O MÉTODO HVS

Page 1


D.L.: OU 183 - 2017

C

C.E.I.P Curros EnrĂ­quez Celanova

Celanova


O mĂŠtodo

3



COIDAMOS O NOSO CORPO Temos menús saudables e un día da froita O fantástico Móvete 15 E practicamos moitos xogos e deportes COIDAMOS A NOSA MENTE Temos un Contrato-Programa para mellorar as competencias matemáticas e lingüísticas e o rendemento escolar. Unha excelente biblioteca e un plan para dinamizar o uso do galego. O noso colexio é plurilingüe. Tamén usamos as novas tecnoloxías. Potenciamos os hábitos de estudo. COIDAMOS AS RELACIÓNS Temos moitas actividades complementarias A ANPA promociona actividades extraescolares Desenvolvemos as habilidades sociais Temos moitas saídas: teatro, música COIDAMOS O NOSO ENTORNO No proxecto Voz Natura: Posta en valor da Carballeira Plantación de árbores, estudo do ecosistema Concienciación ambiental

5



O método HVS

Comezamos a explicar... como

COIDAMOS O NOSO CORPO co PROXECTO XERMOLIÑO Para iso, o primeiro e ter uns menús saudables no comedor. Sabemos o que comemos. Por iso elaboramos menús mensuais que poñemos en coñecemento das familias e publicamos na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurroscelanova Velaiquí algúns dos nosos primeiros pratos

7


O método HVS

CREMAS DE VERDURAS de cenoria DE PORROS lentellas GARAVANZOS entremeses SOPAS ensaladas de tomate leituga pementos atún olivas mexillóns FABADA arroz tres delicias C H Í C H A R O S C O N X A M Ó N c a l d o ga l e g o REVOLTOS caldo de feixóns ENSALADILLA RUSA Os alumnos de 5º e 6º de EP facemos un estudo nutricional dos pratos do comedor Están expostos nos paneis do comedor e na web para información das familias. Para exemplo, esta ficha:

PRIMEIRO PRATO: CREMA DE VERDURAS INGREDIENTES • Pataca • Cenoria • Porro • Xudías • Apio • Cebola • Aceite de oliva • Sal

100%

OBSERVACIÓNS Valor energético: Hidratos 64 cal en 100 g Proteínas Contén fibra Graxas ALERXENOS: Contén APIO

80% 60% 40% 20% 0%

8


O método HVS

PREPARACIÓN Rico rico Aquí, os alumos e alumnas, axudados polas súas familias explican a elaboración das receitas. Algúns dos nosos SEGUNDOS pratos

MACARRÓNS tallaríns ESPAGUETES con atún POLO ou CARNE brócoli coliflor, peituga con patacas EMPANADA, arroz á cubana, EMPANADAS filete de pescada HAMBURGUESA lombo con arroz CARNE GUISADA CON PATACAS paella de polo e luras CURRASCO albóndegas PATACAS CON CHÍCHAROS LASAÑA coxotes ó forno COCIDO GALEGO carne guisada con patacas MILANESA CON ARROZ pescada ó forno

9


O método HVS

Nas clases traballamos as dietas equilibradas coa Roda dos alimentos Aprendemos que a dieta é o conxunto de alimentos que tomamos nun día

Unha dieta equilibrada debe conter alimentos de todos os grupos, procurando non abusar dos azucres, da sal e das graxas.

ALIMENTATE BEN!!! 10


O método HVS

Vivirás mellor Máis ca ricos os nosos SEGUNDOS pratos

Froitas de tempada MAZÁ pera FRESA plátano LARANXA sandía MELÓN mandarina IOGURES crema de chocolate XEADO arroz con leite FLAN BICA iogur bebible Ademais temos un día da froita: O MÉRCORES para as merendas da mañá. Aconsellamos que todos os nenos e nenas muden o costume de comer lambonadas. Unha froita rica

11


O método HVS

tamén é unha lambonada ESTES SON OS NOSOS COCIÑEIROS E AS NOSAS CUIDADORAS

TEMOS MENÚS ESPECIAIS PARA CELÍACOS, DIABÉTICOS E DE RÉXIME Os pais e nais debedes comunicar as alerxias ou intolerancias, sempre con informe médico Estes son: OS DOCE ALÉRXENOS Cereais con gluten Froitos secos Crustáceos Apio Peixes Mostaza Moluscos Soxa Ovos Grans de sésamo Cacahuetes Dióxido de xofre Leite e derivados Altramuces

12


O método HVS

No comedor procuramos ensinar bos hábitos de conduta. Para iso temos insonorizado o local

Ademais Axúdanos

FORÍN o noso garda semáforo

Primeiros auxilios

13


O método HVS

Cada ano, os mestres, os coidadores e os alumnos de sexto curso facemos un CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Asemade, temos charlas de saúde bucodental

14


O método HVS

E seguimos a contar... como

COIDAMOS O NOSO CORPO co DEPORTE ESCOLAR

15


O método HVS

Para iso, realizamos unha ampla variedade de actividades cos dous profesores de Educación física do centro e realizamos tanto actividades dentro do colexio como saídas deportivas nas que aproveitamos para convivir con outros colexios. Algúns dos nosos deportes favoritos son os seguintes: ZANCOS

DEPORTES NÁUTICOS

CAMPO A TRAVÉS

BADMINTON

16


O método HVS

Pódese ver máis na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurroscelanova Aparte de todo o anterior, este ano comezamos cun ilusionante proxecto chamado

Móvete 15, baseado no proxecto escocés chamado

Daily

Mile para a prevención da obesidade en nenos. Consiste en camiñar un circuíto trazado entre a primeira e a segunda horas da mañá. Os nenos están máis aliviados e afrontan o resto das sesións con máis capacidade de concentración. Somos centro pioneiro en Galicia e en España da implantación deste programa. Como así o recolleron moitos medios de comunicación que nos viñeron visitar.

