Page 1

COMO CHE CAMBIOU O CONTO Érase unha vez, unha nena moi bonita que lle ía levar unhas flores a avoa. Para chegar á casa da súa avoa tiña que cruzar o monte e súa nai díxolle que tivese moito tino. Cando ía andando polo monte colleu da súa cesta un bocadillo de chourizo e papouno todo. Máis adiante atopouse cun lobo que tiña fame, Entón o lobo preguntoulle á rapaza, escoita nena onde vás con esa cesta? A rapaza, que tiña un xenio que non a aguantaba nin súa nai, díxolle ao lobo e a ti que che importa?Entón o lobo falando polo baixo dixo concho como che cambiou o conto. O lobo como xa sabía que a rapaza ía á casa de súa avoa, colleu a bespino e marchou como un foguete. Cando chegou á casa da avoa, petou á porta e dixo que era Carapuchiña Vermella, vai, e a avoa abriulle a porta. O lobo que a ía comer dun bocado, levou unha sorpresa, a avoa era militar e xa saía a matalo coa escopeta, porque a avoa tiña os audífonos postos e xa sabía que o lobo lle mentira cando petou a porta. Entón a avoa comezou a varear nel ata que cansou. Logo chegou Carapuchiña Vermella e chamou a seu primo que era garda civil cando chegou empezou a mallar nel. Ao lobo xa lle chegara a vareada que levara da avoa e agora aínda leva máis. Cando xa se cansaron de mallar nel prometeu que non se volvería a portar mal nin volvería facer travesuras. Adrián González Lax e.

Conto Adrián González Lage  
Advertisement