecto tivo como principal obxectivo acometer a posta en valor da marxe do río Loña, desenvolvendo actuacións de protección, restauración paisaxística e medioambiental e o seu acondicionamento para o uso cidadán. A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Ponte

Loña ata Mende, percorrendo un total de 1.168 metros de canle fluvial ata enlazar co camiño xa existente na actualidade, nas inmediacións do colexio de Mende. A actuación principal foi o acondicionamento do contorno natural do treito, mediante a recuperación dun camiño peonil situado xunto ao río. Os novos accesos están completamente integrados no contorno, recuperándose os camiños e dotándoos de pavimento ecolóxico, así como de tramos de madeira naqueles espazos nos que non era posible dende o punto de vista técnico a recuperación do camiño orixinal. A recuperación de bosques de ribeira e vexetación hidrófila, favorecer os

corredores ecolóxicos e a instalación de mobiliario acorde co entorno fluvial completaron a actuación. Boa situación ecolóxica O río Loña atópase nunha boa situación ecolóxica e ambiental e a actuación levada a cabo pola Concellería de Medio Ambiente, non fai senón redundar neste senso e potenciar as rutas ambientais e paisaxísticas do Concello de Ourense. Coa recuperación desta zona do río Loña, o municipio de Ourense conta xa con case 26 quilómetros de paseos fluviais.

Na obra investíronse preto de 344.000 euros

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente estiveron acompañados por membros do goberno municipal e representantes veciñais para comprobar o resultado da recuperación da área entre a Ponte do Loña e Mende./RAMSÉS.

A campaña de compostaxe convirte 10 toneladas de residuos en compost Paula Lodeiro A fase piloto da campaña para fomentar a compostaxe da Concellería de Limpeza tivo como consecuencia en tres meses un aforro de 10 toneladas de residuos sólidos que foron destinados a compost. Entre os meses de novembro e febreiro a Concellería achegou a 10 asociacións de veciños (Santa Ana do Pino, Cudeiro, Beiro, San Breixo, 15 de Agosto, San Miguel de Canedo, Santa Teresita, Abeleda, Santa Mariña do Monte, Palmés) e ao colexio de Seixalbo charlas sobre a compostaxe, nas que se ofreceu unha detallada explicación para efectuar unha axeitada reciclaxe dos residuos. A maiores, repartíronse 100 compostadores entre os asistentes, nos que se depositaron uns 3.600 kg de materia orgánica por mes -1,2 quilogramo por día en cada fogar-. Despois dunha primeira fase na que se examinaron e correxiron erros que se puideran producir no proceso de compostaxe, a avaliación dos técnicos municipais amosa unha substancial mellora da calidade do abono, así como unha positiva valoración por parte dos veciños, que acolleron a iniciativa cun gran afán colaborativo. 

Repartíronse 100 compostadores en 11 asociacións

Fina González, veciña de Reza, amosa o contido do seu compostador./P.LODEIRO.

“Fai un esterco maravilloso” Fina González Rey é unha das veciñas de Ourense que xa probou a experiencia de ter un compostador en casa. Membro da asociación 15 de Agosto de Reza, cando asistiu á charla impartida polo Concello sobre a compostaxe xa ía informada e con ganas de probar a experiencia na súa casa: “oira falar del ben e tiña ganas de ter un, case todas as socias da asociación témolo agora”, explica. Desde xaneiro, as ponlas e restos que xenera a súa finca, mais tamén as mondas de patacas e froitas da comida van parar a este compostador, na vez de tiralo pola finca adiante ou ben no contedor do lixo. O seu uso é doado. “Na charla xa explican todo, como que non hai

que botar papel de periódico ou excrementos de can, e que cada certo tempo tes que botar un pouco de auga, vai pudrindo e vai baixando de tamaño”, relata a muller, amosándoo as portas dos laterais do compostador por onde se retira o compost “Fai un esterco maravilloso”, afirma Fina, quen precisa que ata agora aínda non abonou con el. Haberá que esperar ao verán cando recolla os froitos da súa horta para ver os resultados do seu abono ecolóxico. En febreiro os técnicos municipais pasaron polas casas a revisar o bo uso deste sistema, e o mes que vén repartirán máis compostadores entre máis veciños que se animaron a levar adiante esta práctica.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

13


14

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

CIDADE

Máis de 30 marcas no II Salón do Automóbil

o anunciante do mes

Newcastle Studies 4 Eugenia Fernández Ramos é a responsable desta academia ubicada no Vinteún.

4 Que repetirán no Ourense Motor Ocasión. Redacción A segunda edición do Salón do Automóbil de Ourense, celebrado durante os días 23,24 e 25 de marzo en Expourense, contou coa presenza das últimas novidades de máis de 30 marcas automobilísticas nacionais e internacionais. Ocupando os 10.000 metros cadrados de exposición, casas tan coñecidas

como Seat, Audi, Volkswagen ou Hyundai, e outras tan admiradas como Mercedes, Ferrari ou Maserati, presentaron os seus deseños máis recentes e innovadores, así como algunha que outra oferta especial e exclusiva para esta cita aos centos de amantes do motor que se achegaron ata o recinto feiral, no cal, ademais, puideron coñecer os novos coches eléctricos

Redacción

Aspecto xeral do recinto de Expourense durante o pasado Salón do Automóbil./M.REJO. de Renault, e as furgonetas e vehículos de transporte lixeiro de Nissan e Iveco, dúas das novidades desta segunda edición. O salón complétase co

Ourense Motor Ocasión 2012, a maior mostra de vehículos seminovos, km 0 e de xerencia, que terá lugar no mesmo recinto o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril.

Newcastle Studies é unha academia do Vinteún (praza Mil) que leva anunciándose desde 2004 en Ourense por Barrios. Que asignaturas preparades en Newcastle Studies? Eugenia Fernández: “Damos toda clase de materias desde Primaria ata Bacharelato e Universidade, así como idiomas (inglés e francés)”. Desde cando funciona a academia? E.F.: “Leva aberta desde 1997, isto é, 15 anos”. Durante este período, houbo algo que cambiara? E.F.: “Hai materias novas que antes non había, pero a intención segue sendo a mesma, pais e fillos queren aprender e sobre todo aprobar, o 90% vén polo reforzo de aquilo que non entenden, para ‘machacar’ o que o colexio lles dá”. Cales son os vosos ho-

rarios? E.F.: “Estamos todo o día, pero o horario de clases é de 15:30 a 22 h”. Que consello lles darías aos proxenitores, a estas alturas de curso? E.F.: “Se necesitan axuda que fagan uso dunha academia, o éxito é a unión dos esforzos da academia, do neno e dos país”. Por que elixiches Ourense por Barrios para anunciarte? E.F.: “Para darme a coñecer e estar aí”. Que destacarías do periódico? E.F.: “Que tratades información sobre os barrios, que ao mellor noutros periódicos non se trata, e facedes que a xente duns barrios e outros se coñeza”.

A academia dá clases sobre materias de Primaria ata Bacharelato e Universidade, así como idiomas

Eugenia Fernández Ramos é a responsable de Newcastle Studies. /R.T.


CIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

15

pleno

Carmen Carballo, nova concelleira popular 4 En substitución de José Luis Baltar. Redacción María del Carmen Carballo, avogada de profesión, é a nova concelleira do Partido Popular, en substitución de José Luis Baltar. A nova edil popular tomou posesión da súa acta de concelleira na sesión plenaria de marzo do Concello de Ourense, sesión na que se aprobou unha moción de BNG e PSdeG de apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa da sanidade pública (co rexeitamento da oposición), así como outra do grupo popular para redactar un regulamento municipal que regule as instalacións de telefonía móbil. Na mesma sesión aprobouse (cos votos a favor de PSdeG, BNG e PP) o nomeamento dunha comisión des estudo para crear unha empresa pública que xestione servizos urbanísticos e de promoción de vivenda pública. Demisión de Carballido Dentro da actualidade do

consistorio ourensán, e apenas catro meses despois do seu nomeamento como director xeral de Rehabilitación Urbana, o nacionalista Xosé Carballido renuncia ao cargo. Trala saída da corrente Máis Galiza -na que estaba integrado- do BNG, Carballido presentou a súa demisión, xustificándoo en que o seu posto era de confianza, dado que foi elixido para o cargo polo Bloque e non nunhas eleccións. Esta renuncia é, para o voceiro popular outro exemplo da crise do goberno local ourensán. Rosendo Fernández aproveita esta situación para esixirlle ao alcalde que, na vez de cubrir de novo esta praza, destine o diñeiro do posto (ao redor de 60.000 euros anuais) “a ter un comodín co que negociar o convenio regulador do Concello”. “Non é de recibo que a concelleira non electa de Persoal decida aplicar o aforro aos traballadores municipais sen predicar co exemplo”, insiste o popular,

María del Carmen Carballo/RAMSÉS.

Xosé Carballido/P.L. para quen o Concello debe ter “outras prioridades de gasto” que non sexan “este premio político” da dirección xeral.

O PP ourensán volve criticar a non convocatoria das xuntas de área de urbanismo 4 Os populares buscan que estas xuntas se convoquen semanalmente. P.L. Outra volta a ausencia de xunta de área de urbanismo propiciou unha nova convocatoria aos medios de comunicación por parte do voceiro popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, para denunciar “o capricho” da responsable, a concelleira de Urbanismo Aurea Soto. Explicou Fernández que nesta reunión os concelleiros da oposición ían solicitar información sobre o anteproxecto da ronda termal no ramal sur da N-120 e os expedientes de dúas licenzas para antenas de telefo-

nía móbil. “Tivémolo que facer por escrito”, afirmou o popular, quen reclamou, tamén, a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente para dar cobertura legal á piscina do campus, que actualmente carece de licenza de obra e de actividade. Unha formalidade que tiña que ter sido aprobada no pleno ordinario de marzo, pero non se puido votar ao faltar un concelleiro do grupo de goberno e ser precisa a maioría absoluta da corporación. Regulamento orgánico Por todo isto, os popula-

res presentaron unha proposta de modificación do regulamento orgánico na que solicitan que as xuntas de área se convoquen semanalmente, que se fixe un prazo de 15 días hábiles de acceso á información e obtención de copias, se permita a utilización do salón de plenos a todos os grupos, que as 12 preguntas por pleno admitidas se distribúan de forma proporcional á representatividade, e que as mocións se presenten con catro días de antelación e as de urxencia antes das 11 horas do día anterior á celebración do pleno.

A concelleira Susana Bayo en representación de Ourense, xunto ao xefe territorial e ao director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, na reunión sobre o transporte metropolitano./RAMSÉS.

O plan de transporte metropolitano comeza pola integración tarifaria

4 O concello capitalino non se sumará ata que unha comisión técnica consensúe un modelo adaptado á realidade da cidade de Ourense. Redacción O Plan de Transporte Metropolitano de Ourense deu un pequeno paso para conseguir un sistema de transporte público integrado na capital ourensá e en sete concellos da súa área: Barbadás, San Cibrao, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Punxín e Toén. O acordo entre a Consellería de Medio Ambiente e estes sete municipios permitirá establecer este mesmo ano, segundo previsións da Dirección Xeral de Mobilidade, un Programa de Integración Tarifaria, de modo que os usuarios do transporte urbano se beneficien de descontos de ata o 40% no billete do autobús. Nun primeiro momento, o Concello de Ourense non se sumará a este acordo, polas diferenzas que mantén con respecto ao modelo de transporte metropolitano que pretende implantar a Xunta. Iso si, Concello e Dirección Xeral de Mobilidade acordaron organizar unha comisión técnica bilateral Xunta - Concello, co fin de abordar diversas cuestións

relacionadas coa implantación do plan na cidade. Segundo declarou a concelleira de Mobilidade, Susana Bayo, “seguimos considerando imprescindible que se constitúa unha comisión técnica para elaborar un borrador de convenio consensuado, que respecte a autonomía do Concello para ordenar a mobilidade na cidade, e onde a posta en marcha do transporte metropolitano non supoña custos engadidos para os cidadáns de Ourense”. A capital non se sumará ao Plan de Transporte Metropolitano ata que se consensúe un modelo adaptado á realidade da cidade. Integración tarifaria No resto dos concellos da área comezará a traballarse na integración tarifaria, que polo momento só afectará aos usuarios das liñas interurbanas, que se beneficiarán de subvencións nas tarifas, do transbordo gratuíto e de descontos por recorrencia (devolverase o 15% do abonado a aqueles viaxeiros que fagan máis de 40 viaxes nun mes). Para isto, o paso máis inmediato será a concreción

dos termos do novo convenio de colaboración, que deberá ratificarse polos plenos dos respectivos municipios, un trámite que podería estar completado en xuño. O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, sinalou que unha vez que se conte con esta aprobación iniciarase a fase técnica, na que se porá a punto o sistema de cancelación da nova tarxeta metropolitana. Nesta fase cotexarase a validez e a operatividade das máquinas canceladoras, unha fase na que poden presentarse problemas técnicos, aínda que tendo en conta que se trata da quinta experiencia (no conxunto de Galicia), as incidencias solventaranse con máis rapidez, destacou. Ata que se acade un acordo coa capital, a integración dos actuais servizos interurbanos e a súa interacción co sistema de transporte urbano serán as mesmas que na actualidade, isto é, non haberá variación de percorridos nin de paradas.

O acordo tarifario significa descontos de ata o 40% no billete do autobús


16

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

ECONOMÍA E EMPREGO

Alugueiros a metade de prezo para fomentar o comercio 4 Ourense Centro e Proagi crean o proxecto “Ourense Emprende” para facilitar a creación de negocios no centro por parte de desempregados. Paula Lodeiro A redución do importe do alugueiro á metade, e a xestión de trámites administrativos e de axudas de maneira gratuíta son as principais vantaxes do proxecto “Ourense Emprende. Non quedes parado” que promoven o Centro Comercial Aberto Ourense Centro e a asociación Proagi de axentes inmobiliarios. A idea é apoiar a creación de negocios comerciais na zona centro por parte do colectivo de desempregado, co obxectivo de dinamizar comercialmente a cidade e ao mesmo tempo alixeirar as listas do paro. A través da web www. ourenseemprende.org facilitan unha bolsa na que

Jorge Fernández, de Proagi, e Emilio González, de Ourense Centro./P.LODEIRO. xa están incluidos medio prezo dos locais está adapcento de locais, no centro tado ao mercado actual e é e noutras partes da cida- negociable. No mesmo portal de Inde, cunha bonificación de prezos do 50% no primei- ternet inclúense empresas ro ano ou incluso con ca- ou profesionais, como arrencia dun ano no pago da quitectos, electricista, emrenda. “Os emprendedores presas de mobiliario, decopoden poñerse en contacto radores ou publicistas, que co CCA e eles lles redirixen ofrecen os seus servizos con ás nosas inmobiliaras”, vantaxes para os emprendeapuntaba Jorge Fernández, dores, así como noticias de de Proagi, resaltando que o interese, axudas, etc.

