Page 1


LIMIAR Esta revista débese a toda a comunidade educativa, especialmente a toda a xente que fixo posible que tivésemos un curso excepcional, reflectido nestas páxinas cheas de recordos; así coma a aqueles que fomentan día a día o uso da lingua galega e a igualdade na nosa sociedade. Queremos dedicar un agarimo especial a aquel alumnado e profesionais, que o próximo curso non estarán neste colexio acompañándonos. Esperamos que nos seus novos centros, volvan atopar un ambiente tan acolledor como o que gozamos este curso. Foi un pracer compartir todos estes momentos convosco! Tras os esforzos, éxitos e ledicias -agora- de seguro que todas e todos gozaremos de lindos momentos cos nosos seres queridos. Haberá centos de plans para as vosas vacacións, pero calquera que sexan, esperamos que sexan moi gratificantes e que vos axuden a renovar as vosas enerxías. Un bo verán a todas/os, vémonos pronto! O EDLG


AO LONGO DESTE CURSO, OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL LEVAMOS A CABO DIVERSAS ACTIVIDADES MANIPULATIVAS, PARA MELLORAR AS SÚAS DESTREZAS E DESENVOLVER A SÚA MOTRICIDADE FINA. ASÍ DE BEN O PASAMOS APRENDENDO MATEMÁTICAS!


APRENDEMOS A FACER SERIES...

E FIXEMOS UN MONTÓN DE CONSTRUCCIÓNS DIFERENTES COS BLOQUES LÓXICOS E COAS REGLETAS!QUEN DIXO QUE AS MATES NON SON DIVERTIDAS??


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


Scanned by CamScanner


DURANTE ESTE CURSO O PROXECTO DE VOZ NATURA ESTIVO DEDICADO AO COIDADO DOS NOSOS MONTES…

AS “XOANIÑAS” DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL INVESTIGAMOS SOBRE A NOSA FLORA E FAUNA.


TAMÉN NOS VISITARON OS AXENTES AMBIENTAIS E BOMBEIROS DE “O CAMPIÑO” (PONTEVEDRA)

PARA DARNOS

CHARLAS SOBRE

A PREVENCIÓN DE INCENDIOS.

LEMBRADE QUE AS ÁRBORES TEÑEN DEREITOS!

E NON ESQUEZADES QUE UN INCENDIO MENOS É UN BOSQUE MAIS!


OS NENOS DE PRIMEIRO ESTAMOS CONCIENCIADOS CO MEDIO AMBIENTE, POR ISO DICIMOS :

NON AO QUENCEMENTO GLOBAL!!!!!

Para coñecer os secretos do mar e saber cómo coidalo, Carlos veu darnos unha interesante charla.


Fomos ao museo de Pontevedra, pero antes demos unha volta polas súas rúas e nos fixemos unha foto co mismísimo Valle-Inclán.

No museo nos convertiron en estatuas e…

pasiño a pasiño fomos facendo o camiño.


NÓS, OS DE PRIMEIRO, SOMOS UN EQUIPO E, ENTRE TODOS E TODAS SOMOS CAPACES DE FACER MOITAS COUSAS. Mirade como nos quedou o MURAL DE CARRIL:

Tamén escribimos contos en equipo. A ver se vos gustan estes:

O MISTERIO DA ESTANTERÍA Había unha vez un grupo de nenos e nenas que foron á biblioteca coa súa profesora. Estaban sentados na colchoneta pensando para facer un conto e escoitaron un ruído que viña de detrás dunha estantería. A profesora achegouse e viu que Pinocho, Carapuchiña e Cincenta estaban discutindo porque todos querían saír a presentarse de primeiros. A profe tivo unha idea e sorteou a ver a quen lle tocaba: Unha mazá podrida, unha, dúas, tres... E este foi o resultado: 1ª Carapuchiña

2º Pinocho

E así foi como se arranxou o problema e... Conto solucionado, conto acabado.

saída. 3ª Cincenta


A FADA ROSITA Eu non sabía pero contáronme que no bosque de Cortegada hai un mundo de fadas. Un día, unha fada chamada Rosita puxo as súas botas de montañeira, e esta vez non puido aguantar as ganas de marchar, quería ter unha aventura. Cando conseguiu saír do bosque, sentouse enriba dunhas follas para descansar un pouco e, de súpeto, sentiu que voaba enriba dunha alfombra máxica de follas. Foi así como chegou a un colexio en Carril. Mirou por unha ventá, puxo a orella e escoitou que un grupo de nenos e nenas estaban contando unha historia e que... ERA A SÚA PROPIA HISTORIA. Rosita sentiuse impresionada. Un neno que a viu dixo: _ Aí está !!! Abriron a porta e Rosita contoulles o resto da historia da súa vida.

