Page 1


V Concurso de relato curto e poemas “Non perdas a palabra”

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CPI Manuel Suárez Marquier O Rosal, Maio de 2011

1


2


Índice: Limiar................................................................................................................. 5 A vella cadeira..................................................................................................... 7 Pedro e o coello tarabelo ................................................................................... 8 A cadeira inqueda............................................................................................. 10 A avoa e o tarabelo............................................................................................ 11 O galego tarabelo.............................................................................................. 13 Aventura en miniatura...................................................................................... 15 O rapaz e a súa horta........................................................................................ 18 O tarabelo do tellado........................................................................................ 20 O “neto” do avó................................................................................................. 21 A estrela sen nome............................................................................................ 23 A tarabela, tarabela........................................................................................... 25 O tarabelo da granxa........................................................................................ 28 Os inventos de Xosé......................................................................................... 30 Problemas dun adolescente.............................................................................. 32 A cadeira do tarabelo........................................................................................ 36 Medio metro cadrado....................................................................................... 37 Galicia............................................................................................................... 39 O avó tarabelo................................................................................................... 41 Naquel vello pobo............................................................................................. 43 A cadeira misteriosa......................................................................................... 45 Soa entre a multitude ...................................................................................... 47 Un hoxe ás seis e cuarto da tarde..................................................................... 50 Un neno moi descoidado ................................................................................. 53 Cadeiras verdes................................................................................................. 55

3


4


Limiar

Tedes nas vosas mans unha nova edición de Non perdas a palabra. Dende o Equipo de Normalización Lingüística estamos moi satisfeitos e moi orgullosos do voso esforzo. Grazas á vosa colaboración andamos xa pola V edición. Este ano incorporamos unha nova modalidade, xa que tamén lle abrimos as portas á poesía. A forza das palabras é tanta que vós sodes os verdadeiros ourives da lingua: construístes fermosos versos e transformástelos en poemas; modelastes a nosa lingua e utilizastes a vosa imaxinación para deixar no papel un feixe de contos. O resultado son estas páxinas que tedes diante, inzadas ademais, dos vosos debuxos e ilustracións. Desta volta as palabras escollidas foron cadeira e tarabelo. Xa van aló moitas outras: amorodo, encarnado, lecer, berce, xanela, cachelo, devecer, gaiola. Énchenos de gozo saber que as palabras non se perden, que seguen vivas, que están con nós e que seguirán sempre ao noso carón, porque grazas a todos e a todas vós, que sodes quen as escribides, quen as usades, quen as ledes, quen as empregades na vosa vida cotiá a nosa lingua segue viva. Castelao dixo: unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotábel de obras de arte. Vós sodes os artistas e os creadores da lingua. Moitas grazas pola vosa colaboración. Equipo de Normalización Lingüística do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal

5


6


A vella cadeira

Fai un tempo vivía unha cadeira vella de madeira nun restaurante, no que tamén traballaba. Un bo día, o dono do restaurante decidiu que a cadeira xa era demasiado vella e tirouna ao río dende a ponte que estaba xunto ao restaurante. A cadeira caeu á auga e rompeu unha das patas. Pobre cadeira, alá vai río abaixo. Agora é unha cadeira bañista que viaxa polo río. Na súa viaxe pasou por unha illa e viu como xogaban os parrulos, pasou por un muíño e viu moer millo, e finalmente chegou a un areeiro. Alí foina atopar un carpinteiro que a levou ao seu taller. O home, con moito agarimo, arranxoulle a pata, lixouna, deulle unha nova capa de verniz e para rematar púxolle algúns adornos novos que antes non tiña. A cadeira era tan bonita que mercouna un home que tiña un restaurante de luxo. Agora vivía feliz nun restaurante onde a trataban moi ben, nela soamente se sentaban os mellores clientes. Agora era a cadeira máis importante do mellor restaurante do país. Conto colectivo 1º Primaria

7


Pedro e o coello tarabelo

Era unha vez un neno que se chamaba Pedro. Este neno tiña un coello que comía moitísimo, tanto que acababa con todas as verduras da horta. Algunhas veces, Pedro sacaba o coello a xogar na finca da súa casa. Un día a nai de Pedro atopou a horta baleira. Non podía crelo, só quedaba unha cenoria. Pedro decidiu castigar o coello sen comer, pero o coello non cumpriu o castigo e escapou pola fiestra, xa que a porta estaba pechada cun tarabelo. O coello, que era un pouco tarabelo, foi á horta e comeu a última cenoria que quedaba. Gustoulle tanto que se puxo a bailar enriba dunha cadeira, pero perdeu o equilibrio, caeu ao chan e comezáronlle a doer moito as cadeiras. A nai de Pedro atopou o coello no chan e decidiu levalo ao veterinario, os veterinarios curárono e dixéronlle que tiña que descansar. Cando o coello se recuperou, prometeu que non volvería a comer máis cenorias sen permiso. Conto colectivo 2º Primaria

