Page 1


Programa

José de Vaquedano

Melchor López

Ave Regina Caelorum (a 4 e acompañamento)

Missa Solene De Defuntos “Beati mortui qui in Domino moriuntur”

(1642-1711)

Asumpta est Maria Adjuvanos Deus (a 4 e continuo) O Crux ave Gloria da misa (a 4)

(1759-1822)

Introitus Kyrie Sequentia: Dies Irae Offertorium Sanctus Agnus Dei Communio

Peregrino espera (Vilancico a 6 ao Santísimo) Qué le diré a esta bella zagala (Vilancico a 8 a Nosa Señora da Concepción) Ah de la tumba sacra (Vilancico a 8 ao Apóstolo Santiago) CAPELA COMPOSTELANA Miro Moreira, Director

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Maximino Zumalave, Director Raquel Lojendio, Soprano Carlos Mena, Alto Gustavo Peña, Tenor André Morsch, Barítono Capela Compostelana







Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), onde presenta a súa temporada estábel de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling, quen, dende 1996 até o ano 2000, traballou partindo do repertorio sinfónico clásico austroalemán. Antoni Ros Marbà, director titular dende o ano 2000, afondou nesa liña ademais de incorporar á orquestra un repertorio internacional máis amplo que, de xeito singular, inclúe encargos a compositores galegos. Ademais do mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado e vinculado á RFG dende o seu inicio, e do director británico Paul Daniel, principal director invitado, tamén dirixen a RFG outros directores como Frans Brüggen, Juanjo Mena ou Hansjorg Schellenberger, entre outros. Do mesmo xeito xunto á RFG actuaron

os mellores intérpretes, por exemplo Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello), Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. Como actividade externa, a presenza nas cidades galegas así como no resto de España é de capital importancia, do mesmo xeito que as xiras internacionais que realizou (Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal). Paralelamente, potencia a súa actividade en Santiago cun ciclo de cámara organizado colaboración coa Universidade de Santiago, e cos concertos didácticos que desde 1996 organiza co Auditorio e que posibilitan que cada ano ao redor de 7.000 escolares poidan achegarse á música sinfónica.




Recentemente, a RFG presentou dous traballos discográficos inéditos adicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou, editados, respectivamente, polos selos Claves e Warner. Estreitamente vinculada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais que forma cada ano corenta alumnos, cos músicos da RFG como profesores. A RFG está xestionada administrativamente polo Consorcio de Santiago e forma parte da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS).




Maximino Zumalave Director

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, Principal director invitado da Orquesta Sinfónica de Galicia (1992-1995) e Director Asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director Asociado da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e Profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela. Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen,




A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu a importantes formacións tanto estranxeiras como españolas como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, a Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Oporto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium, a Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada entre outras. Foi invitado a participar en xurados e presidir importantes certames e premios internacionais. Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo, coidando especialmente as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, de Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso



coa Cultura de Galicia trascende alén a Música: Torrente Ballester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa Eva Veiga escribe: “...Maximino, que coas súas mans do silencio arrinca a mais pura poesía, no espacio fuxidía no corazón eterna.” É Licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En febreiro de 1995 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario. En xuño de 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.


Villalobos, A Creación de Haydn, Maria-Triptychon de Frank Martin, entre outras moitas obras.

Raquel Lojendio Soprano Raquel Lojendio, nacida en Santa Cruz de Tenerife, estudou no Conservatorio Superior da súa cidade e no Superior de Música do Liceo de Barcelona con Carmen Bustamante. Recibiu clases de perfeccionamento con María Orán, Ruthilde Boesch e Krisztina Laki. Entre outros, obtivo o Primeiro Premio do Concurso “Festival Músicos Novos de Barcelona” de 1999, sendo finalista no Concurso Internacional “Iris Adami Corradetti” en Padua en 2007. No seu repertorio lírico interpretou óperas de Mozart, Verdi, Bizet, Montsalvatge e Haydn, entre outros. No seu repertorio concertístico caben destacar a Cuarta e Oitava Sinfonías de Mahler, Exultate Jubilate e Réquiem de Mozart, Carmina Burana de Orff, Egmont de Beethoven, Bacchianas Brasileiras de

Traballou baixo a batuta de mestres como Sir Neville Marriner, Rafael Frühbeck de Burgos, Juanjo Mena, Jesús López Cobos, Víctor Pablo Pérez, Jiri Kout, Edmon Colomer, Pablo González, Vassili Petrenko, Pedro Halffter, George Pehlivanian, Maximiano Valdés, Christoph König, Filippo Maria Bressan ou Antoni Ros Marbá. Raquel Lojendio actuou coas principais orquestras españolas, ademais de con orquestras europeas Ademais gravou para importantes selos discográficos como Naxos, Licanus, RTVE Música e Deutsche Grammophon.




