Page 1


1 de novembro de 2012. Sobresaltado por un ruído ás miñas costas abrín os ollos e encontreime de novo fronte ao libro de Latín. Tardei uns instantes en decatarme de que todo fora un sono. Pode que nada fose realidade ou quizais os seus deuses quixeran que eu coñecesen primeira persoa a vida desta familia. Enfrontándome á dura realidade, púxenme a estudar. 2 de novembro de 2012. Á fin chegou o temido día. Hoxe é o exame de latín. Despois de tanto tempo estudando xa non sei o que é realidade... Que terá sido de Marcus e Diana? Sería todo un sono? Hei de borrar todo da miña mente e centrarme no papel que teño diante... Nin Marcus nin Diana farán o exame por min. ... Ben, non foi tan mal. Agora toca descansar. 23 de novembro de 2012. Xa me deron a nota do exame de latín, e para sorpresa da profesora, saquei un dez. Sen Marcus e Diana nunca o tería conseguido. Ogallá puidese volver velos para darlles as grazas por ensinarme todas esas cousas sobre a súa cultura, servíronme de moita axuda. 22 de maio de 2013 Era raro o día en que non me acordaba deles. Foron moitos os bos momentos que viviramos e, tamén os últimos días, pasásemos problemas xuntos. Necesitaba saber se conseguiran escapar da cidade sen dificultades e, se o lograran, se Diana se casara ou non. 10 de xuño de 2013 Ultimamente todo o mundo me di que estou moi raro, pero como non o vou estar? Sigo sen saber se o que pasou foi un sono ou foi real. Para min todo foi real, porque os boto de menos coma se de verdade nos coñecésemos. Acordaranse eles de min? E se me recordan, botaranme tamén de menos? Creo que nunca poderei conseguir a resposta ás miñas preguntas. Cada día estou máis convencido de que nunca máis os volverei ver. Pero, polo menos, quedo cun bo recordo deles.


13 de xuño de 2013 Mañá empezan as festas do Arde Lucus aquí en Lugo. En parte te ganas de que cheguen para poder gozalas cos meus amigos, pero por outro lado non quero porque iso implicará recordar todo o relacionado coa miña estanza en Roma. 14 de xuño de 2013 Chegou o día. Comezan as festas e todo Lugo está engalanado para celebrar o seu pasado romano. Ao saír de clase, cando volvía para casa pensando no meu disfrace de romano e nos plans que tiña para ese fin de semana, vinos a eles. Si, eran Diana e Marcus! As súas caras reflectían tanta estrañeza como a miña, ou mesmo máis, ao vernos. -¡Sergio! Que fas aquí? - Diana? Marcus? Sodes vós de verdade? Alégrome moito de vervos. Eu vivo aquí e vós como chegastes? -Non sabemos, espertamos e estabamos aquí en lugar de estar no barco no que iamos navegando. Onde estamos? En que época? -Estades en Lugo, a antiga Lucus Augusti, no ano 2013 d.c., pero... nun barco? Que pasou co voso pai? Conseguistes escapar? E ti, Diana, tiveches que casar? -Espera, espera. Esas son moitas cousas ás que contestar, nos levaría bastante contarchas. E non sei canto tempo temos para facelo. -Podédesmas contar de camiño á casa, á miña nai non lle importará que quededes a durmir. E logo xa veremos como facemos se podedes quedar máis tempo. -Moitas grazas, pero non é necesario, xa buscaremos algún sitio para aloxarnos. -Non é ningunha molestia; ademais, eu estiven na vosa casa bastante tempo e é a única forma que teño de agradecérvolo. Mentres camiñabamos, Marcus e Diana contáronme todo o que pasara. Conseguiron escapar aínda que non lles foi doado. Os últimos momentos que pasamos xuntos foran dos máis doados da fuxida. A partir de aí todo se fora complicando. Non encontraban ningún sitio para esconderse, debido a que todo o mundo os coñecía polo seu pai. Fora todo moi difícil ata que, despois dun mes cambiando de sitio a diario, encontráronse cuns amigos da familia que sabían a verdade e que carecían dun lugar onde abeirarse. Así que os deixaron aloxarse alí unha tempada. Un par de semanas despois, decatáronse de que saía un barco cara a Hispania e que poderían fuxir nel. Ese era o barco no que dicían que deberían estar. Faltáballes tan só unha semana para chegar ao seu destino pero o último que recordan é que había unha gran tormenta no mar. Do seu pai non souberon nada máis. Se non o capturaron, en ningún momento intentou poñerse en contacto con eles. E respecto a Claudio (o prometido de Diana), do único que puideron decatarse foi de que tamén estaba implicado na conspiración contra o César. Para Marcus e Diana todo iso non estaba a ser doado, tiñan que irse da casa na que sempre viviran e ademais, deberían separarse da súa familia. Ao chegar á casa, antes de que os vise a nai, Sergio prestoulle roupa súa a Marcus e colleu roupa de Sonia (a súa irmá menor) paraDiana. Non houbo ningún problema para que se quedasen a durmir aí, mesmo a familia de Sergio os invitou a quedar durante todas as festas. Por agora serviríalles, aínda que logo deberían buscar outra solución. Mentres comían, Sonia intentou explicarlles en que consistían estas festas porque pensaba que eles viñan de fóra de Lugo.


