Page 1

CRÓNICA BIComun Ourense (05) Raúl Pinheiro


I BIComún OU. 6 de xullo de 2013 Estimados e estimadas amigas, foi para min un pracer colaborar con vos desde a distancia pero tamén desde o interese polo que xa foi o I BIComún Ourense; unha boa e inmerecida ocasión para coñecer xente da que tanto se pode aprender e tan atractiva ao mesmo tempo. Vou expresar aquí unhas reflexións desde a obxectividade e como público, xa que como sabedes, tuven ocasión de visitar e participar da expo e tamén de falar coa xente e comentar a actividade. Descrición xeral da actividade Atractiva e interesante, didáctica e reflexiva. Motiva á interactuación, á observación e ao encontro do público e os axentes dinamizadores. Desde fóra semellaba que era unha proposta xa con moita rodaxe e iso foi en gran medida pola vosa actitude e involucración. A sinxeleza da exposición gráfica e espacial é axeitada para resolver cuestións, coma un cambio obrigado de situación; ou movela agora polas diferentes exposicións... Aproveitouse moi ben tanto os bens coma a súa situación xeográfica na cidade, e fose máis ou menos espontáneo ao principio, a ruta en bicicleta foi unha idea xenial. Eu non puiden participar claro, pero fóra o número de participantes ou as valoracións que fagades vós, é un bo xeito de complementar os obxectivos da actividade, de atraer máis público e en fin...xenial! Equipo colaborador e xestión Que dicir, xa lle molaría a deputación ou o equipo directivo de Coren. Xa vos digo que teño experiencia no traballo en equipo, e o de sempre, só fai falla boa vontade, iniciativa, ánimo, colaboración e por suposto


coñecementos técnicos e moitas habilidades...Así que un 10! De todos os xeitos, e pra non ser moi frívolo, a organización, o reparto de tarefas, o traballo de campo, a edición dos materiais, a difusión, as caixas e cartolinas a rotu e estar todo o día aí currando e por riba seguir a darlle protagonismo a actividade como exposición itinerante, amosa ás claras o que vos digo! Que o proxecto de Recuperar os nomes das rúas se incorporara foi moi positivo, tanto polos compañeiros que aportaron como pola iniciativa; creo que deberiamos tirar por aí en próximas edicións, buscar dentro do patrimonio e os bens da nosa cidade, expresións ou iniciativas sociais independentes e interesantes para darlle pulo e difusión e colaborar na súa conservación. Proposta de bens Como público participante xa vos digo que me resultou moi interesante; quizais me pareceron ao final demasiadas propostas, en serio. Quizais non é necesario ser tan ambicioso, dígoo máis ca nada para facer moitos máis eventos e porque é demasiada información. Quizais algúns dos bens naturais ou arqueolóxicos me sobraron ou puideron quedar pra outra ocasión: entre o Barbaña, o Castro de San Tomé ou o Monte Alegre...Ou que sabe, a Estación? Unha cousa que se me ocorreu pra fomentar a participación do público era facer coma unha especie de votación ou concurso para escoller aquel ben que más mole. Poderíase facer alí in situ, ao rematar a exposición; ou podemos promover a actividade online, nas redes sociais ou así; un sorteo dunha plantilla...


Isto podería favorecer que xente que non poida ir a expo participe igual... Pero ben! Non fagades moito caso eh! Xa sei que é unha cousa seria... Público participante e espazo Sorprendeume gratamente, xa que malia non ser un fervedoiro de xente, as que participaron fixérono moi ben e de xeito moi crítico. Xuntouse ademais xente de toda clase, razón, idade e circunstancia. Creo que esta actividade pode ir medrando pouco a pouco e que podería ter diferentes posibilidades e repercusión na visa sociocultural da cidade. O espazo foi ben escolleito, xa que como fixo calor puidemos tomar unha caña nunha agarimosa terraza, e seguir practicamente dentro da expo e observar a dinámica da actividade e da xente. Ademais, puidestes resolver o tema da calor e o sol cambiándoa para os soportais sen moita incomodidade. Creo que a idea de levala ao Posío aproveitando a edición da Bella Auria deixa xa aberta a posibilidade de celebrar os eventos en diferentes espazos, cousa que me parece moi ben. Sen máis amigos, valorar o voso traballo e a experiencia. Agradecervos todo e unha piscadela especial a María que ten que andar do Morrazo para OU, espero que lle rinda! Raúl Pinheiro_

Crónica BIComun Ourense (GL)  

Raúl Pinheiro :Sinensaio Produccións:

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you