Page 1

De feitos reais ou imaxinarios adornados con elementos fantásticos constrúense as lendas que pasan dunha xeración a outra por transmisión oral. A partir das lendas da nosa terra escribimos este libro de contos que remata sendo, por si mesmo, tamén una lenda.


Deseño e Impresión: Imprenta Celanova Coordinadores textos: Mestres do C.E.I.P. Curros Enríquez Silvia Alonso Pérez Jorge Emilio Bóveda Álvarez Elena Carpente Freire Ruth Díaz Pereira María Francisca Forneiro Calviño Juan José Lamelas Caneiro Luis Real Vázquez Óscar Fco. Rodríguez Blanco Rocío Salgado Garrido Juan Bautista Vila Oural

Coordinador Ilustracións: Fernando Manuel Martínez Menchón D.L.: OU 131/2014

Celanova

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización. Este libro non ten intención de lucro. Os beneficios destínanse a financiar a viaxe de estudos dos alumnos de 3º Ciclo de E.P. do C.E.I.P. Curros Enríquez de Celanova


O MISTERIO DAS LENDAS


Índice Prólogo: A CAIXA DAS LENDAS I. A FUNDACIÓN DO MOSTEIRO II. A VIRXE DO CRISTAL III. O PORCO DE CASTROMAO IV. A FONTE DA SAÚDE V. A POZA DA SERPE VI. TRABE DE OURO, TRAVE DE ALCATRÁN VII. OS CALDERETAS VIII. O OURO DOS CELTAS IX. A MOURA DO CASTRO Epílogo: A FRASE MISTERIOSA


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

PRÓLOGO A CAIXA DAS LENDAS Son as cinco da tarde dun soleado venres de finais de maio. Soa o timbre do colexio e os nenos de sexto curso saen ó corredor a formar ringleira para baixar as escaleiras do primeiro andar. Breixo, un neno moreno, alto e delgado, sae de 6º A parolando con María, unha mociña fermosa de media melena. —Quedamos dentro dun anaco para xogar? —Vale. Na fonte do mosteiro, coma sempre. Vou deixar a carteira á casa e vou para alá. —Haberá que avisar a Lupe e a Marquiños. —Avisamos a Lupe agora no patio, que marcha andando para Vilanova. Xa falamos con Marquiños no autobús. —De acordo. Vilanova, que está ó carón de Celanova, é unha vila moi fermosa. As casas, a torre, os hórreos, as fontes, as prazas, están restaurados de xeito que o lugar conserva o ambiente medieval que debeu ter nalgún tempo. A casa de Lupe está na praza principal. Nada máis baixar do autobús, coma sempre, Atópase agardándoa o seu can. —Ola, Traste. —O can ponse moi ledo ó ver á rapaza rubia. Non deixa de dar voltas, de axitar o seu rabo e de brincar de tal forma que á nena case lle caen as gafas da súa cara pencada. —Para Traste, para!, que temos que coller a merenda e marchar para a praza do Mosteiro. —A rapaza camiña uns poucos metros por unha rúa estreita e chega preto da casa. A súa nai está 5


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

regando as macetas do balcón. —Ola, mamá. —Ola, Lupe. Sobe que xa che teño preparada a merenda. —Que tal o cole? —Moi ben. Saquei un dez en mates. —Pois non é raro, as matemáticas dánseche moi ben. —Si que me gustan, si. Que hai para merendar? —Bocadillo de chourizo. —Case sempre o pide de chourizo porque ó Traste encántalle o chourizo e, como súa nai llos fai moi grandes, o can axuda coa merenda. Nada máis ter o bocadillo o can e a rapaza saen a présa para Celanova. Pasan diante da fonte da pía e alí Traste para beber porque os anacos de pan con chourizo que a nena lle vai regalando déranlle sede. En menos dun cuarto de hora chegan á praza do mosteiro, a carón da fonte. Xa están alí os outros nenos, mirando para a igrexa porque unhas pombas andan rebulindo arredor das estatuas de San Bieito e de San Rosendo. O mosteiro construíuse no século XVI. É un edificio vetusto de pedra no que destaca a fachada da igrexa, coas súas seis parellas de columnas sobresaíndo do edificio, catro parellas abaixo a ambos lados da porta principal e dúas parellas arriba, soportando o frontón central. O pai de Breixo, un mestre moi afeccionado á historia, sempre lles di ós rapaces que deben apreciar a fermosura dos pináculos, dos frontóns, das grandes fiestras, das estatuas, da torre do campanario; pero o que agora lles interesa ós nenos é a pelexa que teñen as pombas, porque o 6


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

gordecho de Marquiños lles tirou uns anacos de pan contra a fachada e andan unhas detrás das outras para roubarse as faragullas. Ó pouco, os paxaros vanse e os nenos van apoiarse a carón da fonte. Breixo trae algo que contar. —Esta fin de semana viñeron os meus primos de Ourense —sinalou Breixo— e aprendéronme un xogo novo. Queredes que volo aprenda? —Si— replican todos arremuiñándose arredor do rapaz para escoitalo, mentres o can dá choutos dunha beira para outra coma se entendera. —Pois atentos. Chámase “o stop”. Mirade. Un de nós é o que apanda e persegue ós demais. Se consegue tocar a un, este convértese en perseguidor e o que o tocou xa pode fuxir. Pero hai unha maneira de evitar que che toquen: Se antes de que o fagan dis ben alto a palabra stop. O problema é que tés que quedar parado ata que un compañeiro che toque e te libere pasando por baixo das túas pernas para que poidas volver fuxir. —Pois semella chulo!—contesta Lupe. —É total! —engade María entusiasmada. —Xa está a outra coa súa linguaxe! —engade Breixo. Os rapaces pasan un bo anaco xogando arredor da fonte, mentres Traste, confundido por non saber a quén atender, remata por deitarse á sombra coa lingua fóra. Pouco antes das oito da tarde, a nai de Marquiños asoma pola porta principal da igrexa do mosteiro. Ven vestida cunha bata azul porque traballa no servizo de limpeza daquel lugar. Diríxese ós rapaces que, ó vela vir, deixan de xogar. Traste esperta e acode tamén 7


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

coma se fora con el. —Rapaces: preciso que me fagades un recado. Necesito que vaiades ó supermercado e me traiades un paquete que hai na oficina do concello. Eu agora non podo ir porque teño que rematar de limpar o altar da igrexa. —Vale, agora cho levamos alá —obedece Marquiños. —Imos. Nenos e can diríxense ó concello, que está alí ó carón, na mesma fachada do mosteiro. O conserxe dálles unha caixa e con ela entran na igrexa na procura da nai do Marquiños. Antes de saír do edificio, o rapaz ten unha idea: —Que vos parece se imos xogar ó stop no claustro do mosteiro? A todos lles parece boa idea e, no canto de marchar, buscan a porta que os leva ó claustro. O Mosteiro organízase ó redor de dous claustros: o barroco é o inmediato á igrexa, con bóvedas de cruzaría e medallóns con bustos de personaxes históricos. Breixo sábeos de memoria porque o seu pai llos ten amosado moitas veces: Carlos V, Filipe II, Juan de Austria... Tamén lle explicou que no século XVIII foi ornamentado nas fachadas exteriores, nun barroco moi cargado, polo frade Plácido Iglesias, monxe arquitecto de Celanova, a quen se lle atribúe a escaleira solemne que comunica os dous pisos deste claustro e dá acceso á torre dos abades. O segundo claustro, coñecido popularmente como "Poleiro", foi terminado no ano 1722. É máis sinxelo, neoclásico e curioso por unha balconada que permite o acceso ás celas onde durmían os 8


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

monxes. Os nenos póñense a xogar. Pasa o tempo, escurece, pero están tan entretidos que non se decatan ata que a luz se retira case totalmente do claustro e quedan ás escuras. Para cando acordan saír atopan pechada a porta pola que entraran. Berran pola nai do Marquiños, pero nada. Non hai ninguén no mosteiro. Faise noite. Só a lúa coas súas tímidas raiolas lles permite ver un pouco. Están completamente sos no edificio e o que é peor... están pechados! Moi asustados, comezan a rebulir ás escuras buscando unha porta aberta que lles permita saír. De pronto, Traste queda parado e ergue as orellas e o rabo coma se estivera asexando un coello. —Mirade o can! —María chama a atención dos seus compañeiros que se reúnen no medio do claustro baixo a luz da lúa. —Semella escoitar algo. Atendede. Escoitase un murmurio... É coma unha voz, coma se o vento falase; pero non son quén de entender nada e iso asústaos. Breixo, un rapaz moi reflexivo, intenta tirarlle ferro ó asunto. —Só é o vento que pasa entre as columnas do claustro. —Pero o certo é que o rapaz é un caguiñas e estanlle a tremer os xeonllos. De súpeto, o can ponse en marcha coma se soubera onde vai; coma se entendera a mensaxe do vento. Ó apreciar que os rapaces non se moven detense, vólvese e ladra para que o sigan. Breixo, o máis botado para diante, tira unha lanterna da mochila, comeza a andar e os demais vanlle detrás. Misteriosamente, unha porta que antes 9


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

estaba pechada agora está entreaberta. Soben pola escaleira e acceden ó andar superior, onde está a biblioteca, Entran na sala alongada situada entre os claustros. A lanterna de Breixo alumea o fermoso teito para percorrer logo os andeis de madeira de castiñeiro dos muros cheos de libros. Camiña uns pasos, tropeza co cable dunha lámpada de pé e a lanterna roda polo chan a carón dun dos estantes. Curiosamente hai un libro grande e vello xusto onde o raio alumea. Está aberto. A luz sinala claramente un papel perdido entre as páxinas: A Capela de San Miguel, é un fermoso lugar onde se pecha o segredo para quen o saiba atopar; a ......................... axudar. Abraiado, Breixo le a nota en voz alta —o final está borroso. Faltan palabras—. Os rapaces sentan arredor do libro. Lupe examínao con moito tino. —É un libro moi vello—. As tapas de pel non poñen ningún título. Ela deduce que debeu ser reparado e encadernado de novo. Busca a primeira páxina, chea de adornos xeométricos. Despois, páxinas e páxinas escritas nunha linguaxe incomprensible —debe ser árabe ou algo así —conclúe. María continúa o pensamento de Lupe. —Seguro que alguén traduciu unha parte no papel e deixouno aquí dentro. —Seguro —acordan todos. 10


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

—Isto comeza a poñerse interesante —afirma o Marquiños, que xa está imaxinado aventuras. —Imos á Capela de San Miguel —decide a presa poñéndose en pé. Traste ladra ó ver entusiasmado ó rapaz. Os demais non reaccionan —A ver oh!, non quededes aí parados, que temos que investigar! María queda coa nota mentres Lupe volve a colocar o libro no seu lugar. Todos saen ó corredor baixan as escaleiras e volven ó claustro barroco. Crúzano e chegan á sala que está a carón da sancristía. Tamén está aberta, así como a que dá acceso á horta onde se atopa a capela. —Ou a miña nai perdeu as chaves ou isto é cousa de maxia —comenta o Marquiños con retranca. E ten razón, semella que o mosteiro enteiro estivera agardando por eles. É coma se o edificio cobrara vida e lles facilitara as cousas para que puideran resolver un misterio que levara agochado entre aqueles muros por centos de anos. Así llo explica o rapaz ós seus amigos porque no seu maxín están a rebulir moreas de aventuras. Saen fóra, ó campo da capela. O aire fresco de primavera agarímalles os rostros. A lúa chea axuda á lanterna de Breixo a perfilar o pequeno templo. Parece un edificio que viaxara no tempo dende un lugar e un tempo afastados. —É un monumento nacional —afirma Lupe, orgullosa de ver unha construción tan fermosa. Ten influencia árabe. Fixádevos nas xanelas con forma de chave. Tamén hai unha inscrición da porta. —Meu pai díxome unha vez que son letras de 11


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

estilo mozárabe —explica Breixo mentres recorre coa raiola da lanterna o escrito de enriba da porta. —Que? Entramos ou non? —di Marquiños mentres empurra a porta. —Sabía que estaría aberta —sorrí para si. Os demais ségueno. Todos menos o can que queda de garda na porta. —Parece unha igrexa feita para bonecas —comenta María, porque o templo terá uns oito metros de longo por catro de ancho e unha altura de tres homes. —Ben. E agora que facemos? —pregunta o Marquiños. María volve ler o papel vello: —A ... axudar. Temos que atopar as palabras que faltan se queremos saber algo. Póñense a cavilar e a dicir palabras e frases sen sentido: “a igrexa vaite axudar”, “a noite quere axudar”, “a maxia ven axudar”. Nada, non hai nada concreto que dea unha pista. Pasa o tempo e comezan a estar cansos. —Serán as dez e media e os nosos pais estarán preocupados —comenta María. —Sería mellor ir para a porta principal e facer ruído a ver se alguén nos atopa —engade Breixo. De súpeto, unha raiola de lúa entra no templo por unha xanela. Os rapaces están abraiados. É unha luz limpa e clara, inesperada, misteriosa. Entón Lupe cae na conta: —A lúa, é a lúa!—berra entusiasmada. —Pero, que di esta tola? Deulle un ataque ou algo! —protesta o Marquiños porque a rapaza asustouno. —É que non vos decatades? É a lúa, é a lúa a que 12


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

nos vai axudar—. Lupe completa a frase—: A lúa vaite axudar! A lúa vaite axudar!. —Ten razón —acorda María—. Mirade a raiola de lúa. Está sinalando esa lousa vermella. Algo terá que haber debaixo, non si? —Vou por un ferro —Marquiños sae e entra ó momento cunha aixada que había na horta. Despois de varios intentos conseguen levantar a lousa. Debaixo hai unhas táboas podres que ceden con facilidade e baixo delas un cofre. —O tesouro, o tesouro! —berra Marquiños fóra de si mentres saca aquela caixa metálica chea de po e teas de araña. O candeado rompe facilmente porque está cheo de ferruxe. Dentro non hai xoias nin moedas nin riqueza ningunha. Atopan unha nota tan vella coma o papel anterior e nove sobres lacrados. O Marquiños está desencantado. Lupe le a nova mensaxe: Esta caixa é a porta do tesouro que aquí por estas terras teñen agochado os mouros. Nove portas abrirás, se é que posúes valor, cos sobres que atoparás. Non te torzas ó mirar, segue ben as instrucións, iso farate avanzar.

