Page 1


VERDESCURO Coordinan: Jesús Castro Yáñez Sonia Marpez Colaboran: Tamara Andrés · Antón Blanco Casás · Jesús Castro Yáñez · Alba Cid · Olalla Cociña · María do Cebreiro · Álvaro Domínguez · David Durán · Basura Especial · Maider Jiménez · Sonia Marpez · Celia Parra · Paula Pérez · Ismael Ramos

Outubro 2015 / Octubre 2015


Verdescuro xorde unha tarde nun vagón de tren que se afastaba

demasiado

rápido

de

Galicia.

Nestas

páxinas

reunímonos como creadores nados ou residentes nesta terra, para mostrar a través de imaxes e palabras a experiencia de como é medrar nela, vivila e botala de menos cando se atopa lonxe. Desta simbiose de terra e ser é da que aquí estamos a falar. De canto no persoal é costume, do que hai de político na memoria, de como se estratifican os círculos concéntricos dun lugar vivido, de como eliximos chamarlle ao son que fan as pegadas da xente nas fotografías. De nós: ese camiño.

Verdescuro nace una tarde en un vagón de tren que se alejaba demasiado rápido de Galicia. En estas páginas nos reunimos como creadores nacidos o residentes en esta tierra, para mostrar a través de imágenes y palabras la experiencia de cómo es crecer en ella, vivirla y echarla de menos cuando se encuentra lejos. De esta simbiosis de tierra y ser es de la que aquí hablamos. De cuánto en lo personal es costumbre, de lo que hay de político en la memoria, de cómo se estratifican los círculos concéntricos de un lugar vivido, de cómo elegimos llamarle al sonido que hacen las huellas de la gente en las fotografías. De nosotros: ese camino.


/GALEGO/


A CIDADE Álvaro Domínguez Todo era verde onde fose que Santi botara a vista. E cada verde era diferente. O seu mellor amigo estudaba nunha cidade gris, natureza voluntariamente morta. Dicir que se vivía nela era un contrasentido. Estaba feita de ferro e, coma unha raza discriminada, a pedra residía onde a cidade nacera séculos antes, xénese da expansiva metrópole. Esquecida coma un neno esquece o seu nacemento. Máis alá do centro histórico o progreso fixera a súa conquista, elevándose ata ocultar o ceo, e con el a verdadeira luz. Pola contra, a zona vella da cidade onde Santi vivía era a cidade. Nas grandes urbes, o cancro dos seus cidadáns chegara a unha metástase imposible de vencer moito antes de que calquera puidera prevelo. Non había visionarios, ninguén que puidese —ou quixese—ver máis alá da estreita liña ante a que todos eles se paraban. Cidades de colectivos, non de individuos. As persoas non eran máis que xoguetes dun mal maior, figuras de acción que nunca saíran do seu envoltorio plastificado.


Santi sentíase afortunado. O lugar que elixira para convertelo no seu fogar durante os próximos cinco anos era unha utopía. Nela resumíanse eficazmente os presupostos que as grandes mentes do Renacemento esixían para o ceo na terra, a idea máis prosaica dun paraíso. O frío e húmido clima era un elemento máis, unha marca distintiva que había que entender e aceptar no seu contexto, do mesmo xeito que se aceptaba o típico casaría abandonado e a piques de derrubarse como outro sinal de identidade, xerme de relatos locais que convivían coa historia propiamente dita. O verde perenne mesturábase coas diferentes estacións, dando lugar a fermosas interpretacións da súa realidade. Era o protagonista e mailo decorado. E Santi un espectador. A fermosa imaxe que se lle presentaba ante a súa vista facía da súa obriga coma estudante unha carga difícil de aturar. Tomou aire e meteu a cabeza na súa mochila. Entre numerosos apuntes había dous libros, un de poesía e outro de estudo. O primeiro era para o lecer, o segundo para traballar. Durante uns minutos, incapaz de tomar unha decisión, quedou ameigado por dúas forzas de orixe irreconciliable: o desexo de namorarse cos versos da coñecida autora e mailo sentimento de obriga que o inclinaba a estudar para o próximo exame. Por un lado tiña unha peza da alma dunha artista, por outro unha parte do coñecemento dun sabio.