Gustavo Peña Tenor



Nacido en Las Palmas de Gran Canaria, Gustavo Peña iniciou os seus estudos de canto no Conservatorio Superior de Música da súa cidade con Mario Guerra. Posteriormente trasladouse a Santa Cruz de Tenerife, onde se titulou en canto baixo a dirección de María Orán. Posteriormente asistiu a cursos de perfeccionamento con Miguel Zanetti, Alejandro Zabala, Félix Lavilla e Wolfram Rieger, sendo premiado neste último por Mocidades Musicais Españolas. En 2002 obtivo o Primeiro Premio no Concurso Rexional de Canto Cajacanarias. Participou como solista en importantes festivais como o Festival de Canarias, Festival Mozart da Coruña, Robecco Summerfestival (Ámsterdam) e tempadas estables

da Ópera de Bilbao, Teatro Real, Teatro Liceu, Teatro da Zarzuela e Teatro da Maestranza de Sevilla, así como nas tempadas das principais orquestras españolas. Durante a tempada 2004-2005 formou parte do Ensemble da Deutsche Staatsoper en Berlín. Interpreta un amplo repertorio que abarca obras dende a música antiga até os nosos días, tanto no plano operístico como no oratorio, o gran repertorio sinfónico e a zarzuela. Gustavo Peña colaborou con importantes orquestras internacionais e as máis importantes orquestras españolas e formacións de cámara. Colaborou con directores de afamado prestixio como Daniel Baremboim ou Bertrand de Billy. Na súa discografía destaca unha gravación para o selo Decca coa ópera Guernika de Francisco Escudero, xunto á Orquesta Sinfónica de Euskadi baixo a dirección de José Ramón Encinar.


Carlos Mena Alto Nacido en Vitoria-Gasteiz (1971), fórmase na Schola Cantorum Basiliensis de Basilea (Suíza) cos seus mestres Richard Levitt e René Jacobs. A súa intensa actividade concertística lévalle ás salas máis prestixiosas do mundo. Interpretou a ópera Radamisto de Händel na Felsenreitschule de Salzburgo, na Dortmund Konzerthaus, na Musikverein de Viena e na Concertgebouw de Ámsterdam, en produción do Festival de Salzburgo, dirixido por M. Haselböck e H. Grazer. Outras interpretacións súas leváronlle á Festwoche de Innsbruck, a Staatsoper de Berlín, a Grosses Festspielhaus

de Salzburgo e ao Festival de Flandes. No 2007 estreou Viaxe a Simorgh de Sanchez-Verdú no Teatro Real de Madrid e en 2008 Morte en Venecia, de Britten, no Liceu de Barcelona. Os seus recitais gravados para Mirare e Harmonia Mundi lograron diversos premios como Diapasón d’Or do ano 2002. Estreou varias obras de compositores contemporáneso como El Libro del Frío e Libro de las Estancias, de Sánchez-Verdú e Tres Sonetos de Michelangelo, de Erkoreka. No 2011 debutará coa Danish National Orchestra, interpretará un recital de Bach na Musikverein de Viena e presentará un disco coa gravación da Paixón segundo San Xoán de Bach (Mirare) e outro de música barroca española con Camerata Iberia. Carlos Mena está interesado na pedagoxía Waldorf e apoia o centro Geroa Eskola-Escuela Libre de Trokoniz.




André Morsch Barítono

10

André Morsch naceu en Kassel (Alemaña) en 1975, aínda que comezou os seus estudos en Austria, no Conservatorio de Feldkirch, con Ralf Ernst. Despois de diplomarse, con distinción, en 2000, continuou os seus estudos con Margreet Honig no Conservatorio de Ámsterdam, onde recibiu unha bolsa para novas promesas, concluíndo este período de formación en 2003, tamén coas mellores cualificacións. Coa Nieuwe Opera Academie dos Países Baixos (Alexander Olivier, como director artístico), André Morsch interpretou os papeis de Leporello, en Don Giovanni de Mozart, baixo a dirección de Kenneth Montgomery, o Reloxo, en L’Enfant et les

Sortilèges de Ravel, baixo a dirección de Jose Esandi, e Fígaro, en As vodas de Fígaro de Mozart, con dirección musical de Jed Wentz. Concluíu o programa de gradación da Nieuwe Opera Academie, con distinción, en maio de 2002. Na tempada 2003-2004, interpretou os papeis de Achillas, en Giulio Cesare de Haendel, coa Ópera de Stutgart, Zverkov, en Wet Snow de Jan van de Putte, coa Nationale Reis Opera, durante o Festival de Holanda, así como varios papeis en Candide de Bernstein, coa Orquestra Filharmónica de Róterdam. Interpretou a Lully en Cadmus et Hermione na Opéra Comique de París, cuxa gravación en dvd foi galardoada con numerosos premios, entre eles o Diapason d’Or e foi elixido dvd do ano pola Schallplattenkritik. Futuros compromisos inclúen a súa participación en As vodas de Fígaro na Opéra National de Lorraine en Nancy (Francia), en Legende do compositor holandés Peter-Jan Wagemans. Tamén actuará en diversas ocasións no Staatstheater de Stuttgart (Alemaña). En 2008 interpretou xunto á Real Filharmonía de Galicia e baixo a batuta de Frans Bruggen a Paixón segundo San Xoán, de Bach.


Capela Compostelana

Capela Compostelana formouse coa intención de poñer “novamente en luz” a música dos séculos XVI, XVII e XVIII. A súa interpretación parte do uso das técnicas vocais e instrumentais propias de cadanseu período e estilo que abordan, camiño idóneo, ao seu entender, para comprender e gozar unhas obras lonxanas para nós no tempo. Deste xeito tentan aprender, con humildade e respecto, a práctica daqueles músicos contemporáneos delas. Os integrantes do conxunto formáronse no eido da música antiga, e ben o azar ou a necesidade xuntounos no fin do mundo, que é Compostela. Dende o ano 1988 Capela Compostelana ten feito concertos por diferentes lugares de España, Europa e Estados Unidos, participando en prestixiosos ciclos dedicados á música antiga, entre eles: Festival de Vitoria, Via Stellae, Compostela Organum Festival, Semana de

Música Antiga de Estella, Festival Internacional de Deia, Concerts de Música Barroca de Palma, Auditorio de Galicia, Metropolitan de Nova York ou Festival de Musique Sacrée de Saint Maló, entre outros. Capela Compostelana dedica unha parte importante do seu traballo á recuperación e difusión da música galega renacentista e barroca. Neste ámbito editou os discos José de Vaquedano, Maestro de Capilla de la Catedral de Santiago de Compostela e Villancicos a Santiago, con obras inéditas da Catedral Compostelá. Colabora asiduamente co Orfeón Terra a Nosa e coa Capilla Musical da Catedral de Santiago de Compostela.

