Page 1

www.orecantodeleo.org

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXV- Nº 26 | Curso Escolar 2010/2011


AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO

[páxinas 4-5]

Debuxo e crónicas. O NADAL

[páxinas 6-7] Día da festa: visita dos Reis Magos, Papá Noel, animación á lectura...

DÍA DA PAZ

[páxinas 8-9]

“I Rastro Solidario”. Murais do cole. ENTROIDO

[páxinas 10-13]

Exposición de doces típicos. Reportaxe fotográfica. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

[páxinas 14-15]

Encontro coa avoa Inés. EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

[páxinas 16-17]

Voz Natura: plantación nas Ermidas.

SUMARIO

PDI 2010/2011: “A AUGA”

[páxinas 18-29]

1ª Fase: motivación. 2ª Fase: procura e tratamento da información. 3ª Fase: exposición. LETRAS GALEGAS

[páxina 30-31]

Murais e traballos dos ciclos.


O RECANTO DE LEO… É DICIR: A BIBLIOTECA

[páxinas 32-37]

Novos espazos da biblioteca. Algo de actividade. Creacións propias. ARRIBA O TELÓN: IMOS AO TEATRO!

[páxinas 38-39]

Ed. Infantil: “Cando raia o sol”. 1º ciclo: “Os narigudos”. 2º ciclo: “O forno de Flordelís”. 3º ciclo: “el humor en la ópera”. 2º e 3º ciclo: “Os catro da Xunqueira”. ACTIVIDADES CO CONCELLO

[páxinas 40-41]

Programa de habilidades sociais. Taller de oficios tradicionais. ALGÚNS TRABALLIÑOS

[páxinas 42-43]

Somos dinosauros. Cadernos de zooloxía. AQUELES MARABILLOSOS ANOS

[contraportada]


Coa chegada da celebración do Samaín e do Magosto, pasamos unha xornada ben divertida!

AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E O MAGOSTO

Ao longo da semana foron chegando ao noso fantasmagórico escenario as cabazas e cestas de outono que as familias prepararan. Todas formaban parte de un tradicional concurso, moi arraigado no noso cole, no que se agasalla aos tres mellores de cada categoría. Como podedes ver este ano foron moitísimos os que participaron!

Os de 6º invocaron ás bruxas e ás curuxas e prepararon unha poción máxica para ver se os axudaba a atinar máis nos exames. E claro, todos bebemos dela! Os nenos de 5º tamén traballaron arreo preparando unha obriña, con elefantes e todo!

-4-


O OUTONO

Pola tarde pasámolo de medo xogando a: “diana castaña”, taller de maquillaxes, “bolos de outono”, “pasa a vasoira da bruxa”, “calabazanastra”… unha chea de orixinais xogos!

As árbores espidiñas sen follas, sen folliñas. Unha alfombra cobre o chan, tapiz de follas caídas, folliñas que veñen e van.

E como non, tamén comemos castañas asadas, grazas á axuda de algunhas mamás.

Folliñas lixeiras e secas, fatigadas de troulear. Folliñas que bailan co vento, todas caídas da man. Ainoa 4º

s l 4 ano Infanti

Infantil 4 an os

Infantil 4 a n os

-5-


O Nadal deste ano encheu de maxia e cor o noso cole. Pola mañá, con moita enerxía, chegou Rudy, un pallaso que… mellor que volo conte Juan de 5º. “O día 21 de decembro do 2010, veu un pallaso que se chamaba Rudy, e fíxonos rir moito. Colleume de voluntario para facer de motorista e el fixo de moto. Tamén meteu un globo pola boca, coa axuda do “profe” Jose. Cando remataron, chamou a tres rapaces: Ainoa, Gabriel e Alex. Ainoa tocou a trompeta, Gabriel a guitarra e Alex era o director da orquestra.

O NADAL

Logo fomos ao pavillón e alí tivemos xogos, veu Papá Noel e pola tarde os tres Reis Magos con moitos agasallos!”

