Issuu on Google+

(

benvida Temos o gusto de presentarvos, recén saído do prelo, o... PEQUENO ESPARAVÁN. Si, si. Efectivamente. Claro que vos soa. Como podedes ver, Esparaván, a revista do centro, xa ten un irmán pequeno. O nome está facilmente xustificado: polo seu nacemento tan recente (este é o número 1) e tamén polo formato, máis manexable que o da súa irmá maior. Agora ben, non pensedes que o Pequeno Esparaván vai quedar atrás. O interese que espertará no público lector é indubidable. Agora que o tedes nas vosas mans, ben seguro que vos deixaredes engaiolar polos contidos e as fotografías. Que apostamos? Para que poidades expoñer libremente a vosa opinión sobre este novo formato, queda á vosa disposición a caixa de suxestións do centro. Verase reforzada, deste xeito, unha canle de comunicación, que desexamos sexa moi fructífera. Gozade coa súa lectura e contádenos que vos pareceu... A andaina do Pequeno Esparaván terá a continuidade que entre todos e todas lle queiramos dar. Non sexas ti a primeira ou o primeiro que lle reste unha páxina da súa existencia.

EQUIPO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

normaliesmaceda@terra.es

normaliesmaceda@terra.es

ESPARAVÁN

O PEQUENO

ESPARAVÁN NACE UNHA NOVA

PUBLICACIÓN

ies san mamede MACEDA www.iessanmamede.com

MARÍA MARIÑO

LETRAS GALEGAS 2007

(

O Pequeno

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a María Mariño Carou (Noia, 1907). Foi unha das escritoras máis importantes do século XX, aínda que viviu de forma discreta. María naceu no seo dunha familia humilde, era a cuarta de cinco irmáns. Foi poucos anos á escola e traballou como costureira polas casas. Anos despois, viviu nun pazo onde unha tía súa traballaba como cociñeira. O pazo tiña unha boa biblioteca e iso permitiulle o acceso a algunhas lecturas. Casou co mestre Roberto Posse. Despois duns anos no País Vasco, onde morreu o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresaron e instaláronse no Courel. A mediados dos anos cincuenta comezou a escribir poemas en galego e en casteIRIA BLANCO BLANCO. 1º ESO C. lán. Nas terras do Courel coñeceu a Uxío Novoneyra que promoveu a publicación destes versos. No ano 1863, publícase Palabra no tempo. O illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción das súas obras. María Mariño morreu vítima dunha leucemia e anos despois, Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos promoveron a publicación dos seus derradeiros poemas: Verba que comeza foi o título. A súa poética é intimista e caracterízase tamén polo uso dunha lingua de ruptura.

Último número de Esparaván

BEATRIZ PRIETO CORTÉS. 4º ESO A.

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2007. Número 1


s

e actividad

E

P

E

4

OUTUBRO MACEDA

Conferencia do calculista

5

S

NOVEMBRO MACEDA

Festividade de Halloween.

Jaime García Serrano.

6

NOVEMBRO MACEDA

Conferencia da artista Luz Darriba.

P

setembro

7

NOVEMBRO SANTIAGO

Visita ao Parlamento de Galicia e á Catedral de Santiago.

A

R A

10

20

NOVEMBRO

A CORUÑA

MACEDA

Visita a Imaxinarte e ao

Celebración da festividade do magosto.

20

V NOVEMBRO MACEDA

Exposición de cogomelos. Conferencia sobre Tatuaxes,

NOVEMBRO

“Celebración de “la chandeleur”

24

Á

NOVEMBRO MACEDA

Conmemoración do Día Internacional pola non violencia contra as mulleres.

percings e outras prácticas que modifican o aspecto corporal.

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2007. Número 1

obradoiro plástico na Fundación Barrié de la Maza.

N


, RALLIE TRO MA TE

GUA, IN ELIN TE RC RR CO

, CO NFERENC ICO IA S ÁT , M

P

E

O, BI AM

EA ,T

DÍA A DÍA ETC. E XCURS IÓ NS

1

DECEMBRO OURENSE

5

DECEMBRO MACEDA

Actividade do Diálogo e plantación dunha árbore.

Asistencia á representación teatral da obra La Odisea.