11


Miro Moreira Director

Nacido en Santiago de Compostela, iniciou os seus estudos musicais como escolán na Capilla Musical da Catedral de Santiago de Compostela e no Orfeón Terra a Nosa. Licenciado en Canto polo Conservatorio do Liceu de Barcelona, especializouse como cantante e director nos períodos renacentista e barroco. Como contratenor solista participa en numerosos concertos pola xeografía española e europea, formando parte de grupos dedicados á música antiga. É invitado con frecuencia como solista por múltiples formacións orquestrais: Orquesta Nacional de España, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Sevilla e Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outras. Dirixe o Orfeón Caixa Galicia Terra a Nosa dende o ano 1984 e dende 1988 a Capilla Musical da Catedral de Santiago de Compostela, coa que

12


recuperou varias obras de Mestres de Capela da basílica compostelá: Códice Calixtino, Cantorais de Polifonía, Stabat Mater de Buono Chiodi; Esos Mozos del Campo, Oficio y Villancicos de Navidad de Melchor López; Villancicos al Apóstol Santiago de José de Vaquedano; Motetes de Adviento y Cuaresma de Diego de las Muelas; Himnos do Códice Calixtino de Santiago Tafall… Actualmente é profesor asociado de Canto Coral e Formación Vocal e Auditiva na Facultade de Ciencias da Educación e director do Coro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela.

13


A apoteose do barroco: José de Vaquedano

(1642-1711)

Tomei este titular dun artigo que escribín para Ritmo en 1982 (nº 527), cando P. López Calo, Joam Trillo e eu mesmo preparamos un monográfico dedicado á Música na catedral de Santiago. Falaba daquela dos diferentes elementos constitutivos daquel esplendor musical, en paralelo á grandeza do legado en pedra que nos foi deixando a Fabrica da Catedral a partir da segunda metade do século XVII: a torre das Campás, a do Reloxio, o peche da Quintana, ou a realización dos novos órganos de Manuel de la Viña… A fastuosa escenografía con que se veste a catedral só foi posible grazas ás achegas económicas que afluían naqueles momentos: Voto de Granada, de Clavijo, axudas da Corte, exencións, privilexios, limosnas, dezmos, etc, e a habilidade de singulares fabriqueiros como Vega e Verdugo ou Diego Juan de Ulloa, que deron ás aos “escenógrafos da

14

pedra”. Achegando o foco ao propio esplendor, non deixa de chamar a atención que o gran desenvolvemento musical e arquitectónico se vira contrapunteado por unha situación de grande crise en Galicia (con puntas nos anos 1654, 1694 y 1710); ou pola Guerra de Sucesión que afectou seriamente ao noso país con fames, peste e guerras fronteirizas; pero que se corresponde plenamente cos maiores logros das composicións de José de Vaquedano, quen, cos seus villancicos policorais a Santiago, ou coas súas espléndidas misas ou salmos, pon música tanto ao fasto como a máis estricta pobreza existente en toda Galicia. A realización en 1680 da Torre do Reloxio marca a hora da aparición de frei José de Vaquedano (tamén asina Baquedano), contratado aquel ano como mestre de capela en substitución do prestixioso Diego Verdugo,


Notas ao programa

quen tras varios anos de residencia en Santiago é chamado pola catedral de Salamanca. Vaquedano nacera en Puente la Reina (Navarra) en 1642, formándose naquela cidade como neno de coro con Simón de Huarte e Arrizabalaga, quen, en 1663, recomenda ao mozo cando trata de buscarse a vida como músico profesional na Corte, dicindo de el que fora “tiple de gala, cousa grande e moi destro, así no cantar como nun pouco de contrapunto e concerto”. Era xa monxe Trinitario Descalzo e mestre provisional da Encarnación de Madrid cando, tras os informes favorables dos axentes catedralicios, é chamado a Santiago para cubrir a vacante deixada por Verdugo, cun salario de oito mil oitocentos reais e casa ao finalizar a Rúa Nova, onde se hospedará con nenos de coro, aos que deberá educar e atender. A súa chegada a Santiago reorganiza a capela e emprende un labor de restauración dos libros de coro e do propio repertorio musical, segundo parece, desatendendo nos últimos anos do seu predecersor. A maior parte da sua produción aparece recollida no arquivo catedralicio, segundo recolle o Catálogo de LópezCalo: 5 misas, 18 salmos, 8 lamentacións, 46 villancicos en romance, e unha sonata instrumental.

