Issuu on Google+

EXCURSION A CORRUBEDO

O pasado día 06/05/13 os do ciclo superior de agraria, fixemos unha excursión a Corrubedo. Chegamos ó parque natural sobre as 10:30 da mañá, e xa nos estaba esperando o axente. Primeiro vimos unhas diapositas no Centro de Interpretación, sobre flora e fauna típica da zona, gustoume xa que nos fixo unha pequeña introducción antes do paseo; pero quizais sería mellor aproveitar o tempo para estar en contacto total coa natureza. As explicacións iniciais que fixemos na sala poderían ser sustituídas por fotos, por exemplo, incorporadas nos paneis, ou pequenos folletos , ou mesmo na aula de interpretación, na que xa vimos varias exposicións. Claro que o tempo non nos axudou nesta ocasión. Fomos ó mirador Ra e ó Castro Cidá, no que vimos todo Corrubedo.; acompañounos un rapaz que estaba en prácticas; pareceume que non tiña moito interés en aprender a ser guía ,xa que nen sequera se baixou do autobús cando fomos ó castro,nen cando fomos a mirar as vistas ó Monte Ra. Seguidamente, volvimos ó Centro de Interpretación onde nos estaba esperando o guía. Fixemos


unha pequena ruta antes de comer , foise parando nos carteis informativos para que lle foramos botando unha ollada ; parouse para enseñarnosr unha rá e intentou que todos fósemos xuntos , explicounos o tipo de vexetación mais común na zona das dunas(rastreira) e do ben que se dá o Pino pinaster na zona da costa( De aí o seu nome común: pino marítimo).O intérprete explicouse bastante ben, pero penso que podería ser un pouco máis creativo e invitarnos a participar en xogos, pregunta, acercándose un pouco máis ás nosas ideas, opinión.. Despois de comer decidimos pola nosa conta ir ás dunas móviles e ó Faro de Corrubedo, moitos xa non baixaron do autobús porque o tempo non se prestaba .En fin, a excursión foi amena, pero poderíase mellorar..


Excursión a Corrubedo