Issuu on Google+

Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

MANUEL BLANCO ROMASANTA COMO “O HOME DO UNTO”. MEMORIA ESCRITA, MEMORIA ORAL Comunicación para as 2ª Xornadas Romasanta (Allariz 1 de novembro de 2012) e para a 2ª Conferencia Internacional sobre Tradición Oral (ÉvoraPortugal, 8 de novembro de 2012) Cástor Castro Vicente, avogado, músico, investigador en música tradicional e etnografía galega

arquivocastrovicente@gmail.com http://musicarabeosa.wordpress.com

1


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13 Prego sobre dous lobishomes valencianos (1843). Posiblemente relacionado co feito de que Romasanta afirmase que as súas transformacións en lobo producíanse na compaña de Don Genaro e Antonio, valencianos. Arquivo Castro Vicente

Único exemplar de prego de cordel coñecido que se conserva sobre o caso (Madrid, 1853). Arquivo Castro Vicente

2


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

I.- Novidades. Nova fonte documental sobre o falecemento de Romasanta Nas xornadas de 2011 anunciabamos a nova do seu falecemento en Ceuta, que atopamos en diversos xornais madrileños: “La Iberia. Diario liberal”, 23-12-1863, “La Esperanza. Periódico Monárquico”, 21-12-1863, y “La Correspondencia de España”, 21-12-1863: “Nos escriben de Ceuta con fecha 16 del corriente, que el desgraciadamente célebre Manuel Blanco Romasanta, conocido en toda España por el Hombre-Lobo, por consecuencia de sus atrocidades y fechorías, y que juzgado en la Coruña fue condenado á presidio, falleció en el de aquella plaza el 14 del actual, á la edad de cincuenta años, siendo víctima de un cáncer en el estómago” 14 de decembro de 1863 Malia que as nosas buscas en documentacións da época en Ceuta e Madrid non teñen dado novos resultados, en Febreiro de 2012 achamos a que consideramos a proba documental definitiva nunha fonte arquivística eclesiástica: En concreto, unha anotación no Segundo Libro de Partidas de defuntos de la parroquia de Santa Eulalia de Esgos, custodiado por su párroco D. Teófilo, e correspondente a un fastuoso cabodano ou aniversario da defunción de Romasanta celebrado por encargo dun dos seus irmáns menores. A inscrición di así: “(Hoja 17) Inscrición 63. Rigueyro. Manuel Blanco viudo. Esta cumplido. En el dia diez y seis de diciembre de mil ochocientos sesenta y cuatro (año siguiente al de fallecimiento) por disposicion de Jose Blanco vecino de la Pola de Gordon en la Provincia de Leon, sele tubo en esta Iglesia de Santa Eulalia el entierro y honrras de Manuel Blanco hermano de aquel que murió en el correccional de Ceuta con asistencia de cinco señores Sacerdotes. “

3


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

II.- Retrato de Manuel Blanco Romasanta A inicios de ano achamos tamén na revista La Ilustración. Periódico Universal (26-61854, Madrid) novas remitidas por un suscriptor da Coruña ca descrición de Romasanta feita polos facultativos de Allariz, xunto cun retrato de “El hombre-lobo” realizado polo famoso litografista madrileño Vicente Urrabieta, que quizais sexa o único retrato existente do mesmo.

Como sabedes, no informe médico existente na causa apórtanse diversas medidas craneais de Romasanta, e por razón deste gravado contactamos daquela co forense Fernando Serrulla para que nos dera unha opinión se se podería corresponder cas medicións na causa. Habitualmente os ilustradores traballaban sobre apuntamentos que eles mesmos tomaban, desprazándose aos lugares, coma fan os modernos fotógrafos. Non sabemos neste momento se Urrabieta realmente chegou a ver a Romasanta en persoa para facer esta imaxe, ou se alguén lle facilitou algún apunte, ou se máis ben será unha recreación idealizada do criminal. 4


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

O que soupemos fai apenas unha semana gracias a comentarios do psiquiatra David Simón é que un irmán de Vicente Urrabieta viviu moitos anos en Pontevedra, onde era oficial do Ministerio de Gobernación (o que sería Goberno civil de hoxendía), e Vicente Urrabieta tería visitado Galicia en diversas ocasións, polo que sería interesante recabar informacións sobre estas viaxes por se efectivamente el mesmo en persoa pudiera ter tomado notas de Romasanta.

5


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

III.- O noso estudio actual Do noso estudio actual da causa, centrado xa na lectura e investigación do propio expediente (ademais na busca de documentación relacionada, e das localizacións onde ocorreron os feitos), e que nos levará moito tempo, quería hoxe presentar varias reflexións. De entrada, é un expediente amplo, denso, e moi ben instruído. Hai investigadores que consideran que se instruiu á carreira, sen profundizar, e a nosa opinión é todo o contrario. Son un total de 1.667 folios, repartidos en catro pezas, con declaracións de máis de cento corenta testemuñas, comunicacións a xulgados e concellos solicitando auxilio para estas declaracións: cada vez que un testigo citaba outra persoa que puidera esclarecer minimamente dalgún xeito os feitos, o xulgado rapidamente pedía a comparecencia persoal ou declaración da persoa referida, tecéndose así unha rede de testemuñas, por veces moi difícil de seguir, pero que nos da idea do esforzo instrutor. Sobre a busca das vítimas p.ex., ademais de publicarse en Boletíns Oficiais (en Galicia, Santander, Madrid), se solicitou o auxilio da mor parte dos concellos de Cantabria, algúns de Asturias, tamén de León. Os concellos á súa vez recababan esta información dos pedáneos das distintas aldeas, así pois ao pouco de enviar ducias e ducias de comunicacións buscando a estas persoas naquelas rexións, era unha investigación ben pública e coñecida, e hai contestacións de todos ou case todos eles. Parécenos realmente difícil senón imposible que semellante busca non tivera dado cas desaparecidas se estiveran daquela facendo vida (fose como criadas, ou fose do que fose) nalgún lugar de Asturias ou Cantabria, xa que o xuízo tivo tamén un verdadeiro impacto na sociedade da época, como dixemos aparecendo en xornais nacionais e internacionais. Ademais lembremos que no caso de Antonia Rua Caneiro e a súa filla, segundo Romasanta, as tería levado a servir a unha casa en Ourense, polo que de ser certo, a súa localización tería sido do mais fácil. Loxicamente achamos algunhas faltas no procedemento, como p.ex. non vimos que se lle tomara declaración aos familiares mais próximos de Romasanta (irmáns, nai) pero consideramos que os xulgados de Allariz, Verín e Trives fixeron realmente un bó traballo. Temos dous puntos de referencia do que falarei brevemente hoxe: Un primeiro, investigar aos cómplices de Romasanta e se fora posible as súas motivacións, e o outro, o seu estudo como “Home do Unto”.

