Page 1


Editorial:

Prezados e benqueridos lectores/as: Esta revista - Lume Novo – constitúe o número 28 dende que se iniciou a súa publicación e pretende chegar ás vosas mans coa ilusión de compartir un pouco do voso tempo de lecer. Seguro que xa sabedes de moitas das nosas actividades polos blogs. Outras, como a andaina do Grupo de Teatro, non precisan presentación. Pero unhas poucas foron feitas expresamente para ser publicadas aquí. Estamos a falar, por exemplo, dos traballos gañadores do Concurso de Creación Literaria 2010, dos debuxos dos nenos e nenas de E. Infantil, dos relatos dalgunhas excursións, enquisas e outras narracións e enredos. Xa que logo, esperamos que a súa lectura sexa do voso agrado e poidades tirar do remedio para a vosa curiosidade. Grazas pola vosa paciencia ante a nosa teimosía. Grazas por estar aí.

Sumario:

- Letras galegas 2010 - As brigadas verdes - Páxinas de E. Infantil: Traballan, divírtense e debuxan. - Premios do Concurso de Creación Literaria “Viaxe ao fondo do mar” “Unha historia para durmir ben” “Os ríos” “Día escuro” “Distintos mais fermosos” - Reflexionamos sobre a paz - As nosas viaxes: “A pasada excursión” “Excursión 3º ciclo de Primaria” “Viaxe á exposición Orixes (Lugo) e a Viladonga” “Viaxe cultural- 4º de ESO” - Correlingua 2010 - Enquisa - Adiviñas - Xeroglíficos

Fotos portada: Actividade «Arte na Terra» - Plástica - 3º de ESO


Lume Novo-2010

Letras Galegas 2010

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home...

GALICIA será a miña xeración quen te salve? Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas? Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!

1


As Brigadas Verdes

Lume Novo-2010

Este ano un grupo de rapazas e rapaces retomamos o traballo desenvolvido en cursos anteriores destinado a mellorar o estado do entorno do centro, máis concretamente nas zonas verdes de secundaria. O proxecto, organizado por Modesto, Carmen e Asunción, consistiu en que todos os luns e martes, nos recreos das mañás, realizamos algún tipo de tarefa que os profesores acordaran previamente. O traballo dividiuse entre as rapazas e rapaces; mentres eles construíron un pequeno valado, podaron, fixeron algún rego….., nós encargámonos do coidado do xardín, de plantalo, de eliminar as malas herbas… Aínda que conseguimos certas melloras, foron menos das que desexabamos, posto que, ademais de falta de tempo para realizar todos os traballos proxectados, non contabamos co material necesario para levar a cabo todo que tiñamos previsto. Por outra banda, para anos sucesivos desexamos que o Concello colabore con nós neste labor de mellora do entorno aportando papeleiras, bancos… Todos e todas os/as participantes das brigadas estamos orgullosos do labor realizado e esperamos a vosa colaboración para continualo nos cursos vindeiros xa que a mellora do entorno apórtanos a todos e todas calidade de vida.

Realizado por: Patricia Rodríguez, Melanie Modia, Sara Martín, Sandra Ascariz e Lucía García. 4ºESO

2


Moito traballamos...

Lume Novo-2010

Chega a primavera e gústannos moito as flores pero, para telas, témolas que sementar.

Tivemos a axuda das profes e de Bértolo.

Os nenos e nenas de Educación Infantil queremos ter o noso patio cheo de flores.

Se temos sorte e prenden, faremos uns fermosos ramos.

3


... e tamén nos divertimos

Lume Novo-2010

Coñecemos a Uxío Novoneyra e traballamos sobre a súa vida e os seus versos.

As profes puxéronnos uns traxes de galegos e galegas que nós pintamos e estamos ¡MOI GUAPOS!.

As pandeireteiras do colexio ofrecéronnos unha actuación en directo. ¡QUE PRIVILEXIO!