UNHA SEMANA ESPECIAL Tamén temos outro conto que comeza e termina así: Era un luns, un luns calquera. Cando chegamos ao cole nin podiamos imaxinar ........................................................................................................................... E eso foi o que fixo que ese non fose un luns calquera, senón o primeiro día dunha semana moi, moi especial. Atréveste a imaxinar o que falta?


VISITA DO ALUMNADO DO TAFAD O alumnado do ciclo de TAFAD do instituto Miguel Ángel González Estévez preparounos unhas actividades moi divertidas: * Coreografía de zumba: bailamos con moito ritmo e pasámolo moi ben.

* Xogo do paracaídas: cantamos a canción “Ratón que te pilla el gato” e xogamos con dous balóns que non podían caer polo centro do paracaídas.


*Un circuíto moi divertido con diferentes obstáculos.

* Xogo de pillar os petos que levaban os compañeiros colgados do pantalón.

PASÁMOLO MOI BEN! Esperamos que nos visiten máis veces.

2ºA


“COS NOSOS NOMES RIMANDO … Eu son Mateo, e xa non gateo.

Con carácter e simpatía. De nome chámome Antía. Eu chámome Mario. Escribo todos os días no meu diario.

Chámome Marta, e son un lorito, de pelo escuro, suave e rizo.

Pablo é o meu nome, e xa son todo un home.

O que máis lle gusta a Lucía E o recreo en compañía.

Eu son Mariña. E na casa son un pouco pilliña. Chámome Uxío, son moi pillo e gústame o membrillo.

Nacín unha mañá despexada, por iso chámanme Clara!


E SEGUNDO REMATANDO” Chámome Iván, e como galletas con tulipán. O meu nome é Nerea, e vivo na aldea. Son Cristian e teño un patín. Un día caín e puxen collarín. Héctor, o campeón. Mola un montón. Eu son Daniel, e gústame moito o mel. Ola!, son Lía, gústame a sandía. Cómoa todo o día. Eu chámome Martiño. Nado tan rápido coma un golfiño. Chámome Princesa. e gústame a cor turquesa. Eu son Nicolás, cada día que pasa molo máis. Que desilusión levei… o teu nome non o sei.

2ºB


Os nenos e nenas de 3ºA quixemos saber como se elexía ao alcalde, así que fixemos unha simulación e eliximos ao alcalde e os concelleiros da nosa clase. Estes foron os pasos:

Campaña electoral.

Exposición pública de todos os programas.

Sorteo para formar a mesa electoral.

Votacións(previa a presentación do DNI). Ata con furna de verdade!!!!!!


Reconto de votos.

Saíu alcalde Leo e elexíu as concellerías necesarias e os concelleiros, quedando así:

Alcalde 3º A: Leo Rey Concellería de Festas: Xavi Alonso (concelleiro) Concellería dos Desexos: Aroa Abalo (concelleira) Concellería de Educación: Nico Guillán (concelleiro) Concellería de Economía: Darío Barreiro (concelleiro)

E así de contento posou o goberno de 3º A Concelleira Concelleirados dos desexos

Concelleiro de economía

Alcalde

Concelleiro de festas

Concelleiro de educación


pasapalabra 

A ver se sodes capaces de acabar o rosco con algunhas das cousiñas que aprendemos este ano.

DEFINICIÓN

RESPOSTA

A

Anaco de circunferencia correspondente á corda.

A ___ ___ ___

B

Entrada do mar na costa, máis pequena ca o golfo.

B___ ___ ___

C

Parte saínte da costa, que penetra no mar.

C___ ___ ___

D Aliméntanse dos restos doutros seres vivos.

D___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

E

Triángulo cos tres lados iguais.

E___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

F

É a pesca que se practica nos ríos.

F ___ ___ ___ ___ ___ ___

G Actividade que pertence ao sector primario.

G ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

H

Animal que se alimenta de plantas.

H ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

I

Triángulo con dous lados iguais.

I ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

L

Punto cardinal.

L ___ ___ ___ ___

M Terreo chan situado a bastante altura.