O Concello reclama á Xunta que inclúa o solo industrial de SeixalboCumial nas súas previsións 4 Alega ao Plan Sectorial de Ordenanción de Áreas Empresariais de Galicia, que non prevé ninguna actuación empresarial na área urbana de Ourense. P.L. O Concello de Ourense presentou alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, actualmente en fase de información pública, ao non contemplar ningún tipo de actuación empresarial antes de 2024 na área urbana de Ourense. Segundo a edil de Urbanismo, Aurea Soto, este documento do Goberno galego obvia as Directrices de Ordenanción do Territorio, aprobadas polo mesmo goberno e que prevía parques “de carácter estratéxico” na área urbana da capital ourensá, así como a posible implanta-

O Concello prevé solo industrial entre Seixalbo e O Cumial. /R.T. ción de parques tecnolóxicos “vinculados aos campus universitarios” e plataformas loxísticas “asociadas aos nodos de confluencia de infraestruturas viarias de altas prestacións ou ferroviarias”, coma o que se dá en Ourense. Por tanto, desde o Concello entenden que o Plan

Sectorial de Áreas Empresariais debe incluir o solo industrial de Seixalbo-Cumial, xa previsto na nova ordenación urbanística da cidade. De non ser así, “a nosa cidade quedaría fóra de todos os plans de financiamento europeos, estatais, galegos e tería que limitarse aos recursos municipais”.


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

17

A profunda crise do Bipartito sume á cidade nunha preocupante falta de xestión municipal O actual equipo de goberno do Concello de Ourense atópase “totalmente fragmentado, deslavazado e inmerso en liortas internas alleas aos intereses da cidade”, algo que é público e notorio en toda a cidade, tal e como sinala Rosendo Fernández. Diferencia o portavoz dos populares os frentes abertos na crise do Bipartito: por unha banda, o BNG, “unha forza política desintegrada, en caída libre dende hai anos e que loita con uñas e dentes por manter a súa cuota de poder dentro do Concello”, sinalando que un claro exemplo desta crise é a renuncia do seu ex comisario político no posto de Director Xeral de Rehabilitación Urbana, cun gasto a todas luces superfluo de 241.560,80 euros durante todo o mandato, a razón de 60.390,20 euros anuais. “Agora que os concelleiros nacionalistas xa avisan de que este posto, en teoría técnico, voltará ser ocupado por un comisario político, esiximos, conminamos ao señor Alcalde, a que destine ese cuarto de millóns de euros perdidos para a cidadanía a ter un comodín co que negociar o convenio regulador do Concello. Non é de recibo que a señora concelleira non electa (outro posto de idéntico

coste ao do director xeral -241.560,80 euros no mandato- e de idéntica inutilidade para os ourensáns) decida aplicar o aforro polos dereitos sociais adquiridos polos traballadores sen predicar co exemplo no seo do Bipartito. Non lles bastaba coa súa crise política e de identidade, que agora tamén provocan crise cos traballadores municipais”, afirmou Rosendo Fernández, quen recalcou que cando acaban de anunciar a creación dunha empresa pública con amplísimos fines sociais, pretenden manter a figura do Director Xeral, á que lle haberá que sumar a dun xerente ou mesmo director xeral da devandita empresa con similares retribucións ás do actual. “Gastos e máis gastos que non fan máis que engrosar o obsceno dispendio deste Bipartito en crise política permanente e que non sabe nin quere saber de mecanismos para frear a crise económica desta cidade, cunha nociva falta total de ideas e iniciativas para sacar adiante a Ourense”, dixo o portavoz municipal, “lamentamos profundamente que a forza política máis decadente desta cidade, cunha perda do 50% do seu apoio electoral, exerza esta vergoñenta presión sobre o goberno desta cidade”. Por outra banda, Rosendo

Fernández sinalou os problemas no seo do PSOE, co responsable máximo da falta de Presupostos, o señor Alcalde, e mailo seu concelleiro de Economía. “Pouco lles debe importar a situación da cidade cando prefiren andar enredados en asuntos do seu partido, cunha espeluznante falta de xestión que mantén a esta cidade como un barco á deriva”. Lembrou, ademais, a súa falta de xestión con temas como o de San Francisco, “para o cal non reclamou nada en 8 anos de Goberno de Zapatero, e agora lle entran as présas cando Mariano Rajoy leva menos de 100 días gobernando”. Presupostos No tocante aos Presupostos, tanto Rosendo Fernández como a concelleira responsable da área económica, Beatriz Tejada, sinalaron que, con sorte, estarían en vigor cara ao verán, despois de que vencese medio ano natural e só con seis meses por diante para levar a cabo investimentos e proxectos que dinamicen a cidade. “Sabemos e ciencia certa que o borrador dos orzamentos está listo dende o mes de decembro. Hai 90 días que temos constancia extraoficial de que existe este documento, pero non pode ver á luz pola desleal

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada analizaron en rolda de prensa a situación do Bipartito ourensán.

Rosendo Fernández: “Se non coñecemos as liñas maestras dos presupostos deste ano é porque este Bipartito non quere que saibamos os tira e afloxa que está vivindo o alcalde perdedor desta cidade para poder seguir na poltrona” obtaculización que o BNG exerce sobre as contas municipais, máis interesados en manter a súa cuota de poder que en dar servizos á cidadanía. Esto é imperdonable e inadmisible”, reiterou Rosendo Fernández, sobre todo cando a práctica totalidade das cidades galegas xa teñen os presupostos para o presente exercicio económico. Rosendo Fernández lembra que “se non coñecemos as liñas maestras dos presupostos deste ano é porque este Bipartito non quere que saibamos os tira e afloxa que está vivindo o alcalde

perdedor desta cidade para poder seguir na poltrona. E se xa de por si eran máis que suficientes as presións constantes do BNG, agora tense que enfrontar tamén as presións dos concelleiros díscolos co seu mandato, aqueles que decidiron desobedecer as súas ordes de apoiar á candidata preferida do alcalde para dirixir o seu partido a nivel galego. Se era insostible un bipartito dividido en dous, agora duplícanse ou triplícanse as división. O que nos faltaba para ter un goberno de todo menos sólido e con criterio. O único que lamentable-

mente temos é un Bipartito en profunda crise que non sabe mirar máis aló dos seus propios problemas internos”. Pola súa banda, a concelleira Beatriz Tejada destaca que ao Bipartito desta cidade se lle enche a boca falando de que “non hai problema algún ante a falta de presupostos”, esgrimindo que os do ano pasado están prorrogados e, polo tanto, non hai razón a supostos paróns na actividade municipal. Nembargantes, a concelleira popular sinalou que aquí incorren en graves contradiccións. “É dicir, os señores do Bipartito onde din “digo”, din “diego” sen o máis mínimo pudor ou vergoña. E isto dicímolo porque doutro xeito non entendemos como se atopan na situación na que están as seguintes instalacións”, por citar algunas das máisrepresentativas: Montealegre pechado, Centro de Bombeo sen uso, falta de infraestruturas nos barrios, Casa da Maxia sen inaugurar, Pavillón dos Remedios con grave deficiencias, falta de axudas a equipos deportivos e entidades de carácter social, Centro Cívico de Seixalbo sen abrir e múltiples promesas electorais incumpridas (menú ouro, tranvía de pneumáticos...)

Entrevista á concelleira Belén Iglesias

“Nunca se viu un Goberno Local tan dictatorial e pouco democrático como o que hoxe temos” Como valora a xestión que se está a realizar hoxe en día do Concello de Ourense? Absolutamente nefasta. Aparte do preocupante parón na xestión municipal, onde PSOE e BNG andan máis preocupados polos seus líos internos que polos problemas dos cidadáns, estamos a sufrir o Goberno local máis dictatorial e pouco democrático que se recorda nesta cidade. Por que fai esa afirmación? É moi sinxelo: o Biparti-

to, temeroso ante o traballo de control e fiscalización do grupo político maioritario desta cidade, está a castigar ao PPOU impedíndolle participar nos órganos onde tradicionalmente sempre houbo representatividade de todos os grupos. Voulle poñer un exemplo: os consellos escolares e o propio Consello Escolar Municipal. Sempre participou a oposición con representantes nos mesmos, e xustamente este ano se nos impide participar por deci-

sión directa do señor alcalde e da súa concelleira Ana Garrido. Pretenden anular a nosa voz, pero non van conseguir. Ten constancia de que ese malestar se dá tamén entre os veciños? Dende logo que si. Basta recordar o grave problema que teñen os veciños de San Francisco cunha antena de telefonía ilegal. Cando era para pedir o voto e estaban na oposición, tanto PSOE e BNG ían moito por alí a suxeitar pancartas nas pro-

testas. Pero agora que hai problemas provocados por eles mesmos, nin seuqera van ás reunións ás que son invitados polos veciños. De feito, a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, mentiu descaradamente no último pleno cando dixo que non fora invitada polos veciños. Simplemente non quixo asistir. Agora din no Bipartito que van regular o Botellón, cando vostede levou 2 mocións nos últimos meses que lle rexeitaron...

Belén Iglesias, concelleira do PP. É un “orgullo” que as únicas ideas sensatas deste Bipartito xurden por iniciativas do PP, ainda que primeiro as rexeitan e critican, e logo terminan copiándoas. O que está claro é que nós sempre velaremos pola saúde dos mozos e polo benestar dos cidadáns. Que propostas pode

ofrecer dende o PP? Nós estamos as 24 horas do día a disposición dos veciños desta cidade e procuramos atender todas as cuestións que nos transmiten. Somos un partido próximo á xente, que é a nosa máxima prioridade, e mellorar esta cidade é o noso principal obxectivo.


18

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

EN BREVE

4 O Concello non terá que acudir ao Plan de axuste O Concello de Ourense non recurrirá ao Plan de axuste proposto polo Goberno central para o pago de facturas pendentes a provedores. Intervención Municipal remitiu a listaxe de obrigas pendentes de pago do Concello ao Ministerio de Economía e Facenda, que ascende a 2.079.306 euros, un 3,6% do do total anual. O Concello anunciou que procederá ao pago das facturas que corresponden a esta cantidade, no menor tempo posible, unha vez cumprimentados os trámites pertinentes, non sendo necesario recurrir a ningún tipo de endebedamento externo nin a un Plan de Financiación ao contar cunha situación financieira solvente e capaz de facer fronte ás obrigas recoñecidas a 31 de decembro de 2011.

4O Consello Municipal de Deportes paga a 30 días O Consello Municipal de Deportes (CMD) fixou como obxectivo o pago das facturas a provedores no prazo de 30 días, obxectivo que “somentes se debería desviar por causas externas e situacións excepcionais”. Con esta decisión, o seu volume de crédito comercial en tramitación contable verase reducido (41.654 euros), contará unicamente con débedas comerciais posteriores ao 6 de marzo deste ano e non precisará financiamento estatal para o pago de facturas pendentes.

ECONOMÍA E EMPREGO

Traballo e Benestar forma máis de 300 parados na comarca 4 Entrega de diplomas das Accións Formativas para Desempregados. Redacción O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, entregaron os diplomas dos cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou a varias entidades da comarca de Ourense. 335 desempregados formáronse durante os últimos meses nalgunha da seguintes especialidades: auxiliar de enfermería en xeriatría, coidador de discapacitados físicos e psíquicos, atención sociosanitaria a persoas no domicilio e en institucións, hixienista dental, protésico dental, operacións básicas de restaurante-bar, xestión contable e xestión administrativa de auditorías, programador de aplicacións informáticas, deseñador de web e multimedia, analista programador, inglés de atención ao público, empregado de oficina, actividades de venda e administrador de redes, montaxe e mantemento de instalacións solares, vendedor técnico e auxiliar técnico de obra, auxiliar de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, mantemento de xardíns e zonas verdes, e actividades auxiliares en

Os parados formáronse en 20 especialidades

A compra de vivenda mantense en Ourense 4 232 operacións no primeiro mes do ano. Redacción

O delegado da Xunta entrega o diploma a un dos participantes nos cursos de formación. viveiros, xardíns e centros de xardinería. As entidades beneficiarias na cidade foron o colexio San Marcos, Academia Manzaneda, Open Ourense, Anexo 4, estudios Paco Feliz, Área 3 Consultores, o centro in-

tegrado de FP Santa María Europa, a Federación Empresarial de Hostalería e Turismo de Ourense, o Centro de Formación Integral a Farixa, o colexio Valle Inclán, Pen Consultoría e Formación, e Aixiña.

4 “Ourense inserta” preparará 286 desempregados O Concello de Ourense, co apoio do Fondo Social Europeo, pon en marcha o programa “Ourense inserta”, que pretende favorecer o acceso a un posto de traballo por parte de persoas desempregadas na cidade, apostando pola formación en dous sectores de especial potencial: a atención a dependentes e o medio ambiente. Este proxecto suporá un investimento de 1,3 millóns de euros - financiados nun 80% polo Fondo Social Europeo e nun 20% polo Concello- e dará formación a 286 ourensáns en

paro. Terá unha duración de 30 meses. “Ourense inserta” prevé o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción sociolaboral, en dous sectores xeradores de emprego: os servizos de atención a dependentes, con seis cursos especializados, e as enerxías alternativas e medio rural, con outros cinco cursos. As accións formativas terán unha duración de entre 300 e 600 horas, incluindo titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral durante todo o proceso.

Segundo os datos feitos públicos pola Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense ADEIDO, a compra-venda de vivenda na nosa provincia mantense, no primeiro mes do ano, en niveis similres ao mesmo período do ano anterior. En xaneiro de 2012, o sector inmobiliario ourensán realizou 232 operacións de compra-venda, das que 144 foron de obra nova e 88 de vivenda usada. No mesmo mes de 2011, comercializáronse 234 vivendas, “co que, na taxa interanual, a variación é insignificante”, recalcan desde ADEIDO. O sector considera “esta cifra un balón de osíxeno, tras sufrir un 2011 de duras caídas”, sobre todo comparando os datos de Ourense coa caída que se produciu no conxunto estatal, que foi dun -26,3%. Para Benito Iglesias, presidente de ADEIDO, nesta recuperación influiron varios aspectos: “parte desas vivendas novas comercializadas en xaneiro de 2012 son de procedencia bancaria directa ou indirecta; a desgravación fiscal no IRPF para a compra de vivenda en todos os tramos de renda e o manter o IVE superreducido do 4% para vivenda nova, serven como estímulo para a recuperación do sector; a

continua baixada de prezos que se efectuou tanto en vivenda nova como usada no últimos tres anos e de forma máis acusada ao longo do ano 2011”. Desde ADEIDO recoñecen que as dificultades para conseguir financiamento para a compra de vivenda, “seguen sendo enormemente complicadas”, indica Iglesias. Porén, Iglesias pensa que o mercado da vivenda en Ourense tocou fondo “e cos resultados deste mes de xaneiro podemos afirmar que nos dan sinal de compra”. Iglesias tamén considera “altamente beneficiosa” a dación por pago aprobada polo Goberno, “xa que, a maiores do logro social e do alivio que para moitas familias representa esta medida, tamén serve como estímulo ao sector inmobiliario posto que se verán reducidas a partir do mes de abril o número de execucións hipotecarias. Isto leva unha diminución importante do fluxo de saída de vivenda de procedencia bancaria ao mercado contribuíndo á baixada do stock inmobiliario”. O presidente de ADEIDO agarda que en xuño, mes que a banca ten como referenza para sacar de balance os seus activos inmobiliarios, se produza unha recuperación no sector.

