Issuu on Google+

FILLOAS Estela Fernández Sánchez

Ingredientes: Auga, fariña, ovos e unha pizquiña de sal Preparación: Bótanse nun recipiente a auga, a fariña, os ovos e o sal. Bátese todo cun batedor de arame ou cun garfo, ata que queda unha pasta fina. Ponse a quentar unha tixola untada cun anaco de touciño e, cando estea quente, bótase un unha cullerada pequena de masa, para que a filloa saia fina. Cando estea pasada por un lado, dáselle a volta para que se pase polo outro lado. E para rematar, sácanse as filloas da tixola e bótanse nun prato. Botáselles un pouco de azúcar, pero tamén a algunhas persoas gústanlles cunha pouca de nata ou de canela e…listas para comer.

Ummm, que pinta teñen!!


BRAZO DE CIGANO Gladys Enríquez García Ingredientes: *Biscoito:

8 ovos 8 culleradas de azúcar 4 culleradas de fariña

*Recheio:

Crema pasteleira: 1 ovo 2 xemas de ovo 150gr. de azúcar 50 gr. de fariña ½ l de leite Casca de limón

Preparación crema pasteleira Ponse a cocer o leite coa corteza de limón. Aparte, bátense ben o ovo, as xemas, o azúcar e a fariña. Cando estea todo ben misturado, engádese o leite


coado e ponse a cocer, sen deixar de mover durante 5 minutos. Retírase e déixase arrefriar. Preparación brazo de cigano: Bátense as xemas co azúcar até que acaden un volume; engádese a fariña e, finalmente, as claras en castelo. Nunha forma plana bótanse no forno (sobre a forma poñer papel de aluminio) e cocer a forno medio. Preparamos unha servilleta mollada con auga tépeda estendida. Sepárase o biscoito do papel e colócase sobre a servilleta. A parte dourada ponse para abaixo. A seguir, esténdese o recheo (crema pasteleira) enrólase e polvíllase con azúcar glass.

Arroz Frito Iris Liu Ingredientes: Chícharos Cenoira Cebola Ovos Salsa de Soia Viño de mesa


Sal Aceite Arroz cocido Xamón de Iorque Preparación: Botamos aceite nunha tixola e agardamos a que saia un pouquiño de fume. Poñémolo a fogo medio e incorporamos o ovo batido e separámolo en moitos pedaciños. A seguir, engadimos os chícharos, a cenoira pelada e cortada en dadiños e o xamón de Iorque, tamén en dados. Remexemos durante cinco minutos e incorporamos o arroz. Imos aplastando o arroz e remexendo. Agora temos que botarlle sal, un pouquiño de salsa de soia e outro pouquiño de viño de mesa. Para rematar, botamos a cebola cortada en pedaciños moi pequenos para dar aroma. E xa o podes servir!


Roscas de namorados Victoria Ares Amil

4 ovos ½ copa de coñac ½ copa de viño doce 1 sobre de lévedo Raspadura de 1 limón 14 culleradas de aceite 14 culleradas de azúcar Fariña

- Mesturar todo e incorporar a fariña ata conseguir que a masa non se pegue ó recipiente. - Deixar repousar ½ hora, cortar a masa en tiras e facer a forma das roscas. - Fritir en abundante aceite. Polvillar con azúcar glass.


Tarta de Santiago Antía Castro Silvar Tempo: 1 hora Ingredientes: 350 grs de fariña 500 grs. de améndoa moída 500 grs. de azúcar 250 gr. de mantenga 8 ovos ¼ l de auga Raspas de limón Azúcar glace

Preparación: Batemos os ovos, o azúcar, a fariña, a manteiga e a auga, todo xunto durante media hora. Acrecentamos a améndoa moída e a raladura de limón. Cando estea todo ben feito, poñémolo nunha forma engraxada e metémolo no forno. Unha vez cocida e fría, desmoldamos a torta e decorámola con azúcar glace


Rissóis de carne Rosa Manuela Barbosa Bessa Massa: 1/2 litro de água 300 grs. de farinha 10 grs. de sal 100 grs. de manteiga Uma casca de limão (a receita original não leva) Noz-moscada (a receita original não leva).