E. Infantil 3, 4 e 5 anos

4


5 Lume Novo-2010


6

Lume Novo-2010


7 Lume Novo-2010


Concurso de Creación Literaria

Viaxe ao fondo do mar

Lume Novo-2010

Un día que estaba soa e aburrida que non sabía que facer ocurríuseme unha idea e dixen: ¡Vouno facer!. Collín o meu boneco preferido e díxenlle: “Lucero, imos viaxar”. Collemos o noso barco, soltamos amarras, vento en popa a toda vela, ¡Imos navegar!. Mirei ó meu amigo e nomeeino capitán. Percorremos os sete mares, navegamos sen parar e no medio do océano, facer un descanso e parar. Mergullámonos na auga e chegamos ó fondo do mar. ¡Que sitio máis bonito!. ¡Que fermoso aquel lugar!. Había peces de tódalas cores, mesmo cabaliños de mar, unha estrela simpática e ostras con perlas no seu interior, un cofre con tesouros e un golfiño que nos axudou a escapar do feroz tiburón, algas, ourizos, e arrecifes de coral. Despois de moito tempo tivemos que regresar, pois na nosa casa xa nos esperaban para darnos o xantar. Despedímonos de todos e prometémoslles que algún día volveriamos visitalos. Vanesa Blanco – 2º

Primeiro premio do primeiro ciclo de Primaria

8


Concurso de Creación Literaria

Unha historia para durmir ben

Lume Novo-2010

Este é o conto que me conta o meu avó polas noites para ir durmir. É para saber cal é a verdadeira importancia de ter amigos bós e malos. Empeza así: Esto era unha porta que sempre que ía xogar non lle facían caso porque non tiña manilla e tampouco nengún debuxo. Ela era boa con todos. Faláballes, pero non lle facían caso. Un día soleado, ela saíu dar un paseo para ver se facía amigos porque non tiña. Ía ó parque, pero non xogaban con ela e aburríase. De tanto aburrimento sentouse nun banco e púxose a chorar. Pasaron por alí as portas chulis do cole para burlarse dela. Dixéronlle: - Ai, si, mirade como chora a “SIN MANILLA”. Buf, non me da ningunha pena, chora, chora tranquila que non che vai saír a manilla. Con tantas bágoas durmiuse. Soñou que se lle achegaban dúas portas coma ela que lle dixeron que non lle dera importancia porque eran unhas cascarrabias e que fora con elas porque se ían poñer guapas. Nese momento espertou.Viu que o soño se fixera realidade porque dúas portas que pasaban por alí dixéronlle iso. Ela acptou e foron a unha tatutuguería poñerse guapas. De paso puxéronlles unha manilla. Ó saír, a porta díxolles: - Grazas por todo, gustaríame ser a vosa amiga. Elas aceptaron e foron facer os deberes do colexio xuntas. Pasárono moi ben porque xogaron e todo. A porta quedouse a durmir na casa das outras. Chegaron ó colexio e todos as miraban, mesmo as populares. Estiveron na clase. Cando foron ó recreo todos xogaron con ela e fixéronse amigos. Bueno, esta é a historia da porta que agora está na miña casa. Ó meu avó encántalle e cóntama tódalas noites para que me durma. Brenda Sánchez Lamas – 4º

Primeiro premio do segundo ciclo de Primaria

9


Concurso de Creación Literaria

Os ríos Os ríos, longos brazos das ladeiras das montañas. Nacen nos cumios e morren no mar, nas entrañas. O seu son é singular, semella un murmullo, non é moi débil nin fai moito barullo.

Lume Novo-2010

O río é como as persoas, nace, medra e more, e cando se trata de regar aos agricultores socorre. Móvese polas cuncas que son os vales, as pedras e os peixes son os seus retales. Hainos famosos coma o Támesis e o Senna, e tamén pequenos coma o da miña aldea. Cando hai inundacións, desbórdanse de tristeza, e cando quenta o sol con menos auga se quedan. Serpentean coma as serpes, fan saltos de auga, pasan por lugares de enterro e tamén de parranda. Matan a sede dos agricultores, alimentan ós ricos e tamén ós probes. Miguel Penas Boado – 6ºB

