Page 1

INVENTARIO

3660

EXP. CONSERVACIÓN COND. ESPECIAIS

41/2016/3

INFORMES

PARÁMETROS EXPOSITIVOS: valores máximos preceptivos de exposición á luz e radiación ao U.V. considerando unha exposición diaria de 9 horas Lux (lm/m2) : < 50. U.V. (?W/lm): < 40 Valores máximos e mínimos recomendados de HR e TªHR: <70% >50%; Tª: >15ºC < 18ºC EMBALAXE E TRANSPORTE - Inmobilización do obxecto en horizontal no interior da embalaxe para evitar que se desprace con movemento brusco. - Obxecto moi fráxil que debe moverse no propio soporte expositivo. - O obxecto debe ser protexido con materiais quimicamente estábeis, en caquera caso, compatibles cos materiais constitutivos oirixinais para minimizar calquera acción abrasiva EXPOSICIÓN - Obxecto que precisa de soporte expositivo propio. - Debe concibirse con materiais duradeiros, inertes e seguros, posibilitando a montaxe e desmontaxe según procesos simples. - Exposición en vitrina Informe previo á saída para exposición temporal Especie de chaleco para unha nena feito de algodón listado en cores rosa e azul no exterior e pano de liño no forro. Ten as costas moi entalladas e escote que se axusta por diante cun cordón, hoxe perdido. Púñase por riba da camisa e non usando corpiño facíase con certo coidado, xa que se podía ollar, como é o caso. Presenta ribeteado da mesma tea de algodón en escote, ombreiros, sisa e cintura. Peche dianteiro de seis ollais cosidos a man polos que se pasaba un cordón. Ten un total de dúas costuras na espalda e catro nesgas na cintura: dúas dianteiras e outras traseiras, para adaptarse á forma dos cadrís. Este xustillo está confeccionado no último tercio de século XIX. A confección manual é moi coidada e moi interesante para informarnos de cómo se aplican as nesgas para que éste se adapte ás formas do corpo. Atopáronse uns bultiños á altura dos peitos e na espalda, perto das escápulas. Ao tacto semellaría algún tipo de semente posto que é granulado, cunha certa dureza e se move cos dedos. Están colocados entre o forro de liño e o tecido exterior asegurados con puntadas para evitar que se moveran. Na zona da espalda non foi necesario, posto que están entre costuras. Ante a posibilidade de atoparnos con algún tipo de talismán ou amuleto, procedeuse ao descosido dunha zona próxima a estes elementos, comprobando que se trata de restos de papel que sufriron sucesivos lavados, polo que quedaron apelmazados e inservibles. Nos anacos atopados consérvanse restos de tinta impresa, algunhas letras e restos de trazos. Poderíanse intepretar estas notiñas como algún tipo de detente protector da dona do xustillo, debido á clara intención de mantelos dentro da prenda. O detente é un talismán valedor. Pode ser uha saquetiña de liño ou pano de lamanisco en cuxo interior se agochan retallos de textos bíblicos, cruces, medallas... Confeccionados por unha meiga ou por unha muller boa, os detentes préndense na roupa interior das crianzas para polas a salvo do arbitrio do demo. Os seus poderes esvaecen se escudriñarmos o seu secreto contido. (Solla, Calros: Actas da VII xornada de literatura de tradición oral: Amuletos e reliquias. Usos e

3660.Nesgas na cintura. Cara interior

3660. Nesgas na zona da cintura. Cara dianteira

3660. Ollais bordados

3660. Mapa de localización de restos de papeis

3660. Zona do peito esquerdo onde se conservan restos de papeis prendidos por puntadas.


crenzas. pp.118-119. Ed. AELG, 2005.) O estado de conservación é bo. Presenta sucidade superficial orixinada por moitas manipulacións no tecido exterior e o forro de liño ten unha oxidación natural. Aprécianse engurras e deformacións dos lavados sucesivos, cunha certa rixidez no algodón. PROPOSTA DE TRATAMENTO Limpeza Extracción e análise dos obxectos agochados baixo o forro 15/02/2016 Ruiz Vázquez, María José

TRATAMENTOS

Exposición temporal Técnica de Limpeza Limpeza mecánica por aspiración polo dereito e revés. Despois, vaporización en frío e posterior planchado 16/02/2016 - 16/02/2016 Ruiz Vázquez, María José Exposición temporal Técnica de Restauración Procédese ao descosido dunha parte cercana aos obxectos ocultos. Compróbase que se trata de papel apelmazado debido a sucesivos lavados. Unha mostra do papel hidrátase e se observan letras impresas en tinta negra. A observación á lupa indica papel feito con fibras de algodón aglutinado con cola orgánica. Os papeis consérvanse gardados fora do xustillo, á espera de tratalos en cámara de humectación. Recupérase o descosido con fío de seda natural, deixando os fíos orixinais de algodón dentro do remate. Produtos: Auga desionizada, fío de seda cru 15/02/2016 - 16/02/2016Ruiz Vázquez, María José

3660. Retirando restos de papel apelmazado nun descosido entre dúas nesgas

3660. Retirada de todos os restos de papel nesa zona. Obsérvase a simple vista a fibra do papel

3660. Anacos de papel nun portaobxectos para a súa observación microscópica

Informe restauracion xustillo mariajose ruiz  

Informe de conservación e restauración dun xustillo ou chaleco para unha nena feito en algodón no exterior e pano de liño no fondo, para a s...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you