M ___ ___ ___ ___ ___

N É o número de nenos e nenas que nacen nun ano.

N ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

Ñ Cría da ovella.

___ Ñ ___

O O seu símbolo é Au.

O___ ___ ___

P

Palabra que pode lerse de dereita a esquerda e de P ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ esquerda a dereita sen que cambie o sentido.

Q É un grupo de illas.

___ ___ Q ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

R

É a expulsión das substancias de refugo.

___ ___ ___ R ___ ___ ___ ___ ___

S

Que clase de palabra é “lapis”?

S ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___

T

É o pico máis alto de España.

T ___ ___ ___ ___

U

Universidade de Santiago de Compostela

U ___ ___

V

Unha das propiedades da materia.

V ___ ___ ___ ___ ___

X

É o maior dos planetas do sistema solar.

X ___ ___ ___ ___ ___ ___

Z

Cría do coello.

___ ___ Z ___ ___ ___


sopa de letras  Atopa os 18 nomes dos nenos e nenas que formamos 3ºB.

Encantada de estar convosco este curso. Que teñades moita sorte! Un abrazo! (Paz LB)


4º CURSO DE EXCURSIÓN POLO GROVE

As nenas e nenos de 4ºA e 4ºB Fomos de excursión ao Grove.

Primeiro camiñamos ata A Siradella, que boas vistas!


Logo aprendemos moitas cousas no Centro de Interpretaciónda Natureza, por exemplo que a píllara pon os seus ovos na praia, coidado non os pises!

E, por último, fomos de ruta pola ría en catamarán.


No barco vimos os peixes, as bateas… Pero tamén comemos mexillóns, démoslle de comer as gaivotas e ata bailamos!!!!


Pasรกmolo moi ben!


5º A O alumnado de 5º A participamos este curso no II Festival audiovisual infantil e xuvenil “O Museo de Pontevedra en curtametraxes”. Redactamos o noso guión, buscamos vestiario e gravamos a nosa interpretación para facer un telexornal histórico. Foi unha actividade interesante, produtiva e moi divertida. Pero, o mellor de todo, foi a sorpresa que levamos cando nos invitaron desde o Museo á gala de entrega de premios.

E a Pontevedra marchamos coas nosas familias, emocionados e moi nerviosos.


Non gañamos o primeiro premio, nin o segundo, pero déronnos unha Mención especial que a nós, sóubonos a Óscar!

A Mención especial traía consigo un premio de 200 € e un lote de libros para a biblioteca do noso cole; pero trae tamén o máis importante, un recoñecemento ao noso esforzo.

Enlace á nosa curtametraxe https://www.youtube.com/watch?v=8PQ9Gj-8c3U&feature=youtu.be


5.ºB PARTICIPA NA MARCHA MUNDIAL POLO CLIMA DO 15 MARZO.

Deste día os alumnos e as alumnas de 5oB lembramos que fixemos un bo traballo en equipo para tentar de frear o cambio climático (efecto invernadoiro). Foi un acto importante porque pensamos que as plantas son seres vivos coma nós e deberían ter tamén a súa carta de dereitos.


Nós pensamos que temos que evitar a contaminación, a deforestación, a desertificación, o cambio climático, entre outras cousas. Porque a Terra é o único sitio onde se pode vivir e temos que coidala para que nós e os que nos sucedan teñan unha vida boa. Para ese día 15 de Marzo fixemos en clase uns cartaces con cartón reutilizado e puxémolos no portal de entrada ao cole porque rexeitamos a contaminación e a deforestación do noso planeta... Queremos aire limpo para respirar!


Ese día da MARCHA MUNDIAL POLO CLIMA non saímos en manifestación coma moitos estudantes de toda Europa, porque aínda somos pequenos, pero contamos con poder facer algún día a nosa MANIFESTACIÓN contra A DESTRUCCIÓN DO NOSO PLANETA

Porque “Nós non defendemos a Natureza, somos a Natureza que se defende”.

------------------Este traballo foi realizado polos alumnos e as alumnas de 5ºB: Jairo, Yago, Raquel, Saray, Joel,

Xiyao, Flavia, Iria, Borja, Fabio e Dani.


XOGAMOS CA REALIDADE AUMENTADA :)


6º A, OS NOVOS CIENTÍFICOS Os alumnos e alumnas de 6º iniciámonos no coñecemento da actividade científica. Comezamos no mundo da ciencia,

investigando

propiedades

as

fundamentais

da materia, incidindo na densidade e na figura de Arquímedes e o seu famoso eureka!