Primeiro premio do terceiro ciclo de Primaria

10


Concurso de Creación Literaria

Día escuro

Lume Novo-2010

Nubes no ceo, nubes negras, grises, brancas, todas adornan ese mundo infinito, que sempre miramos para rogarlle algo. Esta tarde, tarde de chuvia, quédase triste, apagada, silenciosa, só os tronos interrompen ese silencio, e os relampos iluminan con chispeantes e inesperados brancos, a monotonía da tarde. A cidade, tan grande coma sempre, atópase soa, queda, baleira. Algunha xente, pasea con paraugas, buscando algo no que refuxiarse e poder observar a furia da tormenta. Todos miramos con preocupación, medo, temor, o que nos cae enriba, pero sabemos que logo, desde que pase o trono xa pode saír o sol Estefanía Pena Ferro 2ºB ESO

Primeiro premio do primeiro ciclo da ESO

11


Concurso de Creación Literaria

Distintos mais fermosos Vascos, galegos, cataláns, españois, franceses, alemáns, todos somos diferentes, todos somos xentes. Festas, tradicións, costumes, praias, fragas, cumes, fermoso todo é, distinto tamén é.

Lume Novo-2010

Letras, palabras, oracións, parágrafos, textos, composicións, en cada idioma o seu ego, no meu; o GALEGO. Lucía Cabado Sánchez 3º A ESO

Primeiro premio do segundo ciclo da ESO

Alumnado premiado no Concurso de Creación Literaria

12


ib ás

No e t mu ha amé ndo E n de n am PA alg a te habe iza Z To o m rra r. de e n dos enos se unc ami gue mp a g ini os rra. r e M ª. se mig Jo rem os sé Ro os

Os de 4º de Primaria Paz no e am Re noso or par spect cora Am a tod o e a zón. par ar e a a v legría a p viv ida od ir er sor rir. S

Paz no mundo

am an th a

A paz é moi rise ira e unha g argallada ben que ¡Pero co a solta. idado!, se se en co une tod ntra coa guerra as as súa s forzas, e loita c ontra as malas co usas María P ena

r amo e az o p haber. o d n und mu debe m o o N que n. az n é o ade no oita p r. r d e m Mal paz e e hab e amo b z , Paz que de ide pa p é o undo . or se O m tamén az e am encher r o e eu mos p ogrará de am e , l t r Se undo de paz ife Jen , m a í . O legr ade a De felicid e de

Lume Novo-2010

No mundo non hai paz nin sequera vontade só hai maldade. Eu quero que reine a paz non a maldade eu quero paz e vontade.

Adrián Lage

r mo a ai as, zh e n x a ó e p el ad raz . a so Co elicid o co dón niver nen p . e f nos e per o U ras AZ enas P r n no eo d az gue de é a vid P p a o á h i z s r c ha be mi er Da v a a i e S n h rá Un no habe do só soño O

As querras non son boas, por iso temos que enterralas no fondo da terra, máis alá do corazón. A paz é boa, por iso debemos amala como a máis grande das cousas. E debemos sorrir a toda a xente do mundo. Adrián Combo

13


reflexionamos sobre a paz mundo. Hai que o o d to en a n rque A paz hai pezar coa paz, po em e s ra er gu as remos un acabar co boas. Coa paz fa n so n o n s ra er as gu Rebeca mundo mellor.

Paz para todos Lume Novo-2010

o, todo o mund n e r a st e e u A paz tén q de. a paz e amiza para que hax era paz Se non houb ha maldade. todo sería un idade, rá tanta felic E ninguén te e. e amabilidad e d a d e ri a d . li so non maldade e z a p r te ade Eu quero az e non mald Lucía p r te e u q s Todos temo

Quero paz en toda a terra para que todos os nenos sexan alegres. Sen paz o mundo é moi feo e moi triste, e por iso teriamos que rezar pola paz Manuel

O mundo pide paz a terra pide paz ao mundo e á terra hai que darles paz.

A paz é riseira é amorosa e verdadeira. O amor derradeiro é moi sinxelo. Debemos axudarnos e amarnos, para que reine a paz e a alegría. Eu quero a paz verdadeira pero non a guerra. Amarse e comprenderse para ós demáis ofrecerse. Son sinais verdadeiras para a paz vindeira. Ramón José

14

so no do. no un ría s m be o Jessica im do o ha t ro n o ei se a to und d e r Lo a qu s, pa o m b o Al é ilia odo r m t o fa am gos, para r. o e ami paz amo z pa ra ra e A n. Pa ube ade o d ó az Se h rici r fe co ír a, g ale A paz é para todos,

sobre todo para os amigos. É respectarnos uns a outros. Paz e máis paz. De amor e dulzura, paz e amor para toda a vida.

