Issuu on Google+

ESP Visitáronnos este curso: SERAFÍN ALONSO PINTOS XULIA BARROS BARROS XURXO SOUTO CELIA DÍAZ BEGOÑA MUÑOZ PAULA CARBALLEIRA Páxinas especiais de PREMIOS

NOVAS SECCIÓNS

ENTREVISTA RAMÓN CARIDE OGANDO

SUPLEMENTO DE REGALO CON ESTE

NÚMERO


ESP

preferente

2

EDITORIAL chegándonos ao mes de maio ve a luz un novo número da nosa revista escolar. Animados polos éxitos do curso pasado, no que recibimos o 1º premio provincial e 2º autonómico de revistas escolares no concurso Entre nós, en galego, continuamos a nosa andaina, sempre coa intención de que todos os que conformamos este centro sintamos que é o noso lugar de expresión. Agradecemos a todos/as os/as que co seu interese e traballo contribuíron a este éxito e os/as que continúan facéndoo.

A

COORDINA: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Mª Xesús Sarmiento Macías, Miriam González Iglesias, Rosario Expósito Linares.

COLABORADORES: Josefina Brea Castro, Mª Victoria Couto Vaamonde, Pilar Dávila Padrón, Fefa Fdez García, Yolanda Martínez González, Diego Rodicio Álvarez, Mª Belén Santos Ascarza-Tabarés, Manuel A. Vergara Perea, Cristina Bouzas López, Gabriela Carballo Requejo, Christopher Da Silva Álvarez, Sonia Dacal Bouzo, Jesús Del Campo Copo, Yerai Fariñas Calvo, Iria Garrido Glez, Francisco Garrido Bouzo, Cristina Janeiro Araújo, Óscar Márquez Conde, Delfín Martínez Conde, Rocío Prado Conde, Patricia Pérez Prieto, Ismael Rey Salgado, Denís Saá Fdez, Mª José Seara, Cristina Torres Prieto, Rocío Venancio Martínez. Alumnas/os de Técnicas de Expresión Escrita 3º ESO. Especial agradecemento pola súa colaboración a Delfín Martínez Conde e Cristopher Da Silva Álvarez.

Tes máis

INFORMACIÓN no interior da revista

DESEÑO E MAQUETACIÓN: Rosario Expósito Linares

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN: Domicilio: Rúa do Castelo, nº 3 32700 MACEDA Teléfono: 988463286/463217/ Fax:988463217 Correo eléctronico ies.san.mamede@edu.xunta.es

SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA

EDITA: E.N.L. IES SAN MAMEDE -MACEDACIÓN NORMALIZA EQUIPO DE LINGÜÍSTICA ¿Queres enviar algunha suxestión, un traballo para publicar, recibir información, consultarnos algo? Agora podes a través da rede. Aquí tes o noso enderezo electrónico?

m

alies

norm

a@ aced

.es

terra


sumario

3

ESP

Neste número:

SUMARIO 4. Información do instituto. Este ano celebramos ... O departamento de orientación informa.

6. Somos galegos? A peste negra. 7. Serafín Alonso Pintos, Xulia Barros Barros, Celia Díaz, Paula Carballeira, Begoña Muñoz... 8. No 2004 deixáronnos...

ESPARAVÁN

10. Actividades extraescolares.

Maceda, 2005.

14. Entrevista.

NS

SECCIÓ

letras

5

2004/0

Este ano cúmprese o cuarto centenario da primeira edición de El Quijote.

galegas A PORTADA 16. Poesía e relatos. 20. Libros, música, cine. 24. A páxina da cultura clásica. 26. Xesús Lorenzo Varela. 27. Experimentos. 28. Curiosidades matemáticas. 30. Halloween.Tarxetas de nadal.

2 3 4 5 6 7 8 9 16 20 22 23 24 26

20

27 28 30

EDITORIAL SUMARIO INFORMACIÓN INSTITUTO COLABORACIÓNS VISITAS CULTURA PREFERENTE CREACIÓN LIBROS MÚSICA CINE ACTA DIURNA LETRAS GALEGAS EXPERIMENTOS CERO CONCURSOS

12


ESP

INFOR MACIÓ O cen tro con N tinúa traballa nd xecto d o no proa calid ade.

MISIÓN, VISIÓN E ESTRATEXIAS DO IES SAN MAMEDE O curso pasado elaborouse no centro un documento formado por tres partes. Na primeira enunciouse o propósito ou razón de ser do noso centro, é dicir, que valores nos definen como tal. Na segunda parte, imaxinamos como nos gustaría ver o noso centro nun curto período de tempo. Por último, redactáronse as estratexias que se ían seguir para acadar as ideas formuladas nos apartados anteriores. E os resultados de todo este traballo foron os seguintes: O PROPÓSITO DO IES SAN MAMEDE DE MACEDA É: Proporcionar ao alumnado unha formación personalizada e integral, fomentando o respecto e a adquisición das liberdades e dereitos fundamentais mediante unha metodoloxía aberta e democrática que valore o esforzo e o coñecemento. Este proceso de ensino-aprendizaxe pretende responder ás expectativas académicas e/ou laborais dun alumnado independente. O noso centro, a través do funcionamento participativo e coherente, aspira a converterse nun referente na comarca, capaz de dinamizar e harmonizar actividades socioeconómicas e culturais. O IES SAN MAMEDE ASPIRA A: - Mellorar o rendemento escolar do alumnado, desenvolvendo hábitos de autodisciplina, traballo e orde, e a participación nas actividades do centro; educando no respecto ás instalacións e ao contorno; atendendo axeitadamente a súa diversidade; elaborando as programacións de aula en cada departamento de xeito coordinado entre os seus membros; e mellorando os mecanismos para actuar ante o alumnado que presenten problemas de convivencia. - Progresar nas condicións do ensino que ofrece o noso centro: fomentar a relación entre os departamentos e o funcionamento da CCP; ampliar o profesorado, especialmente o de apoio, e reducir a ratio profesor/a-alumno/a; conseguir unha maior cooperación entre alumnado e profesorado; e participar en programas europeos. - Ter boas relacións no seo da comunidade educativa e un bo ambiente de traballo, baseándose na cordialidade, o respecto, o diálogo, o compañeirismo e a disciplina. - Potenciar a presencia do centro no seu contexto e convertilo nun referente educativo na comarca de Maceda mediante a oferta dun ensino público de calidade e recoñecido socialmente, polo que se fomentará unha maior comunicación entre os distintos sectores da comunidade educativa, unha boa relación coas empresas colaboradoras e a orientación laboral e académica do alumnado. - Impulsar o ciclo formativo, informando do seu funcionamento e saídas profesionais, e ampliar a oferta educativa cun ciclo formativo de grao medio de Informática e sen excluír outros, atendendo á demanda da comarca. - Mellorar as infraestruturas (pista cuberta, biblioteca, aula multimedia, implantación das novas tecnoloxías) para que o noso alumnado teña as mesmas oportunidades que os demais; conseguir que o alumnado respecte as instalacións e o contorno; e buscar novas estratexias de financiamento. - Ter implantados os procesos de xestión da calidade. ESTRATEXIAS: - Elaborar un plano de técnicas de estudio para facilitar a adquisición dos coñecementos académicos e crear hábitos de autodisciplina, orde e traballo. - Fomentar a motivación do alumnado, mediante a organización e participación en premios e concursos, e a disciplina, por medio dun compromiso de coordinación por parte do profesorado para a busca de actuacións conxuntas. - Elaborar un plano de actividades extraescolares que preste especial atención aos temas transversais enunciados no PCC. - Rentabilizar as instalacións do centro impartindo cursos de formación de adultos, facilitando o acceso e uso da biblioteca, salón de actos, pistas deportivas, aulas de informática,... en servizo da poboación da comarca. - Analizar a realidade social e cultural para dar resposta ás necesidades do contorno mediante o encontro frecuente entre o centro e as institucións e empresas da comarca, organizando xornadas de encontro entre os distintos sectores da comunidade escolar. - Desenvolver o sistema de xestión da calidade para dotar ao centro dunha estrutura organizativa autónoma e participativa (continuar cos grupos de traballo, implantar os procesos deseñados paulatinamente e dotar ao centro dos medios e instalacións adecuados. - Crear unha bolsa de traballo para favorecer a inserción laboral do alumnado. - Fomentar a participación en programas europeos.

Información

información

4


ESP

instituto

ESTE ANO CONMEMORAMOS NO CENTRO

ESPARAVÁN

31 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

6 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

SABÍAS QUE...? ESPARAVÁN significa “Espavento, xesto propio dunha persoa toleirana”. Quixemos pescudar (moitos/as fostes os que nolo preguntastes) por que as/os nosas/os compañeiras/os, alá polo ano 1993 cando iniciaron a publicación da revista, escolleron este nome. A explicación atopámola no editorial do segundo número. Escribían entón “Esparaván xa non é aquel proxecto irrealizable na mente duns tolos, ten vida propia, ten, sobre todo, voz propia”.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SABES CAL É O TEU HOBBY?

LECER

DIVERSIÓN

OCIO

POR BELÉN SANTOS ASCARZA-TABARÉS

ANÍMATE A ELIXIR E GOZA CON EL.

stamos rematando o curso e é moi importante que organicemos e planifiquemos outro ámbito da nosa vida como é o tempo de lecer. Nestas liñas imos reflexionar sobre algúns aspectos: O equilibrio dos momentos de traballo, exercicio

E

Que te relaxe, descansando física e psicoloxicamente. Que o pases ben. Que che dea enerxías novas para vivir o cotián. Que combines o máximo de creatividade co mínimo gasto. Que non te divirtas a custa doutras persoas.

físico, ocio, diversión axudarate a que teñas un mellor desenvolvemento persoal. Pensa ¿Non che parece raro que, sendo cada persoa tan distinta das outras exista tanta homoxeneidade na forma de se divertir? Non sigas o que fai todo o mundo, a non ser que che guste.

Que colabores a que as túas amigas e os teus amigos tamén o pasen ben. Hai xente da túa idade que está desexando ter un momento de lecer para se dedicar ao seu hobby: facer fotos e revelalas, facer ensaios co vídeo, coleccionar, escribir contos, escribir poesías, escribir o seu diario, navegar

Non aceptes que outros planifiquen as túas diversións sen contar cos teus intereses. Pódeste guiar por algúns criterios para saber se empregas ben o teu tempo de lecer: Que che produza saúde. Que che proporcione alegría.

por Internet, aprender a tocar un instrumento musical, construír calquera obxecto, facer teatro, andar en bicicleta, cantar, bailar, etc. Sabes cal é o teu hobby? Anímate a elixir e goza con el.