6


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

III.- Os cómplices de Romasanta Normalmente fálase e temos a imaxe de Romasanta como unha persoa astuta, criminal solitario, que tolo ou non, perpetra os seus crimes no aillamento das montañas. Sen embargo, os xuíces de Verín y de Allariz tiñan fundadas sospeitas de que se tivera valido de cómplices para perpetrar os asasinatos, pois era unha persoa de pequena estatura segundo os informes da causa (cinco pes menos una polgada, 1,369 m) e cando menos que tivo encubridores.

Portada da 1ª peza da causa. Xulgado de Allariz

Detalle (Arquivo Reino de Galicia)

As principais sospeitas, e que nós particularmente pensamos que se trata o principal encubridor, foi Fray Pedro Cid, o párroco de Rebordechao. El tiña a Manuel Blanco como criado: Cobraba os seus arrendos, acompañáballe nas súas viaxes a Ourense, vivía por temporadas en su casa, todas as testemuñas insisten nesta especial relación. Ao redor de Romasanta vénse tamén unha serie de “movementos” estranos de conveciños que dun xeito ou doutro aprovéitanse das desaparicións ou mortes, que por citar algún exemplo:

7


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Todo o que tiña Antonia Rua Caneiro (a) Vianesa, vendeullo ao Manuel Blanco antes de marchar, “y que este se lo encargó para que se lo cuidase al José Cabelán” (Que era o pedáneo de Rebordechao) f.18 1ª pieza - Dez olas de viño e catro ferrados de millo, que Romasanta lle comprou a Josefa García, sácaas da casa desta o compadre de Romasanta Domingo Requejo. - Josefa antes de marchar véndelle a Romasanta unha vaca cun xato (Que por suposto nunca lle pagará por ter falecido antes, en explicación de Romasanta) e esta vaca Romasanta véndella a Jacobo Rivera de Tamicelas en 260 reais. Tempo despois parte deste prezo da venta que estaba sen pagar, reclámallo ao comprador o propio párroco Pedro Cid, en nome de Romasanta (o amo servindo ao criado). - Precisamente o Fray Pedro Cid, recibe como regalo de Romasanta (ou cómpralle, segundo el dixo para se defender), unha capa do defunto José fillo da Josefa García. Este feito de se apropiar dunha capa dun “desaparecido” –cando xa se empezaba a sospeitar dos crimes-, reprochoullo unha testigo (Brígida Aguiar), ao que o párroco lle contestou que “el estaba puesto a cubierto, pues que ya habia dado parte al pedáneo para que prendiese al Blanco” (f. 18 primera pieza).

Malia ter vendido, ou mellor malvendido, moitos dos bens das falecidas, e quedarse con diñeiro delas, cando no xuízo se lle buscan bens para embargar, o resultado é que Manuel Blanco Romasanta é pobre e non hai onde cobrarlle as costas do xuizo nin facer pagos aos familiares das falecidas. Dacordo con algúns testigos, o párroco de Rebordechao ademais tería certo coñecemento das andanzas de Romasanta, así Brígida Aguiar e Celestino Conde incluso declararon que cando o pedáneo de Rebordechao quixo dar parte de Manuel Blanco porque xa era clamor público a sospeita sobre os seus crimes, o párroco de Rebordechao Fray Pedro Cid saiu na súa defensa dicíndolle citamos textualmente que “callase el pico, porque el Blanco solo sacaba la gente ruín”. “Que también oyó que Manuel Jardon y Celestino Conde, de Arnuid digeron que el Reo Manuel Blanco solo llevaba a los malos y dejaba a los buenos, con referencia alo que asi decia tambien el Sr. Cura D. Pedro Cid.” (Brígida Aguiar, 1ª pieza, folio 86)

“En el Pueblo de su vecindad era publico y notorio que el Pedaneo de Rebordechao estaba quejoso porque habia dado parte del Manuel Blanco Reo de esta causa al Señor Cura actual de dicho Rebordechao a fin de que sele arrestase por los delitos por que ahora se procede , y que dicho Sr. Cura le contestara al Pedaneo del año ultimo 8


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Manuel N., que Callase el Pico, por que el Blanco solo sacaba la gente ruín”. Celestino Conde (1ª peza folio 88)

Romasanta, sendo xa fuxitivo da xustiza e antes de marchar para Castela, estivo oculto case un mes no pobo de Golpellás-Paderne de Allariz, nunha casa posada propiedade de Fray Cid. Sobre este ocultamento hai numerosas declaracións na causa e o xulgado investigou a fondo, pero a pesar de todas estas evidencias, o citado fray Pedro Cid negou ter con Romasanta máis relación que con calquer outro ferigrés, e non foi encausado, supoñemos que polo seu estatus privilexiado.