8


Adriel Nicol谩s G贸mez Orlando

9


A cadeira inqueda

A cadeira ri, a cadeira bota, a cadeira canta coma unha louca. A cadeira inqueda, a cadeira tonta, a cadeira saltarina coma unha pelota. A cadeira branca, a cadeira azul, a cadeira mollada coma un atún. Sara Flores Martín 3ºA Primaria

10


A avoa e o tarabelo

Era unha vez un neno que tiña a súa avoa nunha cadeira de rodas. A avoa quería subir á romaría de San Martiño e o seu neto díxolle: ” Non te preocupes que empurro eu pola cadeira”. E así foi. Chegou o día e comezaron o camiño, pero cada vez ao neno custáballe máis empurrar. Andou un anaquiño e, xa canso, sentou nunha pedra pensando como ía continuar o camiño, cando ao ollar para o chan mirou un tarabelo e... tiña unhas letras debuxadas!. Leunas e decatouse de que era un tarabelo máxico, deullo á súa avoa na man e nese instante a mulleriña púxose de pé e chegou á capela de San Martiño antes có seu neto, que viña detrás empurrando pola cadeira baleira. E colorín colorado este tarabelo de conto está rematado. Jorge Lorenzo González 3ºB Primaria

11


12


O galego tarabelo

Zoa o vento fóra. Bolboretas e xoaniñas, escóndense debaixo da terra. O rio comeza a chorar, pingas de choiva caen, escóitase o son do ar. Estou sentado nunha moderna cadeira dentro dunha cidade que non é de pedra, onde as rúas están baleiras de muíños, pazos e leiras. Onde o son da fala da lingua galega marca distintas fronteiras. Quero viaxar a través do tempo. Voltar a unha terra única, onde a maxia e as estrelas iluminan o camiño cara a miña aldea. Galego tarabelo! abre as portas de Galiza! Pide un desexo. Esquece a túa morriña. Poema colectivo 3º C Primaria

13


14


Aventura en miniatura

Zoe estaba no seu laboratorio con Alba e Camila. Estaban facendo un invento extraordinario. Este invento podía facer de todo: tirar confeti, escoitar música, ver películas, facerche os deberes… Era un pequeño robot. Alba, co parafuso, estaba facendo un burato na cadeira do robot para poñerlle un pequeno tarabelo. Pero, de súpeto, una tronada escoitouse fóra, con tanta intensidade, que moveu a Alba e o tarabelo foise polo sumidoiro. Que pena! Porque o tarabelo era o único no mundo. Oh, non! O tarabelo! – berrou Alba. Co traballo que fixeramos para crealo! – volveu lamentarse. Se fosemos pequenos coma o soldadiño de chumbo… - seguiu queixándose Alba, sen chegar a ningunha solución. Agarda! – berrou de súpeto Camila. Non tiñamos un encolledor? – preguntou. Si! Tes razón! Téñoo eu! – respondeu Zoe. Pois, poñédevos aí, que vos aplico un raio láser de encolledor. – dixo Camila. Entón Camila colleu o encolledor, apuntou para Zoe e para Alba e volvéronse máis pequenas que unha noz. Tamén se apuntou a si mesma e quedou coma as súas compañeiras. Colleron media noz e embarcaron nela polo sumidoiro, 15


baixando por uns fíos. Foron navegando ata chegar ao tarabelo. Zoe intentou levantalo, pero non puido, así que, entre as tres, conseguírono. Arrastrárono ata fóra do sumidoiro. Xa podían rematar o robot. E como homenaxe a esta aventura puxéronlle de nome ao robot: “Tarabelo aventureiro” pero como era moi longo “Taven” para os amigos. Isolda Comesaña Alcaraz Colaboraron: Jesús, Christian, Ana, Noa, Rubén e Iria 4ºA de Primaria

16


Iria Carabelos Álvarez Jesús Pérez García

17


O rapaz e a súa horta

Érase unha vez un rapaz moi pobre que só tiña dúas moedas para gastar. Un día púxose a pensar que podería mercar con elas para poder sobrevivir. Decidiu empregalas en mercar unhas hortalizas para plantar na súa horta da casa e logo ir vendelas ao mercado da cidade. O rapaz mercou leitugas, cenorias, tomates e patacas e segundo chegou á casa plantouno todo. Ao pasar unha semana, un día que madrugara, observou a súa colleita estragada polos paxaros e botouse a chorar como un descosido. Como ía solucionar ese problema? Colleu unha cadeira e sentou ao sol a pensar como espantar os paxaros da súa horta. Lembrouse de que no faiado da casa había un trebello do seu avó que antigamente usaban, era un tarabelo! Foi colocalo na horta e esperou uns días para ver o resultado. O trebello fixera efecto, espantaba todos os paxaros da zona e así logrou unha boa colleita para ir vendela á cidade. Aquel día gañou vintecinco moedas e nunca xamais os paxaros voltaron comerlle as leitugas, as cenorias, os tomates e as patacas. E todo, grazas ao tarabelo do seu avó. Carla Lorenzo Martínez 4º B de Primaria