ADEIDO pensa que o mercado tocou fondo


ENTREVISTA

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

19

entrevista a Susana Gómez:

“O futuro da política é como o estamos facendo nós”

4 A segunda concelleira de Democracia Ourensana ten claro que a política en xeral e a de Ourense en particular necesitan un cambio. Óscar Blanco Concelleira revelación na corporación municipal de Ourense, Susana Gómez foi profesora de piano antes que política. Ourensá de 40 anos, é unha apaixoada da cociña mexicana, a repostería e a xardinería. Coida que a cidadanía ourensá é a que ten a última palabra e non os seus políticos, e defende que Ourense merécese o mellor para os seus intereses públicos. Como se meteu Susana Gómez en política? S.G: “Supoño que aos poucos, por distintas circunstancias e por proximidade persoal coa xente de D.O. pero desde logo non para ser “política” senón unha cidadá máis que está farta de ver como funciona a política e de que maneira afecta iso aos cidadáns”. Cal foi a sensación ao saber que entraba D.O. no concello? S.G: “Alegría e satisfacción porque D.O por fin o conseguiu”. E ao saber que entrabas ti no concello? S.G: “O de saber se entraba un segundo concelleiro foi un proceso moito máis lento. A espera e a incerteza diluíron un pouco calquera tipo de sensación explosiva, pero por dentro

pensei ‘Uf!’” . Como foi o recibimento dous outros concelleiros? S.G: “Dalgúns moi bo, doutros correcto e doutros aínda estou a esperar o recibimento”. Agardabas que o traballo dun político fose como o que estás a ver? S.G: “Pero isto que eu vexo a diario é política? (risas). Non esperaba tan pouco “nivel” político”. Que é o que máis che sorprendeu para mal do funcionamento do Concello? S.G: “A hipocrisía, aínda que xa contaba con ela pero aínda así, superou todas as expectativas”. E para ben? S.G: “Que aínda quedan algúns que se rebelan ante un mal sistema, poucos pero quedan”. Que cres que achega D.O. ao Concello de Ourense e aos ourensáns? S.G: “Ao Concello, unha forma de control real das accións políticas e non un “hoxe por ti e mañá por min” como había ata este mandato entre goberno e oposición. Aos ourensáns achegámoslles información que ata este momento nunca tiveran sobre como actúa a xente que os representa e á que votaron e o máis impor-

tante, que hai outra maneira de facer política e que os cidadáns poden conseguilo. Gonzalo Jácome e Susana Gómez: “Poli malo, poli bo”? S.G: “Pode ser, pero a pregunta é: quen é quen?” (risas). Ás veces, critícanse as formas do número 1 de D.O., que dis a iso? S.G: “Sei que a moitísima xente impórtanlle máis as formas que os contidos. Gonzalo ten toda a razón no que critica. Eu quédome coa verdade aínda que se salga do “protocolo” e non coa mentira e falta de ética dos que presumen de ser politicamente correctos”. Pode que D.O. sexa “partido-chave” nas próximas eleccións locais en Ourense? S.G: “Buf! Nas próximas eleccións poden pasar moitas cousas. Mesmo podemos desaparecer. Non sei, iso non o decidimos nós senón os cidadáns. E haberá que contar co ataque que nos farán os “peixes grandes” do Concello”. Presentádesvos ás autonómicas. Ten D.O. futuro fóra da cidade de Ourense? S.G: “D.O. presentouse sempre ás autonómicas e a mensaxe é clara: “O mellor para Ourense”. Mesmo me

Susana Gómez, edil de Democracia Ourensana./RAMSÉS. atrevería a dicir que: “Algo para Ourense”. Non sei se teremos futuro pero o que empeza a estar claro é que o futuro da política é como o estamos facendo nós”. Pensas que os vosos votantes están contentos ou decepcionados coa vosa actuación? S.G: “Pola reacción da xente que nos para pola rúa e déixanos mensaxes na web etc.. creo que a sensación é positiva, mesmo nos apoia e anima xente que non nos votou. Ademais estamos a facer o que dixemos que iamos facer, estamos a cumprir”. Cal é a túa opinión desta

crise económica? Algunha predición do que vai acontecer no eido local? S.G: “Quero ser optimista. Coido que da crise sairemos pero a pregunta é: á conta de que? De esmagar aos cidadáns ata que estean totalmente espremidos? Hai que ter moi claro que co diñeiro público non se xoga, o diñeiro público é de todos e é fundamental unha boa xestión. Ata hoxe só comprobamos unha xestión pésima e un enorme malgasto que agora se quere solucionar con axustes que só pagan os cidadáns pero seguimos sen ver como se esixe respon-

sabilidade política. E canto a este Concello, posiblemente seguirán igual, mala xestión que permite un gran malgasto e cero responsabilidade política utilizando incluso o engano e a mentira. Máis do mesmo”. A favor ou en contra da fusión de concellos? S.G: “Fusionar por fusionar, non. Non de maneira xeralizada, senón personalizada segundo a situación de cada concello. Nalgúns pode ser boa a fusión pero noutros creo que se poden utilizar outras formas como mancomunar algúns dos servizos e desta forma aforrar pero sen renunciar á independencia dos concellos”. A favor ou en contra do copago sanitario? S.G: “A favor dunha sanidade pública ben xestionada que contemple reformas pero non recortes. Máis que ‘copago’ é ‘repago’. Xa a estamos pagando todos non?” A favor ou en contra da suba de taxas e impostos? S.G: “Na actualidade, en contra. Non se beneficia aos cidadáns nin se aumentan os servizos. Hai moito que recortar en gastos superfluos”. [Le a entrevista completa en www.mundourense.com]


20

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

ARTIGOS / CLASIFICADOS

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

Vivencias de Ponte Canedo Na construcción do ferrocarril Madrid-ZamoraOurense-Vigo (M.Z.O.V) houbo dúas etapas: a primeira foi a construción da estación Empalme e a vía para conectar coa antiga de Vigo-Canedo-A Ponte-Monforte en Quintela de Canedo, onde había un fermoso campo natural á beira do Miño chamado “Os Tombos”, hoxe tristemente desaparecido. Esta etapa concluiu coa inauguración da estación por Franco o día 23 de setembro de 1952. Con esta efeméride desaparecía a estación vella daPonte en cuxos terreos máis adiante ubicouse o que é hoxe o 12 de Outubro, o colexio de maxisterio e o parque da Ponte. A vía vella que quedou inutilizada dende a unión en Quintela de Canedo transcurría pola marxe dereita do Miño pasando por Casteadona, O Pino, Balneario das Caldas, onde había unha fermosa ponte, campo de Santiago, monte do Peco. Paso a nivel do cemiterio onde estaba de guardesa a señora Dominga, nai da señora Carmen A Guardesa, a trincheira que había entre o monte grande e finca do cura. A Casilla ben se puido conservar ou pór en sitio axeitado, neste lugar atópase hoxe o edificio de Policía Local; a carballeira onde estaba a fábrica de madeiras do Dorindo e xa pola parte norte do Rincón a ponte de ferro sobre a rúa das Caldas e a continuación a estación Vella da Ponte, o gran valedor de Ponte Canedo dende 1881.

4FELICITACIÓN

Os obreiros de ferrocarril a mediados da década de 1940-1950 recibían a “ración”. Consistía nunhas cantidades de alimentos, segundo a súa familia fora máis ou menos numerosa, aceites, fabas, lentellas, garbanzos, fariña, xabón, touciño, patacas... os obreiros, que eran de toda a provincia, recollían a mercancía e levábanlla xunto á señora Carmen A Guardesa a que lla gardara e o mesmo tempo trocar o que non lles facía falla por outra mercancía que necesitaban. A señora Carmen trocáballe uns artigos por outros segundo as súas necesidades e desta forma os obreiros non levaban produtos que xa tiñan nas súas casas. A señora Carmen satisfacía a todas estas xentes e así acumulaba algún artigo, para os que xa tiña xentes de Vigo, Redondela... que viñan xunto á miña nai a comprarllo. Eu era moi neno e lembro a aquelas xentes, especialmente as señoras, eran fortes, cun acento do noso galego que as facía inconfundibles e ao mesmo tempo simpáticas. A segunda etapa da construción do ferrocarril foi a que viña de Zamora-Ourense-Santiago: o viaducto, a estación de San Francisco, o traxecto Vilar de Barrio, Campobecerros... e cara a Santiago, Santa Cruz, Carballiño... esta etapa finalizou en 1957. Ver pasar os primeiros trens polo viaducto era unha pasada. D Ramón e D. Paco Cachafeiro foron das persoas que máis contribuiron na execución das obras. D. Paco e o seu “Bicarbonato” dicían os obreiros que era moi bo pero cando lle dabo o ardor de estómago era terrible, sempre levaba unha

bolsiña de bicarbonato na chaqueta, enchías as mans de bicarbonato e para dentro, e xa era unha felicidade de xefe. D. Ramón viviu no chalet da Tapada de Alfonso Abeijón, que era un señor moi serio, moi boa persoa, a súa muller Doña Amparo era boísima, tiñan moitos fillos, todos cativos, Moncho, Cuca, Amparo... O señor Vales, que vivía na casa que despois foi do señor Isidro o Ferreiro, e a súa muller encargábanse de coidar a horta e unha vaca que tiñan exclusivamente para ter leite para a súa familia. Doña Amparo tiña unha señora para axudarlle a coidar tantos nenos. D Ramón e a súa muller sempre se portaron moi ben con todos os nenos e as xentes de Quintián. A marxe esquerda do Miño, Ourense, conseguiu a de San Francisco, pero ao final foi un fracaso pois era máis complicado apearse na estación de San Francisco e ir aos seus fogares que facelo na estación Empalme. Isto pode volver ocurrir co AVE, pois a nosa cidade, cando está en expectativa algún acontecemento importante, acostuma marear a perdiz. Andan vaticinando uns por aquí, outros por alí, uns soterrado, outros a ceo aberto, uns que hai que unir as Tapias, Covadonga e o Vinteún coa Ponte, este tema xa leva 70 anos así, que opinarían vostedes se estivesen no noso lugar?. Ás autoridades ourensás, Fomento e Xunta: “o pobo comeza a preguntarse que pasa para que non se poñan de acordo”. Pepe da Guardesa

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

VENDAS

TRABALLO

Véndese piso en Vigo (praia América), tel. 636 422 497 Vendo piso av. Santiago, 87 m2, 3 habitacións, 2 baños, parquet, semiamoblado, cociña equipada, garaxe e trasteiro, ascensor. Tel. 698 126 696 Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m2 solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54 Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) 3 habitacións, tel. 639 81 62 09. En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m2 a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1200 m2. Tel 627 608 758 Véndese finca en zona Barxas-Cudeiro a 3 km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m2 e excelentes vistas. Tlf: 627 608 758. Alúgase piso na avda. de Santiago (xunto Mercadona), amoblado, calefacción, ascensor, 398 euros + 72 euros comunidade. Tel. 620 54 75 85. Alugo piso no Couto, 4 habitacións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228. Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10. Vendo piso en Vigo. tel.636 422 497. Alúgase apartamento zona Ponte, amoblado, calefacción e auga quente central con contador, boas vistas, praza de garaxe e trasteiro. Tel. 988 37 44 99 e 687 47 96 41. Alúgase piso amoblado en praza de España (Vigo). Tel. 639 81 62 09. Aluguer en Montalvo para Semana Santa, 30 euros/día. Tel. 607 27 19 16. Véndese casa pola estrada de Santiago para restaurar. Tel. 637 00 59 10. Urxe venda piso en praia América (Vigo).Tel. 607 271 916. Aluguer apartamentos en Sanxenxo. Tel. 607 271 916

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Compraría remolque mediano. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55. Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro. 1.200 euros, tel. 680 568 378 Vendo mobles de perruquería de 2ª man, 2.000 euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo quentador eléctrico. tel. 988 25 59 63 Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 428 Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 025 Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. Tel. 649 157 025. Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374 Véndense tres lavadoras, 2 frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi económico, tel. 629 56 13 90 Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo Renault Scenic ano 2000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075. Vendo vespino 82E, ano 89. 49cc.Tel. 617 375 387. Vendo galos kikos.Tel. 617 375 387. Véndese Home cinema Samsung sen usar por 40 euros. Tel. 603 507 434. Vendo galo de Mos. Tel. 988 248 967 e 677 023 736. Vendo coche Opel Astra. Prezo a convir. Tel: 606 722 866. Véndense coleccións de sellos de correos en perfecto estado das temáticas de fauna e outras, a moi bo prezo.Tel. 605 388 596. Véndese extrulladora de viño case nova por 180 euros. Tel. 647 70 41 80 Vendo mobles de segunda man, moi pouco uso, comdor, tresillos, dormitorio, lámpadas, etc. Tel. 650 978 479. Vendo caldeira de calefacción de gas cidade Roca, apeiros de labranza antigos para decorar, sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo quentador de auga Fagor con 4 meses de uso por 150 euros e mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 255 963. Vendo ordenador portatil, 150 euros, tel.647 272 198.

Ofrécese señora con experiencia e títulos de auxiliar de enfermeria e axuda no fogar para coidar anciáns ou enfermos unha hora ao día. Tel. 620 052 173

Véndese piso en Xinzo, 3 habitacións, cociña, salón, 2 baños, ascensor, garaxe, calefacción, fío musical, gran trasteiro, venda interesante para xente nova (menor de 35 anos) porser subvencionable a corto e medio prazo. Prezo interesante. Tel. 626 99 41 76

LOCAIS Alugo oficina r/Progreso ao lado Pazo Xustiza, acondicionada, tel. 637 00 59 10.

Luca aniversario: 03.04 Luca, moitas felicidades, no teu sexto cumpleanos; e moitas felicidades polo teu novo irmán Xabi, cóidao moito. Bicos, dos teus padriños Manolo e Pili e de Iago e Adri..

Alugo local económico xunto parada de autobús. 988 244 790. Alugo oficina amoblada de 20 metros cadrados, con 2 postos de traballo. Prezo a convir. Tel. 627 203 131.

Edificio onde recollían a “ración” os obreiros que traballaron na construcción do ferrocarril Madrid-ZamoraOurense-Vigo (M.Z.O.V)

Vendo por xubilación negocio de mercería, lencería e confección. Moi bo prezo. Tel: 988 220 184 e 600 238 861. Alugo carniceria A Granxa (ou outro negocio). Zona San Francisco. Telf: 988235876. Preguntar por Mª Carmen.