David Durรกn


Ambos autores escribiran sobre a mesma cidade

—a

súa—, sobre os mesmos cidadáns, cada un dende un punto de vista diferente, ningún máis preto da verdade que o outro. Aquela cidade era vista de moitas maneiras, tantas coma olladas botaban veciños e visitantes. As dos primeiros con aparente carencia de interese, quen ía telo vendo un día tras outro a mesma postal no inxusto escaparate da memoria? As dos segundos posuída pola saborosa curiosidade de quen se atopa cunha novidade. Ó ver a primeira nube que cubría o ceo, presaxio dunha tormenta que non descansaría ata o día seguinte, Santi preguntouse cantos renacementos ía soportar aquel mundo e, concretamente, aquela cidade, antes da súa derradeira morte; canto tardaría en escurecer aquel verde, fillo da terra e amante da pedra, á que recollía na súa anárquica aperta coa esperanza de posuíla por enteiro algún día. Santi non nacera alí. De feito, non levaba nela o tempo suficiente para considerarse a si mesmo ou esperar ser considerado un máis, pero gustáballe pensar que xa formaba parte da súa historia e, có paso do tempo, tal vez do seu futuro.


BOSQUEXOS PARA UN APARTAMENTO DE VERÁN Ismael Ramos 1. Retén esta primeira imaxe: o paxaro cae en picado, os reflexos do sol mancan sobre o mar no seu descenso. Emerxe. Anaquiños de sangue e prata no bico. Chegamos en coche. Vai calor. Quitas as gafas de sol. Ceamos peixe. Xa na cama, disme que non lembras nada. 2. Unha casa sen plantas. A auga ferve no fondo impoluto da pota. Despois de xantar, esforzareime por rascalo ata que sexa noso. Un bosquexo do meu rostro no espello do corredor. 3. Dende a ventá do dormitorio a praia vaise enchendo de xente e parasoles. É como coas luces da cidade á noite. Puntiños de cores ao lonxe. Ninguén detrás.


4. Somos unha desas familias que van á praia en días nubrados. No fondo toda a casa ule a iso. 5. Dime, para cando marchemos este lugar será noso? Quedará algo de nós aquí? Do contrario, négome a regresar cheos de branco. Porque desta ausencia está feita a area mollada e a cor das paredes. Inconquistable xa o sorriso en todas as fotos. 6. As nubes baixas cobren os fogos de artificio. Só vemos xurdir do outro lado da ría miñocas de luz que axiña se perden na espesura. Alimentan a tormenta. Rezo para que non chova coma os donos dos bares ó pé da praia. É unha oración sucia. Quero poder saír da casa cedo mañá e cravar o meu corpo no centro da calor. Despois, xantar fóra, observar a beleza reservada para os camareiros estivais, de mesa en mesa coma unha danza ou pombas que foxen. Regresar cheo de salitre á noite. Canso e sen nada que dicir. Esa é a nosa idea da felicidade: escoitar o estalido, pechar os ollos, romper lonxe.


Maider JimĂŠnez


ISTO NON É UNHA TRAXEDIA Paula Pérez De todos os lugares do mundo, é a ela a quen sempre quererei volver. Terra infinita que se suicida en cantís, mar enfadado que se deita temperán. Ondas que bailan ao ritmo do frío, choiva que cae polas costas de Vigo. Volcáns subterráneos, montañas dignas, lume que empuxa por escapar. Remuíños ao fondo do río, engulíndonos ata o mismísimo centro da terra nunha morte serena. Polo que a min respecta, a vida empeza e acaba aquí. Lembro a primeira vez que fun a Fisterra. Tiña 6 anos, e a miña nai xurárame que iriamos alí onde a terra acaba. Ningunha AP53 nos levaría ata aquel bordo do abismo, senón que conduciriamos o noso Ford Orion vermello polo ventre daquela serpe de asfalto que rodeaba as montañas, e esquivaba os eucaliptos, e descendía ao mar para logo escapalo. Ter 6 anos non é fácil sen un mapa. Para min o fin da terra era, literalmente, o fin da terra. Un road-trip por todo o globo terráqueo, atravesando todos os continentes imaxinables. Crin velo todo nesa viaxe, todo o que se pode atopar en calquera país deste mundo: os ríos, as montañas, o mar, os bosques, as -


cidades e os pobos, os edificios modernos e as construcións celtas, os animais asustados cruzando as estradas. Nada que non estivese aí podería estar en calquera outra parte, e nada no mundo existía que non estivese aí. Aquela paisaxe que empezaba

no

verde,

apostábao

todo

ó

vermello

e

desembocaba no azul. Así que o Ford vermello atravesou Turquía, Mongolia, Guatemala, e non me preguntes como, xúroche que navegou todo o Océano Atlántico para chegar a Fisterra. Unha viaxe eterna, náuseas no asento traseiro. Cando me baixei daquel coche e a miña nai me conduciu ata o cantil, o mundo podería terse replegado alí mesmo, como un avión de papel, e saír voando cara ao espazo exterior, que non me sorprendeu. Pois estar alí era para min como un premio a ese mariñeiro canso que nunca fun, a explosión das ondas contra as rochas que contiña toda a beleza da finitud das cousas. Porque Galicia, un día, acabou para min. E supoño que é iso o que lle permitiu preservar a súa beleza glacial e volcánica. O seu recendo a castañas en todos os meus outonos, o seu bafo e a súa neve e as súas fogueiras en todos os meus invernos, a alerxia de todas as miñas primaveras, e se me permites ser aínda un pouco máis cursi, o mar lapislázuli de todos os meus veráns. Desde que xa non vivo nela, as estacións non teñen máis sentido que o sentido de todo aquilo que perdemos.