18


O tarabelo do tellado

O tarabelo do tellado, fai ruído sen parar, o vello mírao apampado, como o vento o fai soar. O tarabelo non para de xirar, xira, xira e xira sen parar, o tarabelo do tellado, sabe ben como asustar. Cando ventea, os paxaros lonxe van, pero se non fai vento as sementes non deixan de picar, porque o tarabelo está a descansar. Adrián Rodríguez Pérez. 5ºA Primaria

Rafael Rey Dorado 19


O “neto” do avó

O avó Pepe tiña moitas tarefas: limpar, varrer, cortar a leña e o céspede… Así todos os días. Canso de levar todo o traballo da súa casa, un día decidiu que podía ir buscar o seu neto para que o axudara. Cando chegou á casa da súa filla, falou con ela e pediulle se deixaba ir o neno con el para que traballara na súa casa, e non ter que facelo todo el só. A nai, aínda sabendo que o seu fillo era algo tarabelo, non llo dixo ao avó, e deixouno marchar. Ao principio o neto traballaba ben e sen descanso, e o avó estaba feliz; pero, co tempo, foise volvendo máis tarabelo e comezou a facer moitas trasnadas. O avó dicíalle que non servía para nada, que todo o facía mal e el, cada vez facía máis e máis travesuras, como cando puxo chinchetas na cadeira e o pobre avó tivo que botar unha pomada no cu; ou cando lle botaba pegamento na cama e tiña que quitar os calzóns para poderse erguer… Tantas e tantas falcatruadas fixo o neto que, un día, o avó non puido máis e decidiu desfacerse do rapaz levándoo á casa da súa nai. E, dende aquela, fixo as cousas el só, sen necesidade de axuda, sobre todo, da do seu neto, que non deixou de ser algo tarabelo. Joël Lechuga e Raúl Castro 5º B Primaria

20


Ainoa Casaleiro Gonzรกlez

21


A estrela sen nome

Laura era unha rapaza á que lle gustaba moito ler e escribir poemas. Un día de verán, os seus pais regaláronlle un libro chamado “Os soños na gaiola”, de Manuel María. Laura colleu unha cadeira do seu cuarto e comezou a ler. Detívose no poema, “A estrela sen nome”: “Eu sei dunha estrela perdida nos ceos, irmá dos meus soños e dos meus anceos.” Laura foi quedando cada vez máis encantada co poema. Nunca escoitara uns versos tan bonitos. A rapaza levantouse lentamente da cadeira, e ía lendo os versos por toda a casa. Só quería que todos os recunchos tiveran un recordo dos versos de Manuel María. Cando Laura xa acabara, volveu sentar na cadeira. Laura estaba inspirada. Colleu un lapis e un papel e comezou a escribir. As rimas voaban polo cuarto, e as palabras case se escribían soas. “Se cada vez que penso en ti unha estrela se apagara, non habería no ceo unha estrela que alumara.” Ana Fagúndez 6º A Primaria 22


Abril Fernández Urís Ana Fagúndez Álvarez

23


A tarabela, tarabela

Era unha muller moi tarabela que se chamaba Berta, a quen non se lle podía crer nada porque te enganaba e facíache ir dun sitio para outro contándoche unha mentira. Unha vez ía entrar nun edificio e un home preguntoulle: -Coñece vostede a María Dolores? -Si – Respondeu-. Vive no último piso deste edificio. -Grazas- Contestou amabelmente o home. Como o elevador non funcionaba, o home tivo que subir ata o último andar polas escaleiras. E ademais, eran catorce andares! Cando chegou arriba, fatigado, comprobou que ese non era o andar onde vivía esa persoa. Na vila xa todos coñecían a Berta e decidiron que terían que facer algo para que deixase de enganalos e gastar bromas pesadas. Un día Berta foi á súa tenda de comida preferida. -Bos días- Saudou contento o vendedor. -Bos días- Saudou ela-. Quédalle cervexa sen alcol? -Si. Está alá ao fondo do almacén. Alá foi. Buscou e buscou e pasou moito tempo porque o almacén era enorme. Pero non atopou a cervexa porque non a había. 24


Saíndo de alí atopouse cunha amiga. -Ola Berta. Que tal? -Buf!- Suspirou Berta-. Estiven media hora no almacén da miña tenda de comida preferida buscando cervexa sen alcol e non a atopei. -Ah! Pois podes ir a unha tenda que está a un quilómetro de aquí. -Vale. Así camiño un pouco. A broma da amiga tamén funcionou. Chegou á tenda ben cansa pero, era unha tenda de cadeiras!. -Ben. Xa que estou aquí vou aproveitar para mercar unha cadeira. E achegouse ao vendedor. -Boas. Busco unha cadeira para a casa- Dixo Berta. O vendedor ofreceulle dúas: unha moi boa e outra que rompía con facilidade. -Esta é a boa. Berta probouna, e como a tarabelada do vendedor funcionou, Pum! Caeu ao chan porque a cadeira era a que rompía. -Oh!- dixo o vendedor-. Síntoo . Berta saíu da tenda pensando: “ Parece que todo o mundo me está a facer tarabeladas”. 25


E caeu na conta de que tería que aprender a lección de non ser tan tarabela.