13


O Misterio das Lendas

A Caixa das Lendas

Cada nota é un lugar, cada lugar unha lenda, cada lenda unha palabra. Todas xuntas dan sinal do resultado final Resolve unha cada día a partir da lúa chea que hai no mes das andoriñas. Non te rendas na porfía, sé valente, pensa, confía... —Pois si que había un tesouro —comenta Breixo moi contento—. Pero a cousa non está tan fácil coma ti pensabas Marquiños —ri con ganas, rin todos. De pronto escóitanse voces que veñen de dentro do mosteiro. Son os pais dos rapaces que andan a berrar por eles. Ben seguro que a nai de Marquiños lles contou que a última vez que os vira fora na igrexa. Breixo pensa con rapidez. —Veñen por nós. Deixade todo como estaba e gardemos os sobres na miña mochila. Xa veremos que facemos. Van castigarnos pola trasnada de quedar xogando aquí, pero agora temos que investigar os misterios que encerran os sobres, así que nin unha palabra. Todos están de acordo. Aturan a rifa e cada un marcha para a súa casa. Aquela noite case non pegan ollo soñando con mundos de fantasía. Cousas de rapaces!

14


O Misterio das Lendas

A Fundación do Mosteiro

I A FUNDACIÓN DO MOSTEIRO O luns desa semana, os rapaces saían moi ledos da escola, porque acababan de anunciarlles que o mércores da semana seguinte tiñan unha excursión a un pequeno pobo chamado Casasoá. Coma a maioría dos días, os rapaces quedan para xogar e falar do que lles ocorrera no mosteiro. Entón acordóuselle a Breixo a excursión a Casasoá. Era unha oportunidade perfecta porque podían comezar a resolver o enigma do sobre número 1, tiñan que idear un plan. Para poder empezar a resolvelo ocorréuselle saír pola noite ás agachadas, sen facer ningún ruído, e volver pola maña coma se non pasase nada. Xa era mércores, os rapaces levantáronse moi contentos para ir ó colexio. Era un día moi especial, era o día no que ían de excursión. Cando chegaron o colexio preparáronse e montaron no autocar que os estaba esperando na porta de entrada. Ó chegar a Casasoá, acomodáronse e montaron a súa tenda de campaña. Ó anoitecer os rapaces marcharon moi calados. Levaban o sobre correspondente para resolver o enigma, no que toparan unha lenda marabillosa sobre a fundación do mosteiro de Celanova: Un día ía San Rosendo polo monte do Castro, en Casasoá, concello de Celanova e topouse con Deus, que lle dixo: —Quero que me fagas unha casa con 16


O Misterio das Lendas

A Fundación do Mosteiro

tantas fiestras como días ten o ano. E San Rosendo colleu unha pedra e guindouna dende o monte, dicindo que onde caera alí faría un mosteiro. Baixou e mediu o terreo de ancho cunha pel de vitelo, e logo disto alí construíu o monumento que hoxe hai en Celanova. Cóntase, por outra banda, que San Rosendo non era ningún santo. Era un home que vivía nunha casa, nun monte que lle chaman Casa da Neve, por riba do pobo de Casasoá, que está a uns tres quilómetros de Celanova. Din que era home moi rico e que, antes de morrer, díxolle á súa familia que cando finase lle construíran un mosteiro no seu nome. Para saber onde tiñan que o construír tiñan que guindar unha pedra dende súa casa cara abaixo, e alí onde caera era onde tiñan que edificar o monumento. O home morreu e súa familia tirou a pedra e foi caer onde hoxe está o mosteiro. Por iso se chama mosteiro de San Rosendo. Os nenos achegáronse ata unha cova. A medida que avanzaban cara dentro ían vendo debuxos que lles indicaban unhas instrucións. Os rapaces non sabían o que significaba. Chegaron ata unha porta moi rara, e Marquiños de valente, coma sempre, arriscouse e abriu a porta... E, de 17


O Misterio das Lendas

A Fundación do Mosteiro

socato, comezouse a levantar po. Os rapaces quedaron sen visión durante un bo treito. Despois, ó recuperaren a visión, ocorreu unha cousa inexplicable: apareceron uns símbolos que dicían algo raro: unha palabra misteriosa. Copiaron os símbolos. De súpeto a María acordóuselle o reloxo, xa era hora de irse porque estaba a punto de amencer. Os nenos déronse présa para que non os descubrisen. Ninguén se deu conta de que marcharan investigar. Facía un anaco que se deitaran e apenas lles dera tempo de durmir, cando dona Paula, unha mestra, apareceu na súa tenda de campaña para espertalos. Cheos de sono e cun cansazo terrible levantáronse para volver de novo ó colexio. Rematada a excursión escolar, en canto puideron, fóronse informar por todos os medios posibles, internet, dicionarios, enciclopedias. Lupe atopou o significado desa palabra tan misteriosa, lembrando que tiña unha táboa de símbolos antigos que viña nun libro de enigmas de Tartufo Stilton. Logo de facer a transposición de símbolos por letras descubriu a palabra: §—c, ?—o, ? —v, ?—a Para que logo digan os maiores que os libros que len os nenos non son serios nin válidos. A palabra secreta era COVA. Resolveran o enigma do primeiro sobre da caixa. Xa tiñan unha das nove palabras claves para resolver o gran enigma. Os rapaces estaban eufóricos, xa estaban avanzando naquela extraordinaria aventura. 18


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

II A VIRXE DO CRISTAL É luns. Tódolos rapaces e rapazas baixan as escaleiras da entrada do colexio e corren polo patio con moita enerxía. Teñen ganas de atoparse cos seus compañeiros e compañeiras de clase e contarlles todo o que fixeron na fin de semana. Pero os nosos protagonistas camiñan paseniño, están tranquilos. Despois de atopara a primeira palabra a cousa pinta que van ter moitas máis aventuras. Teñen que pensar ben o que van facer a continuación. Deciden xuntarse nunha esquina do patio e trazar un plan antes de que soe o timbre de entrada. Escoitade —comenta Breixo falando moi baixo —traio o sobre número 2 na miña mochila, escondido dentro do libro de Lingua. —Ti tes cada cousa… vaise asustar cando vexa todo o que temos que estudar! —solta de broma Marquiños, mentres os demais botan a rir. —Xa estamos con parvadas. Deixádevos de troulas que isto é algo moi serio. Temos que organizar o de hoxe pola tarde —dilles Lupe a todos. —De acordo, no recreo falamos —propón Breixo mentres se dirixen á fila. Durante a mañá non dan pasado as horas. Dona Paula fala e fala, pero eles non se poden quitar da cabeza a súa enigmática misión. Por fin,o timbre espertounos dos seus sonos e pensamentos. Decidiron xuntarse nun sitio tranquilo e para iso a biblioteca é perfecta. 20


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

Ó chegar sentaron arredor dunha mesa e, vixiando que ninguén estivera espiando , Breixo sacou o sobre. Abriuno con moito coidado, para non rompelo e estragar algunha das pistas. Aquí pon : A Virxe do Cristal —di Breixo. —Alí vivo eu, alí vivo eu —berra Lupe— deixádeme lela a min por favor! —De acordo —di Marquiños— pero baixa o volume. Conta a lenda que: O señor do Castelo de Vilanova, Xácome Mascareñas, e o malicioso Xan de Bentraces estaban prendidos dunha fermosa campesiña chamada Rosa, prometida do mozo Martiño. O malvado Xan infundiu ruxerruxes sobre a infidelidade de Rosa, conseguindo que Martiño rompa a relación. A rapaza, desolada, ve aparecer a figura da virxe que anuncia consolo. Seu namorado, Martiño, ó coñecer das mentiras que se están dicindo da súa moza, ameaza a Xan con cortarlle a lingua se no devolve a Rosa o seu bo nome. Xan refúxiase nunha árbore oca, cando un raio fulmínao. Nese lugar aparece un obxecto brillante do tamaño dun ovo, coa virxe dentro. Rosa ingresa nun convento de Allariz. Martiño, que quere vela e estar con ela. Fica todo o inverno 21


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

agardándoa na porta cuberto pola neve, ata que more agardando. No ano 1630, traballando un labrego nunha terra que tiña, topou un cristal coa imaxe da Nosa señora e, inda vendo que era tan especial, non lle deu aprecio ningún. Meteuna na faldriqueira e seguiu a traballar. Ó pouco tempo decatouse que o cristal pesaba tanto que non lle deixaba forzas para se mover. Entón botouno de volta ó chan. Ó seguinte día, unha pastora que pasaba topou o cristal e, chea de emoción, correu a amosárllelo ó crego, que consultou o caso co ilustre señor Bispo de Ourense, que lla mandou pór en pública veneración e que se fixese unha capela no lugar máis próximo ó sitio no que fora atopada. O que hoxe se coñece como Capela da Virxe do Cristal. Cando Lupe rematou de ler a lenda,todos quedaron en silencio durante un intre.Estaban repasando a historia de novo, por se atopaban algún indicio que os axudara na súa aventura. Decidiron quedar pola tarde, na Praza Maior, coas bicicletas e ir ata a Capela da Virxe do Cristal. Alí agardaríaos Lupe, que vivía moi preto, acompañada de Traste. 22


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

Baixaron en ringleira pola estrada vella cara Ourense. Mentres lles ía dando o aire na cara comezaron a sorrir e a falar entre eles. Estaban nerviosos, pero moi ledos de poder desvelar un misterio coma o dos libros que leran tantas veces! En canto saíron da curva da gasolineira xa viron, ó lonxe, as figuras de Lupe e Traste. Estaban xogando entre eles, esperando ó lado do antigo posto da Cruz Vermella. Ó chegar Lupe saudounos rapidamente: —Ola toliños! Temos que darnos presa. O crego dixo que en vinte minutos pechaba a igrexa porque ten que ir a outra parroquia. —De acordo, imos para dentro entón —soltou Breixo. Ó entrar quedaron un intre mirando a capela, pasaran por diante moitas veces pero non entraban dende facía moitos anos. Era ben bonita, entrar alí transmitía moita tranquilidade. Notábase que era un sitio onde a xente ía pensar, rezar e pedir polos seus. Apenas se notaba o ruído dos coches pasando pola estrada porque as grosas paredes de pedra convertían o son nun murmurio moi suave, agradable. Non sabían por onde comezar a buscar. Por fóra parecía pequena pero por dentro era un espazo ben grande. Ademais, tiña moitos recunchos onde podería estar escondida a pista que os levase ó enigma da nova palabra. De súpeto Traste botou a correr ata un dos confesionarios da igrexa e parou xusto ó carón, onde estaban uns andeis cun montón de libros. Ó 23


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

chegar alí quedouse inmóbil, coma se fora unha estatua. —Mirade todos para Traste, quedou teso coma os cans de caza do meu pai cando ven un coello—dixo Marquiños. —É verdade, imos ver qué atopamos —dixo Lupe. Despois dun anaco buscando sen atopar ningunha pista os rapaces foron a outros sitios da capela a facer de detectives. Sen embargo, Lupe, que era moi teimuda, repasou todo de novo e decatouse de algo estraño: un dos libros do segundo andel non estaba colocado coma os demais; sobresaía un pouco. Cando a rapaza turrou del, o estante moveuse para un lado facendo un son metálico e seco. —Rapaces, rapaces, vinde rápido! —berrou entusiasmada. Cando chegaron,o primeiro que viron na escuridade foi unha pequena sala. Coa luz do móbil de Breixo iluminaron o sitio e entraron, cunha mestura de emoción e medo no corpo. A sala tan só contiña unha mesa de madeira. Ó acercarse descubriron que tiña unha morea de palabras talladas enriba. O enigma estaba tallado na mesa! Mentres sobes tocar, moito coidado terás ó pisar. Mesturadas, transparentes, oito son as diferentes.

