Page 1


1) Adoro os días longos do verán que me dan momentos para soñar. Sempre xogo nos meus soños A que podo voar. Sempre penso nos meus soños que eu tamén podo amar. Se o amor non chega agardarei ata mañá... E se non ata o final para poder espertar nas areas do mar e soñar con cabaliños para poder xogar. E de súpeto póñome a cantar porque estou a gozar de todo o verán que acaba de pasar... Agora a chuvia e a neve volverán!


2) Canta fame no mundo! Cantos nenos sen xoguetes para xogar! Cantos nenos sen soños! Cantos nenos sen fogar! E todos eles sen amor que dar! Meu amor lles regalarei e un fogar lles atoparei para que o pasen ben, para que canten, xoguen e rían tamén! Ah! Xa non me quedan xoguetes para lles regalar! Aquel que os queira teralos que mercar! O que queirades mercar terédelo que pagar porque se non voume enfadar! Os nenos do mundo non van ter fogar!


3) O colexio está hoxe radiante. A festa acaba de comezar. Só hai que traer comida, música e a bailar! Todos nos seus postos, que imos gozar do amor que nos dá a vida, do que nós podemos dar. Preparados, listos e a cantar! Foguetes, petardos, que máis dá? Veña, que a festa comece xa! Que todo o mundo baile este vals! Que todo o mundo siga o compás! Que todo o mundo se poña a bailar este tango triunfal! Hai que xogar! Hai que mover o corpo! Para que a festa comece xa!


4) O sol saíu de paseo pola beiriña do mar.Foi por todas partes a visitar cada lugar. Quedou o día escuro porque o sol foi pasear. Volverá axiña? Cando volverá? Volverá pola mañá cando saias á ventá. Veralo moi radiante coa súa luz triunfante. E sairá á rúa para bailar e gozar. E o seu vestido brillará coma as estrelas no mar. A lúa descubrirase e axiña se namorarán. Onde está o sol? Cando volverá? Estou a agardar por el na beiriña do mar. E despois, cando remate o paseo, na súa casa do ceo o sol descansará.


5) Que tristes están hoxe as rosas! Que tristes as papoulas! Que tristes as bolboretas! Que triste o meu corazón! Quérote un montón! Sempre no meu corazón quedará a miña dor, mais non quedará rancor. Quedará a miña mágoa sen forzas para amar. Non me deixes, meu amor. Non marches sen máis. Non me deixes só, coa maleta na man. Por que me fixeches chorar ata o final? Por que me fixeches morrer por ti, maldito primeiro amor? O meu corazón non pode aturar máis... Sen ti vai romper a chorar...


Obradoiro de metáforas “ O máis grande que te pode pasar na vida é ser un mestre da metáfora” Aristóteles

1) O queixo é redondo. A lúa tamén. O queixo é branco. A lúa gústalle ben - Sara e Iria 2) A esa muller véxoa tódalas noites pola rúa. É tan fermosa que os meus ollos se embazan de amor. E polo día espíoa dende a miña ventá, e penso apesarado e con tristeza cando será miña. As cartas de amor que lle escribo véxoas e penso: Por que non me fará caso?


Ao remate do día choro pensando nela. É doutro home e estou preso no pozo da tristeza. Olalla e Aroa.3) A lúa é un queixo redondo e branco que vive no universo. Gústame a lúa porque é grande e ilumina o ceo Diego e Abel.-

4) A lámpada acesa iluminou a terra e espertou tódalas plantas. Deu luz e tamén calor E converteu as bruxas en santas. Xesús e Miguel.-


5) A lúa é ouro e prata, valiosa coma a amizade. A lúa vive na noite, a lúa é a claridade. Candela.6) A amizade é un diamante que é coma o teu corazón. Os amigos son coma a pel, unha compañeira fiel que nunca se separará. Xurxo, Diego e Hadrián.7) Raios de sol Os teus raios de sol alumean a noite de tan fermosos que son. Espertan o sol E tráennos a sorte. Patricia e Elsa.-


8) A pelota da boca A túa boca é unha pelota redonda e graciosa. A túa boca é carnosa coma calquera cousa. Andrea e Tamara.-

9) A lúa é ouro e prata, valiosa coma a amizade. A lúa vive na noite. A noite trae escuridade. Raquel.10) As caricias van polo mundo a visitar cada lugar, a axudar a xente a voar para ir ao país de Nunca Máis. Nati e Noelia.

OBRADOIRO DE ESCRITURA  

WORKSHOP OF POETRY

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you