Procedementos de avaliación por competencias

Page 2

criterios para tomar esta decisión non son independentes e deben ser consensuados. 3.-¿Como desenvolver o traballo nos departamentos? 1º. Elaborando unha proposta de gradación das competencias básicas tanto entre primaria e secundaria como entre cada ciclo e curso de secundaria 2º. Adaptando os criterios de avaliación dos documentos curriculares oficiais ás características específicas do Centro e consensuando procedementos de avaliación coherentes coa proposta de formación en competencias básicas 4.-Agora tomemos como exemplo unha competencia e unha materia Competencia en comunicación lingüística Lingua e Literatura Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta. Sinaláronse tres dimensións xerais das competencias do ámbito lingüístico: - Falar e escoitar, é dicir, ser competente na expresión e comprensión de mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas. - Ler, é dicir, ser competente á hora de comprender e usar textos diferentes con intencións comunicativas tamén diferentes. - Escribir, é dicir, ser competente á hora de compoñer diferentes tipos de texto e documentos con intencións comunicativas diversas. Lingua e Literatura O currículo desta materia, ao ter como meta o desenvolvemento da capacidade para interactuar de forma competente mediante a linguaxe nas diferentes esferas da actividade social, contribúe dun modo decisivo ao desenvolvemento de todos os aspectos que conforman a competencia en comunicación lingüística. Ademais, as habilidades e estratexias para o uso dunha lingua determinada e a capacidade para tomar a lingua como obxecto de observación, aínda que se adquiren dende unha lingua, transfírense e aplican á aprendizaxe de outras. Esta aprendizaxe 2


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.