24


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

Escoitaron entón un golpe forte e decatáronse de que a porta estaba pechada. Intentaron abrila, pero era imposible; por máis forza que facían a porta non daba o mínimo sinal de querer moverse. Estaban desesperados e moi, moi asustados. María apoiouse, resignada, nunha parede e notou unha pequena vibración. Cando se incorporou non o podía crer, unha das paredes estaba deslizándose e deixaba á vista un pasadizo! Pouco a pouco foron distinguindo unha luz ó final que iluminaba unha escaleiras. Decidiron entrar e achegarse ata o primeiro chanzo. Coma ninguén se atrevía, Marquiños decidiu ser o primeiro en subir. Pouco a pouco, con moito coidado, foi subindo un a un os chanzos. Camiñaba igual que cando se levantaba pola noite para ir ata a cociña a comer chocolate e non quería que o escoitaran ós seus pais. —Marquiños teño medo, non te separes de min! —dixo Breixo falando moi baixiño. —Pecha a boca e non me poñades máis nervioso do que estou —contestou o valente raparigo. —Notei algo que se moveu debaixo do meu pé —dixo Breixo. —Iso é que estás tan asustado que tremes coma unha vara verde —soltoulle María. —Non!, dígovolo en serio! Algo pasou neste chanzo, debaixo do meu pé —contestou Breixo. —Non te preocupes, levántao a modiño —dixo Marquiños. O levantar o pé descubriron que a pedra do chanzo tiña incrustados uns cristais: eran de 25


O Misterio das Lendas

A Virxe do Cristal

diferentes cores. Cando ían continuar subindo ata o campanario, María decatouse da coincidencia do enigma e o número de cristais, eran oito tamén! A simple vista non se distinguía nada pero, cando os enfocaron coa luz do móbil, apareceu unha letra en cada un deles: I—V—L—N—A—A—O—V Despois duns segundos de darlle ó maxín, todos xuntos berraron: VILANOVA! Xa o tiñan, a seguinte palabra era Vilanova. Podían continuar coa súa busca do tesouro. Todo foi alegría e lembranza da intriga vivida aquela tarde soleada de primavera.

26


O Misterio das Lendas

O Porco de Castromao

III O PORCO DE CASTROMAO Ó saír do colexio Breixo , Marquiños e María foron dereitos á praza de Celanova. Lupe foi buscar a Traste e marchou para a praza. Sentaron nun banco e abriron o sobre correspondente, o número tres. Inmediatamente, María, leu a lenda que se atopaba no seu interior: Unha veciña de Castromao tiña un porco que todas as mañás, en canto lle abrían a corte, marchaba para o castro e non volvía deica a noite. Desconfiou a veciña se os mouros, eses seres de lenda da mitoloxía galega, lle daban mantenza, pois o animal non comía nin miga na casa e a pesar diso estaba gordo que daba gusto velo. Mais, cando chegou o tempo e a dona quixo facer a matanza, o porco desapareceu da corte e nunca máis soubo del cousa ningunha. No Castromao, hai atuadas a cadea, a lámpada e a reixa da Raíña moura. —Por que non imos a Castromao investigar? —preguntou Breixo. —Si, mellor mañá, hoxe xa é tarde —afirmou Lupe. —Ó mellor non me deixan porque… —dixo Marquiños.

28


O Misterio das Lendas

O Porco de Castromao

—Ti sempre coas túas trasnadas —dixeron todos. No colexio os nenos estaban moi despistados porque andaban a pensar na lenda. Os mestres estaban algo enfadados e o pai do Marcos fora falar con eles e non saíra moi contento. —Veña, seguro que che deixan. Non te lembras que a mestra nos puxo un traballo sobre algún lugar da bisbarra? Pois esa é unha boa razón para que o teu pai te deixe. Eu encargareime de que meu pai nos leve no taxi —propuxo María, que sempre atopaba algunha solución para os problemas. Cando rematou a escola reuníronse no patio para aclarar plans. Foron preparar a merenda e logo dirixíronse á casa de María para que o seu pai os levara porque ese día tiña libre no traballo. Chegaron alí, e Traste empezou a escavar e todos fixáronse no can. Na terra había uns ósos. Como Lupe era intelixente e Breixo analista, descubriron entre os dous que eran os ósos do porco, porque segundo a lenda alí estarían. Pero Marquiños topou algo máis ca os ósos do porco: unha nota. Lérona. —Vaia! Non entendo nada, debe estar en chino ou algo así —replicou María. —Non pasa nada, seguro que o meu pai saberá a mensaxe —dixo Breixo. Alá de novo volveron para Celanova e buscaron ó pai de Breixo. —Papá mira isto —díxolle o fillo. —É unha mensaxe en latín, custarame descifralo —afirmou o pai despois de darlle voltas. 29


O Misterio das Lendas

O Porco de Castromao

Ide de novo xunto ós ósos do porco. Víronse negros para esquivar as súas preguntas sobre o tema e remataron dicíndolle que se trataba dun xogo. E non era ningunha mentira, porque verdadeiramente estaban a xogar ó xogos dos detectives de misterios. Colleron as bicicletas e regresaron ó lugar onde atoparan os ósos, pero... sorpresa! Non había nada de nada. —Ai oh, a ver se resucitou o porco! —dixo tremendo Breixo. —Como van resucitar uns ósos de porco! Ti toleaches! —protestou María. —Seguro que alguén os levou —afirmou Lupe. Decatáronse que estaban no lugar equivocado e pedíronlle a Traste que localizara o sitio. Si, alí estaban. Enriba deles había un cordel no que non repararan antes. Penduraba dunha árbore. María turrou forte e caeu unha caixa, onde toparon unha nota que dicía: Se a palabra queredes atopar este enigma tendes que acertar: tres números son se lle das a volta queda un e os outros non. —Uf! Isto é moi complicado —queixouse Lupe. Puxéronse a cavilar e a cavilar e non lle atopaban xeito ó asunto. Decidiron volver á praza e, despois de aparcar as bicicletas a carón da fonte sentáronse nun banco fala que te fala intentando resolver a adiviña. Ó pouco pasou por 30


O Misterio das Lendas

O Porco de Castromao

alí un neno pequeno que os escoitou e dixo. —Eu seino, eu seino. Na escola cantamos a adiviña. É o número l00 —os da panda quedaron abraiados co pequerrecho. —En efecto —acordou Lupe caendo na conta. —Xa, pero nós buscamos unha palabra, non un número —interveu Marquiños. —Se o escribimos con letras é tamén unha palabra: CEN —afirmou entusiasmada Lupe. Tan ledos estaban que tardaron en decatarse de que Traste non estaba con eles. Lupe, toda preocupada, buscouno por toda a praza. Estaba atrapado nunha porta da entrada do mosteiro. —Iso pásalle por xogar tanto —dixo Marquiños. Lupe recuperou o can e os rapaces viron que estaba ferido nunha pata. Levárono ó veterinario. Don Marcial díxolles que debería quedar pola noite para que non se fixera máis dano na pata. Lupe quería quedar con Traste. Os rapaces tranquilizárona, porque estaba moi afectada. Ó día seguinte Lupe foi directamente a ver ó seu can. María achegouse a ela e díxolle. —Lupe, que tal durmiches? —Bastante ben —contestou Lupe. O veterinario chamou á nena e díxolle que xa podía levar a Traste para a casa. Breixo chegou alí e dixo: —Ola, que tal Traste? —Xa se recuperou —informouno Lupe. Lupe despediuse dos seus amigos e levou o can para a súa casa —Ola, mamá xa está recuperado —dixo Lupe. 31


O Misterio das Lendas

O Porco de Castromao

—Que ben. Merécese un premio —dixo a nai. —Dareille como premio comida e xogarei moito con el —alegrouse a rapaza. —Anda, vai á parada que vas perder o autobús —replicou a nai. —Quero quedar con Traste —contestou ela. A nai mandouna directa para o autobús e a filla choraba. Ó chegar ó cole os nenos preguntáronlle por qué choraba e díxolles que quería quedar con Traste. Aquel foi un dos días de escola máis largos para a rapaza.

32


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

IV A FONTE DA SAÚDE Coma todos os días ó saír da escola Breixo, Marquiños, María, Lupe e Traste reúnense na fonte do mosteiro; esta vez para abrir outro dos sobres que atoparan dentro da capela mozárabe. Bótano a sorteo e María é a elixida para ler o que pon dentro. Quedan abraiados ó descubrir a lenda da fonte da saúde de Parderrubias. Era un home que estaba moi enfermo. Entón seu irmán, que era quen o coidaba, chamou ó médico. Cando veu o médico díxolle que para poñerse ben tiña que tomar unha menciña que lle preparara con herbas naturais; pero que non podía beber auga, porque a auga facíalle moito dano e podía chegar a morrer. Pasaron varios días nos que o home aguantou sen beber. Pero chegou ata un punto en que lle tivo que pedir ó seu irmán que lle trouxera unha pouca auga dunha fonte á que ían cando eran nenos. Seu irmán non lla levou por medo a que morrera. Inda que non bebía auga e tomaba a miúdo a menciña seguía sen mellorar. Máis ben empeoraba, polo 34


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

que o médico volveu. Examinouno ben, e ó enfermo non lle dixo nada, pero ó irmán díxolle que se trataba dun caso tan grave que non tiña solución e que ía morrer en breve. Aínda así, recomendou que seguise sen beber porque, nese caso, a morte sería fulminante. O irmán ficou moi triste e cando foi onda seu irmán este volveulle pregar que lle dera de beber unha pouca auga daquela fonte tan fresca e tan pura.Tal foi a petición que se compadeceu, deulle unha aperta, e decidiu levarlle a auga da fonte; porque se de todos os xeitos ía morrer, polo menos que o fixera bebendo daquela auga que era seu maior desexo, quizais o derradeiro. O home colleu unha garrafa ben grande, foi á fonte, encheuna, volveu para a casa e deulle de beber ó irmán. O irmán deulle as grazas emocionado e de seguido colleu a garrafa e bebeuna toda, gozando con todo seu amor. Seu irmán, con bágoas nos ollos, pensando que non o ía ver máis e que xa se despedira del coa aperta que lle dera antes de beber a auga, levou unha ledicia tremenda cando comprobou que o irmán bebera a 35


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

auga e seguía alí en pé, con el, vivo! E non so iso. Puxérase ben! A auga semellaba estar bendita! Os irmáns puxéronse tan ledos que comezaron a brincar coa ledicia, a apertarse, e a dar grazas a Deus. Ademais, para abraio de todos, os irmáns viviron moito máis tempo ca o médico. A partires de entón a esa fonte de auga milagreira construíronlle unha casiña pequena ó redor e comezaron a chamala a fonte da saúde. Despois de coñecer a lenda da fonte, os rapaces decidiron ir aló ó día seguinte, sábado. O pai de Marquiños, que tiña que ir a Ourense, achégaos ata a Manchica para que os rapaces poidan investigar acerca do sobre que atoparan na capela de San Miguel. Como os deixa na estrada nacional, teñen que camiñar un quilómetro máis ou menos para chegar á famosa fonte. Polo camiño falan do que se atoparán cando cheguen alá. Unha vez alí Marquiños está morto de sede, xa que camiñaron moito. Como está moi canso e bebe de golpe comeza a toparse mal. Os demais asústanse e recrimínanlle o feito de beber daquela auga, chegando a pensar que o médico da lenda levaba razón. O can Traste comeza a ladrar coma se topase algo, pero ninguén lle fai caso. Mentres Marquiños se recupera acompañado de Breixo, 36


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

Lupe e María atenden ó can e ségueno cara un camiño estreito e feito de terra. Alí un home pregúntalles qué fan pola zona. As rapazas respóndenlle que van de excursión, xa que non querían que soubera o que buscaban. O home, que non se fía delas, ségueas sen que se decaten. As rapazas continúan camiñando, e ó cabo de cinco minutos Traste atopa unha rocha, pero nese intre oen uns berros chamando por elas. Son Marquiños e Breixo que xa están ben, atópanos á metade do camiño. —Que facedes, rapazas? —di Breixo. —Estamos a seguir a Traste, que non paraba de ladrar —di María. —Vale, pois imos. Volven ata onde o can agarda por eles. A carón del ven unha pedra que ten una chave debuxada. Os rapaces tócana e ábrese un compartimento fondo ó que deciden entrar baixando unhas escaleiras de pedra. Por unha estraña razón o lugar achábase certamente iluminado. O vello ségueos ata abaixo e agóchase tras unha rocha para que non o vexan. Os rapaces están na procura de algo que lles dea una pista, cando ven, perfectamente tallada nunha lousa de pedra, unha rima que di: Na orde do altar da pedra a serpe indicará a saída. Se os pasos segues, a palabra vos guía.