GARAXES Alúgase praza de garaxe para moto no centro (frente centro saúde Valle Inclán) 30 euros. Tel. 636.32.95.24

Ofrécese chica para limpeza de portais a prezo moi economico.Tel l639 713 600 Ofrécese chico para traballar fin de semana en calquera cousa e sen horarios.Con experiencia no transporte.Tel. 697 130 070 Ofrécese señor (45 anos) para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,e tc. (pertencente FCSE) Tel. 662 54 60 32. Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e inglés, tecnicas de estudo. 12 anos de experiencia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasado curso. Visita informativa e 1ª clase gratuitas. Tlf. 678700573, 988375081. http://fidelformacion. blogspot.com. fidelprofesor@hotmail.com. Danse clases de Debuxo e Pintura (tamén debuxo técnico). Licenciada en Belas Artes, experiencia como profesora. Prezos asequibles.669603414 e pinalmaria@hotmail.com . Ofrécese señor para toda clase de traballos: limpeza de fincas, electricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 35 06 Ofrécese señora para traballar por horas. Tel. 666 17 35 06 Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 125 129. Ofrécese señora para traballar por horas. Tel: 629 951 153 Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora con experiencia e boas referenzas para coidado de persoas maiores, nenos, tarefas do fogar, con curso de auxiliar de axuda a domicilio, polas tardes. Tel. 685 37 41 91. Danse clases individuais de Materias dos 4 Cursos do Grao en ADE, especialmente de Contabilidade e Matemática Financiera, Estatística e Matemáticas (I e II). Certificado de Formador e CAP. Ampla experiencia. A domicilio.Tel.: 610 38 25 89 e arvaca1@gmail.com. Danse masaxes relaxantes, descontracturantes e tratamento de lesións. En local ou a domicilio. Pablo (605 863 150). Prezo económico Ofrécese rapaza para servizo doméstico ou limpeza de escaleiras, zona Vinteún. Tel 636 392 525. Fanse traballos de Photoshop: restauracion de fotos antigas e composicions. Tel: 663 034 262. Ofrécese rapaza responsable para limpeza e coidado de persoas maiores. Tel. 663 129 136 (Sasha) Ofrécese rapaz responsable, serio para traballar en enlucidos e xesos en xeral, etc. Tel. 697 439 066 (Antonio). Ofrécese rapaza para traballar coidando persoas maiores, limpando etc., telf 676 928 138, experiencia e titulo. Ofrécese señor para desbrozar fincas. Tel. 637 00 59 10


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº115/105/91/54 - Ano: XI - Marzo 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser 4TELÉFONOS DE INTERESE reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634. Concello Ourense 988 388 100

4CARTAS AO DIRECTOR Indignación, rabia e impotencia Iso é o que sentimos moitos pais /nais ante a noticia, a estas alturas do curso, de que nos deixan sen colexio. As “monxiñas de Sobrado do Bispo” deixan aos nosos fillos na rúa, sen máis solución que cambiar ao colexio Miraflores, moito máis caro e afastado das nosas casas, ou buscarnos a vida. Viva a caridade cristiá! Os nenos non son rendibles. Para a igrexa, ou mellor dito para esta congregación, a educación dos nenos non é prioritária. Non son rendibles hai moitos anos pero nunca antes dixeron nada, parece ser que o ter en proxecto unha residencia de anciáns, tipo San Rosendo de Celanova, motívalles a apurar o cesamento de toda actividade académica. Claro, os ancianiños con ricas herdanzas son máis golosos que uns simples nenos sen máis beneficio que o seu proxecto de futuro! Nunca foron do meu agrado os colexios de curas ou monxas, pero recoñezo que a educación que se imparte, os valores que transmiten, preparan mellor aos homes e mulleres do mañá. Os profesores do “Madre de Dios” de Sobrado quedaron igual que nós os pais: a cadros. Ningún o sabía até media hora antes que nós, algúns poderán recolocarse no colexio Miraflores pero outros, os máis, vanse á rúa, e coa

nova lei de despedimentos, cunha man diante e outra detrás, despois de dedicar toda a súa vida á educación dos “Homes do Mañá”. De vergoña. Os pais andamos como tolos buscando nova ubicació para os nosos fillos, e claro queremos que sexa do estilo do que estabamos a recibir. Está dificil. A relación calidade-prezo estaba moi ben, e agora ímonos á pública (ao Ruxidoiro, porque o Filomena Dato, nin falar, uf!) ou privadas (carísimas) ou as concertadas (cheas). Veremos que facemos pero aínda que só nos quede a rabecha, dicir que as Señoras Monxas da congregación das escravas da eucaristía (e póñoo en minúscula á mantenta) de-

4SUDOKU

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE fraudáronnos con fartura. Espero que se fagan moi ricas coa residencia de anciáns, que consigan chimpar moitas herdanzas e que lles aproveite moito. E sobre todo que consigan un negocio rendible. E ás familias, que nesta época de crise por todos lados, déixannos aos fillos sen a única cousa boa que hoxe en día lles podiamos ofrecer que é unha boa educación, a tomar vento. Viva o exemplo das monxitñas! Viva o silencio do Bispado! Viva o libre albedrío e que cada un pense en si mesmo! Viva o sacrificio polo próximo! Viva, viva, e viva! AMEN. Unha nai moi cabreada

(nivel difícil)

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 9:30 19:00 13:00 10:00 16:30 20:30 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 10:30 16:00 20:00 11:10 17:30 21:25 AECC 988 219 300 21:00 11:45 17:00 12:25 18:30 C. C. Antisida 988 233 000 12:50 18:00 13:30 19:30 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 4AUTOBUSES URBANOS: Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 liñas e horarios en www.urbanosdeourense.es Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 988 370 313 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos Down Ourense

Domingos e festivos

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ ourenseporbarrios.com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno] [Envíanos as felicitacións a info@ourenseporbarrios.com, ou r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense] [Para resolver o sudoku, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9]


24

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

SAÚDE

O ambulatorio da Valenzá ten enfermeira por horas 4 BNG e SATSE denuncian as consecuencias e riscos deste insuficiente servizo. Redacción O BNG de Barbadás e o Sindicato de Enfermeiría veñen de denunciar as consecuencias da non contratación dunha enfermeira para o centro de saúde de Barbadás logo de que a anterior se xubilase. Desde ese momento é unha profesional, co seu posto de traballo no centro de saúde da Valenzá, a que vai a cubrir a praza vacante de Barbadás, cun horario de atención aos pacientes “reducido a unha hora durante tres días (de 8 a 9, os luns, martes e xoves) e unha hora e tres cuartos dous días (de 8 a 9,45 os mércores e venres)”, explican os nacionalistas. Polo que, o médico de Barbadás e a enfermeira non coinciden no centro de saú-

de, dado que o facultativo está presente a partir das 10. O que está a ocasionar “molestias e atrasos nas valoración médicas de atención primaria e na realización de probas médicas que poderían ser o primeiro paso para diagnosticar outras dolencias máis graves”, apuntan dende o BNG. Esperas dun mes para facer análises de sangue Pola súa banda, o Sindicato de Enfermeiría explica que este problema “está a provocar que a lista de espera para a realización de análise de sangue se eleve xa a un mes ou máis”. Na actualidade, sinalan desde SATSE, “só hai dúas enfermeiras na quenda de mañá e unha delas ten que ir ao consultorio de Barba-

dás entre as 8 e as 10 horas co que só queda unha para atender o centro de saúde da Valenzá, o núcleo de maior poboación, con máis de 3.000 pacientes”. “Sería preocupante que se producise dous casos urxentes simultáneos e que a enfermeira do centro se vise obrigada a atender a un en detrimento do outro”, apuntan dende este sindicato. Solución urxente Ante esta problemática, tanto o BNG como SATSE solicítanlle ao rexedor municipal, José Manuel Freiro Couto, unha “solución inmediata a unha situación que afecta a todos aqueles que poidan precisar atención sanitaria urxente”, recalcan dende SATSE.

Cinco centros de saúde aumentan a súa oferta asistencial polas tardes 4 De médicos de familia, pediatras e enfermería. Redacción A partir de abril os pacientes dos centros de saúde da Ponte, Valle Inclán, A Carballeira, A Valenzá e Novoa Santos beneficiaranse da ampliación da oferta asistencial na quenda de tarde, tanto para acudir as consultas de enfermería como de médicos de familia e pediatras. Con esta medida, a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras cumple o seu obxectivo de ampliar a asistencia nos centros de saúde con maior volume de usuarios adscritos a esta quenda; de xeito que serán 30.562 ourensáns os que verán modificado o seu horario de asistencia a par-

O centro de saúde Valle Inclán é un dos afectados./P.L. tir do próximo mes. Os cales recibirán, nestes días, unha carta informativa. Ampliación da oferta asistencial en pediatría Esta iniciativa tamén ten en conta a oferta asistencial pediátrica dalgúns dos centros de saúde con maior número de poboación infan-

til, como os de A Valenzá, Valle Inclán, A Ponte e Novoa Santos. En total 7.744 nenos adscritos á quenda de tarde verán ampliada a súa asistencia pediátrica. Nembargantes, esta redistribución non afecta nin ao número de profesionais do cadro de persoal destes centros, nin a atención urxente.


SAÚDE

4VETERINARIA

Podemos distinguir dous tipos de causas: 2. Causa non orgánica: *Frustacion reiterada ou crónica. Son situacións nas que o animal non pode levar a cabo conductas para as que mostra unha motivación intensa. Por exemplo, cando o animal se mantén moito tempo aillado nun ambiente pobre en estimulos, de modo que non pode mostrar o seu comportamento exploratorio normal nin manter interaccións sociais con outros cans ou persoas. *Ansiedade por separación. *Situacións nas que o animal non pode prever nin controlar o seu entorno, xa que esto é unha causa importante de estrés e pode dar lugar a condutas compulsivas. O tratamento das estereotipias consiste nunca modificación da conduta é vez que nun tratamento farmacolóxico. As estereotipias poden aparecer a calquera idade e son igualmente frecuentes en machos que en femias, aínda que se describiu unha certa predisposición racial.

4GUÍA DE SAÚDE

25

4PAIS E FILLOS

Papá

Estereotipias (II) [Vén do número anterior]

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

Así, a conduta de perseguirse a cola parece ser especialmente frecuente no Pastor Alemán e o Bull Terrier, mentras que a dermatite acral por lamido parece que se observa con maior frecuencia en razas como o Labrador, Doberman, Akita, Maltes, Dálmata, Setter Ingles, SharPei, Schnauzer mediano e Weimaraner. E é moi importante lembrar que as conductas anteriores deben considerarse estereotipias únicamente cando cumplen as tres caracteristicas mencionadas ao principio, cando o animal as realiza de forma moi repetitiva e invariable e ademáis non parecen ter ningunha función. E sempre ante calquera dúbida consulte ao seu veterinario. Covadonga Suárez, Departamento etoloxía Hospital Veterinario Abros

As estereotipias son condutas repetitivas, invariabes e sen función aparente

Eu non son pai, son nai, sei o que sinto como nai e o que sería capaz de facer polos meus fillos como nai. Pero que sente un pai?, que significa ser pai?. Jean Xaques Rosseau “Un bo pai vale por cen mestres”. Anne Sexton “Non importa quen foi o meu pai. O importante é quen lembro eu quen foi”. L. Serrat “O oficio de ser pai debe aprenderse. Amar aos fillos é máis que un simple sentimento; é unha toma de conciencia sobre certas responsabilidades que conduzan á felicidade do ser amado”. Non son pai, pero si que son filla e teño un pai. O meu pai, para min é o mellor do mundo. Sempre estivo aí nos mellores e nos peores momentos da miña vida, axudándome cos problemas de matemáticas, sendo o meu exemplo ante a estupidez do consumismo adolescente, contándome contos de aventuras todas as noites e historias de descubrimentos nas nosas viaxes, facendo mil mudanzas na Universidade e dándome apoio nos meus proxectos empresariais. Un día, hai pouco tempo, o meu pai contoume

unha historia e entendín que é ser pai e como sente un pai. Pois ben, a historia é a seguinte: “Érase unha vez unha familia de ratos, os avós ratos, os fillos ratos e os netos ratos, que vivían moi felices e tranquilos no seu buraco, pero un día alguén quixo desfacerse de toda a familia de ratos e puxo veleno na entrada do tobo. O rato máis vello, o avó, detectou o veleno e deuse conta que se penetraba na súa gorida e respirábano todos acabarían morrendo. O rato vello, colocouse na entrada e empezouse a inflar e inflar evitando que entrase o veleno. O rato avó morreu, pero o seu sacrificio salvou ao resto da súa familia”. Iso é o que fan os auténticos pais, a súa felicidade é xenerosa, a súa vida sacrificada na educación e atención dos seus fillos. Antes que na súa propia felicidade, pensa na felicidade dos que dependen del. Non é egoísta. É protector. Un pai sempre esta aí como mestre, guía, cómplice, amigo, pero sobre todo como pai. Grazas papá! Diana R. Salgado Psicóloga

[Se quere anunciarse chame ao 988 239 634]

O presidente da Xunta na inauguración do centro de saúde de Vilamarín./XOAN CRESPO.

A licitación do edificio de hospitalización do CHUOU, en semanas 4 Feijoo reiterou o compromiso do Goberno galego co complexo hospitalario ourensán. Redacción O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou, durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde de Vilamarín, o compromiso do Goberno galego de, a pesar da crise económica, preservar e mellorar o servizo público sanitario galego. Ao longo da visita, Feijóo referiuse ao compromiso do Executivo galego coa ampliación e a reforma do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. “Un compromiso –salientou- que cada día adquire máis concreción”, avanzando que nas vindeiras semanas licitarase todo o novo edificio de hospitalización completo do complexo hospitalario. “Será

Descende o número de casos de tuberculose en máis dun 60% Redacción

Con motivo da celebración do Día Mundial da Tuberculose o 24 de marzo, os responsables da sanidade pública deron a coñecer os datos da incidencia desta enfermidade en Galicia.

un investimento próximo aos 60 millóns de euros, que se contextualizará nun investimento máis global e máis ambicioso que suporá máis de 100 millóns de euros, na remodelación integral no Plan Director de reforma e ampliación do Hospital de Ourense. Comezaremos polo máis importante, por un edificio novo, onde se alberguen todas as camas, toda a capacidade de hospitalización e toda a capacidade hoteleira que ten ese hospital”. Así mesmo, o presidente remarcou que a aposta por unha política sanitaria máis eficiente permitirá poñer 17 novos centros de saúde a disposición dos cidadáns nesta lexislatura; “estamos reformando outros 8 e estamos en plena construción doutros 4”, concluíu. Segundo as estatísticas sanitarias, o número de afectados por tuberculoso descendeu un 61,3% nos últimos 15 anos, de 1996 a 2010. Neste último ano rexistráronse en Ourense 83 casos. A diagnose rápida é a fórmula máis eficaz para mellorar os resultados do tratamento e para evitar contaxios, por iso ante unha tose persistente, de máis de dúas semanas, aconsellan consultar co médico.