O pasaporte falso Unha peza importante no enigma Romasanta é a autoría do primeiro pasaporte manuscrito, de 16 de decembro de 1851, que permite a Romasanta preparar a súa fuxida. Con este primero salvoconducto falso como é xa coñecido, Romasanta constrúese, ou lle constrúen, unha identidade falsa, Antonio Gómez, veciño de Nogueira de Montederramo, de oficio ceacero. Pasaporte falso Arquivo Reino de Galicia

O pasaporte é expedido en Montederramo, e realizado de forma manuscrita segundo decía o papel por no ter no Concello de Montederramo pasaportes impresos e ca petición de que non se lle impedise a viaxe e se lle facilitase na primeira policía onde os atopare. Con este engano e xa perto da fronteira do Reino, o alcalde de Vilariño de Conso extendeulle o pasaporte oficial co que definitivamente fuxiu para o Reino de Castela. 9


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Pasaporte impreso (Arquivo Reino de Galicia) Vexamos un momento o pasaporte falso manuscrito, e o pasaporte impreso posterior. Comparemos este escrito, p.ex. ca letra de Romasanta nunha das cartas falsas que lle escribiu ás irmás García Blanco e con algún dos documentos de compra que hai na causa, e vemos claramente que a letra do pasaporte non coincide ca de Romasanta, escribiullo unha persoa allea, e dun primeiro estudo del certificado evidénciase que o seu redactor estaba versado na confección de documentos pois presenta un formato impecable (encabezamento; á esquerda, a descrición do autorizado...). 10


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

(Arq.Reino de Galicia) Letra de Romasanta en carta dirixida a unha das irmás García Blanco

O redactor do certificado era ademais plenamente consciente de que estaba realizando unha falsificación, pois nunca existiron un alcalde chamado Juan Francisco Rodríguez ou un secretario Domingo Enríquez (os certificantes) en Montederramo, como tampouco existía el solicitante Antonio Gómez (identidade falsa de Romasanta); e as dúas firmas están estampadas pola mesma man que fixo o documento.

Comparación do encabezamento e das firmas, evidencian letra da mesma man. 11


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Romasanta na súa confesión, declarou que llo escribira D. Genaro. Como recordaredes D. Genaro e Antonio eran dous lobishomes valencianos (imaxinarios, pensamos nós) cos que Romasanta tería atacado e devorado as vítimas na serra de San Mamede. O Xulgado de Allariz tivo que insistir moito para que desen as cumpridas explicacións o alcalde constitucional Francisco Alvarez e o secretario de Montederramo Juan Bernardo Cortón. En primeiros requerimentos o concello contestaba que o alcalde estaba de viaxe, que o secretario era moi maior e non podía viaxar en cabalería para ir declarar... Finalmente preséntase o xulgado de Trives na aldea do secretario, Nogueira de Montederramo, para lle tomar declaración, e negaron ter autorizado aquel certificado nin coñecer aquela grafía, co que nunca se chegou a resolver tal asunto.

Comparación certificado falso e documento notarial (Arquivo Histórico Provincial de Ourense)

A letra ten importantes semellanzas con outra que aparece en comunicacións oficiais enviadas dende o propio concello de Montederramo obrantes na causa, polo que temos encargado a un perito calígrafo en Ourense a análise das letras, e de momento non podemos avanzar máis.

12


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

O papel sellado fiscal, no que se fixo o pasaporte, é o habitual empregado por notarios e outros usos públicos, e de confirmarse que quen fixo o pasaporte falso foi un notario ou escribano da zona, haberá que preguntarse e investigar qué razóns levan a unha persoa dese estatus para facilitarlle a fuxida a Romasanta, arriscándose a ser xulgado por cómplice ou encubridor del.

O segundo tema que queriamos comentar hoxe eiquí é a figura de Manuel Blanco, como o Home do Unto IV.- “Home do unto” VS “Home-lobo” Nesta disxuntiva de considerar a Romasanta como O do Unto, ou como Lobishome, cremos en primeiro lugar cos nosos paisanos que Manuel Blanco nin foi home-lobo mítico nin cometeu os seus crimes por un impulso irrefrenable créndose lobo. O único que en toda a causa apunta a unha licantropía ou a un trastorno deste tipo é a propia confesión de Romasanta, que el mesmo califica primeiro como unha maldición e despois como unha enfermidade. Todas as testemuñas que foron interrogadas sobre as costumes de Romasanta, falan del como unha persoa normal, resumíndose no estracto que “se ocupaba en una tienda ambulante y en servir a todos los que le mandaban tanto en oficios mujeriles como de hombres mereciendo por lo tanto buen concepto y siempre se considero en sano juicio añadiendo que rezaba el rosario, ayudaba a misa y ejercia, dicho Blanco, varios actos de caridad”, que nunca viron nel ningún asomo de tolemia, nin de furor impulsivo estrano. Romasanta declara que trala súa transformación en lobo e asasinato das vítimas, pasaba dous, catro ou oito días na serra convertido en lobo. E sen embargo, na maioría dos casos ao día seguinte de marchar con algunha das desaparecidas, chegaba de volta ao pobo, dicindo que xa os deixara cun arrieiro que os levaba a Santander. Contradícese tamén ca pretendida transformación, a súa minuciosa preparación das mortes -en ocasións durante meses-, o feito de que selecciona vítimas especialmente sensibles, mais solteiras ou separadas con fillos pequenos; de que entra en amoríos ou relacións sentimentais con elas para gañarse a súa confianza, preséntalles cartas falsas reclamándoas para que emprendan a viaxe, e só despois de convencelas de que lle vendan todos os seus bens, sácaas cautelosamente de casa para facelas desaparecer, e regresa ao día seguinte ou aos poucos días. No caso p.ex. de Antonia Rúa, apodada a Vianesa, fáille a venta en documento privado o día 22 de marzo de 1850, e nada menos que o domingo de Ramos o 24 de marzo (dous días despois) “emprenden” a viaxe. 13


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

É realmente significativo o caso de Manuela García outra irmá das asasinadas, que se salvou pois a pesar da insistencia de Romasanta, nunca accedeu a venderlle os bens, polo que supoñemos que Romasanta deixouna para mellor ocasión. No procedemento fálase ao menos doutras tres mulleres coas que Romasanta tivo relacións, Rosalía de Soutelo, Catalina Fernández de Cobillas (León) -á que xa lle prometera matrimonio e que en agosto de 1851 escribe a Romasanta para que lle aclare as súas intencións. Por certo, que da casa desta muller, fuxiu Romasanta cunha caballería cargada de roupas, tamén tivo relación con Marta Blanco de Souteliño, da que falaremos máis adiante, por ser protagonista dun dos sucesos máis estranos do caso Romasanta. Quizais estas relacións iniciadas o fosen co mesmo propósito de asasinalas. Chama a atención precisamente que entre os escasos efectos persoais que se lle ocuparon na súa detención en Toledo figuraba o prego de cordel “Carta de amor que dirije un galan á su dama, en la que se puede poner el nombre de cualquier mujer”, do que temos eiquí un exemplar orixinal [ler a segunda. ] (Arquivo Reino de Galicia)