37


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

Os rapaces decátanse que determinadas letras están remarcadas. Despois de varias combinacións atopan unha que ten sentido: PASOS. Cando escoita ós rapaces dicir a palabra en voz alta a entrada péchase. Os nenos escoitan o ruído e corren cara a saída asustados, pero xa é demasiado tarde. Están atrapados dentro. Intentan por tódolos medios buscar algo para abrir a porta sen éxito. Finalmente é María a que propón volver á lousa da rima por se acaso hai algo que lles axude. Axudados da lanterna de Breixo examinan cada curruncho do lugar, mentres el relee o poema unha e outra vez. —A serpe indicará a saída. —Murmura para si. —Claro! —Exclama Lupe toda emocionada—. A serpe indicará a saída. Rapaces, temos que buscar unha serpe. Esperanzados, comezan todos a buscar de novo, pero é Traste quen a atopa e comeza a ladrar para chamar ós nenos. Logo reúnense ó seu arredor enfocando todo coa lanterna e Marquiños é o primeiro en vela. —Mirade, aquí está —di sinalando un pequeno relevo na parte mais baixa da parede. Anicándose, toca a pedra coa súa man provocando unha sacudida no lugar. Caen cara atrás e pechan os ollos polo po que está a caer. Cando todo volve a estar en calma ven unha especie de escaleira de pedra con luz ó fondo. Case correndo saen ó exterior, contentos de ter atopado a saída. Abraiados miran ó seu arredor e decátanse de que están de novo na fonte. Alí o 38


O Misterio das Lendas

A Fonte da Saúde

vello míraos entre asombrado e contento. Inclina a cabeza ante eles e desaparece do lugar sen deixar pegada. —Que home máis misterioso —remarca María. —Si, é coma se estivera pendente de nós todo o tempo —engade Breixo. Lupe sentencia: —É certo. Non sei por que… de verdade que non o sei; pero teño a sensación de que estivo coidando de nós, protexéndonos para que non nos pasara nada nesta aventura. Eu que sei… ó mellor trabúcome. Non me fagades caso. Marquiños aproveita: —Iso, iso, non nos metamos en enredos, que teño fame. Pouco despois chega o pai de Marquiños para levalos de volta a casa. A cuarta palabra xa está resolta. Cada vez están máis cerca do enigma final.

39


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

V A POZA DA SERPE É pola tarde. Non hai clases. María e Marquiños están os dous sentados ó pé da fonte do mosteiro agardando impacientes a Lupe e a Breixo. O día anterior ó rematar as clases xa quedaran os catro amigos en reunírense alí para resolver outro dos sobres. Entre os seus comentarios e miradas ó reloxo novo de María divisan ó lonxe a Traste que ven correndo cara eles. —Aí ven Lupe! —di María remangándose para que se lle vexa ben o seu reloxo. Lupe vén correndo tentando alcanzar a Traste. Leva o pelo revolto e as gafas na man, ata semella que súas pencas están descolocadas. —Veño correndo dende a casa —di coa lingua fóra colocando os lentes e axeitando un pouco o pelo. Decátase que non está Breixo —E Breixo? Aínda non chegou? —Que va muller, xa levamos un bo anaco agardando por el —contesta Marquiños. —Si, vinte minutos para ser exactos —di María sinalando o seu reloxo para que Lupe o vira. —Uau! —exclama Lupe —Que reloxo máis… como dirías ti…? —Total! —di Marquiños imitando o xeito de falar de María. —Pois si, é total. É o último berro en reloxería, un modelo exclusivo —di María facéndose a importante. Os tres cativos estaban tan absortos falando do reloxo que non se decataran de que xa 42


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

chegara Breixo. —Que, colegas, estamos listos para outra aventura? —sinala Breixo facendo que as miradas de Lupe e de Marquiños se dirixisen a el deixando a María a medias, xa que aínda non lles contara todas as cousas “guais” que facía o seu reloxo. Breixo comeza a remexer na súa mochila. Lupe, María e Marquiños non lles tiran os ollos de enriba. Saben que Breixo está buscando un dos sobres lacrados e todos están ansiosos de saber que aventura lles agarda desta vez. Despois duns segundos, que lles semellaron eternos, Breixo tira o ansiado sobre. —Quen o abre? —pregunta Breixo. —Abro eu, abro eu! —di Marquiños arrincándolle o sobre das mans —Para iso fun o primeiro en chegar. Marquiños abre o sobre e comeza a ler: No outeiro de Rubiós houbo unha grande cidade chamada San Salvador de Cachequimbra, nome que aínda leva unha parte do monte. Esta cidade foi destruída polos romanos (ou polos franceses) que estaban no castro do Furriolo. Comezou o ataque, un grande fogo sostido dende o propio Furriolo ata moi lonxe. Fóronse achegando os inimigos a Cachequimbra e remataron por destruíla, morrendo once mil mártires da vila. Cando os asaltantes estaban xa ó pé 43


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

da vila, uns soldados pousáronse á beira dunha poza, que aínda existe, e sentaron nunha trabe que estaba deitada no chan e, pouco tempo levaban sentados cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe grandísima que, logo de beber na poza, quedara adurmiñada. Disparáronlle os fusiles, pero tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban. E entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e que o ataran no cabo dunha corda. Feito isto, déronlle a carne á serpe e cando lle entrou na gorxa ataron a corda a un penedo, e a serpe morreu no mesmo intre. Dende entón chámanlle a poza da serpe. —Que pasada! Isto si que pinta divertido! —exclama Marquiños devolvéndolle o sobre a Breixo. —A poza da serpe… —pensa Breixo en alto—Meu pai tenme falado desa poza —di tratando de facer memoria do que lle contara o seu pai. Ás veces Breixo facía que escoitaba todas as historias que lle contaba, a maioría non lle interesaba xa que o seu pai enleábase con datos históricos e demais; pero esa vez si que atendera xa que lle chamara moito a atención —é máis, penso que sei onde se atopa a poza. —Pois imos aló! —di Marquiños todo emocionado. —Agarda un intre —di Lupe botándolle a man a 44


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

Marquiños, que sen saber onde ir xa se botara en marcha—. Ti estás seguro, Breixo, que sabes onde está a poza? —pregunta Lupe. —Home, non vou estar —contesta Breixo tentando convencer á Lupe que o mira con cara de pouca confianza—.Veña, seguídeme todos. Os catro amigos póñense en marcha con Traste que durante todo este tempo dedicárase a perseguir as pombas por toda a Praza Maior. Polo camiño rían, contaban chistes, botaban carreiras sen se decataren que xa camiñaran preto dunha hora e que xa escurecera. —Rapaces, non credes que estamos xa moi lonxe de Celanova e que inda non topamos a poza da serpe? —di Lupe mirando a Breixo —Deberíamos volver, estase facendo de noite e despois non vamos saber volver. —Volver! Diso nada! —di Marquiños —Eu non marcho ata que atope a poza. Quero ver se aínda existe esa serpe. E ademais aínda temos que descubrir a palabra misteriosa. —Pero a lenda dicía que a serpe morrera, parvo —dille María —a menos que… volvera á vida para tomar vinganza a todos os que se acheguen a poza. A Marquiños aluméaselle a cara ó escoitar a posibilidade de que a serpe aínda estivese viva e poder matala coas súa propias mans. —Lupe ten razón —di Breixo tratando de quedar ben con ela, ó darse conta de que Lupe se decatara de que el realmente non sabía onde estaba a poza—. Deberíamos volver, non queremos que os nosos país se preocupen. Mañá 45


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

volvemos buscala que agora con pouca luz non sei moi ben por onde queda. Lupe pon os ollos en branco pensando para si que Breixo non tiña nin idea onde quedaba a poza. —Arrecó! —di María —agora que a cousa se estaba pondo divertida temos que marchar. Os catro amigos dan media volta para regresar á casa pero xa escurecera tanto que non sabían por que camiño viñeran. —Penso que deberiamos pedir axuda —propón Lupe—. Acheguémonos a aquelas casas de alá para que nos digan como volver a Celanova. Lupe, seguida de María e Marquiños diríxense decididos cara ó poboado, mentres que Breixo queda atrás con Traste que ten o rabo entre as pernas. Os dous están moi asustados e avanzan coidadosamente mirando a ambos lados. De camiño ás casas óese un ruído estraño, como se fora un lobo ouveando ó lonxe. Breixo bota un berro e Traste non para de ladrar. —Ei colegas, escoitastes ese son? —tatexa Breixo. —Pois como non íamos escoitalo —di María rindo—. Son as tripas de Marquiños. —É que levo moito tempo sen comer, e xa debe ser hora da cea —contesta Marquiños botando as mans á barriga como se quixera tapar o son. María e Breixo escachan coa risa. —Ai Marquiños, so pensas en comer —di María. —Querédesvos calar —di Lupe toda anoxada—. Se facemos tanto ruído os veciños pensarán que somos uns gandulos e non nos quererán axudar. 46


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

Dende aquel momento todos tiveron máis coidado, pero en todo intre Breixo non parou de mirar cara a todos os lados e Traste non tiraba o rabo entre a pernas. Os catro amigos e Traste achéganse á primeira casa. —Quen vai a cha…? Pero antes de que María acabase a pregunta Marquiños xa estaba chamando á porta. Marquiños peta varias veces pero ninguén contesta. Van a outra casa e repiten o proceso pero nada…e así con outras dúas casas. —Que raro, é como se todos os veciños se puxeran de acordo para non nos abrir a porta —di Marquiños. —E agora que facemos? —pregunta María—Ninguén nos abre e nós sos non sabemos volver. —Déixame pensar —di Breixo levando a man á cabeza como si estivera argallando algo—. Xa sei! Traste! —di todo ledo. —Traste? Que pasa con Traste? —pregunta Lupe. —Os cans teñen moi desenvolvido o sentido do olfato. Seguro que el nos indicará o camiño de volta —contesta Breixo orgulloso do seu plan. —E iso é o teu marabilloso plan? —pregunta Lupe rindo. —Pois si lista, tes ti outro plan mellor? —contéstalle Breixo. —Breixo leva razón, Traste é o único que nos pode levar de volta a Celanova —di María, mentres se dirixe ata o can que está tombado coa lingua fóra—. Tes sede verdade Traste? —di María 47


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

acariñando o can—. Veña vamos para casa e dámosche unha cunquiña de auga. Veña Traste, vamos! O can érguese e ponse a ulir o chan como si estivese buscando un rastro. —Vai funcionar e todo —di Marquiños. Lupe pon os ollos en branco pensando que o plan é do máis parvo. Cando de súpeto, sen previo aviso Traste comeza a correr. —Veña imos! —berra Breixo correndo detrás de Traste. Os catro amigos empezan unha carreira detrás do can. Breixo de primeiro, seguido de María e Lupe, e de último Marquiños que para de cando en vez para tomar alento. Ós poucos metros o can detense. —E por que parou Traste? —pregunta María. —Menos mal! —di Marquiños aliviado—Xa non podía máis! Breixo corre xunto a Traste e ve o can bebendo dunha poza. —Vinde todos, vinde! É a poza da serpe! Traste atopou a poza da serpe! Eu sabía que por aquí andaba —di Breixo mirando para Lupe. —Xa, claro —di Lupe retomando o alento. —Claro, Traste ó ter sede non nos levou ata casa, senón ata a poza. Que can máis intelixente —di María acariñando ó can como recompensa. —E agora que…? —pregunta Lupe. —Pois agora a resolver o misterio —contesta Marquiños mirando arredor tratando de buscar algunha pista. Mentres exploran os arredores da poza 48


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

escoitan un berro. —Aaaaaaahhhhh, unha serpe! —berra María— Unha serpe enorme! —Unha serpe, onde? —pregunta Breixo cheo de medo. —Onde, onde? —di Marquiños todo ledo pensando en como a vai matar. —Xa sei porque nas casas non nos abriu ninguén —di María sinalándolles onde vira a serpe—. Porque a serpe tomou vinganza e comeunos a todos. —Non digas trapalladas María —dille Lupe, pensando como pode ser tan inxenua e crer unha cousa semellante. Marquiños achégase a onde María, mentres que Breixo escóndese detrás de Traste. —Boh! Que serpe ni que nada. É unha rama dunha árbore —di Marquiños chafado mentres Breixo respira aliviado. —Mirade todos —di Lupe sinalando á poza. A tarde estivera nubrada e esa noite estaba máis escura do normal, pero pouco a pouco, a lúa gañaba forza e saía do seu agocho detrás das nubes alumeando a poza. Unha das raiolas de luz formaba unha liña que levaba directamente a unha árbore que se atopaba alí cerca. —Que raro non? —di María. Os catro amigos deciden ir silenciosamente cara á árbore. Xa ó pé da árbore Breixo decátase que hai algo gravado no tronco. —Mirade isto —di. No tronco da árbore hai un gravado como se fose unha casa cunha cheminea moi rara en forma 49


O Misterio das Lendas

A Poza da Serpe

de zeta. —Que é iso? —pregunta Marquiños perplexo. —Pois eu o único que vexo é un debuxo dunha casa. Mal feita ademais —di María. —É unha sinal —di Breixo. Ó lonxe, onde as casas onde ninguén lles abriu, os catro amigos ven brillar unhas luces. —Claro! —di Lupe —LUZ! —Xa, iso xa o vemos nós—di María tratando de deixar a dona “sabelotodo” en ridículo. —Que non! A palabra é luz! Mirade —di sinalando o gravado da árbore. —Co tellado da casa se lle damos a volta forma unha ele, e isto de aquí e a “u”. —Claro, e esa cheminea tan rara e a letra zeta —di Marquiños todo orgulloso. As luces achéganse cada vez máis ós nenos. Escoitan que os chaman ó lonxe. As voces recoñécenas de seguida, son os seus país que veñen na súa busca. Outra rifa e castigo máis que terán que actuar na casa, pero todo paga a pena.