Pero tes que saber, perder non é unha traxedia. Galicia non é miña no seu día a día, non a vexo anoitecer a miúdo, poucas veces vivo xa os seus marzos ou os seus outubros, pero vive na miña pel e nas entrañas e no sangue e nas veas que a conducen. Sei que este sitio marcarame para sempre. Vou deixala pero ela nunca me deixará. Aínda que vaia a outros países, viva outras cidades, son as súas rúas as que sempre buscarei, os edificios os que sempre quererei atopar, e súa a comida cuxo sabor sempre buscarei nos recunchos da miña boca.


NON É UNHA CUESTIÓN DE NOSTALXIA, SENÓN DE IRA María do Cebreiro Algún día teremos que explicar a inutilidade dos nosos brazos e a ignorancia das nosas mans. Teremos que explicar por que comezamos a admirar a beleza da lúa e nos volvemos cegos á súa utilidade, por que deixamos de bautizar as vacas co nome dos furacáns. Non é unha cuestión de nostalxia, senón de ira. A aldea non é un lugar de privilexio para o poema. O pouco que vimos manca e foi estragado. Os somieres de ferro son as chantas, os mobles dos cuartos novos tapábanse con sabas porque custaban moito e non se podían usar. O chan non é a terra. A terra medra infinitamente cara abaixo e o que non vemos dela é despiadado como a lava dos volcáns. Algún día teremos que explicar a crianza con apego, a lactancia a demanda, o ruralismo hipster, a cuota láctea, os hortos ecolóxicos, os cubos de plástico para a reciclaxe, a venda das aldeas, a industria cultural e os hoteis con engado, e aprender a ver en todo iso a típica ansiedade de quen se descoñece.


Sonia Marpez


PANORAMA ARDENTE Tamara Andrés A maioría do tempo fomos corpos envoltos en sal invadidos polo ardor que prendía en nós polas noites. Eramos nenos que xogaban a casar, a bicar, a fumar un pouco de todo: as moras da aldea, o recendo da herba húmida, o impacto de diferentes fríos sobre superficies palpitantes de calor. Os nosos ollos detíñanse sobre o horizonte atlántico; non viaxabamos máis aló dos camiñamos que nós mesmos teciamos con pedras, xiz, con bicicletas e, mentres todo, o canto dos grilos ben enfrascado nos petos dos pantalóns. Cando apañabamos caracois, ardían os eucaliptos. Fuxiamos correndo polas curvas dun terreo salvaxe. Zigzaguebamos. Observabamos as illas que se esparexían diante de nós e soñabamos con izarnos mutuamente nelas. Mais ergueron, ergueron, ergueron [muros]


e chamaron, e trouxeron, e viñeron e quedaron [persoas, persoas, persoas]. Roubáronnos o eterno verán, a natureza solitaria das esquinas; impedíronnos contemplar a inmensidade que nos salvaba. Alcanzáronnos as lapas. Queimámonos. Calaron os que tiñamos por eternos compañeiros. Devimos cinsa sepultada por poeira. Tivemos que darlle as costas ao mar. Agora agardamos a que se produza o desxeo para descubrirnos e para que a face da nosa terra quede de novo exposta unicamente a si mesma e a nós.


SIMILIA SIMILIABUS Alba Cid

óleo sobre tea, a avoa reproduce unha escena de millet a súa man dereita oscila tres veces, sementando cristais de sal ante a inminencia da tormenta, coma se a moeda do mar bastase para salvarnos. as nenas obsérvanos desaparecer en contacto co cemento do patio, e son xoias un fragmento de segundo, algo que sinalar cos dedos mentres se perde. a chuvia impide que os salmos se adhiran ás cativas e a man que foi péndulo volve á cadeira; como a caléndula, sabe repregarse. cando se pranta un bonsai disponse fóra do centro para facer espazo ao divino: así ela, conxurando o mal desde un vértice.