Levar todos os componentes ao lume a ferver, excepto a farinha.Ao levantar fervura, mistura-se-lhe a farinha, mexendo com uma colher de pau, o mais rápido possível. Quando estiver feita em forma de bola, retirar para cima de uma superfície fria. Logo que esteja fria, estende-se com o rolo, polvilhando com farinha.

Ingredientes:

carne estufada farinha salsa picada cebola azeite


Picar a carne e reservar o molho. Num tachinho fazer um refogado com o azeite e a cebola. Adicionar molho e a farinha fazendo uma espécie de béchamel. Juntar a carne e a salsa picada. Deixar apurar um pouco e já está pronto a aplicar nos rissóis.

Montagem dos rissóis:

Colocar colheradas de recheio sobre a massa, fechar e cortar os rissóis com ajuda de um corta-massas ou, na sua falta, usar uma tigela. Passar por ovo batido e pão ralado e levar ao congelador (se for para servir no dia não precisam de congelar).

Bolinhos de bacalhau Rosa Manuela Barbosa Bessa Ingredientes 600 grs. de bacalhau demolhados 400 grs. de batata cozida 2 dentes de alho amassados 1 unidade de gema de ovo quanto baste de sal quanto baste de salsinha picadas) quanto baste de farinha de trigo quanto baste de óleo de soja 1 unidade de pimentão vermelho


1 unidade de clara de ovo batida Modo de preparação:

Coloque o bacalhau em água fervente e deixe levantar fervura. Depois, escorra e espere esfriar. Em seguida, desfie o bacalhau. Misture as batatas reladas, o bacalhau, a gema de ovo, a clara, o alho e a salsinha picada Misture bem e corrija o sal. Obs: se a massa não estiver dando liga, coloque um pouco de farinha de trigo. Modele os bolinhos.

Pataniscas de bacalhau Rosa Manuela Barbosa Bessa Ingredientes: Bacalhau salsa cebola ovos farinha


sal e pimenta água gaseificada água de cozer o bacalhau óleo para fritar

Preparação:

Faz-se o bacalhau em lascas. Pica-se muito bem a salsa e a cebola. À farinha juntam-se os ovos e mexe-se tudo. Junta-se a salsa e a cebola e rectifica-se de sal e pimenta. Junta-se a água de cozer o bacalhau, o bacalhau, e, em último, a àgua gaseificada. Mexe-se bem. Frita-se às colheradas em óleo bem quente, deixando escorrer sobre papel absorvente.


Rabanadas Aroa Freije Torneiro Ingredientes: 6 rebanadas de pan de molde 400 ml de leite 6 ovos 60 gr de azucre 9 culleradas de aceite de oliva 6 culleradas de mel Un pelizco de canela moĂ­da Unha pizca de menta.

Preparativos:

Cortar as rebanadas de pan de molde ĂĄ metade. Verter400 ml de leite nunha fonte. Incorporar 60 gr. de azucre e un pouco de canela, o leite e mesturalo ben.Empapar o pan no leite e colocalo nun prato. Bater o ovo na fonte do leite


e pasar o pan polo ovo.

Elaboración: Quentar 9 culleradas de aceite de oliva nunha tixola a fogo lento. En canto o aceite estea quente, poñer a fritir o pan. Unha vez dourado por un lado, darlle a volta. Pasar as torrixas a unha fonte con papel de cociña para que absorva o exceso de aceite. Fnalmente, serve as torrixas nun recipiente e decóraas con follas de menta para lles dar un toque refrescante. A seguir, rociar con mel e xa estarán listas para comer.

Torta de queixo Alfonso José Chas Seijas

Ingredientes: 4 queixiños 3 ovos 1 cartón de nata líquida pequeño 1 culleradiña de royal ou lévedo 1 iogur natural Polo envase do iogur, medir: 1 de azucre 1 de fariña


1 de leite

Preparación: Bátese todo xunto e métese no forno a 220º de 30 a 40 minutos, nun molde bañado con manteiga.

Bon apetito!!!


Saboreando as línguas