María Fariñas


. on n a s err erra a. u g u s: ll s i, a as g an fa emo emo s No s z f no pa emo nos eguir poñ q o ue s so fog A ix n r o … s t , u n n e no empr ar fut De e no i co o dis ción erdó a e o s v a . c u n r o p q paz ou bo n, sas os que noso haxa p n a s c A un p cola aixó cou rem paz a Ca Hai brile o orazón az, , p s a b e q a a a r l o S riñ om tr og ra A a pa ue se mor. m ca or, c as ou sto l o pa par z no no entar i t n m i i a a s o do m con que viv o foga e m n to o ca Deb felicid amos r Co nov a com emos s de. Un e se partir er todo a ond mentar s pena s amig os s e so o bre mund e as al e a fe o licid de pa grías ade z

er ebe hab ADE. d o d n AZ. No mu FELICID enón moita P E R O ,s PAZ, AM emos guerras mais r e de Non qu arse ben cos rt n. Compo reine a PAZ. corazó o c e u s q o r a t Par a ou se uns azón de sorrir r e r e u Q r . rse con Levanta mañá da PAZ ea Durant nte xe Amar á o é, m tal e co o, ris Brenda cun sor o de PAZ ris cun sor

Jesús

Lume Novo-2010

z. res ulle pola pa m es e todos as, m o rr H evos gue d s í a s un ade man x Dei ade as ía, elev cantar Alegr án r a a par mno d acaba ós x s i Ále o H guerra erá a n v e as az vol p ea

A paz simboliza moitas cousas: amor, amabilidade, perdón, amizade, compaixón, felicidade… Porque as guerras, as pelexas, pegar, empurrar, e os enfados só provocan máis estragos. Se conseguimos que todo isto termine faremos deste mundo un lugar mellor, e seremos felices coma pombas da PAZ.

Lau ra

A pomba da paz voa, voa, voa xa, para levar a paz a todo o planeta. Eu quero paz, e non maldade, para ser felices nos nosos días

Adrián Pérez

15


A pasada excursión

Lume Novo-2010

O pasado venres os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de Primaria fixemos unha excursión. Pasamos polo Cebreiro, por Triacastela, por Samos, por Sarria e por Portomarín. Primeiro, no Cebreiro fomos ver un albergue, entramos na igrexa e por último vimos unha palloza na cal nos ensinaron como se mantiña a temperatura no seu interior e onde estaban as cortes, os cuartos e onde se comía. Ao final fomos a unha tenda onde compramos recordos. Despois, en Triacastela andivemos un cacho do Camiño de Santiago. Chegamos a Samos, vimos un mosteiro dos monxes por fóra e dirixímonos cara a Sarria. En Sarria comemos os bocadillos nun bar e os que acababan podían ir xogar a un parque que non estaba lonxe. Era moi bonito. Ao final fomos a Portomarín e pasamos por unha ponte, demos a volta e os que quixesen comprar algo, mercábano nunha tenda e os que non, podían ir á igrexa. Os profesores e os alumnos tomamos algo nun bar. De alí voltamos a FriolCando chegamos a Friol déronnos a merenda. E cada un foi á súa casa. Texto: Antonio Martín e Adrián López

Fotos: Antonio Martín e Javier Roca

A árbore máis grande da vida A árbore máis grande que eu vin na miña vida vina o outro día en Triacastela. Era unha árbore moi grande con grandes buratos que nunca pensei que podería ter unha árbore. Polo que máis me chamou a atención foi porque, por as miñas contas, non a darían abrazado nen cinco persoas. Cando eu vin esa árbore pensei cinco minutos e dixen para min: - Se cadra esta árbore ten cen anos, porque ao ter ese aspecto tan antigo… Cando vin que estaba alonxada da estrada, pero estaba por onde pasa o Camiño de Santiago tamén pensei que pudera ser unha marca que houbera para os peregrinos. Aínda que lembrei que na clase nos dixera o noso profe que había unha árbore moi grande, pero eu non sabía onde estaba. Sería esta? Lidia – 5º

