Como facer un traballo de investigación Consellos útiles para non naufragar no intento C.E.I.P. San Félix— Candás (Asturias). Traducido ao galego por Inma Orol
1
4
Elixe o formato: dixital ou papel. Podes escribilo a man ou con computador, e entregalo en papel, nunha presentación Power Point ou publicalo no bloque da clase. Os dous formatos son igual de válidos e non están enfrontados un co outro. O máis importante é o contido, pero a forma de presentalo tamén é importante. Pensa se o teu traballo vai levar ilustracións ou outros elementos multimedia como son ou vídeo.
Elixe un tema para a túa investigación. Algo que che guste e c h e pareza interesante contar.
Escolle un tema do que dispoñas información ou saibas onde atopar algún dato do que partir.
2 3
Elabora un guión ou sumario do que será o teu traballo. Este paso é fundamental, pois deberás escoller a información, quedarte co máis importante e ordenala e organizala en capítulos ou apartados.Un bo guión garante un bo traballo.
Comeza a recoller información: busca en libros, revistas, enciclopedias, páxinas web, entrevístate con persoas especialistas no tema, etc. Recolle algunhas notas pero NON COPIES A PÉ DA LETRA.
5 6
Para escribilo sigue a orde do guión. Busca explicacións sinxelas e fáciles de entender. Revisa a ortografía e coida as marxes. Numera todas as páxinas. Ao final inclúe a bibliografía con todas as fontes de información que utilizaches: libros, artigos, webs …
Organiza o teu tempo para cumprir coa data de entrega. Lembra que o importante non é só o resultado, senón TODO O PROCESO: investigación, organización e presentación do traballo.
O meu primeiro traballo de investigación Exemplo: OS DINOSAUROS
1 2 2
Vou recompilando a información: meu curmán préstame un libro, na biblioteca do colexio atopo outros dous con moitas ilustracións. A profesora ensíname unha páxina web moi interesante de onde podo sacar moita información.
4 5
3
Para revisar a ortografía e as palabras que non coñezo, UTILIZO O DICIONARIO. Ao final cito todas as fontes de información que utilicei: os libros, unha revista e dúas páxinas
6 web.
A partires das notas tomadas, podo facer o guión do meu traballo:
Guión: OS DINOSAUROS 1. Que son. 2. Cando xurdiron. 3. Clasificación e tipos. 4. Por que desapareceron. 5. A paleontoloxía. 6. Principais descubrimentos. 7. Os dinosauros no cine e na literatura. 8. Bibliografía. Materiais consultados.
Decidín facelo en papel. Escribireino en papel e a lapis e despois pasareino ao computador. Pido ao profesor que me garde no meu lapis de memoria algunhas ilustracións que vou a utilizar, e eu debuxarei o resto. Empezo a escribir, seguindo a orde do guión. Explico todo con expresións sinxelas, SEN COPIAR AO PÉ DA LETRA.
Elixín este tema porque me gusta moito. Ademais teño moitos libros e una revista que trata de dinosauros, e hai pouco que vin un documental na tele.
E XA ESTÁ!! Rematei o meu traballo, e vou entregalo no prazo que nos marcou o profe. Entrégoo en formato de texto gardado no meu lapis de memoria. O profesor imprimirao e darame unha copia. Despois presentarei o meu traballo ao resto dos compañeiros, para que eles tamén aprendan cousas dos dinosauros. O máis importante de todo isto é que durante a realización do traballo APRENDÍN MOITAS COUSAS.
Prrofesor Potâchov de Moldavia