50


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

VI TRABE DE OURO, TRABE DE ALCATRÁN Unha nova aventura esperaba ós nosos amigos unha tarde soleada de primavera. —Que vos parece se vamos abrir o sexto sobre á Capela de San Miguel? —propuxo Breixo xa que fora alí onde atoparan os sobres que tanto misterio parecía que gardaban. —Boa idea! —aceptaron todos. Aproveitando que a nai de Marquiños estaba limpando na igrexa pasaron a saudala e esta vez pedíronlle permiso para ir ata a capela. Ó chegar á capela sentáronse no chan en círculo. Como quedaran o día anterior, o encargado de levar os sobres para a casa foi Breixo. Entón el sacou os nove sobres que tiña gardados na súa mochila. Os demais axudáronlle a colocalos en ringleira sen mirar aínda o que tiñan dentro, só colocándoos. —Fagamos reconto agora que imos na metade da nosa aventura —propuxo Lupe—. Vexamos. Temos nove sobres dos cales levamos aberto cinco: cinco lendas e cinco palabras… Lembrádelas, non si? —Pois claro —contestou María mentres acariñaba a Traste, que se deixaba facer cóxegas—. As palabras son: COVA, VILANOVA, UN, SERPE, LUZ… —Creo que estas palabras forman parte dunha mensaxe —razoou Lupe. En Vilanova hai covas… pero non acerto a saber que pintan unha serpe e unha luz en todo isto. 52


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

—Haberá que seguir investigando —engadiu Breixo. Despois de oír iso e ver todos os sobres que acharan no cofre da capela o día anterior Marquiños non puido máis. Entusiasmado colleu un dos sobres e abriuno a toda présa na procura dunha nova pista. O que atopou foi unha frase escrita: Trabe1 de ouro, trabe de alcatrán O rapaz ficou desconcertado porque era un neno inxenuo que pensaba que ía aparecer unha lenda escrita como acontecera ata entón. Pero non todo é tan sinxelo como parece ó principio. Que grande foi a súa decepción! Lupe colleulle o sobre da man, leu outra vez o que alí había escrito e tampouco entendeu nada. Pasaron uns minutos en silencio mentres cada un dos nenos pensaba e recapacitaba. Ao cabo, Lupe, arrincou a falar e propuxo: —O que temos que facer é ir preguntar ós veciños de Celanova ou Vilanova se alguén coñece esta lenda. A todos lles pareceu unha idea excelente e decidiron saír ó exterior e comezar a súa pescuda na busca de información reveladora. No momento en que ían recoller os sobres, Traste púxose moi alterado e todos os nenos sentiron un ruído semellante a un asubío. Era o vento, un vento moi forte que se presentou de súpeto. Tan forte que 1 Unha

viga longa e grosa para soster os teitos dos edificios.

53


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

fixo voar os sobres que estaban no chan e saíron a fume de carozo pola porta da capela. Custoulles un tempo recuperar os sobres e para cando o fixeron estaban moi cansos de correr tras deles polo que decidiron ir descansar ós bancos da praza e alí sentados preguntarlle á xente que pasaba se coñecían a lenda da trabe de ouro e da trabe de alcatrán. Levaban un anaco preguntando, pero ou os veciños non os tomaban en serio ou realmente non sabían nada do que os nenos lles estaban a preguntar. Xa cansos e a piques de abandonar a súa busca… polo momento, un ancián chamounos. —Mirade. Nos vos é unha cara coñecida? —sinalou Marquiños mentres ollaban ó vello que estaba sentado ó carón da fonte. —Pois claro —completou María.—É o mesmo que nos seguiu o outro día… Breixo reflexionou: —Penso que este home sabe moitas cousas… Semella que ten interese en que cheguemos a algunha parte con estes misterios. Coido que debemos escoitalo. Despois de preguntarlle sen éxito qué pintaba en todo aquel asunto, o ancián comezoulles a falar dunha vila preto de Celanova, en concreto Pereiro de Aguiar, e a contarlles una historia: Hai unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do castro coas ruínas dun 54


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

castelo asolagado polas augas do Miño. Estes túneles están habitados por un trasno que acocha alí un tesouro. Os pasadizos son moi perigosos porque están soportados por dúas trabes cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro. Houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como conseguiu atopar a entrada. Entrou nunha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo trasno que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán. As lumaradas foron tan grandes no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo. O mozo logrou saír ó exterior pero as lapas deixárano completamente cego.

55


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

Traste ladroulle a unhas pombas e os rapaces deixaron de atender ó vello un intre para observar ó animal. Cando volveron a súa vista cara á fonte, o home desaparecera. —Carafio para a o vello. Parece unha pantasma —sinalou Marquiños—. E vaia historia. Semella perigosa. —Sexa como sexa iremos aló en bicicleta. En marcha —ordenou Breixo. Chegaron a Pereiro de Aguiar en menos dunha hora e simplemente preguntaron por unha cova con sona no lugar e mandáronos a unha que dicían estaba preto dun castro de moitos miles de anos. Os nenos sen pensalo foron dar alí e entraron na cova sen máis miramentos e sen medo ó que se podían atopar. En canto entraron, Traste cheirou algo raro e, abraiados, decatáronse que diante deles había un trasno: —Carafio! —Marquiños, asustado, quixo votar a correr pero o trasno púxose diante e cortoulles o camiño. —Tranquilos, que non vos vou facer mal. Só tento axudarvos. —Recoiro, iso avísase —respirou Lupe aliviada. —Serei o voso guía por estes paraxes. Seguide por ese túnel… —sinalou. A medida que se internaban na cova, todo ía sendo máis e máis escuro; ata chegaron a un punto no que non se vía absolutamente nada. Ás apalpadas Breixo sacou a lanterna da súa mochila e pronto puideron ver todo o que había ó seu arredor e viron a Traste que estaba alí sentado xusto diante deles, observando un gran penedo 56


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

que lles interrompía o paso. Estiveron de acordo en pensar que todo o que lles dixera ese trasno da entrada era unha mentira só para burlarse deles. Pero de súpeto —Aaaaah! —María pegou un berro. Todos preguntaron qué lle pasaba, que se vira un monstro. Ela díxolles que non vira tal, pero o que si que vira e continuaba vendo era unha cruz vermella pintada no chan. E todos ó unísono berraron —O tesouro!. Xa estaban dispostos a escavar onde estaba esa cruz, aínda que fora coas súas mans. Pero a ningún deles lles deu tempo nin sequera de empezar, porque tan pronto puxeron un pé na cruz vermella, abriuse un gran burato no chan, ó que todos caeron e chegaron ata unha especie de pasadizos subterráneos. Eran como labirintos e non sabían por onde ir. A voz do trasno escoitouse.... —Por aquí… por aquí. Continuaron detrás do misterioso murmurio ata chegar a unha porta que non sabían abrir. Na porta había un panel con todas as letras do abecedario, era coma se houbese que por algún código. Ó azar, tocaron a letra N. Esa letra iluminouse de cor vermello e toda a cova tremeu coma si se fose derrubar enriba deles. Decatáronse que esa letra non era a correcta. Probaron coa L. Esa letra volveuse de cor verde. —Acertamos! Probaron coa U… por se había a 57


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

casualidade de que puxese “Lupe”, e efectivamente a U tamén se puxo verde. De seguido, déronlle á P, pero non houbo sorte esa letra púxose vermella, a cova tremeu de novo e uns cascotes caeron moi cerca deles. —Uf! —Breixo deu un salto para que non o esmagaran, con tal sorte que se apoiou na letra A que, para sorpresa de todos, se puxo verde. Os nenos recapacitaron un tempo e dixeron á vez —LÚA! —Lembrade que a lúa foi a que nos axudou dende o principio na procura dos sobres, pero non fora só a lúa senón… a lúa chea. Escribiron de contado o C, o H, o E, o A e todas as letras se iluminaron de verde. A porta abriuse e os rapaces saltaron de alegría. Entraron rapidamente á sala onde deu a porta que acababan de abrir. Alí dentro non había un baúl con xoias e diamantes coma eles crían, pero o que si que había era unha grande trabe de ouro que aínda que non era fácil de manexar estaban seguros de que contiña moito valor. Ó lado da trabe de ouro tamén había outra que lles pareceu de alcatrán. Nese momento, Marquiños lembrouse do que puña no sobre que os levara alí: —Trabe de ouro, trabe de alcatrán. —Recordade a lenda. A trabe de ouro nin tocala, que podemos arder todos aquí. María engadiu: —Tes razón. Nós xa temos o noso tesouro. A nosa palabra misteriosa. Saiamos de aquí! O trasno apareceu de novo: 58


O Misterio das Lendas

A Trabe de Ouro

—Vexo que sodes rapaces listos. A cobiza é a que enterra ós que entran aquí. Vós non sodes cobizosos e por iso podedes marchar. De súpeto, unha das paredes da cova abriuse. Era a saída a un campo verde e florido, máis fermoso aínda pola luz do sol da tardiña. Os mozos respiraron aliviados. Aquela fora a súa saída máis perigosa.

59


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

VII OS CALDERETAS Marquiños, Breixo María, Lupe e Traste, como xa é costume, pasan a maior parte do seu tempo rebulindo arredor do misterio que os ten entretidos. Esta vez tiñan un problema engadido: a nai de Breixo encontrara a mochila cos sobres e pensando que se trataba dun xogo que lle facía perder o tempo, requisárallo. Tocáballes abrir o sobre número sete e pensaron que sería mellor ir collendo un a un as agochadas, para que a nai non se decatara de que faltaban da súa mesiña de noite. Acordaron pedir permiso a cadansúa nai para que lles deixaran ir durmir ese venres á casa de Breixo para facer un traballo da escola. Nesta ocasión, foi Lupe a encargada de deslizarse ata habitación de Breixo mentres os demais entretiñan á nai e coller o sobre; pero como lle gustaba tanto a lectura, viu un libro enriba da mesiña de noite que lle chamou tanto a atención que o abriu e comezou a lelo totalmente enganchada… Pasou o tempo e non se decatou ata que apareceu María coma un foguete pola porta: —Luuuuuupe! ¿Ti estás tola?, levamos media hora esperando a que baixes! —Rinnnnng —soa o móbil da nai enriba da mesa de noite… —AAAAAAiiiiiiiii Deus! Nun brinco María lánzase sobre o móbil e agóchao debaixo do xersei para que a nai non 62


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

poida escoitalo e así evitar que suba collelo. —Colle o sobre dunha vez e vaiámonos xa! Lupe abre o caixón e colle o sobre número sete. Baixan con moito sixilo a escaleira e chegan ó salón onde as esperaban expectantes os demais. —¿Que pasou? —preguntan Breixo e Marquiños. —Uf! Libramos polos pelos —contestan as dúas rapazas, bastante nerviosas. —A cea esta lista! —Interrompe a nai. Todos saen rápidos para a cociña agás Lupe que vai pensando onde agochar o sobre. Nese mesmo intre Marquiños quítallo das mans e dille: —Trae, debaixo do meu cu agóchase mellor. Pasada a cea deciden ir xa para a habitación de Breixo a facer o traballo para o luns. Unha vez alí con toda a solemnidade Breixo fai a apertura do novo sobre e comeza a lelo ante a atenta mirada dos seus compadres… a lenda dos calderetas. Contaba un frade que o paso das tropas de Napoleón por esta terra provocou nas parroquias de Amoroce, Mourillós e Cañón una situación de necesidade que levou ó abade do convento a ordenar periodicamente repartir comestibles coa fin de paliar a fame da poboación. E fíxoo de tal xeito que desde o mes de xuño ata a colleita do millo, colocábase todos os días na portería do mosteiro un gran caldeiro 63