17


O método HVS

Distintos medios recolleron o noso gusto polos hábitos saudables: Antena 3, Televisión de Galicia, Telecinco, A Sexta, etc BASKET POR LIBROS Un dos profes de Educación Física do noso cole, Xoan Vila, levou a cabo un plan pioneiro no país segundo o cal ofrece clases de baloncesto a cambio da lectura dunha serie de libros. Hai mencións en diversos medios de comunicación:

É estupendo poder facer deporte cos amigos e iso de pagar con libros é algo diferente 18


O método HVS

Seguimos a contarvos… como

COIDAMOS a NOSA MENTE co CONTRATO-PROGRAMA

19


O método HVS

Qué é? O contrato-programa é un compromiso que o colexio firma coa Consellería para levar a cabo unha serie de accións para a mellora da calidade do ensino. Levamos asinándoo seis anos, dende que comezou. Aquí tedes as actividades que desenvolvemos:

O tren da lingua

É unha actividade colaborativa na que os nenos e nenas de 1º e 2º de EP estudan as normas ortográficas elaborando vagóns dun tren que cada día crece máis e máis.

20


O método HVS

Obradoiro de pesas e medidas Pasamos polo laboratorio de ciencias para realizar actividades con balanzas, dinamómetros, matraces, probetas...

Así aprendemos as unidades de masa e capacidade ó tempo que nos divertimos

Situacións comunicativas en inglés Cada ano, os mestres de Inglés e a auxiliar de conversa traballan unha situación da vida diaria na que os nenos deben desenvolverse falando. Entre as situacións recollidas na web temos: • No supermercado. • No restaurante. • Fancy dress shop. • Na estación.

21


O método HVS

Enigmas matemáticos Dámoslle ó maxín resolvendo enigmas que se colgan no blog da biblioteca do colexio http://canistrel.blogspot.com.es/

A ver se es quen de resolver ti este. Se queres máis podes atopalos no blog Sorte!

Monicreques Dende hai tempo traballamos con gañas nestes temas porque para os nenos son moi enriquecedores. Por iso escribimos as obras, facemos un obradoiro para construír os bonecos e realizamos varias funcións

22


O método HVS

Na nosa páxina web podedes ver: • Xan e a pedra máxica. • Romeo e Xulieta, amor baixo dunha maceta. • Un día feliz. • As vodas de don Piollo e dona Pulga. Todas elas creacións dos nenos e mestres do colexio

Os nosos libros Para mellorar as capacidades os alumnos de 5º e 6º de EP escribimos ei lustramos un libro cada ano. 23


O método HVS

Velaiquí algúnhas das obras que levamos escritas na nosa

Colección Canistrel Criaturas mitolóxicas, seres fantásticos que poboamos os bosques, os mares as noites da vosa imaxinación. Fadas fermosas, ninfas danzantes, monstros malvados que aparecemos e esvaecemos tras da cortina dos vosos ollos pechados. Feitizos, encantamentos, amores e aventuras nas que se despregan valores coma a amizade, o compromiso, a igualdade, ou a colaboración. ¿Cantas veces un neno soña co mar? Nel imaxina infinitas aventuras de piratas atrevidos, de mariñeiros valentes, de náufragos, de barcos desaparecidos, de monstros que viven nos profundos abismos.

Este libro pon en palabras esas aventuras imaxinadas para que as goces lendo, porque ler tamén é unha aventura infinita para todos os que se atreven a comezala.

24


O método HVS

Os alumnos escribimos poemas en galego, español e inglés a dez lugares emblemáticos das Terras de Celanova

Moitas cousas que contar Celanova é un lugar no que podemos destacar lugares interesantes: carballeiras moi fermosas, regatos de augas claras e inesquecibles paisaxes. Tamén hai bos monumentos: Mosteiro de San Rosendo, Capela de San Miguel, Castromao, O Cristal, con lenda moi singular. Ten rúas para o paseo, feiras, festas e mercados. O Xoves é, na semana, un día moi sinalado. Moitas cousas que contar para os nosos visitantes que atopan no lugar acollida cariñosa, boa comida, historia, natureza moi preciosa... E cando marchan de aquí levan moi boas lembranzas que lles dan gañas de vir a repetir as andanzas.

25


O método HVS

Celanova é terra de lendas, de historias que van pasando de boca en boca, de xeración tras xeración para configurar un mundo máxico cheo de trasnos, de mouros, de celtas, de feitizos, de tesouros escondidos. Os protagonistas desta historia: catro rapaces: Breixo, Lupe, Marquiños e María, e un can chamado Traste, vivirán emocionantes aventuras que os levaran a descubrir cousas de enorme valor para as súas vidas.

De novo Breixo, Lupe, Marquiños María, e o seu can son os protagonistas deste libro. A través da porta temporal que se abre nunha carballeira máxica a carón do seu colexio, viaxarán ó pasado e viven emocionantes aventuras descubrindo as Terras de Celanova e os seus habitantes en moi distintos momentos da súa historia.

A Carballeira do tempo recolle relatos elaborados por nós que recollen distintas épocas históricas en Celanova. No libro poderás coñecer a Don Mauro Castellá Ferrer, aventureiro, soldado da Armada de 26


O método HVS

Filipe II, Cabo ao mando das compañías de Celanova e Ourense e Paladín do Apóstolo Santiago.

