Page 1

PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL PCPI 2011-12

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES MUGARDOS 26 XULLO 2011


PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI)

A información que se detalla a continuación é un resumo da nova normativa adaptada á modalidade do PCPI, C mixta, que se oferta no IES Mugardos. NORMATIVA QUE O REGULA Orde 13 xullo de 2011 que regula os PCPI na Comunidade Autónoma de Galicia. (21-07-11, DOG nº 140). ALUMNADO AO QUE SE DIRIXE Pode incorporarse a un PCPI o alumnado que estea nalgunha destas situacións: • presente dificultades de aprendizaxe e lle motive a formación nunha profesión, ou se atope en grave risco de abandono escolar. • desescolarizado que desexe acceder ao mercado laboral coa acreditación de cualificación profesional de nivel 1. • presente necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastornos graves de conduta, co fin de facilitar a súa inserción laboral E cumpra cos seguintes requisitos: • considérase que o PCPI é a mellor opción para acanzar os obxectivos da ESO. • non ter cursado outro PCPI • ter entre 15 e 21 anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa (NOVIDADE). • Excepcións nas que non se aplica o límite superior de idade nin o requisito de non ter cursado outro PCPI: -ofertas específicas de PCPI para alumnado con N.E.E. -ofertas de programas externos de PCPI modalidade C DURACIÓN DO PROGRAMA Dous cursos académicos (NOVIDADE) OBXECTIVOS O PCPI permite: 1. Iniciarse profesionalmente e conseguir competencias profesionais dunha cualificación profesional de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 2. Posibilitar unha inserción sociolaboral satisfactoria 3. Continuar estudos mediante a superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio 4. O acceso directo a ciclos de grao medio cando se supere os módulos obrigatorios do programa (NOVIDADE) 5. A obtención do título de graduado en educación secundaria cando se superen todos os módulos do programa GRUPO PCPI • Máximo: 15 alumnos/as (NOVIDADE).


REXIMES E MODALIDADES DE PCPI • Reximes -Ordinario. O IES Mugardos oferta este réxime. -Integrado. A formación profesionalizadora impártese nos 2 cursos e se refire a varios perfís profesionais. • Modalidades Existen 3 modalidades de PCPI (A, B e C: p. mixtos e p. externos) dependendo de donde se realice a formación. No IES Mugardos, temos a modalidade C mixta na que: -os módulos formativos de carácter xeral impártense no IES -módulos específicos impártense en empresas coas que establecemos convenios. Esta modalidade permite que o alumno/a escolla o perfil profesional que lle interesa. O centro asinará convenio cunha empresa que forme ao alumno/a. Este curso contamos cos seguintes perfís: peiteado, mantemento de vehículos autopropulsados, montaxe de redes eléctricas, servizos de restauración, carpintaría. Podemos solicitar novos perfís sempre que contemos con empresas coas que poder establecer o convenio de formación. ESTRUTURA MODULAR Cada curso estrutúrase en módulos (equivalente ás materias). Existen módulos obrigatorios e módulos voluntarios. A novidade é que no 2º curso existen módulos obrigatorios, o que implica que o alumn@ obrigatoriamente cursa 2 anos. Na modalide C mixta a organización é a que se indica no cadro.

MÓDULOS

OBXECTIVOS

CURSO NO LUGAR DE QUE SE IMPARTICIÓN IMPARTE

Adquirir competencias profesionais.

Específicos Profesionais (mínimo 580 horas) OBRIGATORIOS (2 tipos de módulos)

VOLUNTARIOS

I Formativos de carácter xeral

Empresa

Contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas e favorecer a transición ao mundo laboral

II Completar o desenvolvemento das competencias básicas que posibilitan cursar con éxito un ciclo de Grao Medio (NOVIDADE) Completar a formación obtención do título

para

a

2º: no 1º cuadrimestre

2º: no 2º cuadrimestre

IES

IES


Exemplo:

MÓDULOS 1º CURSO PCPI SERVIZOS DE RESTAURACIÓN Específicos Profesionais

Formativos de carácter xeral I

(na empresa)

Titoría e

1. Competencia comunicativa e dixital I (4h)

1. Servizo básico de restaurante.

2. Sociedade e cidadanía I (3 h)

2. Servizo básico de bar-cafetaría.

3. Científico-Matemático I (4 h)

3. Aprovisionamento, seguridade e

4. Iniciativa persoal e relacións laborais I (2 h)

orientación

hixiene MÓDULOS 2º CURSO (NOVIDADE) Módulos Formativos carácter xeral II

Módulos Voluntarios

Titoría e

-Cúrsanse no 2º cuadrimestre (3º avaliación) a

-Cursanse no 1º cuadrimestre (1º e 2º

-Permiten

avaliación)

Educación Secundaria.

-Currículo do módulo 3 do nivel II

-Currículo módulo 4 do nivel II da educación de

da educación básica para as persoas

adultos.

adultas

-Inclúen aspectos básicos de varias materias:

-Son:

1. Ámbito Comunicación

1. Competencia comunicativa e

-Lingua Galega e Literatura

dixital II ( 6 h)

-Lingua Castelá e literatura

2. Sociedade e cidadanía II ( 4 h)

-1ª lingua estranxeira

3. Científico-Matemático II ( 8 h)

2. Ámbito Social

4. Formación complementaria acceso

-C. Sociais, xeografía e historia

a ciclos (3 H). NOVIDADE: permite

-Educación para a cidadanía, e

acceder a ciclos sen proba de acceso.