Aproveitando que a xente se vestía como os romanos, puideron volver poñerse a súa roupa e saír á rúa sen chamar a atención. É máis, todo o mundo admiraba o "realismo" das súas vestimentas. Sergio decidiu non quedar cos seus amigos esa tarde para así poder ensinarlles a cidade e os costumes do mundo moderno. Para empezar explicáralles os horarios que se adoitaban seguir aquí porque lles estrañara a hora na que se comía; eles alí ceaban ás tres mentres que aquí a esa hora moita xente aínda está a comer. Saíron de casa e o primeiro que os ensinou foi a Muralla. Preguntoulles se sabían algo sobre ela pero eles non estaban moi decatados das construcións de fóra da súa cidade e ademais aínda non se construíra no ano en que vivían. Déronlle unha volta á Muralla para así poder ir ensinándolles os sitios máis importantes do centro de Lugo dende aí. Desta forma cando baixasen da muralla e camiñasen polas rúas saberían mellor por onde ían. Cearon nunha das tabernas que hai no centro da cidade; Sergioelixiu o menú: polbo e churrasco, para empezar por algo típico, xa habería tempo de levalos a tomar pizza e hamburguesa. Sorprendeulles moito que aquí aínda que fixese de noite a xente non se ía para a casa porque a eles en Roma non os deixaban estar fóra cando anoitecía, xa que alí se aproveitaban todas as horas de luz solar. 15 de xuño de 2013 Marcus e Diana espertáronse bastante pronto, pero non á hora en que adoitaban facelo en Roma; estaban esgotados da viaxe e a causa da emoción do reencontro co seu amigo. Sergio intentou levantarse antes do normal un día de festa, quería ensinarlles as termas e a ponte romana pola mañá para, así, poder ir pola tarde a ver as actuacións no centro da cidade. Tanto a Marcus coma a Diana impresionoulles moito ver as antigas termas "dentro" dun edificio tan moderno para eles. Apesaroulles un pouco que estivesen nese estado e que a xente non puidese gozar delas como cando foron construídas. Nunca terían imaxinado o que era un hotel. E se iso lles impresionou, que dicir da antiga ponte, pasando sobre el esa cantidade de vehículos e que aínda se mantivese en pé! Esa tarde, antes de saír de casa, Marcus e Diana axudaron a Sergioa vestirse da forma máis parecida posible a un auténtico romano da súa época. Logo, aproveitando que tiñan entradas para ir ao circo, foron a velo. Tanto a Marcus coma a Diana dáballes algo de "vertixe" aqueles edificios que para eles eran altos e ir camiñando por unhas "calzadas" cheas de perigos con coches pasando nun e outro sentido, a unha velocidade que lles impresionaba... Todo o centro da cidade estaba chea de xente con atavíos que imitaban aos dos seus antecesores, aínda que ás veces Diana eMarcus non podían evitar rir ante algún que outro modelito que a eles lles parecía calquera cousa menos romano. Así, chegaron ata o Parque de Rosalía de Castro e baixaron á explanada onde estaba preparada a "area" para o circo. Sorprendeunos o lugar: case nada era como o que estaban afeitos a ver no Coliseum. Os gladiadores facían unhas loitas simuladas, as armas non ferían a ninguén, non había leóns que matase aos condenados e o César era un máis entre os cidadáns da cidade. Soamente o entusiasmo e as ganas de pasar un bo anaco dos espectadores, era como na súa botada de menos Roma.