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

de caldo galego ben condimentado, ao lugar acudían coas súas concas, ás doce do mediodía, os pobres das tres parroquias. Por dicilo doutro xeito: as xentes da bisbarra acudían coas súas “calderetas” na procura do caldo. De aí lles vén o nome de calderetas ós celanoveses. Os tempos mudaron e non é a procura do caldo polo que os de Celanova continúan acudindo ó mosteiro, senón por outras “fames” que teñen que ver co saber, a cultura e a erudición. Pero, seguen acudindo. Os calderetas, coas súas inquedanzas, súas dúbidas e súas reflexións forman parte dun rico caldo de coñecemento. —Ohhhhhhhhhhh! —suspira María con admiración. —Pois eu creo que mañá poderíamos ir investigar ó Mosteiro, non vos parece? —comenta Breixo. Pero, rapidamente, salta María: —Pois eu coido que deberíamos ir ás tres parroquias —levántase do chan con aire sabichón—. Alí onde estaba a orixe da fame dos calderetas! —Siiiiiii! —engade Marquiños entusiasmado—. Igual atopámonos coa pantasma de Napoleón. —Deixádevos de lerias —di Lupe, cortando a conversa—. O que temos que facer é ir primeiro ó Mosteiro. Ir ata as parroquias supón coller o bus e despois é doado que perdamos o de volta. 64


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

Ademais, fixádevos na mensaxe. Ten subliñada a palabra mosteiro, polo que parece que nos está dicindo que vaiamos alí. Despois de discutilo acordan empezar por alí. Marchan para a cama. A mañá do sábado apareceu chea de néboa e nubes escuras, o que parecía indicar que igual caía una boa treboada con lóstregos e moita auga. Isto non fixo que se votaran para atrás. Pedíronlle á nai de Breixo uns bocatas para comer e saíron coa desculpa de ir buscar material á biblioteca do mosteiro para o seu traballo de coñecemento do medio. A medida que foron camiñando ninguén se apercibiu de que Traste collera un cristal que atopara no chan. Cando chegaron preto do mosteiro, Lupe comentou: —Traste!!!! Solta ese cristal!!! O can soltou o obxecto asustado polo berro de Lupe. Nese intre un claro entre as nubes deixou pasar un raio de luz que rebotou no cristal, de aí rebotou cara a porta en dirección a un vello camiño cheo de silveiras. —Ohhh!—exclamaron todos. —Isto ten que ser un sinal!—salientou Breixo mentres albiscaba naquela dirección.. —Imos, imos este ten que ser as indicacións dalgún camiño —interveu Marquiños. Todos seguiron coma se estivesen hipnotizados, en silencio e con certo medo no corpo pero sentindo que estaban cerca de atopar algo que lles indicaría cal era a palabra clave. De súpeto chegan a unha casiña vella. Marquiños peta na porta e curiosamente ábrese 65


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

sen esforzo. Traste, moi nervioso, sen ladrar, comeza a dar chimpos enriba dos rapaces, ata que María, inqueda por se lle manchaba a cazadora, o aparta cun brazo e sen querer golpea unha caldereta de cristal que estaba enriba dunha mesa que cae ó chan e esnaquízase en centos de anacos. —Alá vai! —exclama Breixo— agora si que a pifiamos! Parece non haber ninguén. Traste escoita un ruído e salta sobre unha porta que tamén se abre sen problema. É a porta dun soto. Mentres van baixando todos, comidos pola curiosidade, Marquiños colle una lanterna da súa mochila e ponse na cabeza do grupo. Miles de brillos enchen de repente o lugar. Unha das paredes está chea de cristais, coma se fose un alpendre onde se fosen almacenando cristais de antigas fiestras. Chegan ata dúas portas e non saben que facer…, ata que Lupe se fixa que nunha das portas hai un debuxo coa faciana do abade . —Mirade! Nesta outra porta hai outro debuxo igual —completa María. Lupe reacciona o momento atopando unha solución: —Non é igual! Este é un debuxo de Napoleón. Na columna entre as dúas portas Marquiños ve que hai algo escrito e lee con dificultade porque está moi borroso: Na vida sempre hai que confiar aínda que teñas un ollo… As veces é cuestión de escoitar. Nunca penses que chegou o final. 66


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

Se miras cos ollos da alma da igual que sexan de... Breixo comenta enfadado: —Xa estamos! Faltan palabras, faltan palabras; así non nos vale para nada! —Quizais si! Non estudamos o ano pasado ,que o famoso abade da lenda dos calderetas tiña un ollo de cristal? —di Lupe. —Pois non lembro agora mesmo! —responde Breixo. María sentencia: —Abramos a porta do abade, ten que ser un sinal, seguro. Os nenos comezan a mirar atentamente ate que Traste, cae sobre a porta onde está o cadro do abade. Este rómpese en mil anacos. Os rapaces intentan recompoñer a desfeita ate que Traste colle un que parece coma se fose tallado en forma circular e semella un ollo ou unha moeda. —Traste! Non!!!!!!!—exclama Lupe. Traste escapa correndo.Todos corren detrás del. Temerosos de que veña alguén e os colla coas mans na masa. Marquiños pega un chimpo digno dun atleta de elite e cae sobre Traste, Lupe consigue que solte o cristal e todos regresan cara atrás para recompoñer o retrato. —Que raro non? Hoxe a Traste deulle por recoller cristais, será un sinal? —Si, parece que todo xira en torno a cousas de cristal —di María—. a miña avóa sempre di que a xente que ten un ollo de cristal poden ter una mirada tan tenra coma calquera outra persoa. 67


O Misterio das Lendas

Os Calderetas

Lupe, entón, cae na conta: —Claro! Na vida sempre hai que confiar aínda que teñas un ollo de CRISTAL. Ás veces é cuestión de escoitar. Nunca penses que chegou o final. Se miras cos ollos da alma da igual que sexan de CRISTAL —A caldereta que rompemos tamén era de cristal —completa Breixo—. O retrato do abade esnaquizouse porque tiña un cristal, e ademais o paisano que nos ten axudado varias veces… Non vos decatastes? Tamén ten un ollo de cristal. Marquiños exclama, rascando a cachola: —Parece cousa de bruxas! De súpeto, decátanse de que está comezando a facerse noitiña. —Por qué non imos marchando xa —di Breixo.—teño frío e nervios. Ademais, xa atopamos o que estábamos a buscar. Escoitase un trono moi forte. A tormenta. E tempo de liscar daquela casa.

68


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

VIII O OURO DOS CELTAS Aquel día de xuño, despois de comer na casa, Breixo, María, Lupe e Marquiños, quedaron de verse na praza do mosteiro, cada un cadansúa bicicleta, por se a necesitaban para emprender unha nova aventura. Cando estaban todos xuntos á sombra dunha árbore, Traste con eles botando unha soneca, abriron un dos sobres e nel encontraron unha lenda e un mapa que estaba incompleto: faltáballe unha metade. Preto do Castro de Berredo hai unhas minas. Dis que os celtas, unha tribo que habitou estas terras hai centos de anos, agocharon alí os seus tesouros. Desafortunados os que o tentan buscar porque poden sufrir calamidades pola súa cobiza e incluso atopar a morte. ―Recontra, ―queixouse Breixo―. Xa estamos ameazando! Marquiños quitoulle importancia: ―Non te asustes, oh! Non ves que isto das lendas é sempre así. ―Ten razón ―Engadiu Lupe―. As lendas conservan moi pouca parte da realidade que as creou. Están feitas para avisar, para asustar, para ser contadas pola noite ó lume dunha lareira… Decidiron, ó cabo, ir ver o Castro de Berredo dirixidos polo anaco de mapa que había dentro do 70


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

sobre. Ó chegar quedaron abraiados da fermosura do lugar: o ceo estaba completamente azul, había os restos dunha muralla antiga en forma elíptica que facía de defensa dun posible castelo, viron unhas poucas casas de planta baixa e a medio caer. O Castro estaba ó pé dunha montaña redondeada cunhas árbores de folla caduca e moi frondosas. Nela nace un serpenteante regato estreito e con pouca auga. Ó redor dos secos camiños de area podíanse contemplar verdes plantas floridas con diferentes tipos de follas. ―É o momento de buscar as minas que aparecen na lenda ―ordeou Lupe con moita dilixencia. Todos os rapaces asentiron, excepto Breixo, que dubidaba porque iso de estar entrando e saíndo continuamente de covas, pasadizos e casas abandonadas facíalle tremer os xeonllos. Marquiños decatouse de que o rapaz tiña medo e quixo darlle azos: ―Non te votes para atrás ― dixo mentres lle botaba o brazo polo ombreiro ― Agora que estamos aquí, imos tentar investigar se é verdade o da lenda que lemos. Estamos moi cerca do final. Só queda un sobre mais. Non imos rendernos agora, non si? ―Non, claro que non —respondeu Breixo dubitativo, disimulando o seu medo. ―Pois imos aló. Os nenos buscaron, buscaron e buscaron e non atoparon nada por ningures. Estaban decepcionados e desgustados, agás Marquiños, que non se daba por vencido na procura dalgunha 71


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

pista. ―Agora xa é tarde, debemos marchar para as nosas casas e xa seguiremos buscando outro día ―afirmou María con moito sentidiño. Durante o camiño de volta planificaron ben o seu regreso ó castro. Necesitaban levar cordas, lanternas, bolígrafos e papeis, cámara de fotos, a lenda e o mapa que atoparon entre outras moitas cousas. Ó día seguinte reuníronse na praza do mosteiro coas súas mochilas cheas de cousas. ―Temos que volver ó castro! ―Lupe, tes que pensar que non temos coche e o lugar queda algo lonxe para ir cargados coas mochilas ―comentou Breixo. ―A min ocorréuseme unha idea ―propuxo María.― Podemos pedirlle ó meu pai para que nos leve alá. De paso que coñecemos o castro podemos facer un reportaxe para a revista do colexio. Iso, ademais de subirnos a nota de “coñe” axudará a convencer ó meu mai. ―De acordo ―asentiron todos. Marquiños reaccionou rápido: ―Imos buscar ó teu pai antes de que se faga máis tarde. Os nenos colleron as súas mochilas, cruzaron a rúa e encamiñáronse na procura o pai de María. Este non puxo obxección ó ver ós nenos tan preparados coas súas mochilas, os seus cadernos e sobre todo a súa interese. María subiu diante, Breixo, Marquiños e Lupe subiron á parte de atrás do taxi e Traste púxose nos pés de Lupe. Ós dez minutos xa chegaran. O pai de María 72


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

díxolles que tiveran moito coidado con se mancar, cousas de pais, e que os recollería ó anoitecer. Baixaron todos do coche e despedíronse del. Lupe organizounos: ―Breixo e María: iredes á aldea de Berredo preguntar sobre o que saben os veciños. Marquiños, Traste e mais eu buscaremos por aquí a ver se atopamos algo. ―Reunirémonos aquí dentro dunha hora ―engadiu Breixo ó mesmo tempo que empezaba a camiñar con María. Os dous nenos encontráronse con dous anciáns descansando debaixo da sombra dun piñeiro. ―Boas tardes ―saudaron os rapaces a un tempo. ―Estamos a facer unha reportaxe sobre unhas minas que dis que hai por esta zona. Poderían darnos algunha información sobre elas? ―pediu María con moita amabilidade. Os anciáns dixéronlle que non tentaran investigar porque era moi perigoso, xa que dicía a lenda que ó intentar saír poderían quedar xordos ou incluso morrer afogados. Aínda así, os rapaces insistiron en saber onde estaba a mina. Os vellos, da insistencia dos nenos, dixéronlle que eles pensaban que a mina estaba situada no pé da montaña, a carón do río. Aínda despois de explicarlle todo, os anciáns seguían insistindo en que non se acercaran ó lugar. ―Moitas grazas pola información ― dixeron os rapaces ― agora temos que marchar que nos están a esperar os nosos amigos. Prometemos ter coidado. 73


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

Mentres tanto, Lupe, Marquiños e Traste estiveron dando voltas polo castro para ver se encontraban algo. Estaban rodeando a muralla cando o can comezou a seguir o rastro dun coello que vira, ata que chegou á súa toqueira. Marquiños e Lupe foron correndo detrás del e ó chegar viron algo que lles chamou moito a atención: era a outra metade do mapa, estaba medio enterrada na toqueira, chea de terra e moi humedecida. Cumprido o tempo toda a panda reuniuse no Pozo das Pías, lugar que estaba no medio da aldea, para falar do que descubriran. Despois de xuntar as dúas partes do mapa, no que estaba debuxada unha montaña e un río aparecía claramente marcada a posición da entrada da mina. Atopárona en menos de un cuarto de hora atopárona oculta detrás dunhas silveiras. Ó ollar aquel buraco negro que se afundía na terra paráronse a pensar un pouco no que lles podería pasar se o que contaba a lenda fose real. Lupe deulles ánimo: ―Xa sei como podemos entrar sen perdernos. Por favor, sacade algunhas das cordas das mochilas; podémolas unir e atalas a unha das árbores que hai na entrada, así se imos deixando un pouco de corda polo camiño, poderemos volver a saír. ―Que boa idea! ―respondeu Marquiños. ―Mellor eu quedo fora ―propuxo Breixo―. Non sei se todo isto será moi seguro. ―É mellor non separarnos, non vai ser que teñamos algún problema ― explicoulle María a 74