Pedro Villanueva Comesaña 6º B Primaria

26


O tarabelo da granxa

Un día nunha vila había un home moi tarabelo que decidiu construír unha granxa. Cando rematou decidiu comprar máis terreo, animais e a maquinaria. Plantou patacas, verzas, pementos, xudías, tomates, limoeiros e moitas cousas máis. Pero como era tarabelo empezou a comprar cousas innecesarias e cada vez estaba máis tolo. Mercou cadeiras e non as utilizaba nunca, excepto unha na que sentaba todas as noites. Un día decidiu tirar coa granxa. Outro día a policía levouno a un manicomio, pero tiveron que deixarlle levar a súa cadeira. Ao pasar un ano, o director do manicomio decidiu que tiña que deixar marchar algún tarabelo porque había moitos. Outro día fixeron probas para saber cal estaba menos tolo ata que chegaron ao derradeiro; o tarabelo da granxa. Preguntáronlle que faría se o deixasen saír do manicomio e dixo: -Eu cando saia do manicomio collerei pedras e romperei todas as xanelas do manicomio. Decidiron que aínda non estaba preparado para saír do manicomio. Dous meses despois tiñan outra vez problemas de espazo. A semana posterior fixeron as probas. Cando chegaron ao tarabelo da granxa preguntáronlle que faría se o deixaban sen saír do manicomio e dixo: 27


-Eu cando saia do manicomio buscarei un traballo. -E despois? - preguntaron os do manicomio. -Despois buscarei moza. -E despois? - preguntaron os do manicomio. -Despois irei á súa casa. -E despois? - preguntaron os do manicomio. -Despois collereille o tirapedras. -E para que? - preguntaron os do manicomio. -Para romper todas as xanelas do manicomio! Os do manicomio decidiron que non estaba preparado para saír á rúa. Daniel Portela Pérez 6º C Primaria

28


Os inventos de Xosé

Nunha vila de Galiza vivía un home chamado Xosé, ao que lle gustaba traballar con todo tipo de material, pero especialmente con ferro e madeira. Era un artista, facía mesas, cadeiras, figuras inventadas..... A súa imaxinación parecía infinita. Un día deses de moita inspiración, Xosé decidiu construír un tarabelo grande e bonito que destacara enriba do tellado. O día seguinte pasouno no seu taller pensando na súa obra. Cando xa tiña todo preparado comezou a traballar. Xosé estaba tan entusiasmado que traballaba sen descanso. Pasou unha semana e o tarabelo estaba preparado para colocar no cume do tellado. O home estaba todo contento, colleu a escaleira e subiu. Agora xa estaba todo listo, só faltaba que houbese vento. Xosé estaba impaciente a que o aparello funcionase. O home, desesperado porque non había vento, tentou calmarse vendo a tele. Nese intre anunciou a muller do tempo que nesa noite ía haber un temporal. Xosé foi durmir tranquilo sabendo que a súa obra ía funcionar. Pero pola noite mentres durmía escoitou o ruído desafiante que facía o tarabelo. Xosé intentou durmir pero non puido. Pola mañá coa rabia de non poder pegar ollo, colleu o aparello e esnaquizouno contra a parede. 29


Cecilia Fernández Rodríguez 1º ESO A

30


Problemas dun adolescente

Santiago de Compostela

5 de novembro de 2010 Olea é unha persoa polifacética, espontánea, de todo un pouco. Alégrome de que sexa a miña moza! Mmm! En realidade non lle dixen nada. En realidade é a miña “mellor amiga”. En realidade... estou tarabelo por ela! Dáme moita vergoña dicirlle o que sinto. Oh! Perdoa! Aínda non me presentei... chámome Lucas, teño doce anos, gústame o skate, a bici... Moitas cousas máis! Xa sei, xa sei... os nenos non escreben diarios. Axúdame a desafogar.

6 de novembro de 2010 O peoriño ía comezar. Cando soou o timbre para entrar no cole (ás 9:00) subín as escaleiras (non pasaba nada) dirixíame a clase (1º C) entrei na clase e... O meu peor pesadelo! Mark (o meu mellor amigo) facéndolle as beiras a Olea. A miña reacción foi atómica. Estiven a punto de darlle co meu libro de Ciencias Sociais (e xa sei que é gordiño...) pero a profesora entrou e non tiven ocasión. 31


Marchei do cole sen falar con eles.