Instituto

5


colaboracións

6

Delfín Martínez Conde

A. SOMOS GALEGOS? comunidade Autónoma galega é bilingüe. Tendo en conta a consideración que gran parte dos galegos lle teñen á lingua, ¿que é máis correcto: falar de bilingüismo ou referirnos a diglosia? Para responder a esta pregunta non hai que recorrer ás máis importantes estatísticas do momento, chega con botar un ollo na sociedade na que se vive. Nos lugares e nas aldeas, aínda é habitual o emprego dunha lingua ou doutra dependendo do contexto no que un se atope: Pódese comezar pola publicidade das pequenas tendas das vilas: “ Venta de objetos de regalo”, “Técnico en electricidad”, “Los mejores vehículos de ocasión”. Estas frases en lingua castelá son normais nunha sociedade na que todo o mundo coñece e fala perfectamente a nosa lingua. Na situación actual de Galiza, obsérvase un importante fenómeno de diglosia. Tradicionalmente considerábase que o galego era apto para as conversas familiares... pola contra o castelán empregábase para a comunicación escrita ou de carácter formal. A pregunta que agora habería que facerse é se a mentalidade dos galegos evolucionou? Antes de referirme a datos extraídos de estudos sobre o emprego do galego, gustaríame retornar ás miñas observacións de afeccionado. Para iso desexaría reproducir, por exemplo, un diálogo

A

homólogo aos tantos que, minuto tras minuto, se repiten en tendas, prazas, rúas... -Moi boas tardes -encabeza a conversa un cliente dunha tenda. -Ola, boas -respóstalle a/o dependente. -¿Poderíame mostrar un xogo manual para un neno de 4 anos -continúa o cliente que vén acompañado do seu fillo de catro anos. -Logo dunha pausa- Aquí ten. -¿Te gusta? Esta é unha pregunta que o pai, galego de nacemento, lle formula ao fillo, a única lingua que este e outros moitos cativos escoitan nas súas casas. Responsables: pais, avós, tíos... que consideran, desgrazadamente, que o castelán é máis “fino” que o galego e desexan que a lingua que fale habitualmente o seu fillo cando medre sexa esa. Ante esa alarmante situación que soamente é un exemplo, que actitudes se deben de tomar? Aínda que siga describindo diversas situacións deste tipo, sería inútil incidir en algo que todos xa sabemos. Todo isto anteriormente mencionado é un claro exemplo de diglosia. Tendo en conta datos obxectivos, as estatísticas dos usos lingüísticos de Galicia amosan un moi pronunciado descenso do galego que segundo a idade diminúe. Aproximadamente, soamente o 23,5% da poboación de entre 16 e 25 anos fala galego. O que agora temos que pensar é que esta xuventude será a base da sociedade galega nun futuro non moi lonxano. ¿Estamos dispostos a dicir nun futuro, que temos unha lingua oficial que soamente a falan 23 de cada 100 persoas?

s o

m o

s

a g

g e l

s o

B. , 4º A

z Álvare a v il S a pher D Cristo

A PESTE NEGRA

O máis grande asasino de Europa

a mediados do século XV

foi a peste negra.

E

sta enfermidade chegou a Europa nun barco procedente de Asia. Nun principio non se trataba dunha enfermidade humana, senón unha enfermidade de roedores. Unha das primeiras mostras da chegada do andazo (cuxo axente era a bacteria Pasteurella pestis) foi a estraña aparición de ratas mortas. Sucedía que a rata ía acompañada de parasitos (pulgas) que vivían con ela, polo tanto, elas tamén transportaban a enfermidade. Cando a rata morría, a pulga tiña que buscar outra forma de obter alimento. Atopouno nas persoas, ás que o insecto picaba inoculándolles a bacteria que provocaba a enfermidade. A enfermidade podía manifestarse de tres formas: 1. Presentarse coma unha afección pulmonar que causaba unha gran insuficiencia respiratoria. 2. Tamén se podía presentar en forma de peste bubónica, que era a máis frecuente. Consistía na aparición de ganglios linfáticos avultados nas íngoas, sobrazos e pescozo. A peste negra diezmou a poboación de Europa e América. Atribuíuse aos xudeus a aparición desta doenza por infectar pozos e corromper o aire.

Colaboracións

4º A

ESP


7

ESP

visitas

Os/as protagonistas

... Paula Carballeira

O 31 de xaneiro conmemorando o Día da Paz recibimos a visita de dous cidadáns senegaleses.

Este curso recibimos a visita de diferentes conferenciantes. Con todos/as eles/as tivemos a sorte de poder compartir experiencias, anécdotas, dúbidas...

Impartiu unha charla aos alumnos/as de 2º ESO.

Baixo o título de “Fomento da lectura”, unha actividade desenvolvida na Biblioteca do Concello de Maceda, o alumnado de 4º ESO puido comprobar o labor da ilustradora Xulia Barros Barros, esta faloulles do proceso de ilustración dun texto. O alumnado elixiu unha palabra e ilustrouna baixo a atenta mirada da invitada.

Celia Díaz

Begoña Muñoz O día 18 de marzo falou do xénero dramático ao alumnado de 4º ESO.

XULIA BARROS BARROS

Ilustración realizada por Xulia Barros para o alumnado do IES San Mamede.

Chis Chisgarabís. Pedro e as nubes. A porta dourada. O cacarabicolé. Contos da viaxe. O gato de la. Contos do reino de mamoranguá. Vocabularios do sector téxtil.

SERAFÍN ALONSO PINTOS falou de “Tendencias da normativa”

XURXO SOUTO Visitou o centro o 20 de maio

Visitas

ilustradora de títulos como:


ESP

Cultura

cultura

8

DEIXÁRONNOS NO 2004...

LUÍSA VILLALTA Naceu en 1957 na Coruña. Cultivou diferentes xéneros de creación literaria. Autora dunha extensa obra poética e narrativa, participaba regularmente en recitais e en actos de difusión da poesía galega. Faleceu en marzo do 2004.

2

ANTÓN TOVAR

3

MANUEL MARÍA

Naceu na comarca da Limia, no ano 1921. Poeta, foi un dos nomes claves da “Promoción de Enlace”. Dixo del Delfín Caseiro: “tivo sempre unha ideoloxía de rebeldía que o facía sentirse insatisfeito con el mesmo e coa vida”. Faleceu en xuño do 2004.

Naceu en Outeiro de Rei (Lugo) en 1929. De si mesmo dixo: “eu de min soio sei, con seguridade, que escribo versos. O que aínda non sei é si son poeta. Eso dirao, en definitiva, o tempo” Faleceu en setembro do 2004.

EDUARDO BLANCO AMOR 25 ANOS DO SEU PASAMENTO Naceu en Ourense no ano 1897. Tras emigrar a Arxentina realizou dúas viaxes á Península onde trabou contacto con Castelao, así como con varios intelectuais do Partido Galeguista e do Grupo Nós. En Bos Aires, Otero pediulle que colaborase na revista Nós. Na segunda estadía (1933-35), coñecería algúns dos membros da Xeración do 27 española. Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que se constituiría nun dos grandes da narrativa galega. Xa de volta en Galiza, deu ao prelo outra obra de enorme éxito: Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para Títeres, 1973; Teatro pra a xente, 1975). Morreu en Vigo en 1979.

ALUMNOS/AS DE TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA 3º ESO.

1


ESP

preferente

premios

IOS

PREM

CURSO

4

2003/0

Foi un ano importante en premios. Acudimos a Ourense, á Pobra de Trives, Carballiño e Celanova a recoller os premios provinciais. As compañeiras de matemáticas desprazáronse á Coruña. No mes de xuño achegámonos ata Santiago para asistir á entrega dos premios autonómicos do concurso Entre nós, en galego.

OS GAÑADORES Cristina Bouzas López, foi a gañadora de varios premios provinciais e autonómicos en diferentes certames co seu relato “Clin, unha pinga de auga”.

2

1 ESTEBAN FORMOSO BOUZAS e JOSÉ IGLESIAS RIVAS

1º PREMIO provincial de relato curto no Certame Celso Emilio Ferreiro de Celanova, no VI Certame de narración curta de Carballiño e no concurso Entre nós, en galego e 1º premio autonómico neste último concurso.

REVISTA ESCOLAR 1º premio provincial e 2º premio autonómico no Concurso Entre nós, en galego.

recibiron o 1º e 3º PREMIO provincial respectivamente na Olimpíada matemática.

3

CRISTINA NIETO recibiu

o 1º PREMIO de poesía no Certame provincial Manuel Luís Acuña da Pobra de Trives.

Rosa Alba Cid Formoso recibiu unha mención no Concurso literario autonómico Repsol co relato “Cara unha vida nova”.

Premios

9


preferente

10

ESP

, CO NFERENC ICO IA S ÁT , M

O, BI AM

, RALLIE TRO MA TE

EA ,T

GUA, IN ELIN TE RC RR CO

axenda 5 OUTUBRO

ETC. E XCURS IÓ NS

22-29 SETEMBRO

15 OUTUBRO

VIGO

MACEDA

IES SAN MAMEDE

Exposición no campo da feira

Asistencia á obra de teatro

OS SEGREDOS DAS ÁRBORES

PEQUENA HISTORIA DE JAZZ

Charlas impartidas pola Cruz Vermella EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

18 OUTUBRO

25 OUTUBRO

IES SAN MAMEDE

IES SAN MAMEDE

12 NOVEMBRO IES SAN MAMEDE

Charlas da Cruz Vermella

Charla dun técnico de son.

MAGOSTO

SEN

VIOLENCIA CONVIVENCIA

Recollida e exposición de cogomelos.

17 NOVEMBRO SANTIAGO

Asistencia á obra de teatro

21 DECEMBRO

Feirantes .

17

DECEMBRO

BIBLIOTECA DE MACEDA

OURENSE

DECEMBRO

Asistencia a FORUM ENSINO.

Asistencia á Charla-Taller da ilustradora Xulia Barros.

22 FESTIVAL

NADAL


ESP

preferente

11

2004/05 31 XANEIRO

31 XANEIRO

4 FEBREIRO

ANDORRA

IES SAN MAMEDE

IES SAN MAMEDE

ENTROIDO

EXCURSIÓN Á NEVE

DÍA DA PAZ

OURENSE

Asistencia á obra de teatro LE MEDÉCIN MALGRÉ LUI.

23 FEBREIRO

28 FEBREIRO

VIGO

MACEDA

Visita ao Museo da Palabra e o Museo Quiñones de León.

Intercambio: alumnado francés visita Maceda.

7 MARZO VIGO

SANTIAGO

Visita á Catedral.

Visita a Citroën.

9 MARZO PORTOQUINTELA

Visita a Aquis

14 MARZO

Querquennis.

ALLARIZ

Visita á Central

15

Biomasa. MARZO

18

IES SAN MAMEDE

MARZO

POLÍGONO SAN CIBRAO

Visita industria de proceso químico.

XIII Rallie Matemático.

17-20

MAIO

IES SAN MAMEDE

21 ABRIL

29

ABRIL

O GROVE Olimpíada matemática

Visita ao Aquarium Galicia.

13

MAIO

SEMANA LETRAS GALEGAS

Charla

de XURXO SOUTO

e moitas actividades máis.


ESP

preferente

P EX

N CIÓ I OS

LO OME G CO

S

EXPOSIC I ÓN

AP AZ

2

7

DÍA D

IDO

1

4

5

M TE MA

CO RR EL ING

6

UA 2005

3

ÍADA OLIMP A IC ÁT

Este curso FE no IES ST IVA San LD Mamede EN ADAL desenvolvéronse, coma todos os anos, actividades complementarias e extraescolares. As actividades foron moitas e variadas, todas interesantes, algunhas novas, outras xa tradicionais como o intercambio, o correlingua, a recollida e exposición de cogomelos, o rallie e a olimpíada matemática, as charlas da Cruz Vermella organizadas polo departamento de orientación, a excursión a Andorra de 1º BAC... Recibimos a distintos conferenciantes; realizamos excursións; celebramos o magosto, o nadal,o entroido; conmemoramos

.