Atención, que non só matou mulleres e nenos: Temos que recordar tamén que se lle atribuíu a desaparición doutras tres persoas, o que elevaría o número de vítimas a doce: 1) Vicente Fernández, alguacil de León, que apareceu morto no monte de Tremor de Abaixo en agosto de 1843, e que parece ser que motivou que se escondera en Rebordechao. Por este asasinato o xulgado de Ponferrada xa lle condenara a Romasanta en rebeldía (é dicir, sen ser oído no xuizo) a dez anos de presidio 2) e tamén de Manuel Ferreiro de Xinzo da Costa, e 3) dun criado do Prior do mosteiro de Rocas, -desta desaparición acusárono testigos de Regueiro-. Sobre estes dous últimos finalmente non se lle fixeron cargos.

14


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Por certo, tanto Manuel Ferreiro, como o criado do Prior, era tamén vendedores ambulantes. No caso de Manuel Ferreiro, que no ano 1836 marchou con Romasanta cara Portugal para nunca máis volver (ocorrido uns 14 ou 16 anos antes de 1852, ano da declaración), ao pouco tempo despois presentouse Romasanta na súa casa para recoller todas as súas roupas e levarllas, modo de proceder absolutamente coincidente coo que logo fixo cas irmás García.

Na nosa opinión e de acordo con todos estes datos, o fin dos crimes é exclusivamente económico, lucrarse ca desaparición desas persoas, apropiándose dos seus bens. A dúbida que se nos plantexa é: ¿Ata qué estremo levou Romasanta ese lucro? Realmente chegou a ser ese Home de Unto? Nas entrevistas que temos realizado sobre o caso Romasanta os informantes insisten en consideralo como o “Home do Unto”, que se lucraba da venta do sebo das súas vítimas nas boticas de Chaves, e a nosa investigación actual busca afondar nesta faceta do personaxe e determinar qué poida haber de certo neste comercio. Romasanta recoñeceu nas indagatorias que ía unha vez ao mes a aquela vila a comprar xénero para comerciar (panos, teas…), pero nunca admitiu que traficase con graxa humana. Antes de ler a causa, un pregúntase ¿E logo, o xulgado de Verín non investigou en Chaves? Pois a resposta é afirmativa: Sí, O Tribunal de Verín foi celoso na súa instrución e solicitou ao Tribunal de Distrito da Comarca de Chaves se tomase declaración nada menos que a catro farmacéuticos de Chaves, José de Sousa Ferreira y Castro, Juan José de Sousa, Joaquín Antonio Pereira, e Antonio Luis Figueroa, que o 10 de outubro de 1852 dixeron non coñecer a Romasanta e negaron rotundamente ter adquirido unto humano a el ou outra persoa calquera, porque [nas súas palabras] “aquel objecto non ten consumo algún”. (Ao que todo podemos pensar, qué ían dicir!) E por suposto non só negaron coñecelo os farmacéuticos, tamén os tendeiros onde mercaba a mercancía, etc. Isto é unha constante do caso Romasanta, que todos os que se puideron escabullir nas súas declaracións, dicindo que nada sabían, fano. O home como medicamento A pesares do declarado polos farmacéuticos de Chaves, a graxa humana ten atribuída dende antigo propiedades medicinais e máxicas, proliferando en todo tempo noticias reais ou inventadas sobre os sacauntos ou sacamanteigas dedicados a este vil tráfico. 15


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Luis Giadás, fai un destacable repaso sobre estes relatos na literatura oral galega no seu moi recomendable artigo “O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas. En “Actas das IV Xornadas de literatura de tradición Oral. Lendas Urbanas: Mitos e ritos nos tempos modernos”. Pp 13-24 2011 Coruña: AELG Editora. Nel expón ademais o caso da carpeta 922/1 do Arquivo do Reino de Galicia, titulado “Proceso de averiguación de quién esparció la voz de que en las boticas de la villa de Vivero y principalmente en la que regenta Manuel Montenegro, siendo su mancebo Joaquín de Ábila (sic) Chás, se mataban hombres y mujeres para aprovecharles la grasa en medicina y de los autores de un pasquín que aparecerá” (iniciado por denuncia de 17 de marzo de 1835). Se afondamos nas obras impresas do s. XVIII y XIX sobre temas de Medicina, Farmacia, ou industriais sorprenderémosnos. P.ex. o Diccionario de material mercantil e industrial, de D. José Oriol Ronquillo (Barcelona, 1855) nun extenso apartado titulado El hombre considerado como medicamento, precisa que “la grasa humana, en particular la de los ahorcados, fue considerada como emoliente, temperante, nervina, eficaz sobre todo contra los dolores de las articulaciones, las contracciones de los miembros, las heridas, para borrar las señales de la viruela”. Outros moitos usos, como remedio para as cicatrices, alopecia, perlesía ou epilepsia, aparecen detallados en tratados médicos e farmacéuticos da época. En cuanto ao procedemento para obtela, relata o mesmo Dicionario de material mercantil que “para extraer la grasa de los tejidos que comunmente la encierran, trátanse éstos por el agua hirviendo, se espuma, se cuela, y se deja enfriar el líquido, en el que sobrenada entonces la grasa, separada”.