óleo sobre madeira, o pai di que recrutar é unha arte. garda moitas cousas para si: a hora en que a neve azulea sobre a orografía suíza, o primeiro dente da filla, o estalido do óso do peito garda silencio. nunca prantaría un bonsai. sabe despegar a sombra do corpo dos paxaros.

acrílico sobre papel, a filla repite similia similiabus1 mentres atravesa o patio. cando naceu, penduránronlle unhas cornas de vacaloura no pulso. un cento de quilómetros ao oeste, os mariñeiros recollen estrelamares para fertilizar a terra. ela descoñéceo. imprudente, colócase no centro e alza a vista, para capturar o brillo que foi da vía láctea. ______________________________________________________________ 1

Lei pola cal un animal ou forza maléfica non atacará a quen

leve sobre si unha parte dese animal ou forza.


BALTAR, 1:00 AM, AGOSTO Jesús Castro Yáñez Aquí quedamos poucos. Ensináronnos a pasar as horas facendo pouco ruído e así nos afixemos. Logo de ir nos deitar, se poñemos atención, podemos escoitar a noite rabuñándose polas silveiras. E todos, cada un no seu cuarto, pensamos nas palabras que quedan. Podemos escoitar as pantallas da néboa crebar esforzadas contra os tellados, escoitar unha abundancia de hedras cifrando a superficie dunha despedida. Escoitar, tamén, as peras madurando na árbore detrás da casa: expresións comezadas a aprender polo verán entusiasmado, cancións que acaban de prender. Detrás de todo iso hai un eco que nunca acaba e que nunca acabamos de coñecer e que di nós nós nós non somos moitos e buscamos unha palabra que non marche. Escoitamos atentos. Calamos coma quen camiña somnámbulo á desaparición dun lugar. Preguntan algo as agullas dos piñeiros ao bailar longamente cara os vértices do pasado, e é unha maneira de medrar deshabitada.


A noite trae palabras negras. Coma andoriĂąas felices nunha cova, coma os pneumĂĄticos poderosos dun tractor. Escoitamos a lingua negra da noite. Estivo comendo amoras.


[…] ceibaramos un can como figura salvaxe quen de conducir ao barco. Os dentes do animal sabían entón botarse ao océano cara a Sálvora guiar pequenas lanchas aos baixíos. Recuperaban ósos do mar metíanos a bordo e enfundábanos en sudarios como peixe mínimo. Comprendemos as lanchas como recolectoras de alimento / as lanchas saían e amoreaban náufragos guiadas polo can. É certo que xamais coñecimos ditas embarcacións para o seu uso senón para embestir con afogados recollelos e talvez


fotografiarlles o xesto para os xornais (deles cómpre dicir que portaban auga na boca) […] Antón Blanco Casás


KEPLER 452-B Celia Parra

24.07 Un rebumbio distorsionado de tambores roza a atmosfera de Kepler 452-b. Na superficie, apenas un tremor. Si o arreguizo. A resonancia metálica das ferreñas percorrendo o espazo ata 1.400 anos luz.

17.03 Flashback En Cygnus gravitan estrelas que só coñecen o frío. Corpos que unha vez fixeron súa a órbita da couza. Entre elas, un ardorosísimo astro arrastra o seu obstinato 385 días antes de voltar da capo ó sol. A cada volta, afina un punto máis as súas cordas, para cando poida por fin berrar.

25. 07 “Planeta”, alguén cantou dende lonxe. O ansiado nome abrazou a atmosfera. Ese día, en Kepler 452-b os volcáns ferveron con máis forza ca nunca. Lava e rocha nunha aperta das que só a vitoria é quen de prender.


15. 08 Un xémeo no envés do espello. O que unha vez foi cume medra, inverso e centrífugo, en cráter. Cando a disonancia harmoniza, cóncavo e convexo son só adxectivos para a mesma carencia.

10. 09 En Kepler 452-b coñecen ben a orixe dos camiños. Aprenderon a amar o fulgor extinto dun trazo pendurado a 400 anos luz. Fixeron del a súa única deusa. A Vía Láctea, principio, tinta branca.

11.09 Reafirmarse na linguaxe. Poboarse de ecos. Aprender de memoria a curvatura da órbita, os accidentes xeográficos, as estrelas, a historia. Xogar a pensar que pasaría con todo se, por un lixeiro tremor, o epicentro cambiase.


PRAIA DE CELEIRO Olalla Cociña Cantan os nenos a canto pagou o quilo el pelado de Canoura. Soben pola escada e esvaran pola pel do cachalote como un trampolín mortal. As chicas vestidas de branco, de domingo. Fotógrafo oficial para as familias ricas. No luscofusco, o pobo fantasma acende o transistor á mesma hora e treme. No ventre do animal, que vai desgaxando, proxéctase a película de Xonás: mira unha caveira, mira unhas botas de auga, mira un compás. Apartan da pel o sedimento agre, escoitan os laios dos náufragos os insomnes, desenlean luminosas poteras as mulleres que traballan nas fábricas polo día. Eternidade cantábrica, o grande inscríbese neste corpo de teatro que morre de risa e chora seguido. Nunca un bicho á maneira viran. Franco saudando desde o Azor, no medio e medio do mar, e o seu galano putrefacto á vila pobre e feliz. Como se saca a foto do fedor? Moito tardaron en retiralo de alí. A Paco de Proa retárono a comer medio quilo de carne, escolleron o cacho máis podre. Asegura Che da Regala, meu pai, que sae na foto rillando nel.