Sergio explicoulles que todo era unha recreación, que se baseaban en datos históricos e que o que se pretendía era facer un espectáculo do que todos puidesen gozar sen que ninguén saíse ferido. Cando rematara, volveron ao centro de Lugo, dentro de murallas para seguir participando das actuacións: venda de escravos, "macellum", vodas romanas... Y foi aquí cando Diana non puido evitar un calafrío. Ver esas falsas vodas fíxolle recordar o preto que estivera de ter que casarse cunha persoa que non quería, simplemente porque así o decidiran as súas familias. A Diana e a Marcus fíxolles moita ilusións ver as estatuas dos fundadores de Lucus Augusti; Paulo Fabio Máximo era moi coñecido en todo o imperio. 16 de xuño de 2013 Durante o almorzo, con toda a familia de Sergio, as cousas comezaron a complicarse. Aos seus pais sorprendíaos a cantidade de coñecementos que tiñan sobre a antiga Roma así como os seus modais á mesa. Sorprendíanos tanto a nosa forma de comer coma os alimentos que comiamos e a forma de cociñalos. O que para nós era do máis normal, eles víano como algo moi estraño. Decidiron saír á rúa antes de que os seguisen interrogando e xuntáronse cos amigos no campamento. Ao chegar alí decatáronse de que non era máis que unha pequena mostra dalgunhas armas, armaduras e obxectos de guerra utilizados polos antigos romanos. Diana e Marcus explicaron a todo o grupo que un auténtico campamento romano era o que dera lugar á actual cidade de Lugo: Os campamentos permanentes feitos en pedra eran utilizados como campamentos de inverno. En época de paz convertíanse en pequenas cidades cunha extensión dunhas vinte hectáreas para albergar unha lexión. O deseño dos Campamentos era extremadamente simple, un muroperimetral coas esquinas redondeadas para poder defenderse mellor que envolvía o recinto e que contaba con torres de vixilancia e con portas no centro de cada un dos lados. Este muro perimetralconsistía en dúas murallas paralelas de cadeirado enchendo o espazo medio entre estas con pedras, morteiro e formigón romano. As murallas tiñan unha altura e tamaño variable dependendo da situación militar do campamento. No centro do campamento onde se cruzaban as dúas rúas principais (vía Praetoria e vía Principalis) levantábase a tenda do xeneral ouPraetorium, xunto a esta tenda había un pequeno foro e ao outro lado o Questorium ou sede da intendencia. A vía Principalis dividía o campamento en dúas seccións, unha destinada aos mandos e a outra ao groso do exército. Nos campamentos dispoñíase de salas de exercicios, almacéns, un hospital (Valetudinarium) e termas (que no caso de Lugo estaban aos arredores). Toda a cuadrilla apura a última tarde de festas pero fan unha parada na rúa das Dozarías para ensinalos a Marcus e Diana os restos dunha Domus na Casa dos Mosaicos. Non foi unha grande idea, emociónanse ao recordar a casa que deixaron en Roma e á que nunca poderán volver. Para animalos, todos van tomar un xeado. Iso se que foi unha boa sorpresa! Faise tarde, regresan á casa e esgotados vanse á cama. 17 de xuño de 2013 Volve ser día de clase. Soa o espertador. Sergio abre os ollos e se despreguiza. Mira ao seu arredor. Onde van os colchóns nos que durmían os seus amigos? Que aconteceu? Está a soñar ou isto é a realidade?