16


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Nas sucesivas edicións do Tratado “Medicina Lusitana. Soccorro Delphico” pelo Dr. Francisco Da Fonseca Enriques (Amsterdam, 1731), nos remedios contra a parlezia, Livro 2. Cap. 18, páx. 250 incluye “33. quem cozer huma raposa em agoa até se desfazer, e tirar o oleo, ou gordura, que estiver sobre a agoa, terá hum remedio de singular virtude para estes achaques, se hé certo o que dis Berholameu Montagnana. 34. O unto humano, o de urso, de leaô, de viboras, de cobras, de gato, principalmente montès, faô remedios que poden uzar-se”.

Un comentario, a meirande parte dos libros que imos citar agora achámolos nesa ferramenta fabulosa que é google books e podedes facer as vosas propias buscas. Se buscades “unto humano”, “grasa humana”, en inglés “human fat” e mellor polo nome latino “Axungia humana” ou “axungia hominis”

17


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

No periódico semanal El Consultor Higiénico (Madrid, 30-8-1858) atopamos o caso dun enfermeiro que se fixo rico ca graxa dos cadáveres do hospital onde servía, pois vendeu centos de botiños dunha onza a duro dicindo proviña de homes asasinados ou mortos por algunha desgraza, por ser remedio moi solicitado –según dicía sobre todo por mulleres-, para facer crecer o pelo, para cicatrices nos peitos, ou mesmo para a esterilidade-.

Moito máis impacientes e resolutivos, no el Tomo III do Boletín de Jurisprudencia, Madrid, 1857, atopamos o caso ocurrido na feira celebrada en Pontevedra o 1º de marzo de 1857, en que Dolores Reguera y Juan Vázquez, veciños de Santa Maria Adigna, rogaron a varias persoas lle comprasen a José Vázquez, xoven de 18 anos e irmán do último, para matalo e empregar a súa graxa nas boticas. Advertida a garda civil, atraeron aos vendedores cun falso comprador e chegouse a consignar a venta por escrito, tras o cal detivéronos e os enxuiciaron (aparece un extracto da intervención do fiscal nese Tomo do que leremos a seguinte reflexión que fai o Fiscal: 18


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

(Vamos, que na comparación cos antropófagos da Oceanía, saen peor parados estes dous veciños de Cambados).

19


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

A graxa de cadáveres tamén foi produto base para elaborar xabón, e así aparece con toda naturalidade no Manual del fabricante de jabones (M.J. Fontenell, Madrid 1834) ou en Nuevos Elementos de Química aplicada á la Medicina y á las Artes (Madrid, 1839).

20


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Por último, o unto humano formaba parte tamén de receitas de usos máxicos, e críase que o portador dunha vela deste material tornábase invisible, e que facilitaba a busca de tesouros, como recollen entre outros o Dicionario Infernal de Colin de Plancy (libro favorito de Alvaro Cunqueiro) ou en grimorios e demais libros de maxia, ben coñecidos, como p.ex. o Petit Albert.

Moito máis próximo ao lugar dos feitos: Na igrexa de San Pedro de Castro de Laza (parroquia das desaparecidas), hoxendía consérvase este libro un exemplar do tratado “Palestra Pharmaceutica Chymico-Galenica” de Félix Palacios (Madrid, 1730), con instrucións para a preparación de todo tipo de polvos e receitas, e na súa páxina 644 expón “Preparación del cráneo humano. Se ha de escoger de persona muerta violentamente, y no de enfermedad, se partirá en pedazos, se secarán, y despues se harán polvos sutiles, y se guardarán para el uso”. No mesmo libro aparece en diversas fórmulas, así na preparación do Pulvis antiepilecticus insignis (pág. 348) emprégase Cranio humano, corazóns de víboras, a Unlla da Gran Besta raspada, raíces, e ata un total de catorce ingredientes, preparado admirable para “fortificar la Cabeza; para contra la Alferecia, apoplegia, Letargo y Perlezia, y demás enfermedades convulsivas” (fotografías: Félix Castro).

21


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

De todo lo exposto queremos facer notar que, se ben xa no século XIX as historias de sacauntos e boticarios asasinos eran desprezadas por infundadas, sen embargo pódese asegurar que na química e a medicina do s. XVIII e aínda do s. XIX tíñanse por eficaces e necesarios diversos ingredientes provenientes do corpo humano (con preferencia como estamos vendo polos obtidos por morte violenta). E tamén insistiremos en que, malia que fose obxecto de rumores, tamén houbo casos comprobados de asasinatos en que tráficos deste tipo foi o único móvil.

22


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Non está de máis recordar o crime da Legoa Dereita (como relata Antonio Reigosa no sitio web Galicia Encantada) En maio de 1911, un home de apelido Cabarcos, foi asasinado naquel lugar, entre Vilalba e Begonte (Lugo), arrincándolle en vivo o pel do rostro. Este crime, perpetrado por Bautista da Insúa e outros compañeiros del, fora xestado en Humanes (Madrid), onde ían facer a sega. Parece ser que o patrono deles aló tiña a súa muller enferma dun cancro do pel no rostro, e un curandeiro déulle como único remedio o colocarlle a pel dun home arrincada en vivo. Por este encargo, ao seu regreso a Galicia, cometeron este asasinato. Tras o proceso xudicial, só se condenou a Bautista da Ínsua a 28 anos de presidio. (Segundo contan, chegaron a mandar a pel envolta cuns coiros de xamón, pero cando chegou alá, a muller xa falecera). E tamén o coñecido Crime de Gádor (Almería) ocorrido en 1910, moi ben documentado xudicialmente e tamén de gran repercusión mediática, no que Francisco Leona “El Barbero” e a curandeira Agustina Rodríguez, asasinaron ao neno Bernardo González Parra, para tratar a tuberculose que padecía Francisco Ortega Rodríguez, a quen lle dixeron se curaría bebendo o sangue do neno e aplicándose as súas manteigas como cataplasma no peito, cousa que fixeron, e que finalizou ca condena a garrote destes tres implicados.