21

5

DECEMBRO MACEDA

Celebración do Día Mundial

FEBREIRO COLES

Visita ao Pazo de Fontefiz.

dos Dereitos Humanos.

12

FEBREIRO BELESAR

14 FEBREIRO: As letras van de amor

5

Visita á central de Belesar.

14

MARZO FRANCIA

MARZO

Intercambio sociocultural con

SANTIAGO

Francia.

Visita ao Instituto de Medicina Legal en Santiago.

15

Visita a La Voz de Galicia na Coruña.

MARZO A CORUÑA

xuño

Visita a Inditex.

23

ABRIL 23-28 ABRIL

PROGRAMA DESCUBRE GALIZA

3

24

MARZO ANDORRA

Viaxe didáctica destinada ao coñecemento do deporte do esquí.

17 MAIO CELANOVA

Xornada de convivencia.

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2007. Número 1

MAIO

LETRAS GALEGAS


P

E

Que tal o teu paso polo Ciclo de Explotación de Sistemas Informáticos? EN Moi positivo, aprendín moitas cou- C TREVIS TA ON sas tanto de programas informáticos e páxinas web como de insta- SILVIA lación e reparación de equipos e BLANC O redes. Foron dous cursos con DAMOT A moitas horas de prácticas na alumna d aula e xa teño un título para SExplotacióon Ciclo de istem de poder traballar. Infor as mátic os. Que che pareceu estar tres meses de prácticas nunha empresa de informática? Creo que é moi necesario para poñer en práctica todo o aprendido nos distintos módulos, tamén me pareceu interesante vivir o día a día na empresa, tratar cos clientes, resolver problemas e traballar en aplicacións informáticas. Tiven a sorte de facer un pouco de todo nos distintos departamentos da empresa, agora estou rematando uns informes e listados nunha base de datos. Que vas facer cando obteñas o título? Pois aínda estou pensando na posibilidade de facer o ciclo superior ou en traballar, o xefe da empresa na que estiven poríame en contacto con outra empresa que necesita informáticos pero creo que o primeiro que vou facer e sacar o carné de conducir que necesito para poder cumprir o horario das empresas. Que lle dirías aos compañeiros que están pensando en cursar este ciclo? Eu animaríaos porque é unha forma rápida de acceder ao mercado laboral que agora mesmo necesita profesionais da informática e cando rematen poden traballar ou seguir estudando un ciclo superior e despois incluso chegar á universidade.

ies san mamede Maceda

ies lagoa de antela Xinzo de Limia

l e r p a r a v i a x a r

Este curso escolar realizamos un intercambio co centro IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia. A actividade consistiu en elaborar un itinerario para visitar os lugares máis interesantes da zona. Os/as alumnos/as de 4º ESO A e B preparamos dúas rutas distintas. O primeiro que fixemos foi dividirnos en tres grupos. Ocupámonos de Xunqueira de Espadanedo, Baños de Molgas e Maceda respectivamente. Recompilamos información en folletos que nos proporcionaron os distintos concellos, en Internet e mesmo a través de testemuños. Posteriormente elaboramos a ruta. Sintetizamos a información e fixemos o programa de visitas (monumentos, museos, espazos naturais...), decidindo previamente o tempo que necesitabamos para realizar cada actividade. Tivemos en conta tamén os desprazamentos e establecemos os períodos de descanso, o aloxamento... A continuación situamos no mapa as zonas que iamos visitar e rematamos elaborando unha breve reseña sobre os distintos lugares. Por último, enviamos o traballo aos compañeiros de Xinzo. Agora só nos resta recibir a ruta elaborada por eles. OPINAMOS A realización desta actividade é unha acción moi positiva para ambas partes. Así, a persoa que realiza a visita ten a garantía de que eses lugares son de interese e quen a prepara afonda no coñecemento do propio contorno. O resultado final é un completo documento onde se recollen todos os datos precisos para realizar unha fermosa ruta da que calquera querería gozar. A realización dunha viaxe deste tipo é un privilexio porque asegura a visita a lugares puntuais e claves. OLAYA DOMARCO ÁLVAREZ / BEATRIZ PRIETO CORTÉS. 4º ESO.

ies san mamede MACEDA

ENL

O Pequeno Esparaván, nº 1


O Pequeno Esparaván nº1