Issuu on Google+

A LÁMPADA CHEA DE QUEIMADURAS Así comezo o meu diario falando da miña vida cotiá. Eu son unha lámpada de noite que me encontro no cuarto de Manolo e Carme, unha parella de Ponferrada. Vouvos contar como teño que pasar cada día: Cando esperto cediño, pola mañá, Carme xa me acendeu unha morea de veces pola noite. Que se para ir ao baño, para mirar se as luces están apagadas, para mirar o espertador... Xa non sei as veces que me acende! Cóntovos isto porque cada vez que me acende, algo no meu interior comeza a quentarse rapidamente e quéimame por todo o corpo, eu berro e berro pero parece que ninguén me escoita. Xa levo aguantando moito tempo esta dor insoportable e o único que me consola é falar co espertador, pero el non é quen de facer nada porque é un pouco, digamos..., bastante botado para atrás, entón sigo aguantando . Despois de Carme , tócalle a Manolo, que me volve a acender e volvo a sufrir. Pero xa non penso aguantar máis, tiven unha idea hai uns días e penso levala a cabo hoxe mesmo. Sempre oio como di a miña amiga a televisión que sobe a luz e por iso vou escribirlle unha carta falsa a Manolo e mais a Carme dicíndolle que teñen que pagar douscentos euros por ter acesa a lámpada da mesiña de noite, a ver se así consigo que non me acendan. Hoxe, cando os dous marcharon para o traballo e quedei soa, fun en busca dun papel e dun lapis, collino e púxenme a redactar a carta. Así que rematei, metinlla na porta e esperei a que viñesen. Carme xa entrou alporizada berrando pola factura que lle fixeran pagar na Caixa de Aforros, e logo duns minutos apareceu Manolo coa súa tranquilidade habitual. Cando viu a Carme tan irritada preguntoulle: _ E logo que che pasou, muller? Que foi? _ Que tiven que pagar douscentos euros pola luz! Pola luz da lámpada pequena, a da mesiña! _Queee!!! Tantos cartos? _dixo Manolo_ esa lámpada debe estar avariada! Subiu as escaleiras ás presas, e eu sentíame tan culpable que cando me acendeu, desprendín unha cor vermella. Tan estrañados quedaron que desde entón non me volveron acender. Eu descubrín o misterio da miña cor, as lámpadas alumean amarelo porque veñen de China e alí é a cor predominante, pero eu volvérame de cor vermella, iso si que era raro, non? Pois non, porque eu son fabricada en España, “made in Spain”, aínda que , pensándoo ben, as miñas amigas as chinesas son moi graciosas.

Marta Rosende González 1ºESO


A lámpada chea de queimaduras