Issuu on Google+

Departamento de XeografĂ­a e Historia

-1-


Departamento de Xeografía e Historia

SANTIAGO DE

COMPOSTELA

No ano 813 un ermitán ve preto dun castro unhas luces enriba dunhas silvas, abraiado ante o prodixio comunícalle ó bispo de Iria, Teodomiro, que levado o lugar atopa un sartego que identifica como o do Apóstolo Santiago. A nova de que o corpo do Apóstolo Santiago xacía en Galicia propágase cunha grande rapidez por tódo o mundo cristián e moi axiña Compostela convértese nun lugar de romaxe para as xentes d Europa. Tódolos anos, durante séculos, milleiros de peregrinos camiñaban cara ó sartego seguindo un Camiño no que pronto aparecen hospitais, mosteiros, igrexas... O camiño que leva ata a tumba do Apóstolo seguirá ás vellas vías romanas e protexido polos reís dos países por onde pasa, convertese nunha vía de penetración das ideas e costumes que van relacionar "a terra de Jakobslan", coma a chamaban os normandos, co resto de Europa. Ó longo dos séculos XI e XII, que é a época de maior esplendor do Camiño, a ruta vaise cubrir de poboacións debido a actitude dos reís que eximen de tributos a tódalas persoas que repoben os lugares á beira do Camiño. Deste xeito centenares de europeos afíncanse nas poboacións que xorden seguindo a ruta de Compostela. O camiño podíase facer a pé ou a cabalo segundo os recursos de cada quen. O peregrino da pe, o máis numeroso, levaba unha vestimenta moi característica: a roupa debería ser curta para non molestar nas longas marchas e o calzado consistente. Para se defender da choiva e do frío levaban un sombreiro de aba ancha e unha capa; mais o que distingue o peregrino eran catro elementos básicos: o "zurrón" ou bolsa de pel, o "bordón" ou bastón que lle servía para se apoiar e para se defender dos ataques dos animais; a "cabaza" que levaba na cintura ou pendurada do bordón e que chea de auga ou viño calmaballe a sede, e a "cuncha" de vieira que acabou por ser o símbolo do peregrino compostelán. 1 No debuxo do Camiño francés que tes a continuación escribe os nomes das principais

poboacións e vainas xunguindo para face-lo Camiño

-2-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

Plano de Compostela a mediados do s. XII Sinala as murallas. 1 ¿ Cantas portas ten ? _________________________ Escribe os seus nomes Neses momentos Compostela non tiña un aspecto urbano con rúas, prazas e barrios especializados. 1 Atopa no plano o nome dos oficios e fai unha lista deles. ___________________ _____

________________

_________________

___________________ _____

________________

_________________

1 ¿ Que nome se dába na Idade Media ás asociacións de artesáns dun mesmo oficio ? ___________ Na rúa de San Pedro atopábanse os chamados "concheiros". ¿ Que é o que lle vendían os peregrinos ? _____________________________________________________

-3-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

Plano moderno de Compostela 1 ¿ Hai murallas ? _______________ ¿ Poderíase vendo o plano saber por onde ían ? ___________, si é deste xeito márcalas cun lapis. 1 Atopa e marca no plano as portas que vimos na páxina anterior Unha delas chámase Porta ____________________________

do

Camiño.

¿

Saberías

dici-la

razón

?

_______________________________________________________________________ _____________ Marca no plano o camiño que seguirían os peregrinos para chegar ata a catedral. Nós chegaremos pola rúa Juan XXIII. Atopa e marca no plano o camiño que nos imos seguir ata chegar á praza do Obradoiro.

-4-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

A CATEDRAL

A penas descuberto o sepulcro, o rei Afonso II mandou construír un primeiro templo con muros de pedra e barro no ano 829. Esta igrexa é substituída por outra ó remata-lo século IX. Almanzor, no ano 987, estragaa levando as portas e as campás cara a Córdoba a ombreiros dos prisioneiros cristiáns. A igrexa actual comézase no 1075 baixo a dirección do mestre Bernardo, o vello. Baixo o bispado de Diego Xelmírez interveñen o mestre Estebo que fai o Pórtico do Paraíso (N) e o das Praterías (S), e o mestre Bernardo, o novo, que remata a nave central. No ano 1168 comeza a traballar no Pórtico da Gloria (W) o mestre Mateo, quen cobrará polo seu traballo 100 marabedís ó ano, rematándolo no 1188. O aspecto da igrexa era moi diferente ó actual. Ó longo dos séculos fixéronse nela obras que transformaron o seu aspecto exterior como verás nas páxinas seguintes.

1 Quen foi Almanzor ?

_________________________________________

1 Escribe os nomes dos mestres constructores da catedral _________________________________________________________________________ Cantos marabedís cobrou en total o Mestre Mateo polo seu traballo no Pórtico da Gloría ? Lembrarás o nome doutra moeda medieval da que xa falamos. " os pipións ". Si temos en conta que 1 marabedí son 180 pipións, Cantas destas moedas gañaba ó ano o Mestre Mateo ? _________________ 1 E nun día ?