O TR EN

8

gu

BO DE GÓ NS

As

c

tiv

que no s e d a s d i

n.. sta

a

12

A INTERC

N RA F O MBI

o día da paz e do medioambiente; gozamos con interesantes exposicións de traballos, algúns realizados na aula de educación plástica polo alumnado de 4º ESO, outros feitos por alumnado doutras materias. Todas/os encheron cos seus traballos

A CI

corredores e aulas.

Participamos activamente na celebración da Semana das Letras Galegas con actividades variadas, a organización dunha exposición fotográfica e a visita de Xurxo Souto coma colofón á semana, foron algunhas delas. Alumnado e profesorado, puxemos da nosa parte para que este curso fose importante en colaboracións e relevante en participación.

As actividades foron moitas e variadas, todas interensantes, algunhas xa tradicionais outras novas.


ESP

preferente

13

DE EXCURSIÓN AO TEATRO

Z

PE

A PREMIADA CONTA A SÚA

AS

UZ

EXPERIENCIA.

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato desprazouse a Santiago o 17 de novembro para presenciar unha obra de teatro titulada Feirantes. Tratábase dunha adaptación de Eduardo Alonso interpretada por Luma Gómez. Un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro Os outros feirantes.

a

mañá comezaba algo fría pero a pesar diso, o ánimo de todos era alegre ao longo da viaxe cara a Santiago de Compostela. Xa montados no autocar, cadaquén dispúxose a falar cos amigos/as e compañeiros/as ou a durmir esas horas de sono que a miúdo nos faltan. Chegamos a Santiago ao redor das 10:15 h da mañá polo que tivemos tempo de sobra para ir tomar un café, xa que o teatro non comezaba ata as 11h. No teatro puidemos ver un monólogo dunha vaca de “raza galega” que estaba no matadoiro a piques de morrer ( aínda que ela non o sabía). Durante a súa espera, íanos contando historias baseadas en textos do libro de Álvaro Cunqueiro Os outros feirantes, como se ela formase parte do relato. Ao rematar a obra puidemos falar coa actriz protagonista, que contestou amablemente a todas as preguntas que lle foron formuladas polos presentes na sala.

Un espectáculo sinxelo, feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con todos os públicos. Xa á saída do teatro, as profesoras deixáronnos tempo libre para ir comer e visitar a cidade pola nosa conta. Algúns aproveitaron para ir ver a catedral, mentres que outros foron ás numerosas tendas distribuídas polo casco vello da cidade na procura dun recordo da capital de Galicia.

!

A sala Yago de Santiago ofrece unha programación que pretende establecer unha relación entre o teatro e o ensino medio. Esta programación desenvólvese dous días á semana baixo a denominación xenérica de “Teatro para o ensino medio”.

o

A IN

BO

T

IS

CR

primeiro certame de premios ao que asistín foi o día 27 de maio de 2004. O autobús que nos levaría ata Ourense estábanos esperando ás 9:30 da mañá a carón do instituto. Subimos os meus compañeiros/as e mais eu, estes viñeron para acompañarme e darme ánimos. Chegamos ao pavillón onde se daban os premios e as profesoras e mais eu separámonos do grupo para sentarnos máis adiante. Mentres estiven alí sentada pasábanseme miles de cousas pola cabeza e cando a presentadora do certame dixo o meu nome púxenme moi nerviosa!!! Non sabía que facer, pensaba que nada máis erguerme ía caer no medio de tanta xente, por fin fun recoller o premio acompañada polo director do meu instituto. Recibino do Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, quen me deu a noraboa. Tras ver algunhas actuacións marchamos de volta a Maceda. O segundo certame, esta vez de premios autonómicos, foi en Santiago. Ese día pódese dicir que aínda estaba máis nerviosa. Chegamos ao Pazo de Congresos sobre as dez da mañá. Comezou a entrega de premios e tiven que sentar soa, isto desgustoume bastante. Estiven sentada ao lado dunha rapaza que non cesou de falar antes da entrega de premios. Por fin chegou o momento, todos os premiados recollemos o galardón: unha impresora, ademais dun diploma e unha pequena estatua.

“MENTRES

ESTA ALÍ PASÁBANME MILES DE COUSAS POLA CABEZA E CANDO A PRESENTADORA DO CERTAME DIXO O MEU NOME PÚXENME MOI NERVIOSA. NON SABÍA QUE FACER” Ao rematar o certame marchamos cara ao autobús onde comemos uns bocadillos. Mereceu a pena o esforzo feito e o tempo empregado en facer o relato, recibín uns bos premios e pasámolo moi ben os meus compañeiros/as e mais eu en ambas ocasións.


14

entrevistas

ENTREVISTA CON Ramón Caride Ogando. O escritor fala para Esparaván.

ESP

POR DELFÍN MARTÍNEZ CONDE

ende Maceda, vila coa que o escritor está moi vinculado, imos dirixirnos a un dos escritores máis prolíficos da literatura galega contemporánea. Estamos a falar de Ramón Caride Ogando, todo un mestre que temos a sorte de ter como veciño consorte. As súas raíces están en Cea aínda que o destino quixo traelo aquí. Cultiva diferentes xéneros literarios sendo gañador de numerosos premios literarios. Destaca tamén pola promoción de actividades culturais na nosa comunidade, preside a Asociación Cultural Santa Compaña de Cambados. É un coñecido colaborador da maioría dos xornais galegos tales como La Voz de Galicia, Faro de Vigo... e das mellores revistas literarias. Todo un persoeiro, en resumo, co que hoxe temos a sorte de poder conversar grazas á súa xentileza ao atendernos.

D

Esp: Cada vez que publica un libro, chegan os recoñecementos e o seu reclamo por parte de todos os medios culturais,

sendo considerado un dos máis grandes persoeiros da literatura contemporánea. Como se autodefiniría vostede? R. Caride Ogando:Creo que fago un traballo o mellor que podo. Considérome un artesán da palabra. Eu simplemente trato de facer poemas ou contar historias o mellor que sei. É certo que me recoñecen moito pero publiquei o meu primeiro libro no ano 1986 e houbo épocas duras nas que ninguén me facía o menor caso, co cal isto hai que tomalo con certa filosofía: nas épocas malas non desanimarse e nas boas non subirse moito ao burro porque é variable a recepción que ten a obra. O importante e tentar facela ben e que os libros queden ben. Esp: Ás veces os estudantes descoñecemos aspectos tan básicos como o proceso de publicación dun libro. Que fases se teñen que superar para que unha obra poida chegar ás mans dos lectores? R. Caride Ogando:Para isto hai unhas empresas chamadas editoriais das cales hoxe en día hai bastantes en Galicia.Ti levas á editorial un libro que, xeralmente vai en forma de disquete ou de CD, por un medio electrónico. Tamén se envía unha copia en papel encadernado. Logo as editoriais len e seleccionan sobre iso. Ao principio é bastante difícil porque hai moita produción e a editorial quere recuperar os cartos que inviste no libro xa que é un proceso bastante caro. Para unha persoa descoñecida é complicado. Esp: Desgrazadamente, as estatísticas mostran que os índices de lectura diminúen entre os mozos de catorce a dezaoito anos. Cales coida que son as causas deste declive? R. Caride Ogando: É unha época na que hai unha brisa á vida e un andar de festa polo que hai menos tempo para ler. De todas maneiras, iso pasounos a todos e coido que non ten maior importancia. Eu tamén lía pouco naquela época. O importante é ter hábito de lectura e, a pesar de que se perda nesa época, recupérase facilmente. Esp: Non considera que os fulminantes efectos do audiovisual fan que diminúa o prestixio do libro? R. Caride Ogando: Eu creo que non. Isto é unha polémica que hai de sempre. Podo dicir que no ano 75 foi cando xurdiu e, dende aquela, apareceu internet, os videoxogos e a produción literaria non minguou: en Galicia publícanse case 1.000 títulos novos cada ano, á parte dos libros que non se conseguen publicar. O que pasa é que é unha industria que está en reconversión, como tódalas industrias; ademais os hábitos de lectura cambiaron, agora os lectores vanse máis a un libro de formato, ben feito, mais a calidade das publicacións actuais non é a que debe ser. O libro, como tal, eu creo que non está ameazado. Esp: Sendo un escritor que cultivou a poesía, a narrativa e o teatro, así como, tan diferentes temas que van dende a ciencia ficción ata o puro realismo, con que se sente máis identificado? R. Caride Ogando:A min o que me gusta do relato, da novela ou do poema é que podes falar de calquera cousa. Nun momento vénseche o argumento fantástico á cabeza e escríbelo e, nese intre, es un escritor de literatura fantástica pero, logo, aparéceche unha historia que che contan e que aconteceu realmente, como algunhas que sucederon aquí, en Maceda e tamén trato de escribila. Eu síntome a gusto co que fago en cada momento, non é que unhas Ramón Caride Ogando posou para Esparaván. cousas me gusten máis que outras. Tamén é algo vocacional: como ninguén me obriga, se non me apetece escribir algo non o fago. Esp: En todas as súas obras podemos atopar unha exemplar combinación de distintas formas de narrar e, sendo pioneiro na maioría dos temas das súas creacións, considérase un renovador da literatura, tal que Blanco-Amor no seu día? R. Caride Ogando: Nin moito menos. Eu estou moi por debaixo de Blanco Amor. El si que tivo moito mérito!. Xa quixera ser eu un renovador como Blanco Amor. Pero, Blanco Amor era unha persoa privilexiada, tiña un talento excepcional, unha capacidade e unha entrega á literatura, isto é, dedicábase á literatura e non facía outras cousas. Eu teño que gañarme a vida con outras actividades. El, ademais, devolveulle o prestixio á literatura galega, inventou a narrativa galega. Con A esmorga, Xente ao lonxe ou Os biosbardos recolleu as formas máis modernas que había de narrar e aplicounas aos temas tradicionais. Iso só o pode facer unha persoa na historia. Eu, simplemente, son un seguidor del. Esp: Said e Sheila, sempre dentro das súas perigosas e heroicas fazañas científicas, foron dous máis da nosa panda de amigos dende ben cativos. Dende a perspectiva de dous rapaces do futuro, cal é a principal mensaxe que lle quere transmitir ao lector máis novo? R. Caride Ogando: A idea que lle quero transmitir é que os problemas teñen solución, é dicir, que se pode facer algo fronte á degradación do medio ambiente, á destrución da cultura, ao caciquismo, ao asoballamento que temos en moitos aspectos…Que non é de recibo nin sequera para o noso equilibrio mental dicir que estamos nun mundo que se vai ao tacho e no cal non podemos facer nada porque iso é unha idea perigosa. Fronte a ese pasividade mental que, en moitos casos vén inducida polo poder, eu o que quero dicir que se pode facer algo e Said e Sheila móvense e algo van conseguindo. Esp: Unha linguaxe dura e realista xunto cuns perceptibles finais tráxicos están sempre presentes na súa obra. Afirmaría que ese é o motivo que engancha o lector aos seus libros. R. Caride Ogando: Non o sei. A min resúltame moi difícil saber que é o que engancha ao lector dos meus libros. O libro concíboo dende un primeiro momento e cando teño a obra rematada hai un proceso detrás, o lector recibe o libro e non sabe como se xestou iso. Pero supoño que si porque a forza do tráxico é moi evidente na narrativa. Entre a novela rosa e a novela negra, a negra, a negra sempre ten máis éxito.


