Page 1

O recuncho do álbum ilustrado

Plano da biblioteca

Biblioteca “O Segrel do Penedo” Sala de lectura

IES de Fene

Zona TIC e arquivo

ESPERÁMOSTE!!!!

<http://osegrel.blogspot.com.es/>

Buscar na biblioteca


Biblioteca “O Segrel do Penedo” Un lugar de encontro

A biblioteca conta nestes momentos con máis de 22.000 volumes entre os que poderás atopar enciclopedias, dicionarios, revistas, libros especializados en todas as materias, ensaio, narrativa, poesía, teatro... e diverso material dixital como música, cine ou documentais. Visita as seccións de cine, música, banda deseñada e álbum ilustrado e poderás atopar dende títulos clásicos ata as novidades máis recentes. Ademais tedes ao voso dispor os itinerarios lectores de todas as materias. Dispoñemos dunha sala de lectura e estudo, un recuncho de lectura informal ademais dun espazo TIC onde podedes consultar calquera información en Internet e facer traballos de clase. Ven á biblioteca para botarlle unha ollada ás novidades e pide ao profesorado que estea nese momento que che axude a localizar o que buscas. Se prefires buscar ti mesmo o libro que che interesa, tes a continuación o cadro de materias que che axudará a saber onde están situados os títulos segundo a materia, e na páxina seguinte unha pequena explicación sobre a súa colocación en sala.

Cadro de materias

A CDU (Clasificación Decimal Universal)

Nunha biblioteca os libros están colocados en función da materia ou tema e esta á súa vez pode clasificarse en temas máis específicos. Por exemplo dentro da materia literatura temos a poesía, a narrativa, o teatro,…. Cada materia está asociada a unha cor e a un número. O número colócase xunto ao autor e título do libro nunha etiqueta que cada volumen leva no lombo tal e como aparece a continuación.

CDU (materia)

82-3G-X

Autor

FER

Título

uni

 O número 82 corresponde á materia, literatura, o 3G indica que se trata de narrativa en galego e por último o X que se atopa na sección xuvenil. O dato que aparece en segundo lugar refírese ás tres primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas, neste caso Agustín Fernández Paz. Por último o terceiro dato correspóndese coas tres primeiras letras do título (omitindo os artigos) en minúsculas, “O único que queda é o amor”

Buscar bca  

Como atopar os fondos na Biblioteca Escolar

Advertisement