Page 1

Préstamo 

Pódense levar a casa ata tres libros. 



O período  máximo  de  préstamo  é  de  15  días.  Transcorrido  ese  tempo,  o  li‐ bro poderá ser renovado unha vez se é  libro de lectura obrigatoria e 2 veces se  non o é. 



Devolucións: os  libros  deberán  ser  de‐ positados  no  caixón  de  devolucións  que está xunto a mesa do profesor. 



Todas as operacións de préstamo que‐ darán rexistradas no ordenador. 



DEMORA: A biblioteca poderá notificar  ben  directamente,  a  través  da  titoría  ou  avisando  aos  pais  ou  titores  legais  do  alumnado  as  devolucións  fóra  de  prazo. 





Deterioro ou perda: neste caso deberá  procederse á súa reposición ou ben ao  pago en metálico do libro extraviado. 

IES MONTE DAS MOAS

8    NG 

7     9 

BIBLIOTECA

Guía de Uso  Curso 2013/14 

1     2  3   5   Guía de Uso 

Axuda á Docencia 

A biblioteca  poderá ser utilizada como aula  de traballo  cando o profesorado o necesite.  Na  sala  atoparedes  todo  o  material  necesa‐ rio    ou  diversos  recursos  para  traballar  as  competencias  básicas,  os  contidos  transver‐ sais…  Realizamos préstamos para as aulas e  se necesitades algo  pedídenolo!  ESTAMOS AO SERVIZO DA COMUNIDADE  EDUCATIVA. 

Plano da nosa biblibioteca ...E non deixedes de visitar o blog do noso club de lec‐ tura       “LECTURAS REBULDEIRAS “ en   http://lecturasrebuldeiras.blogspot.com.es/  


Biblioteca  IES Monte das  Moas 

COMO BUSCAR? 

DESCRICIÓN   A  nosa  biblioteca  está  situada  na  ala  esquerda do centro, na planta baixa, a  escasos metros da entrada principal e  fronte a cantina.  Contamos  con  19  postos  de  traballo  ou  estudo  individual,  7  de  lectura  in‐ formal  e  4  postos  de  ordenadores  á  disposición  do  alumnado,  proxector  e  diversos  taboleiros  de  carácter  infor‐ mativo.  O  noso  catálogo  consta  duns  10.000  rexistros  que  estamos  actualizando  grazas ao Proxecto Meiga, ao que per‐ tencemos,  e  co  que  podemos  facer  buscas de todos os nosos fondos polos  campos  máis  comúns:  autor,  título,  materia,  editorial,  así  como  informar‐ nos das novidades.   

Na sala  Todos os libros están ordenados segundo a  CDU ( Clasificación Decimal Universal). Este  sistema,que  atoparás  na  meirande  parte  das bibliotecas, baséase na división de todo   o  coñecido  en  10  grupos  ou  seccións  que  engloban as materias principais:  0. 

Xeneralidades: Enciclopedias e dicio‐ narios. 

1.

Filosofía. Psicoloxía . Ética 

2.

Relixión. Mitoloxía 

3.

Ciencias Sociais:  Socioloxía,  Econo‐ mía, Dereito … 

4.

(Baleiro)

5.

Ciencias Puras:  Matemáticas,  Cien‐ cias Naturais, Física, Química, Biolo‐ xía … 

6.

Ciencias Aplicadas: Medicina, Tecno‐ loxía, Informática 

7.

Arte. Deporte. Música 

8.

Lingua e literatura  

9.

Xeografía e Historia 

Entón, os libros do mesmo tema teñen no  lombo  unha  etiqueta  que  comeza  polo  mesmo  número.  Podedes  localizalos  coa  axuda dos sinais que hai nos andeis.  

Lembrade que temos organizados os libros  de  literatura  cunha  CDU  personalizada  e  simplificada para facilitar a localización:   Así :           

N:  Narrativa en Castelán  NG: Narrativa en Galego  T: Teatro en Castelán  TG: Teatro en Galego  P: Poesía en Castelán  PG: Poesía en Galego 

As etiquetas  dos  libros  dinnos  onde  está  colocado  o  libro:  a  materia,  o  autor  e  o  título. Por exemplo:   

         Narrativa en galego  QUE                     Queizán, Mª Xosé  NG 

amo

                  Amor de Tango 

Dende a casa   Unha vez que teñamos todos os rexistros  actualizados,  poderedes  facer  unha  busca  do  libro  que  vos  interese  desde  calquera  ordenador utilizando a seguinte ligazón: 

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/  

Guiausobiblio  

Unha pequena gúia do uso da nosa biblioteca. Cusro 2013-14

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you