15

entrevistas

ESP

Esp: Dende o comezo vostede sempre escribiu en galego. Existe, aínda na nosa sociedade contemporánea unha subestimación das obras só por estar escritas na nosa lingua? R. Caride Ogando: Das obras literarias poida que non pero si do galego como lingua. É unha cousa tremenda. Por exemplo, La Voz de Galicia que, por unha parte fai unha labor moi estimable: creou a Biblioteca 120 que foi unha obra moi boa pero agora sacou o Suplemento Cultura nº 100. Gran parte dese suplemento está en castelán nun xornal como La Voz no que aínda ten certa presenza o galego, noutros xornais tamén ocorre o mesmo: pode vir unha entrevista comigo ou con outro escritor e aparece en galego pero o 99% da publicación aparece en castelán e iso é absurdo porque o galego é o noso idioma. Non lle hai que buscar ningunha razón política nin social para usalo e mentres non se normalice, e os medios de comunicación son un síntoma, o libro galego perde prestixio, pero pasa en xeral, non só nos libros senón en toda a sociedade. Esp: E coñecendo estes datos é mais optimista ou corrobora a teoría dalgúns lingüistas que di que por falta de tradición en pouco tempo a lingua desaparecerá? R. Caride Ogando: A lingua existiu antes que os lingüistas. Falta de tradición non temos, pode ser falta de uso. A lingua é do que a fala: do agricultor, do empregado de banca, do mestre…Eses son os que fan a lingua e mentres se fale non desaparece. Se a sociedade opta por deixar de falala a lingua desaparece. Os lingüistas non teñen moito que facer niso, é unha sociedade que adopta unha lingua e a abandona. Esp: Da súa multipremiada e ampla bibliografía, cal é o libro que con máis agarimo recorda? R. Caride Ogando: Para min esta pregunta sempre ten unha resposta tópica: os libros son coma os fillos e, como lle vas querer a un fillo máis que a outro? Aos primeritos libros téñolles cariño porque é a maneira de iniciarte nunca actividade e porque me custou moito publicalos. Agora non me parecen libros que estean ben feitos, de feito, non os vou a reeditar.Teñen moitos erros. Daquela non sabía escribir ben ou escribía peor que agora pero teñen o valor de ser os primeiros. Os últimos, probablemente, son menos frescos porque sempre se tende á repetición pero, en xeral, téñolle cariño a todos. Esp: Resúltalle doado combinar o seu traballo de mestre co de escritor? R. Caride Ogando: Na vida non hai nada doado. O que pasa é que “sarna con gusto non pica”. É moi difícil. Antes falabamos do caso de Blanco Amor que non tiña vida familiar nin outro tipo de actividade e mesmo lle resultou complicado. Se se ten que ter unha actividade para gañar a vida e unha familia, vivir nun mundo real e ao mesmo tempo escribir, sempre crea conflitos pero asumímolos e vivimos con eles. Supoño que se, ao cabo dos anos, somos capaces de seguir é que encontramos formas de tourear con todo. Esp: Supoño que, xa dende moi pequeno, se vería fascinado pola literatura. Cal é o libro que con máis agarimo recorda da súa infancia? R. Caride Ogando: O que máis me recorda é unha colección de novelas policiacas do FBI. Eran novelas de quiosco cos momentos básicos da épica: a incerteza do final, a tensión do argumento, personaxes bos e malos… Coido que iso foi o primeiro que lin fora da escola que máis me enganchou á escrita. Iso na primeira infancia, cara aos dez anos. Logo a poesía, pero xa máis adiante, con 14-16 anos Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, xente que eu coñecín e que para min foron modelos atraéronme moito. Son moitos libros. Non che podo dicir un concreto. Seguro que o que me acordo agora non é o mesmo que o que lembre dentro de cinco minutos. Esp: Xa sabe que o departamento de galego do noso centro elixiu como unha das lecturas obrigatorias dos alumnos a súa recente obra A negrura do mar. Que mensaxe lle enviaría a aqueles que se acheguen ás súas páxinas? R. Caride Ogando: Eu creo que teñen que enfrontarse á obra con espírito aberto.Todos temos moitas ideas porque visualmente foi moi potente a imaxe da marea negra do Prestige, supoño que aquí se notou menos pero foi un revulsivo moi forte sobre todo na costa. Tamén consta da historia das vacas tolas, a primeira infancia de Said e Sheila e, en fin, creo que a mensaxe está aí e que cada un pode atopala libremente. En xeral, a chamada acción para mellorar o mundo é a idea esencial que quero transmitir. Esp: Os seus libros das aventuras de Said e Sheila foron ilustrados por alguén a quen tódolos galegos da nosa xeración, dende ben cativos, ansiamos coñecer pola súa creación do Xabarín. Que opinión lle merecen os debuxos animados ou a banda deseñada? Acepta a opinión pública que afirma que só vai dirixido aos cativos ou ata estar ben informado culturalmente non se é quen de valorar o esforzo que require a realización dunha obra, tal que a de Milguelanxo Prado? R. Caride Ogando: Hai que diferenzar entre a valoración crítica ou dende un punto de vista formal: se o debuxo está ben feito, se está ben producido, se a color é boa ou é mala…Iso só o pode facer un adulto. Pero, por outra banda o Xabarín engancha aos rapaces. Eu teño unha filla de seis anos e, dende logo, o Xabarín é a ferramenta que temos para enganchar aos rapaces máis pequenos ao galego. Seguramente sen Xabarín a situación do galego nas primeiras idades sería moito máis precaria. Pero o Xabarín está sufrindo moitas carencias dos pais. Ademais os rapaces poden comprender calquera temática. Eu dixen cando recibín o premio Merlín que os rapaces non son lectores de segunda división. Coido que temos moi pouco valorada a televisión, a lectura dos rapaces e, de feito, as sociedades que cremos avanzadas como a inglesa producen as series como Os teletubbies, Os Hobs… que son marionetas educativas. De Miguelanxo dicir que é un gran amigo e , igual que Blanco Amor, abriuse camiño cando en Galicia había moi pouca tradición de facer cómics ou debuxos animados e el veuse de Barcelona, podendo vivir alí ben, para traballar aquí e para min iso é moi importante. Esp: O Blanco-Amor, Café Dublín, accésit González Garcés son algúns dos numerosos premios que recibiu. Que lle diría aos estudantes de educación secundaria e bacharelato que lean estas páxinas? Cal é o segredo do éxito? Existe na nosa sociedade confundida visión do termo “esforzo”? R. Caride Ogando:Si. Porque, é certo que tiven cinco premios pero eu teño publicado 28 libros, o que quere dicir que a maioría non tiveron premio. É unha cousa que nun momento dado sae moito nos medios, saen entrevistas na televisión, na radio…pero despois iso pasa e o importante é a calidade do libro. Eu tiven sorte co Blanco Amor que me abriu tódalas portas pero durante dous meses. Logo tiven que volver loitar coas editoriais. Tódolos escritores temos ideas moi bonitas na cabeza que non somos capaces de trasladar á novela. Eu non teño ningún segredo. Se hai algún segredo é o traballo. Como dicía Picasso: “Eu non creo na inspiración pero se existise, a mellor, é a que atopa un traballando”. Teño feito libros que considero moi interesantes como Crónica de sucesos e foron un rotundo fracaso. E, como dicía Patricia Hisgmith, o que fai apaixonante a tarefa do escritor é a continua posibilidade de fracasar. Nunca sabes se transmitirás o que queres ao lector, se publicarán o libro, se o publicarán nunhas condicións dignas. Con todo isto non quero desanimarvos.

A ver se saen moitos escritores do instituto!


creación

16

ESP

POEMAS por Cristina Nieto mansos a través dunha fiestra, dun cristal

Un incesante chorar de

semiopaco

nunca espertar.

e covarde, case sempre ...

Un amar por amar na

esquecendo desexar.

maioría Na néboa, nunha

néboa,

Existir sen opción,

infinita de ósos,

B

metida por es so tr

un golpexar desta chuvia

cente e pr o m i scu o

.

por estraños pulos

fillo dunha ilusión truncada vagamente por unha desilusión Un suspiro de verán unha caricia ó vento

ascendentes e diverxentes en latitudes

o io in n ra

Na inconsciencia sometida

fillo do sol

au dí

incesante. Bailaba

.

monótonos

o

Furou a fie str a un

un fío de coitelos

e ingrávida

Fillo do aire

o nscienc inc i

volta ser

.

es s

Pero só bailaba

Na

Esta noite é

aba ai l

a

un desaire sofoco.

confundida

es mn le

raios, e había luce a í b s, d ha es E ex o a s sce o l u nd p en os ñ te a s

e e había... ridad obrigado esquecer promesas scu e s, nunha tarántula ntes en do seu erxe lasino v i titu d d e

unha promesa esmorecida entre néboas espesas de inverno, xa lonxe todo.

Morre agora convertido en nada.

solemnes Furou a fiestra un día un raio inocente e promiscuo E había raios, e había luces, desexos, escuridade, e había ...

Non se escoita o seu salouco meniñeiro nin o seu sorriso de primavera O papel estragado predi que será un heroe.

Poemas premiados no certame Manuel Luís Acuña

Pero só nos días

Un vaso de cristal tatuado de flores vermellas.


A

quela noite foi unha das máis longas da miña vida, corría un frío invernal, decidín saír da casa e dirixirme á taberna de Matilde que, como é ben sabido, é unha das mellores cociñeiras de toda a comarca e íntima amiga miña. O ar que poboaba a vila era extremadamente inusitado. Viña cargado dunha manchea de presaxios, malos presaxios que transformaron esta vila chea de lendas e tradicións no peor dos pesadelos.

O CASO D

OUBO MI R O

Unha muller que nunca se deixara ver por alí serviu de alicerce

RELATO

Dirixinme axiña á miña casa a unha velocidade propia de competición. Fun por un atallo: atravesei a rúa do Ferro e a rúa dos Panadeiros e logo dirixinme á Praza Principal, recuncho no que se agochaba a miña casa. Metinme na cama e tapeime. Xa esquecera o frío que me estaba ameazando, tiña outros problemas nos que pensar. Aquela estraña muller inserira na miña mente moi malos presaxios. Non quería saber o que sucedería na taberna aquela noite ou polo menos non vivilo en directo (estaba seguro de que algo ía ocorrer).

RIOSO STE

Cando cheguei, a porta estaba entreaberta, de xeito que entrei sen ningún tipo de problema. Aquela taberna, situada no lugar onde, antigamente, estivera o bar de Ramón, en principio parecía o lugar máis tranquilo do mundo. Pedín algo para molla-la palleta a Wenceslao. Wenceslao era un tipo raro, caracterizábase polas discusións que mantiña, medio cómicas, medio serias, coa súa muller Matilde. Nunca estaba de acordo con esta infeliz muller: basta que ela puxese un garfo aquí para que el o colocase no lugar oposto. Todo o mundo dicía que eran incompatibles, aínda que os máis “finos” matizaban argumentando que se trataba de incompatibilidade de caracteres. A pesar do rebumbio que se orixinaba a cotío nesta reducida taberna de aldea, eu nunca tivera problema ningún cos seus patróns até aquela endiañada noite do ano 1994.

para que quedasen confirmadas as miñas sospeitas de que a noite me traería un infortunado e inesperado agasallo. A muller ía ataviada con túnicas, mesmo parecía unha meiga, desas que soamente aparecen nos contos de fadas. Sen pronunciar palabra, dirixiuse á barra. Berrou dun xeito tímido como para dar mágoa: “Patrón, patrón!” e agardou a que este chegase. Wenceslao aínda tardou uns cinco minutos. Uns minutos nos que o novo personaxe aproveitou para conversar con algúns dos clientes. Eu non podía permitir que me dirixise a palabra. Cando vin a súa intención de achegarse para

falar comigo non o dubidei, pegueille un berro a Wenceslao e a Matilde para me despedir, dixen que era moi tarde e que tiña que me erguer de madrugada para traballa-la herba.

