Suxestións nadal 2017 2018

Page 1

SUXESTIÓNS DE lECTURAS PARA NADAL 2017 BIBLIOTECA DO IES RIBEIRA DO LOURO


“NADAL: TEMPO DE LECER, TEMPO DE LER”  NADAL NOS LIBROS  - LA SONRISA DE LOS PECES DE PIEDRA, Rosa Huertas (XIV Premio Anaya 2017) Noveliña xuvenil que fala dos segredos familiares. Jaime, un rapaz de 16 anos, sensible, que vive a música (interpreta e compón), terá que descubrir a verdadeira identidade do seu pai, algo que a súa nai xamais lle revelou.

- ILEGAL, Eoin Colfer e Andrew Donkin, con ilustracións de Giovanni Rigano. Para todas as idades. Novela gráfica que quere facernos reflexionar e comprender o tema da inmigración a través da situación vivida por Ebo, un rapaz que sobrevivirá no deserto do Sáhara ata chegar a Trípoli e se mergullará nas augas do Mediterráneo disposto á aventura ata chegar a Europa.

- ME DUELE LA LUNA. Olga Lalín e Esther Medraño. Un libro para o público en xeral que aborda o autismo dende unha doble perspectiva: a testemuña directa da familia e a visión da terapeuta. Me duele la luna quere ser unha ventá para comprender as dificultades que conleva a condición pero tamén unha chamada de atención para concienciar no respecto e igualdade de dereitos das nenas e nenos con diversidade.

- BAJO EL ÁRBOL DE LOS TORAYA, Philippe Claudel. Adultos ou bos lectores. O autor de Almas grises e A neta do señor Linh relátanos esta historia en que o protagonista, un cineasta de cincuenta anos, afectado pola morte do seu mellor amigo, reflexiona sobre esta e o misterio da vida, e sobre a intimidade das persoas. Un canto á amizade e ao amor de gran beleza.


- EL MÓVIL, Javier Cercas. Adultos. Primeira novela do autor, escrita na xuventude. Metaliteratura en estado puro, fálanos do proceso creativo, da ética do autor, das relacións humanas… Serve de base á película El autor, recentemente estreada.

- CIEN AÑOS DE SOLEDAD, Gabriel García Márquez. Bos lectores, adultos. Un clásico indiscutible da novela hispanoamericana ilustrado maxistralmente por Luisa Rivera, que nos mergulla no mundo do realismo máxico creado en torno á saga familiar dos Buendía.

- CEIBA DE LUZ, M. Lourenzo González. Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. Unha aventura pola selva amazónica en busca do mítico Eldorado non exenta de intriga que pon ó límite a convivencia entre as persoas nun fondo de natureza e cultura ancestral.

- 22 SEGUNDOS, Eva Mejuto. Xuvenil. É o tempo que tarda en subir á rede o arquivo filmado polo seu protagonista, Álex, un rapaz que sofre identidade de xénero. O autor consegue que empaticemos con este tipo de persoas silenciadas e denigradas por unha sociedade inxusta e intolerante.

- LUNS, Eli Ríos. Premio “Torrente Ballester” de narrativa en lingua galega 2016. Novela que pretende conmover a partir da situación persoal da protagonista, Nerea, unha muller como calquera, feliz ata que lle foi diagnosticado un cancro de mama e terá que resolver asuntos pendentes coa certeza do fin.


- O NENO MARIÑEIRO, Bernardino Graña. Bos lectores. Un clásico que merece ser lido pola excepcional prosa dun gran autor. Narra de forma autobiográfica a infancia dun rapaz, Elías, de Cangas, nos difíciles anos da guerra civil, sendo unha crónica que retrata a Galicia rural e mariñeira dun xeito engaiolante pola rica linguaxe coa que fala das relacións entre os veciños e os familiares, da fame, do tempo, da emigración, da chegada da luz eléctrica, da vida no mar…

- A ARTE DE TROBAR, Santiago Lopo. Premio Xerais de Novela 2017. Interesante novela de intriga en pleno século XIII, cando os trobadores percorren o Camiño de Santiago e andan a compoñer as cantigas galaico-portugesas. Inquisición, códice oculto, herexía, alquimia, loitas de poder… todo mesturado cun ritmo áxil e con humor.

- LA VIDA NEGOCIABLE, Luis Landero. Adultos. Un perruqueiro, Hugo Bayo, como se dun relato autobiográfico e picaresco se tratase, conta á súa clientela a súas vivencias dende a adolescencia ata o momento actual. Amor, humor, éxitos e fracasos, xuntos para facerse un oco no mundo e reconciliarse consigo mesmo.

- SIEMPRE SERÁ DICIEMBRE, Fátima Embark e Mercedes Murillo. Premio Gran Angular de Narrativa Xuvenil, 2017. Unha novela sentimental, intensa e conmovedora, que irá despexando incógnitas e mentiras, para lembrarnos que, por moi duro que sexa o inverno, sempre volve a primavera, e que non debemos gardar para mañá o amor que sentimos hoxe.