26

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

10 anos de Ourense por Barrios

4 Nesta terceira entrega da historia de Ourense por Barrios, repasamos o máis destacado do publicado durante 2006. Paula Lodeiro O ano 2006 iníciase coa nova de que o Concello de Ourense contrataría un préstamo de nove millóns de euros “para poder realizar os investimentos que a cidade precisa sen aumentar a presión fiscal dos cidadáns”. Daquela tamén informábamos de que representantes de Concello, Xunta e Fomento se reunían “para avanzar no proxecto de integración ferroviaria da cidade” e que Patrimonio obrigaba a paralizar as obras de Xardíns das Burgas, coa ‘ameaza’ da empresa de reclamar danos e prexuízos se non lle deixaban continuar coa construción do seu hotel-balneario. Outro titular deste número: “O Concello sacará a concurso a construción e explotación do centro termal do antigo cárcere”. E nunha reportaxe analizábamos como acollían os hosteleiros a entrada en vigor da lei antitabaco, aquela que aínda permitía fumar en bares e restaurantes de menos de cen metros. En febreiro de 2006, número 42 de Ourense por Barrios, informábamos de que o vandalismo lle custaba ao Concello de Ourense preto de 300.000 euros ao ano, que asociacións do norte da cidade vían prioritaria a construción dun centro

de saúde, e dunha visita ás obras do balneario de Outariz. “A declaración das Burgas como Bic enfronta a Concello e Xunta” era titular de portada do mes de marzo, número no que dábamos conta do apoio dos diferentes políticos ao proxecto de reforma da Praza de Abastos e da apertura ao tráfico da ponte que une As Camelias e O Polvorín. Outro titular no interior da publicación: “Touriño sitúa en 2008 o inicio das obras do AVE Lubián-Ourense”. Abril chega con boda “As duchas do Pavillón estarán en obras ata xuño” para que as augas das Burgas pasen a usarse só como fonte de calor era noticia de portada en abril. No interior do periódico, recollíamos, entre outras, estas noticias: “O Goberno central desbloquea a chegada da alta velocidade a Ourense” licitando o contrato para redactar o estudo informativo sobre a integración do ferrocarril na capital, ou a que fora a primeira voda gay dun cargo electo do PP, a do daquela concelleiro de Cultura, Pepe Araujo. “Barbadás e Ourense chegan a un principio de acordo sobre Finca Fierro”, “A Ponte estrea parque”, ou a “Convivencia veciñal en

A visita dos Reis a Ourense foi unha das novas máis lidas do Ourense por Barrios de xullo. Expourense” eran titulares das tres portadas de Ourense por Barrios do mes de maio de 2006, no que tamén informábamos da previsión de que o hospital de Toén pecharía en tres anos. O fracaso do intento de sacar adiante a reforma da Praza de Abastos á marxe do BIC das Burgas era tema do mes de xuño en Ourense por Barrios. En canto á actualidade veciñal, a Federación Limiar pedía máis limpeza e solucións aos problemas de saneamento e abastecemento no rural, veciños da rúa Manuel Murguía opúñanse ao traslado dunha parada de autobuses e en Cudeiro rexeitaban o trazado da autovía a Lugo. Visita “real” A visita dos Reis a Ourense protagonizaba a portada de Ourense por Barrios de xullo de 2006. Don Juan Carlos e Doña Sofía estiveron na fábrica de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo e xantaron no mosteiro de San Clodio. Neste número,

A paralización das obras do Xardín das Burgas foi a fotografía central da portada de xaneiro.

En setembro o daquela alcalde, Manuel Cabezas, anunciaba o remate da súa vida política para febreiro de 2007

ademais, unha enquisa entre os veciños da Valenzá consideraba que as piscinas municipais quedaran pequenas para tanta xente, ou a campaña de Limiar para reclamar o bombeo urxente para o río Barbaña. O lume que arrasou os montes da parte norte da cidade durante dúas xornadas de agosto (unhas 576 hectáreas) foi foto de portada no número deste mes de Ourense por Barrios, mes no que informábamos do comezo das expropiacións para construir os viais de acceso a Carrefour ou da defensa que facían os responsables de Sanidade da mellora da atención na Valenzá. O daquela delegado de Sanidade, Juan José Monedero, recoñecía a este periódico que Barbadás precisaba dun novo centro de saúde. “A Xunta construirá a medio prazo un novo edificio xudicial en Ourense”, así titulábamos en setembro de 2006, e nesa mesma información recollíamos que nos mesmos terreos estudábase ubicar o centro de saúde do Couto. A inauguración das pozas do Muíño da Veiga ou o anuncio do alcalde, Manuel Cabezas, de que deixaría o seu posto en febreiro de 2007 eran outros temas, que xunto a curiosidades como a noticia de que unha rapaza

ourensá, Miriam Figueiras, ía participar en “Eurojunior”, completaban este número. Unha fotografía do solar en obras do futuro centro cívico do casco histórico era unha das imaxes de portada de Ourense por Barrios de outubro de 2006. Neste mes, incluíamos unha reportaxe sobre o transporte na nosa cidade, comparando as vantaxes e inconvintes do uso do autobús, o vehículo privado e ir a pé. Ademais, inicíabase a carreira electoral para as municipais de maio de 2007 coa presentación do candidato do PP, Enrique Nóvoa, do socialista Francisco Rodríguez, e de José Luis Valcárcel por Terra Galega, e o Concello de Barbadás informaba de que saía a concurso a obra para dotar de céspede artificial o cam-

como un especial fotográfico dos magostos. 2006 remataba coa inauguración da nova sede da Policía Local na Ponte, coa aprobación inicial do Plan Parcial de Rabodegalo, que prevía 700 vivendas, ou coa oposición de veciños da rúa Cabeza de Manzaneda á instalación dun local do Comité Antisida, estas, entre outros, eran informacións recollidas en Ourense por Barrios nun mes no que a súa empresa editora, Letras a la Carta SL, lanzaba o novo Barrios Xinzo-Verín, publicación mensual gratuíta para as comarcas da Limia e Monterrei.

En novembro arrancou a carreira electoral para as municipais do maio seguinte

Portada da edición da Ponte de decembro de 2006. po de fútbol de Os Carrís e construir o polideportivo da Valenzá. Un galego gaña a San Martiño 2006 Concello, Confederación Hidrográfica e Xunta buscaban unha solución á depuradora de Reza, que fora declarada ilegal, alá por novembro de 2006. Neste número recollíamos a visita do Príncipe a Ourense, a vitoria dun galego na Carreira Popular da San Martiño, así

Colaboracións Seguiremos recordando a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co periódico escríbenos a info@ ourenseporbarrios.com ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebook (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asunto “10º aniversario Ourense por Barrios”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

27


28

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

Volve o Talonario de Primavera Ponte Vella

A campaña promocional “Talonario Primavera 2012”, estará en vigor desde o 9 de abril ao 31 de maio, coa intención de continuar tendo a gran acollida recibida nas edicións anteriores por parte dos usuarios do centro comercial ourensán, posto que facilita as súas compras. O éxito débese á completa oferta do mesmo e aos importantes descontos que ofertan os comerciantes adheridos á mesma, destacando o 10% en Haley (oferta difícil de igualar en alimentación), e ata un 30% noutros sectores. Os clientes teñen até o 31 de maio para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todos os cheques poden aforrar un importe superior aos 1.500 euros. Tamén participan neste talonario Termas de Outariz e Chavasqueira, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e unha fin de semana en Hotel Rural Casa de Mein. Nesta ocasión, a través do cupón correspondente, os amantes das motos poden obter un desconto especial nas súas entradas para asistir á X Concentración Internacional de motos-showbike, que se celebrará do 25 ao 27 de maio en Ourense.

especial PRIMAVERA

Máis de mil familias confiaron xa en Mundoclases Mundoclases nace en Ourense en marzo de 2006, cun método didáctico baseado no ensino personalizado. Hoxe en día, no centro de Mundoclases Ourense confiaron máis de 1.000 familias. Isto fixo que no ano 2010, e animados polos bos resulatdos académicos Mundoclases comezara a súa proxección a nivel nacional a través do modelo de franquía. Apenas dous anos despois, xa son 10 centros que fomentan o método personalizado desta marca. José María Villarmea é o seu director. Que tipo de servizos ofrecedes en Mundoclases e a quen van dirixidos? José María Villarmea: “Os servizos que ofrecemos están vertebrados a través do ensino personalizado, con dous servizos como referenza as clases particulares a domicilio e as aulas de alto rendemento. Impartimos clases a todos os niveis, desde infantil ata universidade”. En que se basea o voso método? J.M.V: “O noso método baséase en dous alicerces: por unha banda, a diagnose das necesidades a través dunha entrevista co pai e/ou alumn@. A través dunha entrevista persoal fíxanse os obxectivos coas familias, e os alumnos pasan unha proba de

A sede de Mundoclases está na rúa Teluro, ubicada detrás do colexio Maristas. nivel para coñecer o punto de partida das clases. Doutra banda, establecemos unha serie de seguimentos; diarios; neste caso a axenda é o medio polo cal a familia queda informada das materias traballadas, contidos, tarefas pendentes etc. Realizamos tamén seguimentos mensuais con informes e probas de avaliación do alumno co fin de analizar o seu rendemento. Ademais, en todas as nosas clases particulares, están implícitas unhas estratexias de aprendizaxe que axudan aos alumnos a mellorar o seu rendemento”. Que lle diriades a un pai ou nai preocupado polos resultados académicos do seu fillo? J.M.V: “Podemos falar de dous aspectos diferenciadores: a prevención, en Primaria é fundamental a través dun bo programa baseado en

dotar aos alumnos dunha serie de ferramentas (estratexias de aprendizaxe) para a súa planificación, organización e sobre todo a súa rutina. Creo que a rutina é a base do éxito dos alumnos. En canto aos alumnos con baixo rendemento, polo xeral o noso método baseado nos seguimentos e a avaliación continua a través do ensino personalizado, achéganos moi bos resultados. Dependendo do perfil do alumno derivaríase a clases a domicilio ou ás aulas de alto rendemento”. Tedes algún proxecto en marcha? J.M.V: “Para o próximo curso poremos en marcha o servizo de Canguros pedagóxicos así como o proxecto de Mundoidiomas”. [+ info en 988 392 249]

Ourense conmemora a Semana Santa Redacción O Bispado de Ourense ten preparado un completo programa de actividades relixiosas para conmemorar a Semana Santa, desde Domingo de Ramos, día no que se realizará a partir das 11 da mañá a bendición dos ramos e a procesión co Paso dos Nenos, dende o Parque de San Lázaro ata a Catedral, onde terá lugar a misa estacional. O mércores 4, ás 20 horas, celebrarase na Catedral a misa crismal. O Xoves Santo, ás 16 horas, terá lugar a celebración “In Cena Domini” no asilo de San Xosé, ás 17 na parroquia da Inmaculada e nas Escravas, e ás 17:30 na Catedral. Ás 18 horas terá lugar esta celebración nas parroquias Sagrado Corazón, María Auxiliadora, Carmelitas Descalzas e Asunción; media hora despois en Santo Domingo, Santísima Trinidade, San Pío X, Milagrosa, As Caldas, O Couto e Santa Teresita; ás 19 horas na parroquia de Cristo Rei e ás 19:30 nas de Santa Eufemia e Santa Ana do Pino. A Paixón do Señor O Venres Santo, ás 17 horas, a Catedral acollerá a conmemoración da Paixón de Cristo, ao mesmo tempo que o farán as parroquias da Santísima Trinidade, Inmaculada, María

Auxiliadora, Asunción, Caldas e Carmelitas Descalzas. Ás 17:30 será o turno da Milagrosa, Franciscanos e San Pío X. Media hora despois terá lugar no Sagrado Corazón, Cristo Rei, Santa Teresita e Santa Eufemia. Ás 6 da tarde será en Santo Domingo e San Xosé e ás 7 en Fátima. Por último, o día rematará ás 21 horas coa procesión do Santo Enterro. Sábado Santo O día da Vixilia Pascual dará comezo ás 7 da mañá coa procesión da Soidade, que sairá da igrexa da Santísima Trinidade, con via crucis e sermón na Catedral para rematar onde comezou. Xa ás 21 horas, será o momento da solemne Vixilia Pascual nas parroquias de Santo Domingo, Sta Eufemia, Santísima Trinidade, Sagrado Corazón, S. Pío X, María Auxiliadora, Sta Teresita, S. Xosé, Franciscano, Asilo de San Xosé, Escravas e na Milagrosa. Ás 22 horas conmemorarase na Catedral e na parroquia da Inmaculada e ás 23 nas da Asunción, Santa Ana do Pino e Carmelitas. Resurrección A Semana Santa pecharase o domingo de Pascua de Resurrección. Ás 12 celebrarase a misa na Catedral e ao seu remate terá lugar a procesión de regreso coa imaxe de Santa María Nai á súa igrexa titular.


PRIMAVERA especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

Colexio Plurilingüe Valentina Bebé, calidad a muy Divina Pastora buen precio en ropa clásica Franciscanas PUBLIRREPORTAXE

de niño de 0 a 3 años

Esta tienda ha abierto sus puertas este mes en la avenida de la Habana, 47. Una línea de ropa clásica de 0 a 3 años, con diseño y calidad de primera y precios muy ajustados es lo que ofrece la nueva tienda Valentina Bebé, que abrió recientemente sus puertas en la avenida de la Habana. Esto es posible ya que en Valentina Bebé son fabricantes y forman parte de una cadena de tiendas con cinco puntos de venta en España y Portugal, y con expectativa de nuevas aperturas en los próximos meses. “La ropa clásica y elegante de bebé suele ser cara, pero no en nuestro caso; es un producto con una confección muy buena y que vendemos a precios competitivos por ser fabricantes”, indica el propietario del establecimiento. Tendencias Valentina Bebé ha abierto en Ourense con ropa de la nueva colección primaveraverano ya en su escaparate y sus estanterías. Prendas de punto y textil en las que destacan los tejidos de algodón y pique, en peleles, ranitas con camisa, o jesusitos (vestido corto para niña) con braga a juego.

Fachada de Valentina Bebé. Los abrigos de pique para niño y niña vienen en tonos blancos y los chales para recién nacidos los podemos encontrar en azul, rosa o gris.

En sus estanterías también podremos encontrar algún detalle en calzado, prendas artesanas como patucos hechos a mano o faldones de bautizo.

Estamos en: Av. Habana, 47 - Tel. 988 60 69 43 Horarios: de lunes a viernes, de 10 a 13:30 y de 16 a 20 h. Sábados de 10:30 a 13:30 y de 16 a 30 h.

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas contan con moitas e moi variadas actividades. O centro dispón de multitude de servizos variados de apertura en vacacións de Nadal, Semana Santa e verán. Contan cun servizo de acollida matinal de modo que se pode deixar aos nenos desde as 07:45 horas. Un excelente servizo de comedor e unha ampla oferta de actividades extraescolares permiten que o alumnado poida estar até as 19 horas. “Todos servizos están orientados para permitir unha conciliación da vida familiar e laboral”, explica Juan Luis Rodríguez, orientador educativo e director desde fai dous anos. O centro, engadiu na súa denominación o carácter de Plurilingüe. Así, impártense en inglés as materias de Educación Plástica (en Primaria) e Educación Física (en Secundaria). Contan cunha auxiliar de conversación nativa que axuda a mellorar a pronuncia nas aulas e fomentan os cursos internacionais e os campamentos internacionais, con outros alumnos europeos e con profesores nativos do Reino Unido. O alemán tamén se potencia e en breve haberá un intercambio cun centro alemán. Doutra

banda, é o único centro que ofertas chinés como actividade extraescolar, con profesora nativa. Extraescolares Máis de 760 alumnos gozan das moitas actividades extraescolares: queremos destacar a apertura dunha canle de TV propio “Lúa TV” a través da web, o alumnado de audiovisuais grava, editan e, en ocasións, emite en directo. É o segundo ano que teñen o obradoiro de dirección de cinema onde se elaboran curtametraxes. O Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas ten unha ONG propia “LADESOL, lazos de solidariedade” que promove actividades culturais e educativas coa finalidade de recadar fondos para proxectos solidarios en países subdesenvolvidos. O centro ten unha clara tendencia á dixitalización cunha intensa política de renovación dos seus equipos informáticos. En maio celebraran os 43º Xogos Florais, unha alegoría á literatura coa proxección da obra teatral “Eu soño”, a entrega de premios de literatura galega e castelá, concurso de poesías e acto de despedida dos alumnos de 2º de bacharelato.