O mundo é puro teatro Por iso non hai nada Que faga máis ilusión Que escenificar As inquedanzas, Os soños E as aventuras Dos trasnos brincadeiros Que viven nos nenos. Este libro é unha recompilación de obras escritas por Camila Álvarez Rivero, a directora do grupo de teatro do colexio. Todas elas foron representadas en varias ocasións con moito éxito e poden verse na páxina nosa páxina web.

27


O método HVS

Agora imos saber... como

COIDAMOS a NOSA MENTE coa BIBLIOTECA ESCOLAR

Ímosvos contar como funciona a biblioteca e as actividades máis importantes que se fan nela!

Equipo da biblioteca O equipo da biblioteca está formado por unha mestra responsable e seis mestres que a axudan a levar a cabo as actividades que se propoñen e que o funcionamento diario sexa o correcto. Durante os recreos tres mestras/es se encargaron de facer/supervisar o servizo de préstamos e da utilización da biblioteca, rotando segundo a quenda de vixilancia que tocase ese día.

28


O método HVS

Alumnado voluntario de 5º e 6º Colaboran coa biblioteca escolar e participan de forma activa nas actividades. Vixían e manteñen a orde na biblioteca durante os recreos.

Traballo conxunto con outros equipos Os equipos de Biblioteca, de Normalización Lingüística e de Actividades Extraescolares, traballamos conxuntamente utilizando as novas tecnoloxías para o fomento do uso da biblioteca..

29


O método HVS

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NA BIBLIOTECA Na biblioteca celebramos o Samaín con distintas actividades. Este ano houbo un Kamishibai dramatizado con alumnos de 5º. Ademais houbo una exposición de lib ros de terror.

30


O método HVS

ACONSELLAMOS LECTURAS PARA CADA IDADE

31


O método HVS

En relación co Proxecto Lector funcionan moi ben as actividades marcadas nel:

? ? ? ?

Sesión de lectura diaria (Hora de ler) Mochila viaxeira Préstamo de biblioteca Celebración de datas significativas no calendario escolar ? Sesións de contacontos ? Participación en concursos

32

29


O método HVS

Celebramos o Día do Libro

Todos os anos facemos o apadriñamento lector. Os maiores preparan un conto que collen na biblioteca e despois lenllo aos máis cativos o Día do Libro, no patio do colexio. Este ano ademais fixemos unha actividade que lle puxemos o nome de “O libro amigo”. Consiste en que os nenos/as que queren participar traen un libro da casa e regálanllo ao compañeiro que lle tocou. Como o amigo invisible, pero con libros.

33


O método HVS

ANIMACIÓN A LECTURA POLOS ALUMNOS DE 6º!!

34


O mĂŠtodo HVS

As alumnas/os de sexto curso preparan un conto para despois facer unha presentaciĂłn dramatizada do mesmo aos cursos de infantil e de primaria ata 3Âş curso.

35


O método HVS

Imos saber... como

COIDAMOS a NOSA MENTE coa APRENDIZAXE POR PROXECTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

36


O método HVS

“La educación más alta es la que no se limita a inculcarnos conocimientos, sino que pone nuestra vida en armonía con todo lo existente”

Tagore

As profes de EI traballamos en equipo, co propósito de que todos os nen@s sexan FELICES. Queremos acompañalos no seu proceso de maduración, respectando e potenciando o seu crecemento segundo os seus diferentes ritmos. Este camiño, que dura todo un curso escolar, facémolo cos PROXECTOS DE TRABALLO, cos que tratamos temas de interese que espertan a súa curiosidade e o seu desexo de aprender. Non pretendemos soamente a adquisición de contidos, senón saber utilizar os procedementos axeitados para aprender de forma autónoma. Por iste motivo, non importa equivocarse, xa que os erros tamén levan ao aprendizaxe. Teñen que confiar en si mesmos e no seu éxito. Este ano, según o nivel traballamos distintos Proxectos, cos que abarcamos todos os aspectos do Currículo (autonomía, linguaxes, coñecemento do contorno). Utilizando tamén os Rincóns da aula: Asemblea, construccións, xogo simbólico, arte, experimentos, letras, números… e facendo diferentes Talleres: cociña, música, contos, relaxación…

37


O método HVS

ALGÚNS MOMENTOS VIVIDOS NAS NOSAS AULAS:

Probamos comida dos países visitados, froita de diferentes xeitos, mel….

Participamos no MÓVETE 15 e facemos xogos de RELAXACIÓN, YOGA… para coidar o noso corpo e a nosa mente 38


O método HVS

Realizamos experimentos

Bailamos, cantamos…

Disfrazámonos de mexicanos, xaponeses,romanos, 36

39


O mĂŠtodo HVS

As familias e os nen@s maiores do cole participan connosco nalgunhas actividades

Traballamos matemåticas, letras‌

40


O mĂŠtodo HVS

Somos grandes artistas

E por suposto temos tempo para XOGAR e sobre todo para ser FELICES

41


O método HVS

Para saber como

COIDAMOS a NOSA MENTE coa DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

42


O método HVS

Para achegarnos á nosa cultura participamos en moitas festas tradicionais: o Samaín, o Magosto e o Entroido.

43


O método HVS

No SAMAÍN visitamos unha exposición de libros de medo na Biblioteca. Moitos deles están en galego, procurando así un achegamento á nosa lingua.

E vimos videocontos e Kamishibai en galego…

44


O método HVS

Tamén elaboramos algunhas manualidades para decorar o centro: fixemos cabazas, casas encantadas, móbiles... de xeito que fixemos partícipes tamén ás nosas familias.

Que chulo se ve o cole así!

Para celebrar o MAGOSTO facemos unha degustación de produtos de outono: castañas, marmelada, noces, avelás, marmelo... Ummmm, que sabrosos!!!!