A vida de Vaquedano ao fronte da música está reflectida en actas con novas, xeneralmente tanxenciais, que nos falan da actuación da música en diferentes ocasións, dentro e fóra da catedral. Aparece tamén examinando aos músicos opositores, ou ben aconsellando ao cabildo en todo o referente ás características, ou ben aconsellando ao cabildo en todo o referente ás características dos novos órganos pedindo letras para os villancicos, ou tratando de conseguir máis axudas para a Capela da Música. En ocasións, aparecen documentos máis ilustrativos, como éste da Semana Santa de 1688, nos que o secretario do cabildo expón: “a gran necesidade que había de músicos e como o mestre de capela se queixara de que non tiña quen cantara as Lamentacións de Semana Santa, e engadiu ser moi da obriga do Cabildo ter a música con todas as voces necesarias”. Sen dúbida, relaciónase a nota coas dificultades que puntualmente ten a mesa capitular para cobrar as rendas destinadas á música, coa conseguinte conxelación das oposicións de prazas vacantes. En 1705 rexístranse os primeiros síntomas dos achaques do mestre de capela: decrece a súa actividade como perito nos tribunais de oposición, así como na tarefa de composición de villancicos, que se lle encargan aquel ano ao organista José de Urroz. Por

15


Notas ao programa

estas datas iníciase xa a busca dun sustituto, que, tras a renuncia de Miguel de Ambiela, será Antonio de Yanguas, quen parte de Madrid en 1710, data na que comeza a contar a xubilación do vello mestre. Vaquedano morre o 17 de febreiro de 1711 (estamos celebrando, pois, o terceiro centenario da súa morte); na acta de defunción, que se conserva na Parroquia de Santa María Salóme, pódese ler: “En dezasete de febreiro de mil setecentos e once, deuse sepultura no convento da Madres Recoletas (Recoletas Mercedarias) ao pai Frei José de Vaquedano, da Orde da Santísima Trinidade. Recibiu a Santísima Extremaunción. E asínao dito día ut supra, Jacobo Lorenzo de Cobas”. De cara á posterioridade, Vaquedano tivo máis sorte que o seu predecesor, ao terse conservado no arquivo un mostrario abundante e variado dos diversos estilos nos que o compositor escribiu e que podemos comprobar claramente no concerto de hoxe: o estilo clásico, severo, herdado da polifonía tridentina, con liñas horizontais de elegante contrapunto reflectidas do canto gregoriano; ou ben, as texturas policorais ao estilo veneciano (de dous, tres, e ata catro coros), con harmonía máis vertical e certa

16

tendencia tonal. Ou ben, esos solos de “belcantismo italiano”, con base harmónica e elementos novidosos, tanto no acompañamento como nos ornamentos orquestrais xa en uso na Capela Real madrileña, un referente estético do mestre compostelán. O estudo de Vaquedano, xa emprendido por López Ferreiro a finais do XIX, por Santiago Tafall, ou polo propio Filgueira Valverde en 1942, foi retomado con criterios musicolóxicos polo profesor López-Calo, o seu biógrafo e principal divulgador, transcritor de moita da súa obra e catalogador da mesma. El introduciunos aos que, posteriormente, tratamos a obra do navarro: estudando as súas lamentacións ou transcribindo e interpretando os seus villancicos co grupo In Itinere. Tamén Francisco Luengo, coa Capela Compostelana, grabou un par de discos con obra varia do navarro. Eu mesmo ou o profesor Garbayo estudamos no seu día aspectos internos da capela de música naqueles anos. Na actualidade, con motivo do III Centenario, Joam Trillo prepara unha edición dos villancicos en romance que restan por publicar, dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, que promove o AGADIC; así como se anuncian actividades varias en torno ao prestixioso mestre compostelán.


Notas ao programa

Das obras no programa, podemos establecer tres bloques: o primeiro en latín de repertorio litúrxico e de concepción polifónica “clásica”, se ben hai una notable transformación respecto do estilo “palestriniano”: nos cambios de textura (horizontal/ vertical), nos cambios de tempo dentro da obra, e na concepción harmónica, cunha tendencia ao acorde vertical e a cadencia tonal. Un segundo bloque témolo no villancico Peregrino espera, para seis solistas, de elegante contrapunto e estrofas de rara habilidade de escritura. Finalmente, as obras para dous/tres coros: Qué lle direi a esa bela zagala (villancico a 8, a nosa Señora da Concepción, con dobre acompañamento); e ¡Ah da tumba sacra! (de 1702, a 8v), un dos villancicos ao apóstolo escrito por Vaquedano para a ofrenda ao Apóstolo que tiña lugar na festa grande do 25 de xullo: como no anterior, alterna e contrapón o coro de solistas co de “rippieno”, máis un terceiro coro instrumental duplicado, en efecto estereofónico e predominio dos tempos ternarios e vivos.

17


Grandeza e decandencia da capela de música: Melchor López

Este outro era o título do artigo de Joam Trillo -principal transcritor e divulgador da obra de Melchor López-, na mesma revista á que antes facía referencia (Ritmo, de 1982). Non é menor en grandeza a continuidade da grande música compostelana ao longo do XVIII. Trillo lémbranos no seu escrito os paralelos arquitectónicos e musicais da nosa catedral setenta anos máis tarde: a fachada do Obradoiro, o Mosteiro de San Martiño Pinario, a Casa do Deán, a do Cabildo, Santa Clara, e o Pazo de Raxoi (residencia desde entón do mestre de capela cos nenos do coro), entre outros; os nomes dos grande escenógrafos-arquitectos son a gloria do noso barroco galego, ultimando torres e prazas e trazando rúas: Ferro Caaveiro, Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa, entre outros. Porén, como estudou en detalle Pilar Alén, o período de inestabilidade que ante-

