Page 1

AS MULLERES NAS LETRAS Os alumnos de 4º ESO, que cursan “Plástica”, guiados polo seu profesor Javier Díaz, realizaron debuxos das catro mulleres homenaxeadas na festa das Letras Galegas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrero Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2017), empregando a técnica do puntillismo. Con estes debuxos acompañados de frases célebres das escritoras e de fragmentos das súas obras montáronse dous cartaces que estiveron expostos na entrada do instituto. O profesor Javier Rodríguez, de Bioloxía, deseñou e montou os cartaces. As profesoras, Isabel Cota, de Inglés, e Mª Carmen Trigo, de Lingua Galega, seleccionaron as citas das escritoras e os fragmentos das súas obras.

Rosalía de Castro (1963)

“É feliz o que soñando, more. Desgraciado o que more sen soñar.”Rosalía de Castro

“Que bela e caprichosa é a alegría.” Rosalía de Castro


Unha vez tiven un cravo Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica…, seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…

Follas Novas. Rosalía de Castro


Francisca Herrero Garrido (1987)

“A cultura é á muller o que os invernadeiros para as plantas: aire e quentar; é dicir: vida.”

“A muller en Galicia é a pedra cemental deste pazo feiticeiro, que nomeamos “melloramento de clases”: é dicir: progreso.” A muller que se dedica a traballos bastos non permitirá xamais que os seus fillos medren na mesma condición de servo e mártir.” Francisca Herrera Garrido (Adaptado 1921 artigo: “A muller galega” “Nós” nº 6. Revista)


NÉVEDA (Introdución).

"Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado! couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus defectos. E aqueles que non entenden os meus falacios, e se sintan no propio Iar alleos, relembren que nasceron en Galicia; que eiquí atallecerán fillos e netos; que dormen nesta terra, aloumiñadas, as cinzas brancuxadas dos seus deudos” Francisca Herrera Garrido


María Mariño (2007)

“ Amiga que es de todos por ninguén esquecida. ” A morte. María Mariño. Do poema “A morte” en: Verba que comeza (póstumo)


Poema 28

Está caendo primaveira,

a

folla

i

en

min

nace

Quen entenderá este mar vello? Como digo onte sendo hoxe? Como farto a miña verba do nacer que xa pasou! Como reino nas migallas onde medrei un bon día! Como piso forte sendo branda? Como digo si si o non está escoitando? Quen entenderá este mar vello? Medro, medro e non sei onde parar.

Queda hoxe o chan soio muxindo a pegada do tempo. Mesturadas fariña,

terras

peneiran,

fariña que non fai masa. Rebélanse as ondas ós mares, os ríos afogan a pradeira seca, os camiños non se atopan. Quen entenderá este mar vello? É outono i en min nace primaveira. Quen o entenderá?

Presa xa e ceguiña no cume lévame, lévame ó chan a verba.

Verba que comeza. María Mariño

peneiran


María Victoria Moreno (2017)

“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente una historia de amor.” María Victoria Moreno (1993 – Congreso de Poetas Alófonos en Lingua Galega)


Xa non teño medo! (fragmento) Eu durmo na bufarda porque son malo, porque esperto de noite e porque falo. Mais mamá dixo que podía chamala de ser preciso. Anque os primeiros días pasei ben medo coas sombras, cos ruídos e co silencio, souben axiña que a noite é unha festa moi divertida. Cando a nai mata as luces nace un silencio que é redondo e escuro, mais non dá medo

Cómpre afacerse e as faíscas e as voces logo aparecen O reloxo da sala óese ao lonxe e eu agardo entre as sabas que cante as doce, para que saian os diabriños que viven na miña casa. No armario máis pequeño teño tres gatos, un canciño de seda e dez lagartos. Dormen de día e polas notes traman mil ousadías Eu conto, ti cantas…María Victoria Moreno

As mulleres nas letras (montado coa introdución, imaxes e obras)  
As mulleres nas letras (montado coa introdución, imaxes e obras)  
Advertisement