29

“Cociña de Coresma” en Santo Estevo

Coincidindo coa Semana Santa, o Parador de Santo Estevo ofrecerá do 5 ao 8 de abril unha mostra gastronómica das costumes de España denominada “Cociña de Coresma”, baseada neses platos que se consomen nesta data e que caracterizan a cada rexión do noso país. Con esta iniciativa, Santo Estevo quere achegarlle a todos os seus clientes os platos máis significativos da cociña galega e “recuperar os costumes culinarios”, para o que ofrecerán dende o Xoves Santo ao Domingo de Resurrención un menú especial composto por tres entrantes (empanada de vieiras en pan de millo, paté de peixes de Roca e cococha de merluza en tempura con confitura de piquillos), un primeiro plato que consiste en fabas de Lourenzá con ameixas e un segundo de lomo de bacallao confitado con suave do seus callos. E como sobremesa, requesón con mel, pudin de coca de Pascua e cañas recheas de crema de castañas. E regado por viño branco godello Adega Bella, tinto mencía, auga, café, infusións e licor galego. Unha proposta gastronómica inigualable que por só 40 euros achegará a quen goce dela á mellor cociña galega de Coresma.


30

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

especial PRIMAVERA

Xel de última xeración, en “Más que Uñas” Atende con cita previa no local 5 de Galerías Xesta, na rúa Santo Domingo Logo de moitos anos traballando no sector e de probar diferentes produtos, Quina Pardo abriu, xunto ás súas fillas María e Leonor García, o establecemento “Más que Uñas” no que ofrece ás clientas ourensás uñas de xel de última xeración, duradeiro, natural, resistente e que non se levanta. “Despois de ter probado moitos produtos, conseguín este e me gusta porque o que lle ofrezo á clienta o consigo”, explica Quina, sinalando que leva catro anos traballando con este xel. O que logra o produto é que non teñamos que prestarlle atención ás mans durante un mes, cando con esmaltes normais temos que estar pendentes delas cada poucos días. “Manteñen o brillo e o estado como ao principio, durante catro semanas”, indica esta experta, que se compromete a devolverche o diñeiro se se levanta o xel antes das catro semanas, e que as recomenda para manter as túas mans perfectas e para casos de uñas mordidas

Quina Pardo e María García amosan a técnica das uñas de xel. ou débiles. que Uñas” ofrece o reEn “Más que Uñas” rea- cheo do primeiro mes a 20 lizan ademais todo tipo de euros. manicuras e traballos reali“Más que Uñas” atende zados coas uñas. con cita previa no 683 42 64 99, pois o proceso de colocaPromoción de apertura ción das uñas de xel durante O prezo por uñas de xel é ao redor de hora e media. O de 40 euros máis 25 euros establecemento está no local por recheo, pero como pro- 5 das Galerías Xesta, da rúa moción de apertura, “Más Santo Domingo.

“O Gato con Botas”, zapatería e moda infantil Ata para rapaces de 14 anos. En “O Gato con Botas”, na Valenzá, podedes atopar roupa dos 0 aos 14 anos. Un amplo catálogo de marcas como “Bóboli”, Desigual, Conguitos, Garvalín, Agatha Ruiz de la Prada,... aportan unha explosión de cores para os máis pequenos da casa. Roupa con moito colorido, leda, moderna, funcional. De uso diaria. Unha alternativa orixinal para os nenos, unhra roupa distinta. Ademais, “O Gato con Botas” tamén traballa calzado, todo feito en pel e de fabricación española. Protexe e agarima os pés dos peques con marcas como “Puchitos” ou “Nens”, que é un zapato duradeiro, informal, todo terreo, con punteira reforzada, e moita cor, para os máis trastes. Con “Pataletas” dispomos dun zapato clásico e coqueto. E non esquezamos as sempre resultonas zapatillas de lona “Victoria”. Coñece xa a nosa tem-

O Gato con Botas xa ten á venda a tempada primaveraverán das mellores firmas de calzado e moda. pada primavera - verán: os verdes, azuis eléctricos, a cor terra ou “taupé” e o iris. Tamén temos complementos, bolsos, diademas, panos, etc. Estes días, en “O Gato con Botas” temos unha oferta de “2x1” en liquidación de prendas de inverno, ata fin de stock. En “O Gato con Botas” dispomos dunha zona de xogos para que os nenos poidan xogar e os pais des-

frutar da calidade da nosa roupa e calzado. Queremos que os pais estén cómodos e que os nenos estén a gusto. Ven visitarnos! Tamén estamos en Facebook, faite amigo noso e poderás recibir ofertas puntuais, novidades, etc. Horarios “O Gato con Botas” está aberto de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. E os sábados: 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

31


32

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

ENTREVISTA

ENTREVISTA A XOSÉ LUIS TROITIÑA - XERENTE DO LICEO DE OURENSE

“ O Liceo busca captar socios novos ofrecéndolles actividades para os seus fillos”

4 O xerente desta xa clásica sociedade cultural asegura que a pesar do paso do tempo “segue sendo ese espazo de literatura, de tertulia, de convivencia”. Paula Lodeiro O Liceo de Ourense é un dos espazos culturais máis antigos de España, pero a pesar da súa antigüidade, esta entidade soubo irse adaptando aos novos tempos e readaptando o seu programa de actividades en función das necesidades das novas xeracións. Pódese dicir que o Liceo é a asocición cultural máis antiga da cidade? Xosé Luis Troitiña: “Seguro, porque o Liceo naceu o 3 de marzo de 1850 e o Orfeón e as actividades deportivas son posteriores. É das sociedades máis antigas non só de Galicia senón tamén de España, xa que naceu a mediados do século XIX co fin de asociar a un tipo de burguesía relacionada coa artesanía. De feito, esta sociedade cultural naceu como “Liceo reunido de artesáns”, cunha vocación didáctica, xa que naquel momento non había colexios nin institutos, polo que neste tipo de instalacións a clase burguesa tiña un espazo no que estudar. O

que deu lugar a que dentro do Liceo fosen surxindo as distintas seccións de música, literatura... A partir de aí apareceron sociedades similares en Pontevedra e Córdoba, e, de seguido, coa revolución industrial, foron surxindo os círculos mercantís, pero xa son todos do século XX. E xa por último creáronse as sociedades deportivas, pero estas son moito máis novas”. A pesar do paso do tempo, o obxectivo último co que foi creado o Liceo segue vixente? X.L.T: “Os obxectivos, en certo modo, menteñen ese espíritu. De feito, o Liceo segue funcionando en seccións, como a de literatura, coa que buscamos involucrar a xente de toda índole e idades; a de arte e historia, coa que nos adicamos a percorrer a provincia de Ourense para recoñecer o noso patrimonio; a de sendeirismo, a través da cal, ademais de fomentar esa actividade deportiva, tamén nos achegamos ao seu lado máis cultural. Todo adaptándonos aos novos tem-

4 66.000 euros para rehabilitar o Liceo Nunha recente visista ao Liceo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, anunciou que o seu departamento “investirá 66.000 euros para a execución da segunda fase das obras de rehabilitación deste importante Ben de Interese Cultural”. Vázquez Abad explicou que “o contrato xa está asinado, e está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas”. As reformas que se van realizar consisten principalmente no pintado dos paramentos horizontais e verticais do escenario, o revestimento en tela do resto dos paramentos; a recuperación do zócalo de madeira preexistente, a limpeza, empastado e

pintado do falso teito; e a restauración das carpinterías, así como traballos de pintura do salón de columnas. Deste xeito, está previsto que no vindeiro mes de maio estean rematadas as obras de rehabilitación deste inmoble. Estas actuacións “son a segunda fase de rehabilitación dunha obra na que xa se investiran 167.000 euros”, recordou o conselleiro. Na primeira fase restaurárase o Salón Nobre e o Patio de Columnas da 1ª planta do edificio, despois de que se modificara o proxecto porque tras levantar o pavimento do chan do salón nobre e do corredor do patio, comprobárase que o estado da madeira da estrutura presentaba un grave estado de deterioro.

O Liceo conta na actualidade con mil socios que teñen á súa disposición, de xeito exclusivo, a biblioteca, a prensa do día ou xogos sociais./PAULA LODEIRO. pos, mostrando o que temos, pero sempre cubrindo as novas espectativas da sociedade. De todos os xeitos, o Liceo aínda segue sendo ese espazo de literatura, de tertulia, de convivencia”. Que actividades ofrece o Liceo para os seus socios como e cales ao público en xeral? X.L.T: “O Liceo nos últimos 25 anos tratou de abrirse á cidade de Ourense, polo que hai moitas actividades para o público en xeral. Pero logo hai outras propias dos socios, xa que esta sociedade vive da cuota que pagan os seus asociados, polo que eles merecen un trato distinto, xa que é o seu espazo. Por exemplo, a biblioteca é unha actividade privada, así como a lectura da prensa, os xogos sociais e determinadas ceas e actividades musicais. Unha das actividades que estamos pondo en marcha as ceas nas que os socios veñan acompañados dos seus amigos, para que estes últimos coñezan esta casa e remanten facéndose uníndose a ela tamén. Xa que estamos nun momento que máis que captar socios directamente apostamos por impulsar actividades interesantes que chamen a atención de

futuros asociados, xa que é a nosa única maneira de subsistir. Así mesmo, tentamos que Ourense teñan presencia no Liceo e o Liceo en Ourense”. Con cantos socios conta o Liceo na actualidade? X.L.T: “Conta con ao redor de 1.000 socios. Houbo un momento en que se acadaron os 1.800 fai uns 15 anos. Pero agora hai unha caída progresiva de socios, creo que un pouco como consecuencia da evolución da propia sociedade, xa que a xente non quere pagar unha cuota se non conta cun determinado servizo, por iso agora apostamos precisamente por ofrecerlles iso”. Cal é o perfil do socio do Liceo de Ourense? X.L.T: “Evidentemente a porcentaxe máis alta é de socios de avanzada idade, pero temos un grupo de 30 ou 40 persoas que son xente nova que utiliza a tranquilidade do Liceo para estudar, tomar un café ou empregar os servizos informáticos. É certo que os nosos socios son máis ben maiores, pero tamen é lóxico, xa que son os que máis tempo teñen para disfrutar desta instalación”.

Unha nova iniciativa que está a por en marcha esta sociedade cultural é unha ludoteca para as fins de semana, como surxiu esta idea? X.L.T: “O que intentamos é atraer á xente nova proporcionando actividades para os seus fillos. De aí surxe a idea dunha ludoteca, pero esta axústase ao noso contexto, é dicir, ao estar nunha sociedade cultural imos a organizar cursos de animación á lectura, de cociña, recuperar xogos populares, etc”. Que actividade destacaría dende que se atopa á fronte da xerencia do Liceo? X.L.T: “Eu levo case 20 anos no Liceo, polo que dende logo é moi difícil destacar só unha actividade. Iso sí, salientaría aquelas que permanecen no tempo, como son os encontros literarios, que levan 21 anos seguidos traendo a Ourense ás mellores figuras nacionais da literatura, como Juan José Millás, Manuel Vicent... Eses encontros que iniciou Carlos Casares e que seguen permanecendo pola súa coherencia. Tamén destacaría os ciclos de Visións de Galicia ou o de Xoves Investigadores, que

leva 15 anos en funcionamento”. O Liceo é un edificio histórico, precisa neste momento algún tipo de rehabilitación? X.L.T: “Un edificio como este, do século XVI, ten sempre cousas que mellorar. Si é certo que nos últimos 10 anos realizamos moitas melloras grazas a ser un BIC (Ben de Interese Cultural) e á dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que nos financiou a rehabilitación. Agora estamos a rematar unha obra no Salón Noble, ao que vimos de lle asegurar o piso e só queda a parte de pintura e decoración, que se rematará en breve, contamos que antes do verán. É un edificio que require moita inversión, pero hai que asumila pouco a pouco e con sentido”. Por último, como poden os ourensáns facerse socios do Liceo? e por que deberían facelo? X.L.T: “Nese sentido vén moi ben unha parte do título do voso xornal, “... por barrios”, xa que hai pouca xente dos barrios de Ourense que coñeza o Liceo, parece que só é do centro, pero é de todo o mundo, polo que convido a todos a que veñan e nos coñezan, que vexan o que facemos. E logo se dean de alta como socios, porque eu sempre digo que se un le tres periódicos ao día xa amortiza a cuota do Liceo, xa que hoxe custa uns 38 euros ao mes. Ademais, podes tomar un café nun lugar único ou gozar dunha tarde de fados con María do Ceo como terá lugar en breve (o 30 de marzo)”.

“Se un le tres periódicos ao día xa amortiza a cuota do Liceo”, asegura Xosé Luis Troitiña


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

33

Espectáculos para todos os públicos no Auditorio

O Sen Batuta encara a recta final da tempada

A Concellería de Cultura programou para este espazo municipal teatro danza, maxia, música e actividades para o público infantil

O 5 de abril o Paraninfo do Otero Pedrayo acolle a actuación de “Rödbert Trío”

O Auditorio Municipal de Ourense ten xa lista a súa programación para o mes de abril, con propostas aptas para todos os públicos e petos. Da mesma maneira rematan os eventos previstos para marzo: o día 30, Volta e Dalle Teatro presenta “Menciñeiros” e o día 31 os “Cantajuegos” traen ao Auditorio o seu espectáculo infantil, con dúas sesións. Abril, mes da MITEU Unha das citas esenciais de abril será a XVII Mostra de Teatro Universitario (MITEU) que traerá a varios escenarios da cidade, entre eles o Auditorio, grupos universitarios de teatro de diferentes puntos de España e do estranxeiro. A programación completa está aínda por presentar, pero xa se coñecen as datas: do 13 ao 28. Programa detallado O resto do mes de abril altérnanse as propostas para público infantil, coa cita semana xa fixada no calendario dos domingos ás 12 horas (o día 1 teatro: “Mamá Cabra 10+1”; o día 8, dan-

za: “Nubes”, do gurpo Aracaladanza; o día 15, maxia, co Mago Romarís; e os días 22 e 29, títeres, con “O sapo encantado”, de Títeres Tres Globos e “Cando chove e raia o sol”, de Viravolta Títeres, respectivamente. Xa para un público adulto, destaca o paso por Ourense do Ballet Clásico de Kiev, que trae ao recinto municipal a súa montaxe de “El lago de los cisnes”. Outro espectáculo internacional, neste caso musical, chega á cidade o día 18. Son “Los chicos del Coro de Saint Marc”, que nesta ocasión revisitan e adaptan clásicos dos Beatles. Aumento de actividades e público A Concellería de Cultura agarda continuar este ano na liña de aumento de actividades e público no Auditorio que se leva constatando desde que a concelleira Isabel Pérez asumira a xestión desta área. En 2011 o recinto acolleu 288 actividades ás que acudiron un total de 85.975 persoas, o que supuxo un incremento do 90%

Cantajuegos estarán no Auditorio o 31 de marzo.