45


O método HVS

E para baixar a comida facemos unha sesión de xogos populares: os sacos, tirasoga, aros, o pano, a chave, os bolos,os zancos...

Para elo dividimos o patio en dúas zonas, unha para infantil, 1º e 2º e outra para 3º, 4º, 5º e 6º, tendo en conta a dificultade dos xogos.

Pasámolo XENIAL!!!

46


O método HVS

No ENTROIDO participamos nun gran desfile onde as coreografías fan as delicias de grandes e pequechos. Foron moitas as temáticas elexidas, superándonos ano a ano. Aquí vos deixamos a mostra:

47


O mĂŠtodo HVS

Este ano foi espectacular! 48


O método HVS

Colaboramos tamén con outros centros da comarca: Ceip e Instituto de Bande, Ceip de Cartelle, CPI de Padrenda e Ceip de Lobios, facendo actividades conxuntas.

O noso centro forma parte da COORDINADORA COMARCAL DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA TERRAS DE CELANOVA-BAIXA LIMIA ,levando a cabo actividades nas que participan os outros centros que tamén forman parte dela. Cada ano elíxese unha temática determinada e trabállase unha actividade por trimestre: elaboración dun almanaque, exposición itinerante e encontro pola lingu .

49


Velaiquí algúns traballos

O método HVS

50


O método HVS

Como

COIDAMOS a NOSA MENTE co PLURILINGÜÍSMO

51


O método HVS

Noso centro é plurilingüe, entón, aparte de ter varios mestres coa titulación específica en inglés (B2 e C1) contamos coa axuda inestimable dun ou dunha auxiliar de conversa, que case todos os anos procede dos Estados Unidos. A profe axudante de este ano chámase Ellen Downie e procede do estado de Ohio.

52


O método HVS

Os profes imparten a plástica exclusivamente en inglés (Arts and Crafts), tanto en 1º e 2º de Primaria como en 5º e 6º.

Aparte, tamén comezamos a introducir a lingua francesa en sexto de primaria para avanzar cun pé aos futuros anos do instituto.

53


O método HVS

Realizamos decote actividades e situacións comunicativas como podes comprobar na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurroscelanova /node/832

Sempre referidas a actividades prácticas da vida diaria, como pode ser un restaurante, unha tenda de roupa, un supermercado ou, a que faremos este ano, unha estación de tren.

54


O método HVS

Tamén facemos outras actividades como actuacións musicais. Sempre tentando integrar as linguas estranxeiras no día a día da escola.

55


O método HVS

Un dos nosos obxectivos prioritarios é acadar a competencia comunicativa en lingua inglesa e aproximar nocións importantes da lingua francesa, para afrontar un mundo cada vez máis global.

56


O mĂŠtodo HVS

57


O método HVS

Como

COIDAMOS a NOSA MENTE coas NOVAS TECNOLOXÍAS

58


O método HVS

Todo noso traballo está baseado e apoiado na informática. Dispoñemos de tres aulas ABALAR e o resto das aulas dotadas con ordenadores, proxectores e pizarras dixitais. Aparte hai ordenadores en todas as dependencias do centro e dispoñemos dunha aula específica de informática. Exemplos das nosas elaboracións informáticas recóllense en todo noso espazo Web e demáis proxectos:

• Actividades clic • Actividades de inglés • Menú de recursos para o mestre (bloque á dereita na páxina principal) • Menú de xogos educativos (bloque á esquerda na páxina principal) • Karaoke educativo Recursos informativos: • Introducción de eventos (calendario á dereita na páxina principal • Información gráfica de actividades realizadas: saídas, charlas, obradoiros, teatro e música. Actividades complementarias

59


O método HVS

Normalización lingüística Educación física Pais e alumnos (bloques á esquerda na páxina principal) Recursos creados: Galería de imaxes: • Incorporación das fotos correspondentes ás seguintes actividades: xogos populares, deporte escolar, Nadal, entroido, actividades medioambiente, educación vial. Blog Canistrel • Animación á lectura • Apadriña un libro • Clube de lectura • Montaxes realizados con slide, pinnacle studio....

youtube,

Videoblog • Montaxe, edición e incorporación ó blog das actuacións dos alumnos no festival de Nadal, Día da Paz, Entroido. • Montaxes realizados con slide, pinnacle studio....

60

youtube,


O método HVS

E seguimos a contar...

como

COIDAMOS a NOSA MENTE e os HÁBITOS DE ESTUDO

61


O método HVS

Agora imosvos contar uns

hábitos de estudo adecuados para coidar a nosa mente e así facer fronte á escola!

LUGAR Debemos traballar sempre no mesmo lugar. Será tranquilo e sen ruídos. Teremos unha boa iluminación e se pode ser que entre polo lado contrario á man coa que escribes. Procuraremos ter orde e limpo de obxectos que nos inviten a xogar. Haberá mesa, cadeira, estante e taboleiro para poñer anotacións.

POSTURA CORPORAL ? ? ? ? ? ?

Estudar sentado nunha cadeira cómoda En posición recta, NON ríxido. O corpo estará lixeiramente cara adiante. Antebrazos colocados sobre a mesa. Cos pés apoiados no chan. Deberás estar relaxado e a gusto.

MOMENTO AXEITADO PARA O ESTUDO Procura que sexa sempre á mesma hora. Entre as 6 e as 9 da tarde. Non menos de 90 minutos, facendo curtas pausas. De luns a venres.

62


O método HVS

QUE FACER TÓDOLOS DÍAS? Facer os exercicios que non rematamos e os “deberes” Repasar as actividades de clase. Estudar os temas dados en clase. Pasar a limpo esquemas, exercicios, traballos… LER, todo o que poidas e……máis!