7 de novembro de 2010 Tiven que comezar a darlle explicacións a Olea, porque comezou a facerme preguntas e máis preguntas: Por que? Como fora posíbel? E antes de que comezara a contestar: - É o teu mellor amigo!... (a verdade é que está moi guapa cando se enfada, aínda que iso non significa que cando non o está, estea fea, non, non). Deseguido, Mark dixo: - Que mosca che picou onte? Ah! Xa sei! Cupido! Nese momento case o estrangulo. Mañá é o aniversario de Olea, non podo perder a oportunidade. Non podo perder a Olea!

8 de novembro de 2010 Todo ía perfecto. Esperei a que Olea baixara do autobús, e deille o meu presente, un colgante de prata en forma de corazón (que me custara seis meses de paga, pero daba igual, pagou a pena). Pediume que llo puxera (que romántico!). Afastei o seu cabelo (case me dá algo) e púxenllo. Ela deume as grazas e, de súpeto, bicoume nos beizos (necesitaba unha cadeira para aguantarme). Explicoume que todo fora un malentendido, que Mark o fixera 32


para demostrarme que eu estaba tolo por ela. E dito isto marchou correndo. Eu estaba como en transo (case me atropela o bus). Desculpeime con Mark e deille as grazas.

PD.: Un diario serve para moitas cousas, e a min axudoume a pasar un dos peores días da miña vida. Dá igual que sexas rapaz ou rapaza, se queres desafogar sen preocuparte de que desvelen os teus segredos, colle un diario. Eva Piñel Lorenzo Iris Da Silva Rodríguez Ainhoa Álvarez Álvarez 1º ESO C

33


34


A cadeira do tarabelo

Un tarabelo ben tarabeliño, estaba sentado nunha cadeira cadeiriña, cando de repente o tarabelo comezou a berrar e a cadeira comezou a ceder. Ao ceder a cadeira rompeu, e o tarabelo caeu ao chan, o chan estaba frío, e o tarabelo pegou un brinco.

Andrea Fernández Otero Yolanda Lomba Castro Adhara González Expósito. 1º ESO C

35


Medio metro cadrado

Hai moitos anos, nunha pequena vila, había una horta de tres centiáreas que se chamaba “A horta pequena”. Xesús, o dono, morreu solteiro e os herdeiros foron os seus sobriños. Os herdeiros repartiron o pouco diñeiro que tiña agochado nunha lata debaixo dunha cadeira. Dividiron a casa en dous e a horta en dous anacos, de medio metro cada un. Os seus sobriños, Xoaquín e Ramón, empezaron a levarse mal. E aínda peor as súas mulleres, que eran unhas tarabelas. Unha tarde, a muller de Ramón deulle un sachazo a Xoaquín. Despois de ser curado, Xoaquín denunciou a Ramón e á súa muller. E Ramón tivo que vender as súas mellores leiras para pagar o avogado Despois houbo máis preitos. Cando morreron deixáronlles a xenreira aos seus fillos. Anxo, fillo de Ramón, vivía en Vigo, onde gañou moitos cartos. Volveu á súa vila e mandoulle a un albanel que lle cercara o seu terreo. Despois, na horta non cabía nada máis ca unha persoa. Pero sentiu que era súa, e quedou contento. O mesmo fixo Luís, o fillo de Xoaquín. Só que Luís fora a Suíza e fixera máis cartos. Fixo un muro máis groso e máis caro. 36


Empezaron a levarse mal. Anos despois foi parar para alí un mestre. Chamoulle moito a atención aquel lugar de paredes xuntas. Preguntoulles aos veciños. Explicáronlle que aquilo era “A horta pequena” e que quedara así despois de preitos xudiciais e herdanzas. E o mestre quedou todo o día a pensar na herdanza das xenreiras e nas hortas de medio metro cadrado. Erik de la Santísima Trinidad Coballes Manuel Martínez Otero Raúl Martínez Rodríguez 2º ESO A

Raúl Martínez Rodríguez 37


Galicia

Galicia, miña terra, obsérvote dende a miña cadeira. Cos teus vales, montañas e cordilleiras, con picos de neves perpetuas. Cando chega a primavera, voan as bolboretas por ríos embravecidos, que non deixan nada no seu camiño. Os ríos percorren longos camiños, atravesando longos vales e chairas. Van morrer aos mares e océanos, ricos en mariñeiros. Galicia,Galicia,Galicia, cos teus fermosos ríos,mares,vales,chairas e cordilleiras. Fermosuras inmensas. Adrián Lorenzo González 2º ESO B