A noite foi longa e triste, coma tódalas noites, na vila non se escoitaba nin un mísero son. O único que se introducía na miña cabeza era o continuo, áspero e repetitivo tictac do reloxo espertador. Púñame nervioso. Non o puiden aturar máis e metino de mala maneira no caixón da mesiña de noite. Agora si. O silencio apoderouse do cuarto. Tentei durmir. Non puiden. Acendín, ante a miña desesperación, a radio que gardaba no segundo caixón da mesiña de noite. Penso que quedei durmido

“Cando acordei, xa serían as sete e media da mañá. Aínda tiña ese presentimento na cabeza. Sabía

que Wenceslao abriría a taberna ás oito

Creación

ESP

creación

17


creación

18 escoitando un programa da Radio Galega. Cando acordei, xa serían as sete e media da mañá. Aínda tiña ese presentimento na cabeza. Sabía que Wenceslao abriría a taberna ás oito. Aseeime e vestinme o máis axiña que puiden para poder chegar xusto cando abrise. Serían as oito menos dez cando saín da casa. Fun á tasca polo mesmo percorrido polo que chegara á miña vivenda a noite anterior. Algo tiña que pasar e ocorreu. Wenceslao xa non tería que abri-la porta do bar, estaba aberta, a base de golpes.

manecía moi tranquilo pois xa chegaban os donos. Estaba tranquilo, si. Mais a situación non tardou moito tempo en mudar, e iso que ignoraba o que ía ocorrer a continuación.

Eu non sabía o que sucedera, o que estaba claro é que non era nada bo. Entrei na taberna, tanto Wenceslao como a súa muller aínda non baixaran. Dada a nova situación as miñas peores sospeitas confirmáronse. Estaba máis claro que a auga que esvaraba ao longo da rúa, provocada pola xeada que caera ao longo de toda a noite. Non sabía que facer. O primeiro que se me ocorreu foi buscar se faltaba algo. Aborrecía que sucedesen estas cousas nunha vila tan pequena coma a nosa. Por detrás da barra todo estaba tal e como o deixaran os patróns a noite anterior. Podía corroborar este dato posto que a maior parte das noites eu agardaba a que os donos pechasen para meterme nese tristeiro recuncho de vida que era a miña casa. Todo estaba igual, repito, agás un detalle: había un espazo baldeiro. Alí faltaba algo, non sabía o que, coidaba que debería de tratarse de algo de moito valor ao se-lo único obxecto que levaran os ladróns. - Déixate de lerias, Matilde! É imposible que escoitases ruídos no noso bar onte pola noite. O noso bar e, xa non digamos, a nosa vila é o lugar máis seguro do mundo.

- Non o podo crer! Un veciño, case da familia…e que nos faga isto. É algo intolerable. Veña Wenceslao, chama á policía para que deteñan a este delincuente! Mira que ternos enganados ao longo de todo este tempo… será ruín! Inaudito. Os meus mellores veciños pensaran que eu fora quen entrara no bar e lles roubara sabe Deus que. Non o puiden evitar: saín correndo a fume de carozo de alí. Non sabería dicir se saín por medo a que a policía me levase preso, por sentirme acurralado ante as ameazas de Wenceslao ou porque, ao mellor, pensei que fora eu en realidade a persoa que cometera o delito. Non sei. O caso é que aquela fuxida xogou totalmente na miña contra. Para onde fuxín? Ao principio quedei un pouco desconcertado mais despois dirixinme á casa de Xosé, onde estaba o teléfono público. Entrei, despois de lle pedir permiso, saquei sen perder un segundo a axenda e busquei o teléfono de D. Pedro, o meu avogado. Érame case imposible marcar os números debido a que o tremer das mans aumentaba a unha velocidade que me era imposible controlar. A trancas e barrancas fixen posible que comezase a chamada:

- Non foi onte pola noite, cacholán ! Foi agora, xusto antes de nos erguer.

-Si? -respondeu don Pedro ao collelo teléfono.

- Deixa de dicir parvadas!

- D. Pedro, son eu, Severino, chámoo porque teño un problema: quérenme facer responsable dun roubo que non cometín. Que podo facer?

Ese conxunto de berros, adobiados polo son grave que producían no chan os zocos de Wenceslao fronte ao ruído case mínimo das zapatillas de Matilde, íase aproximando ao local mentres eu estaba detrás da barra. A pesar do que ocorrera, per-

Pasados uns segundos, entraron na taberna Wenceslao e maila súa muller. Non me puiden resistir a falar con eles do que acontecera: - Non podo crer que haxa xente… Os berros de ámbolos dous interrompéronme:

Don Pedro pechou a súa intervención dándome azos e forzas para seguir traballando coa finalidade de demostrarlles aos taberneiros a miña ino-

ESP

cencia. Tamén me convidou a que pasase polo seu despacho. Colguei o teléfono pensando que esa chamada sería a miña salvación. Na vila soamente había un taxista, don Ramiro. O taxista non tiña moito traballo porque practicamente tódolos veciños dispoñían de coche e os que, coma min, non tiñan, raras veces, necesitaban desprazarse. Non sabía o número de don Ramiro e, por ese motivo, pedinllo a Xosé, un dos poucos que carecía de automóbil. Cento oitenta pesetas foi o que lle entreguei por face-la chamada. Despedinme e marchei. Aínda non pasaran nin cinco minutos cando o antigo SEAT 6OO de don Ramiro aparcaba fronte á vivenda de Xosé, onde me atopaba. Díxenlle que me levase urxentemente á casa de don Pedro. El era un dos avogados con máis sona da comarca. O camiño fíxose eterno, tan eterno como a noite anterior. Unha vez alí, don Pedro abriume cordialmente e convidoume ao seu despacho. Xa o imaxinaba. “Explíqueme todo o que pasou, con detalle”. Esa era a frase coa que comezaban sempre as súas visitas. Conteille todo o que me sucedera pola mañá, ao principio permaneceu un pouco vacilante, mais logo deu unha resposta á miña petición: - En primeiro lugar, Severino, debería saber que nunca se debe interferir nun roubo, ou mellor dito, no escenario dun roubo xusto despois de que se produza, pero, en fin, o feito está feito. O que eu propoño é o seguinte: vou levar a cabo unha investigación para descubrir quen foi o autor. Demostrarei que ti non es o culpable buscando probas que inculpen a outra persoa, a quen verdadeiramente cometeu o furto. - E mentres, eu….que fago? Seguro que a policía me vai levar preso -afirmei preocupado pola denuncia que Wenceslao ía interpoñerme. - Ti non te preocupes de nada. Segue o ritmo normal da túa vida. Se a policía te leva para o cuartel nega tódalas acusacións. Non hei tardar en librarte das reixas cos resultados das investigacións. Marchei de novo para a vila. Alí continuei a realiza-los meus traba-


ESP

creación

llos habituais. Como cada día e con total normalidade fun cara á leira. Iso fora o que me aconsellara don Pedro. Lembro que o primeiro que fixen ao chegar á vila foi comer algo na miña casa. Vivía só e non tiña ganas de preparar nada, así que fixen un bocadillo cuns chourizos que tiña á man. Unha vez que repuxen forzas, despois desta acusación inxusta, fun para o lameiro da Cova a revolve-la herba. Non empezara apenas a realiza-lo meu traballo cando dous axentes da Policía Local, acompañados por Wenceslao, viñeron cara a min. Non me deu tempo a facer máis nada. - Queda vostede detido por apropiación indebida de certa cantidade de cartos na taberna, propiedade de don Wenceslao Fariñas Castro. - Isto é un erro, señor axente. Eu son unha persoa honrada. Non cometín ningún tipo de fraude. Iso xa o decidirá o xuíz e agora…veña! Para a comisaría! - É un erro. Non saben de que están a falar. - Sabemos perfectamente o que dicimos, señor Severino López Martínez. Deste xeito tan brusco comezou a miña condena inxusta. Non podía facer nada, soamente negalo todo, como me aconsellara o meu avogado e agardar a que o seu traballo dese algún froito. Ao longo de todo este tempo, mentres eu pensaba nos posibles interrogatorios, os veciños da vila xa se encargaran de difundi-la noticia coma se do xornal máis eficiente se tratase. O labor de don Pedro foi continuo e laborioso. Vóuvolo contar tal e como el me dixo que o levara a cabo pois, obviamente, eu non estaba con el, por desgraza, para vivilo en primeira persoa. En primeiro lugar, despois de solicitar unha licenza para facelo, iniciou a investigación no lugar dos feitos. Tralas súas primeiras observacións, decatouse de que tódolos obxectos se moveran minimamente de sitio e foran empurrados dende a parte de

atrás do local. Desprazáranse o mesmo espazo os que estaban na barra e os colocados nos andeis. Isto suxeriulle que o ladrón non entrou pola porta principal, senón pola parte de atrás. O único lugar de posible acceso á taberna dende a parte posterior era a través das escaleiras que finaban no sobrado. En principio, a dedución deste dato pareceulle inverosímil, mais pronto atopou unha explicación razoable. Por outra banda, observou que soamente fora obxecto do roubo a caixa dos cartos. Don Pedro preguntoulle a Wenceslao o lugar preciso onde gardaban esta caixa. El, sen a máis mínima dúbida, respondeulle que entre as botelliñas de cervexa, para así disimular a súa presenza e que ninguén sospeitase onde estaba. A segunda conclusión do letrado foi que era moi difícil que unha persoa allea ao local puidese saber con exactitude onde agochaban a caixa. Tiña que ser alguén achegado. Parecía que os cabos se ían atando xa pola súa conta. Quedaba algo máis por descubrir: a terceira e derradeira conclusión, aquela que levaría ao verdadeiro culpable: a porta. A porta foi o punto que me salvou. Don Pedro sabía que abría en dirección ao bar e o marco desta estaba deformado pola sucesiva aplicación de golpes. Conclusión: a porta fora forzada, mais aplicándolle golpes dende o interior. Cando don Pedro xuntou tódolos datos non sabía moi ben que deducir: que Wenceslao finxise o roubo para cobrar unha indemnización, que quixese vingarse de min por algunha causa…mais todo isto resultáballe imposible. O taberneiro e mais eu eramos bos amigos e, ademais, cando lembraba a conversa que Matilde e Wenceslao mantiveran ao baixar do sobrado para abri-lo local, podíase ver que eles non sabían nada do que ocorrera. A pesar de todo isto, a astucia do meu fiel letrado superaba tódolos límites. Despois de falar con Ernesto, o médico da vila, confirmou as súas sospeitas: Wenceslao tiña problemas de insomnio e moitas veces erguíase durmido, como consecuencia da escaseza de horas de sono. Don Ernesto tamén lle explicou a don Pedro que as persoas con ese tipo de doenza podían facer o que, naquel intre, estaban a

