Issuu on Google+


1) Que é a Avaliación de Diagnóstico?

É unha avaliación de competencias básicas, non de área. Consiste nun proceso de avaliación interna para a mellora dos centros. Este proceso realízase a través dun conxunto de probas e cuestionarios comúns para todo o alumnado, que serán aplicados con criterios estandarizados en todos os centros sostidos con fondos públicos. Como resultado da proba, cada centro escolar, o seu profesorado, as familias do alumnado e, en xeral, todo o sistema educativo, poderá dispor dunha información suficientemente obxectiva sobre a súa situación. A posteriori, o centro deberá contrastala e complementala cos seus propios datos internos, e posibilitará deste xeito a posta en marcha de procesos de mellora. Esta avaliación será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias. Os resultados non se consideran en valor absoluto, senón comparados cos esperados en función do contexto socioeconómico do centro. O que se mide é o valor engadido que aporta o centro a ese alumnado.

2) Por que se quere facer unha Avaliación de Diagnóstico no noso sistema educativo?

Porque se trata dun tipo de avaliación que se está a levar a cabo nos países europeos como unha fórmula eficaz para mellorar a calidade da educación. Pártese da idea de que, na educación obrigatoria, é cada vez máis evidente a necesidade de coñecer tanto os niveis competenciais adquiridos polo alumnado, como a situación dos centros e do sistema educativo en xeral. Isto só pode facerse a través de procesos de avaliación estandarizados. O único externo ao centro é a proba en si mesma: faise, corríxese e analízase no propio centro para encontrar explicación aos problemas detectados, así como para levar a cabo intervencións de mellora.


3) Para que se fai esta avaliación diagnóstica? A avaliación diagnóstica faise para: •

Determinar o grao en que a escola prepara ao alumnado para a vida e para asumir o seu papel como cidadáns e cidadás.

Valorar os resultados de cada centro en función do seu propio contexto sociocultural.

Informar á comunidade educativa (dirección, claustro, alumnos e familias) dos resultados obtidos.

Axudar aos centros docentes a mellorar as súas prácticas educativas.

Facilitar á Administración unha información valiosa que lle sirva para orientar a súa política educativa.

A información que aporta esta proba non servirá para clasificar os centros.

4) Que alumnado participa nesta avaliación?

Participa todo o alumnado escolarizado en 4º de Primaria e 2º de ESO de todos os centros sostidos con fondos públicos. Este alumnado debe facer as probas nas mesmas condicións e tempos que se establecerán no proceso xeral desta avaliación.


5) En que consiste a proba?

A proba consta de dúas partes: 1. Cuestionarios de contexto (dirixidos aos diferentes integrantes da comunidade educativa) que servirán para determinar todo aquilo que, sendo externo, como a influencia familiar ou do entorno socioeconómico, modifique as condicións do proceso de aprendizaxe – ensino. 2. Caderniños con ítems sobre as competencias (serán dous por cada competencia). Neles haberá tres tipos de cuestións: • Tipo test • Preguntas semi-abertas (trátase de escribir moi pouco, con exercicios como ordenar, unir con frechas…) • Preguntas abertas (para contestar nunha ou dúas liñas). Para avaliar a competencia lingüística haberá un CD de comprensión oral para poñer na aula: na audición o alumno pode tomar notas; ao cabo duns minutos repítese e seguidamente pásaselle a proba escrita.

6) Cal é a diferenza entre Avaliación Xeral de Diagnóstico (AXD) e Avaliación de Diagnóstico (AD)?

Existen dous procesos paralelos de avaliación de competencias básicas: AXD ¾

AD

Ten carácter estatal e nela participan

Está regulada polas CCAA.

Lévase a cabo en todos os

as CCAA. ¾

Faise

nalgúns

centros

(por

mostraxe). ¾

centros (censal). •

É externa e ten carácter informativo.

É

interna

e

ten

carácter

formativo. ¾

Xa se fixo unha proba piloto en Galicia

no curso 2007-08. ¾

Vaise

iniciar

neste

curso

en

Galicia.

Non ten en conta o contexto do centro.

Ten en conta o contexto do centro.

¾

Avalía Lingüística,

catro

competencias:

Matemática,

Social

e

Cidadá, de Coñecemento e interacción co mundo físico.

Avalía dúas competencias: este curso Lingüística e Matemática.