A partires disto, plantexámonos preguntas sobre por que hai elementos que flotan e outros que non. Seguindo o Método científico, realizamos na aula pequenos experimentos sobre a flotabilidade, establecendo hipóteses e comprobando a súa validez.


Profundizamos no noso coñecemento como científicos calculando a densidade dalgúns elementos. Estamos desexando continuar

cos

nosos descubrimentos. Quen sabe se nos convertiremos no futuro en Premios Nobel de Física.


O NOSA CLASE DE 6º B … Chegamos ao colexio con moitas ganas de empezar, e non nos equivocamos cando dixemos que o pasariamos xenial Todos os recordos que temos aquí connosco ímolos a levar, de infantil a sexto nunca os imos olvidar. Fomos subindo de nivel e aprendendo tamén, xogando nos campionatos e gozando a cada paso. Para facer as tarefas hai que ser intelixente, como en mates os calcúlos mentalmente. Tamén nos ensinaron incluso a bailar, como a nosa profe que é a raíña do “carnaval”. Pasamos moitos momentos que nunca imos olvidar, porque cando eres feliz o resto xa da igual.


... UNHA EXPERIENCIA SEN IGUAL Queda entre as túas paredes a nosa infancia, o primeiro hobby, o primeiro pranto, e as mestras que quixemos tanto. Lembramos a todos nerviosos naquel primeiro día, porque aínda suorentos todos cheos de alegría. Case seis anos despois non vemos a ninguén cambiado, aínda somos nenos nerviosos paseando de lado a lado. Non creo que deixemos pegada deixaremos unha letra de amor para os encargados do ensino dos despachos e do comedor. Esta etapa está a piques de rematar e non queremos marchar e o que queda de curso ímolo aproveitar. Deixamos o colexio e amigos de por vida pero tamén deixamos os recordos dunha vida.


Jairo Barral Castromán y José Luis Moreira Vilela 29 de maio de 20019

HACHADO SORPRENDENTE Descubertos tres minerais preciosos

Un mozo e o seu avó atopan tres minerais onte pola tarde no monte Xiabre. Ás cinco da tarde do día de onte un mozo e o seu avó saíron da casa en dirección ao monte Xiabre coa finalidade de visitar as súas colmeas. Cando regresaban sorprendeulles un achado misterioso pois tres minerais brilaban diante os seus ollos: a resplandeciente mica, o negro feldespato e o valioso cuarzo. Gardáronos coidadosamente nunha bolsa.

Noticias de última hora


Jairo Barral Castromán y José Luis Moreira Vilela 29 de maio de 20019

O mozo, estupefacto polo seu descubrimento, levounos ao colexio ao día seguinte e ensinoullos a todos os seus compañeiros. Xuntos descubriron que con estes tres minerais formáronse hai moitísimo tempo unhas rocas chamadas granito. O granito que tanto abunda en Galicia e que podemos ver nas nosas casas, en edificios marabillosos como as catedrais, ou mesmo cidades enteiras construídas de granito.

A fermosa cidade de Pontevedra, chea de casas feitas de granito.

Noticias de última hora


Este curso celebraríase por 1ª vez a carreira solidaria escolar: “kilómetros de solidariedade”, colaborando coa ONG, Save The Children. A actividade basouse en que os alumn@s buscasen patrocinadores entre os seus coñecidos co obxectivo de recaudar fondos para colaborar cunha causa solidaria. Por medio deste evento ademáis se pretendería fomentar a adquisición de hábitos de vida saúdables, educar en valores e dar a coñecer outras realidades distintas as súas. A actividade resultou todo un éxito e con ela axudamos a conseguir un mundo máis xusto e solidario. Hábitos saudables

Co deporte poñémonos en forma e mantemos a raia moitos problemas de saúde!!! Practícao!!!


Solidariedade

A PARTICIPAR!

Foi unha boa ocasión para fomentar o espíritu solidario dos rapaces axudando a aqueles que máis o necesitan.

Participación

O importante nesta carreira foi que todos participamos para lograr un mundo mellor.

EN FIN, O PASAMOS PIPA!!!