soñar. Tras saber todo isto, don Pedro chegou á conclusión final: Wenceslao, como faría moitos outros días, somnámbulo, baixou ao bar, colleu os cartos, tirou a porta abaixo dado que non traía con el a chave e fuxiu co diñeiro en efectivo. Iso estaba claro, mais agora tiña outro problema: como demostrar a veracidade dos feitos? Don Pedro sabía que moitos sucesos estaban relacionados co que se facía inmediatamente antes de se deitar a persoa. Dado isto, o avogado interrogou ao taberneiro preguntándolle con quen falara antes de pecha-lo bar. El respondeulle que na taberna estiveran o médico e os clientes habituais, tamén lle contou a presenza dunha muller estraña que tomara unhas copas de viño e, para rematar, un chupiño de licor café. Ela anunciara que se produciría un atraco na taberna, que tivese moito ollo. Agora entendía todo. Wenceslao, por medo a un roubo decidiu coller os cartos da caixa e levalos a un lugar seguro…ou non tan seguro. Os cartos apareceron no portal da oficina da Caixa de Aforros. Unha vez que o avogado aclarou á policía os feitos, a denuncia retirouse e quedei libre. Wenceslao descubrindo a súa equivocación, desculpouse comigo e cos axentes de Policía. Tanta foi a súa cordialidade que mesmo felicitou a don Pedro polo seu traballo. Como se tomaría tanta cordialidade cos demais a súa muller…é outro conto; meteríaa no peto para que non se lle perdese. DELFÍN MARTÍNEZ CONDE. 4º ESO A RELATO SELECCIONADO PARA O CONCURSO ENTRE NÓS , EN GALEGO

Creación

19


libros

20

ESP

?

E ti, que les

Estes son algúns dos títulos lidos este ano polos/as compañeiros/as dos distintos cursos, acompañados dos seus comentarios.

NTIL E

LITER

A PRINCESIÑA SOCORRO...

IL

XUVEN

A ERA DE LÁZARO

IRMÁN DO VENTO

Gloria Sánchez /Miguel Vázquez Freire. Ed. Xerais (Col. Merlín)

Paula Carballeira. Ed. Galaxia (Col. Costa Oeste)

M. Lourenzo González Ed. Xerais (Col. Fóra de Xogo)

Obra de teatro en catro actos que conta as aventuras dun trobeiro namorado dunha princesiña chamada Socorro. O trobeiro acode todos os días pola noite visitala ás agachadas do pai dela, o rei Palitroque III. O demo dos cornos informa a este dos amores e aconsella ao rei que o trobeiro faga o Camiño de Santiago se quere casar coa súa filla, coma o camiño está cheo de langráns pensa que non será doado que chegue e nunca se producirá esta voda. A princesiña angustiada decide tamén partir cara a Santiago. Moitas serán as aventuras que lles ocorrerán a uns e outros a partir de agora.

Lois Aguiar, morto accidentalmente, regresará da morte para mesturarse cos vivos, despois de que Noelia profanase a súa tumba, converténdose nun morto vivente. O noso protagonista terá que ir xuntando os membros da súa familia -cincuenta almaspara facerse coa vontade de todos os vivos. Para conseguilo, Lois provoca unha serie de accidentes e mortes entre as persoas que andan preto del. Os acontecementos iranse sucedendo ata precipitarnos nun interesante final. Obra de ciencia ficción onde se mestura o humor e sarcasmo, fantasía e imaxinación, vida, morte e resurrección.

Irmán do vento narra a vida dun rapaz chamado Khaled mentres se libra unha guerra en Iraq. O seu pai, ten que ir á guerra e entre tanto, ao rapaz sucédenlle unha serie de aventuras que vai escribindo diariamente. Vai en busca do seu pai, ao que atopa morto. Loita por traer o cadáver ao seu lugar para enterralo no cemiterio familiar. Finalmente, Khaled no seu cabalo branco chamado “Irmán do vento”, un regalo de seu pai, marcha en busca da súa amada Amarah.

GABRIELA CARBALLO REQUEJO 1º ESO A

Mª JOSÉ SEARA-ISMAEL REY 2º ESO B

SONIA DACAL BOUZO 3º ESO A

Irmán do vento é unha historia de amor, valentía e lealdade.

que lemos!

INFA ATURA


ESP

libros IVA E T A R R NA

narradores

O TEATR OS DOUS DE SEMPRE A. Daniel Rodríguez Castelao. (Ed. Galaxia)

A obra de Castelao é unha narración entretida na que se nos conta a historia de dous personaxes totalmente diferentes: Rañolas, alguén interesado pola cultura e que aproveita as oportunidades que lle xorden na vida e Pedro unha persoa que, ao longo desta, soamente ten como obxectivo comer en abundancia, desaproveitando as oportunidades que a vida lle ofrece.

Chama a atención o inxusto remate da obra. A persoa lacazana acada un bo posto de traballo e Rañolas, cunha vida chea de sacrificios, remata suicidándose. A obra de Castelao é unha narración entretida na que se nos conta a historia de dous personaxes totalmente diferentes. DELFÍN MARTÍNEZ CONDE. 4º ESO A.

dramaturgos A VIDA QUE NOS MATA Xabier López López (Ed. Galaxia)

Anos 20. Sebastián Faraldo, xornalista obeso e un pouco sentimental ten a misión de cubrir unha voda en Mondariz-Balneario para o seu periódico O Matutino, axudado por Paco Andrade, fotógrafo e anarquista de feito. Antes de se celebrar, os noivos son asasinados en circunstancias estrañas. Paco Andrade pola súa condición de anarquista é acusado do dobre asasinato. Sebastián Faralde investiga entón as mencio-

nadas mortes, que o levarán a percorrer diferentes escenarios: Madrid, Bilbao, Pontevedra, Vigo... ata dar co asasino. A técnica empregada por Xabier López sitúa ao lector no suspense dunha trama á que se engade paralelamente a vida sentimental do protagonista. Pura novela negra que mergulla ao lector nun trepidante e dinámico trhiller policial. CRISTINA BOUZAS LÓPEZ 1º BAC.

galegos

DON HAMLET Álvaro Cunqueiro (Ed. Galaxia)

Álvaro Cunqueiro escribiu no outono de 1958 O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, unha peza dramática en tres xornadas que recrea a traxedia de Shakespeare, pero modificándoa para que todo cadrase mellor. A historia desénvolvese na torre de Elsinor, Dinamarca, onde viven os reis, Gerda e Halmar, o príncipe Hamlet, a súa inxenua e submisa namorada, Ofelia, o pai desta, Poloño, e o seu irmán, Laertes.

Neste espazo Hamlet fai que uns cómicos italianos que están de paso representen unha obra escrita polo príncipe para conseguir que a raíña Gerda, súa nai, e o rei novo, Halmar, recoñezan a traizón cometida co rei vello, Olaf. Trátase, pois, dunha recreación que nos conduce a Edipo e a unha das máis famosas lendas predicadas sobre o home, que para selo matou o pai e casou coa nai. ALUMNADO DE 2º BAC.

Libros

21


música

22

ESP

Non deixes de escoitar por Delfín Martínez Conde

mercedes peón

A

xosé manuel budiño

uxía

Facendo un repaso a nomes importantes da música galega, algúns xa desaparecidos, podemos citar a: Xil Ríos, Andrés Dobarro, Suso Vaamonde, Susana Seivane, Leilía, Berrogüeto e tantos outros.

Suso Vaamonde foi o Xil Ríos, a cantautor que máis súa carreira popularizou os poetas comezou na galegos. década dos Musicou poemas de sesenta e, Celso Emilio Ferreiro, pouco a pouco, Darío Xohán Cabana, foi elaborando Méndez Ferrín, Blanco unha serie de Amor, Aquilino Iglesia temas inesqueciAlvariño, Manuel bles na música en María. Galiza. Un dos Foi á cadea por defenseus maiores éxider o galeguismo. tos foi Xirarei. Outro Faleceu no ano 1999. dos moitos temas que están presentes Manuel María dixo del na súa obra é Nosa “Foise a persoa máis Galicia, no cal reflicte o representativa da sentimento de morriña propio dos galegos, cun música do noso país: Suso Vaamonde certo ton crítico. Destaca tamén O afiador, no cal conta a historia desta tradicional profesión galega.

Outros músicos, solistas ou grupos galegos que podemos citar son: Mercedes Peón, Cristina Pato, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño, Berrogüeto, L a m a t u m b á , Noitébregos ... Mercedes Peón, a súa música foi a revolución do mundo folk galego, non soamente en Galiza, senón en toda Europa. A pesar de todo, Mercedes está convencida de que os que cantan non están facendo “nada” pola música nin pola fala galega, soamente colaboran.

Na actualidade a música galega está a vivir un momento crítico. O apoio económico que reciben os nosos músicos é escaso e, pouco a pouco, o apoio que lle prestan unha parte dos cidadáns diminúe. Cambian a música nosa, boa, por unha moda que ao mellor soamente serve para que algúns canais de televisión aumenten a audiencia. Deberiamos ser sensatos e velar polo noso.

RES OS VALO RA TER DA NOSA

Discos

susana seivane

A NOSA MÚSICA

música é importantísima para que o desenvolvemento dunha lingua se poida levar a cabo con facilidade. Na actualidade a situación na que se atopa a lingua galega non é moi favorable, sobre todo se nos fixamos na poboación máis nova. A música, o cine, o teatro, a literatura... son algunhas das artes que teñen un labor fundamental no potenciamento da fala en galego. Agora, e dado o mal momento que está a vivir, voume referir á música producida na comunidade e , por suposto, en lingua galega. En primeiro lugar, gustaríame salientar que a cantidade de cantautores e grupos que se están interesando en facer música en galego é amplo, mais o que verdadeiramente é un prexuízo é a falta de apoio, tanto mediático como económico, que estes artistas reciben; artistas que se teñen que enfrontar a un conxunto de cantantes, líderes de vendas co apoio incondicional dos medios de comunicación.


23

ESP

cine ENTRADA

CINE

mar adentro

ies san mamede

los lunes al sol

e

romasanta, a caza da besta.