16


Excursión 3º ciclo de Primaria Itinerario: Friol – Lugo – Meira – A Pontenova – Taramundi (Asturias)

Os fornos da Pontenova:

Lume Novo-2010

No concello da Pontenova explotáronse entre 1900 e 1950 unhas minas de ferro, e construíronse uns fornos que, restaurados, consérvanse na actualidade como elemento ornamental. Nestes fornos fundíase parte do mineral que se extraía das minas. Tamén se construira, para o transporte do mineral, un ferrocarril desde a Pontenova ata Ribadeo ao longo de 34 quilómetros, que deixou de funcionar no ano 1964.

Taramundi:

Os nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión a Taramundi. Taramundi é un pequeño concello, duns 80 quilómetros cadrados de extensión, e uns 800 habitantes. Está situado no extremo occidental de Asturias, na chamada comarca dos Oscos. A Taramundi fomos ver como se facían as famosas navallas: 1º paso: Córtase un anaco de madeira que será o mango. Logo trátase con varias lixas ata que queda liso de todo. 2º paso: Meten o ferro na forxa, cando está suficientemente quente quítano e córtano para que quede do tamaño dunha folla de navalla. 3º paso: perfórase o mango polos lugares adecuados e pónselle a cóitela.

17


Museo de Mazonovo:

Lume Novo-2010

O Mazonovo é un conxunto etnográfico que concentra unha gran colección de muíños, tanto de auga coma manuales, distribuidos en tres edificios e polo exterior do conxunto, ao largo do canal de abastecemento de auga. Tén tamén unha central eléctrica que da luz a todo o conxunto. Foi a primeira central que abasteceu Taramundi , e o principal muíño da comarca. Nós fomos a un deles, onde fixemos un percorrido pola evolución dos muíños ao longo do tempo como, por exemplo, dende un muíño prehistórico ata un dos actuais muíños de auga ou vento. Foi unha excursión divertida onde aprendemos moitas cousas. Rubén Dorado, Rubén Ceide, Vicente Cela e Jorge Espiñeira – 6º A

As navallas de Taramundi A orixe das navallas de Taramundi (Asturias) remóntase a meiados do século XIX como unha derivación das actividades que, nese momento, se desenvolvían nas ferreirías. A folla de ferro e o mango de madeira son os principais sinais de identidade duns productos recoñecidos máis alá das nosas fronteiras. Na actualidade, as navallas de Taramundi incorporan novos materiais (aceiro inoxidable, novamolibdeno, vanadium) e as técnicas de temple máis avanzadas. Os productos resultantes son de máxima calidade en todo o seu conxunto, fundamentalmente no seu corte. A técnica de afiado a man das pezas é única en España.A selección de madiras nobres para a producción dos mangos: buxo, teixo, ébano, etc… culmina a fabricación dunhas pezas singulares. Iria Fernández Buján – 6ºA

18


A viaxe á exposición ”Orixes” (Lugo) e a Viladonga.

Lume Novo-2010

O pasado día 20 de Abril,os alumnos de 1ºde ESO,fomos de visita a unha exposición en Lugo.Trataba de que viramos:como eran,como vivían,que ferramentas usaban,como se relacionaban entre eles...A maneira en que os nosos ancestros evolucionaron. Logo fomos para Viladonga.Alí vimos unha película e fixemos unha actividade individual. A continuación,saímos a ver os castros: aquí tedes unha mostra.

Autoras: Rocío e Laura. Foto: Miguel (1º ESO)