38


39


O avó tarabelo

Un día meu avó quixo restaurar unha cadeira moi antiga que estaba rota. Cando foi collela, rompeulle un anaco e foi coller a tarabela para furala, pero non a deu encontrado. Buscou e buscou e non a atopou, seguiu buscando ata que atopou unha cámara de fotos e, como é un tarabelo, ocorréuselle sacar fotos a 40


todo o que vía. Unhas semanas máis tarde un importante fotógrafo pasou por alí, viu as súas interesantes fotografías e contratouno. Foron pasando os anos e fíxose famoso. Cando se deu conta de que tiña o peto ben cheo de diñeiro, decidiu non facer máis fotografías porque se aburría. En canto regresou á casa, decatouse de que deixara a cadeira sen restaurar e decidiu empezar outra vez a restaurala. Cando foi buscar a tarabela non a encontrou, pero como tiña moitos cartos comprou unha tarabela nova. Tardou un mes en restaurala. Cando por fin a rematou, fun eu á súa casa e cando lla vin, gustoume e díxenlle se ma daba, pero el díxome que non, que lle custara moito traballo restaurala, que tiña moito valor sentimental para el e que nunca xamais a vendería. Cando pasou cerca dun ano mudeime á súa casa porque non andaba nada ben. Transcorreu un tempo e cada vez máis eu notaba que o avó non se separaba da cadeira. Pregunteille que lle pasaba e el contoume que cando a súa nai o trouxera ao mundo estaba sentada nesa mesma cadeira e cando el falecera tamén querería falecer nesa cadeira e que por iso el a restaurara. Eu entendín perfectamente o que el me quixo dicir e deixeino estar. Despois duns tres anos o meu avó faleceu e xusto sentado na cadeira, pero el tamén quería que a cadeira fora con el para o nicho. Ao

comentarllo eu á familia dixeron que iso era 41


imposible, que non cabía no ataúde, que o mellor era gardala ou vendela. Cando volvín á casa pensei unha solución, pero non se me ocorría ningunha e pensei na idea de vendela. Fun preguntar canto me daban por ela e dixéronme que non me daban ren porque non servía para nada. Entón viñéronme á cabeza aquelas palabras que me dixo meu avó, que nunca a vendería por nada do mundo. Ao pensar naquilo tiven unha idea: desmontala por pezas e metela na caixa. Cando a desmontei leveina para o ataúde, pero non cabía. Entón decidín prenderlle lume e as cinzas que quedaban metelas con el no ataúde. Un mes máis tarde recibín unha carta dicindo que me deixara toda a súa herdanza a min. Eu todo contento decidín vivir alí para sempre e contarlle esta historia aos meus descendentes para que sempre a recordasen. Adrián Álvarez Martínez Alberto Fernández Gradín. 2º ESO A – Agrupamento

42


Naquel vello pobo

Naquel vello pobo non había ningún rapaz novo, só un vello tarabelo que se sentía só sen recoñecelo. Sentado na súa vella cadeira esperando a seguinte primavera. Naquel vello pobo non había ningún rapaz novo, só un vello tarabelo ao que ninguén parecía querelo. Un día moi frío da casa marchou e nunca xamais regresou. Que soa quedou aquela cadeira! Tan fría... tan baleira. Sandra Enríquez Alonso 3º ESO A

43


44


A cadeira misteriosa

Aquela cadeira non era coma as outras... pensaredes que estou tola ou que me deron un golpe na cabeza e quedei parva, pero non; é verdade, era diferente. Cando entrei no meu cuarto coa intención de ler os tres últimos capítulos que me quedaban dun libro que me deixaran ler para a clase de Lingua Galega decateime de que había algo estraño no meu cuarto, as cousas non estaban onde sempre. Mais non caía na conclusión de que era esa cadeira a que me facía sentir aquela sensación. Cinco minutos máis tarde sentei de maneira involuntaria naquela cadeira para ler e, de súpeto, ocorreu. Non sei aínda hoxe explicalo con exactitude, pero intentareino. Cando sentei na cadeira un acto impulsivo fixo que pechara os ollos e vin aquel pesadelo. Era horrible, extremadamente nauseabundo e comecei a atoparme mal e a sentir arrepíos por todo o corpo. Vin aquela noxenta imaxe na miña mente e erguinme da cadeira nun abrir e pechar de ollos. Cando os abrín notei como se todo dera voltas e, de súpeto... xa estaba, xa o vira. Estaba vendo como me queimaban viva, ata que caín na realidade, aos dez segundos, e quedei mirando a cadeira en silencio, abraiada. Estaba soñando, ou non? Tras uns minutos de reflexión, sentei de novo, para ver así o que acontecía, e ocorreu outra vez, mirei con claridade aquel horrendo pesadelo que tanto detestaba. Pasou todo coma a 45