18

cede e que segue á guerra contra os franceses remata co fluxo de diñeiro e coas correntes de peregrinación; aparecendo, con todas as guerras internas que se xeran, elementos moi negativos para esplendor da liturxia e para a fábrica compostelana. A figura musical que ocupa e mellor resume este período é a de Melchor López Jiménez. O seu antecesor no cargo foi Buono Chiodi, fichado en 1769 polo cabildo compostelano, que seguía a corrente dominante do italianismo presente en toda Europa. Chiodi estabiliza a orquestra nunha liña pre-clasicista (2 oboes, 2 trompas e orquestra de corda), coa máis nutrida capela que nunca se escoitara en Santiago; chea, por certo, de instrumentistas e cantantes italianos. Paralelamente ás tendencias italianizantes, rexístrase en toda Europa a irrupción do clasicismo vienés, especialmente a través da obra de


Notas ao programa

Joseph Haydn, que acabará impoñéndose na corte madrileña: dulcificando os últimos estertores do italianismo e asentando a estrutura de dobre coro (solistas e coro de recheo), cunha orquestra clásica na que xa non faltarán as flautas, os clarinetes e os fagotes. Melchor López naceu en Hueva (Guadalajara) o 19 de enero de 1759; a idade de oito ou nove anos, por mediación dun tío seu sacerdote en Madrid, é admitido como alumno do Real Colexio de Nenos Cantores da súa Maxestade, o centro de formación máis prestixioso de España, ao estar ligado á Capela Real. Daqueles anos consérvase no arquivo da catedral unha copia manuscrita do Compendio Teórico e Práctico da Modulación, do seu maestro José Lidón, na que lemos do seu puño e letra: “copiado polo colexial da súa Maxestade Católica Don Melchor López”. Á morte de Chiodi (en 1783) Melchor López escribe ao Cabildo solicitando o posto vacante, indicando que xa tiña experiencia opositora (concretamente —segundo López Calo— en Plasencia ou en Ávila, sen resultados positivos), e indicando que o gran mestre Pedro Aranaz o recomendara para o maxisterio da catedral de Astorga. A solicitude do mestre mozo é apoiada por dous importantes valedores compostelanos: o Deán da catedral e o Patriarca das Indias, axente ocasional da catedral en Madrid.

O feito de proceder da Capela Real, o ter estreado obra naquel centro, a solvencia dos seus mestres, o peso das súas recomendacións, e seguramente a necesidade perentoria dun director de música, aceleraron o proceso. De entre as notas eloxiosas, a do Patriarca de Indias dicía: “… este mozo ten acreditada a súa suficiencia e destreza en distintas oposicións a estes maxisterios (…), na que, por inculpable desgracia de ser indotado dunha presenza elegante, foron pospostas nas súas outras recomendables circunstancias”. Esta nota fíxonos pensar nalgún defecto físico, quizáis relacionado cun problema de saúde, que xa o acta bautismal parece referir. O 23 de marzo de 1784, Melchor López é nomeado canónigo Mestre de Capela de Santiago, onde permanecerá ata a súa morte acontecida en agosto de 1822; atópase enterrado no claustro da catedral. De entre os datos habituais dentro do funcionamento da capela (peticións, tribunais de oposición, informes, relacións coa confradía de músicos, saídas ao exterior, etc) destaca a viaxe de seis meses que fixo a Madrid en 1794, con ocasión da morte dos seus pais, permanecendo na capital máis de seis meses. Aínda que López-Calo, ao estudar, precisamente, o Requiem que hoxe escoitamos, relaciona un cambio de estilo tras o seu contacto

19


Notas ao programa

coa nova estética vienesa da que se empapou naquel viaxe a Madrid, creo, porén, que xa estaba a súa obra perfectamente asentada anteriormente; algo normal nun educando da Capela Real. De todos modos, quedan por estudar en detalle os aspectos estilísticos da súa obra, conservada tanto en partitura e partes como en 17 luxosos volumes manuscritos, obra do propio compositor, con data e firma. Melchor López herda de Chiodi unha excelente capela que el seguirá incrementando: con cantantes italianos (como os tres contratados en 1792) e con bos instrumentistas. A capela estaba integrada por un doble cuarteto, ademais dos cantores de “rippieno” (dos ou tres por corda); seis nenos de coro, a orquestra de corda (4,4,2,2,1), o vento madeira duplicado e dúas trompas; todos reforzados polos “meritorios” ou músicos externos que cubrían vacantes ou reforzaban a orquestra en momentos especiais. O esplendor da capela resentirase a partir, especialmente, de 1808, con Santiago ocupado polas tropas francesas e paralizada polos impostos e roubos que padecerá a igrexa compostelana, que sofre directamente a falta de recursos na mesa da música: coas conseguintes reducións de salarios, e a progresiva desbandada de músicos que irán buscando unha

20

mellor solución á súa vida laboral. O Mestre de Capela, porén, ata última hora, seguirá escribindo para a gran plantilla do seu ideal sonoro (que certamente non se correspondería co sonido real da orquestra coa que tivo que traballar ata a súa morte), se ben o groso da súa obra está datada antes de 1805. A produción de Melchor López, estudada e catalogada por López Calo, e divulgada por Joam Trillo con transcricións e interpretacións coa Xoven Orquestra, toca todos os xéneros relixiosos posibles (misas, salmos, lamentacións, villancicos en castelán e en galego, etc., así como un bo número de arias profanas). Consérvanse, ademais dos fondos orixinais da catedral, copias de parte da súa obra nas catedrais de Tui e Mondoñedo, debendo lembrarse que o compostelano foi titor e mestre de José Pacheco e doutros músicos das demais catedrais galegas, influíndo notablemente na difusión do villancico en galego, tan determinante para a normalización do idioma no século XIX (Vid. C. Villanueva, Os Villancicos galegos. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza, 1994). Quizais a obra máis importante e divulgada do seu catálogo sexa a Misa solemne de difuntos: Beati mortui qui in Domino moriuntur, ou Misa de Réquiem, oficial en todos os funerais