-os

aspectos

obtención

perceptivos

do

Graduado

orientación

das

materias

Educacion Plástica e visual, Música 3. Ámbito Científico -Tecnolóxico -Matemáticas -Ciencias da Natureza -Tecnoloxías -os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.

en

de:


HORARIO • No IES: luns e mércores de 8.45 a 14.25. Luns xornada de tarde de 16:20 a 18:00 • Na empresa: 6 horas diarias, tres días á semana (adaptase o horario ao da empresa) REPETICIÓN E CONVOCATORIA EXCEPCIONAL •

• •

O alumn@ de 1º que non promocione pode repetir (NOVIDADE). O alumnado de 1º que repita e non promocione ou, o de 2º que non superase todos os módulos, pode solicitar do 17 de xuño ao 2 de xullo unha convocatoria excepcional para rematar o programa ante a Dirección Xeral de educación, formación profesional e innovación educativa. Tanto no caso de repetición como de convocatoria excepcional, o alum@ ten que cursar todos os módulos e poderá matricularse se existen prazas.

ASISTENCIA E BAIXAS DE OFICIO A asistencia é obrigatoria tanto ao centro de traballo como ao centro educativo. Causará baixa de oficio, o alumnado de 1º curso en idade de escolarización non obrigatoria que incorra en 10 novas faltas de asistencia, desde que se lle realice apercibimento por : 1. acumular as seguintes faltas de asistencia inxustificadas: • 10% da duración global dos períodos lectivos do conxunto dos módulos, sempre que sexan un mínimo de 20 sesións • 15% da duración global dun módulo, sempre que se impartisen 5 perídos lectivos de dito módulo 2. na realización dos módulos profesionais (empresa) : • faltar de maneira inxustificada. O número de faltas concretarase na programación xeral anual, en todo caso non poderá ser superior ao 10% da duración de cada módulo. • ter actitude incorrecta ou falta de aproveitamento O alumnado que cause baixa de oficio non poderá volver a matricularse nun PCPI. O alumnado en idade de escolarización non obrigatoria, no caso de non cumprir co punto 2, será proposto para a reincorporación ao nivel da ESO de referencia. AVALIACIÓNS É continua. Haberá 3 sesións de avaliacións, unha por trimestre. O titor/a entregará un boletín de notas despois de cada avaliación. CERTIFICACIÓNS • Certificación académica de ter superados todos os módulos profesionais ou Certificación dos superados • Certificación de profesionalidade e acreditacion de unidades de competencia (a solicitude do alumn@): cando se superan os módulos profesionais • Certificación académica que permite o acceso directo aos ciclos de Grao medio: cando se superan os módulos obrigatorios • Título de Graduado en Educacion Secundaria: cando se superan os módulos obrigatorios e os voluntarios


PROCEDEMENTO PARA A INCORPORACIÓN AO PCPI ALUMNADO Alumnado menor de anos

PASOS

APROBACIÓN

1.Elaboracion dos seguintes informes: Servizo 16 -Informe individualizado do titor/a (competencia curricular, dificultades de Territorial aprendizaxe, mad, proposta do equipo docente) Inspección -Informe D.Orientación Educativa

de

2. Conformidade do: -pai e nai ou titor/a legal -alumn@ 2.Proposta de incorporación ao PCPI por parte da dirección do centro tendo en conta os informes anteriores e envío da proposta e os informes do titor e Orientación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa 3. Resolución sobre a autorización do Servizo Territorial de Inspección Educativa e comunicación ao centro educativo antes do remate do período de admsión 4. Comunicación da dirección do centro aos pais ou representantes legais, segundo modelo anexo VI do dog, da concesión ou denegación da autorización. Alumnado maior de 16 anos ou que os cumpra no 2011

1.Elaboracion dos seguintes informes: Dirección -Informe individualizado do titor/a (competencia curricular, dificultades de centro aprendizaxe, mad, proposta do equipo docente) -Informe D.Orientación

do

2. Conformidade do: -pai e nai ou titor/a legal -alumn@ 3. A dirección do centro, tendo en conta a documentación anterior, resolve a autorización da proposta de incorporación ao PCPI. 4. Comunicación da dirección do centro aos pais ou representantes legais, segundo modelo anexo VI do dog, da concesión ou denegación da autorización. Resto alumnado

do Conformidade do pai e nai ou titor/a legal e alumn@

Dirección centro

do

ADMISIÓN E MATRÍCULA 1º CURSO Folla de admisión e matrícula

Anexo VII

Prazos

-O establecido na secretaría de cada centro. No IES Mugardos: • solicitude: 1-10 setembro ? • admitid@s: 14 setembro ? • matrícula: 15-17 setembro ?

Documentación

• DNI • Comunicación autorización (alumnado escolarizado no curso 2010-11) • Certificado de grao de minusvalía e ditame técnico facultativo, no caso de alumnado con discapacidade

Prioridade na adxudicación

1. Alumnado matriculado no centro no curso anterior 2. Alumnado incorporado en idade de escolarización obrigatoria 3. Alumnado escolarizado na ESO no curso anterior 4. Resto do alumnado 5. No caso de empate: sexo menos representado no perfil profesional e nome seguinte por orde alfabético a Monteiro de Carvalho, María Susete.

Alumnado sen praza

Pode matricularse noutro programa no que haxa prazas. Inspección informa.


PCPI 2011-12  

Nueva normativa PCPI

Advertisement