Estaba no alto de aquela colina cos meus amigos, disfrutando de aquel picnic improvisado despois de descubrir que todos os restaurantes da zona estaban cerrados. Estabamos enfrente dun bosque, plagado de pinos e abetos, o cal lle transfería o aspecto de unha película como ‘’Narnia’’ ou quizais algunha de medo. Ademais, tíñamos ante os nosos ollos unha paisaxe idílica, con vistas á cidade, mesturadas coas cores propias dun atardecer primaveral. Estaba chegando a hora de irnos, e decidimos inspeccionar o bosque antes de voltar a casa .Adentrámonos nesa maraña de ramas e raíces, e descubrimos que non só era un bosque, nel había animais de todo tipo, que se apresuraban a esconderse a medida que nós nos íbamos adentrando naquel bosque. Ao pouco de comezar a andar, nos atopamos cunha fonte, da que brotaba abundante auga, totalmente cristalina, como se o bosque fose un oasis no cal non existira a contaminación. Alí atopamos unha cerva, preciosa, parecía moi delicada, e decidimos intentar sacarlle unha foto para presentala a un concurso que se organizaba na nosa cidade, e polo cal viñéramos a este bosque. Comenzamos a acercarnos de maneira moi sixilosa, pero a cerva deuse conta da nósa presencia e fuxiu. Intentamos seguirlle o ritmo, pero era demasiado rápida, e decidimos introducirnos nunha pequena gruta, a ver se voltaba e podíamos sacarlle unha foto dende o noso escondrixo. Estivemos esperando, pero vendo que non aparecía, comenzamos a falar de outras opcións para fotografíar: - ¿E se facemos algunha fotografía artística? – Suxeriu María. - Eu creo que non funcionaría, a maioría da xente presenta fotos dese tipo e ademais contan con cámaras de calidade, nós tan só temos a cámara do meu pai –Rebatiu Xosé. - ¿E se nos adentramos nesta gruta ? Ao mellor hai morcegos e podemos sacar algunha foto de calidade – Apuntou Carmen. - Paréceme boa idea – Suxerín eu – Ademais, podemos sacar boas fotos sen que haxa morcegos. As grutas soen ser lugares preciosos. - Pois imos logo Comenzamos a adentrarnos naquela gruta, puidendo ver grazas ás lámpadas que trouxera eu. Era unha gruta pequena, apenas cabíamos todos nela. Comenzamos a explorar, e descubrimos que non había ningún morcego. O que sí había era extrañas inscripcións nas paredes. - Estas inscripcións están en latín – Dixo María, que estaba estudando ese idioma. - ¿E que din? – Preguntou curioso Xosé. - Vounas ler… - Léas en alto - A ver…


Cando rematou de ler aquel extraño texto, algo pasou. As paredes da gruta comezaron a xuntarse, e o espacio no que estabamos a reducirse cada vez máis. Comezamos a correr en dirección á porta, e cando chegamos, sentímonos aliviados. ¿Que acababa de pasar ? Nadie parecía ter a reposta. Quedámonos inmóviles durante uns segundos, intentando comprender. Pero non dábamos coa resposta. De pronto, levantamos a vista, e para a nosa sorpresa, o bosque parecía non ser o mesmo de antes. As árbores eran diferentes, xa non eran pinos nin abetos, eran castiñeiros. Eu non sabía cómo reaccionar… Era todo tan raro… Decidimos comenzar a andar cara a cidade, a ver que era o que nos encontrabamos, xa que o de volver a adentrarnos na gruta estaba descartado, máis que nada porque xa nin había gruta. Tan só quedaban montóns de pedras. Comenzamos a andar, e a comprobar que non atopariamos a nosa cidade, xa que, de feito, non estaba. No seu lugar tan só había herba. - ¿Qué é isto? - Non sei… Isto é moi raro - ¿Onde estamos? Isto non é a nosa cidade, dende logo… - Creo que o mellor será que voltemos á gruta e esperemos alí. - Eu non, dende logo. Vou buscar a alguén que me explique onde estamos. - Quizais sexa o mellor… Imos logo. Botámonos a andar en busca de alguén que nos puidese expllicar a extraña situación na que nos atopábamos. - Eu creo que non vamos atopar a nadie, María.. Quizais houbera sido mellor esperar na porta da gruta. - Non , xa verás como clarexamos esto pronto. María e eu seguimos andando, despois de que Carmen e Xosé decidiran quedarse na porta da cova esperando a alguén que quizais nunca chegase. De repente, ao seguir andando, vimos unha especie de campamento, e decidimos adentrarnos nel, a pesar de que non parecía un campamento normal. Subimos a unha pequena colina antes de entrar, para ver mellor onde nos íbamos meter, e divisamos o que parecía se un campamento romano. - María, eu preferiría non entrar ahí… - ¿Pero que dis? Imos a entrar, parece que son as únicas persoas que nos poden informar do que acaba de pasar. - Bueno, pero vai ti diante, que a min eses homes difrazados dánme medo. - Vale, vale. Adentrámonos no bosque que estaba enfrente do campamento, e dende alí puidemos velo mellor: o campamento estaba rodeado dunha especie de muralla cadrada, e en cada unha das esquinas da mesma, había o que parecía ser un torreón, no que había un home vixiando. En canto nos viron, comezaron a gritar. - ¿María, qué están dicindo? - ¡Están falando en latín! - ¿E qué din? - Din que somos uns intrusos, e que preparen as armas. - ¡Meu deus! Ímonos de aquí. - ¡Corre! Comezamos a correr, pero en poucos segundos uns homes robustos colléronnos e leváronos ao interior do campamento.


