Page 1

RECEITAS DE COCIÑA

Paula e Marta


Pois como a data dentroido xa fai pouco que acabou, recopilamos un par de receitas para o blog. Son de ORELLAS, ROSCÓN DE REIS, EMPANADA DE MAZÁ e FILLOAS, un postre moi conocido en Galicia. Aquí as tedes:

FILLOAS Ingredientes: - 5 ovos - 2 litros de leite - 200 gramos de fariña - Un cacho de touciño ou manteiga - Sal e azucre

Elaboración: Bate os ovos e mestúraos co leite e coa fariña, ata que quede feita unha crema líquida. Engade un chisco de sal. Despois colle o fiolleiro ou unha tixola e úntaa cun touciño ou manteiga. Reparte ben a crema líquida por toda a superficie intentando que a filloa quede fina. Cando os bordes se despeguen sós, é que xa está dourada por un lado, así que dalle a volta ata que se dore outro pouco. Ao sacálas da tixola, bótalles un pouco de azucre.


ORELLAS Ingredientes: -1 ovo enteiro -2 xemas e 2 claras montadas -1 vaso de leite - Medio quilo de fariña - 100 gramos de azucre - 50 gramos de mantaiga fundida - Unhas pingas de anís - A rela dun limón

Elaboración: Mestura todos os ingredientes nun recipiente ata conseguir unha pasta compacta que non se pegue nas mans. Tápaa e déixaa repousar unha hora. Despois colócaa nunha superficie con fariña e estira a masa o máximo posible, intentando que quede unha masa moi finiña. Córtaa en forma triangular ou de ourella de porco e bótaa nuha tixola con abundante aceite (se é posible, de oliva). Cando estean douradas é que xa están listas. Retíraas a unha fonte e bótalles azuvre por riba.


ROSCÓN DE REIS

Igredientes: -1 quilo de fariña -8 ovos - 1 vaso de leite - 300 gramos de azucre - 200 gramos de levadura prensada - 200 gramos de manteiga - Unhas gotas de esencia de anís

Preparación: Mestúrase todos os ingredientes agás a fariña e a manteiga. Amásase até que non se pegue nas mans e déixase pousar durante media hora.


EMPANADA DE MAZÁ Ingredientes: - Masa follada - Medio quilo de mazá - Medio quilo de azucre

Preparación: Móndanse as mazás, córtanse en gallos, e logo mésturase co azucre e utilízase como recheo da empanada


FIN

Receitas de cociña  

Traballo Escolar

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you