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

Breixo. ―Veña, imos a entrar que se nos vai a facer de noite ― decatouse Marquiños, que estaba impaciente―. Collede as lanternas, que seguro que aí dentro está moi escuro. Ó entrar na mina, os rapaces empezaron a camiñar moi amodo e con coidado por si había algún perigo. A mina era moi húmida, escura e parecía perigosa. Había buracos no chan ós que non se lle vía a profundidade, os morcegos campaban ás súas anchas, e as ratas escapaban o sentir chegar a Traste ladrar. De repente, escoitaron un ruído espantoso que os asustou un pouco. Cheos de valentía, dirixíronse cara el, para saber de onde procedía ou quen o facía. Mentres ían camiñando decatáronse de que nunca chegaban o final, que daban voltas e voltas e o ruído non aparecía. Traste, co seu incrible instinto, dirixiuse por un pasadizo moi estreito e sen luz algunha, os rapaces seguírono e nese momento as súas lanternas deixaron de funcionar. Os rapaces asustáronse tanto que volveron para atrás, para pensar en como cruzar ese pasadizo. ―Penso que teño unha candea ―dixo María. ―Pois eu teño un chisqueiro ― afirmou Marquiños. Entre os dous prenderon a candea e seguiron a Traste. Ó chegar ó final do pasadizo atoparon unha grande cova, onde había unha fervenza enorme, a cal caía nun montón de cantos pequenos que ó chocar con eles producían ese ruído tan espantoso. Os rapaces pensaban que 75


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

quedaban xordos de tanto ruído, polo que empezan a mirar para todos os lados e Lupe viu unha galería pola que poderían saír. Nese pasadizo atoparon un río subterráneo. Cando tentaron cruzalo María caeu e a corrente, que era moi forte, levouna río abaixo. O resto dos nenos tentaron sacala cunha corda que levaban na mochila, María agarrouse á corda como puido e turraron por ela para fora. Ó saír da auga María estaba asustada e choraba porque estaba feita un farrapo. ―Agora que fago! Estou feita un desastre! Necesito roupa limpa e seca ―Berrou María, tan presumida que era. ―Non te preocupes ―consolouna Lupe―. Podemos saír das minas e xa volveremos outro día. Nese momento decatáronse de que as cordas atadas coas que entraran na mina xa non estaban. Desconcertados, os rapaces foron camiñando por un corredor moi estreito, sen apenas luz. Parecía un lugar tenebroso, había moitas pedras, morcegos e tiñan que camiñar con coidado porque había algúns buracos no chan. Ó fondo da galería había dous camiños. Indecisos por cal escoller, ollaron para o mapa por ver se puña algo, pero non había nada. Paralizados polo medo non eran quen de moverse. Foi o can o que escolleu o camiño da esquerda e acertou, porque ó final dese camiño parecía que había un pouco de claridade. Ó pouco viron que a luz do sol entraba por un diminuto buraco no teito, esa luz iluminaba un pequeno obxecto. Acercáronse e decatáronse 76


O Misterio das Lendas

O Ouro dos Celtas

de que era unha pequena lousa solta enriba do chan. Ó levantala decatáronse de que había unha frecha que lles indicaba un novo corredor, eles seguiron ese camiño e chegaron á saída onde se encontraba unha porta pechada. Os rapaces empezaron a buscar algo que lles axudara a abrir a porta. Despois de moito buscar, María viu brillar algo debaixo dunha pedra. Emocionouse moito pensando que eran moedas de ouro, pero cando levantou a pedra decatouse de que era unha chave. María foi ensinarlla ós demais e Marquiños, colleu a chave para ver se abría a porta. Nese intre decatouse de que a chave tiña unha palabra gravada: VIRXE. Alí, naquel perigoso lugar non había ouro algún, pero eles se que conseguiran algo: resolver o enigma da palabra secreta da lenda. Para os rapaces ese era un tesouro ben grande. Abriron á porta e saíron a respirar o aire fresco da tarde. ―Non lle podemos dicir ó pai de María que entramos na mina ―suxeriu Lupe. ―Vale ―afirmaron todos á vez. Baixaron a aldea, pasaron por diante dos anciáns para que viran que estaban ben e dedicaron un anaco a facer fotos. Cando viron chegar ó pai de María no taxi, subiron todos ó coche e o pai de María preguntoulle por que estaba toda mollada. ―Caín no regato que baixa da montaña cando estabamos a dar unha volta. O pai enfadouse e rifoulle á rapaza. Xa sabía que a súa trasnada lle ía custar unha boa reprimenda. 77


O Misterio das Lendas

O Moura do Castro

IX A MOURA DO CASTRO Os nosos amigos estaban moi nerviosos porque só lles restaba un sobre para resolver o enigma e atopar por fin o tesouro. Ó saír da escola acordaran quedar, coma sempre, na praza fronte do mosteiro. A Lupe, que estaba moi emocionada correspondeulle abrir o último sobre e leu: O lugar onde tedes que ir está algo lonxe de aquí; por iso debedes buscar como axiña alí chegar. Se o tesouro queredes atopar téndesvos que preparar á…da casa da Moura teriades que atravesar e para iso ata a Mezquita debedes andar. Collede lanternas e algo para escavar; debaixo dun penedo o segredo ha estar. Só tedes que adiviñar que penedo será. —A lenda que nos toca é A Moura do Castro —dixo Lupe despois de ler as instrucións. Fóronse meter nunha casa abandonada da calle Abaixo que moitas veces lles facía de cabana. Entraron por unha fiestra e cada un buscou un sitio onde sentar: Breixo nunha vella 80


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

randeeira, Marquiños nun tallo de tres pés, María nunha sofá todo raido polos ratos, Lupe nunha cadeira coxa dunha pata e traste nun enorme coxín. Cando todos estiveron cómodos Marquiños comezou a ler a lenda da Moura: Na aba do castro de San Marcos, na parroquia da Mezquita, hai uns penedos que foron traídos por unha moura logo de que unha noite carrexara nun cesto toda a pedra para facer a igrexa románica da Mezquita, que hoxe é monumento nacional. Conta a lenda que, logo de carrexar as pedras, a moura levou ó monte de San Marcos uns penedos e que, con eles construíu a aínda hoxe existente “casa da moura”. Tales penedos son: unha bóla moi grande cun burato no medio que seica foi levado nun so dedo, mentres era quen de fiar coa outra man. Outro penedo seica tiña forma de cadeira e outro de cama, polo que, se botamos a andar a imaxinación veremos outras formas con semellanza ós utensilios dun fogar imaxinario. Contaban algunhas xentes da Mezquita que chegaron a ver a moura ou en San Marcos ou nunha carballeira chamada a Touza do Vilar. Todos coinciden en que era unha mociña loura e moi pequena. 81


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

As mulleres din que a vían na noite de San Xoán, pois era costume esa noite que as mozas fosen poñerse por debaixo das nogueiras da touza para que o orballo lles rizase o cabelo. Os homes, pola súa banda, contaban que a vían cando viñan ás mozas, de a cabalo polo Vilar e facendo círculos en forma de oito. Hoxe aínda se garda respecto ó pasar pola Touza do Vilar. Todos quedaron abraiados tanto pola historia coma polo ben que a lera o rapaz. —Que interesante! Esta historia de mouras gústame moito —dixo Marquiños. —Eu estou flipando —engadiu María. —Ben, o caso e que… xa sabemos ó lugar ó que temos que ir e… eeeeeuuuuu non penso ir a ese monte de noite. A miña nai non me deixará ir —aclarou con medo Breixo. —Serás caguiñas! —riu María. —Non debe sabelo ninguén. Temos que inventar unha desculpa para poder chegar ata alí —comentou Lupe. —Xa sei! —afirmou sentencioso Marquiños —podemos dicirlle ós nosos pais que temos que facer un traballo. Acordádesvos do traballo sobre as píntegas que tivemos que facer en terceiro? Pois podemos dicirlles que temos que ir alí a investigar sobre a “Salamántiga gallaica” que é unha subespecie da píntega común que se atopa precisamente nesa zona. 82


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

—E se nos preguntan… podemos darlles o traballo que fixemos en terceiro. —Eu propoño algo mellor —resolveu Lupe—. Podemos facer un traballo de verdade sobre as especies vexetais da zona e presentalo voluntario para subir nota. Así matamos dous paxaros un tiro. Por un lado subimos a nota e por outro non temos que contar ningunha trola. Todos estiveron de acordo e foron falar cada un cos seus pais para contarlles o do traballo e quedaron en reunirse todos na fonte da praza á media tarde. Unha vez alí: —Por min perfecto, a min déixanme —dixo Breixo. —Pois a nós tamén nos deixan —engadiu Lupe. —O meu pai ofreceuse de novo para levarnos…—comentou María. —Moi ben pois imos para alá —Marquiños, coma sempre, o máis entusiasmado do grupo.. Todos subiron ó coche e nun cuarto de hora chegaron ó monte de San Marcos. Despedíronse do pai de María que quedou en recollelos contra as nove da noite no mesmo lugar onde os deixaba. Unha vez alí os catro amigos máis Traste foron ata a famosa “casa da moura” e puxéronse a observar. Decidiron volver a ler as instrucións que estaban no sobre. —Temos que buscar debaixo dunha pedra —informou Marquiños. —Si, pero non imos poder con elas —comentou Breixo. Estiveron pensando como facer para conseguir a palabra que lles faltaba, mentres 83


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

Traste se entretiña escavando coas patas na terra e, de súpeto, os rapaces decatáronse de que deixaba ó descuberto unha pedriña moi xeitosa , pulida que parecía a xema dun dedo. —Escoitade! —berrou Lupe moi nerviosa. —Lembrades que a Moura levou nun dedo unha rocha grande mentres coa outra fiaba? O seu dedo tivo que facer que saltara un cacho de pedra para poder agarrala. E… se probamos ver se encaixa no burato que quedou nela? Abraiados, todos asentiron coa cabeza; non eran quen de falar. Ó meter a pedriña no burato … encaixaba perfectamente!, pero o que máis os sorprendeu foi que se moveu deixando ó descuberto unha entrada subterránea. Os rapaces e mailo can internáronse nela; acenderon as lanternas e comezaron a fixarse no que alí había. Atoparon uns debuxos feitos nas paredes da cova, Breixo chegou á conclusión de que posiblemente foran uns planos debuxados pola moura para comunicar a cova con outro lugar que estaba ó final do corredor. Marquiños, sen pensalo dúas veces, púxose a camiñar con Traste á cabeza da expedición rumbo a ese final da cova subterránea; Lupe, María e máis Breixo para non quedar sós… seguíronos. Estiveron camiñando cerca de media hora ata chegar ó final da gruta na que non había nada. Cando xa estaban a piques de volver descubriron que oculta naquela escuridade atopábase unha porta. Non se decataran dela, pero agora un raio de luz moi forte que proviña do outro lado iluminaba a súa silueta e saía pola súa 84


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

pechadura. O raio que atravesaba o peche rebotaba contra o chan e saía reflectido iluminando un saínte na parede da cova. —Imos ver que hai aí —propuxo o valente de Marquiños. No saínte da parede atoparon unha enorme chave. Lupe acercouna á pechadura e xirouna, estaba enferruxada e custoulle abrir a porta. Breixo que tremía co medo dixo que el non quería saber o que había no outro lado porque igual atopaban á moura. Unha corrente de aire frío deulles a todos na faciana e pecharon os ollos. Tardaron en abrilos; o corazón latexáballes a gran velocidade no peito. Atravesaron a porta e atopáronse no interior dunha igrexa. —Esta igrexa sóame … claro! —dixo María —é a igrexa da Mezquita. —Lembrade que cando lin a lenda poñía que a moura carrexou pedras para construír esta igrexa? —comentou Marquiños. —Certo —engadiu Breixo —e esta cova comunica a casa da moura coa igrexa, e esta porta comunica a casa da Moura coa cova e a igrexa. Na cabeza de Lupe repetíase a poesía coas pistas para a busca da palabra clave Se o tesouro queredes atopar téndesvos que preparar á ……… da casa da Moura teriades que atravesar e para iso ata a Mezquita debedes andar. … se o tesouro queredes atopar, 85


O Misterio das Lendas

A Moura do Castro

A cova da Moura, non; a pedra da Moura, tampouco; a PORTA!!! A palabra clave é esa. —Xa sei rapaces a palabra que andamos a atopar é PORTA! —aclarou Lupe. —Claro! —engadiu Breixo.—A porta da casa da Moura teriades que atravesar! De súpeto, o móbil de María comezou a pitar. Era seu pai que lle enviara un whatsApp porque estaban a piques de ser as nove, xa era de noite e non quería ter que esperalos. Como xa tiñan o que querían: a derradeira palabra da mensaxe secreta, decidiron que xa era hora de volver. Traste contaxiábase coa ledicia dos rapaces correndo polo camiño cara ó taxi. Parecía comprender todo o que estaba pasando. Animaliños! Que listos son!