/CASTELLANO/


LA CIUDAD Álvaro Domínguez Todo era verde dondequiera que Santi mirase. Y cada verde era diferente. Su mejor amigo estudiaba en una ciudad gris, naturaleza voluntariamente muerta. Decir que en ella se vivía era un contrasentido. Estaba hecha de hierro y, como una raza discriminada, la piedra residía donde la ciudad había nacido siglos atrás, génesis de la expansiva metrópolis. Olvidada como un niño olvida su nacimiento. Más allá del centro histórico el progreso había hecho su conquista, elevándose hasta ocultar el cielo, y con él la verdadera luz. En cambio, la zona vieja de la ciudad donde Santi vivía era la ciudad. En las grandes urbes, el cáncer de sus ciudadanos había llegado a una metástasis imposible de vencer mucho antes de que cualquiera pudiese prevenirlo. No había visionarios, nadie que pudiera —o quisiera— ver más allá de la estrecha línea ante la que todos ellos se paraban. Ciudades de colectivos, no de individuos. Las personas no eran más que juguetes de un mal mayor, figuras de acción que nunca habían salido de su envoltorio plastificado.


Santi se sentía afortunado. El lugar que había elegido para convertirlo en su hogar durante los próximos cinco años era una utopía. En ella se resumían eficazmente los presupuestos que las grandes mentes del Renacimiento exigían para el cielo en la tierra, la idea más prosaica de un paraíso. El frío y húmedo clima era un elemento más, una marca distintiva que había que entender y aceptar en su contexto, del mismo modo que se aceptaba el típico caserón abandonado y a punto de derrumbarse como otra seña de identidad, germen de relatos locales que convivían con la historia propiamente dicha. El

verde

perenne

se

mezclaba

con

las

diferentes

estaciones dando lugar a hermosas interpretaciones de su realidad. Era el protagonista y el decorado. Y Santi un espectador. La bella imagen que se presentaba ante sus ojos hacía de su obligación como estudiante una carga difícil de soportar. Tomó aire y metió la cabeza en su mochila. Entre numerosos apuntes había dos libros, uno de poesía y otro de estudio. El primero era para el ocio, el segundo para trabajar. Durante unos minutos, incapaz de tomar una decisión, quedó embrujado por dos fuerzas de orígenes irreconciliables: el deseo de enamorarse con los versos de la conocida autora y el sentimiento de obligación que lo inclinaba a estudiar para el próximo examen. Por un lado tenía una pieza del alma de una artista, por otro una parte del conocimiento de un sabio. -


David Durรกn


Ambos autores habían escrito sobre la misma ciudad —la suya—, sobre los mismos ciudadanos, cada uno desde un punto de vista diferente, ninguno más cerca que el otro de la verdad. Aquella ciudad era vista de muchas maneras, tantas como miradas echaban vecinos y visitantes. La de los primeros con aparente carencia de interés, ¿quién lo tendría viendo un día tras otro la misma postal en el injusto escaparate de la memoria? La de los segundos, poseída por la sabrosa curiosidad de quien se encuentra con una novedad. Al ver la primera nube que cubría el cielo, presagio de una tormenta que no descansaría hasta el día siguiente, Santi se preguntó cuántos renacimientos llegaría a soportar aquel mundo y, concretamente, aquella ciudad, antes de su muerte definitiva; cuánto tardaría en oscurecerse aquel verde, hijo de la tierra y amante de la piedra, a la que recorría en su anárquico abrazo con la esperanza de poseerla por entero algún día. Santi no había nacido allí. De hecho, no llevaba el tiempo suficiente

para

considerarse

a

mismo

o

esperar

ser

considerado uno más, pero le gustaba pensar que ya formaba parte de su historia y, con el tiempo, tal vez de su futuro.