19


Viaxe cultural – 4º da ESO

Lume Novo-2010

Comezamos a excursión o día 6 de abril ás 6 da madrugada. Fomos 13 alumos/as : Marta, Lucía, Eva, Laura, Silvia.L., Sara, Silvia M., Melanie, Rubén Yanira, Patricia, Nerea e Alba. Acompañáronnos Asunción e Iván Río Lorenzo. Ah!, e non nos podemos esquecer do noso condutor, Manolo. O primeiro lugar ó que fomos foi Salamanca . Alí visitamos a Praza de España, que e moi grande por certo, logo fomos dar un paseo polas rúas, vimos a Casa das Cunchas, quedamos abraiados con tanta cuncha, e dirixímonos á catedral. Máis tarde comemos un bocata e de seguido collemos camiño a Mérida. Esta cidade está repleta de restos romanos, o que máis destaca é o Anfiteatro. Pasamos a noite no hotel Nova Roma. Ao día seguinte fixemos unha visita polos distintos monumentos e despois do xantar marchamos cara Sevilla. Hospedámonos nun albergue xuvenil e pola noite, logo de cear, fomos dar un paseo polas rúas de Sevilla co fin de atopar algún lugar con algo de festa.Aínda que non o atopamos non perdemos o tempo xa que vimos a Xiralda, A Torre do Ouro... Unha experiencia moi agradable foi o paseo en calesa (carro tirado por cabalos) pola cidade . A nosa seguinte visita foi á provincia de Málaga, tiñamos o centro base no hotel Griego Mar, en Torremolinos. Fomos ás Covas de Nerja, que son preciosas, e ademais non todos os días se poden ver estalactitas e estalagmitas como as que alí hai. Tamén visitamos Córdoba e a súa gran mesquita. En Torremolinos puidemos ir á praia, porque ademais de visitas culturais tamén houbo festa e tempo libre. Ó día seguinte partimos a Granada e esa noite fomos a un tablao. Houbo diversidade de opinión sobre o espectáculo; a uns gustounos e outros ¡¡¡durmíronse!!! Ao día seguinte vimos a Alambra e o Generalife, que constitúe un conxunto moi grande e polo tanto ten moito que ver : xardíns, fontes, edificios de distintos estilos....

20


Lume Novo-2010

Xa de volta cara a Galicia paramos en Madrid. Hospedámonos nun hostal moi céntrico, na rúa Fuencarral, e esa mesma tarde, nun bus turístico, realizamos unha vista panorámica da cidade: a Porta do Sol, a fonte da Cibeles, o estadio Santiago Bernabeu... Esa noite acudimos ó espectáculo “Musical los 40 ”, que durou preto de dúas horas e no que o pasamos moi ben. Ademais vimos a artistas como Angy e Pablo Puyol, e mesmo tivemos ocasión de facer fotos con eles. Ao día seguinte visitamos o Zoo. Gustounos porque é un espazo moi grande e a importante variedade de animais que viven alí encóntranse en boas condicións xa que cada especie ten recreado o seu propio hábitat para que se sintan un pouco máis na súa casa. Continuamos camiño de volta cunha parada no Valle de los Caídos, pero non puidemos visitalo porque estaban en obras. O que si tivemos ocasión de ver foi o impresionante edificio do Escorial. E agora si, a nosa última parada sería xa Friol. Aproveitamos o tempo, é dicir, de camiño no bus fixemos un pouco o tolo xa que era o último día de excursión e posiblemente non volveremos a pasar unha experiencia como esta tantos días e todos xuntos. Chegamos a Friol o día 15 de abril sobre as 12 da noite. Despedímonos do condutor, acompañantes e dos compañeiros. E agora OUTRA VEZ Á RUTINA!!!!

21


O alumnado de 4º da ESO no Correlingua 2010

Lume Novo-2010

O día 12 de maio o alumnado de 4º da ESO fomos ao Correlingua a Lugo; xa había tempo que non iamos. Para nós foi un divertimento, ademais de que perdemos clase. Fomos á Praza de Sta. María onde nos atopamos con outros colexios, demos unha volta a pé pola muralla e vimos unha pequena actuación. Queremos dar as grazas a Modesto (o noso profe de plástica) que nos axudou a facer a pancarta (que por certo podedes ver nesta páxina) coa que participamos nun concurso. Marchamos a Lugo no bus con Asunción e Teresa, que nos repartiron unhas chapas e gorras co nome de “Correlingua” para que levásemos postas ao chegar. Deixamos o bus e fomos á Praza de Sta. María. Ao chegar xa había xente dos outros colexios. Dende o escenario foron dicindo os colexios que participaban, e cando dixeron o noso xa estabamos preparados para berrar . Logo fomos todos os centros a dar a volta pola muralla coas nosas pancartas levantadas. A xente que ía pola rúa mirábanos, sacaba fotos e mesmo gravaba vídeos. Cando acabamos sentamos nunhas escaleiras xa que cansamos. No concurso quedamos no 2º posto, mais nós pensamos que a nosa pancarta era a mellor das alí presentes. O premio: un diploma no que se dicía que o noso colexio participara en dito concurso. Despois estivemos vendo unha actuación, e mentres, a televisión de Lugo entrevistaba a algúns rapaces e os periodistas realizaban fotos. Ao terminar a actuación, como as nosas profesoras son moi boas, deixáronnos tempo libre para ir dar unha volta ou de compras. Finalmente, volvemos para comer ás 14:15 no comedor escolar.