86


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

Epílogo A FRASE MISTERIOSA —Hai que escribir todas as palabras, unha por unha en anacos de cartolina —Foi a idea de Lupe. Estaban todos reunidos na casa abandonada da Calle Abaixo. O can tamén no seu coxín favorito. O plan de traballo estaba claro: había que esmerarse a escribir as palabras para despois ordenalas nunha frase coherente. Así lles quedou a cousa:

—Uf! —suspira Marquiños desbordado por ter que colocar tantas palabras para armar unha frase. Breixo remarcou: —Despois de tanto que levamos pasado non pensariades que ía ser fácil. María decatouse enseguida dunha cousa: —Fixádevos que faltan os verbos e tal como estudamos na escola sen verbo non hai oración. —Tes razón —conveu Lupe —. Iso quere dicir que temos que esforzarnos en construír, poñer nós o que falta para descifrar o misterio. Durante un bo anaco de tempo combinan e combinan as palabras ata que comezan a xurdir ideas: unha cova en Vilanova, cen pasos, a virxe 87


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

do cristal, unha porta, a luz da lúa… —Teño unha intuición —sinala María mentres acariña ó can que veu onda ela buscando un aloumiño—. E se tiveramos que facer algo? Non sei… buscar unha porta na cova de Vilanova… —Axudados pola luz da lúa! —completa Breixo. —Que romántico! —dixo Marquiños con retranca—. E seguro que a Virxe do Cristal nos vén axudar para dicirnos cara onde hai que contar os pasos para achar o tesouro, je, je, je. Lupe reflexionou sobre as palabras do seu amigo: —Iso que dis de broma podería ser máis serio do que pensamos. Acaso non lembrades que en moitas películas de aventuras un cristal posto nun lugar dirixe un raio cara o acubillo dunha reliquia ou dun tesouro. —É certo —acordaron todos. —E por que non nos vai pasar o mesmo a nos nesta aventura que perece unha auténtica película? E se o cristal da virxe da igrexa de Vilanova nos indica esa porta escondida da cova de Vilanova? Por probar non perdemos nada. —Non perdemos nada —repetiu Marquiños convencido pola súa amiga. Todos aplaudiron entusiasmados. Traste tamén saltaba de ledicia. Xa tiñan un punto de partida para resolver o problema dunha frase que acabou quedando así: Na cova de Vilanova a Virxe do Cristal e a luz da lúa indican a porta onde cen pasos hai que contar. 88


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

—E ata nos saíu en verso —riu Marquiños. Riron todos. —Mans á obra! Estaba a caer a noitiña. Todos saíron correndo para Vilanova por ver se atopaban ó cura porque sabían que gardaba na súa casa a pequena reliquia da Virxe para que non lla roubaran da igrexa. Cando chegaron á case o cura atendeunos amablemente. Os rapaces explicaban e explicaban o que lles tiña pasado unha e outra vez, son orden nin concerto. Tan atrapalladamente que terminaron por confundir ó home, que se sentou nun banco de pedra fatigado por tanta algarabía. —Demo de rapaces! Non vos podo deixar a Virxe, que xa sabedes que é unha peza de patrimonio, pero o que si podo facer é acompañarvos á cova esa que hai detrás da torre para que poñades en práctica esa teoría que me estades a marear. Vendo que non era a única alternativa que lles quedaba aceptaron e encamiñáronse para cruzar a aldea cara á ladeira onde se atopaba a famosa cova da vila. Traste ía diante, ladrando de cando en vez a algún gato que se cruzaba polo camiño, os rapaces despois, entusiasmado coa súa idea e detrás o bo do crego que para poder seguilos levaba a medio levantada a sotana para non tropezar e que a caixiña dourada na que levaba a virxe rematara rodando polo chan empedrado de grandes lousas. Cando chegaron á entrada da cova xa era noite pecha; unha noite limpa na que a lúa chea 89


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

reinaba redonda e fermosa no ceo. Tan grande e tan brillante que parecía estar esperándoos. Coas lanternas iluminaron o interior da cova. A uns tres pasos había algo estraño. —Raio —indicou crego moi sorprendido—. Mira que teño entrado veces aquí e é a primeira vez que me fixo nesa pedra que está aí no medio. Lupe deulle a razón. —Está no certo. Teño xogado aquí moitas veces e podo asegurar que iso non estaba. —Entón é que alguén o puxo —concluíu Breixo—. E quen queira que sexa seguro que o puxo para nós. Marquiños propuxo: —Non será un pedestal para que coloquemos a imaxe da virxe? Miráronse os uns para os outros; o señor crego e o can incluídos. De certo é que non tiñan nada que perder con probar así que colocaron a imaxe da virxe enriba da columna e retiráronse uns pasos. Pasou un minuto, pasaron dous… e xa o crego ía retirar a figuriña cando de súpeto unha raiola branca de luz de lúa incidiu no cristal e coma se dun raio láser se tratara proxectouse o raio cara ó interior da negrura. Despois da primeira sorpresa o grupo avanzou seguindo a raiola ata que chegaron á parede da cova: unha parede na quen non había porta algunha, pero xusto no lugar no que incidía o raio había un buraco do tamaño dun dedo. Miraron, remexeron, tocaron, razoaron… pero non conseguían encontrar ningunha solución. —De súpeto, alguén entrou na cova e alumeounos coa 90


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

súa lanterna. Tan pronto como se recuperaron do susto: —Señor Tomé! —exclamou o crego moi sorprendido. O señor Tomé non era outro que o ancián misterioso que os acompañara, os axudara e os protexera durante toda a súa intensa aventura. —Si, son Tomé, o último protector do segredo desta cova. E por fin chegou o momento en que se vai cumprir a profecía… —Carafio! Iso non me soa nada ben! —dixo o bo de Breixo que relacionaba a palabra profecía con cousas perigosas e malignas. Enseguida o vello aclarou o asunto. —Esta non é unha profecía negra senón branca, boa e bondadosa. —E de que se trata entón? —preguntou o crego, que non saía do seu asombro. O vello recitou: En noite de lúa chea a raiola do cristal da virxe que fai famosa esta terra singular sinalará o lugar. Unha raiola de luz, o cristal posto na porta abrirá ó mundo un misterio sen igual. Catro nenos o farán, un vello, un crego e un can. E dende ese mesmo día Un novo mundo verán. 91


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

—Poñeremos o cristal da virxe no buraco da parede —discorreu o crego, xa totalmente convencido que o que estaba a pasar era unha especie de milagre. O ancián sorriu. Todo estaba saíndo segundo o previsto. Posta a chave sagrada n pechadura a cova tremeu, a parede renxeu e abriuse nela unha fenda enorme pola que saíu unha intensa luminosidade que inundou a cova. Entraron. Era unha estancia pequena, cadrada. No medio había un pedestal e sobre del un cofre. —O tesouro! O tesouro! Por fin! —berrou Marquiños. Os rapaces estaba entusiasmados, o crego totalmente impresionado e o vello Tomé sorría sen dicir palabra. Lupe abriu o cobre e… tremenda decepción! Dentro non había nada. Quedaron todos desconcertados. Durante uns segundos nos que nada sucedeu ollaron os uns para os outros, cheos de confusión. Unha pequena luminaria, coma un po dourado foi xurdindo dende o fondo da caixa de maneira que chamou a atención de todos, que remataron ó redor dela. De entre a nube dourada apareceu o trasno que xa coñecían, flotando enriba dela. —Benvidos ó final da vosa aventura. Os rapaces estaban coa boca aberta. Ningún deles esperaba tal. O trasno rompeu a falar. 92


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

—En cada xeración hai un grupo de nenos que teñen a oportunidade de vivir á aventura que vós acabades de completar. Algúns conségueno e os outros non. Os últimos dous equipos non chegaron aquí; rendéronse antes de rematar por falta de fe, por medo, por non colaborar os uns cos outros. O ancián interrompeu: —Por iso eu levo tantos ano de garda do segredo cando hai anos que tería que ter deixado esta labor. —O que di Tomé é certo —continuou o trasno—. Pero por fin vós chegastes e pronto quedará liberado desa responsabilidade. Agora correspóndevos recoller o voso premio. Os nenos esperaban un tesouro de xoias, pedras preciosas e cousas así, pero o que o trasno lles deu foi algo moito máis valioso. Foi poñendo a súa man enriba do ombreiro de cada un deles e dixo: —Ti, Breixo, venciches os teus medos e os teus temores e enchiches o teu corazón de coraxe. Ti, María, aprendiches a escoitar ós demais e a non crer que es o centro do mundo. Ti, Marquiños, serás máis prudente e reflexivo a partir de agora. E ti, Lupe, que corrías perigo de facerte resabida e sabichona, serás máis humilde e chegarás a ser sabia. Os rapaces reflexionaron durante uns intres o que lles estaba pasando e o ancián Tomé axudounos: —O valor, a humildade, a prudencia e a sabedoría son os tesouros mais grandes que pode gardar o 93


O Misterio das Lendas

A Frase Misteriosa

corazón dunha persoa. Esa frase contundente fixo que os nenos o entenderan todo. Que entenderan que a súa aventura fora un proceso no que cada un se buscou a si mesmo para encontrar o mellor que tiña e para desprenderse das súas debilidades. Co corazón cheo de ledicia despedíronse do trasno, que antes de desaparecer lles dixo: —Un de vós será o próximo garda do segredo. Pronto vos enviarei un sinal. Traste ladrou coma se non quixera quedar sen nada. O trasno tamén lle deu o seu premio. —Ti canciño, deixarás de poñerte nervioso coas pombas da praza. O animal moveu o rabo en sinal de agradecemento, coma se entendera… e ó mellor é que entendeu. —Ti, Tomé, descansa e goza dos anos que che quedan cos teus novos amigos. Aínda tes que ensinaralles moitas cousas. O señor crego esquecerá todo o que aconteceu aquí, porque no futuro aínda terá que vir co próximo grupo. O trasno desapareceu. A fenda da parede pechouse. O crego recuperou o cristal da virxe. Saíron da cova. —Carafio! Que fago eu aquí? —exclamou o crego totalmente desconcertado. Efectivamente esquecera que facía alí cos rapaces e coa Virxe do Cristal na man—Recoiro! Que tarde é… e mañá teño que dar misa a primeira hora. Marchou correndo, remangando a sotana. Os rapaces quedaron con Tomé, rindo e lembrando as súas aventuras. 94


AUTORAS E AUTORES: TEXTOS I.

A FUNDACIÓN DO MOSTEIRO

Diego Rivera Pérez, Alba Montes Pereira, Alexandra Oliczewski Carril, Javier Antelo González. II.

A VIRXE DO CRISTAL

Lucía Montes Pereira, Damián Martinez Trigo, Uxía Álvarez Gutiérrez. III. O PORCO DE CASTROMAO Laura Fernández Gómez, Gabriel Iglesias Álvarez, Héctor Álvarez Barbosa. IV. A FONTE DA SAÚDE Aitana Álvarez Ortuño, Adrián Álvarez Viso, Alexánder Mario Ferro Bologna. V.

A COVA DA SERPE

David Pereira Rodríguez, María Pereira González, Adrián Vázquez López. VI. TRABE DE OURO, TRAVE DE ALCATRÁN Tamara Pereiro Fernández, Uxía Rodríguez Cid, Gabriel Peaguda Álvarez. VII. OS CALDERETAS Sofía Rodríguez Carrera, Iván Miguélez Martínez, Jennifer Ribeiro Rivera. VIII. O OURO DOS CELTAS Alejandro Valado Dapía, Fátima Pérez Feijoó, David Vázquez Feijoó. IX. A MOURA DO CASTRO Nicolás Vila Pérez, Natalia Vázquez Teixeira, Nicolás Varela Bóo. 95


ILUSTRACIÓNS ALUMNOS 5º A

ALUMNOS 5º B

Quique Álvarez Ramírez Fernando Baliña Novoa Lucía Botana López Lucas Conde Campos Óscar Conde Salgado Aitana Corral Campos Ariadna Currás Requejo Francisco Estévez Lengua Rosa Feijoó Fernández Brais Fernández Domínguez Iago Fernández Prieto Alejandro Fernández Soto Gabriel Fernández Soto Hugo Francisco Álvarez Aroa Gómez Yáñez Ián Martínez Pérez Mara Martínez Pérez Ainara Miguez Correa Carla Pérez Gómez

Aritz Domínguez Vázquez Gabriel González Díaz Mario González García Selena González González Diego González Ventura Andrea Martínez Teixeira Miguel Mociño Moya Paula Mourille Rodríguez Nerea Núñez Álvarez Elena Outomuro Pereira Andrea Pereira Vázquez Martín Pérez Bande Laura Rodríguez Míguez David Andrés Sánchez Sánchez Iago Torres Pereira Aldara Vázquez Arias Vanesa Vázquez Feijoó Jonathan Fernández Martos

96

Libro o misterio das lendas  

Libro escrito e publicado polo alumnado do colexio Curros Enríquez de Celanova. Ourense.