23


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

O tráfico de unto no Expediente Xudicial de Romasanta Anque aparece en moitas das declaracións, hai dous sucesos significativos que centran a nosa atención neste punto. 1) A banasta con tarros de grasa O 3 de maio do año 1846 ou 1847 Manuel Blanco valeuse no pobo de Prado dun xoven chamado Francisco Castro para intentar sacar dalí unha banasta con algo duro dentro, pedíndolle lle levase cara Riobóo ata certo lugar onde el a recollería disimuladamente. A operación foi fallida pois presentáronse uns descoñecidos á saída da aldea que pararon ao rapaz quitándolle a carga que levaba. Correuse o rumor, e varias persoas así o declararon (Bríxida Aguiar entre outros) de que a carga eran frascos ou botellas con graxa humana. O chico e varios testigos presenciais recoñeceron o suceso de intentar sacar de Prado a banasta de Romasanta, malia que dixeron descoñecer o contido da banasta. Manuel Blanco negou que portasen sebo humano, senón que quixo sacar as súas mercancías disimuladamente para evitar o seu embargo por Benito Salgado, alguacil de Vilar de Barrio. Este alguacil sen embargo segundo declarou nunca foi a Prado por un embargo contra Manuel Blanco. 2) Cómo se descubrieron los crímenes de Romasanta segundo a tradición oral. El puchero con carne humana “Eiquí houbo un que chamaban “O Home do unto”, e levaba as mulleres cara aí, cara Sanmamed, e seica as comía, e.... e entonces escribíanlle unha carta, que estaban mui ben, que fosen as irmás cara ond´el, que alí comían de todo, e tal e qué sei eu, e entonces levou tres irmás, e claro, matounas, pero despois levou un rapaz, e tiña un potiño destes pequenos a ferver, e díxolle que non o destapase, e il non sei para onde marchou, e viu nadare, fervendo, a mao dunha persona, entonces así que o viu dixo “este quéreme matar” e escapou por unha selva abaixo hasta un pueblo que se viu as luces e entonces a primeira casa que viu luces entrou e contoullo. E despoisa descubriuse, e prendérono os guardias, e troughérono a cabalo dun burro e ca cabeza mirando cara o rabo do burro, e dicía el “aquí va Bernabé, con su capa remendada, el que bien vive, bien muere, y quien mal vive, mal acaba”, e matárono”. Entrevista a Aser Rodríguez (Tamicelas-Laza).

“Un señor decíalle que as levaba a Santander, entonces despois levábaa, matábaa, cocíaia, e levaba o unto a Portugal, despois que viña a por outra, e entonces e “qué lle fixeches logho á outra, onde está a outra? “Ou, está moi ben, está en Santander!” e despois que viña daquela, e volvía outra vez, hasta que despois unha que a colleu e lle dixo “quédate aquí un momento, pero ese pote non o destapes hasta qu´eu veña”. Entonces ela así que marchou pois quitou o testo do pote, e viu a mau dunha muller, dunha persona alí, e entón ela escapou, e il aínda foi tras dela, pero non a colleu, e despois prendérono”. (Entrevista a María Benita Fariñas Machado, Castro de Laza, 31-8-2007. Em galego na gravação original). 24


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

“Pois levou a unha, como levou a tantas, dicíndolles que as tiña alí de costureiras, e que as trataba moi ben, ela cheghou e viu que era alí no monte e que alí non había nada, e tiña un pote fervendo, e díxoll´il, “queda aquí pero non destape-lo pote mentres eu vou facer aí un recado”, e el iba aghuzar o cuchillo para a devorar a i ela, entonces ela foi e levantoulle o testo ó pote, e viu a mao dunha muller, entón como alí non viu nada mais que a mao da muller no pote, deu zapatilla, larghouse! Entonces cando veu, veu detrás dela, pero non a pillou, e foi cando se descubriu!” (Entrevista a Florinda Gómez Fernández 74 anos, Rebordechao-Vilar de Barrio, 30-62007. Em galego na gravação original). (Rebordechao-Vilar de Barrio).

Estes dous relatos nos describen, con pequenas variantes, cómo se descubriron os crimes de Romasanta segundo a memoria oral da zona. (Poñer audios) Dende o noso inicial e escaso coñecemento do caso sempre os descartaramos coma unha simple fantasía, deformada tras máis de cento cincuenta años de ocorridos os feitos, pois non coincidía en absoluto co final coñecido do seu apresamento en Toledo. O máis sorprendente de todo foi que ao iniciar o estudio da causa, encontramos que no Estracto (Tercera pieza folio 62v) recóllese este mesmo caso do pote no apartado “Más hechos por los que no se hicieron cargo al procesado”. E que varios testigos declararon xa en 1852 que era de público coñecemento en Laza que Manuel Blanco reuníase con outras dúas persoas no monte Invernadeiro e que o 5 o 6 de setembro de 1851 xuntóuselles en Naveaus Marta Blanco de Souteliño-Laza, separada de su marido, y fue conducida a la montaña donde aconteció lo siguiente: “En una cueba que tenían debajo de una peña grande la introdugeron en donde tenían todos los efectos necesarios para hacer de comer y habiendole mandado uno de los compañeros de Manuel pues que eran dos ó tres y uno muy gordo que mirase lo que habia en un puchero que tenian en la lumbre, advirtió una mano de una criatura como de siete años y prebiniendole que no sabia nada, le mandaron a vuscar agua para hecharle, y en efecto cojió una olla y fue á buscarla con cuyo motibo se marchó” (Declaración de Xosé García Blanco, irmán das falecidas, Segunda peza da causa, folio 80). “Que la Marta había llegado hasta la cueba espresada donde vió los hombres con la barba muy poblada y larga y que en otra cueba tenían todos los enseres de una casa, que a la espresada sugeta la habian mandado mirar los pucheros, y en uno de ellos había visto una mano de una persona cuya circunstancia la atemorizó persuadida de que no tardarían en hacer con ella otro tanto, y 25