anterior vez, exactamente igual. Despois de pensar un tempo o que facer con aquela cadeira ocorréuseme unha idea: levala ao vertedoiro que había a poucos metros da miña casa. Voltei á casa e deiteime na miña cama sen cear, quería durmir, ou mellor dito, quería pensar en todo o que vira naqueles soños... Cando espertei o meu reloxo marcaba as tres da mañá e todo estaba escuro e en silencio. Prendín a luz e... non o podía crer: a cadeira estaba alí! Á beira da miña cama atopábase aquela cadeira que tanto me fixera pensar as últimas horas. E simplemente ocorreu. Exactamente igual ca no pesadelo: tres homes coa cara tapada entraron pola fiestra do meu cuarto, verteron a gasolina que levaban nunha botella e, antes de fuxir correndo, prendéronlle lume e... xa non recordo máis. Desde que me encerraron nesta clínica xa non recordo que pasou. Agora vivo case todo o día nunha cama, sen apenas pel e con poucas forzas. Pero escribo isto porque sei que dentro duns anos alguén o atopará, lérao e quizais se lle ocorra a idea de facer unha historia. Mais tamén pode ser que o autor (ou autora) estea agora manexando o bolígrafo ou as teclas do ordenador para poder entreter os lectores. quen sabe? Karla Pacheco Rodríguez 3º ESO B 46


Soa entre a multitude

buscaba asustada un oco polo que poder fuxir sen ser vista. Corría con todas as súas forzas entre aqueles monstros feos e egoístas. Ela, delicada e vestida de branco, alzaba a cabeza freneticamente intentando encontrar un anaco de ceo ao que aferrarse para poder sobrevivir. Esquivaba os fríos e enormes corpos que lle impedían o paso, con elegancia e rapidez, con medo e desesperación. Camiñando con présa por rúas de pedras húmidas, sentimentos abandonados e máscaras rotas onde choran as emocións rexeitadas e sen futuro. Ela, mareada xa, daba voltas e chegaba aos mesmos recunchos do invisible labirinto, suplicando atopar a saída. Miradas velenosas envolvíana, sucios empurróns obrigábana a retroceder e silenciosos berros agudos facíanlle perder aínda máis o rumbo. O seu precioso vestido da cor das nubes era agora un trapo vello e sen brillo ningún, manchado de barro, xeo e insultos. Ela, loitaba cada día por ter algo que levarse a boca, por que o vento non levase a súa destartalada cabaniña, para que os seus esperados soños se fixeran realidade, loitaba para atopar o camiño á liberdade que tanto deveceu e nunca tivo. Loitaba para esquecer o pasado, arranxar o presente e buscar un futuro. Loitaba por ela xa que ninguén máis o faría. O vento murmuroulle na orella, un riso doce, gracioso e curto, perfecto. Vislumbrou o azul do ceo e o sorriso e esplendor do 47


sol, vislumbrounos e correu aínda máis rápido, con máis enerxía, con máis esperanza. “Nunca saberemos a verdade, por que preocuparse de atopala? Por que non ser felices se temos oportunidade de selo? O noso momento aquí non perdurará por sempre. Convértete en alguén á présa, antes de que o reloxo marque as doce e os zapatiños de cristal desaparezan. Cumpre os teus soños xa que estes son os únicos motivos polos que seguimos xogando a permanecer con vida. Xa que estes son os únicos que te permitirán tocar ese anaquiño de ceo azul que todos desexamos. Xa que ter soños é só o principio da nosa primeira e última aventura.” O vento murmurou de novo, unha gargallada profunda, fermosa e divertida, seguía sendo perfecta. Ela saltou pozas de espellos, ela danzou ao son do aire ela, riu con alegría. Ignorando as clónicas miradas que a ollaban con desprezo e superioridade, seguiu bailando arredor dunha rara cadeira, dando voltas e máis voltas, imitando a voz do vento e lembrando a súas grandes palabras. Ordenándoas na súa mente, comprendendo o significado. Subiu á cadeira, estendeu a ás e a pomba saíu voando cara ao ceo azul ante as atentas miradas de persoas demasiado ocupadas nas súas imperfectas vidas como para perseguir o que a ave saíra buscar: o seu soño. Marta Torres Estévez 3º ESO B 48


49


Un hoxe ás seis e cuarto da tarde

Vento e silencio. ANJA camiñaba cara á súa casa, cun bolso e un cartafol. Acompañada de SYLKE e OTTO. Había un coche esperando na parada de autobús. SYLKE – (Xírase cara a ANJA) Vémonos! Adeus! (Montando no coche) ANJA— (Véndoa fugazmente) Si. OTTO— A ver se me veñen buscar, vai mal tempo. ANJA— A ti sempre te veñen buscar vaia mal tempo ou non, é a min a quen non veñen buscar á parada. Achégase un coche azul escuro canda a eles. OTTO — (Montando no coche) Veña, adeus. Comeza a chover e ANJA sen paraugas. ANJA— (Refungando e véndose os pés)… Nin aínda que caesen chuzos… O ceo escuro e chuvioso deixaba ver as casas nas que estaban prendidas as luces. A súa casa non tiña ningunha. ANJA— (Murmurando) Non hai ninguén? Véndoo polo lado bo, 50