Juan 5º -6-

Infantil 4 anos


“Durante Christmas fixemos varias actividades. Na aula de inglés aprendemos como se celebra “Christmas” en varios países como por exemplo: en Australia, en Great Britain, en México e en Sweden. Australia: In Australia, Santa Claus sweepsin on a surf board. Sweden: During all these days the people keep wishing each other a “Merry yule” Great Britain: In Britain, children write their letters to father christmas and then throw them info the fireplace so they will float up the chimney and fly to the North Pole. Tamén traballamos en outra tradición de Christmas. Cada un de nós fixo un Cracker, que son moi típicos en The United Kingdon. Na cea de “Christmas Eve” (Noiteboa) as familias rompen os seus “Crachers”. Nós fixemos os nosos propios “Crachers!” Alumnos 4º

-7-


O Día da Paz, festexámolo co “I Rastro Solidario”. Entre todos, co noso esforzo e a colaboración das familias, acadamos un total de 166 €. É para estar ben orgullosos! A actividade consistía en que cada aula realizara algún obxecto con materiais escolares ou de refugallo e que logo doarían para o rastro. O prezo era único (1€), e cada familia, a través dos nenos, podía colaborar na medida das súas posibilidades. os Infantil 4 an

DÍA DA PAZ

Son moitas as propostas que merecen a pena para doar a nosa recadación, pero só podiamos elixir unha, e… despois de meditalo decidimos doar os cartos a Unicef.

-8-


Esta ONG leva un tempo desenvolvendo unha iniciativa á que chaman GOTAS PARA NÍXER, e coma nós andamos a traballar co PDI da auga, pareceunos moi bonita! Quedamos rexistrados como cole colaborador, convidámosvos a mergullarvos no seu Blog (www.enredate.org/gotas) e ver cantos coles coma nós están a levar a cabo diferentes actividades para por o seu grao de area e colaborar coas causas que promove Unicef. De seguro que repetiremos a experiencia!

-9-


Os disfraces deste ano tiveron como tema común “A Auga”, xa que foi o que traballamos no PDI e no Proxecto Voz Natura.

ENTROIDO

É por isto que poderedes ver “nubes”, “lóstregos”, “arcos da vella” e “folerpas”.

- 10 -


- 11 -


Como novidade, este ano os doces trouxéronos as familias e todos os que viñeron foron expostos coas receitas. Ummm… estaban boísimos! O que seguimos a facer, como manda a tradición, foi disfrazar aos mestres “novos” do cole para repartir os doces.

ENTROIDO

Algún resistíase pero ao final, conseguímolo!

- 12 -


Xa sabedes que pola tarde, o comedor convertémolo nun improvisado salón de baile onde só podes entrar se estás disfrazado. Algúns nenos trouxeron disfraces da casa e os “profes” apareceron de… ovellas!

- 13 -


Como xa sabedes, o pasado 8 de marzo conmemorouse a nivel internacional o Día da Muller Traballadora. Ademais de estar a falar e tratar o tema nas aulas e facer diferentes murais, na Biblioteca tamén quixemos facer algo especial. Pola tarde xuntámonos todos a escoitar e aprender da man da figura feminina máis entrañable de tódalas familias: as avoas.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Invitamos á nai dunha mestra do cole, amosounos como o paso do tempo foi cambiando a sociedade na que vivimos e a visión da mesma sobre a muller.

- 14 -


A entrañable avoa Inés mostrouse moi paciente cos nosos alumnos e respondeu tódalas preguntas que lle fixeron os nenos, abraiados por todo o que contaba. Mesmo trouxo algunha fotografía onde víamos como era o traballo de “aqueles tempos”. Unha experiencia que quere dar á muller a importancia que se merece dentro da sociedade, e sobre todo o respecto e a valoración aos nosos maiores. Unha actividade chea de valores e contidos, non só para os nenos, se non para toda a comunidade educativa. Moitas grazas a avoa Inés!

- 15 -


EDUCACIร“N MEDIOAMBIENTAL

Infantil 4 anos

Cristina 1ยบ

- 16 -


“O venres día 6 de maio saímos de excursión ás Ermidas. Pero antes de saír fomos ao comedor e déronnos unhas camisetas e fixemos grupos. Cando rematamos de facer os grupos collemos o autobús.

Infantil 4 anos

Cando chegamos ás Ermidas uns homes ensináronnos as plantas e árbores que iamos plantar. Máis tarde fomos merendar unhas “patatillas” e logo deixáronnos xogar a “pilla-pilla”, a roda e a moitas cousas máis. Xuntámonos todos para comer, había bocadillos de chourizo e de peituga e de postre tomamos plátano; estaba todo moi, moi rico. Ao final do día fomos dar unha voltiña ata as sete fontes cos rapaces máis pequenos. Ás catro marchamos de volta para o cole, iamos todos moi cansos, sobre todo os máis cativos.” Ángela 5º

- 17 -


Ao longo deste curso comezamos a traballar cos Proxectos Documentais Integrados. Escollemos como tema central “A auga” pero logo cada ciclo decidiu o que quería traballar. En educación Infantil traballaron “Os sentidos a través da auga, a auga a través dos sentidos”, en 1º ciclo “A vida ao redor do río”, os nenos de 2º ciclo “O ciclo da auga” e os maiores de 3º ciclo “Os usos da auga”. Todos estes proxectos constan de 3 fases e describímosvos o noso traballo a través delas.