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

habiéndola mandado que fuera a un arroyo por agua, tubo ocasión de escapar y refirió lo que había visto á los de la casa de la Edreira termino de Castro”. (Declaración de Benito Añel, Segunda peza da causa, folio 85). Romasanta negou estes feitos; Juan Machado, que guiou a Marta Blanco ata Naveaus, testificou recoñecendo tela acompañado a Naveaus onda uns homes con cabalerías, pero dixo non saber para onde ían nin quen eran. Marta Blanco, que fuxira ao Reino de Portugal, declarou dende a prisión civil de Chaves onde cumpría condena por “fraude do Jabón Español”: Negou o caso do pote e que coñecera a Romasanta, pero admitiu terse unido na montaña a un grupo de contrabandistas, liderados segundo dixo por un tal Francisco do pobo de Esqueirón, o seu amante (chama a atención que por dúas veces confúndese na declaración e fala do de Esgos, pobo de orixe de Romasanta). Mais curioso é o que declarou José Blanco, o propio pai da Marta Blanco: “Que efectibamente su hija Marta ha tenido relacion con el Manuel Blanco a quien conoce muy bien, y repetidas veces han ido juntos a Chabes a por generos de algodón y a vender: que por ahora ba a hacer el año la espresada tubo una disputa con su marido con quien hacia poco que se hallaba reunida y de resultas marchó una noche con dos sugetos que no sabe quienes fuesen pero según ha oido a Juan Machado se la reunieron entre Tamicelas y Nabeaus, sin que desde entonces ha ya sabido de ella”.

No Tribunal de Chaves aínda non temos localizado la causa por la que foi presa Marta Blanco, que botaría nova luz sobre este punto. O primeiro que ao mellor vos preguntades: E realmente tivo Romasanta algunha vítima a finais de Agosto ou inicios de setembro de 1851, a quen puidera corresponder os restos, a man do relato? Cando marchou Antonia ca súa filla de peito Peregrina, o 24 de marzo de 1850, a súa filla maior, María Dolores, de sete anos, quedara primeiro na casa de Lino González e despois pasou a convivir co propio Romasanta. Desapareceu a mediados de 1851, e segundo confesou Romasanta, teríaa matado en xuño de 1851 (como digo, según Romasanta, quen sabe se non foi algo máis avanzado o verán). ¿A pala das cuncas, a cova de Romasanta? Pensamos que en realidade é posible que o amante de Marta Blanco non fora outro que Manuel Blanco Romasanta, tal e como o propio pai dela recoñeceu, e que cabe a posibilidade sequera remota (polo que de entrada non se debería rexeitar por totalmente absurda e imposible) de que o caso do pucheiro tivese ocorrido, tema nunca investigado -que teñamos coñecemento-. Non sería un fantástico banquete caníbal como comenta o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro no seu libro (Mariño 2007), senón que tal e como xa comentabamos “para 26


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

extraer la grasa de los tejidos que comunmente la encierran, trátanse éstos por el agua hirviendo, se espuma, se cuela, y se deja enfriar el líquido, en el que sobrenada entonces la grasa, separada” (do Diccionario de material mercantil antes citado). A insistencia da memoria oral no relato da cova e a súa coincidencia no esencial con estas primeiras declaracións que temos reproducido levounos a buscar nos meses de xullo a setembro deste ano 2012 a su posible ubicación na Serra de San Mamede. Dado que xeoloxicamente trátase dun chan non kárstico, non se coñecen grutas nestas montañas, atopándose só algúns abrigos pouco profundos. Despois de varias visitas á zona, e segundo informacións de veciños de Rebordechao y Laza, a única cova ou caverna que realmente permitiría o uso de enseres e ser ocupada como refuxio áchase precisamente nas inmediacións das casas da Edreira, e é coñecida como “A Pala das Cuncas”. A primeira persoa que nola relacionou como posible lugar, foi o noso amigo Xerardo Sousa de Esgos. Pala é sinónimo de “cova” segundo recollen os sucesivos dicionarios galegos (Filgueira Valverde 1925 e outros), ou refuxio baixo unha rocha que sobresae. O día 9 de outubro de 2012 e no noso terceiro intento conseguimos acceder á ansiada cova. Coincidiu que era o día da festividade da Comunidade autónoma Valenciana, e ademais era San Denis, como o lobo-home do relato de Boris Vian. Tivemos a sorte de non atoparnos nela con Don Genaro e Antonio, os dous licántropos valencianos con que Romasanta iniciou su historia. Chegamos aló con Mark Ritchie, que fixo as fotografías que poremos a continuación, Fernando Serrulla, médico forense, e Héctor Salgado, de guía. En http://vimeo.com/user3998897/paladascuncas e tamén en http://musicarabeosa.wordpress.com podedes ver un vídeo en HD daquela visita. Trátase dunha cova ou abrigo duns 10 m de frente e 8,5 m na parte máis fonda, cun 1,85 m na parte máis alta. Está situada nos montes da Edreira, na vertente Este deste río, xusto enfrente de San Mamede, e un pouco ao norte do pobo da Edreira, a unha distancia que non excede dun km. Ten un chan de pedra, polo que constatamos que alí non se podía ocultar tipo de resto humano. Xusto diante dela parte unha corga ou regato que chega ao río Edreira. Sábese ademais que dita Pala das Cuncas foi empregada como refuxio polo famoso guerrillero Mario do Langullo y su partida de maquis (guerrilla de resistencia antifranquista durante la posguerra civil española). En abril de 1949 foron atacados pola garda civil, que en aplicación da Lei de Fugas axustizaron a varios dos fuxidos así como a Francisco Galán, o dono do caserío da Edreira, queimando casas en represalia polo seu apoio aos guerrilleiros. 27


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Por elo entendemos que o interese e utilidade dunha investigación arqueolóxica a fondo en dito espazo, que intentaremos promover no futuro próximo, queda fora de toda dúbida. Santos de 2012

28


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto�. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