CONDICIÓNS FÍSICAS E MENTAIS PARA O ESTUDO ACTITUDE POSITIVA: “Quero Sen sono facelo” Ben descansado Coa mente despexada MOTIVACIÓN: “Gústame facelo”

AUTOESTIMA: “Sei que podo facelo”

60

63


O método HVS

SABEDES O QUE CONSEGUIMOS CUNS BOS HÁBITOS DE ESTUDO?

ACADAR AS COMPETENCIAS NECESARIAS! ? Somos capaces de “Aprender a Aprender” ? Temos unha adecuada “Comunicación na nosa lingua e nas linguas extranxeiras” ? Adquirimos unha boa “Competencia Dixital” cos nosos traballos ? Poseemos unha mellor “Capacidade matemática e Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía” ? Somos “conscientes e coñecedores de diferentes expresións culturais” ? Adquirimos o “Sentido da iniciativa e o espíritu emprendedor” facendo as nosas tarefas diarias. ? Cando adquirimos todas estas competencias seremos capaces de adquirir unha boa “Competencia Social e cidadá”

64


O método HVS

AS NOSAS FAMILIAS TAMÉN NOS AXUDAN CO ESTUDO!!

? Son as que nos facilitan un espazo axeitado. ? Axúdannos a organizar os tempos e a ser constantes ? Valoran cada dia o esforzo que facemos ? Falan con nós sobre as tarefas da escola, iRICC-Win-130.exe dándonos confianza, serenidade e ánimo, e pregúntannos: - Que temos que facer. - Por onde imos empezar. Axudando a establecer prioridades. - Póñense ó día da materia que damos nas clases. - E todo isto sempre co horario de clase diante. AS NOSAS FAMILIAS SEMPRE ESTÁN Á ÚLTIMA DO QUE FACEMOS!! A través da AXENDA os Mestres e as familias comunícanse A DIARIO .

65


O método HVS

ESTE É O NOSO MÉTODO DE ESTUDO!!

Facer lectura rápida para unha primeira idea.

Ler detalladamente para comprobar que se entende

Buscar as ideas principais e escribilas, ordeando as ideas e empregando cores para resaltalas.

So se pode memorizar si se entende. Se non entendemos algo deberemos anotalo e preguntalo.

66

63


O método HVS

... Agora imos

como

COIDAMOS as NOSAS RELACIÓNS coas HABILIDADES SOCIAIS

67


O método HVS

QUE SON AS HABILIDADES SOCIAIS?

Son comportamentos eficaces que permiten unha adecuada interacción social. O desenvolvemento das habilidades sociais é imprescindible para a adaptación dos nenos e das nenas ó contorno no que se desenvolve a súa vida. As Competencias sociais apréndense, e desenvólvense a través das experiencias que se producen.

Problemas do escaso desenvolvemento das habilidades sociais:

É moi importante que, dende as familias, se potencie o uso habitual das habilidades sociais nos nenos e nenas!

Problemas de autoestima Dificultades para expresar desexos e pinións Dificultades para relacións Problemas escolares Malestar emocional

68


O método HVS

1. Coidar a autoestima dos pequenos.- Axudándolle a formar unha imaxe positiva de sí mesmos.

2. Transmitir uns valores adecuados ós nenos e nenas.- Deben aprender a valorarse a sí mesmos e ós demais.

4. Será preciso fomentar a capacidade de escoitar e entender ós demais.- Para iso

3. Servir de exemplo para eles.- Os adultos deberán actuar de forma coherente e transmitindo o que se quere que fagan os nenos.

5. Falar con eles e traballar as creencias e ideas que teñen.Explicarlle e axudarlle a entender as situación sociais que acontecen ó seu redor.

escóitaos ti a eles e ensínalles a escoitar ós demais.

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES SOCIAIS NOS NENOS E NENAS

6. Emprega reforzos.- Reforza

7. Procura dotar ós nenos e nenas dun ambiente rico en relacións.- É importante que os

socialmente aquelas condutas adecuadas e reforza negativamente as condutas inadecuadas, gritos, falta de escoita… non interactúes con eles nestes casos.

pequenos teñan diferentes experiencias sociais, para que experimenten e aprendan.

9. Cando un neno ou nena pase por algunha situación social de rechazo ou negativa debes deixar que pasen por elas, pero explícalles a situación. 66

8. Anima ós pequenos a participar en diferentes grupos ou facer actividades con outras persoas sin que sexa necesaria a túa presenza.- É moi importante que os cativos aprendan a desenvolverse sos.

69


O método HVS

AS HABILIDADES QUE DEBEMOS TRABALLAR!!

2º Pedir axuda, Participar, dar instruccións, seguir instruccións, desculparse, convencer ós demais.

1º Escoitar, iniciar e manter conversas, preguntar, dar as grazas, presentarse…

3º Coñecer os propios sentimentos, expresalos, coñecer os dos demais, enfrontarse co enfado doutro, resolver o medo

4º Pedir permiso, axudar ós demais, compartir, negociar, empezar o autocontrol, defender os propios dereitos dialogando, responder ás bromas de forma correcta, evitar problemas e pelexas

5º Recoñecer o punto de vista dos demais, deportividade nos xogos, defender un amigo/a, responder a persuasión, responder ó fracaso, responder a unha acusación

6º Tomar decisión, establecer un obxectivo, resolver problemas segundo a importancia, discernir a causa dun problema

70


O método HVS

E para saber como

COIDAMOS as NOSAS RELACIÓNS coas ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

71


O método HVS

Ola amigos! Quero presentarvos as actividades complementarias e extraescolares que desenvolvemos no noso Centro.