BOCETOS PARA UN APARTAMENTO DE VERANO Ismael Ramos 1. Retén esta primera imagen: el pájaro cae en picado, los reflejos del sol lastiman sobre el mar en su descenso. Emerge. Pedacitos de sangre y plata en el pico. Llegamos en coche. Hace calor. Te quitas las gafas de sol. Cenamos pescado. Ya en la cama, me dices que no recuerdas nada. 2. Una casa sin plantas. El agua hierve en el fondo impoluto de la cazuela. Después de comer, me esforzaré por rascarlo hasta que sea nuestro. Un boceto de mi rostro en el espejo del pasillo. 3. Desde la ventana del dormitorio la playa se va llenando de gente y sombrillas. Es como con las luces de la ciudad por la noche. Puntitos de colores a lo lejos. Nadie detrás.


4. Somos una de esas familias que van a la playa en días nublados. En el fondo, toda la casa huele a eso. 5. Dime, ¿para cuando nos marchemos este lugar será nuestro? ¿Quedará algo de nosotros aquí? De lo contrario, me niego a regresar llenos de blanco. Porque de esta ausencia está hecha la arena mojada y el color de las paredes. Inconquistable ya la sonrisa en todas las fotos. 6. Las nubes bajas cubren los fuegos artificiales. Sólo vemos surgir del otro lado de la ría lombrices de luz que enseguida se pierden en la espesura. Alimentan la tormenta. Rezo para que no llueva como los dueños de los bares a pie de playa. Es una oración sucia. Quiero poder salir de casa temprano mañana y clavar mi cuerpo en el centro del calor. Después, comer fuera, observar la belleza reservada a los camareros estivales, de mesa en mesa como una danza o palomas que huyen. Regresar lleno de salitre por la noche. Cansado y sin nada que decir. Esa es nuestra idea de la felicidad: escuchar el estallido, cerrar los ojos, romper lejos.


Maider JimĂŠnez


ESTO NO ES UNA TRAGEDIA Paula Pérez De todos los lugares del mundo, es a ella a quien siempre querré volver. Tierra infinita que se suicida en acantilados, mar enfadado que se acuesta temprano. Olas que bailan al ritmo del frío, lluvia que cae por las cuestas de Vigo. Volcanes subterráneos,

montañas

dignas,

fuego

que

empuja

por

escapar. Torbellinos al fondo del río, engulléndonos hasta el mismísimo centro de la tierra en una muerte serena. Por lo que a mí respecta, la vida empieza y acaba aquí. Recuerdo la primera vez que fui a Fisterra. Tenía 6 años, y mi madre me había jurado que iríamos allí donde la tierra se acababa. Ninguna AP-53 nos llevaría hasta aquel borde del abismo, sino que conduciríamos nuestro Ford Orion rojo por el vientre de aquella serpiente de asfalto que rodeaba las montañas, y esquivaba los eucaliptos, y descendía al mar para luego escaparlo. Tener 6 años no es fácil sin un mapa. Para mí el fin de la tierra era, literalmente, el fin de la tierra. Un road-trip por todo el globo

terráqueo,

atravesando

todos

los

continentes

imaginables. Creí haberlo visto todo en ese viaje, todo lo que se -


puede encontrar en cualquier país de este mundo: los ríos, las montañas, el mar, los bosques, las ciudades y los pueblos, los edificios modernos y las construcciones celtas, los animales asustados cruzando las carreteras. Nada que no estuviera ahí podría estar en cualquier otra parte, y nada en el mundo existía que no estuviera ahí. Aquel paisaje que empezaba en el verde, lo apostaba todo al rojo y desembocaba en el azul. Así

que

el

Ford

rojo

atravesó

Turquía,

Mongolia,

Guatemala, y no me preguntes cómo, te juro que navegó todo el Océano Atlántico para llegar a Fisterra. Un viaje eterno, náuseas en el asiento trasero. Cuando me bajé de aquel coche y mi madre me condujo hasta el acantilado, el mundo podría haberse replegado allí mismo, como un avión de papel, y salir volando hacia el

espacio exterior, que no me habría

sorprendido. Pues estar allí era para mí como un premio a ese marinero cansado que nunca fui, la explosión de las olas contra las rocas que contenía toda la belleza de la finitud de las cosas. Porque Galicia, un día, se acabó para mí. Y supongo que es eso lo que le permitió preservar su belleza glacial y volcánica. Su olor a castañas en todos mis otoños, su vaho y su nieve y sus hogueras en todos mis inviernos, la alergia de todas mis primaveras, y si me permites ser aún un poco más cursi, el mar lapislázuli de todos mis veranos. Desde que ya no vivo en ella, las estaciones no tienen más sentido que el sentido de todo aquello que hemos perdido.


Pero tienes que saber, perder no es una tragedia. Galicia no es mía en su día a día, no la veo anochecer a menudo, pocas veces vivo ya sus marzos o sus octubres, pero vive en mi piel y en las entrañas y en la sangre y en las venas que la conducen. Sé que este sitio me marcará para siempre. Voy a dejarla, pero ella nunca me dejará. Aunque vaya a otros países, viva otras ciudades, son sus calles las que siempre buscaré, los edificios los que siempre querré encontrar, y suya la comida cuyo sabor siempre buscaré en los rincones de mi boca.