29


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012

Fotografía: Mark Ritchie

Fotografía: Mark Ritchie

Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

30


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012

31

Fotografía: Mark Ritchie

Fotografía: Mark Ritchie

Fotografía: Mark Ritchie

Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Bibliografia: Causa contra el hombre lobo. Mazo 1.788. Arquivo do Reino de Galiza. Coruña 1852 The morning Chronicle, 21 de Xullo. Londres Reino Unido 1857 Boletín de Jurisprudencia y Administración. Parte legislativa. Tomo III. p. 118 Madrid: Castillo. 1858 El Consultor higiénico. Periódico Semanal Ano I nº. 35 30 de agosto. P. 357 Madrid: Saturio Andrés y Hernández. 1863 La Iberia. Diario liberal, 23 de decembro, Madrid. 1863 La Esperanza. Periódico Monárquico, 21 de decembro, Madrid. 1863 La Correspondencia de España, 21 de decembro, Madrid. 1895 Revue de psychothérapie et de psychologie appliquée. París. Alvarez, Francisco 1839 Nuevos elementos de química aplicada á la medicina y á las artes. Tomo II, p. 271 Madrid: Alejandro Gómez Castro Vicente, Felix Fco. e Castor Manuel Castro Vicente 2011 A expectativa popular no caso de Manuel Blanco Romasanta. Ultimas novidades sobre o caso. En Actas das I Xornadas Manuel Blanco Romasanta. Allariz: Fundación Vicente Risco (para publicar en soporte DVD). Disponible en web http://issuu.com/musicarabeosa/docs/comunicacion_romasantaultimas_novidades_9-11-11_c/1?mode=window (consulta: 5-10-2012) Castro Vicente, Félix Fco. 2008 Un prego de cordel descoñecido sobre o caso de manuel Blanco Romasanta: o “home do unto” e unha escolma bibliográfica sobre o mesmo. En Lethes. Cadernos Culturais da Limia, Inverno 2007-2008. Xinzo de Limia: Centro de Cultura Popular da Limia Disponible en web http://musicarabeosa.files.wordpress.com/2011/11/artigo-lethes-romasanta.pdf Domínguez González, Xosé e Lino Blanco 1991 O home do unto. Manuel Blanco Romasanta. Historia real de una leyenda. Ourense: Diputación Provincial. Domínguez González, Xosé 2008 “Romasanta, memoria cierta de una leyenda” Sitio web http://www.ourensedixital.com/romasanta/index.htm#1 (consulta: 5-10-2012) Dominguez González, Xosé e Roberto Bustillo Coord. 2012 Manuel Blanco Romasanta: Historia y leyenda. Ourense: Auria editora (en imprenta) Durand de Gros, Joseph Pierre (A.J.P.Philips) 1855 Electrodynamisme vital. París: J.B. Baillière

32


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

Da Fonseca Enriques, Francisco 1731 Medicina Lusitana. Soccorro Delphico a os clamores da Naturesa humana, para total profligaçaó de seus males. Livro 2 Cap. 18 p. 250. Amsterdam: Miguel Diaz Fontenell, M.J. 1834 Manual del fabricante y clarificador de aceites y fabricante de jabones. (Traducción) Madrid: Cuesta. Giadás, Luis 2011 O visguento unto da calumnia: boticarios e sacamanteigas. En “Actas das IV Xornadas de literatura de tradición Oral. Lendas Urbanas: Mitos e ritos nos tempos modernos”. Pp 13-24 Coruña: AELG Editora. Disponible en web http://www.aelg.org/resources/publications/1341238930543s-dixital.pdf (consulta: 5-10-2012) Mariño Ferro, Xosé Ramón 2007 Manuela Branco Romasanta, o lobishome asasino. Vigo: Nigratea. Martínez-Risco Agüero, Vicente 1945 El lobishome en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo I, Cadernos 3º e 4º pp. 514-33. Madrid 1971 Un caso de Lycantropía (O Home-lobo) A Coruña: Moret. Oriol Ronquillo, José 1855 Dicionário de material mercantil, industrial e agrícola. Tomo III. P. 215 Barcelona:Agustín Gaspar Palacios, Félix 1730 Palestra Pharmaceutica Chymico-Galenica. Pp. 348, 644 Madrid: Juan de Sierra Prieto, Laureano 1953 La zoantropía en Galicia en Zephyrus. Revista de prehistoria y arqueología. vol. 4. Salamanca: Universidade http://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/70873/1/La_zoantropia_en_Galicia.pd f (Disponible na web. Consulta: 5-10-2012) Rua Figueroa, Manuel 1859 Reseña de la causa formada en el juzgado de 1ª. instancia de Allariz, Distrito de La Coruña, contra Manuel Blanco Romasanta, el Hombre Lobo, por varios asesinatos. Madrid: Viúva de Don Antonio Yepes Disponible na web. http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?pa th=1001542 Consulta: 5-10-2012

33


Manuel Blanco Romasanta como “O Home do Unto”. Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012 Rexistro da Propiedade Intelectual OU-040/13

1861 Discurso en Colección de discursos forenses. Tomo primeiro. Barcelona: Luis Tassó. San Martín, Antonio 1876 Causas célebres. El Hombre-lobo. en El periódico para todos. nº. 6 a 11. Outubro. Madrid Simón Lorda, David e Gerardo Flórez Méndez 2008 El hombre-lobo de Allariz (Ourense), 1853: Una visión desde la psiquiatría actual Disponible en web http://www.ourensedixital.com/romasanta/dsl/index.htm (consulta: 5-10-2012) Soler Cervantes, Milagros (Sen data) El crimen de Gádor (Almería). Disponible en web http://www.culturandalucia.com/ALMER%C3%8DA/El_crimen_de_Gador_Almeri a.htm (consulta: 5-10-2012)

PS.: Poucos días antes das II Xornadas diversos veciños da zona de Rebordechao e Laza expresaron a existencia doutras dúas posibles covas na zona, que tamén haberá que investigar oportunamente. A inclusión de imaxes e fotografías no presente texto realízase para o seu análise con fines científicos. As fotografías da Pala da Cuncas realizadas por Mark Ritchie www.mritchiefotografo.com Todos os dereitos reservados. Para poder reproducilas en calquer formato ou soporte, fisico ou virtual, sexa con fins comerciais ou non comerciais, precísase a autorización e o acordo co autor: mritchie@terra.es

34


Manuel Blanco Romasanta como "O home do unto". Memoria escrita, memoria oral. Santos 2012