Page 1


SLOW TRAVEL


Orixe O Slow travel surxiu a partir do Movemento slow. Este movemento, de clara reacción ó ritmo de vida acelerado e estresante, ten a súa orixe en 1986 cando o periodista italiano, Carlo Petrini, promoveu actos de protesta contra a apertura dun restaurante de comida rápida (mcdonald's) na Praza España de Roma. As primeiras iniciativas xurdiron en torno á alimentación e asi naceu o Slow food, para protexer os productos autóctonos e defender os interes dos productos locais. Pero esta filosofía non tardou en expandirse a outros ámbitos, como as cidades, o traballo e o turismo.

Definición e características É unha forma diferente de viaxar: viaxar sen presas. Así como o Slow Food propón saborear a comida, o slow travel suxire cambiar o concepto de viaxe e pasar a disfrutar lentamente, descubrindo o destino e sendo o turista parte da vida local, crear unha conexión coa cultura propia do lugar e a súa xente. É a alternativa a visitar o máximo posible no menor tempo posible, para pasar a percibir o destino cos cinco sentidos. O turismo predominante fai que non se logre captar a esencia dos lugares, perdéndose así todo o propósito esencial do turismo cultural: coñecer outras culturas e outros estilos de vida, comprender outras realidades. Os fundamentos do slow travel teñen unha gran relación co ecoturismo xa que, en ambos casos, se trata dun turismo responsable co entorno, tratando de xenerar o menor impacto posible na natureza, sobretodo en canto a medios de transporte se refire. Por iso, este tipo de turistas prefire a bicicleta e as camiñatas, para desplazamentos curtos, e o tren para longos, pola sua baixa contaminación pero tamén porque son os mellores medios para compenetrarse coa paisaxe, pois outra pauta deste tipo de viaxes é a importancia de sabr disfrutar do traxecto da viaxe. Neste tipo de turismo cambiamos as grandes cadenas hoteleiras por casas rurais ou pensions; o fast food polos pratos típicos do destino; as viaxes programadas e paquetes “todo incluido”, pola organización de un mesmo e sen levar todo planificado; os mapas por vagar e perderse polas rúas e preguntar aos habitantes, etc.


Citta Slow

É o selo de calidade turística que se creou para esta corrente. Este selo é otorgado a aquelas localidades que cumplan un serie de requisitos que marca o propio movemento. Cada población ten unhas características propias, pero analízanse os puntos referentes a 6 grandes categorías: –

Política de medio ambiente: reducción dos consumos enerxéticos; promoción de tecnoloxías ecológxcas; multiplicación de áreas verdes e espazos d esparcemento.

Limpeza da cidade: reducción dos residuos e desenrolo de programas de reciclaxe. Os cascos históricos pechados ó tráfico.

Política das infraestructuras: revalorización do patrimonio histórico urbano evitando a construcción de novos edificios; desenrolo de infraestructuras colectivas e equipamentos axeitados para minusválidos e persoas de tódalas idades.

Tecnoloxías pola calidade urbana: priorización dos transportes colectivos e outros medios non contaminantes.

Valorización das producciones autóctonas: potenciar a cultura e gastronomía autóctonas, preservación y desarrollo de las costumbres locales y de los productos regionales.

Consciencia dos cidadáns.

As cidades que obteñen este selo xa serán Cidades Lentas e sometenranse a controles periódicos para poder manter os requisitos de calidade.


Onde practicalo Deberemos escoller un destino que se logre coñecer ben nos días dos que dispoñamos. Os destinos ideais serán as cidades lentas ou Cittá Slow, que ofrecen ó visitante unha maior calidade de estancia, porque xa están acondicionadas para practicar este tipo de turismo. Tamén deberíamos escoller aloxamentos pequenos, tipo casas rurais, posadas, hostais... - Destinos internacionais A cidade de Bra, no norte de Italia, foi a primeira cidade lenta do mundo e tamén é onde se atopa a sede do Slow Food. Actualmente existen arededor de 60 Cidades Lentas no mundo, repartidas en 6 países; a maioría están situadas en Europa, principalmente en Italia, pero tamén hai moitas outras esperando a aprobación. - España España é un dos países da UE que máis están apostando por esta filosofía de turismo e xa se deron avances para levalo a cabo mellor, como a aprobación da creación dunha Rede Nacional de Itinerarios Non Motorizados, onde se inclúen sendeiros naturais, vías verdes, liñas de ferrocarril abandoadas, etc. co obxetivo de fomentar recorridos integrads e que minimicen os efectos sobre o entorno. En abril de 2009, creouse a Rede Española de Cidades Lentas integrada por seis municipios: •

Begur (Girona)

Bigastro (Alicante)


Lekeitio (Bizkaia)

Mungia (Bizkaia)

Pals (Girona)

Rubielos de Mora (Teruel)..


Webgrafía - http://www.mundoslow.com - http://movimientoslow.com/es/filosofia.html - http://destino-puntadeleste.com/blog - http://www.ecotumismo.org/turismo-responsable/luces-y-sombras-de-la-filosofia-slowtravel-en-espana/ - http://cittaslow.es/ - http://www.turismo20.com/profiles/blogs/932414:BlogPost:36931 - http://www.logitravel.com/bloglogi/default.aspx - Imáxes obtidas de Google Imagénes e de cittaslow.es


SLOW TRAVEL  

Slow travel

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you