_________________

1 Un boi estaba valorado en 1.620 pipións e unha vaca en 900. ¿ Cantos días tiña que traballalo Mestre Mateo para merca-los animais ? _________________

-5-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

Nesta páxina tes uns debuxos que nos indican como era a Catedral pola segunda metade do século XII. Decataraste que o aspecto actual, desde o exterior, é ben distinto. Fíxate tamén na pranta da catedral por esa mesma época. Orienta o debuxo sinalando os catro puntos cardinais 1 Numera as absidiolas do debuxo da parte superior e poslle-los mesmos números ás correspondentes da pranta da catedral que tes debuxada. 1 Fíxate nas torres da fachada. Olla o estado actual destas. ¿ Ves algo nelas que che lembren o aspecto que tiñan na Idade Media ?

Como é a planta da catedral ? ____ _________________ Cantas naves ten o brazo lonxitudinal ? ____________________E o -6-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

transverso ? ________________________________ Ten deambulatorio ? _________ Sinálano no plano. Que outro nome recibe ? ____________ Lembrarás que na época da construcción da catedral a cultura atopábase nas mans de un dos tres grupos nos que estaba dividida a sociedade ¿ Cal era ? ............................... As igrexas tiñan que cumprir unha función didáctica ante a inmensa masa de persoas analfabetas que formaban a poboación europea naqueles momentos; por esta razón os templos estaban profusamente decorados con pinturas e relevos con motivos relixiosos. A catedral tiña tres portadas: A orientada cara o Norte nomeabase " Portada do Paraíso " (desfeita no ano 1757 e feita de novo no estilo da época: o Neoclasicismo), hoxe é coñecida como " Portada da Acibechería ". A orientada cara o Sur, chamada " das Praterías " e a situada ós pés da igrexa denominada " Pórtico da Gloria ".

PORTADA

DAS

PRATERÍAS

Imos estudiar esta portada. Obervaá con atención. 1 Primeiro fixarémonos nas dúas ventás da parte superior. Hai un arco que nos chama a atención. Debúxao.

Que orixe ten ? _____________ Cal é o seu nome ? ___________

1 Observa os canzorros. Cantos ves ?

_________________

Baixo os canzorros hai un friso cunha morea de relevos. Asemellan amontoados de calquera xeito e, efectivamente, é así pois algúns deles foron postos moito despois da construcción da Portada. Non obstante lembra que o home medieval era capaz de ler a portada igual que nos lemos un tebeo. Cada unha das figuras tiña para el un significado. Imos tentar descifrar e recoñecer algunha destas figuras.

No friso debuxado na parte inferior intenta colocar mediante un debuxo esquemático as figuras -7-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

que che indican. (Se non es capaz pon un número)

1.- Grupo de 4 apóstolos (un deles é S. Pedro) 5.- A expulsión de Adán e Eva do Paraíso 2.- O apóstolo Santiago entre duas árbores. 6.- Outro signo do Zodíaco. ¿ Cal ? _________ 3.- Un signo do Zodíaco. ¿ Cal ? ____________ 7.- Cristo en actitude de bendicir 4.- Crismón 8.- Dous leóns.

Que iniciais aparecen no Crismón ? ________________________________________________ E que letras?_______________Cal é o seu significado ?_________ ____________________________________________________________________________ Imos fixarnos agora nos dous tímpanos. Comezaremos polo da túa esquerda. Aparecen diversas escenas: 1 Describe as dúas que mais chamen a túa atención ____________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________ Mira agora o da dereita. Aparecen diversas escenas da Paixón de Cristo. Recoñeces algunha ? _______________________________________________ Cúmprese nos tímpanos a "lei do marco" ? _________ Pon un exemplo ___________________ __________________________________________________________________________ __________ Olla os pregados dos roupaxes. Hai desproporción nas figuras ?

_______________________

-8-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

En Israel houbo un famoso rei que chegou ó poder despois de matar a un xigante chamado Goliat. Sabes o seu nome ? _____________________________ Se che digo que foi un grande afeccionado á música, Saberías recoñecelo nalgunha das figuras da portada ? __________ ¿ Onde está ? __________ Cantas columnas hai na portada ?

_________________

Fíxate nos materiais usados na súa construcción. ¿ Cales son ? _________________________ Despois de ollar tódalas figuras daraste conta que non todas son da mesma calidade. Pódese deducir por esta razón que na decoración interviñeron varios artistas ? ____________

Localiza na xamba esquerda da porta da dereita uns gravados. Copialos no recadro e intenta interpretalos. Se o consegues saberás o ano no que se rematou a portada.