ACIÓN nados, V I T O M 1º FASE: de documentos relacuclaios e

ns pelí Exposició visualización de , excursión ais... t documen

il 3 an

os

PDI 2010/2011: “A AUGA”

Infant

Saída á Piscif actoría de Carballedo

- 18 -


Excursión a Ourense

Victor 5º

“O mércores 27 de outubro todo o cole fomos de excursión a Ourense. Saímos no autobús ás nove. Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi visitar as Burgas, unhas fontes polas que sae a auga moi quente. Despois formamos dous grupos: os de Infantil e primeiro foron coller un tren turístico que os levou ata as termas de Outariz. E os demais tivemos que ir andando. Fixemos un longo paseo ao lado do río Miño e vimos moitos patos, plantas e varias pozas, unhas eran as da Chavasqueira. Cando chegamos bañámonos nunha poza que tiña auga quente e noutra na que a auga estaba moi fría. Antes e despois do baño tivemos que ducharnos. Despois comemos e xogamos nun parque no que pasaron o tempo os máis pequenos. Ás catro regresamos para a casa e chegamos ás seis ao cole. A min gustoume moito bañarme nas pozas e coido que aos demais tamén.” Marcela 3º

- 19 -


Saída á depurador a

María 4º

PDI 2010/2011: “A AUGA”

Inma 4º

“O día 26 de Novembro fomos a dous sitios relacionados. Arrancamos do cole ás dez e cuarto, primeiro fomos pola estrada de Ponte Bora ata a depuradora. Ao chegar, tiñamos que esperar un pouco. Loli, a nosa monitora, levounos a unha sala onde se atopaban os planos da planta. Ensinounos como funcionaban e fixemos unhas preguntas. Despois vimos o proceso de limpar a auga, tamén fomos a onde collen a terra e a limpan. De seguido fomos a onde están os bidóns de cloro. Baleiros podían pesar uns mil quilos, e cheos dous mil. Á tarde fomos comer, despois fixemos un paseo ata o miradoiro do embalse Pontillón de Castro. Fixemos unha foto de grupo e marchamos. Encantoume a visita e paseino moi ben cos compañeiros.” Inma 4º - 20 -


Visita á Central Hidroeléctrica

“O mércores día 15 fomos a Xesta, á Central Hidroeléctrica. Só fomos 5º e 6º curso. Nos explicaron moitas cousas: por exemplo, que si estaban en casa os vixiantes e pasaba algo na central, as máquinas avisaban mandando unha mensaxe ao móbil e tiñan que ir a ver que pasaba. Iso foi o que máis me chamou a atención! Despois fomos á presa andando… foi moi bonito! O que máis me gustou foi a cascada, era incrible. Despois fómonos no autobús e volvemos ao cole.” Verónica 5º Exposición de documen e visión de d tos relacionados ocumentais

Chistian

- 21 -


ENTO M A T A E TR A R U : PROC MACIÓN E S A F 2º FOR logo D A IN a para

is n prec oñecemento. ó i c a m a infor la e n c Atopar e transforma tratala

PDI 2010/2011: “A AUGA”

Nos ordenadores da aula de informática e da Biblioteca, con materiais que prepararon os mestres, lendo contos relacionados, recollendo noticias de prensa, nos documentais e “pelis”, na música, facendo experimentos coa auga… atopamos unha morea de recursos ou formas de acadar información e experiencias significativas que dotaron de coñecemento aos noso alumnos.

- 22 -


- 23 -


I ÓN C I S O P E: EX S A te s F º 3 diferen

n mais, e ido. e d s o ra end Mostra s, todo o apr e soport

PDI 2010/2011: “A AUGA”

Os mais pequenos traballaron arreo. Entre todos fixeron unhas presentacións coa súa mascota do proxecto (Gotiña) onde nos amosaron os seus experimentos cos distintos estados da auga. Logo, cada clase fixo un libriño distinto: os de 3 anos sobre as formas da auga, os de 4 anos un conto dixital da saída a Ourense e os de 5 anos a historia do arco da vella.