Notas ao programa

e aniversarios solemnes da catedral, con copias nas de Mondoñedo e Tui, onde tamén era obrigada a súa interpretación en actos luctuosos. É unha gran misa para cuarteto solístico e coro de recheo, ademais da orquestra (2 flautas, 2 fagotes, 2 trompas e corda). Santiago Tafall anota no seu estudo sobre a música da catedral (Boletín da Real Academia Galega) que o Requiem “ten trozos verdadeiramente maxistrais”; ou, como ben di Joam Trillo, “Acada momentos altísimos de inspiración e revela un espírito de exquisita sensibilidade e unha fe profunda e confiada”. Isto acádao cunha austeridade extrema (madeiras sen oboes nen clarinetes) e unha eficacia orquestradora de grande calidade: alternando a textura solística/ orquestral coas respostas corais (alternativas ou acumulativas), xogando con síncopas internas, e efectos de resposta entre corda e madeira; coa alternancia de solos, dúos, cuarteto e coro; xogando cos cambios de tonalidade e unha extrema finura na relación texto/ música. A obra foi escrita en 1799 e cantouse en Compostela ata ben comezado o século XX. Segundo indica López-Calo (no seu estudo editado por Música en Compostela, 1987, con transcrición do Requiem de J. Trillo), con ocasión do Motu Proprio de Pio X, unha comisión catedralicia (da que formou parte Santiago

Tafall) sentenciou como “prohibida” esta fermosa obra, xunto con outras moitas do compositor castelán, seguindo os principios estéticos que se emitiron desde Roma en 1903. No mesmo escrito de López-Calo afírmase que o definitivo encontro de Melchor López co clasicismo vienés produciuse, precisamente, como consecuencia da súa viaxe en 1794 e a súa adaptación ás últimas novidades de Haydn e Mozart que se escoitaban na capital, o cal, segundo o investigador galego, queda reflectido neste fermoso Réquiem e en obras posteriores que en realidade foron, como vemos no seu catálogo, moi poucas máis. Esta obra converteuse en emblemática, dentro do repertorio das orquestras que Joam Trillo dirixiu, sendo grabada en 2000 con solistas, o orfeón Terra a Nosa, dirixido por Miro Moreira, e a Orquestra Sinfónica de Galicia, dentro da Colección de Clásicos Galegos (Ed. Boa Music); do mesmo compositor e dentro da mesma colección, rexistroue a Misa Unus Deus, de Melchor López, baixo a dirección de A. Ros Marbá, coa Real Filharmonía de Galicia, solistas e o orfeón Terra a Nosa. Carlos Villanueva

21


AVE REGINA CAELORUM Ave, Regina Caelorum, Ave, Domina Angelorum: Salve, radix, salve, porta Ex qua mundo lux est orta: Gaude, Virgo gloriosa, Super omnes speciosa, Vale, o valde decora, Et pro nobis Christum exora. Salve, Raíña dos ceos E Señora dos Anxos: Salve raíz, salve porta Que dou paso a nosa luz. Alédate, Virxe gloriosa, Entre todas a máis bela, Salve, agraciada doncela Roga a Cristo por nós. ASUMPTA EST MARIA Asumpta est Maria in caelum: Gaudent angeli, laudantes benedicunt Dominum. Ad ethereum thalamum In quo Rex regnum stellato sedet solio. María ascende aos ceos mentres Os anxos cantan louvanzas a Deus. e reina sobre o trono das estrelas Por toda a eternidade

22

ADJUVANOS DEUS Adjuvanos Deus salutaris noster; et propter gloriam nominis tui, Domine Axúdanos, oh Deus Da nosa salvación, Pola gloria do teu Nome, Señor. O CRUX AVE O Crux ave, spes unica, hoc Passionis tempore! piis adauge gratiam, reisque dele crimina. ¡Salve, oh cruz, única esperanza nosa! Neste tempo de paixón Aumenta nos xustos a gracia E borra os crimes dos reos. GLORIA DA MISA A 4 Gloria in excelsis Deo, et in terra pax hominibus bonae voluntatis. Laudamus te, Benedicimus te, Adoramus te, Glorificamus te,


Gratias agimus tibi propter magnam gloriam tuam, Domine Deus, Rex caelestis, Deus Pater omnipotens. Domine fili unigenite, Jesu Christe, Domine Deus, Agnus Dei, Filius patris, Qui tollis peccata mundi, miserere nobis. Qui tollis peccata mundi, suscipe deprecationem nostram. Qui sedes ad dexteram Patris, miserere nobis. Quoniam tu solus sanctus, Tu solus Dominus, Tu solus Altissimus, Jesu Christe, Cum Sancto Spiritu in gloria Dei Patris. Amen. Gloria a Deus no Ceo, E na Terra paz aos homes que ama o Señor. Pola túa inmesa gloria, Louvámoste, Bendecímoste, Adorámoste, Glorificámoste, Dámoste gracias, Señor Deus, rei celestial, Deus Pai Todopoderoso. Señor Fillo Único, Xesucristo. Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai. Ti que quita-lo pecado do mundo, ten piedade de nós, Ti que quita-lo pecado do mundo, atende as nosas súplicas, Ti que estás sentado a dereita do Pai, ten piedade de nós, Porque só Ti es Santo, Só Ti, Señor, Só Ti, Altísimo Xesucristo, Co Espírito Santo na Gloria de Deus Pai. Amén