En canto ás complementarias destacamos as que celebran habitualmente : • Samaín –Halloween. Coma en cursos anteriores, a última semana de outubro celebramos a a festa de Samaín – Halloween. Entre as actividades realizadas está a ambientación dun bosque máxico , decorado con

72


O método HVS

móbiles colgantes e cabazas encantadas feitas polo alumnado.

Ademais tamén se veñen organizando obradoiros de maquillaxe, no que o alumnado de 5º e 6º fai maquillaxes de halloween aos nenos de EI. Outro obradoiro é o de cociña terrorífica no que se elaboran receitas relacionados co Samaín.

73


O método HVS

• O magosto

Outra actividade que celebramos en novembro é o magosto. Pola mañá se realiza unha pequena degustación de produtos típicos de outono e castañas asadas para todo o alumnado , e a continuación todos os nenos e nenas participan dos xogos populares organizados polos mestres de Educación Física.

Ademais tamén se organizaron outras actividades de outono, coma foi o percorrido que fixeron os distintos cursos a partir de 3º de EP pola carballeira recollendo setas e froitos típicos da estación, cunha posterior exposición e charla sobre as distintas especies vexetais.

74


O método HVS

Día Internacional contra a violencia de xénero Cada ano, dende as aulas, intentamos conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero para concienciar ao noso alumnado deste problema social que nos sacude cada día. Para elo organizamos diferentes actividades para os distintos cursos, como charlas, lecturas relacionadas co tema, proxecións, debates, etc.

75


O método HVS

• • • • • • • • •

Proxectos de Voz Natura Coma en cursos anteriores continuamos coa posta en valor da carballeira de Santa María Durante este curso realizamos as seguintes actividades: Solta de aves rapaces do centro de recuperación do Rodicio. Charlas de concienciación medioambiental. Limpeza da zona 4 con axentes do Medio Rural. Plantación de 10 carballos apadriñados candanseu polas clases de EP. Análise da auga do estanque coa Confederación Hidrográfica. Panel informativo IV. Catalogación das árbores: especie, altura, grosor, idade… Instalación de cámaras nocturnas de movemento cos axentes forestais para o estudo dos animais que viven na carballeira. Clases na natureza en lugar de na aula ordinaria. 76


O método HVS

• Convivencia cos país e nais na carballeira con actividades de aves rapaces, cabalos , caminata e xantar campestre.

74

77


O método HVS

• Festividade de Nadal

Para conmemorar o Nadal realizamos diferentes actividades, como: - Videoconferencia con Papá Noel o 21 de decembro para os alumnos/as de EI. - Concurso de postais de Nadal

iRICC-Win-130.exe

- Obradoiro de obxectos navideños con material de refugallo, elaborados polos alumnos de EI coa axuda dos alumnos de 5º e 6º de EP.

78


O método HVS

F u n c i ó n d e teatro, actividade organizada pola AMPA Castromao.

Pequeno festival os días 19 e 20 de decembro coas actuacións do grupo de teatro do Centro, interpretación das panxoliñas , actuación dos pandereiteiros, actuación do grupo de música “Little band” e a entrega de premios de postais de nadal promovido polo Equipo da Biblioteca e Normalización Lingüística. 79


O método HVS

- Visita de Papá Noel polas clases. • Día da Paz Cada curso celebramos este día con diferentes actividades que fan referencia á PAZ e a NON VIOLENCIA. Este ano todo o Centro implicouse na creación dun xardín pola Paz; no que cada curso elaborou flores con material de reciclaxe e con mensaxes alusivos ao fomento dunha boa convivencia e rexeitando a violencia.

80


O método HVS

Ademais o alumnado e o profesorado interpretaron unha canción titulada “Un mundo mellor”, que foi composta polo profesor de música do Centro.

81


O método HVS

ENTROIDO Otra das festividades que celebramos todos os anos é o entroido. Durante esa semana o noso meco nos suxire uns “mandadiños”, que son o complemento que cada día debemos poñernos para traer ao cole.

O venres da semana do entroido tamén se fai unha chocolatada con churros e un desfile de comparsas no pavillón do colexio. Este ano o entroido foi adicado aos diferentes estilos musicais. Cada curso representou unha época diferente quedando do seguinte xeito: - Educación Infantil: Tunos 82

musical


O método HVS

-

1º: Música Reggae (Bod Marley) 2º: Música Country 3º: Música Rap 4º: Música dos 80. 5º: Musical do Rey León. 6º: Rock and Roll dos anos 50

83


O método HVS

DÍA DO LIBRO Como cada ano o 23 de abril conmemoramos o día Internacional do Libro coa actividade “Apadriña un lector” organizada polo equipo da Biblioteca. Os nenos/as de 3º a 6º de Primaria len un conto aos nenos de Educación Infantil, de 1º e de 2º. Os libros escóllennos días antes na Biblioteca tendo en conta a idade dos oíntes.

84


O método HVS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS Cada curso celebramos o día das Letras Galegas con diferentes actividade, entre as que podemos destacar: Representación dunha obra de teatro en galego no Auditorio de Celanova, a cargo do grupo de teatro do Centro. Pandeirada, interpretada polo alumnado do grupo de pandeiretas.

85


O método HVS

Actuación musical do grupo Little band do colexio. Presentación da curtometraxe realizada polos alumnos do obradoiro de audiovisuais. Presentación do libro que como cada ano ven elaborando o alumnado de 5º e 6º para os contratos-programa. Proxeccións relacionadas co autor ou autora conmemorada ese ano no Día das Letras Galegas.