Xa alí introducíronnos nunha especie de carpa. Nela, tivemos que esperar preto dunha hora a que chegase o que parecía ser o xeneral xefe, que nos fixo unha serie de preguntas ás cales María contestou, xa que eu non entendía nada de latín. - ¿Que che preguntou? - Preguntoume que quenes éramos, e… - ¿E que lle dixeches? - Díxenlle que habíamos saído dunha cova, pero creo que non me creu. - Home, saír dunha gruta, moi normal non é. - Xa, pero que queres que lles diga. - Xa… De repente entrou o mesmo xeneral que había interrogado a María e díxonos que o acompañásemos. Nós obedecemos. Levounos ata outra tenda de campaña, onde nos fixeron sentarnos e esperar a que chegara o que María entendeu como ‘’o emperador’’. Este púxose a preguntarnos de donde viñamos, e nós lle contestabamos que dunha gruta, ao que el repondía fruncindo o entrecello e soltando improperios. Parecía ser que non creían o que lles dicíamos, como era lóxico, xa que non era moi normal que alguén saíse dunha gruta do no medio das montañas. En canto o xeneral saíu da tenda, María e eu comezamos a falar: - ¿Qué cres que nos van facer? - Non sei, Xurxo… Pero o exército romano é uns dos máis implacables… - Deus nos protexa - Non creo que Deus che axude moito, principalmente porque aínda non se descubriu a súa existencia. - Ti sempre tan quisquillosa. - Jajajaja… Teño que selo se quero traballar. Ti en cambio es tan despreocupado… - Porque a miña filosofía é ir despacio, sen présas… - Pois non che está dando moi bós resultados… - Xa… Cóntame cousas sobre o exército romano, para estar un pouco informado… jajajaja - Ben, é un exército enorme, formado por case 500 homes, que van armados con lanzas e coitelos, e protexidos con escudos, normalmente cadrados, e levan unha especie de uniforme que consta dunha falda, por dicilo dalgunha maneira, e un escudo acoplado para protexer o peito. - Si que van armados, sí… - A verdade e que para a época na que estamos, está bastante ben. - Segue contando. - Teñen moitas armas ofensivas, como o cañón, no que cargan pedras e incluso obxectos con lume para prendelo nos pobos inimigos ao pasar por enriba das súas murallas. - Gustaríame ver unha batalla entre romanos. Ten que ser moi emocionante. - Pois non te preocupes por eso, seguro que vemos máis dunha. - Non sei se quero velas dende dentro… jajajaja - Jajajajaja… En canto as vexas, xa me dis se che gustou… jajajajaja - Eres mala comigo - Xa o sei jajajaja


Continuamos falando longo e tendido ata que chegou a noite, e sen darnos conta, estabamos durmindo no solo, vencidos polo sono. En canto nos despertamos, dímonos conta de que non habiamos soñado nada. Todo era tan real como no día anterior. Comezei a pensar en que nunca saliríamos de aquí, e comezeime a agobiar. Comezei a pensar que sería da miña familia, dos meus amigos, qué estarían pensado que me ocorrera, ou se chegarían a pensar que estaba morto. Pero pronto deixei de pensar neso, xa que senón deprimiríame máis. Decidín saír da tenda e comezar a explorar o campamento: nel había moitas tendas, aínda que todas parecía desocupadas. Tamén había moitos cabalos, coas monturas postas, e multitude de armas. A muralla parecía consistente, como se nunca se fóse a romper. Facía un bó día, o sol brilaba, e os paxaros cantaban. Había unha moza que parecía estar lavando a roupa nun pequeno río que pasaba polo campamento. De sópeto, ela miroume, e ao darse conta da miña presenza, votou a correr. O seguinte que recordo é ver achegarse a o que me pareceron millóns de romanos, armados, e sentir a dor punzante dunha das súas armas no meu peito. Naquel momento pensei en María, e quixen gritar o seu nome, pero non tiven forzas sufiecientes. Limiteime a pechar os ollos e deixarme guiar por aquela luz que brilaba ao final do túnel.


RELATOS CORTOS  

RELATOS CORTOS DOS ALUMNOS