PEREGRINO ESPERA Peregrino espera, Que entre resplandores De finos ardores, Rasga el çetro de una nube El rayo que amante sube A entronizarse en su esfera QUÉ LE DIRÉ A ESTA BELLA ZAGALA ¿Qué le diré a esta bella zagala? Dile que es la aurora, dile que es el alba. ¿Qué le diré a esta Niña divina? Dile que es el sol, dile que es el día. ¿Qué le diré a su intacta pureza? Dile que es lucero, dile que es éstrella. ¿Qué le diré a su puro ser? Dile que es jazmín, dile que es clavel. Pues unidos acordes sonoros y afectos y voces, En su candidez, la aclaman por alba, Aurora, sol, día, éstrella, lucero, jazmín y clavel. AH DE LA TUMBA SACRA Ah de la tumba sacra Donde el hijo del trueno Capitán coronado del aire Arma la caja y fulmina el acero. A la lucha, a la guerra, Al combate, al estruendo, Que va en quatro lunas Marchando Santiago. Ya la trompeta gime Ya el tambor da miedo Ya es negra noche el polvo Con Santiago y a ellos.

23


Requiem

INTROITUS Requiem aeternam dona eis, Domine, et lux perpetua luceat eis. Te decet hymnus, Deus, in Sion, et tibi redentur votum in Jerusalem. Exaudi orationem meam; ad te omnis caro veniet. Dálles Señor o descanso eterno e a Luz perpetua brille para eles. Para ti, oh Deus cántase un himno en Sión e para ti entregan ofrendas en Xerusalén; escoita a miña oración, a ti virá todo o que está vivo. Dálles Señor o descanso eterno e a Luz perpetua brille para eles. KYRIE Kyrie eleison. Christe eleison. Kyrie eleison. Señor ten piedade Cristo ten piedade Señor ten piedade SEQUENTIA: DIES IRAE Dies iræ, dies illa, Solvet sæclum in favilla, Teste David cum Sibylla! Quantus tremor est futurus,

24

quando iudex est venturus, cuncta stricte discussurus! Tuba mirum spargens sonum per sepulcra regionum, coget omnes ante thronum. Mors stupebit et Natura, cum resurget creatura, iudicanti responsura. Liber scriptus proferetur, in quo totum continetur, unde Mundus iudicetur. Iudex ergo cum sedebit, quidquid latet apparebit, nil inultum remanebit. Quid sum miser tunc dicturus? Quem patronum rogaturus, cum vix iustus sit securus? Rex tremendæ maiestatis, qui salvandos salvas gratis, salva me, fons pietatis. Recordare, Iesu pie, quod sum causa tuæ viæ; ne me perdas illa die. Quærens me, sedisti lassus, redemisti crucem passus, tantus labor non sit cassus. Iuste Iudex ultionis, donum fac remissionis ante diem rationis. Ingemisco, tamquam reus, culpa rubet vultus meus,


supplicanti parce Deus. Qui Mariam absolvisti, et latronem exaudisti, mihi quoque spem dedisti. Preces meæ non sunt dignæ, sed tu bonus fac benigne, ne perenni cremer igne. Inter oves locum præsta, et ab hædis me sequestra, statuens in parte dextra. Confutatis maledictis, flammis acribus addictis, voca me cum benedictis. Oro supplex et acclinis, cor contritum quasi cinis, gere curam mei finis. Lacrimosa dies illa, qua resurget ex favilla iudicandus homo reus. Huic ergo parce, Deus. Pie Iesu Domine, dona eis requiem. Amen. Día da ira, aquel día en que os séculos se reduzan a cinzas; como testemuñas o rei David e a Sibila. Canto terror haberá no futuro cando o xuíz haxa de vir xulgar todo estritamente! A trompeta, esparcindo un son admirable polos sepulcros de todos os reinos reunirá a todos ante o trono. A morte e a Natureza asombraranse, cando resucite a criatura para que responda ante o seu xuíz. Aparecerá o libro escrito en que se contén todo e co que se xulgará ao mundo. Así, cando o xuíz sente o escondido mostrarase e non haberá nada sen castigo. Que direi eu entón, pobre de min? A que protector rogarei cando nin os xustos estean seguros? Rei de tremenda maxestade

ti que, salvas gratuitamente aos que hai que salvar, sálvame, fonte de piedade. Lembra, piadoso Xesús de que son a causa do teu calvario; non me perdas neste día. Buscándome, sentaches esgotado Redimísteme sufrindo na cruz non sexan vans tantos traballos. Xusto xuíz de vinganza concédeme o agasallo do perdón antes do día do xuízo. Berro, coma un reo; a culpa arroiba o meu rostro. Perdoa, Señor, a este suplicante. Ti, que absolviches a Magdalena e escoitaches a súplica do ladrón, déchesme a min tamén esperanza. As miñas oracións non son dignas, pero ti, ao ser bo, actúa con bondade para que non arda no lume eterno. Colócame entre o teu rabaño e sepárame dos machos cabríos situándome á túa dereita. Tras confundir aos malditos arroxados ás chamas voraces faime chamar entre os benditos. Prégoche, suplicante e de xeonllos, o corazón aflixido, case feito cinzas: faite cargo do meu destino. Día de bágoas será aquel nomeado en que resucitará, do po para o xuízo, o home culpable. A ese, pois, perdóao, oh Deus. Señor de piedade, Xesús, concédelles o descanso. Amén. OFFERTORIUM Domine Jesu Christe, Rex gloriae, libera animas defunctorum de poenis inferni, et de profundo lacu. Libera eas de ore leonis, ne absorbeat eas tartarus, ne cadant in obscurum.