O XOGO E O DEPORTE Outro ano máis, e van ........... moitos, contamos coa colaboración do alumnado do TSAAFD para levar a cabo unha actividade que estivera directamente relacionada co proxecto da biblioteca escolar deste curso: “Viaxando … co xogo e o deporte”. A actividade dividiuse en dúas xornadas, o primeiro día foi para os/as máis pequenos/as do colexio, na que participaron 4º, 5º e 6º de Educación Infantil xunto con 1º e 2º de Educación Primaria.


No segundo día participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Había unha serie de postas nas que tiñan que facer circuítos, xogos cooperativos, bailar, etc

A experiencia foi moi positiva xa que disfrutaron moito como se pode ver nas imaxes.


During the first term we celebrated Halloween at school by decorating the corridors and having the students bring Jack-O-Lanterns from home. Many of them also came to school dressed in very scary costumes.

Fifth and sixth graders decorating the corridors.

The second graders with their pumpkins and Halloween costumes.


After Halloween we began preparing for Thanksgiving and Christmas.

We made lots of decorations and we learnt about these holiday traditions. ➢ We prepared this beautiful poster with our New Year´s resolutions, let´s see if some of them have been achieved by most of us!!!!


During the Second Term we celebrated Peace Day by making a necklace with the shape of a hand with our best peace messages.

HAPPINESS

LOVE

Easter Egg Hunt is one of our favourite celebrations. We had to hunt chocolate eggs that where hidden in the playground.

➢ We made an Easter basket with yogurt cups. Look how beautiful they are!!! We made different investigation projects; some were yummy but others were really interesting, not only for practicing English but to know about culture and important people in history.


Sixth Grade children prepared different recipes:

Thanks for sharing with the class such delicious recipes: sponge cakes, pancakes, pig ears, stuffed eggs, cookies, cheese cake, impossible cake, meatballs, turnovers and a traditional Brazilian dessert called Brigadeiro. Thanks to the families for colaborating so much. Finally in the third term we made a Spring poster with our best Works:

Enjoy summer holidays and Good luck to sixth graders on their new school.


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS Dende a aula de música estivemos preparando con todo o agarimo do mundo tres pezas para interpretar o día das nosas letras. Nesta actividade participou -entre outros cursos- o alumnado de 5º de Primaria. Os de 5º adicaron tempo e esforzo ao longo da xornada escolar co mestre de Educación Musical e contaron co apoio da súa titora á hora de interpretala. Todos uns artistazos! Esperamos que fose do voso agrado. O ano que ven máis e mellor!


Este curso houbo cartas e postais! Intercambiamos postais co CEIP Curros EnrĂ­quez de Celanova:

E tivemos uns carteiros a mar de traballadores:


O NOSO PERSOAL NON DOCENTE É FUNDAMENTAL PARA O BO FUNCIONAMENTO DO COLE Dende a nosa administrativa Pili,

Pasando pola nosa vampiresa americana Brooke e a coidadora e directora de teatro Merchi!


O servizo de comedor...

e o servizo de limpeza!

entre outros moitos traballadores -persoal do bus,...- e a ANPA :) Grazas pola vosa amabilidade e bo traballo!


ESTE CURSO PUBLICAMOS OS NOSOS COMICS!

Os comics “A casa bonita” de Alicia Cores Iglesias (4º de EP) e “O Achado” de Manuel Santiago Míguez (3º de EP) foron seleccionados para seren publicados na revista Enórmic Banda. Alicia e Manuel foron os únicos candidatos de Educación Primaria que -este curso escolar- participaron na publicación. Parabéns aos dous agraciados! Sodes uns artistas!

E ADAPTAMOS OUTRO: “O mellor irmán do mundo mundial....

ten

síndrome de Down”.

O EDLG do CEIP Rosalía de Castro conxuntamente co alumnado de PT, traduciron ao galego este texto de Txiki Trepax -editado por Down España e a Fundación Inocente, Inocente-, que naceu para sensibilizar os irmáns máis novos respecto da síndrome de Down e que pon de manifesto os aspectos positivos de ter un irmán ou unha irmá con esta síndrome. ENLACE AO RECURSO: http://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equiposdinamizacion/contido_1134.html


Profile for Natalia Santos Rap

REVISTA CORTEGADA 2019  

REVISTA ESCOLAR DIXITAL DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO DE CARRIL. 20 DE XUÑO DE 2019. BOAS VACACIÓNS!

REVISTA CORTEGADA 2019  

REVISTA ESCOLAR DIXITAL DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO DE CARRIL. 20 DE XUÑO DE 2019. BOAS VACACIÓNS!

Advertisement