O Ballet Clásico de Kiev interpretará en Ourense “El lago de los cisnes”.

O 18 de abril actuarán “Los chicos del Coro” na asistencia de público e dun 148,2% no número de actividades con respecto a 2007.

Programación do Auditorio para marzo e abril

Consolidada en público e crítica, esta cuarta tempada do Ciclo de Música de Cámara sen Batuta encara a súa recta final, cos tres últimos concertos nos tres próximos meses. Esta cuarta edición do Sen Batuta, ciclo organizado pola Concellería de Cultura e coordinado por Cibrán Sierra, non se desviou do obxectivo inicial marcado cando naceu alá por 2008: “democratizar a música de cámara desbotando tópicos e ofertando calidade a prezos competitivos”. Neste sentido, Sen Batuta repite un ano máis a súa fórmula orixinal que combina programación estable, charlas-coloquio entre artistas e público previo aos concertos e actividades didácticas e de dinamización no aula. Rödberg Trío A vindeira cita para os amantes da música clásica chega en plena Semana Santa. O xoves 5 de abril, ás 20:30 horas, visitan o Paraninfo do instituto Otero Pedrayo Rödberg Trío.

Os finlandeses Rödberg Trío tocan en Ourense o 5 de abril. Esta agrupación orixinaria de Finlandia caracterízase “pola súa vontade de buscar novas sonoridades e interpretacións renovadoras do repertorio clásico e romántico”. O concerto de Ourense incluirá pezas de Niels W.Gade, Felix Mendelssohn e Fanny Mendelssohn. Como nas actuacións anteriores, previamente haberá unha charla-coloquio (19:30 horas). Concertos en maio e xuño O programa desta cuar-

ta edición do Sen Batuta comprende nove concertos, programados, entre outubro e xuño, os primeiros xoves de mes, agás o de Hagen Quarttet, que por problemas de axenda programouse para o mércores 2 de maio. O ciclo remata o 7 de xuño coa actuación de Cuarteto Quiroga. As entradas manteñen o seu prezo de seis euros, con desconto do 50% aos posuidores do Carné Xove, estudantes e xubilidades, e totalmente de balde para os menores de 18 anos.


34

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

4AXENDA Teatro - 1 de abril - “Turandot” - 19 h - Teatro Principal de Ourense. - Do 13 ao 28 de abril- MITEU Mostra Internacional de Teatro Universitario - Teatro Principal de Ourense, Auditorio, Cine Box, Campus, Liceo, rúas. Cine - 28 de marzo – “Un deus salvaxe”- 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 10 de abril - “Bicicleta, culler, mazá”- 20 h - Centro Desenvolvemento Novacaixagalicia - 17 de abril - “Elling” - 20 h - Centro Desenvolvemento Novacaixagalicia Exposicións - Ata o 6 de maio - “Suave e preciso” de Manuel Patinha e Xavier Pousa en Ouense- Centro Cultural Deputación Música - 30 de marzo - Gruff Rhys + Maryland - 21 h - Cafe&Pop Torgal - 14 de abril - Rocky Votolato + Pepo Marquez - 21:30 h - Cafe&Pop Torgal Conferencia - 1 de abril - “La economía del bien común” por Christian Felber - 18:45 horas - C.C. Deputación www.mundourense.com

OCIO E CULTURA

O ciclo de cine clásico continúa en abril Redacción

En abril continuará o ciclo de cine clásico, organizado por J Publicidad, coa película “Río Lobo”. O día aínda está por determinar, pero o que si está confirmado é que terá lugar no Centro Cultural da Deputación os venres a partir das 20.30 horas. As outras películas que faltan por proxectarse son: “O home tranquilo”, “39 chanzos”, “Crime perfecto”, “Sorrisos e bágoas” e pechará “Os violentos de Kelly”. Con este filme

Cartel do Derrame Rock Redacción

O festival Derrame Rock, que se celebrará no recinto de Oira o 28, 29 e 30 de xuño, vén de presentar o seu cartel, que encabeza Los Enemigos e

haberá un desfile previo polas rúas de Ourense coa xente de Airsoft (grupo que se caracteriza de personaxes bélicos), para dar por concluída esta terceira edición de cine clásico. Nesta ocasión o homenaxeado é Ernesto Ferro, actor ourensán que traballou en películas como Días de voda; tamén traballou na TVG. Éxito de público Esta terceira edición está tendo, como nas súas predecesoras, un grande éxito de publico, chegando ás máis de 100 persoas por proxección. A última película (“Atormentada”) virona 250 espectadores. Loquillo e no que tocarán máis de 40 grupos. De momento xa levan vendidas 4.000 entradas, e manteñen ata o 27 de abril unha oferta de abono para os tres días con acampada por 47 euros. [+ en www.festivalderramerock.com]

Patrimonio investirá 170.000 euros en rehabilitar a Catedral 4 Destinará 66.000 euros á rehabilitación do Liceo. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, anunciou, durante a súa visita á Catedral ourensá, que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vai investir 170.000 euros na posta en valor. A Dirección Xeral continuará coas actuacións de posta en valor da Catedral iniciadas o ano pasado. Así, Vázquez Abad explicou que en primeiro lugar “a Consellería destinará 120.000 euros para reparar as canles de pedra e a rede de canalóns e baixantes, así como se revisará a impermeabilización dos tellados na nave principal e na tribuna do Pórtico coas torres occidentais”. O proxecto básico de

O bispo de Ourense explicou ao conselleiro Xesús Vázquez as necesidades do templo./RAMSÉS. execución está practicamente rematado, despois de que os servizos técnicos detectaran os puntos de mal funcionamento do sistema de cubertas. A segunda actuación prevista para este ano na Catedral está relacionada coa conservación e restauración das pinturas murais dos mu-

ros laterais no nártex do Pórtico do Paraíso, para o que se investirán 50.000 euros.

Repararase a rede de canalóns e restauraranse as pinturas murais nos laterais do Pórtico do Paraíso


OCIO E CULTURA

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

35

4RECEITA Follas de limón Ingredientes: - follas de limoeiro - 125 gr de fariña - 2 ovos - 100 ml de leite - sal - Azucre glass ou canela para espolvorear - aceite de xirasol para fritir Preparación: - Lavar ben as follas de

Roberto Resendiz xunto á poetisa ourensá María González Méndez.

O poeta Roberto Resendiz visita Ourense Durante a primeira semana de marzo regresou a Ourense o poeta de Michoacán Roberto Resendiz Carmona, quen, como adoita, realizou unha xira polos colexios da cidade para dar a coñecer a poesia entre os máis cativos. Asimesmo, tamén realizou unha visita ao cárcere do Pereiro de Aguiar, nun recital organizado entre o Círculo Poético Orensano e a asociación ATOX de axuda ao toxicómano. Ademais, a edición de Tardes de Poesía do mes, que sempre está adicada á muller, nesta ocasión consistiu nun recital do poeta, gran cantor da muller en tódalas suas facetas.

limoeiro e secalas. - Mesturamos nun bol os ovos, a fariña, a sal e o azucre ata obter unha masa espesa. - Quentar o aceite nunha tixola. - Vanse mollando as follas de limoeiro na mestura e bótanse no aceite quente. - Frítense polos dous

lados ata que estean douradas. - Sácanse a un prato no que teñamos un papel absorbente e de seguido espolvoreámolas con azucre glass, normal ou canela. Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles, tel. 988 380 165

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4TRIBUNA ABERTA Inversións en vía morta Moitas veces penso que algunha vez a Ourense lle votaron un mal de ollo. As estatísticas nos sitúan nos postos baixos de case que todas as cousas boas e nos altos de case que todas as malas. De feito os orixinarios desta terra acostumamos a decir que Ourense sempre é noticia, fóra dos nosos límites administrativos, cando se produce un suceso. Esto último tampouco é certo cento por cento, pero xa sabemos que sempre nos quedamos coas novas impactantes. Agora toca que o goberno español vai estudar a integración do tren de alta velocidade en Ourense, un trazado xa aprobado polo anterior goberno, así como a nova Estación Empalme

(nome co que a coñece todo o mundo, polo que non fai falla rebautizala), proxectada polo arquitecto Norman Foster. Ao parecer o gasto da integración da alta velocidade está dentro da media comparado cos proxectos de outras cidades, xa que non se pode contar a variante, polo túnel de Montealegre, que resolverá a navallada que supón o paso do tren polo centro da cidade. A crise económica está detrás de todo isto. As cestas do goberno valeiras de cartos é o problema para que os gobernos pensen moito as inversións. Pero esto non é todo, xa que, coma sempre, o minifundismo do gobernante ourensán, fai que algúns sigan coa teima de soterrar a

estación coma se fósemos toupeiras. De feito o Presidente da Deputación, Manuel Baltar, foi a entrevistarse coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, para que estude o soterramento. Con esta actuación o Ministerio terá xustificada a paralización e, supostamente, a non realización do proxecto como a integración e a estación comprometidos polos anteriores gobernantes. É decir os nosos gobernantes poñen pedras contra proxectos realizados por outros gobernantes e non se dan conta que, con estes comportamentos, as pedras as poñen, diréctamente, contra os cidadáns. Xavi C. Martiñá

Surtidor na rúa General Franco (actual Progreso), ubicado diante da imprenta La Industrial, preto do cruce coa rúa de Reza. Ano 1957.

O surtidor de gasolina Ao contemplar imaxes de outra época atopo numerosos detalles, tocados polo encanto das cousas pequenas, que, desaparecidos, resucitan ante nós por medio da fotografía. Un deles é o surtidor de gasolina situado na rúa do Progreso. Corría o ano 1922 e o parque automovilístico de Ourense era moi reducido. A maioría dos vehículos procedían por encargo do estranxeiro e poucas persoas tiñan acceso a un automóvil. Con este panorama, Alfredo Alonso Pérez instala unha “columna subministradora automática de gasolina” marca Browser, con capacidade para 10.000 litros. Despois desta virían outras moitas. A cidade camiñaba cara á modernidade. Arquivo visual Ourensán, fondo Ovalle, texto Fernando Valcárcel, fotógrafo descoñecido www.ourensenotempo.com

4HUMOR

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com e en en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


36

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

OCIO E CULTURA

4EDITORIAL

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Vacas fracas

Estar por estar Un fenómeno curioso na túa vida ao exceder a barreira dos 30 é comprobar como cambia a natureza das festas de cumpreanos. A certa idade acábanse esas macro “parties” no garaxe da túa amiga onde nos reuniamos os coñecidos do pobo e persoaxes de zonas lindeiras aos que non viras na túa vida, pero non importaba porque a cousa era pasalo ben sen mirar con quen. Si, si… Soliamos manter conversacións con xente antes de que Facebook ou Wasap fixésense famosos. Mesmo ás veces nos volviamos a atopar sen necesidade de agregarnos en ningunha lista virtual. Chamábase casualidade. A partir de certa idade acábase o de chegar a casa ás tantas e entrar coa punta dos pés para non espertar á túa avoa. Agora entramos sen coidado e a avoa dorme a perna solta porque cando volvemos do bar aínda non se terminou o telexornal

da noite e a cea aínda está quente. Supoño que as obrigas e as responsabilidades cambian os cubalibres e as saídas tolas polo viño tinto e un faladoiro agradable. As charlas sobre o futuro prometedor, transfórmanse en charlas nas que o futuro, en lugar de inspirarnos, acollóanos. Pero a verdade é que na maior parte dos casos, o presente é tan acaparador ou esgotador que non deixa espazo a nada nin ninguén mais. A imaxinacion vai minguando a medida que incrementan as velas no pastel, cedendo terreo á realidade que devora os soños e fainos cada dia un pouco máis conformistas. En todo isto pensaba fai uns días na festa de cumpreanos do meu amigo Robin, mentres bebía unha cervexa irlandesa. Todo un luxo xa que, polo que custa unha cervexa de importación en Dinamarca, pódeste abastecer de pan de molde para todo o mes. Pensaba e conversaba

cun compañeiro romanés sobre o interesante que era vivir estes tempos de incerteza nos que, a pesar do panorama laboral, aínda nos deixa certa liberdade de movemento e expansión porque ninguén sabe a tiro fixo cara a onde vai o barco. Alí estaba, rodeada de colegas de facultade e coñecidos de facebook nun pequeno apartamento danés sen saber se suspirar por tempos pasados cando todo era posible e esas festas eran divertidas e liviás, ou congratularme porque o mañá aínda non está escrito e podo aspirar a cambialo. Sígome debatendo ao Hamlet entre a opción de estar ou non estar e o único que teño claro é que estar por estar é tontería, e que o pedir un desexo ao apagar as velas segue sendo algo tan esencial como non sucumbir á idea de que non se cumplirá. Raquel Sertaje

4LITERATÚA

Superficie ou o baño do crítico “Un mar é unha vasta extensión de auga, calma ou axitada en función das inclemencias meteorolóxicas, pero aínda estando queda a auga as persoas non podemos camiñar sobre os mares porque corremos o risco de afundir a un nivel inferior ignoto que ninguén coñece. Ás veces no mar vense, na superficie da auga, triángulos de cor gris que se moven en traxectorias concretas que quizais sexan indicador dalgún tipo de forma de vida. Outras veces se teñen visto seres estraños que saltan sobre a codia do mar procedentes da nada; dun lugar descoñecido, e volven desaparecer. Outras veces emerxen da tona da auga enormes montañas cuxo carácter efémero farían imposible calquera conquista ou achegamento por parte dos estudosos. Tirando estas dúas ou tres probas da existencia dalgunha criatura mariña non hai quen me tire da cabeza que os mares non son

máis ca infindas e aborrecidas extensións de auga; que cando son meirandes chamámolas océanos: xigantes, infindos e aborrecidos tanques de auga móbil”. Esta crítica sobre os mares e os océanos foi escrita por un crítico que defendía que súas críticas non eran tal, senón máis ben descricións obxectivas do que el vía. Obcecándose nos seus métodos, chegando a criticar tamén ríos, caixas, bibliotecas ou mesas. Ata que morreu sen saber, o pobre, que a riqueza dos mares e océanos se acha nas profundidades, onde abundan milleiros de especies que lles dan a riqueza que é preciso recoñecerlles. Onde hai varias especies de quenllas que ás veces levan a aleta do lombo por fora da auga, onde hai outros peixes que choutan fora da auga para xogar, ou coller osíxeno ou defenderse. E onde outros, como as enormes baleas, tiran da auga, con distintos fins biolóxicos, partes dos seus

corpos enormes; tanto que semellan montañas. O crítico nunca soubo, tampouco, que cos ríos pasa algo semellante. Que si son masas de auga que se moven, pero cunhas profundidades moi ricas e un fabuloso poder devastador das paredes do leito. Nin que as caixas non son cubos ou prismas macizos nin ocos, senón que poden conter cousas no seu interior, cousas máis ou menos ricas ou enriquecedoras, pero existentes. O crítico tomara toda a vida baños de superficie sen abrir súa mente a todo o mundo de marabillas e contrastes que se abría baixo seus pés. Ao crítico nunca lle gustou o mar. Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