25


Hostias et preces tibi, Domine, laudis offerimus. Tu suscipe pro animabus illis quarum hodie memoriam facimus. Fac eas, Domine, de morte transire ad vitam, quam olim Abrahae promisisti, et semini eius.

AGNUS DEI Agnus Dei, qui tollis peccata mundi, dona eis requiem, requiem sempiternam.

Señor Xesucristo, Rei de Gloria, librade as almas dos fieis defuntos: das penas do inferno e do lago sen fondo; librádeas das garras do león, para que non sexan confundidas nos abismos, nin precipitadas nas tebras. Que San Miguel, o Príncipe dos Anxos, As conduza cara á luz santa. Como prometerades a Abraham e a toda a súa posteridade. Ofrecémosvos Señor oracións e sacrificios de encomio, recibidos polas almas de quen facemos memoria: facede que pasen da morte á vida, como prometiches a Abraham e á súa descendencia.

COMMUNIO Lux aeterna luceat eis, Domine, cum sanctis tuis in aeternum, quia pius es. Requiem aeternam, dona eis, Domine, et lux perpetua luceat eis.

SANCTUS Sanctus, Sanctus, Sanctus, Dominus Deus Sabaoth. Pleni sunt coeli et terra gloria tua. Hosanna in excelsis. Santo é o Señor Deus do Universo Cheos están o ceo e a terra da túa gloria Hosanna no ceo Bendito o que vén en nome do Señor Hosanna no ceo

26

Año de Deus que quitas o pecado do mundo Dálles o descanso eterno

Que a luz eterna os ilumine, Señor: en compañía dos vosos santos por toda a eternidade, xa que sodes piadoso. Dálles Señor o descanso eterno, e que a luz perpetua brille para eles.


Real Filharmonía de Galicia

DIRECTOR ARTÍSTICO E TITULAR Antoni Ros Marbà DIRECTOR ASOCIADO Maximino Zumalave PRINCIPAL DIRECTOR INVITADO Paul Daniel VIOLÍNS I James Dahlgren (Concertino) Anca Smeu (Axuda De Concertino) Ildiko Oltai (Coprincipal) / Anna Alexandrova Ilya Fisher / Claudio Guridi Victoria Jurov / Daniel Kordubaylo Javier López / Julia Petrushevskaja Michal Ryczel VIOLÍNS II Grigori Nedobora / Nikolai Velikov Samira Ajkic / Irina Gruia Kiyoko Ohashi / Enrique Roca Helena Sengelow / Gyula Vadaszi Elina Viksne VIOLAS Tilmann Kircher / Natalia Madisson Oxana Bakulina / Ionela Ciobotaru Behrang Rassekhi / Timour Sadykov Anne Schlossmacher

VIOLONCELLOS Plamen Velev / Barbara Switalska Carlos García / Ailsa Lewin Palmira Martínez / Thomas Piel CONTRABAIXOS Carlos Méndez / Alfonso Morán / Oriol Xicart FRAUTAS Laurent Blaiteau / Luis Soto ÓBOES Christina Dominik / Esther Viúdez CLARINETES Beatriz López / Vicente López FAGOTES Juan Carlos Otero / Manuel Veiga TROMPAS Jordi Ortega / Alfredo Varela / Xavier Ramón TROMPETAS Javier Simó / Ramón Llátser TIMBAL José Vicente Faus

27


Capela Compostelana

DIRECTOR Miro Moreira SOLISTAS Isabel Álvarez, soprano Ainhoa Zubillaga, mezzosoprano David Sagastume, alto Jordi Ricart, barítono CONTINUO Francisco Luengo, viola da gamba Manuel Vilas, arpa barroca Hugo Kesteman, baixón Bruno Forst, órgano CORO José Mª Ares Pérez, Rosalía Cid Tarrío, Aida Cruz Estévez, María Lavandeira Villar, Aída López Carrera, Chelo López Federico, Alfredo López Moure, Miranda Luengo Redondo, Luís Martínez Sánchez, Óscar Mato Collazo, Pablo Mato Collazo, Anna Melikhova, Irma Moreno Hermida, Sara Moreno Hermida, Diego Neira Sinde, Noa Outomuro González, Ana Pazos Pintor, Carlos Alberto Pereira Casal, Cecilia Rodríguez Morán, Sonia Miriam Rohrer Sobrino, Mª Jesús Sánchez-Brunete Alija, Carmen Dolores Sánchez Rial, Felipe Sar Pose, Elena Sobrino Fernández, Martín Viaño García.

28


Programa de mano del concierto inaugural del 800 Aniversario de la Catedral  

Programa de mano del concierto inaugural del 800 Aniversario de la Catedral, no que se interpretaron pezas corais dos mestros de capela da c...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you