Alicia Penelas, Beatriz Blanco, Lucía García, Sandra Ascariz e Melanie Modia 4º ESO

22


Enquisa Os alumnos de 6º B fixemos unha enquisa ós compañeiros do terceiro ciclo de primaria e da ESO. As preguntas facían referencia a diferentes aspectos das nosas vidas: á ocupación do tempo libre, ó mundo da TV, ós gustos musicais, á lectura, ós deportes, ás novas tecnoloxías e tamén ó noso futuro, unha vez rematada a escolarización obligatoria. Contestaron 144 persoas e velaí o que respostaron.

Lume Novo-2010

Á pregunta de a que actividade adicaban a maior parte do seu tempo de ocio, o 32% dixo que a ver a TV, o 25% a escoitar música, o 34 % a practicar algún deporte e o 11% restante adican o seu tempo de ocio preferentemente ós xogos de videconsolas ou outros.

O segundo apartado centrábase no mundo da TV. A primeira pregunta referíase ó tempo que adican a ver a TV. O 28% manifesta dedicar menos dunha hora diaria , o 48%, entre unha hora e tres, o 15 % , entre 3 e 4 horas e o 9% restante di pasar máis 4 horas diarias diante da tele. Centrados na TV, estas son as canles preferidas, o 49% prefire o Grupo Antena 3 (Antena 3, Neox e Nova) , o 21% Disney Chanel, o 18% a TVE e o 14% prefire outras canles, como a TVG. En canto ós programas que máis seguen , o 60% prefire as series, o 37% as películas, e o 7% restante repártese entre os concursos, os telexornais e outros.

23


Lume Novo-2010

No referente ós gustos musicais, o 62% confésase amante do Pop, e o 38% restante repártese case a partes iguais entre o Rock, o RAP e outros. Se falamos das novas promesas musicais, o 40% declárase seguidor de Selena Gómez, o 21%, de Miley Cirus, o 16% de Justin Bieber e 0 22% restante, de outros. Das lendas da música, o 56% prefire a Michel Jackson, o 16 % ós Beatles, o 15% ós Rollig Stones, o 8% a Elvis Presley e o resto decántase por outros.

A hora de ler, o 58% manifesta que lle gusta ler, o 22% que non lle gusta e 20% restante di que mellor non contesta. O 60% di adicar entre 1 e 3 horas semanais á lectura, o 10%, entre 3 e 5 horas, o 3% máis de 5 horas e o 27% di que non adica ningún tempo a ler. En canto ás preferencias; o 36% decántase polos contos, o 26% polas novelas, o 11%, por outros e o 33% di que non lle gusta ningún tipo de lectura.

24


Lume Novo-2010

Na práctica deportiva; o 57% prefire o fútbol, o 7% di que o volei, o 3% o baloncesto, o 15% o hockei, e o 23% non lle gusta practicar ningún tipo deporte. Sobre o seu equipo preferido, o 48% declárase seguidor do R. Madrid, o 34%, do Barça, o 9% do Depor e 11% de outros equipos.

Sobre as novas tecnoloxías, o 41% afirma utilizar habitualmente a internet, o 42%, ás veces e o 17% restante di que non a utiliza. Dos que usan internet, o 50% contesta que o fai para divertirse e o resto, a partes iguais, para consultar e para informarse.

O 64% declara coñecer as redes sociais, o 20% di que un pouco e o resto que non as coñece. O 52% afirma pertenecer á algunha, fronte o 48% que di non pertenecer a ninguna.

