Issuu on Google+


O HÓCKEY LIÑA E O CHL MEIGAS Andrea Ferreiro Gómez O hóckey liña xurdiu hai uns poucos anos en Canadá, coa finalidade de poder xogar no verán o hóckey sen precisar unha pista de xeo, e así abaratar costes de mantemento, pois manter un pista coas características necearias para practicar o hóckey sobre xeo nunha época do ano relativamente calurosa, supón un gran esforzo económico. En Lugo, carecemos de pista de xeo, tanto no inverno como no verán, por iso xogamos todo o ano nunha pista reglamentaria que cumple o requisitos para poder practicar o hóckey liña.

O CHL Meigas é o único clube femenino federado de toda Galicia. Cando este quipo naceu, hai xa uns once anos, non existía ningún tipo de competición na que se poidera participar. No ano 2004, a directiva púxose en contacto con outros clubes do territorio nacional, e foi organizando pequenos encontros no que o principal obxectivo era coñecer xente nova e pasalo ben durante unha fin de semana. Isto saiu adiante e as ansias de xogar aumentaron. Pasaron 4 anos e o adestrador animounos a participar nun campeonato que tería lugar na cidade de Valladolid no ano 2008, “A Copa de España”. Para as Meigas, éstas eran palabras maiores, pero sen pensalo moito, lanzáronse de cabeza. Este foi o comezo da nosa historia como equipo federado para unha competición nacional.


A Copa de España animounos a mellorar e continuar loitando polo noso deporte. Pero aínda así, éste campeonato tiña lugar unha vez cada ano, e co paso do tempo quedousenos pequeno. Así pois, moi animadas e ilusionadas, inscribímonos á Liga Nacional no ano 2010, que se celebraría xa por terceira vez; mais os dous primeiros anos, non poderamos participar nela pois o presuposto do clube non o permitía. A partires deste momento o clube xa non parou. A canteira procedente das escolas comezou a medrar e preparar novas xogadoras para a competición. Actualmente 6 xogadoras da primeira plantilla -ésta composta por un total de 11-, son froito dun traballo profesional e moi coidado na escola de patinaxe e hoquei liña que o clube CHL Meigas leva rexentando dende hai 8 anos. Unha desas xogadoras son eu, que comecei a patinar con 7 anos. Durante as dúas primeiras tempadas no Meigas recebín clases de patinaxe, e na terceira, como os meus coñecementos de patinaxe eran bos, as miñas monitoras vírenme aptitudes e propuxéronme pasar a formar parte da escola de hoquei. Eso supoñía un compromiso e comezar a mercar material específico, que daquela era complicado de conseguir. Non obstante, como me gustaba, comecei a entrenar con ganas e con ilusión, incluso a nivel particular, na miña casa ou onde podía, intentando mellorar física e técnicamente. Hai que dicir, que o ambiente do equipo sempre foi positivo, dende os seus comezos ata os nosos días. Isto foi unha peza clave para continuar.


Penso que alcancei un nivel de xogo basante bon, e o resultado deste traballo viuse recompensado pola recente convocatoria dun Planning de Alta Competición “California 2013” que incluía a posibilidade de disputar ao lado da selección feminina (a cal este ano obtivo a medalla de bronce no campeonato de mundo celebrado en xuño con sede en Bucaramaga (Colombia) ). Este Nadal, celebrouse en Canfranc (Huesca) unha nova convocatoria, para a cal foron seleccionadas catro xogadoras do Meigas (Laura Cernadas, Andrea Ferreiro e Amagoya Sansiñena) e unha porteira (María López). Nela, o seleccionador nacional (Jordi Argullós), o director do Staff Técnico (Philippe Boudreault), o preparador físico da selección (Iván Montesinos) e como innovación, o porteiro da selección francesa (Roman de Prèval) quen impartiu clases únicamente ás porteiras, desenrolaron unha importante labor tanto técnica como táctica coas 25 participantes procedentes de toda España. Desde a escola de patinaxe e hoquei liña de Meigas estamos logrando que o hoquei en liña teña cada vez máis adeptos e adeptas e polo tanto, conseguir que deixe de ser un deporte minoritario. Se che gustaría formar parte deste magnífico deporte podes poñerte en contacto con nós a través da nosa páxina web sempre disponible, www.chlmeigas.com. Tamén, teño que facer mención ás boas instalacións municipais coas que podemos contar para a práctica deste deporte. Certifico que están moi por encima de outras nas que o noso equipo leva disputado encontros en competición nacional.


AquĂ­ vos deixo algunha imaxes que espero que vos gusten:

EU.

CHL MEIGAS


EU

CONCENTRACIÓN COA SELECCIÓN O ANO PASADO


Mens sana in corpore sano