NO ES UNA CUESTIÓN DE NOSTALGIA, SINO DE IRA María do Cebreiro Algún día tendremos que explicar la inutilidad de nuestros brazos y la ignorancia de nuestras manos. Tendremos que explicar por qué comenzamos a admirar la belleza de la luna y nos volvimos ciegos a su utilidad, por qué dejamos de bautizar a las vacas con el nombre de los huracanes. No es una cuestión de nostalgia, sino de ira. La aldea no es un lugar de privilegio para el poema. Lo poco que vimos lastima y fue estropeado. Los somieres de hierro son los chantos, los muebles de los cuartos nuevos se tapaban con sábanas porque costaban mucho y no se podían usar. El suelo no es la tierra. La tierra crece infinitamente hacia abajo y lo que no vemos de ella es despiadado como la lava de los volcanes. Algún día tendremos que explicar la crianza con apego, la lactancia a demanda, el ruralismo hipster, la cuota láctea, los huertos ecológicos, los cubos de plástico para el reciclaje, la venta de las aldeas, la industria cultural y los hoteles con encanto, y aprender a ver en todo eso la típica ansiedad de quien se desconoce.


Sonia Marpez


PANORAMA ARDIENTE Tamara Andrés La mayor parte del tiempo fuimos cuerpos envueltos en sal invadidos por el ardor que se prendía en nosotros por las noches. Éramos niños que jugaban a casarse, a besar, a fumar un poco de todo: las moras de la aldea, el aroma de la hierba húmeda, el impacto de diferentes fríos sobre superficies palpitantes de calor. Nuestros ojos se detenían sobre el horizonte atlántico; no viajábamos más allá de los caminos que nosotros mismos tejíamos con piedras, tiza, con bicicletas y, mientras tanto, el canto de los grillos bien enfrascado en el bolsillo de los pantalones. Cuando apañábamos caracoles, ardían los eucaliptos. Huíamos corriendo por las curvas de un terreno salvaje. Zigzagueábamos. Observábamos las islas que se esparcían ante nosotros y soñábamos con izarnos mutuamente en ellas. Pero levantaron, levantaron, levantaron [muros]


y llamaron, y trajeron, y vinieron y se quedaron [personas, personas, personas]. Nos robaron el eterno verano, la naturaleza solitaria de las esquinas; nos impidieron contemplar la inmensidad que nos salvaba. Nos alcanzaron las llamas. Nos quemamos. Callaron los que teníamos por por eternos compañeros. Devinimos ceniza sepultada por polvareda. Tuvimos que darle la espalda al mar. Ahora esperamos a que se produzca el deshielo para descubrirnos y para que la faz de nuestra tierra quede de nuevo expuesta únicamente a sí misma y a nosotros.


SIMILIA SIMILIABUS Alba Cid

óleo sobre tela, la abuela reproduce una escena de millet su mano derecha oscila tres veces, sembrando cristales de sal ante la inminencia de la tormenta, como si la moneda del mar bastase para salvarnos. las niñas los observan desaparecer en contacto con el cemento del patio, y son joyas un fragmento de segundo, algo que señalar con los dedos mientras se pierde. la lluvia impide que los salmos se adhieran a las muchachas y la mano que fue péndulo vuelve a la cadera; como la caléndula, sabe replegarse. cuando se planta un bonsái se dispone fuera del centro para hacer espacio a lo divino: así ella, conjurando el mal desde un vértice.


óleo sobre madera, el padre dice que reclutar es un arte. guarda muchas cosas para sí: la hora en que la nieve azulea sobre la orografía suiza, el primer diente de leche de la hija, el estallido del hueso del pecho guarda silencio. nunca plantaría un bonsái. sabe despegar la sombra del cuerpo de los pájaros. acrílico sobre papel, la hija repite similia similiabus1 mientras atraviesa el patio. cuando nació, le colgaron los cuernos de un ciervo volante en el pulso. un ciento de kilómetros al oeste, los marineros recogen estrellas de mar para fertilizar la tierra. ella lo desconoce. imprudente, se coloca en el centro y alza la vista, para capturar el brillo que fue de la vía láctea. _________________________________________________________________ 1

Ley por la cual un animal o fuerza maléfica no atacará a quien

lleve sobre sí una parte de ese animal o fuerza.