86


O método HVS

FESTIVAL DE FIN DE CURSO Cada ano celebramos o fin de curso con diferentes actividades, nas que podemos destacar as seguintes: ? Xornadas de convivencia, nas que se organizan: Obradoiros de cociña . Recepción de pais de alumnos/as ao Centro. Función de monicreques interpretada plos alumnos/as de 4º de EP. Camiñata pola Carballeira de Santa María. Charla e exposición de aves rapaces na carballeira. Xogos medioambientais cun técnico forestal. Actividades con cabalos. Visita guiada polo colexio para visualizar proxectos e traballos realizados ao longo do curso. Jinkana en bicicleta. Comida campestre.

87


O mĂŠtodo HVS

?

ActuaciĂłns dos diferentes cursos no auditorio de Celanova con diferentes actividades e representaciĂłns teatrais e musicais.

88


O método HVS

? Acto de graduación de 6º de EP Como en anos anteriores, no festival de fin de curso, celebramos a despedida do alumnado de 6º de Primaria, cunha entrega de diplomas, da orla e do libro de fichas de 89


O método HVS

traballos realizados ao longo do curso por cada un deles. Estiveron acompañados polos seus seus familiares e mestres.

? Acto de graduación de 5 anos de EI Outra despedida non menos importante é a dos nenos/as de EI de 5 anos, que aínda que non abandoan o Centro pero cambian de etapa, con todo o que eso siginifica. Sempre resulta ser un

acto moi entrañable e

emotivo.

90


O método HVS

OUTRAS

ACTIVIDADES

DO

NOSO

CENTRO:

• MÓVETE-15 Actividade organizada polo Departamento de Educación Física, que consiste en saír ao patio e nalgunha ocasión á carballeira,durante 15 minutos, para camiñar, correr, saltar… acompañados de música, co fin de romper a rutina diaria do traballo escolar co obxectivo

91


O método HVS

de obter un maior rendemento académico e físico. • BASQUETE POR UN LIBRO

Actividade que consiste en que todos os alumnos/as que queiran, poden facer adestramentos de basquete co profesor de Educación Física a cambio de ler un libro. A única condición é que teñen que ler como mínimo un libro ao mes. Lévase un rexistro do que le cada alumno/a. •

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Duatlón. Semana da bici. Badmintón. Baloncesto. Cross. Campo a través. Xogos populares.

92


O método HVS

• CHARLAS:

Entre as que podemos destacar algunha como: • De primeiros auxilios. • Salud buco-dental. • De informática. • De prevención de incendios. • Sobre igualdade de xénero. • Medioambientais. • Refuxiados de Siria. • Axuda humanitaria, a cargo de misioneiros e tamén responsables de ONG en países de conflito. • Lúdico-deportivas. • Etc.

93


O método HVS

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA Diferentes xornadas de contacontos organizadas pola biblioteca, (Kamishiabi, visitas das Coelerni-exploradoras: alumnas de 6º que lle lían aos nenos un libro na biblioteca . na hora de ler, Xornadas de contacontos: alumnos/as de 6º escollían e interpretaban un libro para os máis peques, etc), pola ANPA, e tamén por alguna Editorial (Kalandraka, SM, Vicens Vives…)

94


O método HVS

• TEATRO: Ao longo dos diferentes anos, o alumnado do noso Centro ten participado en diferentes obras de teatro como protagonistas e como espectadores, acudindo a diferentes representacións teatrais e de monicreques no Auditorio de Ourense, no de Celanova e no propio Centro. O grupo teatral do colexio tamén participa no Festival de teatro de Bande.

95


O método HVS

• COORDINADORA COMARCAL Cada ano os distintos Centros da Coordinadora Comarcal de Dinamización Lingüística Terras de Celanova-Baixa Limia participan ao longo do curso levando a cabo diferentes actividades. • CONCURSOS Dependendo de cada curso escolar , participamos en diferentes concursos que van xurdindo ao longo do ano, entre os que podemos destacar: -

Concurso da Constitución Española. Concurso de panxoliñas de Celanova. Concurso de poesía, debuxo e narración de San Rosendo. - Concurso de contos en galego. - Concursos de pintura e debuxo. - Etc. • CONCERTOS DIDACTICOS No mes de xuño, os alumnos dende 2º ata 6º , soen participar nos concertos didácticos no AMIC organizado pola Escola de Música de Celanova. Alí os nenos e nenas poden gozar de diferentes pezas musicais así como de bailar e cantar cancíons coñecidas e tocadas pola mesma banda. • XUNTANZA CURROS Cada ano, no mes de maio ten lugar a xuntanza de Curros en Celanova. Os alumnos/as de 5º de Primaria reúnense con nenos/as doutros colexios para realizar activiades organizadas pola Fundación Curros Enríquez.

96


O método HVS

As actividades realizadas son as seguintes: • Concerto de órgano no mosteiro de Celanova. • Visita á Carballeira de Santa Cruz. • Comida campestre. • Función de teatro. • Visita a Vilanova.

• EXCURSIÓNS Ademais da excursión que realizan os distintos cursos ao rematar o curso escolar, tamén xorden diferentes saídas organizadas polos distintos Departamentos ou ,nalgún caso, as ofertadas ao longo do ano por diferentes organismos e institucións, e que nos parecen de interés para o noso alumnado.

97


O método HVS

Entre as organizadas polos Dptos cabe destacar : • Dpto de E. Física: coa saída a Castrelo de Miño , para os cursos de 5º e 6º, na que poden practicar deportes acuáticos como: vela , patinete e kayak.

• Dpto de Relixión: saída a Ourense para bañarse nas termas de Outariz, e ver unha película no cine. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES O noso Centro conta cunha variada oferta de actividades extraescolares como complemento á formación do noso alumnado. As que estiveron funcionando últimamente foron as seguintes: • Traballos manuais • Pintura e óleo. • Wushu. • Musicoterapia. • Little Band. • Guitarra. • Gaita e percusión. • Inglés. • Audiovisuais.