así non teño que aturar o tarabelo de meu irmán… Achégase á entrada da casa e saca as chaves para abrir a porta. Entra e non hai ninguén. ANJA — Estou pingando… (Murmura moi baixiño) Vai cara ao baño e cámbiase de roupa. Ao saír colle un libro do estante. “Mira que me encanta este libro, é a terceira vez que o leo.” (Sorrí) Senta na cadeira do escritorio e prende a lámpada do escritorio. E comeza a ler O xardín das pedras flotantes. A parte na que ía comezaba así. “Un bico na porta do hotel, outro en cada chanzo da escaleira, un abrazo apaixonado no ascensor, máis bicos polo corredor e, finalmente, no cuarto, espíronse mutuamente e fixeron o amor.” Dez minutos despois escóitase un móbil soar. “Eres tu quien va cambiar el mundo, quien destrozará las teorías de la humanidad…” ANJA— (Descolgando o móbil) Si? Quen é?... (O seu irmán 51


contestando dende a outra liña) Ah, es ti… Que queres?... Imos cear na casa da avoa?... (Dende a outra liña) Como que chego tarde? A min ninguén me avisou, tarabelo!... Veña, xa vou para aí. (Dirixíndose ao libro) Pois nada, lévote comigo. Colle as chaves, un abrigo e esta vez un paraugas e sae da casa levando consigo o libro.

Sara Rodríguez González 4º ESO A

52


Un neno moi descoidado

tirou a carabuña dunha cereixa. Así comezou o meu crecemento. Despois dos anos convertinme nunha gran cerdeira, con eses apetecibles froitos. Por iso, os nenos gozaban comendo nelas. Para collelas subíanse aos meus pelos (perdón, para vós pólas) e facían o tarabelo. Cando xa ía vella, don Casimiro decidiu cortarme do seu eido. Foi un proceso moi doloroso. Notaba como me quitaban a miña vida de árbore. Fun cortada en anacos, e cada parte foi levada a un lugar diferente. Fun leña e a miña finalidade era quentar as casas. A parte que máis me marcou foi a historia de cando me converteron en cadeira. O meu creador foi o carpinteiro da vila, chamado Modesto. Todo comezou o día que cheguei á carpintería. O meu dono, Casimiro, encargara unha bonita cadeira para o aniversario da súa filla Mirabastante (o nome escollérao a muller deste, Boavista). Cortoume en cachos finalidade.

repartindo cada un para a súa

Lixoume as púas e deixoume moi suave. Foi

aparafusando

cada

parte

deixándoas

no

sitio

que

lle

correspondía. Despois de todo iso, deume cor e vernizoume. Asinou na miña nova pata esquerda e devolveume á miña nova casa. 53


Gusteille moito a Mirabastante, tanto que ata me puxo no seu cuarto. Sentaba enriba miña todos os anoiteceres para ler un libro. Contábame todos os seus segredos. Ela decidiu chamarme Miraborroso, para seguir coa dinastía da familia. Foron

pasando

os anos

e cada vez estaba máis

escanastrada. Casimiro e Boavista xa eran avós, e esas bestas dos seus netos sentaban enriba miña como se acabase de saír do forno. Un día rompín, cortáronme e metéronme pouco a pouco na fogueira. Agora si que chegara a miña morte. Despedinme de todos eles en silencio, converténdome en lixeiras e escuras cinzas, levando todo o seu cariño. Así foi a miña vida: cruel, intensa e auténtica. Eva Correa Martínez Nina Rodríguez Pfister 4º ESO B

54


Cadeiras verdes

O teu primeiro día de escola chegaches á clase e sentaches nunha cadeira verde, pequena e bastante coidada. Dende aquela as cadeiras verdes foron medrando contigo, cada ano eran máis grandes e estaban máis estragadas. As cadeiras verdes son como un compañeiro máis que sempre te acompaña, pois vaias onde vaias terás unha. Pero chegará un día no que as cousas cambiarán e as cadeiras verdes serán substituídas por outras máis grandes e doutras cores, probabelmente negra, quizais marrón e, se tes sorte, pode que morada ou ata incluso vermella. Pero non volverán

ser verdes. Estas cadeiras serán máis

cómodas, pero tardarás en darte conta pois estrañarás a túa cadeira verde. Aquela que medrou contigo, aquela que te acompañou toda a túa nenez e adolescencia, a cadeira na que escribiches o teu nome, aquela na que estabas sentado o día que decidiches o que querías facer da túa vida, a cadeira que coxeaba e que non puideches cambiar, a cadeira na que se te enganchaba a chaqueta e tamén na que apoiabas os pés. Nunca esquecerás as túas cadeiras verdes, e algún día o teu fillo preguntarache como é a escola, e ti diraslle: “Pois cada rapaz senta nunha cadeira verde”. Laura Villanueva Comesaña 4º ESO B 55


Pedro Villanueva Comesa単a

56


Fai aquí a túa achega! Seguro que agora “cadeira” e “tarabelo” teñen moitos máis sentidos para ti.

57


58


59


VNonperdasapalabra  

Non persaas a palabra

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you