Page 1

CONCURSO

50 ANOS DE LETRAS GALEGAS O Equipo de Dinamización e Normalización LingÜística do IES de PONTECESO organiza un concurso co gallo da celebración do cincuenta aniversario da celebración do Día das Letras Galegas BASES • Formaranse equipos de dous ou tres alumnos. • O equipo terá un nome orixinal e inscribirase falando co Xefe do Departamento de Dinamización. • O concurso consistirá en atopar a identidade dos autores e autoras

homenaxeados nos cincuenta

anos de

Letras

Galegas a partir de afirmacións ou preguntas. As respostas deberán buscarse nos carteis da exposición, 50 anos de Letras Galegas, que se atopa no andar do primeiro edificio. • Haberá copias das afirmacións e preguntas no mostrador da Biblioteca. • Os participantes Terán quince días a partir do 1 de xuño para entregar as respostas. • No caso de contestar correctamente as cincuenta preguntas será gañador o grupo que entregue antes as respostas.

PREMIOS


• 1º PREMIO: Un vale de 100 euros para comprar libros ou calquera outro material escolar máis outros 100 euros en metálico. • 2º PREMIO: Un vale de 50 euros para comprar libros ou calquera outro material escolar máis outros 50 euros en metálico. • 3º PREMIO: un vale de 50 euros para comprar libros ou calquera outro material escolar.

Concurso 50 anos de letras galegas  

concurso 50 anos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you