7) A avaliación diagnóstica das competencias básicas (CCBB) substitúe á avaliación curricular que realiza habitualmente o profesorado?

Non, este proceso non substitúe en ningún caso á avaliación curricular que realiza o profesorado, senón que a complementa. Aporta máis información, xa que avalía competencias básicas. Os resultados da avaliación diagnóstica non constan no expediente académico do alumno/a.

8) Haberá unha aplicación informática específica para a xestión da AD?

Si, vai estar dispoñible proximamente. Os cuestionarios poderanse baixar dela con algunha anticipación ás datas da súa celebración. Tamén servirá para incluír os datos do contexto do centro, introducir os resultados e emitir os informes.

9) O alumnado con NEAE terá que facer as probas?

O alumnado con calquera tipo de adaptación curricular individualizada (ACI) deberá participar tamén neste proceso de avaliación; con todo, prevense dous tipos de situacións posto que as condicións e características individuais deste tipo de alumnado poden afectar ás súas posibilidades de rendemento nas probas: 1- O alumnado con algún tipo de ACI de acceso ao currículo (por deficiencias visuais, auditivas, motóricas): participará no posible coas correspondentes adaptacións que permitan o seu acceso ás probas e cuestionarios. 2- O alumnado con ACI significativa global: dado que as súas características imposibilitarán a súa participación seguindo os criterios comúns, será o centro docente o que tomará a decisión sobre as condicións nas que participa.


10) Como e cando se desenvolverá a proba nos centros?

Será a principios de maio. Todos os centros a realizarán na mesma data e horario. En cada centro terase que constituír unha comisión de coordinación da AD. O propio centro descargará os materiais da rede, imprimiraos e desenvolverá o proceso segundo o determinado na Orde e nas instrucións. No centro corrixirase a proba (coa axuda da guía de corrección) e tamén se introducirán os datos e os resultados na aplicación. Con posterioridade o programa emitirá os informes.

11) Quen se encargará da corrección destas probas?

A Dirección Xeral dará instrucións sobre quen desenvolverá as tarefas de descarga dos materiais e da súa aplicación, corrección e posterior carga de resultados na plataforma. As probas corrixidas quedarán depositadas no centro: a Administración poderá facer unha verificación posterior dos resultados a través dunha mostraxe aleatoria de centros.

12) En que lingua serán as probas?

En principio as probas de competencia matemática serán en galego e a de competencia en comunicación lingüística, bilingüe. A proba de comprensión oral será nas dúas linguas. Non se avaliará a lingua estranxeira.

13) Como se comunicarán os resultados e a quen?

A aplicación emitirá informes de cada alumno, grupo e centro. A información ás familias será facilitada dende os centros, a partir dos resultados globais obtidos. Finalmente, elaborarase un informe global sobre a AD en Galicia.


14) Facilitarase información previa á comunidade educativa? Si, os centros recibirán información sobre a proba que deberá ser transmitida a toda a comunidade escolar previamente á realización da mesma.

15) Haberá medidas correctoras por parte da Administración? Non, será o propio centro o que deseñe o plan de mellora a partir dos resultados obtidos. A Administración orientará e colaborará na elaboración de dito plan. Os servizos de inspección educativa velarán polo correcto desenvolvemento da AD, participarán na corrección de contraste e asesorarán aos centros no plan de mellora que se inicie como consecuencia da mesma.

Ligazóns que poden ser de interese:

Referencias e materiais para a análise das distintas competencias obxecto de avaliación da Comunidade Asturiana http://www.educastur.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1836&Itemid=167

Algúns exemplos de AD http://www.ieselvalle.es/pages/calidad/documentos/matemxticas_eso_2x_cuadernillo.pdf

http://www.sectormatematica.cl/pruebas/5%BA%20calculo%20escrito3.doc

Probas liberadas PISA http://www.edu.xunta.es/portal/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&accion=verRecurso&lID= gl&troID=6848daf4-c0a8fd03-006e7a5b-232201ae&rID=c5795467-4532174a-015ed2d7b39a2334&ui=WAI&trID=c1490503-4532174a-00457f85-e0fa2d84&roID=dcc2c8e3-4532174a-015813d31b81bd37


Unha aproximación ás avaliacións de diagnóstico. Centro de Formación e Recursos da Coruña