É

unha película que nos impresionou profunda mente pola súa calidade humana, nela o protagonista mestura dous aspectos moi importantes: por un lado a traxedia que lle tocou vivir debido a un desafortunado accidente no cal quedou tetrapléxico, e por outro a mirada da vida a través da ventá da súa habitación cun toque optimista. É admirable polo seu sentido do humor, ás veces, é el o que anima aos que o veñen ver, iso lévanos a pensar que a forza vén do interior, o que importa é o estado anímico, a que manda é a nosa cabeza, aínda que, en ocasións, o corpo non responda adecuadamente. Tocoulle vivir desa determinada maneira, e con moito esforzo deixou testemuño nos seus escritos ao longo dos anos; é incrible a capacidade que tiña para escribir cousas tan fermosas. Ao mesmo tempo o protagonista dános a entender que aínda que teña o apoio da familia e amizades (o seu irmán deixou de traballar no mar; o seu sobriño encargábase de pasar a ordenador os textos que el escribía; Julia deulle compañía e exemplo, ela sufría un problema dexenerativo) ten dereito a escoller unha vida digna, e está farto de levar máis de vinte e seis anos nesa cama. Por iso, ás veces, dálle liberdade á imaxinación e a través da ventá da súa habitación diríxese a onde lle gustaría ir se estivese san.

g a l i c i a

Nese momento é cando te dás conta do importante que é ter saúde, sen ela non se fan moitas das actividades coti��s, ás que non damos importancia porque nos parece algo normal, pero que para unha persoa nese estado é coma un soño. É, sen dúbida, unha experiencia que te fai reflexionar e valorar máis as pequenas cousas, non importa cantas teñamos senón como as temos. Ramón Sampedro daría todo por poder ver e pasear por esa paisaxe e por tanto é lóxico permitirlle morrer cando el queira. Debemos ter a liberdade para poder elixir cando realmente a nosa existencia non é digna, é moi duro para el e para os que o acompañan todos os días. Por iso, nós, apoiamos á súa elección, esperamos que se legalice o dereito á eutanasia, porque non obriga a ninguén nese estado a morrer, pero ofrécelle ás persoas que queiran a oportunidade de facelo.

ESCRIBE: Cristina Torres Prieto/ Iria Garrido González. 4º ESO A.

mar adentro crítica

Películas

n


acta diurna

24

ESP

COÑECE A TÚA ORIXE: O MUNDO CLÁSICO Seguramente que a información que che aportan os medios de comunicación: xornais, radio, televisión... fai que che entre un profundo interese polo mundo clásico. Agora tes a oportunidade de coñecer mellor a nosa civilización: Cal é a orixe da escritura? Que hai de certo nos poemas de Homero? Quen foi a primeira persoa que se interesou polo estudo das civilizacións pasadas? Ó longo de todo o curso terás a resposta a todas estas cuestións se destinas unha parte do teu horario escolar á materia optativa CULTURA CLÁSICA. Nela realizarás unha viaxe moi entretida polo mundo grecorromano, a base da nosa civilización. Comprobarás que aspectos tan elementais da nosa vida como a distribución do tempo en horas, días, meses, anos... son unha valiosa herdanza clásica. Nunca tiveches curiosidade por saber por que o terceiro mes do ano se chama marzo, ou de onde proceden

os nomes dos días da semana? Introdúcete no mesmo mundo no que se introduciu Schliemann, o famoso arqueólogo e comerciante que descubriu, froito do seu esforzo, as ruínas de Troia, Micenas, etc...El tivo que gañar moitos cartos cos seus negocios para poder cumpri-lo seu obxectivo, en cambio ti tes a oportunidade de facer fermosos descubrimentos sen ningún tipo de gasto económico, dentro do Instituto. Interésache saber con que métodos se construíu esa ponte de orixe romana pola que sempre pasas? Desexas saber como evolucionou a lingua desde que a falaban os romanos no s. III a. C., seguramente preto de onde ti estás agora mesmo? Se che ocorre isto comeza unha aventura pola antiga Grecia e polo imperio máis poderoso de tódolos tempos, Roma. ESCOLLE CULTURA CLÁSICA!!!

POR DELFÍN MARTÍNEZ CONDE / FRANCISCO GARRIDO. 4º ESO A.

A MURALLA DE LUGO

FRANCISCO GARRIDO BOUZO.

A muralla de Lugo é a construción romana máis importante da nosa comunidade. Esta fermosa obra de arte está datada no s. III da nosa era. Levouse a cabo dous séculos despois da fundación da cidade que posteriormente se chamaría Lugo (Lucus), como defensa ante o cada vez máis forte avance dos pobos xermánicos. Cun total de 2140 m de lonxitude, a devandita muralla ten un espesor medio de 6 m e unha altitude que oscila entre os 8 e os 12. Setenta torres semicilíndricas reflicten claramente o estilo romano. Esta edificación, aínda que reformada na Idade Media, é unha das máis importantes mostras romanas que temos na Península Ibérica. Se queres saber máis acerca desta e doutras marabillas arquitectónicas podes consultar a web traianus.rediris.es, sobre a enxeñería romana.

VIAXE NO TEMPO POLA VÍA NOVA A provincia de Ourense está atravesada por unha das vías romanas máis importantes do Noroeste da Península Ibérica, a chamada Via Nova ou Via XVIII do Itinerario de Antonino. Percorréndoa imos coñecer obras que a Historia nos deixou e que todos debemos apreciar e coidar porque nos falan de nós mesmos: Na capital, pola que, por certo, non pasaba a Via, atoparemos o monumento emblemático da cidade, as Burgas, cuxas augas termais xa se usaban en tempos dos romanos, e tamén a famosa ponte romana, que foi a primeira en cruza-las augas do Miño e que, con varias reformas, aínda o segue facendo hoxe. Baños de Molgas, Salientibus en época romana, tamén é unha vila termal. Segundo a lenda, as tropas de Décimo Xunio Bruto, que viñan de vencer os galaicos despois de cruzar o río Lethes (Limia), pararon neste lugar atraídos polas súas augas termais. Do seu paso deixaron constancia en obras como a ponte romana e unha pequena construción anexa. Nos Milagres, no concello de Baños de Molgas, dise que foi onde tivo lugar a importante batalla do Monte Medulio, na que os antigos galaicos preferiron morrer a vivir coma escravos (pero hai outras hipóteses sobre

a súa localización). A súa fama actual radica en ser un importante santuario mariano. Seguindo a mencionada Via Nova chegaremos a Castro Caldelas, onde se atoparon restos romanos, aínda que a Vía non pasaba por esta vila, senón preto dela. O máis soado hoxe é o castelo medieval no que destacan a “torre do reloxo” e a “torre da homenaxe”. Despois atopamos A Pobra de Trives, antiga Nemetóbriga, capital dos Tiburos, cuxo nome significa “castelo do bosque sagrado”. Sobre esta antiga cidade celta os romanos asentaron unha mansión, é dicir, unha pousada á beira da vía e moitas veces se transformaba nunha poboación. En Ponte Cabalar só quedan restos da antiga ponte romana, pero si merece a pena ver un tramo da calzada, co empedrado orixinal, pola que poderás pasear. Máis adiante encontramos a Ponte Bibei, a mellor conservada da península xunto coa de Alcántara, e ó seu lado un magnífico miliario e unha columna honorífica co nome do emperador Traxano. Por riba dela pasa hoxe a estrada N-120. Aquí remata a nosa viaxe, a túa se chegaches connosco ata este punto. Atréveste a facela sobre o terreo? PATRICIA PÉREZ PRIETO. 4º ESO B.


25

ESP

acta diurna

ALEXANDRE MAGNO. A FORTUNA FAVORECE OS VALENTES. RESUMO

INTERMEDIA FILMS PRESENTA UNHA PRODUCCIÓN DE MORITZ BORMAN UNHA ASOCIACIÓN CON IMF UNHA PELÍCULA DE OLIVER STONE, COLIN FARREL “ALEXANDER”, ANGELINA JOLIE, VAL KIMER Y ANTHONY HOPKINS E MUSICA FEITA POR: VANGELIS.

CRÍTICA A película gustoume pola maneira de representar a súa vida, as paisaxes que se

ÚLTIMA HORA !!! “REAL ASASINATO” BUSCA OS 12 NOMES DOS SIGNOS DO ZODÍACO NO BARULLO DE LETRAS. DENÍS SAÁ FDEZ-JESÚS DEL CAMPO COPO. 3º ESO C.

escolleron para cada batalla e para Babilonia, na que viviu e morreu despois de vencer o Rei Darío en Gaugamela, unha batalla de loucura: 40.000 macedonios contra un gran exército persa. Outros méritos da película son a música, feita por Vangelis, e os efectos visuais, que son magníficos. Se eu puidera, poríaa de primeira na carteleira do cine. Recoméndovos que cando saia en DVD a vexades, se sodes amantes do cine, claro está. Espero que vos guste. CRÍTICA DE CINE. Yerai Fariñas Calvo. 4º ESO B.

Roma. 15 do terceiro mes do inverno, nas Idus de

Marzo. Ano 709 dende a fundación da cidade. Unha gran pena ten conmocionada á cidade. Á hora tercia Caio Xulio César, o home máis poderoso de Roma, foi asasinado ante o teatro de Pompeio, cando se dirixía ó Senado, nun día cargado de tensión - a súa dona, que tivera pesadelos de mal agoiro, advertíralle que non fose, pero el non lle fixo caso-. Cando viron chegar a César, os senadores erguéronse para honralo e rapidamente foi rodeado por un grupo de homes non identificados. Un deles deu un paso á fronte e descubriulle as costas, no que parecía ser o sinal, porque nese momento comezaron a choverlle as coiteladas: en total vinte e tres, repartidas por todo o corpo, incluídos os ollos e a cara. Ó principio fixo por se defender, ata que viu a Marco Bruto, o seu fillo adoptivo, que tamén axudou neste vil asasinato. O corpo caeu ós pés da estatua do seu inimigo Pompeio, pero o máis desagradable é que a estatua tamén está manchada de sangue. Moitos din que puido tratarse dunha conxura na que habería moitos implicados, porque ultimamente é moita a xente descontenta coa súa maneira de comportarse. Aínda que bo é dicir que os fieis soldados de César están sedentos de sangue e percorren a cidade en busca dos principais responsables, pois sábese quen son. Cando saibamos o lugar e hora das súas honras fúnebres comunicarémolo ós nosos lectores. ROCÍO PRADO CONDE. 4º ESO B.

Acta Diurna

REPARTO

Foi moitas cousas para moita xente: un valoroso rei e guerreiro cheo de ambición, coraxe e arrogancia; un fillo desesperado pola aprobación do seu severo pai (Filipo de Macedonia)...un conquistador que nunca perdeu unha batalla e que conduciu os seus soldados ós limites do mundo coñecido... un visionario de soños que axudaron a formar o mundo que coñecemos hoxe. El era Alexandre Magno.


ESP

Xesús Lorenzo Varela aceu en agosto de 1916 a bordo do barco “La Navarre” cando entraba na baía de La Habana. De Cuba trasladouse a Arxentina e de Arxentina a Galicia en 1920. En Lugo comezaría a súa formación galeguista e republicana. En 1935 trasládase a Madrid e alí afianzará o seu compromiso social e cultural. Afíliase ao Partido Comunista e escribe e dirixe diversos xornais. Coa perda da Guerra Civil vivirá de novo o exilio, primeiro en Francia e despois en México, onde retoma o traballo literario. De novo regresa a Bos Aires. É nesta cidade onde a súa produción literaria e xornalístca colle pulo.

N

A represión política en Arxentina tras o golpe de estado de Videla en 1976 obriga ao poeta a regresar a España. En Galicia continúa traballando en traducións e colaboracións xornalísticas ata a súa morte o 25 de novembro de 1978.

OBRA

Comeza a súa formación galeguista e republicana baixo o liderazgo de Paz Andrade e Suárez Picallo e tendo como compañeiros de militancia a Fernández del Riego, Xosé Velo, Celso Emilio Ferreiro, Carballo Calero e Ramón de Valenzuela, entre outros. Xa exiliado en Bos Aires reencóntrase con Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Carmen Muñoz aos que logo se sumarán outros exiliados como Rafael Dieste, Blanco Amor, Colmeiro.

