Page 1

CONCURSO LITERARIO CARLOS CASARES CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL O FACHO Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participarom ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, faise a convocatoria para 2012 do Concurso Literario Carlos Casares e en afectuosa homenaxe ao primeiro gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa fermosa obra A galiña azul que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil Galega.

BASES 1. Poderán participar rapaces e raparigas que apresenten as súas obras en lingua galega. Os traballos apresentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión. 2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2012 ás doce da noite. 3. A apresentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural "O Facho", R/ Federico Tapia,12-1º, 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos. 4. No caso en que sexan os centros escolares os que apresenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous trabalhos por categoría, calquer outro terá que ser apresentado individualmente. 5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedimento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquer outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan seren cedidos a Asociación Cultural "O Facho" por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xuri. 6. Máis alá da orixinalidade literaria, o xuri valorará a riqueza lingüística e o coñecimento gramatical reflectido nas obras. 7. Estabelecense dúas categorías: Categoría A: Nenos e nenas de 6 a 12 anos. Categoría B: Nenos e nenas de 13 a 16 anos. 8. As cuantías dos premios serán as que seguen: Categoría A: 1º- 400 € en efectivo 2º- 400 € en efectivo Categoría B: 1º- 500 € en efectivo 2º- 400 € en efectivo 9. Cada autor só poderá apresentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión: Categoría A: Un máximo de cinco folios Categoría B: Un máximo de dez folios 10. As obras teranse que apresentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampeadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos: Nome e apelidos do autor/a. Enderezo e teléfono. Correo electrónico. Centro onde cursa os seus estudos. Categoría na que participa. 11. Os premios serán escollidos por un xuri nomeado pola Asociaçom Cultural "O Facho" en fallo que se fará público no mes de maio. 12. O xuri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se apresenten e que non estean contempladas nestas bases, ben como as dúbidas na súa interpretación. 13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

Concurso Literario Carlos Casares  

Concurso Carlos Casares O Facho 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you