25


O 80% mostra as súas preferencias por Tuenti, fronte a un 20% de Facebook e Twiter. Dos usuarios das redes, o 63% di pasar máis ou menos unha hora “enganchado” nelas, o 25% di que sobre dúas horas e o resto máis dese tempo.

Lume Novo-2010

En canto a como pensan orientar o futuro, o 73% pensa seguir estudiando, unha vez rematada a ESO, e o resto non. Dos que queren seguir estudiando o 62% inclínase polo bacharelato, fronte ó 38% dos Ciclos Formativos. O 45% imaxínase o día de mañá vivindo en Friol, o 37 %, noutro lugar de Galicia e o resto fóra de Galicia. En canto ó tipo de traballo que lles gustaría realizar, o 56% inclínase por unha profesión que os satisfaga persoal e profesionalmente, o 25% por unha na que se gañen moitos cartos sen máis e o resto por un traballo que estea socialmente ben considerado.

Alumnas e alumnos de 6ºB

26


Adiviñas

Teño escamas, vivo no mar, e nunca me canso de tanto nadar

Que cousa ten catro rodas e moitas moscas?. O camión do lixo

O peixe

Ana -1º

Juan-1º

Álex – 1º

Teño orellas longas, rabo pequeño. A cama na que durmo nunca se arruga. Que é…?

A galiña

O coello

Alejandro-1º

Lume Novo-2010

Unai-1º

Un home arando

Unha señora moi enseñorada, chea de remendos sen ningunha puntada.

Corpo de madeira e cabeza de ferro. Que cousa é? O martelo

Dous peludos un pelado e un escarrancado

Nerea-1º

Non ten cara nen boca o seu corpo é de metal ten catro dentes. Dime: que será? O garfo

Adiviña adivinanza que ten o rei na panza?.

Samuel-1º

O embigo Alberto-1º

A flor Noelia-1º

Unha señora moi enseñorada, sempre vai en coche e sempre vai mollada. Que é…?

É cadrada, tén a boca redonda. O cesto é o seu prato e a roupa sucia é a súa comida. Que é…? A lavadora

Tén pétalos polo medio. Tamén tén talo e follas pegadas ao talo.

Ás de moitas cores, que se perden entre flores. A bolboreta

Noel-1º

Cristina-3º

A lingua

Cristina-3º

27


Xeroglíficos

Lume Novo-2010

CON QUE TE PROTEXES DA AUGA?

ÉCHE UN PEIXE

DERIVADO DO LEITE

QUE PLANTA SERÁ?

QUE SE ESTRAGOU PARA QUE NON HAXA LUZ?

ONDE QUENTAMOS A PIZZA?

28


Editorial:

Prezados e benqueridos lectores/as: Esta revista - Lume Novo – constitúe o número 28 dende que se iniciou a súa publicación e pretende chegar ás vosas mans coa ilusión de compartir un pouco do voso tempo de lecer. Seguro que xa sabedes de moitas das nosas actividades polos blogs. Outras, como a andaina do Grupo de Teatro, non precisan presentación. Pero unhas poucas foron feitas expresamente para ser publicadas aquí. Estamos a falar, por exemplo, dos traballos gañadores do Concurso de Creación Literaria 2010, dos debuxos dos nenos e nenas de E. Infantil, dos relatos dalgunhas excursións, enquisas e outras narracións e enredos. Xa que logo, esperamos que a súa lectura sexa do voso agrado e poidades tirar do remedio para a vosa curiosidade. Grazas pola vosa paciencia ante a nosa teimosía. Grazas por estar aí.

Sumario:

- Letras galegas 2010 - As brigadas verdes - Páxinas de E. Infantil: Traballan, divírtense e debuxan. - Premios do Concurso de Creación Literaria “Viaxe ao fondo do mar” “Unha historia para durmir ben” “Os ríos” “Día escuro” “Distintos mais fermosos” - Reflexionamos sobre a paz - As nosas viaxes: “A pasada excursión” “Excursión 3º ciclo de Primaria” “Viaxe á exposición Orixes (Lugo) e a Viladonga” “Viaxe cultural- 4º de ESO” - Correlingua 2010 - Enquisa - Adiviñas - Xeroglíficos

Fotos portada: Actividade «Arte na Terra» - Plástica - 3º de ESO


Lume novo nº 28 (2010)