En 1º Ciclo prepararon un gran mural ao longo do proxecto e amosárono cun vídeo no que cada neno explicou o aprendido de cada animal dos que atopamos ao redor do río e dos que investigaron. Comezaron a súa exposición cunha cantiga e remataron presentando ao seu invitado tan especial “Orejitas”, un coello que lles fixo ver a importancia da auga para a vida. - 24 -


Este é o conto dos nenos de 4 anos que ademais lle puxeron son no “Laboratorio da C o m u n i c a c i ó n” d a n o s a Biblioteca e agora podedes ver no noso blog!

- 25 -


- 26 -

PDI 2010/2011: “A AUGA”


En 2º e 3º ciclo elaboraron unha presentación dos seus traballos ben dinámica. Os nenos de 3º e 4º amosaron un mural do ciclo da auga e explicáronnos como sucedía, ademais de levarnos “navegando” por algunhas páxinas web que atopamos moi interesantes. Redondearon o seu PDI cus contiños que elaboraron en grandes paneis no que cada un participou e ao que engadiron banda sonora! Por último, en 5º e 6º, trataron os usos da auga. Realizaron unha pequena introdución que acompañaron cun “dossier” informativo. Logo unha presentación no ordenador puxo a guinda final a todo o que nos amosaron. Ben feito rapaces!

- 27 -


PDI 2010/2011: “A AUGA”

DENDE LOGO QUE QUEDAMOS ABRAIADOS CON TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE A AUGA! MIRADE AS SÚAS CARAS! E….

- 28 -


…. PARA O ANO NON DUBIDEDES QUE FAREMOS OUTRO PDI!

- 29 -


A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco. Despois dos “papeleos” estes pioneiros lograron que se recoñecera ao 17 de maio como o día das Letras Galegas, o día da nosa lingua.

LETRAS GALEGAS

Este ano, como xa sabedes, dedicouse a Lois Pereiro, e con el e a súa obra fixéronse moitos traballos no noso cole.

- 30 -


Libriños, debuxos, caricaturas, poemiñas de amor… Un montón de actividades para honrar a Lois Pereiro.

- 31 -


Xa non hai ninguén en A Lama que non coñeza a Biblioteca! Pero hai novidades, ímosvos amosar todo o que fixemos este ano da man de Leo (a nosa mascota).

O RECANTO DE LEO… É DICIR: A BIBLIOTECA

! PAZOS S E S NOVO

Laboratorio da Comunicación

bio Punto de intercam

- 32 -

Biblioteca para as familias


Audioteca

Propias Produci贸ns

Nova CDU

- 33 -


C T IVI D AD E A E D O G L A

!

O RECANTO DE LEO… É DICIR: A BIBLIOTECA!

Decobibli o

Que é unha biblioteca para ti?

Cóntoche un conto?

- 34 -


DĂ­a do Libro e... C ĂĄmbiocho por un conto!

Mochilas viaxeiras

Hora de le r

A aventura estĂĄ no mar

Bocaberta

- 35 -


O RECANTO DE LEO… É DICIR: A BIBLIOTECA!

ROPIAS! P S N Ó I C C RE A

Imna 4º Nerea 4º

Aischa

María 4º

Alba 4º

- 36 -


Infantil 4 anos

Sabela 3ยบ Manuela 3 anos

Carlota 1ยบ

Sara 4ยบ

- 37 -


ARRIBA O TELÓN: IMOS AO TEATRO!

“O venres 26 de novembro fomos ao teatro Principal de Pontevedra a ver “Os catro da Xunqueira”. Os protagonistas eran catro amigos aos que lles gustaba a música: Boi tocaba a batería, Galo o piano, Can a guitarra e a Gatiña gustáballe cantar. Non lles gustaba a cidade e o avó díxolles que había un lugar moi bonito onde el vivira que se chamaba a Xunqueira, pero agora unhas escavadoras querían destruíla. Entón fixeron un concerto con moito público e conseguiron salvar a Xunqueira. A min gustoume moito a obra porque Can mandábanos facer barullo e diferentes sons coma o ruído do tren. Tamén me gustaron as cancións de rock and roll que tocaron e cando Can facía parar a Boi e a Gatiña coma estatuas. “ - 38 -


“O alumnado de 2º ciclo, o día 4 de abril, fomos ver a Caixanova “O forno de Flordelís”. Os habitantes da aldea de Flordelís amasan e cocen o pan nun forno compartido por todos. Un día Madame Lisette (a comerciante) ten a idea de botarlle cousas novas ao pan (azucre, chourizo…) Os resultados son moi divertidos! Nesta obra tamén aparece o amor. Avelino namora a Rosa (a panadeira) e o Barón inténtao con Madame Lisette. A música belga de Valonia acompaña aos personaxes.”