“O crítico tomara toda a vida baños de superficie sen mirar o que había baixo os seus pés”

Se algo sacaremos en limpo da situación de crise que atravesamos nos últimos anos é que o tempo das obras faraónicas rematou. Acabáronse os aeroportos en cada cidade, os mega centros culturais firmados por arquitectos de renome, o despilfarro de cartos públicos a esgalla sen fiscalizar como se gastan nin para que van servir os edificios que se crean... Agora as administración non teñen un can e os cidadáns miramos todo con lupa: cada céntimo que gasten os nosos gobernantes debe estar ben xustificado. Pois ben, en Ourense arrastramos varios exemplos dos anos de vacas gordas. Temos un Centro de Interpretación de Parques Naturais a medio construir, no que se ían investir preto de sete millóns de euros, que non sabíamos moi ben para que ía servir, pero que todo o mundo aplaudía. Temos un proxecto para construir unha biblioteca e arquivo no antigo claustro de San Francisco de cuxo inicio xa non me acordo e cuxa finalización

non albisco a ver. Temos un proxecto para unha estación intermodal firmado por nada máis e nada menos que Sir Norman Foster, 67 millóns de orzamento dentro dun proxecto maior de integración ferroviaria na cidade que custará 500 millóns de euros. E agora que? Todos debemos entonar o mea culpa de non ter sido máis críticos nos anos de abundancia coa xestión dos recursos públicos, mais non vale só lamentarse: hai que xestionar o xa feito, e sacarlle o máximo partido posible. Por iso entendemos que haxa que replantexar certas obras, pero non que o Goberno central vexa como mellor solución para o Centro de Interpretación de Parques Naturais deixar parada – e por tanto abandonada- unha estrutura na que se levan investidos 2,4 millóns de euros de fondos euros xa comprometidos. Por iso a paralización (ou non, segundo quen fale) dunha obra menor para arranxar un acceso ao claustro do San Francisco (150.000 euros apenas do orzamento) non

debería facer desviarnos do importante: a obra de construción do arquivo e da biblioteca, prazos e investimentos (máis de 16 millóns de euros): nos bos tempos a obra non se fixo, fora por motivos xudiciais ou por falta de xestión do Ministerio (se se se tivesen investido os cartos consignados –e non gastados- ao longo de case unha década nos Orzamentos do Estado en vez dun complexo cultural igual tiñamos xa dous ou tres). Haberá cartos agora? Por iso, e con respecto á integración ferroviaria de Ourense, non podemos máis que ver con estupefacción como cambiaron as tornas, e os que antes criticaban os retrasos e a falta de investimento son agora os que os xustifican, e viceversa. E por todo iso pedimos aos nosos políticos –aos de aquí e aos de alí, aos dunha cor e aos doutra-que, polo ben de Ourense, se deixen de leas partidistas e de pórse mutuamente pedras no camiño, e que traballen con sensatez e responsabilidade na mesma dirección. opinion@ourenseporbarrios.com

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Amigos e compañeiros de traballo Acabo de ter unha desas conversas que marcan una decisión importante. Levo días non moi bos, disimulando e quitándolle importancia ca miña ledicia habitual, pero non estaba ben, e precisaba dunha charla determinada que unha moi boa compañeira e mellor amiga deume esta mañá. Estaba a piques de tomar unha decisión de traballo que sabía que non era a correcta, pero que certo sentimento me levaba a tomar, e non podía ser… Ela soubo dicirme o que precisaba escoitar e mudei de idea. Isto cóntovolo porque a miúdo nesta profesión, na que eu aínda estou metendo a puntiña do pé, escoito dicir que é moi competitiva e que non se teñen amigos, ou que é moi difícil telos. Pode ser, eu non o sei,

a miña experiencia é outra, veremos que pasa de aquí a uns anos, pero hoxe teño compañeiras e compañeiros que co tempo convertéronse en verdadeiros amigos. É moi normal que nisto che entren dúbidas de todo tipo porque o teu traballo sempre está no aire, non sabes cando vai chegar, cando o consegues nin tan sequera estás moi seguro de se o fixestes ben e se te voltarán a chamar, e xa non che digo cando fas un casting e agardas pola resposta... Se é que se toman a molestia de darcha, claro. Hai días nos que todas estas dúbidas e moitas máis están a rondar a cabeza, non o pasas ben e as persoas que mellor entenden estas sensacións son as que se adican ao mesmo. Eu atopeime con amigas e amigos neste “mundillo” e

estou moi feliz por iso, pode que eu teña moita sorte ou que me guste facerme a parva de cando en vez. Vaaale, ao mellor algún de vós está pensando que parece todo moi idílico e que igual o estou pondo demasiado rosa e non é tal, pois a iso me refiro co de facerme a parva, é que, ó mellor, négome a ver a parte escura disto. Recoñezo que non todo é así pero estou falándovos dos amigos e demais compañeiros, outro día falarei só dos segundos, hoxe non. Nisto hai de todo coma en todas as profesións, pero eu sigo pensando que teño moita sorte. Esta columna vai por vós, os que non me falláchedes NUNCA. GRAZAS, agardo estar á vosa altura. Saamira Ganay


IMAXES DO MES

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

37

4O MES EN IMAXES

Entrega do premio Clara Campoamor Coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, levouse a cabo a entrega do premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, que recibiu Purificación Álvarez, xefa da Unidade de Violencia de Xénero, “polo meritorio traballo desenvolvido , desde 2007, na atención ás mulleres que sofren violencia de xénero, destacando a súa contribución a crear unha sólida colaboración entre os profesionais implicados na materia”.

O Concello uníuse á celebración do Día Mundial da Poesía Cun reparto dos exemplares correspondentes ao Premio Cidade de Ourense de Poesía en ata 80 puntos distintos da capital (prazas, centro cívicos, centros de ensino e zonas verdes) o Concello conemorou esta data. Libros que estiveron todos eses lugares para quen quixera lelos e despois deixalos para que outra persoa puidese facer o mesmo.

Concentración contra o maltrato animal

Conmemoración do Día da Auga no Padre Feijoo

Un cento de persoas, moitas delas acompañadas polas súas mascotas, reuníronse o 25 de marzo na praza Maior, nunha concentración convocada a nivel estatal contra o maltrato animal. A presidenta de Progape, Rosa Jarrín, foi a encargada de ler un manifesto no que se solicitaba o endurecemento das penas por maltrato animal, e a adhesión de España á Convención Europea de Protección de Animais de Compañía.

O alumando de educación Infantil (5 anos) do Colexio Padre Feijoo-Zorelle expuxo os traballos que realizaron para conmemorar o Día da Auga e concienciar da importancia de este ben tan escaso ultimamente. Os pequenos escolares cren que é necesario concienciar á poboación de que “gota a gota a agua se esgota”.

Bóveda presenta “A habitación secreta” Alcer celebrou o Día Mundial do Ril A asociación ALCER Ourense instalou unha carpa na rúa do Paseo con motivo da celebración do Día Mundial do Ril o 8 de marzo, na que se realizaron a todos os que o desexaron probas médicas como a medición de peso e talla, tensión arterial ou glucosa.

O escritor e articulista deste periódico, Jorge Emilio Bóveda, presentou no Liceo de Ourense a súa última obra, “A habitación secreta”, unha tradución ao galego dunha novela súa anterior en castelán, “Baules”. Nela, Antón Castro, un viúvo de 50 anos, sofre por non poderse desprender dunha chea de palabras que habitan o seu foro interno. E mentres o intenta, namórase dunha muller trinta anos máis nova ca el.


38

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

EN BREVE

DEPORTES

O Ourense, líder sólido 4Vence por 4-0 ás Pontes e aumenta a vantaxe cos seus perseguidores.

4Vig-Bay O atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Hassan Lekhili, proclamouse por terceiro ano consecutivo campión do medio maratón VigBay. O marroquí afincado en Ourense empregou un tempo dunha hora cinco minutos e 29 segundos.

4Hoquei Na xornada 12 da División de Honra B do hoquei herba o Caldaria Barrocás non pasou do empate a catro goles no seu feudo contra o Jolaseta. Pola súa banda, o Apóstol perdeu por 6-1 contra o Cajacantabria Sardinero. Con estes resultados o Barrocás é sexto con 13 puntos, mentres que o Apóstol é noveno con cinco. A vindeira xornada emparella aos equipos no derbi ourensán. O equipo feminino do Ourense (1ª División) venceu 0-2 ao Xaloc e ocupa a quinta posición con 13 puntos. O Ourense visita ao Universidade de Sevilla na próxima xornada.

4Motor O piloto Luis Aragonés co seu Renault Twingo R2 rematou na terceira posición da na “Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes de España” no Rali das Illas Canarias. A grande regularidade do piloto galego fíxolle pisar podio na primeira cita do campionato de España de ralis de asfalto.

4Voleibol Comezou a primeira fase da Copa Deputación de voleibol, que se prolongará ata o vindeiro 26 de maio. O 12 de maio será o “día grande” da competición. No Paco Paz terán lugar as finais sénior masculina, xuvenil feminina, cadete feminina e infantil feminina. Tamén haberá finais no Barco de Valdeorras (benxamín, alevín e infantil masculina) e Amoeiro (sénior feminina).

R. Torres O CD Ourense sumou unha importante vitoria fronte o As Pontes na xornada 31 da Terceira División. 4-0 foi o resultado dun partido que os de Luisito dominaron de principio a fin. E iso que as dúas primeiras xogadas de perigo foron na portería defendida por Pato ben desbaraxustadas polo cancerbeiro uruguaio. Despois

diso chegarían os mellores minutos do Ourense. Desde o minuto 15 ata o final da primeira metade, o conxunto do Couto despregou un xogo vivo e moi directo; froito do cal conseguiríanse os catro goles do partido. Mouriño, Noguerol e Eder, por partida dobre, firmaron a goleada ourensá. Na segunda metade, puido chegar a darse unha goleada de escándalo se non fora pola falla de acerto

Quintairos controla o balón ante de dous rivais. /RAMSÉS

O COB suma unha nova vitoria 4 O Pabellón feminino e o Carmelitas perden nesta xornada. R. Torres O Club Ourense Baloncesto sumou na xornada 22 unha nova vitoria contra o Oviedo. Na primeira metade o equipo ourensán non estivo fino, pero á volta do descanso foi quen

de levarse o partido grazas á súa mellor calidade. Con esta vitoria o COB sitúase na segunda praza e con opción de ter o factor cancha a favor nos play offs. Liga Feminina 2 Mala xornada para os

nos metros finais dos xogadores locais e por dous clamorosos penaltis que o colexiado non quixo pitar. Os rivais pinchan A xornada foi propicia para os intereses do equipo da vella Auria. O Alondras foi o único dos tres perseguidores que gañou, e foi a costas do Cerceda, quen lle cede a segunda posición. O Pontevedra non puido pasar do empate fronte ao Bergantiños. Con estes resultados, o Ourense é lider con 64 puntos; o Alondras segundo con 61 e Cerceda terceiro con 59; pecha a zona de promoción o Pontevedra con 57. A quinta posición, que ocupa o Vilalbés (54 puntos) queda xa a 10 puntos dos de Luisito, polo que a promoción está practicamente asegurada a falta de sete xornadas. Vindeira cita O próximo encontro para o Ourense será o vindeiro domingo contra o Ordes. Os ‘rojillos’ actuarán de visitantes. dous representantes ourensáns de Liga Feminina 2. O Pabellón caeu estrepitosamente en casa ante o líder, Cáceres por 46-92. En ningún momento as de Lisardo Rodríguez estiveron con opcións no encontro. O Codigalco Carmelitas regresa de Lugo despois da súa derrota contra o Ensino 72-64. As de Juan Rodríguez caeron logo dunha prórroga. Con esta derrota alónxase a cuarta posición coa que soñaban as colexialas para disputar o play off.

Bea buscou con insistencia a porta contraria. /RAMSÉS

Adeus á liga? 4 O Ponte Ourense perde ante o Navalcarnero e di practicamente adeus a revalidar o título. R. Torres O Ponte Ourense caeu derrotado, nun pavillón dos Remedios abarrotado, fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero por un contundente 1-5. O cadro ourensán levou a manixa do encontro, pero eran as madrileñas as que golpeaban de forma maxistral nos contragolpes que se lle presentaban. Restan oito xornadas (24 puntos), pero os oito puntos son unha lousa moi grande para pensar nunha remontada do cadro pontino, e aínda máis se temos

en conta o gran equipo que é o Futsi Navalcarnero, a pesar de que o seu adestrador se mostra cauto, “aínda queda moita liga e non nos podemos fiar do Ponte Ourense nin do Móstoles”, afirmaba ao finalizar o encontro contra o Ponte. Cidade As Burgas O Cidade As Burgas sumou unha importante vitoria ante un rival directo, o Soto do Real. As ourensás impuxéronse ás madrileñas por 3-6 e teñen case que asegurada a permanencia. As de Codeso teñen a 10 puntos o descenso.

O Pabellón nada puido facer ante o Cáceres. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

39


Ourense por BARRIOS Marzo de 2012


Entrevista O Nadal xa á edil de Democracia está aquí Ourensana [páx. 15

TEMA DO MES Páx.2-3 BARRIOS Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

Páx.5

12 veciños das Caldas serán desaloxados durante un ano

BARRIOS

Páx. 10

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

Humanización da rúa Río Mao

SAÚDE

Susana e páx. Gómez 39-42]

[páx.19]

Páx.24

Páx. 38

DEPORTES

Cinco ambulatorios O Ponte Ourense aumentan a oferta perde e alónxase do asistencial polas tardes liderato

[páx. 5]

Incrementáronse as zonas verdes nun 40%, colocouse novo mobiliario urbano+ e renováronse as luminarias e a sinaléctica ./P.L.

Número: 105 - Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Marzo de 2012


Entrevista á O Nadal xa edil de Democracia está aquí Ourensana 15 Susana[páx. Gómez e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3

BARRIOS

Páx. 6

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

A remodelación da Praza depende de Concello e Fomento

BARRIOS

Páx.10

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

SAÚDE

Páx.24

[páx.19]

DEPORTES Páx.38

Cinco ambulatorios COB suma unha nova aumentan a oferta vitoria, Carmelitas e asistencial polas tardes Pabellón perden

170.000 euros para rehabilitacións na Catedral [páx. 34]

O bispo de Ourense explicou ao conselleiro Xesús Vázquez as necesidades do templo. /RAMSÉS

Número: 91 - Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Marzo de 2012


Entrevista á edil de Democracia Ourensana Susana Gómez TEMA DO MES Páx.2-3

BARRIOS

Páx. 6

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

A remodelación da Praza depende de Concello e Fomento

BARRIOS

Páx.10

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

Recuperan máis dun quilómetro do Loña

SAÚDE Páx.24

DEPORTES

[páx.19]

Páx. 38

Cinco ambulatorios COB suma unha nova aumentan a oferta vitoria, Carmelitas e asistencial polas tardes Pabellón perden

[páx. 12]

A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Ponte Loña ata Mende. /R.T.

Número: 54- Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Marzo de 2012

Marzo 2012 - OUxB  

Obras de humanización, compromisos para rehabilitar a Catedral e denuncias sobre o estado de zonas verde, fotos de portada en Ourense por Ba...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you