Page 1

Outros consellos 

Se queremos atopar unha palabra nunha páxina web ou nun documento dela podemos premer a tecla F3 ou Ctrl F co cal aparecerá un cadro de busca.

Se non lembramos algunha palabra dunha frase que imos empregar na busca podemos usar o * nunha frase entre comiñas.

Biblioteca “O Segrel do Penedo”

IES de Fene Se queres atopar máis trucos para mellorar as túas buscas podes consultar as seguintes direccións

Se facemos a busca que se mostra na imaxe nos devolverá páxinas que conteñan termos como avances tecnolóxicos, materiais tecnolóxicos,...

<http://pub.lucidpress.com/45ac8404-532770b5-8eac-66ae0a00d013/>

 Utilizar os buscadores de imaxes que

nas súas opcións nos permiten configurar unha busca personalizada

<http://www.hackcollege.com/ blog/2011/11/23/infographic-get-more-out-ofgoogle.html>

<http://osegrel.blogspot.com.es/>

Consellos para buscar na rede


Algúns consellos

Aprende a buscar na rede con eficiencia 

Un signo “+” entre dous termos nos dará resultados que conteñan ambos termos. Cada palabra engadida contribuirá a afinar máis os resultados. Fíxate nas imaxes:

Para buscar información na rede empregamos uns programas chamados buscadores. A maioría deles comparan a palabra ou palabras que inserimos no cadro de busca co contido das páxinas web, co que teremos unha cantidade inxente de direccións como resultado da nosa pesquisa. Se queremos facer buscas eficientes debemos ser o máis precisos posible xa que diso dependerá pasar de millóns a milleiros de resultados. Ademáis debemos ter en conta que cando facemos unha busca, entre os resultados que aparecen temos un par de liñas de información que debemos ler para saber se nos convén entrar nesa páxina o rechazala. Así non perderemos tempo accedendo a webs que non nos servirán como fonte de información. Deixámosvos uns consellos para que aprendades a facer buscas de xeito máis eficiente.

Comandos de busca 

Filetype: para buscar un tipo de arquivo determinado. Se queremos atopar documentos en formato “doc” que tratan sobre literatura galega poñeremos no buscador:

Site: para buscar webs dun determinado dominio, es, com, org,… Se poñemos site:es literatura galega nos devolve só páxinas con información sobre literatura galega do dominio .es

Define: podemos usar este comando para atopar a definición dun termo. Por exemplo se poñemos no buscador define:pdf a primeira opción será a definición do termo como se pode ver na imaxe.

Inurl: devolve páxinas que conteñan un termo na súa url. Por exemplo inurl:osegrel nos devolve todas as páxinas que incúen osegrel na súa url.

Un signo “-” entre dous termos de busca exclúe o segundo. Deste xeito nos aparecen menos resultados. A busca “noticias –economía” nos dará como resultado noticias que non sexan de economía.

 Unha cadea de busca entre comiñas dara-

nos como resultado páxinas que conteñan esas palabras de forma exacta e na mesma orde en que aparece. Por exemplo “Rosalía de Castro naceu en” nos devolverá o lugar de nacemento de Rosalía de Castro.

Buscar internet  

Consellos para buscar na rede con eficiencia