- 39 -


A Oficina Municipal de Información Xuvenil de A Lama trouxo a comezos de curso un obradoiro moi peculiar. Os mozos e mozas do concello puideron aprender moitos oficios que hoxe en día xa non se levan a cabo.

ACTIVIDADES CO CONCELLO

Un exemplo son estes utensilios que podedes ver nas fotografías. Logo dunha charla formativa nós mesmos, aínda que con algo de axuda, fixemos as nosas cestas que aínda hoxe andan polo cole como botes para lapis, estoxos ou simplemente adornos. Que ilusión lle faría isto ás nosas avoas!

- 40 -


Este ano propuxéronos dende o concello levar a cabo cos nenos de 3º ciclo un obradoiro de habilidades sociais. A través de dinámicas de xogo simbólico, teatriño, charlas… os nosos alumnos foron adquirindo novas estratexias de cara a relacionarse entre eles e así mesmo valorar as diferenzas, respectar aos demais, reforzar a educación en igualdade… é dicir, facer fincapé na educación en valores. Coidamos que foi de proveito para eles e esperamos poder repetir a actividade nun futuro, sobre todo para que “repasen”.

- 41 -


“Somos

dinosauros” é un pequeno proxecto no que se mergullaron os de 5 anos do cole, con axuda a ratiños dos demais nenos de Infantil. Realizaron murais co que querían saber e despois destes últimos meses, deron resposta a todo. Agora son verdadeiros expertos! Vede algunhas cousas que fixeron!

ALGÚNS TRABALLOS...

Adiviñas, xogos, murais, lecturas, cine… e mesmo un riquísimo doce, do que nos pasaron a receita! DINOTARTA “Ingredientes: 3 bases de biscoito, zume de laranxa, fresas, 1/2 litro de nata líquida, azucre, colorante alimentario amarelo e azul e larpeiradas. Elaboración: primeiro cortamos o biscoito en forma de Estegosaurio e mollámolo co zume. Montamos a nata mesturado co azucre e engadimos os colorantes. Metemos dentro do biscoito a nata e as fresas. Por último decoramos o nosa dinotarta coas larpeiradas e a nata.” Ummm… riquísimo! - 42 -


O DRAGÓN DE KOMOD O (Varanus Komodoens is) Ficha zoolóxica

Os nosos voluntarios da biblioteca queren saber máis! Investigaron un pouquiño a cerca de dous animais ben curiosos e quixeron recollelo nestes pequenos Cadernos de Zooloxía.

Familia: Varanidáe Peso: entre 100 o 140 kg Lonxitude: 3,5 m Altura: 20 cm Lonxevidade: 30 anos Hábitats: bosques, chai ras, sabanas, zonas ro chosas e secas. Distribución: Indonesi a (illas de Komodo, Flor es e Rinca) Costumes: especie solit aria e territorial. Alimentación: (Insectos , paxaros, cervos, carr oña e humanos) Inimigos: o home. Reprodución: postas de entre 20 e 40 ovos en incubación. Christian 5º

A SERPE CORAL A Serpe Coral é un animal nos que se atopa normalmente as do bosques ou nas partes rochos rito deserto. ticas. O seu alimento favo uá iac sem n so es eci esp as Algunh . s serpes, lagartos e anfibios tra ou a m co o frí ue ng sa de son os animais ais do verán. Estes son fin a os ov 3 ou 2 n po al Cada femia cor miden cer. Os novos exemplares na de tes an as an sem 10 s incubado de 14 a 17 cm. ar. Moi velenosa. O nome común é serpe de m Tibu 5º

- 43 -


Aqueles marabillosos anos...

Subvencionada por: 

A revista escolar “Ceibe” está editada polo Equipo de Dinamización LingüísƟca do CEIP A LAMA e subvenciónase cos fondos recibidos da Secretaría Xeral de Normalización LingüísƟca dentro do Plan de Fomento do uso do Galego.

CEIBE 2011  

Revista Escolar CEIP A LAMA