BALTAR, 1:00 AM, AGOSTO Jesús Castro Yáñez Aquí quedamos pocos. Nos enseñaron a pasar las horas haciendo poco ruido y así nos acostumbramos. Después de haber ido a acostarnos, si ponemos atención, podemos escuchar a la noche arañándose entre las zarzas. Y todos, cada uno en su cuarto, pensamos en las palabras que quedan. Podemos escuchar las pantallas de la niebla quebrar esforzadas contra los tejados, escuchar una abundancia de hiedras cifrando la superficie de una despedida. Escuchar, también, las peras madurando en el árbol detrás de casa: expresiones comenzadas

a

aprender

por

el

verano

entusiasmado,

canciones que acaban de prender. Detrás de todo eso hay un eco que nunca acaba y que nunca acabamos de conocer y que dice nosotros nosotros nosotros no somos muchos y buscamos una palabra que no se marche. Escuchamos atentos. Callamos como quien camina sonámbulo a la desaparición de un lugar. Preguntan algo las agujas de los pinos al bailar largamente hacia los vértices del pasado, y es una forma de crecer -


deshabitada. La noche trae palabras negras. Como golondrinas felices en una cueva, como los neumรกticos poderosos de un tractor. Escuchamos la lengua negra de la noche. Ha estado comiendo moras.


[…] habíamos soltado un perro como figura salvaje capaz de conducir al barco. Los dientes del animal sabían entonces echarse al oceáno hacia Sálvora guiar pequeñas lanchas a los bajos. Recuperaban huesos del mar los metían a bordo y los enfundaban en sudarios como pescado mínimo. Comprendimos las lanchas como recolectoras de alimento / las lanchas salían y amontonaban náufragos guiadas por el perro. Es cierto que jamás conocimos dichas embarcaciones para su uso sino para embestir con ahogados recogerlos y tal vez


fotografiar su gesto para los peri贸dicos (de ellos hay que decir que portaban agua en la boca) [...] Ant贸n Blanco Cas谩s


KEPLER 452-B Celia Parra

24.07 Un rebumbio distorsionado de tambores roza la atmósfera de Kepler 452-b. En la superficie, apenas un temblor. Sí el escalofrío. La resonancia metálica de las sonajas recorriendo el espacio hasta 1.400 años luz.

17.03 Flashback En Cygnus gravitan estrellas que sólo conocen el frío. Cuerpos que una vez hicieron suya la órbita de la polilla. Entre ellas, un ardorosísimo astro arrastra su obstinato 385 días antes de volver da capo al sol. Cada vuelta, afina una pizca más sus cuerdas, para cuando pueda por fin gritar.

25.07 «Planeta», alguien cantó desde lejos. El ansiado nombre abrazó la atmósfera. Ese día, en Kepler 452-b los volcanes hirvieron con más fuerza que nunca. Lava y roca en un abrazo de los que sólo la victoria es capaz de prender.


15.08 Un gemelo en el envés del espejo. Lo que una vez fue cumbre crece, inverso y centrífugo, en cráter. Cuando la disonancia armoniza, cóncavo y convexo son sólo adjetivos para la misma carencia.

10.09 En Kepler 452-b conocen bien el origen de los caminos. Aprendieron a amar el fulgor extinto de un trazo colgado a 400 años luz. Hicieron de él su única diosa. La Vía Láctea, principio, tinta blanca.

11.09 Reafirmarse en el lenguaje. Poblarse de ecos. Aprender de memoria la curvatura de la órbita, los accidentes geográficos, las estrellas, la historia. Jugar a pensar qué pasaría con todo si, por un ligero temblor, el epicentro cambiase.


PLAYA DE CELEIRO Olalla Cociña Cantan los niños a cuánto ha pagado el kilo el pelado de Canoura. Suben por la escalera de mano y resbalan por la piel del cachalote como un trampolín mortal. Las chicas vestidas de blanco, de domingo. Fotógrafo oficial para las familias ricas. En el atardecer, el pueblo fantasma enciende el transistor a la misma hora y tiembla. En el vientre del animal, que va mermando, se proyecta la película de Jonás: mira una calavera, mira unas botas de agua, mira un compás. Apartan de la piel el sedimento agrio, escuchan los lamentos de los náufragos insomnes, desenredan luminosas poteras las mujeres que trabajan en las fábricas de día. Eternidad cantábrica, lo grande se inscribe en este cuerpo de teatro que se muere de risa y llora sin interrupción. Nunca habían visto una criatura semejante. Franco saludando desde el Azor, en el mismo medio del mar, y su obsequio putrefacto a la villa pobre y feliz. ¿Cómo se saca la foto del hedor? Tardaron mucho en retirarlo de allí. A Paco de Proa lo retaron a comer medio kilo de carne, escogieron el trozo más podrido. Asegura Che da Regala, mi padre, que sale en la foto mordisqueándolo.


VERDESCURO  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you