-9-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

O PÓRTICO DA GLORIA Imos estudiar agora a terceira das portas da Catedral; terás en conta para face-los exercicios, o alzado e as indicacións das páxinas 18 e 19. Comezaremos pola datación da mesma. Observa o debuxo da dereita e a súa traducción. Podes localiza-la inscrición no lintel do tímpano. "No ano da encarnación do Señor de ......... a era 1226, no día das Calendas de abril, os linteis do pórtico principal da igrexa do Benaventurado Santiago foron colocados polo mestre Mateo, quen dirixiu a obra dende os alicerces dos mesmos portais" Decataraste que aparecen dúas datas, esto é normal pois neses momentos era cando se estaba pasando do antigo xeito de datar os anos usado na península ó novo que aínda hoxe usamos.

1 Intenta interpreta-los primeiros números romanos que aparecen na inscrición; se non es capaz quítalle 38 anos a data que ven despois da palabra "era". Cando xa a teñas, completa a inscrición. Esa é a data na que se rematou o Pórtico. Que pobo da antigüidade nomeaba un día do mes coa palabra Calendas ? ____________________ -10-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

Que día é do noso calendario ?

_______________________

Observa que o pórtico está formado por tres portas e que cada unha delas se abre a unha das naves.

Cal é a mais ancha ? _____________________ Por que ? ___________________________ Fixémonos agora no gran tímpano central. Representa a visión do ceo conforme a descrición que fai San Xoán.

Saberías localizalo no tímpano ? ______ Con que animal vai asociado ? _________________ Cales son os nomes dos outros tres evanxelistas ? ___________________________________ Os catro rodean a figura de Xesús que leva unha coroa de ouro e que mostra nas súas mans as feridas feitas polos cravos. Aparecen tamén uns anxos que levan os símbolos da Paixón.

Cales son eses símbolos ? ___________________________________________________________________________ Na arquivolta vemos uns anciáns tocando uns instrumentos musicais.

Cantos son ?

___________

Debuxa no recadro dous dos instrumentos Como o tímpano é moi ancho o Mestre Mateo fixo un parteluz e nel colocou unha serie de figuras

Vas describir esas figuras de arriba abaixo usando para elo o alzado do pórtico que tes nas páxinas seguintes. _________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________

-11-


Departamento de Xeografía e Historia

1

Colexio Martín Códax

Escribe os nomes das figuras que aparecen nas xambas

DEREITA

ESQUERDA

Contan que o Mestre Mateo quedou tan satisfeito da súa obra que quixo representarse no Pórtico dando as gracias ó Apóstolo por lle permitir rematala, e así colocou a súa figura axeonllada na parte posterior do parteluz ollando cara o altar. Na súa man leva unha cartela na que ata hai pouco tempo se podía ler en latín a seguinte frase : "O arquitecto que me fixo". Esta figura é a que os galegos chamamos "O SANTO DOS CROQUES" pois temos a crenza de que dando un croque na cabeza do santo pégasenos algo da súa intelixencia.

-12-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-13-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-14-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

Na páxina anterior tes a planta actual da Catedral. Se a comparas coa da páxina 13 notarás unhas diferencias moi acusadas posto que a catedral sufriu modificacións ó longo dos séculos.

1 Localiza as seguintes partes: A basílica do século IX. Pintala de verde. A torre e a muralla do século XI. Pintala de azul. A capela da Corticela Pintala da color encarnada. As capelas do Salvador, San Bartolomé e da Azucena. Pintalas de marrón. Fíxate no que pintaches de verde. O que ves é o que queda da segunda das igrexas feitas en Compostela e que foi estragada por Almanzor. Baixo o chan da Catedral atópanse tamén restos de construccións romanas e diversas sepulturas de distintas épocas.

Cantas da época romana ?

_____________

E de época sueva ?

_____________

E da Idade Media ?

_____________

Cantas en total ?

_____________

Daraste conta que a igrexa era moi pequena e que o terreo entre ela e os sistemas defensivos da cidade ( os seus restos están pintados de azul) ocupabao un cemiterio. Os muros da Catedral románica son os que no plano están marcados de negro. Si o observas ben aínda ves a forma de cruz latina. Fíxate na capela da Corticela (está pintada de encarnado); atópaa no plano da páxina 13.

Cando se construíu a Catedral, a Corticela estaba dentro ou fóra ? __________ As únicas capelas que se conservan intactas son as que tes pintadas de marrón, tódalas demais capelas do ábsida sufriron modificacións e algunhas, tal como ves no plano, desapareceron.

1 Localiza as torres da catedral. Que nome reciben ? _________________________________________________________________________ Cara onde está orientado o claustro ?

_________________

Localiza e pinta da color que queiras a Porta Santa. Que condición ten que se dar para que sexa ano santo ?

____________________________________________________________________________________

-15-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

NOTAS:

-16-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-17-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-18-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-19-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

NOTAS:

-20-


Departamento de Xeografía e Historia

Colexio Martín Códax

-21-



Caderno de Santiago