- TRAS LA SOMBRA DEL BRUJO, Francisco Díaz Valladares. Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2016. Novela de aventuras no corazón de África, protagonizada por un xove africano que marchou cos seus pais a vivir a EEUU e volve á procura dun pasado ancestral. De fondo, problemática do medio ambiente, choque de culturas, amor… con breves reflexións filosóficas ao inicio de cada capítulo.


- MURIEL, María Canosa. Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. A partir de 9 anos. Para ler mainiño pola noite, antes de dormir ou de soñar. Muriel é un neno que bota de menos á súa avoa, os agarimos, que non pode durmir… ata que coñece un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro…

-NOITE DE TEMPORAL, Manuel Núñez Singala. Xuvenil, para máis de 14 anos. Novela de aventuras, ben documentada, narra o ocurrido na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 ao vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, cando tivo que afrontar un terrible temporal nas costas galegas e de fondo, a solidariedade, a valentía das xentes en momentos difíciles.

- ZAPATILLAS ROTAS, Xabier Quiroga. Premio Nacional da Crítica 2015. A novela céntrase nun ancián, Xaquín Amoedo, que foxe da residencia xeriática cando aparece un misterioso home, para tentar revivir unha vida marcada pola guerra e a violencia. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados.

- DEMOS DE VERÁN, Miguel Vázquez Freire. Novela de corte policíaco, de enredo, onde o tema político e o relixioso, esotérico e real, envolven ó lector ata a última liña.

-ONCE PORTAS, Héctor Cajaraville. Premio Narración Curta de Lugo, 2016. Calquera idade.

Ánxel

Fole

de

As once portas son as que nos introducen nun misterio de artes proféticas e divinatorias que o protagonista, Guillerme Cardelle, deberá afondar para darlle pleno sentido e que cambiará a súa vida.


- ARRANCAD LAS SEMILLAS, FUISLAD A LOS NIÑOS, Kenzaburo Oé. Primeira novela do autor. Cun estilo poético inconfundible narra as andanzas dun grupo de adolescentes dun reformatorio que será evacuado en plena guerra a unha aldea remota da montaña. Aillados de todos por mor dunha epidemia, e ante a necesidade de facerse a sí mesmos dende a soidade na procura da autonomía persoal, nacerá a solidariedade e o compañerismo para facer fronte ao medo.

 NADAL NO CINE  -LA CHICA QUE SALTABA A TRAVÉS DEL TIEMPO. Película xaponesa de animación para todas as idades. A protagonista, Nakoto Konno, descobre o poder que ten para manexar o tempo e cambiar os feitos da vida cotiá, aínda que iso ten consecuencias non sempre desexadas.

- YOUR NAME. Película xaponesa de animación para todas as idades. Un rapaz de cidade de Tokio, chamado Taki, e unha rapaza de campo, Mitsuha, non están contentos nin conformes coa realidade na que viven e cada un soña a vida do outro. O mundo dos soños supera o mundo real e trascende as súas coordenadas espazo-temporais.

- ASSASSIN´S CREED. A partir de 12 anos. Película baseada no videoxogo homónimo. Acción e aventura que nos fai viaxar no tempo ata o século XV. O protagonista descobre que é descendente dunha saga de asasinos.

- SPARROWS (GORRIONES). Adultos e maiores de 16 anos. Concha de Oro á mellor película no Festival de San Sebastián, de Varsovia e Saõ Paulo, e ao mellor director no Festival de Chicago. Un adolescente de 16 anos de familia desestruturada debe marchar xunto ao seu pai lonxe de Reikiavik, onde crecerá a partir das duras e difíciles vivencias nese tempo nunha natureza plena de beleza, pero tamén de soidade e adversa.


- LADY MACBETH. Un clásico do mellor Shakespeare. Unha muller forte que tenta loitar contra unha sociedade ríxida en que a muller non pode decidir con quen quere vivir e casar nin ten autonomía para forxar o seu propio destino.

- DIFRET. Drama xudicial para todos os públicos. Unha nena etíope de 14 anos é raptada para casar e deberá loitar para conseguir o respeto aos seus dereitos.

- UN MONSTRUO VIENE A VERME. Para todos os públicos. Un neno que sofre acoso escolar deberá enfrontarse á enfermidade da súa nai e loitar co seu propio monstro, unha árbore milenaria que revive e o envolve no pesadelo da imaxinación.

- CAPTAIN FANTASTIC. Para todos os públicos. Un home (Viggo Mortensen) e a súa muller crían aos seus seis fillos nos bosques remotos de EEUU, alonxados da civilización, da vida moderna, e en definitiva, da sociedade de consumo. Unha forma de vivir e de pensar diferentes que terán que cambiar ante unha nova inesperada.

- PATERSON: Unha homenaxe ás pequenas cousas. Un conductor de autobús que vive en Paterson, Nueva Jersey, vai pasando a vida sempre coa mesma rutina. Sen embargo, observa detidamente o mundo que lle rodea, o que lle serve de inspiración dos poemas que vai escribindo nunha libreta. Unha película que nos ensina que a poesía ofrece unha nova forma de mirar o mundo e que pode estar en calquera de nós.


 


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.