UNHA VIDA EN CóMIC

17 de maio

En Bos Aires comeza a súa traxectoria poética, dentro da xeración do 36 mesturando a preocupación estética e o compromiso social. En 1944 publica Catro poemas pra catro grabados, no que transforma en versos o álbum de Luís Seoane María Pita e tres retratos medievais. Publica despois Lonxe e Homaxes. Das obras en castelán cabe destacar Torres de amor e numerosos poemas editados en distintas publicacións. Óscar Márquez Conde. 1º ESO A

Letras Galegas

letras galegas

26


ESP

experiencias

27

Os experimentos POR CRISTOPHER DA SILVA ÁLVAREZ

Polímetro

Mg (Afialapis metálico)

Como xerar electricidade na casa?

A que distancia se atopa a tormenta?

Precisas unha folla de papel, clips, auga e lume (preferiblemente unha candea ).

As formas de producir electricidade son moi variadas: - Mediante campos magnéticos variables, movendo un circuíto en presenza dun campo magnético (alternador), a enerxía necesaria para este movemento pódese obter ao mover unha turbina conectada ao alternador mediante vapor de auga a presión (centrais térmicas, nucleares, biomasa) ao caer auga desde certa altura (central hidroeléctrica) ou pola acción do vento nun xerador eólico. - A partir dunha reacción química (proceso de oxidación-redución). Neste tipo de reaccións é no que se centra a nosa experiencia.

Para levar a cabo este experimento o que precisamos é un ácido e xa que estamos falando de cousas caseiras usaremos limón (ácido cítrico) ou vinagre (ácido acético), máis dous metais (por exemplo Pb, Mg, Ag, Zn... ou un metal e grafito (a mina dun lapis). Nestas reaccións a voltaxe e a intensidade que se obtén é moi baixa polo que para detectar o paso de corrente eléctrica mediremos a voltaxe e a intensidade cun polímetro (voltímetro e amperímetro), xa que a intensidade de corrente que se produce non é suficiente como para iluminar unha lámpada de lanterna. Despois de facer varias probas para comprobar con que combinación de metais se obtén maior voltaxe e intensidade pódese probar a facer varias pilas do mesmo tipo en serie e en paralelo para ver como se modifica a voltaxe e intensidade.

Serías capaz de ferver auga con papel?

O son transmítese polo aire a unha velocidade de 360 metros por segundo, mentres que a velocidade da luz é de 300.000 km por segundo. Nunha tormenta a luz do lóstrego vese practicamente ao mesmo tempo que se produce pero o trono óese pouco despois porque as ondas do son transmítense moito máis a modo cá luz. Polo tanto, para coñecer a que distancia se atopa a tormenta, tes que contar os segundos que pasan dende que ves o lóstrego ata que apareza o trono. Despois multiplicas os segundos que contaches por 360 (que é a velocidade do son ) e obterás a distancia á que se atopa a tormenta.

Imaxina que vas comer de campo cos teus amigos e esquecestes a pota para facer a sopa. O que faría unha persoa “intelixente” (coma o lector deste artigo ) sería coller un papel e xunto cuns clips facer un recipiente, collería o campingás e poría ao lume o recipiente con auga e o resto dos ingredientes. Tería así unha rica sopa. Non obstante, estou seguro de que non o credes e polo tanto para enfastiarvos esa idea que penso tedes de que ardería o papel e se ciscaría todo, dareivos unha explicación científica que contradirá esa conclusión. Veredes, a auga ten como temperatura de ebulición 100 graos centígrados e o papel ten unha temperatura de ignición superior á da auga. O que fai a auga é absorber a calor da chama. Nesta experiencia non deixes que a chama toque as dobreces .

Experiencias

Grafito


cero

28

ESP

NÚMERO ÁUREO

Parecerache algo lonxano, pero telo moi cerca. O teu carné de identidade, as tarxetas de crédito dos bancos e moitos outros obxectos teñen dimensións cuxo cociente é o número áureo, chamado tamén número fi (letra grega). Moitos cadros famosos de Miguel Anxo, Rafael, Dalí e outros pintores, e ata a fachada do Partenón de Atenas, teñen esas proporcións. En España a Alhambra ou edificios renacentistas como O Escorial. Non é casualidade. Os artistas pensaron que esa proporción era especialmente harmoniosa.

ABELLAS: SOBRESAÍNTE EN XEOMETRÍA Que se saiba, as abellas non van ao colexio nin estudan matemáticas. E, non obstante, parecen saber un montón de xeometría. Para almacenar o mel, constrúen panais de cera en forma de hexágonos perfectos unidos e que forman unha rede continua. Poderían construílos circulares, pero non lograrían unha rede con paredes comúns e sen ocos (todo un exemplo de como aforrar traballo e aproveitar o espazo). Tamén poderían facelos cadrados ou triangulares, pero o hexágono é a figura que, para unha mesma lonxitude de borde, ofrece maior superficie. É dicir, permite ocupar máis espazo co mesmo esforzo e o mesmo gasto de material. Quen ensinaría tantas matemáticas ás abellas?

A REDONDEZ DO BALÓN DE FÚTBOL

GOOGLE

Moitas persoas coñecen a palabra google por ser o nome da páxina web: www.google.com fundada en 1998 polo departamento de Informática da Universidade de Stanford e que permite a busca de información de Internet, pero moi poucos saben que google deriva da palabra googol, termo inventado polo matemático Edward Kasner para denominar ao número 1 seguido por 100 ceros, é dicir, 10100. Os creadores do Google utilizaron este nome para simbolizar o obxectivo de organizar a inxente cantidade de información disponible en Internet.

Aínda que con frecuencia os comentaristas deportivos se refiren ao balón de fútbol como o “esférico”, o certo é que non ten exactamente esta forma. Trátase dunha pelota recuberta por retais de coiro ou material sintético, cuxa estrutura foi cambiando co tempo para conseguir a maior esferidade posible. Dende 1962 fanse con 20 hexágonos e 12 pentágonos, que lle confiren unha redondez case perfecta. No ano 2000, tres enxeñeiros da Universidade de Oviedo presentaron un novo modelo que, segundo din, mellora aínda máis a esferidade do balón. A diferenza co tradicional é que os hexágonos son un pouco máis pequenos, conseguindo que a súa superficie se achegue máis á dos pentágonos. Ademais, así tamén se consegue que a presión do aire se dirixa exactamente ao centro de todos os polígonos, igualándose á que se exerce sobre todos eles. Segundo os seus inventores, o comportamento deste balón, denominado “Compacto”, é máis preciso que o habitual.

Interesarache saber

Dende a antigüidade, matemáticos, filósofos e artistas creron na existencia dunha razón privilexiada chamada razón áurea (de ouro). É un número relacionado coas raíces cadradas e vén dado 5 por 1 + = 1,618... 2


ESP

cero

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

O cordel

O voo da mosca

Xan tiña un nobelo de cordel do que tivo que dar a metade á súa nai. A metade do que quedou levouno o seu irmán maior para pescar. Do pouco que lle quedou, colleu o seu pai a metade para arranxar os tirantes que lle romperan de tanto rir coas historias que lle contara o avó. Logo a súa irmá María necesitou os dous quintos de resto para atar non sei que. Que lonxitude tiña o cordel ao comezo se o final a Xan só lle quedaron 30 cm?

Entre as vilas de Muros e Carnota hai aproximadamente 20 km. Á mesma hora unha persoa en bicicleta sae de cada unha destas vilas, unha cara á outra. No momento de saír, unha mosca que está no volante dunha das bicicletas comeza a voar cara á outra. En canto chega ao segundo volante, dá media volta e regresa ao primeiro. A mosca voa de volante en volante ata que as dúas bicicletas se reúnen. Se cada bicicleta ía a unha velocidade constante de 10 km por hora e a mosca voou a unha

Populares enigmas matemáticos

velocidade tamén constante de 15 km por hora, que distancia voaría a mosca en total? Para resolver o problema sabede que non é necesario efectuar complicados cálculos, basta simplemente con reflexionar. Poñédevos no lugar da mosca.

POR DELFÍN MARTÍNEZ CONDE

Caprichos monárquicos Conta unha antiga lenda que alá polo século XVIII había un rei que miraba de reollo a un veciño. O motivo polo que isto ocorría era o seguinte: cando o monarca lle preguntaba o nome ao campesiño, este respondía sempre: - O meu nome é Ernesto sen coidados. “Xa lle atoparei eu coidados” -pensaba o rei. Decidiu formularlle unha pregunta para que mudase de opinión. A cuestión, escrita nun papel oficial, dicía así: - Canto pesa a terra en total? Pasado o día que o rei lle deu como prazo, Ernesto presentouse no pazo. O rei preguntoulle: - Cal é o seu nome?

- Ernesto sen coidados -respostou el. “É imposíbel que non teña coidados logo de formularlle eu a pregunta” - pensou o rei. Axiña lle propuxo a cuestión para ver se Ernesto tiña a solución. Este axiña respondeu: - Pois mire: o que pese a terra depende da cantidade que vostede teña. - Non me tome o pelo! Refírome ao planeta no cal habitamos. -Está vostede seguro, Maxestade? O monarca axiña se decatou de que escribira Terra con minúscula co cal Ernesto tiña razón. Finalmente, o caprichoso monarca, ante as burlas dos súbditos, abdicou.

Cen pesos, cen cabezas Cando aínda o sistema económico se parecía ao que imos empregar, un tratante de gando díxolle a Fernán, un labrego de Dimbrán: - Douche por 100 pesos cen cabezas de gando se es capaz de atinar co número de cabezas de cada especie sabendo o seguinte: -As cabezas de galiñas déixochas a 1 real. -As cabezas de carneiro a 40 veces un real

menos a metade das mesmas. -As cabezas de bois véndochas á oitava parte de 40 pesos. Atina o número exacto de cabezas de cada raza para que ao facer as operacións pertinentes obteñamos 100 pesos de gasto e 100 cabezas de produto. Lembra que non tes coñecementos matemáticos específicos, só a túa cabeza, a ver como o fas!

Atrévete e pensa

29


concursos

TARXETAS DE

1”

PREMIO (2º ESO) LAURA CARBALLO GONZÁLEZ

NADAL

2”

3”

ACCÉSIT (4º ESO)

ACCÉSIT (3º ESO)

MARCOS GONZÁLEZ NÚÑEZ

SONIA DACAL BOUZO

HALLOWENN

.

SO C

1

3º E MIO.

E

1º PR

1. 1º PREMIO: JESÚS DEL CAMPO COPO. 2. RAQUEL RODRÍGUEZ RGUEZ. 3. GABRIELA CARBALLO REQUEJO.

2

1º ESO B.

ESP

Concursos

30

3

1º ESO A.


ESP

esparaván

Este curso regalámosche

PRÓXIMO NÚMERO

En maio 2006 CONTINÚA A INFORMACIÓN

máis actividades novas seccións comentarios do alumnado as nosas letras ...

ENS UR O

do Cast e lo, n

E EDIT

a Rú

A

E

S San Ma me d e

IE .L .N

ital

Un

dix

an o

to

amén en fo t , rm áis a m

º3

00 32 7

MAC ED A-

31

E

SP 5 AR º N AVÁ 5 N 200


TODA A INFORMACIÓN

DO TEU CENTRO

IPO

EQU

N

ÍSTICA

ENL

RMALIZACIÓ

Ü NG LI

DE

NO

ESPARAVÁN


Esparaván 2005