98


O método HVS

• • • •

Informática. Programación e robótica. Teatro e monicreques. Deportivas: baloncesto, bádminton, hockey, tenis, duatlón e ciclismo.

99


O método HVS

E xa para rematar velaiquí... como

COIDAMOS o NOSO ENTORNO con

VOZ NATURA

100


O método HVS

O noso cole traballa co proxecto de Voz Natura dende hai moitos anos porque se adapta perfectamente no noso programa de hábitos saudables. De que xeito?...vexamos... Hábitos Saudables... Hábito: costume , rutina, actividade diaria,... Saudable: todo aquilo que proporciona benestar físico, mental e social O benestar físico : Ademais do Móvete 15, tamén facemos andainas pola contorna da nosa marabillosa Carballeira de Sta. María de Vil anova dos Infantes: Andainas todo o ano, adaptadas para todo o alumnado do centro. O benestar mental: Ademais facemos traballos e actividades que fannos sentir moi ben, mentres que gozamos da natureza :

plantación de castiñeiros

101


O mĂŠtodo HVS

Solta de aves en cativerio e aulas lectivas ao aire libre

O benestar social: No programa de Voz Natura as actividades contemplan o benestar social con hĂĄbitos saudables, pois estamos aprendendo e disfrutando todo o alumnado coa axuda de todo o profesorado e persoal do centro escolar.

102


O mĂŠtodo HVS

Por exemplo, este ano houbo actividades de Reciclaxe, nas que todo o cole interactuou, pois traballaron mesturados alumnos e alumnas de distintos cursos. Que ben o pasamos!

103


O mĂŠtodo HVS

Con distintos materiais reciclados, fixemos adornos de Nadal con compaĂąeiros e compaĂąeiras doutros cursos.

Tivemos a oportunidade de traballar e falar con outros nenos e nenas.

104


O método HVS

Reciclando embases de plástico fixemos un precioso xardín para conmemorar o

día da paz

Foi moi divertido, ... coñecímonos todos e todas un pouquiño máis !! 105


O método HVS

Lembrade que…

…traballar en equipo

Ensinanos a convivir

106


O método HVS

Agradementos: * * * * * * * *

Fernando Manuel Martínez Menchón Sergio Díaz Yáñez Juan Vila Oural Mestres do Colexio Imprenta Celanova S.L. Fundación Curros Enríquez Concello de Celanova Consellería de Educación

107


108


HVS

o étod

OM

Co Método HVS queremos mostrar o xeito no que desenvolvemos HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES buscando sempre coidar a saúde física, intelectual e social dos nenos e nenas do noso colexio

OM

o étod

HVS

OM

o étod

HVS

o étod

OM VS

HVS

o étod

HVS

OM

DO ÉTO

DO ÉTO

HVS

DO ÉTO

S o HV d o t é OM

OM

DO ÉTO

HVS

HVS

o étod

HVS

OM

HVS OM

o étod

DO ÉTO

HVS

OM

o étod

OM

COLECCIÓN

CANISTREL

HVS

OM

OM

o étod

DO ÉTO

HVS

OM

O Método HVS

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscelanova/

OM

OM

OM

DO ÉTO

HVS

HVS

OM

Seguimos todo o proceso de edición: revisión, corrección, maquetación, impresión, presentación, publicidade, comercialización. Foi un traballo creativo, participativo, colaborativo e sobre todo moi, moi divertido.

o étod

HVS

OM

DO ÉTO

S

HV oH OO MMétodo étod todo é OM

OM

Utilizamos as novas tecnoloxías para a redacción, as ilustracións e o deseño, para que ademais de estar impreso en papel a nosa obra sexa un libro dixital.

HVS

o étod

HVS

HVS

COLECCIÓN

OM

o étod

HVS CANISTREL

Este libro é o resultado dun proxecto didáctico desenvolvido polos alumnos e mestres dedo CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova, en Ourense. Enmárcase no contrato-programa que lle foi concedido ó centro pola Consellería de Educación.


VS do H

étod

éto

OM

VS do H

éto

OM

OM

VS do H

éto

OM

VS do H

éto

OM

HVS o d o t

é

OM

OM

éto

VS do H

S o HV

VS do H

éto

OM

VS do H

éto

OM

OM

éto

VS do H

S o HV

S o HV

tod

é OM

OM

VS do H

éto

OM

S o HV

S o HV

tod

é OM

tod

é OM

VS do H

éto

OM

VS do H

OM

HVS o d o t

é

OM

S o HV

OM

éto

tod

é OM

OM

éto

VS do H

S o HV

étod

éto

tod

é OM

VS do H

VS do H

éto

OM

VS do H

éto

OM

OM

éto

VS do H

o étod

HVS

VS

oH étod

OM

S o HV

o étod

S o HV

HVS

o étod

OM

OM

HVS

OM

o étod

HVS

VS

OM

S o HV

OM

o étod

S o HV

HVS

o étod

OM

o étod

é OM

tod

S o HV

OM

HVS OM

o étod

o étod

HVS

VS

OM

oH étod

HVS

o étod

HVS

o étod

o étod

OM

OM

o étod

HVS

OM

HVS

o étod

OM

HVS

HVS

OM

VS

o étod

HVS

OM

oH étod

HVS

o étod

OM

HVS

OM

OM

OM

tod

é OM

o étod

OM

VS

oH étod

OM

HVS

o étod

OM

HVS

o étod

OM

OM

S o HV d o t é

tod

é OM

o étod

OM

oH étod

HVS

OM

VS

oH étod

tod

é OM

o étod

é

OM

tod

é OM

HVS o d o t

HVS

OM

HVS OM

o étod

HVS